Tradución e comentario do texto avéstico \"O lamento da vaca\" e da inscrición persa de Darío sobre Suez (2015)

Share Embed


Descripción

Tradución e comentario do texto avéstico "O lamento da vaca" e da inscrición persa de Darío sobre Suez.

Seminario de Indoeuropeo Curso académico 2014-2015 Profesor: José Virgilio García Trabazo Lúa García Sánchez Santiago, 20 de maio de 2015

Índice 1. Introdución

1

2.Avéstico

1

2.1 Introdución 2.2 Texto e tradución 3. Persa antigo 3.1 Introdución 3.2 Texto e tradución

2 2-10 10 11 11-15

Bibliografía

16

Lista de ilustracións

16

1. Introdución: Este traballo ten a finalidade de presentar a tradución de dous textos iranios. En primeiro lugar, ocuparémonos dun escrito en avéstico, tamén coñecido como avéstico antigo ou gático, lingua do iranio antigo que á súa vez forma parte da rama indoirania. En segundo lugar, se procederá ao estudo dun texto en persa antigo, tamén pertencente ao iranio antigo. O texto escollido do Avesta, conxunto de libros do que falaremos máis adiante, insírese no ámbito relixioso e, máis concretamente, nun contexto ritual. Nos parágrafos escollidos preséntase a problemática cuestión das ofrendas animais dentro da relixión zoroástrica. En canto ao persa antigo, a inscrición a estudar tamén presenta, ao meu modo de velo, unha interesante cuestión mais, neste caso, non está relacionada coas cerimonias cultuais. A esfera deste segundo texto é radicalmente distinta a anterior posto que se trata da descrición dun canal de auga como enlace comercial entre diferentes lugares: o canal de Suez. Por medio destes dous curiosos textos tan diferentes entre si en canto á temática, trataremos de achegarnos a dúas linguas da mesma rama e próximas pola súa situación xeográfica , mais entre as que hai, como veremos, marcadas diferencias. 2.Avéstico: O Avesta é un conxunto de libros sagrados da relixión irania denominada Zoroastrismo (finais do II milenio a.C) e que foi fundada polo profeta Zaratustra (Zoroastro, seguindo a transcrición grega). Os diversos textos que contén foron postos por escrito durante un longo período de tempo e en diferentes linguas. Non é posible determinar a data da primeira versión escrita que existiu destes textos posto que todo indica a que foi tardía, ao redor do período da dinastía sasánida (224-652d.C), mais a extraordinaria transmisión ata dos textos máis antigos fai pensar nun momento anterior. Debemos ter en conta que a primeira etapa foi eminentemente oral e a escritura alfabética empregada nesta tarefa xurde no século IV d.C. Desde entón, unha longa e complexa transmisión leva a que non fose ata o século XVII cando se realizan algunhas das copias máis importantes. Foi A.H. Anquetil du Perron o encargado de introducir o estudo do avéstico en Europa. Cinco destes himnos son os coñecidos como Gathas (gāθā significa 'canto') e foron probablemente compostos polo propio Zaratustra, quen invoca ao deus supremo Ahura Mazda como fonte da súa sabedoría. Estes textos eran empregados por aqueles que seguían o Zoroastrismo para a liturxia diaria. Os Yasna (que significa 'adoración'), entre os que se atopan os anteriores, eran polo tanto empregados como textos litúrxicos e describen rituais e cerimonias de sacrificio ou ofrenda. Outros textos independentes dentro do Avesta son os Yast (poemas a divindades e fazañas), Videvdat ou Vendidad (sobre castigos e purificacións), o Khorde Avesta e o Nirangestan entre outros. 1

