Penafroufe, un reducto defensivo do século XVII na raia de Bangueses (Verea, Ourense).pdf

Share Embed


Descripción

Penafroufe, un reducto defensivo do século XVII na raia de Bangueses

Penafroufe, un reducto defensivo do século XVII na raia de Bangueses (Verea, Ourense) Eduardo-Breogán Nieto Muñiz

E

Vista do Teso e do val do Deva dende Bangueses, ao fondo Froufe e o Planalto.

58

ncaramado nun outeiro situado 500m ao SW de Bangueses de Abaixo, (parroquia de San Miguel de Bangueses, no concello Verea), ao pé do Porto das Mestas, atópanse os restos dunha vella fortificación; coñecen os veciños o lugar coma O Teso. As ruínas dos seus muros ondulan o terreo, debuxando unha estrela de catro puntas perfectamente visible dende o ar, todo o contrario que dende terra, agochándose entre a vexetación de monte baixo e a propia orografía do outeiro no que se empraza; nin tan sequera é doadamente visible dende os montes veciños. Sen acadar unha altitude esaxerada respecto do seu entorno, a 820m de altitude -en contraste aos 740m de Bangueses de Abaixo, os 830m de Bangueses de Arriba e os 1000 a 1200m da liña de cumios circundante que define os altos da Serra do Leboreiro-, o Coto ten un amplo dominio visual de toda a cabeceira de río Grande (que augas abaixo renoméase Deva). Precisamente na liña de cumios ao SW do val esténdese a raia coas terras de Castro Laboreiro; fronteira 59

Penafroufe, un reducto defensivo do século XVII na raia de Bangueses

marcada polos cumios da Pena Gache, Froufe e a Mota Grande1. Os restos en estrela do tal “Forte do Teso” definen unha construción en “traza italiana”, sistema defensivo a base de baluartes que marcaron o paso da guerra medieval á moderna. Tal sistema foi ideado a finais do século XV no contexto das Guerras Italianas, ante a mellora da artillería por parte das tropas francesas e a pretensión do rei Carlos VIII de reclama-los seus dereitos sobre o trono de Nápoles en 1494. Ante o efecto das novas armas cumpría un novo sistema defensivo máis eficaz, xa que as vellas fortificacións medievais presentábanse agora obsoletas. Uns muros máis baixos e anchos facíanse moito máis resistentes aos novos proxectís de ferro, cada vez máis potentes, fronte ás murallas medievais, altas e rectas, moito máis vulnerables aos impactos da artillería. Dándolles ademais certa inclinación lográbase minimizar esa forza de choque. O reenchido dos muros con terra tamén os facía máis resistentes e aumentaba a súa capacidade de absorción fronte os impactos balísticos. O propio deseño das defensas, con baluartes saíntes en ángulo, proporcionaba un dominio visual completo sobre os asediantes, ademais de permiti-lo fogo cruzado en caso de 1

Situación dos restos do forte.

asalto. A estratexia militar evolucionou nesta época e por esa causa, mudando as batallas a campo aberto por longos asedios das prazas fortes. Este tipo de fortificacións derivaron no que se coñece como sistema Vauban, o máis famoso tratadista bélico francés que, a finais do século XVII, melloraría a defensa de diversas cidades galas baseándose na combinación dos mesmos sistemas construtivos en estrela. Defensas deste tipo foron construídas a ambos lados da raia galego-portuguesa, e en toda a súa lonxitude, no contexto da Guerra de Restauração (1640-1668); conflito que levou ao reino portugués a recupera-la independencia perdida canda

A presenza dunha das máis importantes necrópoles megalíticas de Galicia neste Planalto do Leboreiro, en coincidencia coa divisoria de augas de primeiro orde entre as cuncas do Miño e do Limia, que define a fronteira xeográfica, tería actuado como linde entre as parroquias dun e doutro lado, xa dende tempos neolíticos; o cal non quere dicir que de fronteiras políticas pechadas se tratase, senón máis ben todo o contrario. Son varias as rutas (dos carboeiros, das feiras, etc.) que percorren a serra, creando un tránsito continuo e de vital importancia para o desenvolvemento das aldeas do entorno e dos seus habitantes ao longo de tódolos períodos históricos.

