Sobrecarga horaria dos nenos e nenas de educación primaria en relación ás actividades extraescolares

September 4, 2017 | Autor: David Casado-Neira | Categoría: Educación, Educação, Infancia
Share Embed


Descripción

LIBRO DE ACTAS DO XI CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA. A CORUÑA/UNIVERSIDADE DA CORUÑA: ISSN: 1138-1663.

SOBRECARGA HORARIA DOS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA EN RELACIÓN ÁS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES Sonia Figueiredo Araujo, Helena Iglesias Alonso, Lorena González Martínez, David Casado Neira Universidade de Vigo - Ourense [email protected] Resumo Actualmente existe un debate aberto tanto no ámbito académico, como no familiar e no social sobre a conveniencia ou non do desenvolvemento de actividades estruturadas e non estruturadas fóra do horario escolar, tipo (deportivas,culturais de apoio ó estudo...) e duración. Tendo en conta que o estrés é unha variable relevante no desenvolvemento infantil e adolescente (altos niveis de estrés diario poden asociarse a importantes consecuencias negativas de inadaptación emocional e psicopatoloxía) abordamos un estudo de caso entre alumnos/as de quinto curso de educación primaria. Descubrimos que a suma das horas que os/as rapazas deben permanecer na escola, ás adicadas ás tarefas e ás horas de realización de actividades extraescolares dá como resultado unha xornada igual ou superior á laboral dunha persoa adulta. Asemade observamos, a partir desta análise, que o que os/as rapazas demandas máis posibilidades e contacto co seus grupo de iguais e unha maior dispoñibilidade de tempo. 1. Introdución Dado que vivimos nunha sociedade na cal se considera á educación, xunto co benestar dos/as nenas, unha parte fundamental da mesma consideramos prioritaria unha valoración do uso e reparto do tempo da poboación máis nova, sobre o eixe de cales son as demandas escolares e o emprego de tempo adicado a actividades formativas non escolares: as actividades extra-académicas. A pesar de que está demostrado o efecto positivo das actividades extraescolares no desenvolvemento dos/as nenas, isto non se presenta sempre como unha ecuación sen problemas: falta de idoneidade das actividades, sobrecarga de actividades ou falta de tempo son algúns dos feitos inmediatos constatados (Trianes et al, 2009). Por outro lado, a sobrecarga de actividades extraescolares nos nenos/as pode xerar doenzas como estrés ou ansiedade (Echeburúa, 1993), tendo en conta que os/as nenas necesitan tempo libre para sentirse a gusto consigo mesmas e coas demais. Pero a realidade educativa está definida por resultados educativos non sempre positivos, a pesar de que o baixo nivel de educación, así como o aumento do abandono temperá dos estudos no noso país son as principais preocupacións dos pais/nais (Fundación de Cajas de Ahorro, 2009) semella que os pais/nais non están a considerar a posibilidade de que esta sobrecarga horaria estea a afectar ou afecte nun futuro aos/ás súas fillas. A optimización dos horarios dos/as nenas pode favorecer as súas relacións familiares e resultados académicos, así como o seu desenvolvemento psicolóxico.

- 621 -

LIBRO DE ACTAS DO XI CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA. A CORUÑA/UNIVERSIDADE DA CORUÑA: ISSN: 1138-1663.

2. Metodoloxía e obxectivos Para determinar o tempo libre que teñen os/as rapazas elaboráronse uns cuestionarios relativos ao tempo que adican ás actividades académicas e extraescolares, ademais de cuestións referidas ao tempo que se emprega nas actividades na fin de semana e, por último, o tempo adicado a realización dos deberes. Recolleuse ademais información acerca do horario sobre o tempo libre, de descanso e de lecer do que dispoñen. Sumado ao cuestionario pediuse aos /ás alumnas que cumprimentaran durante unha semana nun horario o reparto de tarefas, actividades e tempo libre. Ademais solicitóuselles unha pequena redacción sobre o tema 'Que che gustaría facer ao saír do colexio'. O estudo levouse a cabo nun CEIP do Concello de Ourense entre alumnos/ as de quinto curso de educación primaria dun colexio público de ámbito urbano. O centro ten xornada única. Neste estudo participaron 66 estudantes, 36 nenos e 30 nenas, cunha idade comprendida entre os 9 e os 11 anos. nenos

nenas

60 45 30 15 0 9 anos

10 anos

11 anos

Grafica 1.Composición da mostra por idade e sexo

Os obxectivos formulados son determinar o tempo libre que teñen os/as nenas, determinar o tempo de actividades reguladas, determinar o tempo de actividades na fin de semana, determinar o tempo adicado aos deberes. 3. As tarefas para a casa En primeiro lugar trataremos o temas das tarefas que o profesorado prescribe aos /ás alumnas para realizar fóra do horario lectivo. Teñen unha larga e arraigada tradición escolar, sendo unha práctica habitual na maioría das escolas ao longo de todo o mundo. A continuación presentamos os resultados dos ítems que no noso cuestionario fan relación aos deberes. Tal como se pode apreciar na gráfica 2 'Dáche tempo a facer os deberes' á maioría dos/as nenas (83%) parecen non ter problema coa realización das actividades que levan para á casa; estes datos compleméntanse coa ausencia de casos nos que os deberes non se chegan dar feito, que se eleva a un 17% para os casos que indican que ás veces non lles dá tempo. Con estes datos semella que as propias actividades derivadas do desenvolvemento das necesidades escolares ou non supoñen unha gran carga no día a día ou non afectan de xeito destacado á sobrecarga de traballo percibida subxectivamente polos/as escolares.

