Loredo, X. (2015). \"Aproximación á situación sociolingüística en Galicia. A evolución da transmisión lingüística interxeracional do galego\". A letra miúda. Revista de sociolingüística en Galicia, 6, 1-30

July 10, 2017 | Autor: X. Loredo Gutiérrez | Categoría: Sociolinguistics, Competencias Linguisticas, Galego, Transmisión Lingüística, Usos lingüísticos
Share Embed


Descripción

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Xaquín Loredo Gutiérrez Aproximación á situación sociolingüística en Galicia.

A

evolución da transmisión lingüística interxeracional do galego. Neste artigo, Xaquín Loredo ten como obxectivo, por unha parte, analizar a evolución da situación da lingua galega nas principais variables demolingüísticas (i.e. competencias lingüísticas, uso lingüístico habitual do galego, lingua inicial, lingua habitual) e, por outra parte, analizar o nivel de ruptura da transmisión interxeracional familiar do galego.

1. Introdución

Os últimos datos demolingüísticos dispoñibles sobre a situación da lingua galega foron publicados en decembro de 2014 (Instituto Galego de Estatística. IGE, 2013). Estes resultados pertencen ao Módulo de galego da Enquisa de Condicións de Vida das Familias (ECVF), enquisa que tamén se administrou en 2003 e 2008 (Instituto Galego de Estatística. IGE, 2004, 2008). Os resultados do IGE-2013, ademais de ser os últimos datos demolingüísticos existentes, permiten analizar a evolución da lingua galega desde inicios do século XXI, xa que os resultados son comparables cos datos do IGE-2008 e IGE-2003, e en menor medida, con outros estudos como o MSG-1992 (Seminario de Sociolingüística da RAG, 1994). Os estudos demolingüísticos do IGE-2003, 2008 e 2013 non son as únicas investigacións dispoñibles para analizar a situación do galego. Outra fonte de datos importante son os Censos Lingüísticos de 1991, 2001 e 2011 (a partir de agora CL-

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

1991,CL-2001,

CL-2011).

Os

Censos

Lingüísticos

preguntan

sobre

usos

e

competencias lingüísticas en galego, utilizando dúas preguntas.

A pouca

información

nivel

achegada

polos

Censos

Lingüísticos

súplese

polo

de

representatividade, xa que estas dúas preguntas fixéronselle a toda a poboación en 1991 e 2001, e a unha mostra considerable en 2011 (207.942).

O estudo

sociolingüístico de maior importancia en Galicia foi o Mapa Sociolingüístico de Galicia de 1992 (a partir de agora, MSG-1992) caracterizado polo tamaño da mostra (38.897 enquisas) e cuestionario administrado (148 preguntas).

A

continuación do MSG-1992, o Mapa Sociolingüístico de Galicia de 2004 (a partir de agora, MSG-2004), foi criticado especialmente polo deseño da mostra, dado que soamente

contemplaba

a

poboación

que

puidese

ser

posible

obxecto

de

intervención (15-54 anos), xa que en 2003 o IGE acababa de administrar outra enquisa coa mesma finalidade

(González et al., 2011; González, Rodríguez,

Fernández, Loredo, & Suárez, 2006, 2008; Seminario de Sociolingüística da RAG, 1994, 1995, 1996). Por último, mencionamos os estudos sobre Conocimiento y uso de las lenguas en España

(Siguán, 1994, 1999). Esta serie, composta por dúas

investigacións realizadas polo Centro de Investigacións Sociolóxicas, ten como ámbito de análise todas as comunidades con lingua propia. A diferenza substancial desta serie fronte ao resto é a capacidade para comparar resultados de diferentes linguas (a partir de agora, CIS-1994, 1999). Despois de que os medios de comunicación desen conta dos resultados do IGE2013, dunha forma moi sucinta, o Seminario de Sociolingüística da RAG está realizando unha análise en profundidade dos datos demolingüísticos dispoñibles ata o momento, centrándonos nos resultados do IGE-2013.

Esta análise seguirá as

liñas de estudos previos realizados polo Consello da Cultura para as enquisas do IGE-2008 e IGE-2003 (Monteagudo, Carballo, & Casares, 2011; Monteagudo, Lorenzo, Casares, Loredo, & Suárez, 2005). Este estudo está planificado para saír en dúas fases: a) A sociedade e o idioma (1992-2013); b) A transmisión lingüística interxeracional.