60

anexión á coroa española por parte de Filipe II en 1581, esgotada a dinastía de Avís. En 1640, baixo o reinado de Filipe IV, gran parte da nobreza e da burguesía portuguesa aproveitaron a debilidade española -inmersa na Guerra dos Trinta Anos en Alemaña, ademais doutros conflitos en Francia, Nápoles ou Sicilia-, negándose a enviar tropas para sufoca-la sublevación de Cataluña, e “conxurándose” contra a coroa española. Planeado o levantamento por fidalgos, á cabeza do mesmo situouse o duque de Brangança, que foi proclamado rei como João IV (1640-1656). Ademais do apoio francés do Cardeal Richelieu, que procuraba o desgaste español, foi vital a alianza británica trala voda de Caterina de Bragança con Carlos II de Inglaterra en 1662. O groso dos enfrontamentos centrouse na fronteira entre o Alentejo portugués e a Extremadura española, destacando a batalla de Montijo (1644), na que as tropas portuguesas lograron vencer ás españolas concentradas en Badajoz coa intención de chegar a Lisboa. As derrotas españolas en Elvas (1659), Ameixal (1663) e Montes Claros (1665),

xa no reinado de Afonso VI o Vitorioso (1656-1683) levaron á restauración da independencia portuguesa co tratado de Lisboa (1668). As alianzas creadas permitiron a Portugal organizarse nun estado forte, creándose ademais un exército permanente, un Conselho de Guerra e unha Junta de Fronteiras, cuxo fin era a salvagarda destas. A menor escala, a fronteira galega foi obxecto de numerosos enfrontamentos, sucedéndose as vitorias, derrotas, tomas dunhas prazas e perdas doutras dun e doutro bando. Francia enviou a Portugal, por aquel entón, a varios dos seus enxeñeiros para dirixi-las reformas das vellas prazas fortes medievais, reforzándoas cos novos sistemas de baluartes. Ao mesmo tempo, do lado galego, emprendíanse obras semellantes, remodelándose as fortalezas a un e outro lado da raia; ademais de construírense outras novas no transcurso das hostilidades como reforzo das xa existentes. Nesta dinámica construtiva, calquera acción dun bando era seguida dunha reacción do outro, é dicir, a construción de fortes ou o reforzos das prazas existentes dun lado, era contestado con obras semellantes ao 61

Penafroufe, un reducto defensivo do século XVII na raia de Bangueses

O Teso, ao SW de Bangueses de Abaixo.

outro lado da fronteira, seguindo unha estratexia defensiva e ofensiva que se ía definindo dacordo ao transcurso dos acontecementos. Creáronse así toda unha serie de sistemas defensivos enfrontados a ambos lados da raia, que se foron construíndo e ampliando a medida que avanzaba a guerra. Trataremos agora de resumi-la aparición e evolución destes sistemas e da propia guerra na raia galego-portuguesa. O primeiro enfrontamento armado sucedeu en 1641, cando as tropas portuguesas concentradas en Melgaço, baixo o mando de D. João de Sousa e Castro, saquean fronteira de Ponte Barxas, coa intención de chegar a Celanova para cercar Ourense (García Mañá 1988, p.53). Por aquel entón estaba establecido no forte de Padrenda o Marqués de Valparaiso, gobernador de Galicia, que resiste o envite portugués, obrigándoos a se retirar (Almeida 2002, p.136-137). O primeiro gran movemento, embora, foi a toma de Salvaterra de Miño polos portugueses, en 1643, construíndo alí unha fortificación 62