2.1 Introdución: Destas fontes das que podemos servirnos para o estudo do Zoroastrismo, gustaríame ocuparme polo miúdo do Yasna 29 que se coñece como “O lamento da vaca” (“The complaint of the soul of the cow”1). Esta é, probablemente, unha das pasaxes máis interesantes. Aínda que o Zoroastrismo non esixira aos seus fieis seguir unha dieta vexetariana, si contemplaba a medida de reducir o consumo de carne e algúns preceptos ao respecto como a protección dos animais que aínda eran pequenos ou minimizar o sufrimento destes ao sacrificalos (SHAKED : 342). Aínda que se celebraban rituais que requirían do consumo de carne, evitábanse os sacrificios cruentos. Unha mostra da empatía cos animais é a figura da vaca que aparece reiteradamente nos textos e á que lle é recoñecida unha alma, como aos seres humanos. Representa un dobre papel: lembra o ritual no que se sacrificaría un animal e, de xeito paradoxal, a necesidade de evitar causar este tipo de sufrimento aos seres vivos. Se ben a vaca, polo tanto, representaría o obxecto do sacrificio, nun nivel superior sería o fiel fronte ao que o realiza que simbolizaría as figuras que non se comportan de acordo aos preceptos do Zoroastrisno. Como figura que sofre, a vaca encarna a inocencia que se espera dos fieis ante os actos malvados dos demos. En concreto, na pasaxe que nos ocupa, a vaca expresa o seu pesar polo sufrimento ao que está sometida. Este padecemento e a axuda por parte de Ahura Mazda compréndense como sinais de que os crentes que sofren tamén serán salvados polo deus. En Y.50.2 a vaca aparece xunto ao epíteto “que dá alegría” e fai referencia, seguramente, ao animal que se sacrifica. Tamén aparece en pasaxes que non fan referencia a ningún rito como, por exemplo, en Y.51.5, onde se explica, parece, como se debe adquirir o gando (AHMADI 2015: 174). Mais, principalmente, a vaca representa, como dicía, o animal que se debe sacrificar. 2.2 Texto e tradución: A continuación presento as imaxes do texto. Nas dúas aparecen nunha cor máis intensa os parágrafos que imos estudar (Y.29.1-3).

1 SKJAERVØ 2003: 83.

2

3

1.29.1 “Sobre a vaca. Por quen e para que foi creada a vaca?” k

,adZvrvg

,suuru

,Suvg

k-

gərəždā

uruuā

gəuš

at

,amvk

ta-

mā kə

omvr

n-

θβarōždūm

,a¦saSah

rəmō n

,mIdZoraBq

hazascā

,acSiuuvt

a

,oyna

a-

aniiō

yrtsa¥ vāstrii-

xšmaibiiā ,am

,omvSea

,acSvrvd

xšmat

,ama

,taS

mā ā

-sat

āhisāiiā

,atsa¥ vāstā

,Iho¥ ,atsas vohū

-ahmāi

,ayaSIha

dərəšcā

,tamSx

,iamha



aēšəmō

təuuišcā

,AiibiamsS

sastā

,iom mōi

,tio - ōit

,iom

,aq

mōi

-θā

,a -ā

Seguindo xa a orde de esquerda a dereita o texto sería como segue a continuación: xšmaibiiā gəuš uruuā gərəždā kahmāi mā θβarōždūm kə mā tasat ā mā aēšəmō hazascā rəmō āhisāiiā dərəšcā təuuišcā nōit mōi vāstā xšmat aniiō aθā mōi sastā vohū vāstriiā E esta sería a tradución: Cara vós lamentábase a alma da vaca: “Para quen me modelaches? Quen me creou? Oprimíronme con firmeza a ira, a forza e a brutalidade xunto coa atrocidade e o ímpeto. Non tiven outro pastor como vós; fai aparecer, logo, para min os bens dos pastos”. 4

xšmaibiia < yūš, yūžəm forma tónica de dativo plural da 2ª persoa do pronome persoal. Os pronomes persoais caracterízanse desde indoeuropeo polo supletivismo no seu paradigma e non teñen xénero gramatical. O tema para as formas oblicuas é xšma-, no que se perdeu a u- inicial do tema indoiranio *ušma- e ao que se engadiu x-. Sería a mesma forma que aparece no acusativo do grego eolio ὔμμε. gauu- pode ser masculino ou feminino e significa 'boi' ou 'vaca', respectivamente, mais tamén 'carne'. En plural significa 'gando'. No texto aparece en ablativo singular. Pódese reconstruír para o IE a forma *guou- que daría en grego βοῦς, en latín bos (resultado do sabélico e non directamente do latín) e en inglés cow (al.al.a. chuo: al. Kuh). uruuān- é un substantivo masculino de tema en consonante (tema derivado en -uuan co sufixo -n que era individualizador en orixe) e significa 'alma'. uruua é o nominativo singular que perdeu a nasal en posición final. gərəza- é da raíz verbal garz/jarz que significa 'queixarse' ou 'lamentarse'. kahmāi é o dativo singular masculino do pronome interrogativo ka- 'quen' (IE *kuid- *kuo-s). mā é a forma enclítica do acusativo singular do pronome persoal de 1ª persoa azəm. θβarozdum é da raíz θβars que significa 'modelar', 'dar forma', 'esculpir'. 2ª persoa do singular de aoristo de inxuntivo.

