O programa Erasmus como iniciativa cívica e cultural. Unha lectura en chave de Educación Social

Share Embed


Descripción

Este libro achégase nunha panorámica xrral ao significado e alcance do programa Erasmus nos proresos de construción da cidadanía europea. a partir da experiencia da Universidadr de Santiago de f:omposlela. Ofrece a oporlunidade de coñecer diferentes opinións e perspectivas dos protagonistas. que permiten percibir as dificultades derivadas do dcsenvolvemento do programa no contexto da Llniversidade de Santiago, estimulando. ao mesmo lempo. analizar e aventurar rulas dP futuro para o programa Erasmus nos vindeiros anos. Ademais. a obra compleméntase con algunhas das experiencias reais que dende os centros e facultades da universidade, nomeadamente a súa Faeultade de Ciencias da Educación, se leñen impulsado. Estructurada en tres bloques temáticos («0 programa Erasmus como proxeeto l'ormativo na articulación da Europa Socialn; uO programa Erasmus na Universidade de Santiago de f:ompostcla» e uO programa Erasmus na voz e na iniciativa dos seus protagonistas»)~ esta obra representa unha valiosa oportunidade para resumir un labor de varios anos e. sobre esta experiencia, propoñer novos retos e estratexias para a apertma e proxeceión internacionais da universidade.

Vicerreitoría de Política Internacional

O programa Erasmus na construción da cidadanía europea Unha mirada dende Compostela

Baixo a coordinación de XESÚS RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

[ 201 O ]

Universidade de Santiago de Compostela

O PROGRAMA Erasmus na construción da cidadanía europea : unha mirada dende Compostela 1 baixo a coordinación de Xesús Rodríguez Rodríguez. - Santiago de Compostela : Universidade, Servizo de Publícacións e Intercambio Científico, 201 O.- 246 p.; 24 cm. D.L. C 1838-201 O. -ISBN 978-84-9887-388-7

ÍNDICE

1. Erasmus (Programa). 2. Estudantes, Intercambio de. l. Rodríguez Rodríguez, Xesús, dir. 11. Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publícacións e Intercambio Científico, ed.

Publicación financiada pala Vicerreitoría de Política Internacional

7

Presentación AGUSTÍN MERINO GARCÍA

9

Limiar Lms FERRADÁS BLANco XEsús RoDRÍGuEz RoDRÍGUEZ

15

-l-

o programa Erasmus como proxecto formativo na articulación (cohesión, construción) da Europa Social

17 © UNIVERSIDADE DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA DESEÑO DE CUBERTA Servizo de Publícacións e Intercambio científico MAQUETA E IMPRIME Imprenta Universitaria Campus universitario sur EDITA Servizo de Publicacións e Intercambio científico Campus universitario sur 15782 Santiago de Compostela www.usc.es/publicacions

MaMAR LORENZO MOLEDO

27

A Dimensión Europea na formación dos futuros profesionais. Oprograma Erasmus: Un ha lectura curricular MIGUEL ZABALZA BERAZA E MARÍA A. ZABALZA CERDEIRIÑA

47

Oprograma Erasmus. Un ha oportunidade para reflexionar sobre a cultura e a lingua nunha cultura global RITA RADL PHILIPP

61

Oprograma Erasmus como iniciativa cívica e cultural: un ha lectura en chave de Educación Social JOSÉ ANTONIO CARIDE GóMEZ

73

Linguas e programa Erasmus LIDIA GóMEZ GARCÍA, PALOMA NúÑEZ PERTEJO E IGNACIO M. PALACIOS MARTÍNEZ

DEP. LEGAL C 1838-201 O ISBN 978-84-9887-388-7

A formación para a cidadanía na Universidade: reflexións a o redor do programa Erasmus

89

Incidencia do programa Erasmus na inserción e mobilidade profesional Luis SoBRADO FERNÁNDEZ, ANA CaucE SANTALLA E SILVIA VÁZQUEZ BARGIELA

5

103

-110 programa Erasmus na Universidade de Santiago de Compostela

105

«lnternacionalization at home» da Universidade de Santiago de Compostela: análise da situación ENRIQUE LóPEZ VELOSO

113

Ointercambio Erasmus como movemento turístico e o seu impacto económico: o caso da Universidade de Santiago de Compostela EwA PAWLOWSKA E FmEL MARTÍNEZ RoGET

129

O programa Erasmus na Facultade de Ciencias da Educación. Un ha alfada dende a súa coordinación XEsús RoDRÍGUEZ RoDRÍGUEZ

143

A lingua galega, problema ou oportunidade nos programas de mobilidade do alumnado? ISABEL VAQUERO QUINTELA

157

III O programa Erasmus na voz e na iniciativa dos seus protagonistas

159

Conversas coas responsables da unidade de apoio á xestión de centros e departamentos (RUACD). Unha figura clave no programa Erasmus RAQUEL MARIÑO FERNÁNDEZ E LAURA REGO AGRASO