que faría de cabeza de ponte xunto con Monção (Blanco e García 2005). Para contrarrestar esta posición de forza e corta-lo paso cara Tui, as forzas galegas constrúen toda unha serie de fortes ao redor da zona ocupada polos portugueses. Levántanse así a Atalaia de Porto (en 1643, fronte a Torre Lapela), o Castelo de Santiago de Aitona (1643-1644), o forte e as fortificacións de Fillaboa e o Forte de Fiolledo –chamado tamén “A Estrela”(Blanco e García 2005). Os saqueos portugueses de 1641 estendéronse pola raia seca e o val do Limia, actuando a praza de Lindoso como base de apoio das tropas do Xeneral das Armas de Entre-Douro-eMinho, Gastão Coutinho, comandadas por Vasco de Azevedo Coutinho e Manuel de Sousa Abreu. Saquéanse nestas datas A Mezquita, dende Vinhais, e Oímbra e o val do Támega dende Chaves, estendéndose en 1642 por Lobios dende Terras de Bouro (García Mañá 1988, p.52-53). Por estes anos chega a Valença o enxeñeiro francés Michel L`École, encargado de reforza-las defensas desta e doutras prazas do Miño. Antes do remate destas, Valença sofre, ao igual que Vila Nova de Cerveira, o primeiro envite, sen éxito, das tropas galegas (Almeida 2002, 135), o que leva a construción de pequenos fortes no seu entorno que complementen a defensa da vila. Así levántanse Carrexil e A Granda, nos arredores de Valença, e San Francisco de Lovelhe e a Batería da Mata en Vilanova de Cerveira. Dende Salvaterra os portugueses tomarán A Barca (Goián), en 1644, aproveitando as súas débiles defensas.

Nesta praza constrúese un novo forte por estes anos, inda que sen estar moi claro se por mans galegas ou portuguesas. Prevíndose o avance das hostilidades pola raia seca, as defensas de Verín refórzanse entre 1644 e 1646, complementadas coas fortificacións de Monterrei (A Atalaia e o Alto de San Salvador), que se converte nun dos cuarteis xerais para as operacións militares, xunto con Tui. Parece que as de Verín non se chegaron a rematar, xa que documentación posterior segue aconsellando a súa fortificación, indicando unha clara ausencia, ou precariedade, das mesmas. O paso por Monterrei e Chaves era o máis doado, destacándose ambas vilas como as principais prazas fortes da raia seca. En 1644 o capitán Juan de Villarroel, por encomenda de Filipe IV, elabora unha relación das necesidades defensivas para a zona de Monterrei; ademais de deseñalas defensas do Castelo do Castro en Vigo. Por orde do novo Capitán Xeral de Galicia, o Conde de Santisteban, entre 1645 e 1647 reforzáronse con máis homes a torre de Vilanova dos Infantes, Viana, Verín, Xinzo, Ganade, Sabucedo, etc., con cargo aso veciños de cada zona. En 1646, tropas procedente de Sanabria adéntrase cara Bragança, en resposta aos hostigamentos dirixidos dende Castelo Melhor. Finalmente a incursión é detida a duras penas por tropas dirixidas por oficiais franceses (García Mañá 1988, p.56-57). Do lado portugués complétanse as defensas de Caminha, entre 1649 e 1652, coa construción do Castelo da Ínsua. Tamén se reforza o sistema defensivo de

Detalle dos restos do forte, onde se ve claramente a forma en estrela.

Monção en 1656, segundo uns planos do enxeñeiro L`École. Xa o Conselho de Guerra de João IV determinara por aquel entón a modernización das defensas de Monforte de Río Livre, entre outras do interior, por Chaves. As tropas galegas volven cruza-la raia en diversas ocasións. En 1650 con gran éxito, logrando destruír varias prazas pola fronteira do Salas –entre elas a torre da Piconha, en Tourém e o Castelo de Portelo, en Sendim-. En 1652 as forzas ourensás arrasan Barreiros, sendo contestado con saqueos sobre A Mezquita (García Mañá 1988, p.57). En 1657 intentan face-lo propio sobre Valeça, de novo infrutuosamente; ataque que provocaría o reforzo da vila miñota en 1661. A pesares desta derrota, as forzas galegas logran construír, do lado portugués, o Forte de San Luis Gonzaga, enfrontado ao de Amorín, do lado galego, creando unha defensa única a ambos lados do río. Para contrarrestar esta, os portugueses construirán o Forte de San Jorge da Silva. As murallas de Chaves son reconstruídas 63