kə pronome interrogativo nominativo singular masculino. tasat da raíz tas, tamén 'modelar' ou 'crear' como un carpinteiro, por exemplo. 3ª persoa de aoristo de inxuntivo. aēšəmō nominativo singular de aēšəma- (masculino) que significa 'ira'. hazas-cā de hazah- (neutro) que significa 'forza violenta' xunto coa partícula coordinante enclítica 'e'. rəmō é o nominativo singular de rəma- (masculino), 'obstrución' ou 'obstáculo'. dərəš é un adverbio que significa 'firmemente'. təuuiš (neutro) 'forza excesiva'. nōit é a partícula de negación 'non'. En védico é néd e para o indoiranio reconstrúese un adverbio enfático *naíd que significaría '[claro que]non'. En indoeuropeo: *né (partícula frecuente nas demais linguas históricas) + *íd (enfática). 5

mōi dativo (xen.) enclítico pronome persoal de 1ª persoa azəm. En indoeuropeo sería *mé- (para acusativo)+i (para os oblicuos locativo e dativo). vāstā nominativo singular masculino de vāstar-, 'pastor'. xšmat pronome persoal de 2ª persoa tónico en ablativo plural. aniiō adxectivo aniia- en nominativo singular masculino, 'outro'. aθā adverbio que pode aparecer cun correlativo yaθā e significa 'así', 'dese xeito'. sastā 2ª persoa do singular do aoristo de inxuntivo ou do imperfecto do verbo sand-, 'aparecer'. vohū acusativo plural neutro do adxectivo vohu- 'bo'. A -o- procede dunha -a- tras v- e seguida dunha sílaba que conteña -u-, como vemos que ocorre neste caso. A -a- mantense nalgúns casos por analoxía paradigmática desde formas nas que estaba xustificada pois non ía seguida de -u- (como en vahiiō). vāstriiā instrumental singular masculino do termo para 'pasto' (vāstriia-). 1.29.2 “Quen é o seu protector?” a

,tasvrvp

a-

pərəsat

iih hii-

,Suvg

,aSsat

,ada

gəuš

tašā

adā

,Sutar

,iouuag

,iot

,aqak

,mvS

ratuš

gauuōi

tōi

kaθā

-šem

ah

,otnaySx

,atad

,mIh

,ta

ha-

xšaiiantō

dātā

hīm

-at

,oSxaBq θβaxšō vd,Ouugvrd .də-

drəguuō

,oyadoag gaodāiiō

,artsa¥

,ad

vāstrā

-dā

,atSu

,ioh

,mvk

hōi

kəm

,tioyada¥

,mvmvSea

,Sib

vādāiiōit

aēšəməm

-bīs

,V%

,mvruha



ahurəm

uštā

Polo tanto, o texto de esquerda a dereita é o seguinte: adā tašā gəuš pərəsat ašəm kaθā tōi gauuōi ratuš hiiat hīm dātā xšaiiantō hadā vāstrā gaodāiiō θβaxšō 6