173

A figura dos "acompañantes": a dimensión humana e socializadora do programa Erasmus FRANCISCO JAVIER SANJIAO ÜTERO

177

A mobilidade no programa Erasmus dende a perspectiva dos coordinadores

193

As voces do alumnado Erasmus: as pegadas do programa na vida académica e persoal dos estudantes

CooRD. CRISTINA CEINos SANZ E REBECA GARCÍA MuRIAS

BELÉN CABALLO VILLAR

225

Avaliación do alumnado universitario sobre a súa información do programa Erasmus REBECA GARCÍA MuRIAS E Ma CRISTINA GEINOS SANZ

6

O programa Erasmus como iniciativa cívica e cultural: unha lectura en chave da Educación Social JOSÉ ANTONIO CARIDE GóMEZ

Universidade de Santiago de Compostela

RESUMO. Percibimos Europa como un escenario xeográficoe humano de suxestivos percorridos paisaxísticos, culturais, académicos, intelectuais, universitarios ... Neles as ensinanzas e as aprendizaxes semellan non rematar nunca, brindándonos a fermosa oportunidade de habitar un espazo de convivencias múltiples. Na súa diversidade, o programa Erasmus representa unha iniciativa cívica, formativa e cultural estimable, da que facemos unha lectura pedagóxica e social dalgúns dos significados inherentes á mobilidade dos seus estudantes e profesores. RESUMEN. Percibimos Europa como un escenario geográfico y humano de sugerentes recorridos paisajísticos, culturales, académicos, intelectuales, universitarios... En ellos, las enseñanzas y los aprendizajes no concluyen nunca, brindándonos la hermosa oportunidad de habitar un espacio de convivencias múltiples. En su diversidad, el programa Erasmus representa una iniciativa cívica, formativa y cultural estimable, de la que hacemos una lectura pedagógica y social acerca de algunos de los significados inherentes a la movilidad de sus estudiantes y profesores. ABSTRACT. We perceive Europe as a geographical and human scene of suggestive landscape, cultural, academic, intellectual, university ... In them, the teaching and learning do not end ever, giving us the beautiful opportunity to inhabit a space of multiple livings together. In its diversity, the Erasmus Program represents a civic initiative, formative and cultural appreciable, doing a pedagogical and social reading about so me of the meanings inherent to mobility of its students and teachers.

lntrodución Percorrer os camiños de Europa foi, durante séculas, un ha experiencia reservada a poucos e, ás veces, moi escollidos poboadores das súas imprecisas fronteiras. Entón, o dereito a desprazarse estaba asociado, inevitablemente e cando menos, a un ha dobre posibilidade: dunha ban61

r

O programa Erasmus na construción da cidadanía europea

O programa Erasmus como iniciativa cívica e cultural: unha lectura en chave de Educación Social JosÉ ANTONIO CARIDE

J

da, nas condicións de riqueza e benestar, aos beneficios que deparan o negocio (a actividade

testemuña o profesor Antonio Viñao (2007)-, un papel fundamental na formación inicial do

empresarial, comercial, financeira, etc.) e o ocio ou lecer (a viaxe, o divertimento, o turismo, etc.).

profesorado e doutros intelectuais, nun contexto aberto ás navidades, ideas e correntes pe-

Doutra banda, nas condicións da pobreza e do malestar, ás necesidades que se procuraban

dagóxicas que estaban a experimentar outros países, habilitando a tal fin un «programa de

satisfacer a través da emigración, de índole fundamentalmente económica e laboral. Entre unhas e outras, distintas prácticas de natureza relixiosa (singularmente, as pere-

pensións» do que se beneficiarían varios centos de mestres, mestres-directores, inspectores de ensinanza primaria, profesores de Escalas Normais, etc.

grinaxes, nas que son salientables as que tiñan como destinos Roma e Compostela), militar,

Nos seus itinerarios por diferentes países europeos -singularmente por Francia, Bélxica

política, cultural ... foron sementando ao longo do tempo un ha variada gama de mobilidades

e Suíza, dos que fora un pedagogo avanzado Manuel Bartolomé Cossío no período compren-

e intercambios, de estadías ou asentamentos, de traxectos persoais e colectivos, etc. de moi

dido entre 1880 e 1889-, os bolseiros da Junta de Ampliación de Estudios tomarán contacto

diferente calado e significado. Europa fíxose mestiza ao mesmo tempo que, un tanto para-

directo coas principais reformas educativas, coñecendo in situ os seus promotores. Aoque se

doxalmente, se salientaban algúns dos seus sinais de identidade máis excluíntes, mesmo coa

engadirá o feito de poder participar en distintas expedicións coa finalidade de que coñecer

ambición de dotarse -parcial e temporalmente frustrada nos inicios do presente milenio-

as mellares escalas e universidades de Europa, proporcionándolles unha alta formación, da

dunha Constitución propia, na que a pesar do esquecemento no que semella estar instalada,

que aflorarían un has novas xeracións de mestres e profesores que espallaron pola xeografía

se afirmaba literalmente que a Unión está fundada sobre o respecto á dignidade humana, a

española «un ha cultura pedagóxica innovadora que inspiraría cambios no seu quefacer pro-

liberdade, a democracia e igualdade, consonte aos principios básicos aos que se remiten os es-

fesional e que, pouco a pouco, desembocaría nun potente movemento educativo, ben visible na 11 República» (Otero, 2007: 65).