Penafroufe, un reducto defensivo do século XVII na raia de Bangueses

Vista do Teso e do val do Deva dende Bangueses, ao fondo Froufe e o Planalto.

e adaptadas aos novos sistemas entre 1658 e 1662, complementándose con defensas nos arredores na Trindade, a Madalena e o Forte de San Francisco. As vitorias galegas, baixo o mando do Marqués de Viana, sucédense en 1658, coa toma de Lapela, e en 1659 coa caía de Monção, que non volverá a mans portuguesas ata a sinatura do armisticio en 1668. Estes feitos permitiron a recuperación de Salvaterra, destruíndose as fortificacións levantadas no seu entorno canda súa perda en 1643, impedindo así que caesen en mans inimigas, ao igual que se fixo en Goián. En 1661 os galegos, baixo o mando do arcebispo Pedro de Acuña, toman e controlan a Portela do Home e o castelo de Lindoso, atacando tamén Arcos de Valdevez. En 1663, o xeneral Baltasar Pantoja cumpre a misión de vixía da raia dende Lobeira, controlando os vales do Limia e o Salas para evitar incursións sobre Celanova e A Limia. Ese mesmo ano é repelida unha incursión galega na Serra da Boulhosa, contestándose cunha incursión cara A Guarda, que é cercada 64

co reforzo das tropas de Cerveira e Forte Lovelhe, dende o que volven ataca-lo Forte da Barca en Goián. Construirán ao N deste a Fortaleza da Nosa Señora da Concepción, reforzando o Forte das Chagas e a Torre dos Ratos. En contraposición a este complexo sistema, as tropas galegas construirán en 1664 o Castelo de Medos que, xunto co de Amorín, serviría para corta-lo paso cara Tui, que se reforza de novo. Para complementa-la defensa da Guarda constrúen o Castelo de Santa Cruz, ao N da vila, protexendo os camiños cara O Rosal e Baiona. Esta fortificación é tomada polos portugueses en 1665 dende Goián, quedando nas súas mans ata o final da guerra, completando o control da zona coa construción do Forte da Atalaia ese mesmo ano, dende o que saquean Bouzas e Porriño. Os intentos de conquista de Valença continúan en 1664, asediándose durante dous anos, en resposta do cal os portugueses lánzanse sobre A Guarda, que finalmente acabarán tomando. A resposta galega virá en 1666, cruzando o Miño fronte a Lapela, nun intento de

Situación de diversas torres e fortalezas de salvagarda da fronteira ourense. Elaborado a partir de García Maó· 1988, p.47, engadíndoselle Penafroufe.

adentrárense no val do Limia, pero son interceptados polas tropas de Melgaço. As incursións polo Limia foron máis exitosas para os galegos pola raia seca, de novo co xeneral Baltasar Pantoja, que toma Castro Laboreiro por sorpresa, en tan só catro horas, saqueando Montalegre –que tamén adapta as súas defensas á nova artillería-, Chaves e o seu contorno (Faiões e Santo Estêvão). Facendo base en Monterrei continúa a ofensiva por Monforte de Río Livre e Vinhais. Finalmente é derrotado pola cabalería portuguesa comandada por Francisco de Távora e o conde de Alvor; vitoria portuguesa que se suma á recuperación de Castro Laboreiro e Lindoso nese mesmo ano; esta última adaptando as súas defensas aos novos sistemas2. Entre 1664 e 1668 tamén se reforzan de novo as defensas no entorno de Chaves, dando lugar ao Forte de São Neutel no Alto da Trindade. Independentemente a todos estes feitos na fronteira galega, a resolución 2