2 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Este artigo ten dúas partes diferenciadas. A primeira parte ten como obxectivo analizar a evolución da situación da lingua galega nas principais variables demolingüísticas (i.e. competencias lingüísticas, uso lingüístico habitual do galego, lingua inicial, lingua habitual).

A segunda parte destinada a analizar o nivel de

ruptura da transmisión interxeracional familiar do galego.

2. MÉTODO 2.1. MICRODATOS Os microdatos utilizados para realizar este estudo foron: IGE-2003, IGE-2008, IGE2013 e MSG-92, esta última soamente para análise de competencias. As bases de datos complementarias serán as relacionadas co Censo Lingüístico: CL-1991, 2001 e 2011. As Figuras 1 e 2 presentan as características dos estudos mencionados e outras investigacións demolingüísticas de carácter xeral realizadas en Galicia. A Figura 1 está centrada nos datos dos Censos Lingüísticos e evidencia a diferenza entre os CL-1991 e 2001 fronte ao CL- 2011, os dous primeiros recollen toda a poboación obxecto de estudo mentres o CL-2011 é unha enquisa de gran tamaño, en concreto de 207.942 persoas1.

1

Para máis información para as características do ‘Censo de Poboación e vivendas. Coñecemento e

Uso do Galego. Ano 2011’ véxase http://www.ige.eu/estatico/pdfs/s3/notasExplicativas/notas_Censo_Galego_2011.pdf

3 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Figura 1. Censos Lingüísticos. Distribución por anos e tamaño da mostra

A Figura 2 presenta os principais estudos demolingüísticos representados nun eixe de tamaño da mostra e ano da administración da enquisa.

As investigacións

presentadas son: Mapa(s) Sociolingüístico(s) de Galicia (MSG), Enquisa(s) de Condicións de Vida do IGE (IGE), Conocimiento y Uso de las Lenguas en España do Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) e, por último, a enquisa realizada polo Observatorio da Lingua Galega (a partir de agora, OLG)2.

Non se inclúe nesta

relación investigacións sociolingüísticas sectoriais porque non entran nos obxectivos deste traballo. (e.g. Ayestarán & De la Cueva, 1974; Rojo, 1979).

2

O estudo demolingüístico a que facemos referencia aquí é o relacionado co ámbito da cidadanía. Este

organismo realizou estudos sobre ámbitos concretos (i.e. educación, Internet, organismos de intermediación, economía e empresa, sanidade, tecnoloxías da información e da comunicación, tecido asociativo, medios de comunicación, administración).

4 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Figura 2. Estudos demolingüísticos xerais. Distribución por anos e tamaño da mostra*

2.2. MEDIDAS Este estudo analizará: a) as competencias lingüísticas autopercibidas, b) usos lingüísticos do galego a través da pregunta do Censo Lingüístico, c) lingua inicial, d) lingua habitual e, e) índice de transmisión lingüística interxeracional do galego. As competencias lingüísticas autopercibidas en galego estudaranse desde dúas perspectivas diferentes: a) datos do Censo Lingüístico onde soamente se pregunta se se ten capacidade para entender, falar, ler e escribir e en galego; e b) pregunta utilizada nos Mapas Sociolingüísticos e IGE onde se lle pide ao enquisado que valore as súas competencias nunha escala de catro puntos (i. e. nada, pouco, bastante, moito) nas catro destrezas. Para a exposición dos resultados utilizarase o concepto de ‘dominio efectivo’, concepto que consiste en sumar as alternativas ‘moito’ e ‘bastante’ (Seminario de Sociolingüística da RAG, 1994). O estudo da transmisión lingüística familiar interxeracional realizouse a través do 5 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Índice de Transmisión Interxeracional (ITI).

O ITI provén da adaptación dun

indicador utilizado en Cataluña (Fabà & Montoya, 2012; Miralles & Abat, 2011; Torres-Pla, 2006). Este índice amosa o cambio lingüístico que se produce entre a herdanza lingüística recibida polo individuo e a escollida para os fillos, constituíndo unha das formas de medir a vitalidade dunha lingua (Torres-Pla, 2009). En Galicia, un índice destas características foi utilizado no OBLG-2007 (Observatorio da lingua galega, 2007)

e polo Seminario de Sociolingüística que utilizou un indicador

chamado ICEP3 Este traballo utiliza unha modificación do indicador proposto por Torres-Pla (2009) en dous aspectos: a) este autor utiliza como unha das variables a ‘lingua falada cos pais’, aquí utilizase a ‘lingua na que lle falaban os seus pais cando eran nenos’; b) utiliza a %LAPa mentres aquí utilizamos a %LAPb, é dicir, soamente escollemos a poboación con fillos. No seu artigo xustifica que apenas existen diferenzas entre utilizar unha formula ou outra. En definitiva, para este artigo escóllese a fórmula (2) fronte a (1) para o ITI4.