tados de dereito e o respecto aos dereitos humanos, incluídos os das minorías. Ademais, precisa, as sociedades dos estados membros caracterízanse polo pluralismo, a non discriminación,

Para os saberes pedagóxico-sociais e as oportunidades que brinda a europeización dos

a tolerancia, a xustiza, a solidariedade e a igualdade entre mulleres e homes. Neste contexto, a

coñecementos e das prácticas educativas, terían un ha gran transcendencia as leccións apren-

Constitución garante a libre circulación de persoas, mercadorías, servizos e capitais.

didas por un notable conxunto de intelectuais (filósofos, pedagogos, mestres, etc.) que se desprazan a Alemaña nos primeiros anos do século XX, desenvolvendo unha activa convi-

Europa no horizonte intelectual e pedagóxico

vencia académica con profesores tan prominentes como Paul Natorp (a quen consideramos como o primeiro autor que sistematiza a Pedagoxía Social) ou Hermann Cohen, figuras clave

A viaxe intelectual, motivada polas ansias de compartir información e formación, de do-

do neokantismo localizadas na Universidade de Marburgo, das que toman nota do valor que

cumentarse e adquirir novas aprendizaxes, de intercambiar ensinanzas e descubrimentos ...,

se lles debe concederás comunidades e á democracia na educación, engadindo á preocupa-

é desde antigo un dos principais soportes da vontade de transitar polo Continente. Mesmo

ción social unha atraínte pedagoxía humanista e dos valores (Fernández Soria, 2007).

polo mundo, sobre todo a partir do Renacemento. Nela teñen inserido os seus logros cien-

Lembremos nesta senda europea a persoeiros do nivel académico e filosófico de José

tíficos e académicos, docentes e discentes, centos de milleiros de persoas que desde a orixe

Ortega y Gasset, Fernando de los Ríos, María de Maeztu, Manuel García Morente, Ángel

das universidades, a principios do século XIII, comprenderon e -moito máis aínda- sentiron

Sánchez Rivero, Francisco Viqueira ou María Zambra no. Todos confluíndo nunha época na

a fonda inquietude -feíta necesidade- de desprazarse a outras realidades e de compartir,

que -como interpretaba o mozo Ortega y Gasset- a rexeneración era o desexo, mentres

noutras paisaxes e linguaxes, os coñecementos e os avances científicos e tecnolóxicos, da

que a «europeización é o medio para satisfacelo», de xeito tal que «observar a España como

reflexión e do estudo, da conversa e do diálogo intercultural, alí onde emerxían ou habitaban

problema e a Europa como solución» serviría de argumento a Jacques Delors para acoller

os seus creadores e promotores.

en acto solemne no Pazo Real de Madrid, o 15 de maio de 1985, a adhesión de España ás

Especialmente significativa será, nos inicios do pasado século, a capacidad e de mobiliza-

Comunidades Europeas (Caride, 2005: 233). Xa antes, pero de xeito notable desde entón,

ción de persoas e saberes dos que se dotará España, a partir da promulgación do Real Decreto

nas universidades que ternos e queremos, esta incorporación ademais de prolongar as mi-

do 11 de xaneiro de 1907 mediante o que se creaba aJunta de Ampliación de Estudios e Investi-

radas sobre Europa, permitirán observar as súas realidades como territorios xeográficos e

gaciones Científicas, como «Un logro tardío da Institución Libre de Ensino, protagonizado pola

humanos que incorporamos -espiritual e materialmente- á nosa condición cidadá, brin-

xeración de 1914» (Cacho Vi u, 1998: 4). O seu labor, ata a incivil guerra que transcorre entre

dando a fermosa oportunidade de liberarnos dalgunhas das pesadas cargas que viñamos soportando historicamente.