da guerra veu dada polos acontecementos acaecidos alén Douro. A paz estaba logo pronta, tralas vitorias portuguesas no Alentejo, asinándose en 1668 o Tratado de Lisboa. Acordouse neste a devolución das prazas tomadas a un e outro lado, recuperándo Goián e A Guarda por parte galega e Monçao e San Luis Gonzaga por parte portuguesa. O fin das hostilidades fixo innecesario o mantemento de moitos fortes, abandonándose e incluso destruíndose intencionadamente polos seus moradores, salvo no caso das vilas fortificadas. No transcurso das hostilidades creáronse, como acabamos de ver, toda unha serie de sistemas fortificados que viñeron substituír ou complementa-las defensas daqueles castelos e fortalezas medievais pre-existentes, moi relacionados tamén co control fronteirizo, pero cuxa pertenza a un ou outro reino dependeu máis ben da decisión dos señores que os gobernaban que dunha división estatal moderna, como

Traballos que durarán ate 1720, ano en que se completa a entrada principal.

65

Penafroufe, un reducto defensivo do século XVII na raia de Bangueses

estaba acontecendo por aquel entón. Así xurdiron os sistemas enfrontados de A Guarda-Caminha, Tui-Valença, SalvaterraMonção, Crecente-Melgaço ou MonterreiChaves, entre os máis destacados. Pero non foron estes, como vimos, os únicos. En puntos concretos da raia, cun fin determinado, construíronse pequenos fortes para acantonamento de pequenos destacamentos coa fin de controlar toda a raia, sobre todo nos diferentes pasos fronteirizos. No contexto destas últimas debemos enmarca-lo Forte do Teso, dende o que se controla todo o paso fronteirizo da Serra do Leboreiro, e co que se pretendeu, sen dúbida, disuadir dalgún xeito ás forzas portuguesas establecidas no próximo castelo de Castro Laboreiro. Creábase así un sistema de fortalezas enfrontadas ao xeito das máis poderosas e complexas da raia húmida ou da zona de Monterrei. Coñecemos, porén, idénticos exemplos ao do Teso en canto a súa sinxeleza tipolóxica dentro do sistema de “traza italiana”, en Padrenda e no val de Monterrei. No caso do de Bangueses consérvase documentación da época, con debuxos incluídos, nos que se reflicte con fiabilidade o que se pretendía facer.

Trátase da correspondencia mantida entre o conde de Santisteban (Capitán Xeral de Galicia por aquel entón) e o Secretario Real no ano 1649. O 13 de xullo, o conde enviara un informe no que se relataba a necesidade de construír un pequeno forte para mellora-la defensa da fronteira neste punto, no contexto da guerra de Restauração, ao que se refiren coma “reducto de Peñafroufe”. Sobre os gastos orixinados pola construción do mesmo faise referencia noutra carta do día 21 do mesmo mes. Cóntase nesta que a obra tería un excesivo gravame sobre a Facenda Real, xa que “los naturales (…) ofrecen ayudar para ella con materiales y gente para el trabajo”; pero o 25 de agosto, a Xunta Militar resolve que debería ser sufragado, non pola Facenda Real, senón polos propios veciños mediante unha contribución3. O descoñecemento dos restos existentes no Teso fixo que este proxecto pasase á bibliografía contemporánea coma unha obra non realizada4; algo que, cos restos arqueolóxicos á luz, é hora de rexeitar. Noutra carta do 8 de agosto dese mesmo ano5, achégase un debuxo do forte, con medidas e descrición das súas comunicacións. Cítase neste debuxo

3

Información recollida por Vanesa Laredo Guiance no Arquivo Xeral Militar de Madrid (do Instituto de Historia e Cultura Militar), Colección Aparici, plano nº261. Tomo XXX: Reino de Galicia e Islas Canarias, nº1 e único, anos 1600-1699. Signatura 1-4-14, rolo 9, p.215. Está publicado en Alfredo Vigo Trasancos (dir) 2003: Planos y dibujos de arquitectura y urbanismo, Galicia en los Siglos XVI y XVII, USC, p.283-285. 4

Soraluce Blond, J.R. 1985: Castillos y fortificaciones de Galicia. La arquitectura militar en los siglos XVI-XVIII, A Coruña, p.193. 5

Negociado de Guerra, cartapacio nº1732; documentación recollida por Vanesa Laredo Guiance (ver nota 3).