- 622 -

LIBRO DE ACTAS DO XI CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA. A CORUÑA/UNIVERSIDADE DA CORUÑA: ISSN: 1138-1663.

Si, sempre

Non, nunca

Ás veces

17%

83%

Gráfica 2. Dáche tempo a facer os deberes?

En relación con isto débese ter en conta tamén, os datos da gráfica 3 'Levaches os deberes sen facer por falta de tempo nesta semana?' nos que se afirma que o 14% dos/as nenas enquisadas levaron algún día desa mesma semana os deberes sen facer por falta de tempo, polo tanto parece confirmarse a situación anterior na que os valores mantéñense constantes, neste caso cun 86% de cumprimento que case coincide co 83% da gráfica anterior. NON

SI

14%

86%

Gráfica 3. Levaches os deberes sen facer por falta de tempo nesta semana?

Ante a pregunta 'Vas á cama preocupado/a polos deberes?' (gráfica 4) referida ao grao de preocupación dos/ as rapazas á hora de se deitar no tocante aos deberes, estes datos van en aumento xa que máis da metade afirman sentir preocupación: un 14% cun posicionamento afirmativo recorrente, sumado ao 38% de casos nos que esta situación é ocasional. Máis alá de interpretacións se estes datos son positivos ou non (un 48% non se sente preocupado) e da carga obxectiva de traballo que supoñen as tarefas para a casa, se son percibidas con certa ansiedade, neste caso non por un problema de tempo, pero si de responsabilidade cara ao propio traballo.

- 623 -

LIBRO DE ACTAS DO XI CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA. A CORUÑA/UNIVERSIDADE DA CORUÑA: ISSN: 1138-1663.

SI

NON

Ás veces

14% 38%

48%

Gráfica 4. Vas á cama preocupado/a polos deberes?

Con respecto á xestión do tempo para os deberes presenta unha pauta moi común, tendo en conta o feito de que o centro é de xornada única o tempo que segue á comida é o que presenta unha maior actividade neste sentido. Como se pode observar de seguido (táboa 1. 'Distribución da realización das actividades para á casa') podemos establecer catro tramos de dez en dez casos. O tramo de 40 a 30 casos sempre aparece nos días de labor entre as 16 e 17 horas. O tramo de 30 a 20 aparece en dous días (luns e xoves) de 15 a 16 horas e de luns a mércores de 17 a 18 horas (o luns ata as 19 horas). O tramo de 20 a 10, o luns de 19 a 20 horas, de martes a venres de 15 a 16 horas, despois martes e mércores de 18 a 21 horas, xoves de 17 a 20 horas e venres de 17 a 18 horas. Non se rexistrou no período de tempo inquirido actividade durante a fin de semana. En total de luns a venres a franxa comprendida entre as 16 e 18 horas é a que presenta unha maior dedicación aos deberes (169 e 113 casos respectivamente), seguida pola comprendida entre as 15e as 16 horas (94 casos), a continuación de 18 a 21 horas (67, 54 e 62 casos), por último de 21 a 22 horas (20 casos), momento a partir do cal non hai máis casos. Faise preciso apuntar que os venres se ben o primeiro tramo presenta a mesma pauta que o resto dos días laborais, o tramo intermedio desaparece, pasando á partir das 18 a presentar moi poucos casos de dedicación aos tarefas para a casa. Hora

luns

martes

mércores

xoves

venres

15-16 16-17 17-18 18-19 19-20 20-21 21-22 22-23

23 35 26 20 12 13 8 2

15 38 28 17 13 18 3 0

19 34 23 10 13 15 5 2

20 31 17 13 11 9 3 1

17 31 19 7 5 7 1 1

fin de semana 0 0 0 0 0 0 0 0

TOTAL 94 169 113 67 54 62 20 6

Táboa 1. Distribución da realización das actividades para á casa

En base a estes datos podemos estimar unha adicación diaria á realización das tarefas para a casa é entre 60 e 120 minutos. Unha representación xeral do reparto das horas de traballo podémola observar na gráfica 5

- 624 -

LIBRO DE ACTAS DO XI CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA. A CORUÑA/UNIVERSIDADE DA CORUÑA: ISSN: 1138-1663.

'Distribución da realización das actividades para á casa' onde se pode visualizar a predominancia do tramo entre as 16 e 17 horas, seguido pola hora previa (15 a 16) e as inmediatamente posteriores (17 a18) producíndose en conxunto un descenso progresivo, cun pico significativo no período inmediatamente previo á hora da cea (20 a 21 horas). luns

martes

mércores

xoves

venres

40 30 20 10

15-16

16-17

17-18

18-19

19-20

20-21

21-22

22-23

Gráfica 5. Distribución da realización das actividades para á casa

4. As actividades extra-académicas Ata agora vímonos a ocupar de actividades extraescolares pero ligadas á actividade académica (os deberes), neste punto imos a analizar aquelas outras especificamente extra-académicas, é dicir, que non gardan relación directa co desenvolvemento curricular escolar, se ben nestas actividades pode haber algunhas de tipo formativo complementario na liña do currículo escolar, como pode ser clases de reforzo ou de idiomas (que si sendo de tipo escolar, non veñen dadas polo propio centro). A participación en actividades extraescolares preséntase como unha constante no panorama educativo actual, tamén no caso de Ourense (Blanco, Garrido, Casado, 2011), como se volve facer patente neste estudo de caso onde un 88% declara participar nalgunha actividade extraescolar (fronte a un 12% que non). Como ser recolle na gráfica 6. 'Quen elixiu as actividades?' do conxunto de nenos/as que realiza actividades a súa elección responde case na metade ao propio desexo dos/as nenas (48%), ou noutra metade a un acordo entre elas e os pais/nais (47%), sendo a minoría os casos nos que son os pais/nais os que toman de forma exclusiva a decisión (5%). Polo que cabe concluír que quedando os/as menores son parte activa da toma de decisión nun 95% dos casos. O que como imos ver de seguido non exclúe que se dea un fenómeno de imposición ou sobrecarga provocada por unha presión familiar, ou unha sobrecarga consecuencia da incorrecta xestión e organización do tempo.