1936 e 1939, tendo como figura clave ao seu secretario, José Castillejo, xogará -segundo

62

r

O programa Erasmus na construción da cidadanía europea

Porque como nunca antes acontecera/ a mellara da mobilidade e da liberdade para des-

O programa Erasmus como iniciativa cívica e cultural: unha lectura en chave de Educación Social JosÉ ANTONIO CARIDE

J

As universidades e a Educación Superior como soportes da cidadanía europea

prazarse pola súas variadas culturas tivera tantas motivacións anexas/ entre as que se teñen mencionado as que son inherentes ás transformacións dos modos de vida e da percepción

Pascal Fontaine (2003L antigo colaborador de Jean Monnet e profesor do Instituto de Es-

que as persoas e os pobos fan de si mesmos/ sobre todo cando median nestas transforma-

tu dos Políticos de París especializado en temas europeos/ nas súas breves Doce Jeccións sobre

cións procesos de ensino e aprendizaxe como os que alentan programas formativos como o

Europa/ resumía maxistralmente o potencial pedagóxico e social dos programas educativos

Comenius/ Leonardo/ Erasmus ou Grundvig. E que/ como se vén poñendo de relevo nos últi-

e formativos que as Comunidades Europeas veñen promovendo desde os anos oitenta do

mos anos é un dos principais piares dos obxectivos sociopolíticos da Unión Europea/ «desde

pasado século: contribuír á formación dunha conciencia común/ sustentada no sentimento

o desenvolvemento persoal e dun sentimento de cidadanía ata o fomento do pensamento

de pertencer a un ha mesma colectividad e sendo partícipe activo da construción dun destino

innovador e os coñecementos lingüísticos»/ tal e como o ten expresado Odele Quintin (2008:

compartido. Un propósito que autores como Robertson e Dale (2008) traducen na posibili-

3L en tanto que directora xeral de Educación e Cultura no seo da Comisión Europea.

dade de facer unha Europa que sexa algo máis que un mercado interno/ lembrando a tal fin

Neste sentido/ a mobilidade/ máis que unha deslocalización xeográfica temporal pro-

un dos principios reiteres da Unión Europea: fomentar e impulsar o concepto de cidadanía

movida con fins formativos/ representa un dos activos máis apreciables no diálogo cultural

europea/ situando nun lugar prioritario a educación e/ con ela/ un diversificado elenco de ac-

e sociat no que se dilúen as fronteiras nacionais/ potenciando a cooperación e os saberes

tividades «transversais» nos ámbitos da información/ a comunicación/ a formación/ a cultura/

compartidos/ nun escenario que incrementa as opcións para un ha educación e formación de

a investigación/ o emprego ... nun escenario sociopolítico cada vez máis aberto ás continxen-

mellor calidade/ na que ademais dos contidos propios de cada ámbito curricular e profesional

cias internacionais e ás decisións que arredor das mesmas se adopten.

teñen un especial protagonismo os idiomas/ nas súas diferentes variantes. Un labor formativo

Pola súa propia natureza universal e universalizadora/ as universidades están chamadas

en que mais aló de sensibilizar os cidadáns co dominio doutras linguas/ motívaos a recoñece-

a xogar un papel clave neste traxecto/ mobilizando o seu potencial institucional e intelectual

las e facer uso delas como un patrimonio inmaterial de notable interese para a información/

a favor dunha sociedade que precisa incrementar significativamente os seus niveis de cohe-

a comunicación e o intercambio de coñecementos.

sión social e solidariedade/ que sexa plenamente respectuosa cos dereitos fundamentais dos

Todas as testemuñas coinciden en salientar que cursar un período de estudos no es-

seus cidadáns nun mundo en profunda transformación. Un ha tarefa que recoñece e reivindi-

tranxeiro pode resultar altamente beneficioso nos planos persoal/ académico e social. O con-

ca sen ambaxes Francisco Michavila (2008: 113) ao situar as universidades «no corazón de Eu-

tacto cun país distinto ao seu permítelle ao estudante desenvolver as súas capacidades de

ropa»/ toda vez que falar do futuro desta «é1 en bastante medida/ fa lar da súa Universidade»

adaptación e comunicación interculturat así como os seus coñecementos sobre temas euro-

e dos variados proxectos que alentan o proceso de creación do Es pazo Europeo de Educación

peos/ sendo susceptibles de prestar o seu apoio á construción cotiá dunhas sociedades máis

Superior (EEESL como un territorio común para o fluxo dos coñecementos/ dos saberes e das

abertas e plurais. Non debe desatenderse/ nesta óptica/ que un dos grandes retos da Unión

aprendizaxes. E tamén das persoas/ que co amparo que lles proporciona o dereito a circu-