%LAPa= porcentaxe dos que falaban a lingua A cando eran pequenos de forma exclusiva ou predominante cos proxenitores. %LAPb= porcentaxe dos que falaban a lingua A cando eran pequenos de forma exclusiva ou predominante cos proxenitores e teñen fillos.

3

Os resultados deste índice presentáronse por este mesmo autor no relatorio ‘A fractura da

transmisión interxeracional da lingua galega. Canto, cando e como’. X Curso de Verán sobre a Dinamización Lingüística para a transmisión interxeracional do galego, o 9, 10 e 11 de Xullo de 2014. Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística. Hai que sinalar que existe un ITI corrixido segundo a natalidade diferencial atendendo á lingua. Os datos para aplicar ese indicador estanse a preparar para a súa análise e posterior publicación. 4

6 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

%LAF= porcentaxe dos que falan a lingua A de forma exclusiva ou predominante cos fillos.

O resultado final é unha puntuación que oscila entre -1 e +1 que, por tanto, permite xerarquizar as diferenzas de intensidade do avance ou retroceso dunha lingua. Este índice levará por nome ITIGal

3. RESULTADOS 3.1. OS COÑECEMENTOS LINGÜÍSTICOS A finalidade deste apartado é analizar os coñecementos lingüísticos en galego da poboación galega. Por coñecemento lingüísticos entendemos a capacidade para entender e ler –habilidades receptivas- e a capacidade para falar e escribir – habilidades produtivas- que teñen os galegos de cinco ou máis anos na lingua propia. As medidas que se van utilizar caracterízanse por ser autoavaliacións en relación a uns criterios propios, criterios que son descoñecidos polos investigadores (Solé, 2008). Os resultados do Censo Lingüístico sobre as competencias lingüísticas dos galegos indican que case a totalidade da poboación comprende oralmente esta lingua, incluso na produción oral, a porcentaxe de persoas que se autoavalían como competentes para falar en galego é lixeiramente superior ao 90% (Figura 3).

A

análise evolutiva das competencias orais desde 1991 ata 2011 indica que o número de persoas que comprenden a lingua galega aumentou en máis de 100.000 persoas e, case en 30.000 os enquisados que poden falalo. Centrándonos na capacidade lectoescritora, esta habilidade aumentou considerablemente en dez anos (19912001, non hai datos de 2011), xa que a porcentaxe de persoas que teñen a capacidade para ler e escribir en galego aumentou cerca de vinte puntos

7 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

(Figura 3)5.

Figura 3. Competencias lingüísticas dos galegos (%)

Fonte: Datos do Censo de Poboación e Vivendas de 1991, 2001 e 2011*. Poboación: Poboación de 5 ou máis anos *Os resultados das habilidades lectoescritoras do Censo Lingüístico galego de 2011 non están dispoñibles

A evolución do ‘dominio efectivo’ das competencias en galego (Figura 4) nas persoas de 15 ou máis anos, 16 ou máis no caso do MSG-1992, está caracterizada por unha estabilidade nas competencias orais, tanto activas como pasivas, con datos semellantes ao do Censo Lingüístico. A poboación cun dominio efectivo nas

5

Os resultados de competencia para ler e escribir abarcan desde o 5 ou máis anos. Analizando os

resultados destas destrezas de 2001 por idade, obsérvase que a porcentaxe de persoas entre 5 e 9 anos capaces de ler e escribir diminúe case 45 e 50 puntos, respectivamente, en relación ao tramo de idade seguinte (i.e. 10 a 14 anos). Habería que estudar se para analizar as competencias lectoescritoras habería que restrinxir o tramos de idade, comezando cos galegos de 10 ou máis anos.

8 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

competencias de comprensión escrita case se duplicou entre 1991 e 2003. A partir dese momento, en ‘porcentaxes totais’, sufriu un certo estancamento.

