Novos datos sobre a distribución da Martaraña Martes martes en Galicia. Chioglossa, 3:55-63

Share Embed


Descripción

Chioglossa, 3: 55-63. A Coruña, 2011

Novos datos sobre a distribución da martaraña Martes martes en Galicia Cosme D. Romay, Martiño Cabana, José M. Alonso, Manuel Arzúa, Isabel Barja, Juan C. Epifanio, Xurde Gayol, José R. Gómez, Roberto Hermida, Roberto López, Ana I. Pérez, Rubén Portas, Xosé R. Reigada, Luís Tapia & Xabier Vázquez-Pumariño Romay, C. D., Cabana, M., Alonso, J. M., Arzúa, M., Barja, I., Epifanio, J. C., Gayol, X., Gómez, J. R., Hermida, R., López, R., Pérez, A. I., Portas, R., Reigada, X. R., Tapia, L. & Vázquez-Pumariño, X.. 2011. Novos datos sobre a distribución da martaraña Martes martes en Galicia. Chioglossa, 3: 55-63. No período 1980-2008 recompiláronse 72 novas citas de martaraña (Martes martes) en Galicia, correspondentes a 75 individuos. Estas atópanse repartidas por 53 cuadrículas UTM de 10x10 km, 38 das cales son inéditas, supoñendo un aumento do 143% no número de cuadrículas con presenza confirmada. O 50,0 % das citas foron obtidas nos meses de xuño a setembro. A partir do ano 2000 a maioría de rexistros foron obtidos a partir de atropelos (51,7 %). Palabras clave: distribución, Galicia, martaraña, Martes martes.

I ntrodución A martaraña Martes martes (Linnaeus, 1758) é un mustélido (orde Carnivora, familia Mustelidae) de distribución paleártica, con presenza en determinadas áreas montañosas do terzo norte da Península Ibérica e tamén nas illas de Mallorca e Menorca (López-Martín, 2002, 2007; Proulx et al., 2004). En Galicia, desde a publicación do mapa de distribución da martaraña con base a cuadrículas UTM de 10x10 km no Atlas de Vertebrados de Galicia (Chouza & Cid, 1995), avanzouse no coñecemento da bioloxía da especie, sobre todo a raíz de estudos sobre distribución, fisioloxía, selección de hábitat, dieta e comunicación no Macizo Central ourensán (Barja, 2005a, b; Rosellini & Barja, 2006; Barja et al., 2007, Barja, 2008; Rosellini et al., 2007; Rosellini et al., 2008a, b). Ademais, a publicación do Atlas de Mamíferos Terrestres de España (Palomo & Gisbert, 2002; Palomo et al., 2007) actualizou o coñecemento da distribución da especie no territorio galego con rexistros obtidos entre 1980 e 2001, mostrando presenza

en 37 cuadrículas UTM 10x10 en Galicia. Segundo esta obra, a martaraña distribuiríase de maneira descontinua polo terzo oriental galego, así como polas zonas baixas do litoral cantábrico galego. Con todo, cabe sinalar que as lagoas presentes na distribución da especie en Galicia parecen ser debidas á ausencia de información e ao feito de que é difícil confirmar a súa presenza ao confundirse coa garduña ou fuíña (Martes foina). No presente estudo apórtanse novos datos da presenza da martaraña no territorio galego, que veñen a ampliar a distribución coñecida na nosa terra (tomando como referente o Atlas de Mamíferos Terrestres de España, López-Martín, 2002, 2007), aportando ademais algúns datos sobre a súa bioloxía.

M aterial

e

M étodos

Entre agosto e novembro de 2008 recolléronse datos da presenza de martaraña en Galicia a través de enquisas persoais ou por correspondencia (correo electrónico) a naturalistas de varias localidades galegas, pro-

56

curando cubrir de xeito homoxéneo o territorio de Galicia. A cada un dos enquisados (N=40) requiríuselle a seguinte información: a) se tiñan datos deste mustélido; b) en caso positivo, a localidade exacta da cita (mellor con coordenadas UTM ou xeográficas); c) a data exacta ou o máis aproximada posible; d) o número de exemplares involucrados; e) as circunstancias da observación (individuo vivo, morto por atropelo, cazado ou rastros como excrementos); f) observador ou observadores; g) datos acerca da identificación do exemplar ou exemplares para descartar outras especies

CHIOGLOSSA, 3 (2011)

similares, especialmente a garduña (incidindo especialmente na cor e forma do “babeiro”). Para asegurar que a información correspondía á especie obxecto de estudo descartáronse aqueles datos que puideran ter algún tipo de dúbida acerca da súa identificación como martaraña. Non se deron por válidas as referencias correspondentes a excrementos, pola eventual confusión cos de garduña, agás que viñesen apoiados por un diagnóstico de tipo molecular como ocorreu nalgún caso (Pilot et al., 2007; Rosellini et al., 2008b). Completouse a recollida de datos coa in-