Europea segue sendo espertar un maior sentimento de cohesión e solidariedade entre os ha-

lar libremente/ poderán viaxar/ estudar e traba llar en calquera dos 27 Estados membros que

bitantes dos seus países membros/ facendo posible que a poboación interiorice e se socialice

actualmente a compoñen. Unha liberdade para desprazarse/ que aínda estando suxeita a

en conceptos como os de cidadanía europea e democracia/ así como na histor~a común que

condicionantes/ ten mudado os modos de vida e as percepcións que os europeos e as euro-

comparten. Unhas metas nas que a Pedagoxía Social e a Educación Sociat nos seus persis-

peas teñen sobre si mesmos e as interaccións que poderán manter en distintos planos da súa

tentes empeños por socializar educando e educar socializando/ proxectan boa parte das súas

actividade/ por moito que aínda pesen nas súas apreciacións as notorias desigualdades que

concepcións e prácticas/ adscribindo de xeito decidido as súas actuacións aos obxectivos e

existen entre os países e as persoas/ as discrepancias mantidas arredor das súas políticas -in-

iniciativas que se contemplan no Programa Integrado de Acción no ámbito da Aprendizaxe

tegrais ou sectoriais- ou o dispar entusiasmo que concita dotarse dun Tratado Constitucional referendado polos estados e/ou a cidadanía.

Permanente/ a favor dunha sociedade educadora e dunha condición cidadá máis plena (Caride/ 2007).

Con todo/ e na perspectiva que destaca a posibilidade de trasladarse dun país a outro/ hai abundantes indicios de que lonxe de supor unha barreira na educación ou formación profesional de calquera dos seus cidadáns/ trátase máis ben dunha oportunidade estimable/ posta ao seu alcance coa intención de ampliar os seus horizontes mediante a forma-

r

O programa Erasmus na construción da cidadanía europea

ción e a aprendizaxe, nos termos en que se reflicte nas Declaracións da Sorbona (1998) ou Boloña (1999L ao salientar a necesidade de dotar os cidadáns das competencias, valores e actitudes que se necesitan para avanzar na procura dunha identidade feíta de diversidades, tantas como representan as linguas e culturas, as paisaxes ou os case cincocentos millóns de habitantes que están rexistrados no interior das súas fronteiras. Así o entende tamén Michavila (2008: 120) ao incidir na formación dos universitarios como cidadáns europeos, a raíz do aumento considerable da súa mobilidade xeográfica e temática, no presente e de cara ao futuro: «a educación universitaria -afirma- debe contribuír á consolidación dunha cidadanía europea activa, coa extensión e o exercicio .dos valores europeos: a democracia e a diversidade impregnada do humanismo e racionalidade. A universidade contribuirá á cohesión política da Unión Europea e á extensión dos valores que comporta a cultura e a forma plural de entender a vida en Europa». Coincidimos, neste sentido, con Guy Haug (2008L en que a creación programada do EEES é un dos acontecementos de maior transcendencia na historia da universidade moderna europea, aoque se asocia un vasto cambio de paradigma, tanto no que atinxe ás misións que deberán cumprir as universidades na sociedade europea como no marco lexislativo e regulador dentro do cal funcionan. O crecente impulso do que se iría dotando a iniciativa europea -apuntará Haug- foi deseñando unha axenda de modernización da Educación Superior, na que sen existir instrumentos xurídicos vinculantes para os estados membros, dun ou doutro xeito aceptarán incorporarse a un axenda marcada pola vontade de formalizar un novo contrato social entre a universidade e a sociedade, que se beneficie das potencialidades, dos recursos e valores dun contorno cada vez máis aberto e complexo. O informe da UNESCO (1998) sobre o que deberá ser a Educación Superior no século XX, lembra que a misión principal das universidades -aínda tendo en canta as súas funcións máis convencionais de formar, investigar, expandir a cultura e prestar servizos á comunidade- é a de educar cidadáns responsables, proporcionando un es pazo aberto aos saberes e para a aprendizaxe ao longo de toda a vida, no marco dunha sociedade democrática, civilizada e cohesionada. Para Martí March (2007: 41) isto pasa inevitablemente por un ha aposta educativa-universitaria na construción europea á que a Educación Social debe estar convidada, co obxectivo de «posibilitar a creación dunha conciencia europea e duns circuítos educativos de carácter europeo», se de verdade se desexa «potenciar un ha Europa do coñecemento, de posibilitar a libre circulación de profesionais universitarios e de apostar por una universidade competitiva e líder, capaz de dar un ha resposta á globalización universitaria ... respectando, non obstante, as diversidades universitarias existentes na actualidade nos diversos países europeos e dentro destes mesmos países, a través dunha converxencia universitaria europea, real e non puramente formal». Un desafío no que, segundo March, hai que situar a problemática que supón a crecente competencia entre as universidades no marco da sociedade do coñecemento e das aprendizaxes, con todas as dificultades que supón a «converxencia» non só nas políticas educativas e universitarias, senón tamén a institucionalización dunha política social común en Europa.