Figura 4. Evolución do ‘dominio efectivo’6 das competencias lingüísticas en galego desde 1992 a 2013 (%)

Fonte: Mapa Sociolingüístico de Galicia 1992 e Enquisa de condicións de vida das familias 2003, 2008 e 2013. Poboación: Galegos/as de 15 ou máis anos no IGE (2003, 2008, 2013) e galegos/as de 16 ou máis anos no MSG (1992).

6

O ‘dominio efectivo’ correspóndese coa agrupación das opcións ‘moito’ e ‘bastante’ (ver apartado de

Medidas).

9 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

A figura 5 presenta o dominio efectivo dos galegos nas destrezas expresivas, tanto orais coma escritas, segundo a idade, en 2013 (IGE-2013). Os resultados indican unha continua evolución positiva na destreza escrita a medida que a idade dos enquisados é menor. Esta tendencia pódese resumir en que un 16,85% das persoas maiores de 75 anos teñen a capacidade efectiva para escribir en galego, mentres nos de 15 a 19 a porcentaxe aumenta ata un 92,17%. De feito, a figura 5 reflicte un fenómeno de inversión entre dominio efectivo escrito e oral.

Este efecto

consiste en que, mentres nos maiores de 75 anos hai unha distancia de 80,64 puntos entre as persoas cunha capacidade para falar en galego fronte as persoas que son capaces expresarse por escrito, nos tramos de idade máis nova (i.e. 15-19, 20-24) hai unha porcentaxe lixeiramente superior de persoas que son capaces de expresarse por escrito en galego fronte as que son capaces de expresarse oralmente (i.e. 15-19 anos: 3,58%). Esta tendencia xa se percibía no tramo de 10 a 14 anos do Censo Lingüístico de 2001 e aquí as diferenzas eran incluso maiores (i.e. 7,37 puntos).

Figura 5. Dominio efectivo na expresión oral e escrita en galego segundo a idade. 2013(%)

10 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Fonte: Enquisa de condicións de vida das familias 2013. Poboación: Galegos/as de 15 ou máis anos.

3.2. AS LINGUAS EN GALICIA 3.2.1. O CENSO LINGÜÍSTICO

A primeira aproximación ás linguas en Galicia facémola a través dos datos de utilización do galego recollidos nos Censos Lingüísticos (Figura 6).

A principal

conclusión que se pode tirar da comparación dos resultados de 1991 e 2001 é a existencia dunha certa estabilidade na utilización do galego.

Resumindo, nesa

década, un millón e medio de galegos indicaban utilizar ‘sempre’ a lingua galega e oitocentas facíano ‘ás veces’.

A diferenza correspóndese co número persoas que

sinalaban que ‘nunca’ utilizaban o galego , xa que a súa cifra duplicouse neses dez anos. Hai que sinalar que o CL-1991 ten unha porcentaxe importante de casos perdidos ( 5,36%). Os datos de utilización do galego, despois da ‘relativa’ estabilidade entre 1991 e 2001, sufriron unha involución importante, as persoas que sinalaban que utilizaban ‘ás veces’ galego superaron en número ás persoas que indicaban que ‘sempre’ falaban galego. En definitiva, este último grupo perdeu máis de 270.000 falantes monolingües en galego.

11 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Figura 6. Uso da lingua galega en 1991, 2001 e 2011 (N)

Fonte: Datos do Censo de Poboación e Vivendas de 1991, 2001 e 2011. Poboación: Galegos/as de 5 ou máis anos *Censo de Poboación e Vivendas de 1991. Alternativa ‘non consta’: 142.166 persoas (5,36%)

3.2.2. A LINGUA INICIAL

Os datos recollidos na última enquisa do IGE acerca da variable lingua inicial ou lingua que aprendeu a falar cando era neno (Figura 7) indican que en 2013 os galegos de 5 ou máis anos aprenden a falar maioritariamente en galego (40,86%), seguidos a dez puntos polos castelanfalantes iniciais (30,88%) e, a pouca distancia, polos bilingües iniciais (25,26%). A análise da evolución dos resultados, tendo en conta os datos do IGE-2004, IGE-2008 e IGE-2013, indica que a poboación con lingua

inicial

‘galego’

vai

diminuíndo

progresivamente

mentres

aumenta

a

porcentaxe de persoas que aprenden a falar nas dúas linguas.

12 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Figura 7. Lingua inicial en 2003, 2008 e 2013 (%)

Poboación: Galegos/as de 5 ou máis anos Fonte: Enquisa de Condición de Vida das Familias, 2003, 2008 e 2013.

