Os \"outros\" de toda a vida: xitanidade, cidadanía e educación (capítulo de e-book)

June 3, 2017 | Autor: Cathryn Teasley | Categoría: Gitanos, Xitanos, Roma/Gitano Studies
Share Embed


Descripción

A estas alturas da modernidade resultaría difícil negar que o noso mundo ten entrado nunha fase acelerada de globalización e de migracións humanas que colocan toda unha serie de novos desafíos importantes nas comunidades locais e nas súas institucións públicas. Non sorprende, pois, que a diversidade social e cultural procedente da inmigración teña despertado grande interese popular, político, económico, investigador e docente, en particular no relativo ao impacto que ten na institución educativa mundial, tradicionalmente homoxeneizadora (Ladwig, 2000; Varela & Álvarez-Uría, 1991). Non obstante, mentres se atende con tanto afán esta nova heteroxeneidade socio-cultural, os “outros” de sempre —os “diferentes” máis coñecidos e familiares, que son os xitanos ou Rroma— continúan a malvivir, moitos deles, na marxes da sociedade, no esquecemento e na invisibilización, cando non directamente na exclusión e incluso na persecución. É por esta razón que esta última forma subalterna e histórica de diversidade na Galiza ocupará a nosa atención neste curto ensaio, pois serve de barómetro simbólico do clima social que respiramos nas sociedades cosmopolitas actuais, como a galega.
Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.