66

O programa Erasmus como iniciativa cívica e cultural: unha lectura en chave de Educación Social JosÉ ANTONIO CARJDE

Na filosofía que ampara o proceso de Boloña, os estudantes están chamados a ocupar un lugar central na edificación dese espazo social e, máis específicamente, do denominado Espazo Europeo da Educación Superior (EEESL como socios activos e participativos, non só das aprendizaxes que deberán promoverse, senón tamén da cultura e das prácticas democráticas que lles permitan converterse en cidadáns conscientes e comprometidos coa sociedade na que se insire a súa vida cotiá (Michavila e Parejo, 2008). Unha dimensión na que incidiría especialmente a Declaración de Goteborg de 2001, The National Unions ofStudents in Europe (ESIBL cando atribúe ás universidades funcións relacionadas coa articulación social e cívica no continente europeo, sempre dentro do pleno respecto á idiosincrasia de cada pobo. Un labor ao que se espera contribúa de xeito significativo a mobilidade estudantit concibida moito máis como un dereito con garantías que como un privilexio fixado aos recursos dos estudantes e das universidades nas que desenvolven a súa formación. Que a universidade contribúa á consolidación dunha cidadanía europea activa, coa extensión e o exercicio dos valores europeos, no marco dunha multiculturalidade e multiétnica, no marco dunha nova sociedade europea «que deberá estar impregnada de tolerancia, de humanismo e de racionalidade» (Michavila, 2008: 107). A vocación formativa da mobilidade no escenario dunha aprendizaxe permanente Sen dúbida, como veñen expresado reiteradamente boa parte dos responsables políticos e institucionais que teñen vinculado o seu quefacer aos organismos europeos, a identidade europea non poderá erixirse á marxe dunha maior implicación da sociedade nos asuntos públicos, así como dun efectivo desenvolvemento de competencias e capacidades orientadas á convivencia, do compromiso da mocidade e dunha mobilidade que atenda a motivacións de distinta índole (económica, culturat lúdico-recreativa, cooperativa, formativa, etc.). Entre outras, a que, desde os seus vacilantes comezos en 1987 -e despois dunha complicada confrontación xurídica entre a Comisión Europea e os Estados membros por definir a base legal sobre a cal se podía apoiar a súa realización e orza mento- o denominado programa Erasmus. Un ha iniciativa orientada á cooperación e mobilidade entre universidades de distintos países da Unión, na que participaron inicialmente uns 3000 estudantes e que vinte anos despois forma parte da historia vital de mais de 1) millóns de alumnos universitarios, implicando a máis do 90 por cento das institucións universitarias localizadas en Europa (Comunidades Europeas, 2008); antes de 2012 a cifra debería acadar os 3 millóns de bolseiros, segundo as previsións realizadas pola Unión Europea. Nas apreciacións feítas por Ján Figet comisario europeo responsable de Educación, Formación, Cultura e Xuventude, no preámbulo da publicación referida, queda claro que o programa Erasmus ten evolucionado cuantitativa e cualitativamente, ata converterse nun verdadeiro

r

O programa Erasmus na construción da cidadanía europea

O programa Erasmus como iniciativa cívica e cultural: unha lectura en chave de Educación Social JosÉ ANTONIO CARIDE

J

fenómeno social, cultural e pedagóxico, que non se limita a accións de mobilidade individual,

dunha ampla gama de ámbitos políticos, que traballa en estreita colaboración co Parlamento

ao connotar outras circunstancias de índole académica, formativa e vivencia!: «Erasmus -si-

Europeo, o Consello de Ministros, as organizacións sociais e os gobernos nacionais- representa

nala Fingel- foi e segue sendo un factor clave na internacionalización e a 'europeización' da

a forza impulsora, a auténtica forza motriz debe radicar nos cidadáns.

ensinanza superior na UE. Eses meses de estadía no estranxeiro tamén representan un mo-

Na procura desta maior implicación e participación da cidadanía, unha importante liña

mento decisivo nas vidas de miles de persoas: o 80 % dos participantes son os primeiros nas

de actuación promovida pala Unión Europea concéntrase nos programas de educación e

súas familias que estudan no estranxeiro». Aoque engade un ha valoración na quemáis aló de

formación que teñen como obxectivo prioritario a aprendizaxe permanente, estimulando o

expresar que Erasmus deixou de ser só un programa educativo, pon de relevo que «constitúe

intercambio, a cooperación e a mobilidade entre os sistemas de educación e formación den-

un magnífico exemplo do que se pode lograr coordinando as accións europeas no ámbito da

tro da Comunidade, consonte aos acordos que definen a Estratexia de Lisboa do ano 2000.

educación e encarna a crenza de que as accións concertadas europeas resultan máis beneficio-

Un ha mobilidade que no programa Erasmus deberá incidir non só na construción dun Es pazo

sas que a suma das diversas iniciativas independentes, aínda que sexan excelentes».