Utilizando de referencia para a análise os valores absolutos, os resultados da lingua inicial (Táboa 1) indican que os bilingües iniciais duplicáronse nos dez anos transcorridos entre 2003 e 2013 (54,1%), pola contra os galegofalantes iniciais descenderon un 21,79%.

Os castelanfalantes iniciais apenas sufriron variación

(+2,19%). Analizando aos galegofalantes iniciais por tramos (i.e. 2003-2008 e 2008-2013) percíbese unha aceleración progresiva da perda de falantes (2003-2008:-112.604; 2008-2013: -180.791).

A situación dos castelanfalantes iniciais foi cambiante

nesta década. O primeiro tramo reflectía que estas persoas diminuían (-73.045), mentres, pola contra, estes últimos anos o seu número aumentaba (+90.074). Esta oscilación entre o primeiro e segundo período temporal tamén está presente 13 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

nos bilingües iniciais: aumento en 2003-2008 (+181.345) e redución do aumento no segundo tramo (+48.159).

Táboa 1. Lingua inicial da poboación galega de 5 ou máis anos, en valores absolutos. Anos 2003, 2008 e 2013

A

B

C

2003

2008

2013

B-A

(B-A)/A%

421.798

603.143

651.302

181.345

42,99%

48.159

7,98%

229.504

54,41%

Galego

1.346.716

1.234.112

1.053.321

-112.604

-8,36%

-180.791

-14,65%

-293.395

-21,79%

Castelá n Outras

779.140

706.095

796.169

-73.045

-9,38%

90.074

12,76%

17.029

2,19%

41.720

63.104

77.178

21.384

51,26%

14.074

22,30%

35.458

84,99%

TOTAL

2.589.375

2.606.453

2.577.969

17.078

0,66%

-28.484

-1,09%

-11.406

-0,44%

As Dúas

2003-2008

2008-2013 C-B

(C-B)/B %

2003-2013 C-A

(C-A)/A %

Fonte: Elaboración propia. IGE, Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2003, 2008 e 2013.

A representación gráfica dos resultados de lingua inicial das series do IGE utilizando valores absolutos (Figura 8) permite observar visualmente a súa evolución.

A

maiores, represéntase a liña da tendencia de evolución dos datos ata 20167. O IGE estimaba que en 2003 existían 1.346.716 persoas que aprenderon a falar ‘en galego’, cifra que se foi reducindo aceleradamente ata chegar en 2013 ao millón de persoas (1.053.312).

As previsións indican que a partir de 2015 esta cifra será

inferior ao millón de persoas. Estímase que o número de bilingües iniciais en 2015 acadará o número de 700.000 persoas. Sen realizar unha estimación en firme da evolución dos castelanfalantes iniciais, todos os datos indican que o número será superior a 796.169. A pregunta que se

7

Non introduciu unha liña de tendencia en ‘castelán’ porque o axuste non era suficiente.

14 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

nos presenta é se entre 2013 e 2018 o número de falantes iniciais ‘en castelán’ aumentará na mesma medida, menos ou máis que entre 2008 e 2013 (12,76%) 8. Asumindo unha tendencia igual que entre 2008 e 2013, en 2018 o número de castelanfalantes iniciais en 2018 será arredor de 900.000, moi próximo ao número de galegofalantes iniciais. Figura 8. Evolución da lingua inicial da poboación galega de 5 ou máis anos desde 2003 a 2013, en valores absolutos. Previsións de evolución a 2016.*

Poboación: Galegos/as de 5 ou máis anos Fonte: Enquisa de Condición de Vida das Familias, 2003, 2008 e 2013.

8

Estanse a realizar predicións de escenarios futuros das principais variables sociolingüísticas incluíndo

outras bases datos demolingüísticas e introducindo outra variables de evolución como a data de nacemento.

Paralelamente analízase o escenario galego utilizando o modelo de distancia

interlingüística (Mira, Seoane, & Nieto, 2011; Mira, Seoane, & Paredes, 2010), ampliación do modelo de Abrams & Strogatz (2003).