kəm hōi uštā ahurəm yə drəguuō.dəbīs aēšəməm vādāiiōit E a tradución sería da seguinte maneira: Entón o sacrificador da vaca preguntou á Orde: “Cal é o voso mandato con respecto á vaca? É o voso desexo entregala aos que reinan xunto co seu pastor que a alimenta con dilixencia ou ao Mestre aínda que rexeite a violencia. A forma adverbial adā pode compararse ao ádhā que aparece en R.V.8.83.9 e que introduce unha frase co xiro “e entón”. tašā nominativo singular de tašan-, 'carpinteiro', 'deseñador'. Neste contexto ritual, pasaría a significar 'autor' e, polo tanto, 'sacrificador'. pərəsat pərəsa- indicativo activo fras- 'preguntar (para saber)' ou 'preguntar algo (obxecto pronominal interno) a alguén (acusativo)'. 3ª persoa do singular do presente de inxuntivo. ašəm acusativo singular neutro de aša-, 'harmonía', 'orde', 'xustiza' ou 'verdade'. kaθā partícula interrogativa do tema ka-: 'como', 'por que'. tōi forma enclítica de xenitivo-dativo do pronome persoal de 2ª persoa tūm. gauuōi dativo singular do termo que xa vimos para 'vaca'. ratuš nominativo singular de ratu- ('modelo[divino para asuntos terreais]', 'xuízo'). hiiat forma adverbial do pronome relativo ya-, é dicir, sería un adverbio relativo que podería traducirse como '(o feito de) que'. hīm acusativo singular feminino do pronome persoal de 3ª persoa. dātā do verbo dā-. 2ª persoa do plural de aoristo de inxuntivo. xšaiiantō participio de presente activo en nominativo/acusativo plural masculino do verbo xša-, 'reinar', 'gobernar', 'mandar'. hadā preposición 'con', 'xunto', co caso instrumental: vāstrā instrumental singular masculino, 'pastor'. Polo tanto, literalmente, o anterior sería; 'Como o xuízo de vós para a vaca que a ela entreguedes aos que reinan xunto co pastor (...)?”. gaodāiiō 'que alimenta a vaca': θβaxšō nominativo singular neutro de θβaxšah-. kəm pronome interrogativo acusativo singular masculino. hōi xenitivo-dativo singular m., f. ou n. do pronome persoal de 3ª persoa. 7

uštā substantivo neutro en nominativo plural. Pretende ao grupo de temas en -a, é dicir, á flexión temática que corresponde ao indoeuropeo *-e/o-. Significa 'desexo'. ahurəm acusativo singular masculino de ahura-, 'mestre', tamén da flexión temática. drəguuō.dəbīs: 'aínda que'. vādāiiōit: 3ª persoa do singular do presente de optativo de vad-, 'repeler', 'rexeitar'. 1.29.3 a

,iamha

a-

ahmāi

,iouuag

,oSeauuda

gauuōi udI¥

,ajvras

,tion

sarǝjā

nōit

aduuaēšō ,tion

vīdu-

nōit

nlauuSvrv ǝrǝšuuåŋ,iamha% yahmāi

,aS -šā

,maSeauua

,tauuarm,Itiap

auuaēšam

mrauuat paiti

,gnvrda

,etiauuaS

ādrǝng

,a%

,eii



-iiē

sauuaitē

,otsijoa

,ouuh

,matah

,oh

huuō

hātam

-hō

,Sudvrvk

,amij

,gnvuuaz

jimā

zauuǝng

aojištō

kǝrǝduš

Esta sería a orde seguindo a nosa disposición do texto de esquerda a dereita: ahmāi ašā nōit sarǝjā aduuaēšō gauuōi paiti.mrauuat auuaēšam nōit vīduiiē yā sauuaitē ādrǝng ǝrǝšuuåŋhō hātam huuō aojištō yahmāi zauuǝng jimā kǝrǝduš

E a continuación preséntase a tradución deste parágrafo: A este díxolle a Orde: “Non hai ningún servinte que poida manter a vaca a salvo. Ningún deles é quen de saber actuar como os que fan o ben aos necesitados”. (O sacrificador) “Como o máis forte destes veño en axuda dos débiles ante a súa chamada”. 8

ahmāi pronome demostrativo a- en dativo singular masculino. ašā é a forma de nominativo singular neutro da que en 1.29.2 viamos o acusativo (ašəm). sarǝjā non está claro se é un nome (sarǝjan- de sar-+gan-: aquí en nominativo singular) ou un verbo (sarǝg-/sarǝj-, 'persuadir'). aduuaēšō adxectivo en nominativo singular masculino: 'sen mostrar hostilidade (contra+dativo)'. gauuōi dativo singular. paiti.mrauuat 3ª persoa de singular de presente de subxuntivo de mrao-, 'falar', 'dicir'.