Europeo de Educación Superior, senón tamén no reforzo das achegas que esta educación e

Os relatos de 20 historias de éxito, a partir dun listado no que figuran as 100 mellares

a formación profesional avanzada terán que facer nos procesos de innovación, adoptando

universidades en número de estudantes e profesores recibidos e enviados no programa Eras-

enfoques cooperativos e multilaterais, xerando opcións de apertura, flexibilidade, respecto

mus, presentando centros que destacan no ámbito da mobilidade duns e outros, así como de

e comprensión entre as diferentes culturas da Unión Europea. De aí que un dos principais

proxectos excepcionais de desenvolvemento curricular ou de redes temáticas, testemúñano

logros derivados da mobilidade dos estudantes e dos profesores se asocie habitualmente á

con maior ou menor profusión. Con outros baluartes, o camiño emprendido no século XV por

procura dun crecente sentimento de pertenza a un ha Europa unida, expoñente dunha identi-

Erasmo de Rotterdam -exemplo de intelectual cosmopolita, humanista e teólogo neerlandés

dad e que valora e recoñece, en todas as súas potencialidades, a diversidade que atesoura.

que ensinou en París, Lovaina e Cambridge- ten agora a súa continuidade nas particulares

Con esta aspiración, xunto a outras iniciativas que non só insisten en que toda persoa

singraduras de centos de miles de mozos e mozas que buscan noutras cidades, universidades

que desexe desprazarse ten o dereito a facelo, a Unión Europea non só trata de garantir que

e países, novas can les para ampliar a súa experiencia formativa e de cualificación profesional,

así sexa para todos os cidadáns, senón que incluso fomenta activamente a mobilidade, que

co alicerce que proporcionan outras linguas, sistemas de ensino e métodos de aprendizaxe.

nas universidades e como se fixo constar nos obxectivos primixenios do programa Erasmus,

No caso español, cen anos despois, volvendo a percorrer Europa cunha renovada vocación

debe ter por obxecto mellorar e reforzar -como vimos argumentando- a dimensión europea

pedagóxica e social, da que haberá que agardar nos medios e long os prazos a súa verdadeira pegada.

do ensino superior, fomentando a cooperación transnacional entre centros de Educación Su-

Neste sentido, non debe obviarse -como xa adiantamos- que o modelo europeo de sociedade ten depositados moitos dos seus esperanzados obxectivos na conformación dunha

perior, promovendo a mobilidade dos estudantes e do persoal docente, así como a transparencia e o recoñecemento académico dos estudos e das cualificacións no seu seo. Neste quefacer, tamén merecen destacarse pala seu inequívoco perfil pedagóxico-social

cidadanía europea que sexa máis sabedora dos seus dereitos e deberes, facendo valer os ins-

os «programas prioritarios», de carácter intensivo, que responden a unha concepción mul-

trumentos xurídicos, políticos e sociais dos que se ten ido dotando a Unión, e que, á luz dos

tidisciplinar, que inciden no diálogo, a cooperación e o entendemento interculturais entre

procesos electorais recente mente desenvoltos ou do euroescepticismo que ten aflorado en dis-

Europa e as súas rexións veciñas, prestando atención a determinados problemas emerxentes:

tintos países, colectivos, partidos políticos ou movementos populares, ten un ha complicada re-

sostibilidade, igualdade de xénero, asistencia social contra o racismo e a xenofobia, atención

solución. De aí, acaso, a necesidade desa pedagoxía social e/ou política á que tanto aluden nas

educativa a grupos desfavorecidos, educación para o consumo, etc. Así como as chamadas

súas alocucións públicas un ha heteroxénea cohorte de dirixentes políticos e de representantes

«redes temáticas», que teñen como principal obxectivo definir e desenvolver unha dimen-

institucionais e de plataformas cívicas, insistindo na importancia de que as persoas teñan un ha

sión europea dentro dunha disciplina académica ou dunha área de estudo concretas, ou en

maior capacidade de discernimento sobre aspectos fundamentais da Unión que afectan ás súas

relación con outros temas de interese común (xestión universitaria, asegurar a calidade, etc.)

vidas. Para, de seguido, facer un chamamento a unha participación máis activa da poboación,

mediante a cooperación entre facultades ou departamentos universitarios.

non só nos procesos electorais senón tamén naquelas dinámicas e procesos que contribúan

Que as universidades europeas sexan quen de valorizar as súas potencialidades no co-

decisivamente a unha Europa máis plena e inclusiva; unha dinámica na que se ben a Comisión

ñecemento, transferindo as súas achegas á formación da mocidade e á construción dunha

Europea -un organismo no que se combinan funcións lexislativas e executivas, responsable

cidadanía máis integral e inclusiva, forma parte das opcións que a mobilidade a través do