15 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

3.2.3. A LINGUA HABITUAL

A lingua habitual dos galegos entre os anos 2003 e 2013 evolucionou en porcentaxes xerais a favor do castelán. Os monolingües en castelán aumentaron desde o 19,56% en 2003 ao 25,95% en 2013 (Figura 9). Figura 9. Lingua habitual dos galegos en 2003, 2008 e 2013

Poboación: Galegos/as de 5 ou máis anos Fonte: Enquisa de Condicións de Vida das Familias, 2003, 2008 e 2013

No resto de alternativas, a comparativa complícase, xa que na enquisa de 2003 semella que os enquisados utilizaron criterios diferentes para realizar as súas escollas bilingües ou monolingües. Esta primeira serie do IGE obtén unhas cifras de monolingüísmo significativamente máis avultadas que nas enquisas de 2008 e

16 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

2013, incluso que na enquisa do MSG-19929. Tratando de minimizar esta distorsión comparouse galego (i.e. só galego, máis galego) fronte a castelán (i.e. só castelán, máis castelán). Os resultados sobre a evolución do uso da lingua galega indican un descenso progresivo que oscila desde o 61,2% en 2003 ata un 50,9% en 2013 (Figura 7).

Como mencionabamos, a evolución dos resultados de lingua habitual dos anos 2003, 2008 e 2013 difiren significativamente.

En cifras xerais, os monolingües

habituais en galego diminuíron un 29,08%, diminución que recaeu no tramo de 2003-2008, mentres o número de bilingües nesta lingua en cifras totais aumentou (8,81%), aínda que, analizándoo por tramos, entre 2003-2008 case se duplicaron (45,75%) fronte ao sucedido entre 2008-2013, que diminuíron un 25,35%.

O

número de persoas que falaban habitualmente en castelán aumentou un 31,15% entre 2003-2013, aumento que se focalizou nos últimos anos (2008-2013).

O

balance dos bilingües en castelán foi, en xeral, positivo (16,14%).

9

O MSG-1992 indicaba que o 38,7% dos galegos maiores de 15 anos falaba unicamente en galego

fronte aos datos do IGE de 2003 que indicaban que 43,6% das persoas de 15 anos ou maiores eran monolingües en galego. En definitiva, estes datos indicaban que o número de galegofalantes monolingües aumentaran neses 11 anos.

17 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Táboa 2. Lingua habitual da poboación galega de 5 ou máis anos en valores absolutos. Anos 2003, 2008 e 2013.

A

B

C

2003

2008

2013

2003-2008 B-A

2008-2013

(B-A)/A %

2003-2013

C-B

(C-B)/B %

C-A

(C-A)/A %

1,27%

-323.513

-29,08%

En galego

1.112.670

779.297

789.157

-333.373

-29,96%

9.860

Máis galego

471.781

687.618

513.325

215.837

45,75%

174.293

-25,35%

41.544

8,81%

Máis castelán

484.881

583.880

563.135

98.999

20,42%

-20.745

-3,55%

78.254

16,14%

En castelán

506.322

521.606

664.052

15.284

3,02%

142.446

27,31%

157.730

31,15%

Outras

13.005

28.622

29.536

15.617

120,08%

914

3,19%

16.531

127,11%

TOTAL

2.588.659

2.601.023

2.559.205

12.364

0,48%

-41.818

-1,61%

-29.454

-1,14%

Fonte: Elaboración propia. IGE, Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2003, 2008 e 2013.

Para analizar a evolución dos usos lingüísticos habituais en Galicia desde 2003 a 2013 e facer unha proxección a curto prazo, escolléronse as alternativas de ‘galego’ (i.e. só galego e máis galego), ‘castelán’ (i.e. só castelán e máis castelán) e ‘outras’. Desta forma expóñense os resultados dunha forma máis clara e ao mesmo tempo que se aumenta a fiabilidade dos resultados. A figura 10 indica que o número de persoas que falan galego diminuíu desde máis de 1.580.000 en 2003 a arredor de 1.300.000 en 2013, mentres o número de castelanfalantes aumentaba en máis de 200.000 persoas nesa mesma década. Simplificando, o galego segue a ser lingua maioritaria en 2013, aínda que cunha pequena diferenza de 70.000 falantes co castelán. As previsións indican que 2015 será o punto de inflexión para a lingua galega e esta pasará a ser a lingua minoritaria en Galicia. Este proceso de perda de falantes podería acelerarse aínda máis pola falta de masa social galegofalante nos tramos máis novos e en contextos urbanos. 18 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Figura 10. Lingua habitual da poboación galega de 5 ou máis anos, en valores absolutos. Anos 2003 a 2013. Previsións de evolución a 2015.