B

Figura 1. A: Área de presenza da martaraña M. martes en Europa (sombreado gris), segundo Proulx et al. (2004). B: Distribución da martaraña en cuadrículas UTM de 10x10 km en Galicia e zonas próximas; punto negro: datos do presente artigo; sombreado laranxa: datos recollidos en López-Martín (2002, 2007) e Matos & Santos-Reis (2006). [A: Area of presence of European pine marten M. martes in Europe (grey shadow), after Proulx et al. (2004). B: Distribution of European pine marten in 10x10 km UTM grids in Galicia and neighbouring areas; dark dots: own data; grey grids: data from López-Martín (2002, 2007) and Matos & Santos-Reis (2006).]

Distribución da martaraña en Galicia

formación da especie publicada na sección Mammalia da revista A Mobella, editada polo Grupo Naturalista Hábitat (Carballo & Pardo, 2006; De Souza, 2006; Rivas, 2006; Carballo, 2007), e tamén coa revisión de López-Martín (2002, 2007). Unha vez que moitas das cuadrículas con presenza de Martes martes publicadas en Chouza & Cid (1995) non se recolleron no atlas español de mamíferos de 2002 (nin na actualización de 2007; López-Martín, 2002, 2007), decidiuse non telas en consideración no presente artigo.

R esultados

e

D iscusión

Distribución das citas Obtivéronse un total de 29 respostas válidas de diferentes naturalistas e biólogos de Galicia, repartidos por toda a comunidade. Recompiláronse 72 citas de martaraña correspondentes a 75 individuos, repartidas en 53 das 365 cuadrículas UTM de 10x10 km de Galicia (14,5 %). Destas 53 cuadrículas, 38 son inéditas, segundo a información fornecida en López-Martín (2002, 2007). Nestas obras móstrase a presenza deste mustélido en 37 cuadrículas UTM da nosa terra, polo que, cos datos do presente traballo, o número de cuadrículas ocupadas por martaraña ascendería a 75 en Galicia (aumento do 143 %). Tódalas novas cuadrículas están situadas en comarcas con algún rexistro previo da especie, con excepción das citas de Ponteceso (NH08) e de Muíños (NG84) (López-Martín, 2002, 2007). Esta última cita tería continuidade coa distribución fornecida para o norte de Portugal (Matos & Santos-Reis, 2006) (Figura 1). O rango de altitudes das citas vai desde o nivel do mar en Ortigueira (comarca de Ortegal) ata os 1450 msnm en Cervantes (Os Ancares). Subliñar que a súa distribución chega ata costa occidental galega, aproximándose aos 9º de lonxitude oeste en Ponteceso, constituíndo o que pode ser a cita máis occidental en Europa continental.

57

Fenoloxía dos rexistros Tódolos datos foron compilados no período 1980-2008; para tres rexistros non foi posible asignar o ano con exactitude e para cinco só se sabe que foron posteriores a 1980 (estes últimos non son considerados na análise). Dos 67 rexistros analizados, a maioría (56,7 %) foron posteriores a 2006 –inclusive–. Entre 2000 e 2008 o número medio de citas de atropelos por ano foi de 3,4±9,1 (n=31); a proporción de individuos atropelados sobre o total de citas nese período foi do 51,7 %, o que converte aos atropelos na principal fonte de citas de martaraña en Galicia. Esta porcentaxe oscilou anualmente no período 2004-2008 entre o 44 % e o 67 % (Figura 2). Obtivéronse datos de observación da especie en tódolos meses do ano, agás en febreiro, estando o 50,0 % dos rexistros con data coñecida (n=48) comprendidos entre xuño e setembro, e case todos entre marzo e outubro (87,5 %). O maior número mensual de citas correspondeu ao mes de setembro (20,8 % do total de rexistros) (Figura 3). Os atropelos concentráronse en curtos períodos nos meses de abril-maio e agosto-setembro (Apéndice 1). A destacar, só un dos datos recibidos correspondía a un xuvenil (cuadrícula NJ83; Anexo 1), sendo o resto asignable a subadultos ou adultos.

A gradecementos A Andrés Bermejo, Pablo Carballo, Miguel Á. Conde, José A. de Souza, Javier González, Ricardo Hevia, Emilio Martínez, Dolores Pardo, Amadeo A. Pombo, José L. Rabuñal, Óscar Rivas, Antonio Sandoval, Pablo A. Sanmartín, Juan M. Tojeiro e Catuxa Varela por aportar candansúa cita de martaraña para este estudo, todas elas valiosísimas. A Ricardo Ferreiro pola súa axuda. A Jacinto Román, da Estación Biológica de Doñana, polas críticas construtivas ao primeiro borrador.