auuaēšam pronome demostrativo auua- en xenitivo plural masculino. vīduiiē infinitivo activo de vid- cun sufixo radical -u- e a forma casual de dativo *-ai ('saber', 'coñecer') co IE *veid-/*vid-. yā nominativo dual masculino do pronome relativo 'que'. Para o indoeuropeo reconstrúese *h 2iópara a forma masculina e *h2iéh2- para a feminina: auuaēšam nōit vīduiiē yā: literalmente, “deses non (hai ningún) que se atope”. ādrǝng ādra- é un adxectivo que significa 'débil', 'necesitado' e aparece en acusativo plural masculino. ǝrǝšuuåŋhō å emprégase en lugar de a ante -ŋh. É un adxectivo que, probablemente, proceda da raíz ar-(?). Significa 'capaz'. huuō pronome demostrativo auua-. aojištō superlativo de ugra- que significa 'forte' en canto ao corpo. Esta é a forma de nominativo singular masculino. yahmāi pronome relativo. zauuǝng acusativo plural de zauua-, 'chamada'. jimā 1ª persoa do singular de aoristo de subxuntivo de gam-, 'ir'. kǝrǝduš adxectivo en acusativo plural masculino que significa 'débil'. Esta sería, polo tanto, a tradución de 1.29.1-1.29.3: Cara vós lamentábase a alma da vaca: “Para quen me modelaches? Quen me creou? Oprimíronme con firmeza a ira, a forza e a brutalidade xunto coa atrocidade e o ímpeto. Non tiven outro pastor como vós; fai aparecer, logo, para min os bens dos pastos”. Entón o sacrificador da vaca preguntou á Orde: “Cal é o voso mandato con respecto á vaca? 9

É o voso desexo entregala aos que reinan xunto co seu pastor que a alimenta con dilixencia ou ao Mestre aínda que rexeite a violencia. A este díxolle a Orde: “Non hai ningún servinte que poida manter a vaca a salvo. Ningún deles é quen de saber actuar como os que fan o ben aos necesitados”. E dixo o sacrificado: “Como o máis forte destes veño en axuda dos débiles ante a súa chamada”. Como vemos nesta pequena mostra, o texto toma a forma dun diálogo dramático. A persoa á que se dirixe a vaca parece aquela que a vai sacrificar, mais as demais son difíciles de identificar. Na derradeira liña (29.11) dise: “Oh Ahura Mazda, ven agora a nós, serviremos de acordo á xenerosidade aos que son coma ti”. 3. Persa antigo: Os textos en persa antigo dos que dispoñemos son os pertencentes ao período da dinastía aqueménida do antigo Imperio Persa que comprende desde o ano 521a.C con Darío I ao 338 a.C con Artaxerxes III. A escritura empregada é o cuneiforme e imita ao de Mesopotamia no que o inventario era moito maior. Á súa vez, trátase dunha evolución do sistema pictográfico sumerio que é o máis antigo sistema de escritura coñecido. Foi o primeiro cuneiforme descifrado grazas aos descubrimentos do profesor Georg Fiedrich Grotefend en 1802 e os anos seguintes. O persa antigo é, xunto ao avéstico, a outra lingua irania antiga da que temos textos. Deste conservamos ademais, ao contrario do que ocorre co avéstico, os textos orixinais do propio pobo que empregaba esa lingua. A documentación procede de varios lugares do Irán occidental entre os que destacan Behistūn, Susa, Hamādān ou Persépolis.

10

3.1 Introdución: O rei Darío I (522-486a.C), fillo de Histapes e pai de Xerxes (que o sucedería no trono), chegou ao poder mediante o asasinato do rei Gaumata (inscrición de Behistūn, I) coa autoridade que lle outorgada ser concibido como elixido por Ahura Mazda e o feito de que fose a súa familia a que reinara nesas terras anos atrás durante tanto tempo.

O canal do que se fala no texto que estudaremos a continuación conectaba o río Nilo co mar Vermello. O proxecto foi rematado por Darío I tras outros intentos previos. Trátase dun antigo curso de augas, mais constituíu un importante avance no relativo ás relacións comerciais entre Exipto, o mar Vermello e o golfo Pérsico. 3.2 Texto e tradución: O texto que nos ocupa atópase nunha estela de granito rosa que foi descuberta no ano 1866 por Charles de Lesseps, fillo de Ferdinand de Lesseps, preto de Kabret, a 130 quilómetros de Suez. Coñécese como estela de Chalouf.

11

Nesta estela pódense distinguir, en realidade, tres textos diferentes. O primeiro (DZa), na parte superior, indica o nome do propio rei: Dārayavauš, 'Darío'. O segundo (DZb) atópase á esquerda e dereita do anterior. Por último (DZc), debaixo do anterior texto, aparece a mención ao canal de Suez. Este texto aparece en persa antigo e en elamita. Na outra cara da estela aparece o mesmo escrito en exipcio e con algúns detalles engadidos. DZb e a primeira parte de DZc presentan ao rei Darío por medio dun repaso polos seus títulos. Tras esta autobiografía, indícanse o seu logro relativo á construción do canal.