Poboación: Galegos/as de 5 ou máis anos Fonte: Enquisa de Condicións de Vida das Familias, 2003, 2008 e 2013

19 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

3.3. A TRANSMISIÓN LINGÜÍSTICA INTERXERACIONAL (ITIGAL)

Os resultados do ITIGal resumen a situación de cambio interlingüístico entre a herdanza lingüística recibida dos pais e a herdanza lingüística transmitida polo individuo. A situación que se desprende dos datos do IGE-2008 e IGE-2013 é un índice de transmisión lingüística cara ao galego negativo (véx. Figura 11). transmisión

familiar

interxeracional

do

significativa introdución do castelán.

galego

está

mediatizada

por

A

unha

O ITIGal no IGE-2008 indícanos que a

presenza do galego no contexto familiar vai diminuíndo (-0,14), presenza que segue a diminuír no 2013 (-0,16). Figura 11. A transmisión lingüística do galego (ITIGal) en 2008 e 2013 (%)

Poboación: Galegos/as con fillos/as. Fonte: Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2008 e 2013

20 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Os índices de transmisión interxeracional presentados ata agora non permiten afondar na evolución do ITIGal, soamente permite comparar a situación de 2008 coa de 2013.

A Figura 12 analiza a evolución deste índice utilizando o ano de

nacemento como variable evolutiva. Os resultados indican que, en maior ou menor medida, a ruptura da transmisión interxeracional do galego está presente desde os nados nos anos trinta e ata os nados na década dos noventa. O ITIGal desde os anos trinta situouse nunhas cifras próximas ao -0,15 e foi a partir dos anos setenta cando esa ruptura interxeracional aumentou a cifras arredor do -0,20 ata principios dos anos oitenta. Desde finais dos anos oitenta ata finais dos noventa, os datos non son

concluíntes

por

varias

causas:

a)

idade

dos

enquisados;

b)

pouca

representatividade da mostra de persoas con fillos desas idades. Non obstante, un resultado que se pode extraer, tendo en conta os problemas de validez destes datos, é que os índices son inferiores aos acadados nos nados na década dos setenta e principios dos oitenta, aínda que haberá que realizar máis análise para confirmar estes resultados.

21 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Figura 12. Evolución da transmisión interxeracional do galego (ITIgal) por ano de nacemento. Diferenzas entre os resultados dos ITIgal dos nados con idade media entre 1935 e 1981 (ITIgal_axustado) e os nados con idade media entre 1986 e 1996 (ITIgal_desaxustado)

Poboación: Galegos/as con fillos/as. Fonte: Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2013

4. CONCLUSIÓNS

A sociolingüística galega avanzou moito no ámbito demolingüístico en Galicia desde 1992 grazas ao pulo que lle proporcionou o Mapa Sociolingüística de Galicia. Na actualidade, conta cunha serie de enquisas demolingüísticas (i.e. González et al., 2006; Instituto Galego de Estatística. IGE, 2004, 2008, 2013; Observatorio da 22 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

lingua galega, 2007; Seminario de Sociolingüística da RAG, 1994) que lle permiten realizar unha radiografía da evolución sociolingüística en Galicia desde 1992 ata 2013, incluso se poden realizar proxeccións ata principios do século XX utilizando a variable idade e variables sociolingüísticas non dependentes do contexto actual (i.e. lingua inicial, lingua que se falaba cos pais cando era pequeno) ou predicións de futuro (i.e. Seoane, Casares, Monteagudo, & Mira, n.d.). De forma complementaria, os

Censos

Lingüísticos

proporcionan

unha

información

importante

para

complementar a radiografía da situación do galego, especialmente cando se quere realizar un estudo cunha representatividade a nivel concello ou comparalo cos datos doutras comunidades con lingua propia. Os niveis de competencia lingüística autopercibida en galego poden valorarse como bos, tanto nas destrezas comprensivas como expresivas.

A porcentaxe de

comprensión oral do galego aproxímase ao 100% e a proporción de enquisados que indican que poden falar galego están próximas ao 90%. As proporción de persoas con destrezas escritas suficientes en galego son inferiores ás orais, especialmente cando se valora a expresión escrita, onde as cifras xerais se aproximan ao 60% da poboación. (84,78%)10.