66

Deseño do "terreno de Peñafroufe" (1649)

Deseño do "reducto de Peñafroufe" (1649).

(papel; tinta, color; 37x49cm) as localidades de “ban que ses” (Bangueses) e “cego” (Cexo), ademais das fontes para subministro de auga nas abas do outeiro (dúas ao N e unha ao S, onda o acceso) e os camiños que “ba de Corbelle a Castro

Leboreyro”. Tamén se inclúen o debuxo a “Declaración de las medidas del fuerte que se pretende hazer en el distrito de Corbelle en lo alto de la colina reconçida para el”, que son as seguintes:

De çentro a çentro 120 pies. De media queda 040. Su trabes 030. Frente de Valuarte 080. De cortina franca 170. De grueso de la muralla por las lineas fundamentales 030. Su altura perpendicularmente hasta con de se forma el parapeto 025. El grueso del parapeto 08. Su banqueta 004. La entrada en su menta en lugar de fº 030. El aria de la plaza de armas 22500. El de los quarteles de alojamiento ocupa de pies casa aposento 15 pies en quadro. Terrapleno por arriba 12. (…) O forte constaría dunha praza cadrada central reforzada por unha ampla muralla protectora tamén cadrada, cos vértices sobresaíntes a modo de baluartes pentagonais. Envolvendo esta

construción faríase outra nova muralla seguindo o contorno dos baluartes, o que lle daría a forma estrelada (Vigo Trasancos 2003, p.285). O plano conservado é copia de 1849 do 67

Penafroufe, un reducto defensivo do século XVII na raia de Bangueses

No alto dos parapetos só se observa cascallo e terra pisada.

Arquivo Xeral de Simancas, dun orixinal de 1649 do Capitán Juan de Villarroel; o mesmo que deseñara as defensas do Castelo do Castro, en Vigo, e que elaborou unha relación das necesidades defensivas da fronteira para a zona de Monterrei por encargo de Filipe IV en 1644 (BlancoRotea et. al 2008, p.239). Acompañando a esa detallada descrición do forte aparece outro debuxo, esta vez copia dun anónimo, describindo o “terreno de Peñafroufe” 6. Aparecen neste representados os montes e as aldeas do entorno, con especificación das distancias e outros elementos de interese. Sitúanse así: Castro Leboreiro, Marco que divide los Reynos de Portugal y Galiçia7, Padrende, Labandela, Pojo, M. redondo, Taurianes, S. Pedro das torres, Montaña que cubre asta Lavandelas, Bangeses, Calvos, Corvella, Pereira, Cadones, Las hoynas, Geas, Torneras, Lamolar, Savares, Valdemir, 6 7

Torre do século XV en Bangueses de Arriba.

Lacal, Villarino de San Jes, Senderio, Parada, La plaza; os camiños para socorrer los lugares de Lavandela, o de bangeses y de todo el Valle de Peñafroufe y Leirado, de Vilmasida, de orençe y Villanueba, de Selanova, de Lampaça, de la Limia, de Lovera para Portugal e de Castro Laboreyro; e indícanse as distancias de una legua para dende el fuerte asta lovera e de dos leguas para dende al fuerte asta Labandela. Recoñécense entre todos estes topónimos, aldeas e parroquias da zona de Bangueses, Padrenda, Quintela de Leirado, Lobeira, Bande, Celanova ou a Limia. Temos entón dous documentos que nos permiten coñecer cal debería se-la situación e características deste “reducto de Peñafroufe”, ademais do entorno que quedaría baixo a súa influenza e protección. Os restos arqueolóxicos confirman estes datos, así como a forma

Idem nota 3 e 5, (…) Colección Aparici, plano nº260 (…), en Vigo Trasancos 2003, p.281-282.