- 625 -

LIBRO DE ACTAS DO XI CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA. A CORUÑA/UNIVERSIDADE DA CORUÑA: ISSN: 1138-1663.

elección nenos/as

elección consensuada

elección pais/nais

5%

48% 47%

Gráfica 6. Quen elixiu as actividades?

As actividades extraescolares gozan un alto grao de aceptación tanto por parte dos participantes como das familias, pero ante a pregunta 'Apuntaríaste a máis actividades extraescolares' (gráfica 7) descubrimos as limitacións das posibilidades de participación. Si, pero non teño tempo

Si, pero non me deixan

Non, non me interesa ningunha

31% 56% 13%

Gráfica 7. Apuntaríaste a máis actividades extraescolares?

No presente caso semella que hai unha certa harmonización entre as demandas de conciliación entre a vida laboral e familiar e as demandas dos/as nenas, atendendo aos datos atopamos como un 69% dos/as nenas participaría en máis actividades, pero nun 13% os pais/nais non consenten e noutro 56% os/as nenas declaran non dispor de máis tempo; e nun 31% rexeitan participar en máis actividades xa que non hai ningunha na oferta que lles sexa atractiva (no caso de habela habería sería necesario saber si poderían realmente participar ou si ben os pais/nais se oporían ou si os/as propias nenas disporían de tempo). Neste contexto vemos como hai unha considerable demanda implícita doutras actividades (son tomadas en conta as opinións dos/as nenas á hora de programar e ofrecer as actividades ou so se fai en base ao éxito e dispoñibilidade da oferta actual?), e como a dispoñibilidade de tempo é unha constante presente no día a día infantil, polo tanto estamos a falar non só mellor oferta, se non fundamentalmente dunha situación, que por un lado, pode indicar unha sobrecarga horaria e, polo outro, como a participación nas actividades non parece ser motivada polo interese

- 626 -

LIBRO DE ACTAS DO XI CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA. A CORUÑA/UNIVERSIDADE DA CORUÑA: ISSN: 1138-1663.

dos/as nenas se non por unha presión por parte dos pas/nais ben por motivos formativos ou de ocupación de tempo. Atendendo ao reparto horario de actividades descubrimos como as actividades esténdense ao longo da tarde, presentado de forma xeral (táboa 2. 'Distribución da realización das actividades extraescolares') unha maior actividade no tramo de 18 a 19 horas (103 casos), seguido polas horas anteriores e posteriores (de 19 a 20 horas con 82 casos e de 17 a 18 con 67 casos) cunha diminución parella dándose un terceiro tramo de 16 a 17 horas (38 casos) e de 20 a 21 horas (28 casos), que dá paso ao tramo final de 21 a 22 horas (8 casos) e de 15 a 16 horas (2 casos). No reparo diario observamos poucas diferencias con respecto a esta dinámica onde só cabería destacar que a participación en actividades é relativamente homoxénea nese tramo de maior actividade con actividades que oscilan entre os 10 e os 25 casos (o xoves e venres o tramo de maior actividade adiantase unha hora, pero mantéñense igualmente ata ás 20 horas). Hora 15-16 16-17 17-18 18-19 19-20 20-21 21-22

luns 0 6 13 18 16 7 2

martes 0 3 10 21 17 5 2

mércores 0 7 16 19 13 4 0

xoves 1 10 16 25 19 7 2

venres 1 12 12 20 17 5 2

TOTAL 2 38 67 103 82 28 8

Táboa 2. Distribución da realización das actividades extraescolares

Tendo en conta a presencia en actividades pódese estimar que os/as nenas empregan entre 90 e 120 minutos en actividades extraescolares. Con respecto a esa distribución conxunta dáse unha homoxeneidade maior de valores ca no caso das tarefas para a casa o que sería provocado por uns horarios máis pechados e axustados ás necesidades organizativas dos responsables das actividades (horarios laborais e horarios de apertura e peche de instalacións), mentras que as tarefas para a casa sempre se poden repartir en oco 'mortos' ou que deixa o resto da axenda diaria. luns

martes

mércores

xoves

venres

30,0 22,5 15,0 7,5

15-16

16-17

17-18

18-19

19-20

20-21

Gráfica 8. Distribución da realización das actividades extraescolares

- 627 -

21-22

LIBRO DE ACTAS DO XI CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA. A CORUÑA/UNIVERSIDADE DA CORUÑA: ISSN: 1138-1663.