68

O programa Erasmus na construción da cidadanía europea

programa Eras mus vén ofrecen do desde os seus comezos, contribuíndo ao desenvolvemento persoal, a aprendizaxe dos idiomas, o pensamento independente, a expresión cultural e artística, facendo que a súa interacción con diferentes culturas axude a «descubrir os puntos en común que existen entre os europeos e as diferenzas que nos fan únicos», dirá Odile Quintin, apelando ás vantaxes que isto comporta nunha economía do coñecemento e nunhas sociedades suxeitas a rápidos e complexos cambios. Tanto en canto a Educación Social está comprometida con eles, coadxuvando a que poidamos vivir nun mundo moito máis congruente co respecto aos dereitos cívicos, pouco ou nada do que ese descubrimento traia consigo lle resulta alleo. Un ha sensación, feita opinión, nas palabras de Joan Petruta Bejanaru, un estudante romanés que despois da súa estadía na Universidade de Coimbra -unha das «historias de éxito» do Erasmus (Comunidades Europeas, 2008: 10)-, resumía a experiencia vivida nas seguintes palabras: «Eras mus é un ha oportunidade única que me axudou a desenvolverme. Aprendín que os países non só posúen culturas diferentes, senón tamén actitudes diferentes fronte á vida e aos plans de futuro. Comprobei que, a pesar de ser tan diferentes os uns dos outros e de falar idiomas diferentes, pódese atopar xente coa mente aberta ecos mesmos obxectivos. Os estudantes que estamos no estranxeiro impulsamos a mudanza do mundo. A través do programa Erasmus, convertinme en cidadán do mundo. Tal vez no futuro todos os estudantes Erasmus logremos que o mundo sexa un lugar mellar ande vivir». Dificil mente se pode expresar, desde os propios sentimentos, todo o que pode chegar a significar o programa Erasmus como un ha iniciativa cívica e cultural, connotada por un ha latente -mesmo ás veces explícita- intencionalidade pedagóxica-social.

O programa Erasmus como iniciativa cívica e cultural: unila lectura en cilave de Educación Social JosÉ ANTONIO CARIDE

HAUG, G. (2008). Legislación europea y legislaciones nacionales. Revista de Educación, número extraordinario: «Tiempos de cambio universitario en Europa», 285-305. MARCH, M. (2007). La Educación Social en el marco de la construcción del Espacio Europeo de Educación Superior. Pedagogía Social. Revista interuniversitaria, no 14 (terceira época), 33-52. MICHAVILA, F. (2008). La Universidad, corazón de Europa. Madrid: Tecnos. MICHAVILA, F. e PAREJO, J. L. (2008). Políticas de participación estudiantil en el Proceso de Bolonia. Revista de Educación, número extraordinario, 85-118. OTERO, E. (2007). Las primeras expediciones de maestros de la Junta para la Ampliación de Estudios y sus antecedentes: los viajes de estudio de Cossío entre 1880 y 1989. Revista de Educación, número extraordinario 2007,45-66. QuiNTIN, O. (2008). Europa: hacia una mayor movilidad. El Magazine, no 30, 3-4. RoBERTSON, S. e DALE, R. (2008). Las tecnologías de la información y la comunicación como medio, objetivo, referencia y consecuencia para el aprendizaje en Europa y la educación del futuro. En Arostegui, J. L. y Martínez, J. B. (coords.). Globalización, Posmodernidad y Educación. La calidad como coartada neo/ibera/. Madrid: Akai-Universidad Internacional de Andalucía, 143-166. UNESCO (1998). Summary of the World Oec/aration on Higher Education for the Twenty First Century. Paris: UNESCO. VIÑAO, A. (2007). Reformas e innovaciones educativas en la España del primer tercio del siglo XX. La JAE como pretexto. Revista de Educación, número extraordinario 2007,21-44.

Bibliografía CAcHo V1u, V. (1988). La JAE, entre la Institución Libre de Enseñanza y la generación de 1914. En Sánchez Ron, J. M. (coord.). 7907-7 987. La Junta de Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas 80 años después. Madrid: Consejo de Investigaciones Científicas, vol. 11,. 3-26. CARIDE, J. A. (2005). Las fronteras de la Pedagogía Social: perspectivas científica e histórica. Barcelona: Gedisa. CARIDE, J. A. (2007). La Pedagogía Social ante el proceso de convergencia europea de la Educación Superior. Pedagogía Social. Revista interuniversitaria, no 14 (terceira época), 11-31. CoMUNIDADES EuROPEAS (2008). ERASMUS: Historias de éxito, Europa crea oportunidades. Luxemburgo: Oficina de Publicaciones Oficiales de las Comunidades Europeas. FERNÁNDEZ SoRIA, J. M. (2007). Fundar la ciudadanía, formar el hombre, construir la democracia. Europa como solución para las escuelas de España. Revista de Educación, número extraordinario 2007, 241-263. FoNTAINE, P. (2003). Doce lecciones sobre Europa. Luxemburgo: Oficina de Publicaciones Oficiales de las Comunidades Europeas.

70

J

71

Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.