58

CHIOGLOSSA, 3 (2011)

Figura 2. Distribución dos rexistros de martaraña M. martes recollidos no presente estudo segundo o ano ou período de obtención (N=72). Barras grises: individuos vivos. Barras negras: individuos atropelados. Barras brancas: sen datos. [Distribution of the records of European pine marten M. martes compiled in this study in relation to year or period of recording (N=72). Grey bars: alive individuals. Black bars: road casualties. White bars: no data.]

Figura 3. Distribución mensual dos rexistros de martaraña M. martes de data coñecida recollidos no presente estudo, representados segundo as circunstancias da cita (N=48). Meses representados en números romanos. Barras grises: individuos vivos. Barras negras: individuos atropelados. [Monthly distribution of records with known date of European pine marten M. martes compiled in this study according to circumstances of recording (N=48). Months represented in Roman numerals. Grey bars: alive individuals. Black bars: road casualties.]

A bstract

B ibliografía

New data on the distribution of Martes martes in Galicia In 1980-2008 72 new records of European pine marten (Martes martes) in Galicia were compiled, corresponding to 75 individuals. These records were distributed in 53 UTM 10x10 km squares, 38 of those new for this species (143% of increase in the number of squares with confirmed presence). 50% of these records were obtained in JuneSeptember. Since 2000 most of the records were obtained from road casualties (52%). Keywords: European pine marten, Galicia, Martes martes, distribution.

Barja, I. 2005a. Patrones de marcaje con heces por la marta europea (Martes martes) en el noroeste de España: importancia para su estudio. Galemys, 17: 123-134. Barja, I. 2005b. Winter distribution of European pine marten (Martes martes) scats in a protected area of Galicia, Spain. Mammalia, 69: 435-438. Barja, I. 2008. Marta – Martes martes. In: L. M. Carrascal & Salvador, A. (Ed.): Enciclopedia Virtual de los Vertebrados Españoles. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid.

Distribución da martaraña en Galicia

59

Figura 4. Martaraña M. martes, probablemente adulto, atropelada recentemente, Vila da Veiga (comarca de Valdeorras), 15.08.2007. Fotografía de José R. Gómez e Ana I. Pérez. [European pine marten M. martes, probably adult, recent road casualty, A Veiga village (comarca of Valdeorras), 15.08.2007. Photography of José R. Gómez and Ana I. Pérez.]

Figura 5. Martaraña M. martes, tentando capturar un rato, fototrampeada na cuadrícula UTM 29T PG3764, parque natural dos Montes do Invernadoiro (comarcas de Monterrei/Viana). Fotografía de Isabel Barja. [European pine marten M. martes, trying to catch a mouse, phototrapped at UTM 29T PG3764 grid, Montes do Invernadoiro natural park (comarcas of Monterrei/Viana). Photography of Isabel Barja.]

URL: [con acceso: 08.08.09]. Barja, I., Silván, G., Rosellini, S., Piñeiro, A., González-Gil, A., Camacho, L. & Illera, J. C. 2007. Stress physiological responses to

tourist pressure in a wild population of European pine marten. Journal of Steroid Biochemistry and Molecular Biology, 104: 136-142. Blanco, J. C. 1998. Mamíferos de España. Volumen I. Ed. GeoPlaneta, Barcelona.