Máis ilustrativo neste sentido son os datos que nos presenta a gráfica 9 'Comparación horaria entre a realización de tarefas para a casa e actividades extraescolares' onde vemos que porcentualmente se produce un relevo no horario, ao rematar o período de tarefas comeza unha maior participación en actividades extraescolares, con dous punto de inflexión a partir das 17 horas, onde se produce o cambio de dinámica, e a partir das 20 horas, a partir da que hai unha diminución xeralizada na axenda dos/as nenas. tarefas para a casa

actividades extraescolares

40% 30% 20% 10%

15-16

16-17

17-18

18-19

19-20

20-21

21-22

22-23

Gráfica 9. Comparación horaria entre a realización de tarefas para a casa e actividades extraescolares

Durante as fins de semana a participación en actividades é moito menor así atopámonos como un 43% dos/as nenas realiza actividades de fin de semana fronte a un 57% que non. Esta queda restrinxida a 1 hora e 35 minutos de media para os dous días concentrándose principalmente en actividades deportivas, sendo fútbol e baloncesto as predominantes. Polo que máis que unha saturación de actividades o que se dá é unha maior carga durante os días laborais, sendo este o punto máis conflitivo da conciliación familiar e laboral. Con relación ao tempo libre dos rapaces e preferencias que estes teñen nestas horas preguntouse 'Que fas ao saír das actividades extraescolares' (gráfica 10) cos seguintes resultados: Regresar á casa

Quedar xogar sin non hai deberes

Quedar xogar

17% 34%

49%

Gráfica 10. Que fas ao saír das actividades extraescolares

Cando os nenos/as son preguntados a cerca das súas obrigas ao saír das actividades extraescolares un 49%, afirma que pode quedar un rato cos/as súas amigas se non ten moitos deberes, fronte a un 34% que indica

- 628 -

LIBRO DE ACTAS DO XI CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA. A CORUÑA/UNIVERSIDADE DA CORUÑA: ISSN: 1138-1663.

que debe ir á casa ao finalizar as súas actividades, cun 17% que manifesta ter dispoñibilidade de tempo se seu. De momento non parece haber indicios de unha grande falta de tempo ou de unha grande presión sobre os/as escolares no que atinxe á axenda obxectiva, pero como xa quedou demostrado (Cohen, 1962) a percepción do tempo ten unha compoñente de percepción subxectiva que revirte no benestar da persoa, e neste sentido a inmensa maioría dos/as nenas, un 91%, afirma que lle gustaría dispoñer de máis tempo libre. O que volve colocar enriba da mesa que a sobrecarga tamén como unha percepción subxectiva do tempo, demandándose máis tempo de seu para destinalo a como se desvela na análise combinada dos resultados da enquisa e da redacción 'Que che gustaría facer ao saír do colexio' (gráfica 11): Quedar cos/coas amigas

38

Actividades extraescolares

21

Ver a tele

0

Outras

6

Quedar cos/coas amigas+Actividades extraescolares

15

Quedar cos/coas amigas+Ver a tele

5

Quedar cos/coas amigas+Outras

8

Actividades extraescolares+ver a tele

5

Actividades extraescolares+Outras

2 0

10

20

30

40

'Gráfica 11. Que che gustaría facer ao saír do colexio

Se ben os/as nenas inquiridas podían optar por una resposta múltiple a maioría decidiuse por unha única opción (nun 65% dos casos) e nos demais caso por dúas en diferentes combinacións. O ítem con máis peso é o ligado á compartir tempo co grupo de iguais ou quedar cos/coas amigas (38%), seguido da participación en actividades extraescolares (21%) o que pon de relevo unha vez máis o interese que estas teñen para os/as escolares como medio de aprendizaxe e de socialización extracurricular e da súa potencialidade como vehículo formativo en competencias sociais e adquisición de coñecementos. En terceiro lugar temos o primeiro par que combina as dúas anteriores 'Quedar cos/coas amigas+Actividades extraescolares' revelándose ás actividades extraescolares como un espazo ideal de socialización entre iguais (15%). Xa con certa distancia aparece 'Quedar cos/coas amigas+Outras' (entre outras case sempre encontramos momentos de lecer conxunto: durmir, pasear, xogo libre, ir ao cine…) (8%), así 'Outras' aparece soa no posto quinto (6%) onde volvemos atopar o mesmo tipo de actividades que as descritas anteriormente, co mesmo valor (5%) están 'Quedar cos/coas amigas+Ver a tele' e 'Actividades extraescolares+Ver a tele', a combinación de 'Actividades extraescolares+Outras' ten unha significación moi reducida (2%) e só 'Ver a tele' non foi escollida por ninguén. Este datos poñen de manifesto como de xeito global a demanda de momentos de socialización conxunta (só ou parellos a outras actividades) e de realización de actividades extraescolares son os dous elementos preferidos, sen deixar cabida a televisión (a pesar do considerable consumo de televisión por parte do público infantil – Eurodata TV Worldwide, 2011) o que no leva a reflexionar sobre as demandas

- 629 -

LIBRO DE ACTAS DO XI CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA. A CORUÑA/UNIVERSIDADE DA CORUÑA: ISSN: 1138-1663.

reais dos/das nenas e das posibilidades de tempo e espazo para levar a cabo as súas actividades favoritas, ou de como poderían estar condenadas ao consumo pasivo de televisión ante a falta de alternativas viables. Conclusión Partindo dos resultados obtidos afirmamos que os rapaces e rapazas teñen que adicar entre 60 e 120 minutos á realización das tarefas ou deberes, sumado ao tempo de permanencia na escola en horario lectivo normal (5 horas), máis o tempo adicado a actividades extraescolares (90-120 minutos) teríamos como resultado unha xornada diaria que comprendida entre 7 horas e media e 9 horas, igual ou superior á laboral dunha persoa adulta. Asemade non parece que haxa unha percepción subxectiva de falta de tempo pero máis alá dunha sobrecarga obxectiva de horas o que se demanda son actividades extraescolares máis adaptadas á demandas persoais e unha xestión do tempo na que prime a posibilidade de contacto entre grupos de iguais; ou noutras palabras máis tempo propio, aínda que non sexa formulado explicitamente. Referencias Blanco García, M.; Garrido Vila, E., Casado Neira, D. (2011) Análises sobre a idoneidade da oferta das actividades extraescolares. Actas do XI Congreso Galego-Portugués de Psicopedagoxía. Universidade da Coruña: A Coruña. Cohen, J. (1962) "Tiempo subjetivo" Revista de psicología general y aplicada. 17 (61): 5-17. Echeburúa, E. (1993). Trastornos de ansiedad en la infancia. Madrid: Pirámide. Eurodata TV Worldwide (2011) Kids TV. París: Eurodata TV Worldwide. Fundación de Cajas de Ahorro (2009) Educación y familia. Los padres ante la educación general de sus hijos en España. Madrid: Fundación Cajas de Ahorrro. Trianes Torres, M. V.; Blanca Mena, M. J.; Fernández Baena, F. J.; Escobar Espejo, M.; Maldonado Montero, E. F.; Muñoz Sánchez, A. M. (2009) "Evaluación del estrés infantil: Inventario Infantil de Estresores Cotidianos" Psicothema, 21 (4): 598-603.