Interesante referencia ao reino de Galicia inda nesta época, probando a súa realidade política a pesares de pertencer á coroa española.

68

estrelada do bastión exterior, con catro puntas sobresaíntes 20m respecto da praza central. Oriéntanse os baluartes cara o NW, NE, SE e SW, con medidas exteriores de 45m nos eixos N-S e E-W, e 60m nos eixos NW-SE e SW-NE, e 30m de medidas interiores nos eixos N-S e E-W. Os foxos miden máis de 2m de anchura e conservan outro tanto de fondo. En canto ao material empregado para a súa construción, puidera ter sido tan só terra prensada, aproveitando seguramente a extraída dos propios foxos. De feito, no alto das elevacións do terreo que definen a forma dos restos das paredes do fortín, só se observan amoreamentos de terra prensada mesturada con cascallo granítico moi miúdo. Non se observan restos pétreos en superficie, inda que aspectos como o aparello empregado só se poderán confirmar coa realización dunha intervención arqueolóxica. É práctica moi común a de aproveitar o material construtivo de vellas construcións cando estas son abandonadas, algo que de seguro ocorreu trala fin da Guerra de

Restauração. O abandono puido ir parello á autodestrución do fortín, impedindo o seu uso por parte das tropas inimigas, como vimos noutros casos. Unha intervención arqueolóxica podería aportar datos máis concretos en canto a súa cronoloxía, se realmente foi rematado e ocupado, ou se quedou a medio facer. Descoñecemos, porén, a data exacta da súa fábrica; sabemos que ten que ser posterior a xullo de 1649, data na que se recomenda a súa construción. O que si debemos supor é a súa relación coa presenza ao outro lado da raia do castelo de Castro Laboreiro, como xa comentamos. Consérvase en Bangueses de Arriba, preto da igrexa de San Miguel, os restos dunha torre; que polas características construtivas de portas e xanelas datamos ao redor do século XV. Puidera ter servido esta como punto de control do val do río Grande e do paso do Leboreiro. Chegados os novos condicionantes bélicos modernos, e tendo en conta a ameaza dunha praza forte portuguesa tan próxima, facíase precisa a mellora das defensas por Bangueses, paso natural e antigo de diversas rutas pola serra. A opción escollida neste caso non foi a de reformar unhas defensas inexistentes, senón a de construír un fortín de nova planta nun emprazamento de máximo control e doada defensa; amosándose o Teso moi propicio para tal fin. A ameaza das incursións portuguesas, que se sucederon por toda a zona dende o comezo das hostilidades, tería sido motivo suficiente para plantexar que fosen so propios veciños os que contribuísen,

69

Penafroufe, un reducto defensivo do século XVII na raia de Bangueses

Dende o Teso domínase todo o val do Deva e a Serra do Leboreiro.

ademais de co seu traballo e material, cun tributo para a edificación do novo fortín, xustificando fins defensivas8. O carácter fronteirizo de Bangueses ten marcado a súa historia e ten sido fonte de riqueza para os seus veciños, a través do comercio, o contrabando e o extraperlo ata tampos ben recentes. A vida para moitos veciños de ambos lados da raia dependía do fluído tránsito de persoas e mercadorías, pero non sempre a vida cotiá foi parella da vida política, xa que os estados, canto máis en tempos de tensión diplomática e incluso bélica, debían manter controlada a liña de fronteiras, sendo obxecto moitas veces de conflitos armados. No limite entre Bangueses, Lobeira e Castro Laboreiro atópase o chamado “marco da escaramuza”, cuxo topónimo seguramente fai referencia a algún deses enfrontamentos fronteirizos hoxe esquecido. 8