60

Carballo, P. 2007. Mammalia: notas sobre mamíferos terrestres. A Mobella, 15: 10. Carballo, P. & Pardo, M. D. 2006. Mammalia: Notas sobre mamíferos. A Mobella, 14: 11. Chouza, M. & Cid, R. 1995. Mamíferos. In: Penas-Patiño, X. M., Guitián, J. López, Z. & Álvarez, E. (Eds.): Atlas de vertebrados terrestres de Galicia. Tomo II: Peixes, Anfibios, Réptiles e Mamíferos. Consello da Cultura Galega – Sociedade Galega de Historia Natural, Santiago de Compostela. De Souza, J. A. 2006. Mammalia: Notas sobre mamíferos. A Mobella, 14: 11. López-Martín, J. M. 2002. Martes martes Linnaeus, 1758. In: L. J. Palomo & J. Gisbert (Ed.): Atlas de los Mamíferos terrestres de España, pp. 266-269. Dirección General de Conservación de la Naturaleza-SECEM-SECEMU, Madrid. López-Martín, J. M. 2007. Martes martes Linnaeus, 1758. In: L. J. Palomo, J., Gisbert & J. C. Blanco (Ed.): Atlas y Libro Rojo de los Mamíferos terrestres de España, pp. 266-269. Dirección General de Conservación de la Naturaleza-SECEM-SECEMU, Madrid. Matos, H. & Santos-Reis, M. 2006. Distribution and status of the pine marten Martes martes in Portugal. In: Santos-Reis, M., Birks, J. D. S., O’Doherty, E. C. & Proulx, G. (Eds.): Martes in Carnivores Comunities, pp. 45-59. Alpha Wildlife Publications, Sherwood Park, Alberta, Canadá. Palomo, L. J. & Gisbert, J. 2002. Atlas de los Mamíferos terrestres de España. Dirección General de Conservación de la Naturaleza - SECEM - SECEMU, Madrid. Palomo, L. J., Gisbert, J. & Blanco, J. C. 2007. Atlas y Libro Rojo de los Mamíferos Terrestres de España. Dirección General para la Biodiversidad - SECEM - SECEMU, Madrid. Pilot, M., Gralak, B., Goszczynski, J. & Posluszny, M. A. 2007. Method of genetic identification of pine marten (Martes martes) and stone marten (Martes foina) and

CHIOGLOSSA, 3 (2011)

its application to faecal samples. Journal of Zoology, 271: 140-147. Proulx, G., Aubry, K., Birks, J., Buskirk, S., Fortin, C., Frost, H., Krohn, W., Mayo, L., Monakhov, V., Payer, D., Saeki, M., Santos-Reis, M., Weir, R. & Zielinski, W. 2004. World distribution and status of the genus Martes in 2000. In: Harrison, D. J., Fuller, A. K. & Proulx, G. (Eds.): Martens and Fishers (Martes) in Human-Altered Environments: An International Perspective, pp. 21-76. Springer Verlag, New York. Rivas, Ó. 2006. Mammalia: Notas sobre mamíferos. A Mobella, 14: 11. Rosellini, S. & Barja, I. 2006. La dieta de la marta europea en el Macizo Central Orensano. Quercus, 248: 18-22. Rosellini, S., Barja, I. & Piñeiro, A. 2007. Distribución de hábitos alimenticios de la marta (Martes martes) en el Parque Natural Os Montes do Invernadeiro (Galicia, NO. de España). Galemys, 19: 99-104. Rosellini, S., Barja, I. & Piñeiro, A. 2008a. The response of European pine marten (Martes martes L.) feeding to the changes of small mammal abundance. Polish Journal of Ecology, 56: 497-504. Rosellini, S., Osorio, E., Ruiz-González, A., Piñeiro, A. & Barja, I. 2008b. Monitoring the small-scale distribution of sympatric European pine martens (Martes martes) and stone martens (Martes foina): a multievidence approach using faecal DNA analysis and camera-traps. Wildlife Research, 35: 434–440. Cosme Damián Romay Cousido Grupo Naturalista Hábitat Rúa Camariñas, 8, baixo, 15002 - A Coruña (Galicia) Martiño Cabana Otero Dpto. de Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía Facultade de Ciencias. Universidade da Coruña Campus da Zapateira, s/n. 15071 - A Coruña [email protected]

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28

UTM 10x10 NG84 NH08 NH08 NJ73 NJ83 NJ83 NJ83 NJ90 NJ90 NJ90 NJ91 NJ94 NJ94 PG24 PG28 PG34 PG35 PG44 PG45 PG45 PG46 PG46 PG54 PG55 PG56 PG57 PG58 PG67

Nova New Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Non Si Non Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si Si

Concello Municipality Muíños Ponteceso Ponteceso Cedeira Cedeira Cerdido Ortigueira Xermade Xermade Xermade As Pontes Cariño Cariño Monterrei Montederramo Os Riós Castrelo do Val Os Riós Os Riós Castrelo do Val Vilariño de Conso Vilariño de Conso Os Riós A Gudiña Viana do Bolo Viana do Bolo Manzaneda A Veiga VIII

V

VIII

2007

2002 2005 2007 2007 2003 2002 2004 2002 2006 2006 2008

2005 2007 2006 2007 2006 198X 2008 2001

IX IV VII VI IX V

Ano Year 2000 1981 1994 2006 2006

Mes Month III IV XI XII VIII 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 2 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 2 1 1 1

Ind.

Atropelada

Condición Condition Viva Viva Viva Atropelada Viva Atropelada Viva Atropelada Viva Viva Viva Cazadas Atropelada Viva Excrementos Atropelada Viva Atropelada Viva Atropelada Viva Viva Viva Atropelada Atropeladas Atropelada Atropelo recente (
Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.