- 630 -

LIBRO DE ACTAS DO XI CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA. A CORUÑA/UNIVERSIDADE DA CORUÑA: ISSN: 1138-1663.

ANÁLISE SOBRE A IDONEIDADE DA OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES María Blanco García, Emma Garrido Vila, David Casado Neira Universidade de Vigo - Ourense [email protected] Introdución Hoxe en día a cuestión das actividades extraescolares presenta un grande interese: desde a súa introdución e xeralización como un complemento ligado á oferta educativa dos centros dentro da dinámica da extensión da función de custodia de escola, orientada á compatibilidade da vida familiar e escolar e ao enriquecemento so currículo escolar e da formación dos nenos e nenas; así vemos como ano tras ano aumentan a demanda por parte das familias as solicitudes e a oferta. Hai á vez unha maior preocupación educativa sobre o seu valor formativo e idoneidade (da Silveira, 2003). A oferta feita desde os concellos pretende reforzar o servizo de apoio ás familias para conciliar a vida familiar e laboral, ao mesmo tempo que se intenta facilitar aos nenos a posibilidade de participar en actividades lúdicas e formativas. Coa elaboración deste proxecto pretendemos descubrir si a oferta que se realiza das actividades extraescolares ofrecidas polo Concello de Ourense presenta desaxustes fronte ás demandas das familias e cal é o grao de aceptación e satisfacción por parte das familias.

Metodoloxía A pescuda desenvolveuse durante o curso 2010/11 dentro da oferta de actividades realizada polo Concello de Ourense a través da Concellaría de Educación, das ANPAS e entidades privadas e a través de enquisas e entrevistas. Paralelamente analizouse a información ofrecida a través de folletos e materiais de divulgación xeral, así como a través da páxina web do concello (http://www.educacionourense.com/). As entrevistas foron realizadas a tres profesores responsables de actividades (teatro, piano e inglés) sobre o desenvolvemento das actividades, impacto económico, dispoñibilidade de espazos, instalacións e equipamento, horarios… Ademais entrevistouse á concelleira de educación (Dn. Ana Mª Garrido Rodríguez) sobre as iniciativas levadas a cabo desde o concello. As enquisas consistiron nun cuestionario pechado de dez preguntas a cincuenta familias con fillos/as escolarizadas coa información relativa ao perfil dos/das nenas, tipo de actividades nas que se participan, valoración e motivacións así como outros aspectos sobre o seu desenvolvemento e percepción.

- 631 -

LIBRO DE ACTAS DO XI CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA. A CORUÑA/UNIVERSIDADE DA CORUÑA: ISSN: 1138-1663.

Oferta de actividades As actividades que se están a ofertar durante o curso 2010/11 por parte do Concello de Ourense é variada, hai que ter en conta que non só se conta coas Escolas Municipais de Idiomas e de Artes Escénicas, así coma coas Bibliotecas Municipais (ligadas ao que considerariamos coma actividades extraescolares propiamente ditas), senón que tamén se ofertan actividades extraescolares de tempo limitado (non suxeitas a un calendario continuo como excursións, visitas…) dirixidas ás veces a algúns centros educativos ( CEIPs Irmáns Villar, As Mercedes, Padre Feijoo…) segundo á lóxica de equiparación dos horarios escolares e laborais. Ofértanse tamén as chamadas actividades cofinanciadas (deportivas, lúdicas e de reforzo) en horario non lectivo para a apertura dos centros públicos en horario de tarde. Neste caso temos por exemplo, CEIP Curros Enríquez: ximnasia rítmica, patinaxe e fútbol; CEIP Inmaculada Concepción: psicomotricidade, xogos populares e informática; CEIP Irmáns Villar: patinaxe, fútbol-sala e baile; CEIP Manuel Sueiro: informática, xogos populares e pintura; CEIP Mestre Vide: baile, ximnasia rítmica e contacontos; CEIP Seixalvo: informática, xogos populares e patinaxe. Hai tamén actividades que se desenvolven en centros específicos que que están abertas á todos/das as escolares de primaria. Por exemplo, baloncesto en inglés (CEIPs Irmáns Villar, A Ponte, O Couto, e Curros Enríquez) ou hóckey sala (CEIPs Amadeo Rodríguez Barroso, Inmaculada Concepción, Mariñamansa, A Ponte e Mestre Vide). Por recoller algunhas das actividades máis amplas do programa que se están a desenvolver desde o Concello destacan as que se coñecen coma 'A aula da natureza'́ que levan parello moitas actividades que se poden desenvolver por un período de tempo limitado. Ou outras actividades como o 'Torneo de convivencia entre barrios': o seu obxectivo primordial é que os/as nenas dos diferentes barrios da cidade de Ourense se reúnan unha vez ao mes para celebrar unha festa deportiva con aspecto lúdico. Esta vai dirixido a alumnos/as do terceiro ciclo de primaria, os barrios que participan son: Vistahermosa, Barrocanes, Covadonga, Sta Teresita, Mariñamansa, Carballeira e O Couto.