12

QaTiY. DaRYUs. a

θ a-t -i-y

Da-ra-ya-va-u-š

θātiy

Dārayavauš

RSa. muDRaYM.

. aDM. PaRS. AiY. a

XŠ a-da-m pa-a-r -sa

a-mi-i-y

xšāyaθiya adam Pārsa

hCa. Pa ha-ca-a

pa-a

hacā



amiy

AGRBaYM. ADM. NiYsTaYM. IMaM.YuiYa

ra-sa-a mu-u-da-ra-a-ya-m a-ga-ra-ba-a-ya-m

rsā

a

Mudrāyam

a-da-ma na-i-ya-sa-ta-a-ya-ma i-ma-a-ma ya-u-vi-i-ya-a

agarbāyam

adam

niyaštāyam

imām

yauviyā

M.KTNiY.hCa.PiRA.NaM.RUT.TY.muDRaYiY.DnUTiY.aB m ka-ta-na-i-ya ha-ca-a pa-i-ra-a-va na-a-ma ra-u-ta ta-ya mu-u-da-ra-a-ya-i-ya da-na-u-va-ta-i-ya a-ba

m

kantanaiy

hacā

Pirāva

nāma

rauta

tya

Mudrāyaiy

danuvatiy

ab

DY.iRY.TY.hCa. PaRSa.aiTiY.PSa. iYM.YUiYa. aKNiY. iy

da-ra-ya ta-ya ha-ca-a

iy

draya taya hacā

pa-a-ra-sa-a a-i-ta-i-ya pa-sa-a-va

Pārsā

aitiy

pasāva

i-ya-ma ya-u-va-i-ya-a

iyam

a-ka-na-i-ya

yauviyā akaniya

aa.Ya.aDM.NiYsTaYM.UTa.Na.aYTa.hCa.mUDRa a-va-θa-a ya-θa-a a-da-ma na-i-ya-sa-ta-ya-ma u-ta-a na-a-va a-ya-ta-a ha-ca-a mu-u-d a-ra-a

avaθā

yaθā

adam niyaštāyam

utā

nāva

āyantā

hacā

Mudrā

Ya.TR.iMaM.YUiYaM.aBiY.PaRSM.aa.Ya.MaM.KaM. ah ya-a ta-ra i-ma-a-ma ya-u-vi-i-ya-a-ma a-ba-i-ya pa-a-ra-sa-ma a-va-θa-a ya-θa-a ma-a-ma ka-a-ma a-ha



tara

imām

yauviyām

abiy

Pārsam

avaθā

yaθā

mām

kāma āha

O texto quedaría, polo tanto, da seguinte maneira: θātiy Dārayavauš xšāyaθiya ada[m P]ārsa ami[y hac]ā Pārsā Mudrāyam agarbā[ya]m adam ni[ya]štāyam imām [yauviyā]m kantanaiy hacā Pirāva nāma rauta tya Mudrāyaiy danu[vatiy a]biy [d]raya taya hacā Pārsā aitiy pas[āva] iyam yauviyā [akani]ya ava[θā yaθā] adam niyaštāyam ut[ā nāva] āyantā hacā [Mudrā]yā ta[ra imā]m yauviyām abiy Pārsam [ava]θā yaθā mā[m kāma āha] E esta sería a tradución: Di o rei Darío: “Eu son Persa; partindo de Persia, conquistei Exipto. Eu mesmo ordenei cavar este canal do río que se chama Nilo e corre por Exipto ata o mar que comeza en Persia. Deste xeito, cando o canal foi cavado como eu ordenei, os barcos ían de Exipto a través deste canal a Persia, tal e como eu desexara”. θātiy verbo 3ª persoa do singular do presente de indicativo da raíz θah-, 'dicir', 'falar'. Dunha forma *θahatiy, tería evolucionado a θatiy. A raíz IE da que provería esta forma é *kens-: ia. saṃs-a-ti, av. 13