Mudados os tempos e tranquilizadas as tensións bélicas, o Forte do Teso, ou Penafroufe, tería caído en desuso, se é que realmente chegou a ser ocupado. O control sobre a fronteira reduciríase co tempo a unha simple vixía por mor do contrabando, contexto no que se encadra o destacamento da Garda Civil no vello cuartel de Bangueses de Arriba, construído xa en pleno século XX. Conta así, Bangueses, con tres tipos de construción diferentes, reflexo cada unha delas de distintos condicionantes históricos propios da época en que foron edificados, sempre en relación coa fronteira. Fronteira, por outra parte, non ben definida ata a sinatura do tratado de Lisboa de 1864. Fronteira que, para a vida dos galegos dun e doutro lado, afastándose das políticas dirixidas dende Lisboa ou Madrid, nunca foi separadora.

Esta decisión tan “impopular” contradice á exención do pago de “utensilos y demás cargas militares, salarios y contribuciones” otorgada mediante real carta por Filipe III aos veciños das xurisdicións de Entrimo e Lobeira en 1608, no contexto dunhas serie de probables incursións portuguesas en territorio galego nas zonas de Castro Laboreiro e o Val do Limia, “en atención a que se hallaban metidos en Portugal y obligados por ello a prestar servicios de centinelsa y acudir a rebatos para defender el reino”. Exención confirmada en 1643 por Filipe IV, facéndose extensible a Lobios (García Mañá 1988, p.49 e 54; segundo V. Risco, Geografía General del Reino de Galicia (Provincia de Orense), Editorial Alberto Martín, Barcelona, p.215 e 407)

70

Antigo cuartel da Garda Civil, hoxe albergue de montaña..

Bibliografía • Almeida, C.A. Brochado de, 2002: O sistema defensivo da Vila de Melgaço. Cámara Municipal de Melgaço. • Blanco Rotea, R. e García Rodríguez, S. 2005: “Paisaje arquitecturado y arquitectura en el paisaje: la fortificación del territorio en época moderna en el Baixo Miño”. Arqueoweb, vol.7, nº2. (http://www.ucm. es/info/arqueoweb/numero7_2/articulo7_2_arquitecturado.html) • Blanco-Rotea, R., García-Rodríguez, S., Rodríguez-Costas, A. e Rodríguez Paz, A. 2008: “Análisis y recuperación de un paisaje urbano fortificado en la villa de Verín (Orense, Galicia)”. Arqueología de la Arquitectura, nº5, pp.223-242. • Castro, A. Pereira de, 2006: A praça-forte de Valença do Minho. Cámara Municipal de Valença. • Fernández Alonso, B. 1893: Guerra Hispano-Lusitana. Ourense. • Galindo Díaz, J.A. 1996: El cononcimiento constructivo de los ingenieros militares del siglo XVIII, un estudio sobre la formalización del saber técnico a través de los tratados de arquitectura militar. Tese Doutoral, Universidade Politécnica de Barcelona. • García Mañá, L.M. 1988: La frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense. Boletín Auriense, anexo 11, Ourense. • Gomes, R. Costa, 2003: Castelos da Raia (v. II: Trás-os-Montes). Lisboa: IPPAR. • Sanz Molina, S.E. 2002: Tres fortificaciones en Nueva España: un estudio arquitectónico constructivo. Tese Doutoral, Universidade Politécnica de Barcelona. • Soraluce Blond, J.R. 1985: Castillos y fortificaciones de Galicia, la arquitectura militar de los siglos XVIXVIII. Fundación Barrie de la Maza, A Coruña. • Vigo Trasancos, A. (dir), 2003: Planos y dibujos de arquitectura y urbanismo, Galicia en los Siglos XVI y XVII. Universidade de Santiago de Compostela. • http://es.wikipedia.org/wiki/Guerra_de_Restauraci%C3%B3n_portuguesa • http://mgar.net/var/ind_port.htm • http://pt.wikipedia.org/wiki/Guerra_da_Restaura%C3%A7%C3%A3o

71

Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.