Presentación de datos G.1 Idades dos nenos que realizan actividades extraescolares Neste primeiro gráfico presenta as idades dos/das nenas que asisten ás actividades extraescolares ofertadas polo Concello de Ourense. A maioría delas están comprendidos entre 0 e 7 anos (54%) seguido polo segmento de entre os 8 e os 15 (38%), no última tramo de maiores de 15 non hai case participación presentando u índice considerablemente menor (8%).

- 632 -

LIBRO DE ACTAS DO XI CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA. A CORUÑA/UNIVERSIDADE DA CORUÑA: ISSN: 1138-1663.

G.2 Total que practica actividades extraescolares Á pregunta de si os/as nenas practicaban ou non actividades extraescolares un 86% si participa fronte a unha minoría dun 14% que non. Sobre todo nas idades máis temperás a demanda das actividades é importante o que cabe explicalo polo grao de autonomía dos/das escolares. De acordo aos datos anteriores hai unha correlación directa entre a idade e o grao de participación que cabe explicalo en primeiro lugar polo grao de autonomía dos/das nenas e a menor necesidade de custodia, pero tamén que as poucas persoas que responden que non practican actividades coincide con aquelas que consideran que os horarios non son axeitados, ou ben que as actividades que se ofertan non son do seu agrado.

G.3 Como tivo coñecemento das actividades? No referente a como as familias obtiveron a información sobre a oferta de actividades moi significativamente a porcentaxe maior (un total do 58%) responde que foi grazas a persoas coñecidas ou ben a familiares. Isto sitúa o boca a boca (coñecemento do funcionamento interno da actividade), o mantemento de vínculos persoais (compartir o tempo de espera, manter os vínculos entre os/as nenas…) e a xestión do tempo (traslado común de nenos/as) como o argumento primordial á hora da elección tamén das actividades. A comunicación informal revélase como a vía fundamental de obtención de información máis alá da información de tipo oficial. Un 16% responde que se desprazou ao propio centro para poder informarse, e un 12% afirma que foi grazas á publicidade, a cal pódese considerar unha porcentaxe bastante baixa polo que cabería dicir que hai pouca publicidade acerca destas actividades ou que non é a vía máis valorada de información. Finalmente o 14% dos/das enquistadas non responderon á cuestión o que non deixa de ser un dato significante sobre o interese real sobre as actividades. Estes datos tamén poden apuntar a que a elección das actividades faise primando eses aspectos de fortalecemento das redes sociais e non tanto en función do interese propio na actividade ofertada, sempre dentro dun marxe de aceptación ou non por parte dos/das nenas.

- 633 -

LIBRO DE ACTAS DO XI CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA. A CORUÑA/UNIVERSIDADE DA CORUÑA: ISSN: 1138-1663.

No referente a información que se obtén das actividades é un dato moi útil para o Concello, xa que como argumentamos anteriormente a maioría dos cidadáns obteñen a información de ditas actividades extraescolares grazas a persoas coñecidas ou familiares, polo que a publicidade que se fai das actividades non semella ser moi efectiva, sería un bo aspecto a mellorar ou reconsiderar.

G.4 Porcentaxe de actividades nas que se participa que son ofertadas polo concello En canto a se estas actividades extraescolares son ou non ofertadas polo Concello, unha gran parte da poboación dixo que si (66%), e polo tanto a maioría das persoas que asisten a actividades extraescolares van a aquelas que organiza o Concello, sen embargo é de destacar que moitas das persoas enquistadas afirman levar aos/ás fillas non só as do Concello senón tamén a algunha máis. Un 18% dixo que non, ben sexa pola ausencia de actividades as que lles gustaría asistir ou ben polas limitacións de praza nas actividades extraescolares ofertadas polo Concello de Ourense. Por último, un 16% dos cidadáns non mostrou ou non sabe cal é a entidade que fai a oferta. A participación nas diferentes actividades e o grao de ocupación é tamén diverso como se reflexa das entrevistas cos/coas propias responsables das actividades "Hoxe en día son moitos os nenos que están a acudir a esta actividade, certo é que non se chegan a cubrir todas as prazas pero si a gran maioría." (profesor de teatro), "Posto que ano tras ano a demanda destas actividades aumenta, hai moitos nenos que non poden acceder as nosas instalación posto que as prazas non son suficientes" (profesor de piano), "Cada vez son máis os nenos que veñen as nosas actividades, non nos podemos queixar, incluso algúns quedan fora sen poder asistir por motivo das prazas" (profesora de inglés). Tamén nos atopamos nalgún caso ante oferta de prazas limitadas como é o caso da Escola Municipal de Música que non da satisfeito a demanda como declara a concelleira de educación "En xeral apúntanse moitos rapaces a elas, teñen bastante receptividade por parte dos ourensáns pero se me preguntades cal sería a máis demandada diríavos que a Escola Municipal de Música, quizais é aquí onde non só se completan o número de prazas se non que quedan moitos rapaces fora, é sen dúbida a máis demandada". O que implica a derivación a actividades secundarias ou de segunda elección.

- 634 -

LIBRO DE ACTAS DO XI CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA. A CORUÑA/UNIVERSIDADE DA CORUÑA: ISSN: 1138-1663.