sąh-, lat. cēnset. É un presente narrativo. Aínda que en persa antigo a posición non marcada do verbo é ao final da oración, este verbo normalmente aparece ao comezo (este mecanismo é coñecido no ámbito dos estudos ingleses como raising ou fronting). Dārayavauš nominativo singular. Etimoloxicamente significa 'o que sostén o ben'. xšāyaθiya aparece escrito cun logograma (ao contrario que na inscrición de Behistūn) e sen marca casual, como acontece nos casos oblicuos nos que esta se engade directamente ao logograma. adam pronome persoal de 1ª persoa de singular aham. amiy verbo 1ª persoa do singular do presente de indicativo do verbo 'ser'. É da raíz IE *h 1es- que atopamos tamén no véd. ásmi ou no gr. εἰμί (*h1és-mi). hacā preposición que en orixe significaba 'xunto con', mais pasou a significar 'desde'. En av. hačā, ia. sácā, gr. ἕπομαι e lat. sequor. Mudrāyam tamén aparecen neste texto as formas Mudrāyaiy e Mudrāyā. Pode reconstruírse *Muzrāya de onde procedería o termo acad. mi-ṣir-a-a, (Miṣraya), hebr. Miṣráyim. O noso termo 'Exipto' ven do grego Αἴγυπτος que á súa vez provén de Hi-k-ptaḥ, 'templo de Ptah', santuario dedicado a ese deus en Menfis. agarbāyam verbo gạrbāya- da raíz garb-/grab- que significa 'apoderarse', 'conquistar'. niyaštāyam do verbo que significa 'ordenar' ni-štāya-. imām yauviyām ima- é o demostrativo 'este' en acusativo singular masculino e yauviyā- significa 'canal'. kantanaiy é o infinitivo de kaniya- (da raíz kan-), 'cavar'. Como vemos, fórmase engadindo -tanaiy á raíz en grao pleno. Trátase dun dos cinco únicos infinitivos documentados en persa antigo. Pirāva río Nilo. Pode ser un xogo de palabras co termo para marfil piru-, polo que Exipto era famoso. nāma 'de nome' do termo neutro nāman-. rauta termo neutro rautah-, 'río'. tya 'que' danuvatiy *danau- (forma reconstruída e non documentada), 'correr (un río)', 'fluír'. abiy preposición de acusativo, 'cara'. draya termo neutro drayah-, 'océano', 'mar'. taya conxunción 'que'. 14

pasāva literalmente significa 'despois daquilo', pasa-ava, que parece provir de *(a)pó-skue. avaθā adverbio que significa 'así'. Equivale á forma do oseta votä. yaθā 'como' 'cando' (pode introducir unha subordinada temporal). utā 'e' nāva *nau (forma reconstruída e non documentada), 'barco'. tara probablemente, tarah que significa 'a través de' e vai seguida dun acusativo: yauviyām. mām forma de acusativo singular do pronome persoal de 1ª persoa. āha verbo 3ª persoa do plural de imperfecto. A raíz sería *e-h1-s-ent, que atopamos no véd. ásan e na forma grega homérica ἦεν. Na tradución debemos ter en conta que a diferenza entre aoristo e imperfecto aparece neutralizada en persa antigo. En realidade, foi Cambises o que conquistou Exipto (Behistūn, I, 32-33).

15

Bibliografía: Avéstico: AHMADI, Amir (2015): The Daeva Cult in the Gathas. An ideological archaeology of Zoroastrianism, Nova York: Routledge. MARTÍNEZ, J. & DE VAAN, M. (2001): Introducción al avéstico, Madrid: Ediciones Clásicas. SHAKED, Shaul (2004) «The Yasna ritual in Pahlavi Literature» STAUSBERG, Michael Zoroastrian rituals in context, Leiden: Koninklijke Brill 333-344. SKJAERVØ, Prods Oktor (2003): An introduction to Young Avestan. «Avesta» en Livius. org Articles on ancient history (Dispoñible en: última consulta 19 de maio de 2015). Avestan Digital Archive (ADA) (Dispoñible en: última consulta 19 de maio de 2015). Persa antigo: SKJAERVØ, Prods Oktor (2002): An introduction to Old Persian. «Achaemenid Royal Inscriptions» en Livius. org Articles on ancient history (Dispoñible en: última consulta 19 de maio de 2015). Lista de ilustracións: Fig. 1. Imaxe de portada: detalle dunha flor do releve de Taq-e Bostan. Fig. 2. Ruínas do palacio persa de Persépolis ao suroeste de Irán. Fig. 3. Releve de Behistūn hoxe. Fig. 4. Estela de Chalouf. Fig. 5. Fragmento da Estela de Chalouf (DZb). Museo do Louvre.

16

Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.