G.5 Número de actividades nas que se participa Con respecto á número de actividades nas que se participa podemos destacar que o 44% das familias que realizaron a enquisa afirmaron que os /as súas fillas realizan entre dúas ou tres actividades extraescolares. Unha única actividade realizada é representada polo 30% da mostra e tan só o 12% di acudir a máis de tres das actividades extraescolares, mentres que o 14% non respondeu sendo unha porcentaxe bastante elevada que pode responder a que os/as fillas non realizan ningunha actividade extraescolar ou a un descoñecemento real ou desinterese sobre as actividades dos/das fillas. Isto último significaría que as actividades son usadas como unha simple forma de coidado fora do horario escolar sen ter un especial interese no seu valor formativo ou educativo, como xa se ten detectado noutros estudos (Pincheira, 2010; Gairín e San Fabián, 2005) baixo unha forma de laissez faire.

G.6 A compatibilidade do horario escolar co horario das actividades extraescolares. Un aspecto importante que apoia as anteriores gráficas é o de se son compatibles os horarios da escola cos das actividades extraescolares, neste sentido concluímos que un 86% responde que si, que son compatibles, e como nos comentaba algún pai/nai débese en gran medida a redución da xornada escolar nalgúns centros que contaban con xornada completa. Tan só un 8% dos/das enquistadas responden que non, e ademais coincide que son aqueles que non levan aos/ás súas fillas a actividades extraescolares. Por outro lado o 6% non deu resposta algunha. Podemos afirmar que en xeral, os horarios que se establecen para a realización das actividades extraescolares é bo, non supón na meirande parte dos/das cidadás un problema para acudir a ditas actividade e que non hai unha demanda específica sobre outras necesidades horarias para a compatibilidade da vida familiar e laboral. Xa que logo isto responde á política municipal a cuestión referida, sobre os horarios desde o concello indican que sempre se establecen en función das necesidades das familias.

- 635 -

LIBRO DE ACTAS DO XI CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA. A CORUÑA/UNIVERSIDADE DA CORUÑA: ISSN: 1138-1663.

Por parte do profesorado en xeral están de acordo por que teñen uns horarios moi amplos e moi adaptados ao horario escolar. Grazas a ampliación dos horarios os/as participantes pódense desprazar sen ningunha dificultade de tempo: "En relación aos horarios non tiven nunca problemas xa que son moi amplos, de 16:30 a 20:30, dúas horas á semana aproximadamente sendo de 55 minutos as clases" (profesora de inglés), "Os horarios consideramos que están bastante ben, os nenos teñen tempo para saír do colexio e asistir a estas actividades" (profesora de teatro), "En canto aos horarios son moi amplos, xa que se pode asistir durante a mañá ou ben pola tarde de 16:00 a 22:00. Os horarios permiten ao neno desprazarse sen ningunha dificultade desde a escola ata o centro" (profesor de piano).

G.7 Percepción sobre posibles efectos negativos no rendemento escolar Á cuestión de se coidan que realizar unha actividade extraescolar pode diminuír nalgún aspecto o rendemento escolar non ofrece unha información real sobre posibles prexuízos da carga de actividades sobre o rendemento escolar: neste caso o interese vai destinado a percepción subxectiva das familias. Se ben está demostrado que a participación en actividades extraescolares está asociado en certa medida a un mellor rendemento escolar (Alós et al, 2006), especialmente aquelas organizadas desde los propios centros (Marsh e Kleitman, 2002). Paralelamente como no caso anterior (véxase gráfico G.6) un 86% afirma que non, e incluso manteñen en moitos casos que o feito de realizar unha ou varias actividades extraescolares axuda ao/á nena, non só na súa traxectoria académica senón tamén na vida en xeral. O mesmo 8% manifesta que os/as súas fillas non participan nas actividade porque inciden negativamente no seu rendemento. Se se trata unha percepción espuria por parte das familias ou se efectivamente responde a casuísticas concretas derivadas de dificultades de aprendizaxe dos/das nenas será algo que haberá que abordar en futuros estudos. O 6% semella non ter detectado ningún indicio sobre efectos positivos ou negativos.

G.8 Demanda de máis variedade de actividades extraescolares ofertadas polo Concello Esta cuestión é de gran importancia xa que se ben hai un alto grao de satisfacción con respecto ás actividades extraescolares un 30% demanda máis variedade de actividades (estando conformes co funcionamento xeral como estamos a ver), un 48% pensa que son suficientes ao que hai que sumar un 22% de persoas que non saben/non contestan; unha porcentaxe elevada, en comparación cos valores anteriores, que apunta a un aceptación pasiva da oferta ou polo menos a algún grao de acordo ao non ter demandas específicas.

- 636 -

LIBRO DE ACTAS DO XI CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA. A CORUÑA/UNIVERSIDADE DA CORUÑA: ISSN: 1138-1663.

Se ben desde o punto de vista do Concello, a selección de actividades extraescolares ven determinada polos intereses dos cidadáns, as vías de comunicación e os medios que se usan para atender a estas demandas parece que se dan nun contexto de aceptación pasiva da oferta. Unha opinión semellante podemos atopar entre os/as responsables das actividades. Si ben consideran que a variedade de actividades extraescolares que oferta o Concello de Ourense é moi ampla aínda gustaríalles engadir algunha actividade para que se puidese levar a cabo outros anos: "Considero que si existe variedade de actividades extraescolares ofertadas polo Concello de Ourense, a verdade e que cada ano aparecen novas actividades que están tendo moito éxito. . […] En canto a última cuestión, gustaríame que se levase a cabo una fusión entre o baile e o teatro" (profesor de teatro), "Desde o meu punto de vista as actividades ofertadas polo Concello de Ourense son suficientes, están moi ben e teñen unha ampla gama de actividades aínda que debo engadir que me gustaría que se fixeran algunhas actividades de difusión de cultura musical e de intercambio" (profesor de piano), "En xeral estou contenta coa variedade de actividades extraescolares que hai. […] A última das preguntas teño que dicir que dentro do meu campo gustaríame poder dar clases de francés" (profesora de inglés).

G. 9 Conformidade coa calidade das actividades ofertadas polo Concello Aquí ilústrase como a maior parte doas/as enquisadas, un 40% non contesta ou non sabe se son mellores outras actividades que as que oferta o propio Concello, o que nos pode levar a unha ausencia de información que como argumentamos no G.3: é moi pouca a publicidade que se fai das respectivas actividades ou que se fai unha escolla atendendo a outros criterios sen ter un coñecemento que permita unha comparación real. Así un dato que cabe destacar é que un 32% fronte a un 28% está de acordo coa calidade da oferta. Pódese dar o caso de que a diferencia de custo nas actividades, gratuítas, ofertadas polo Concello fronte o custo doutras sexa o motivo fundamental desta decisión, o que levaría a unha lóxica de valoración entre custo e beneficio.

- 637 -

LIBRO DE ACTAS DO XI CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA. A CORUÑA/UNIVERSIDADE DA CORUÑA: ISSN: 1138-1663.

G.10 Valoración dos materiais En primeiro lugar vemos necesario comentar o gran número de persoas que afirman estar conformes cos diferentes materias empregados dentro das aulas nas que se imparten as diversas actividades extraescolares (62%), o que contrasta coas respostas á pregunta anterior. Un 24% das familias inquiridas considera que o material que é empregado polos seus/súas fillas require de melloras co fin de obter unha maior calidade do seu uso. Un 14% non respondeu a cuestión ben porque non coñecen de primeira man os diferentes materiais dentro das aulas ou porque non consideran que o material sexa o máis importante. Cabe destacar que ninguén respondeu que o material que se emprega é malo. Xa por parte dos/das propias responsables dos cursos hai unha opinión positiva a este respecto. No relacionado coas novas infraestruturas que se fixeron no centro os profesores están moi satisfeitos, pois, a ampliación dos edificios supuxo o aumento de nenos nas actividades extraescolares ofertadas polo Concello de Ourense. En xeral os tres responsables coinciden en que coa construción dos novos edificios para as escolas municipais puidéronse ampliar as clases e ao mesmo tempo ofertar maior número de prazas para as actividades extraescolares: "Os materiais dos que dispoñemos son suficientes e moi bos e en canto as instalacións do centro estamos moi contentos desde que se fixeron estes novos edificios que nos permiten a mellor realización das nosas tarefas" (profesor de teatro), "Pola parte que me corresponde os materiais que empregamos para desenvolver a nosa actividade é bo. En canto as instalacións podo dicir que coa construcións dos novos edificios estamos realmente contentos" (profesor de piano), "En xeral estou contenta coa variedade de actividades extraescolares que hai e cos materias dispoñibles para levar a cabo as miñas clases. En canto as instalacións estou, e penso que estamos todos en xeral moi a gusto, xa que grazas aos edificios novos ampliáronse os espazos e permiten o acceso a máis xente" (profesora de inglés). Os materiais que están dispoñibles nas clases son valorados de xeito positivo, aínda que algún pensa que non son os máis adecuados para as necesidades dos/das nenas.

Conclusións En base á análise da oferta de actividades extraescolares do Concello de Ourense podemos ver como hai unha gran receptividade á oferta á vez que non se ten detectado ningunha demanda especial por parte dos centros e familias, máis aló dunha ampliación da demanda. Isto leva a pensar na oportunidade da oferta, pero tamén os datos desvelan que nalgúns casos detectamos como no interese das familias podería primar a simple custodia fronte ao valor educativo da oferta, certa actitude de laissez faire. O que por outro lado non

- 638 -

LIBRO DE ACTAS DO XI CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUÉS DE PSICOPEDAGOXÍA. A CORUÑA/UNIVERSIDADE DA CORUÑA: ISSN: 1138-1663.

ten un efecto negativo nos/as nenas xa que poden aproveitar a oferta formativa e lúdica. Asemade detéctase un alto grao de delegación no centro educativo e no Concello co que nos atoparnos cun fenómeno que pendura entre a confianza nas autoridades educativas e a delegación desinteresada. Bibliografía Alós Cívico, F. J.; Moriana Elvira, J. A.; Herruzco Cabrera, J.; Alcalá Cabrera, R.; Pino Osuna, M. J.; Ruiz Olivares, R. (2006) "Actividades extraescolares y rendimiento académico en alumnos de educación secundaria" Electronic Journal of Research in Educational Psychology, 4 (8): 35-47. http://www.investigacion-psicopedagogica.org/revista/articulos/8/espannol/Art_8_82.pdf da Silveira, P. (2003) "La educación siempre llega tarde" Pensar Iberoamérica: Revista de cultura, 3. http://www.oei.es/pensariberoamerica/ric03a04.htm Gairín, J.; San Fabián, J. (2005). "La participación social en educación" en Jiménez, B. (coord.) Formación Profesional. Barcelona: Editorial Praxis, 157-188. Marsh, H.; Kleitman, S. (2002) "Extracurricular school activities: The good, the bad, and the nonlinear". Harvard Educational Review, 72 (4): 464-514. Pincheira Muñoz, L. (2010) "La participación educativa de padre, madre y/o apoderado en el centro educativo: mito o realidad" Revista de Estudios y Experiencias en Educación, 9 (17): 107-114.

- 639 -

Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.