A

comprensión

escrita

acércase

ás

cifras

das

destrezas

orais

A evolución das destrezas lingüísticas indica unha estabilidade nas

destrezas orais desde 1992 e un comportamento desigual nas destrezas escritas. A comprensión escrita aumentou significativamente de 1992 a 2003, sufrindo a partir dese ano unha certa paralización do dominio efectivo da poboación, quedando en porcentaxes próximas ao 85% do total. A porcentaxe de persoas cunha capacidade para expresarse en galego por escrito aumentou axustándose a unha pendente que se vai suavizando co transcurso do tempo, acercándose na actualidade a porcentaxes próximas ao 60%. Enfocando o estudo das competencias lingüísticas por idade, o panorama

10

Galegos/as de 15 ou máis anos. 5 (IGE-2013)

23 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

sociolingüístico é revelador. O dominio da expresión escrita evoluciona na enquisa do IGE-2013 desde un 16,85% na poboación de maiores de 75 ata un 92,17% nos rapaces de 15 a 19 anos. De feito, atopámonos cun dato significativo, nos maiores de 75 hai un 80,64% da poboación que sabe falar en galego pero non sabe escribir, pola contra, hai un 3,58% da poboación de entre 15 e 19 anos que indica ter un dominio efectivo para escribir en galego, pero considera que non ten a destreza suficiente para falalo.

Esta circunstancia non é única dese tramo de idade, ese

mesmo perfil repítese entre os que teñen entre 20 e 24 anos e confirmábase con datos do Censo Lingüístico de 2001. Este artigo afondou no estado da situación das linguas en Galicia a través dos Censos Lingüísticos e os datos da serie do IGE-2003, 2008 e 2013.

Utilizouse a

pregunta de usos lingüísticos do Censo de Poboación e Vivenda para ter un visión xeral da situación desde 1991 ata 2011 e as dúas variables sociolingüísticas (i.e. lingua inicial, lingua habitual) para estudar a evolución neste século.

O primeiro

resultado de importancia proveniente do Censo Lingüístico fai referencia á existencia dun certo período de estabilidade entre 1991 e 2001, aínda que con algunhas oscilacións no número de falantes dunha ou outra opción.

As grandes

diferenzas están centradas entre os anos 2001 e 2011. Neste intervalo temporal, a lingua galega perdeu un total de 311.294 de falantes monolingües, manténdose un número importante de persoas que nunca falaron esta lingua (287.837). O IGE-2013 indica que a lingua inicial maioritaria dos galegos segue a ser o galego (40,86%), seguida polo castelán (30,88%) e as dúas (25,26%). Por si mesmos, estes resultados seguen a ser favorables cara á lingua galega, o problema xorde cando se analiza a súa evolución desde 2003 a 2013. No transcurso destes dez anos, o número de persoas que sinalan o ‘galego’ coma a súa lingua inicial diminuíu un 21,79%, en contrapartida ao número de persoas que sinalaban ‘as dúas’ que aumentou un 54,41%. Os resultados de lingua habitual do IGE-2013 confirma os datos de usos do Censo 24 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Lingüístico. A lingua utilizada maioritariamente polos galegos de 5 ou máis anos en 2013 era o galego, a porcentaxe total de galegofalantes (i.e. só galego, máis galego) era dun 50,9%, a diferencia era de arredor de 70.000 falantes. Seguindo a mesma tendencia que a lingua inicial, nestes dez anos (2003-2013) o número de monolingües en galego diminuíu un 29,08%, mentres aumentaba un 31,15% o número de monolingües en castelán.

Destacamos como dato positivo que o

número de bilingües en galego aumentou un 45,75% nos primeiros anos (20032008).

Unha das conclusións máis importantes que se poden extraer dos

resultados analizados é que a lingua galega deixará de ser a lingua maioritaria de Galicia en 2015 (ano en curso), se seguen as tendencias observadas. Despois das conclusións anteriores, resulta evidente que en Galicia existe unha ruptura da transmisión lingüística interxeracional.

O problema que se suscitaba

cando decidimos introducir a análise deste construto era: de que calibre?

Os

resultados indicaron que a ruptura interxeracional oscilaba entre un 14% no IGE2008 e un 16% no IGE-2013, ruptura centrada nos monolingües en galego e nas persoas que naceron na década dos 70. En definitiva, as principais conclusións que se poden tirar deste artigo son que mentres os resultados das competencias autopercibidas lectoescritoras en galego son positivas, os datos sobre a lingua habitual e inicial empeoraron. As previsións para a lingua habitual indican que o castelán será a lingua maioritaria dos galegos en 2015 e que arredor do ano 2020, os galegos deixarán de aprender maioritariamente en galego para aprender maioritariamente en galego e castelán11. Respecto da transmisión interxeracional, sinalamos que a maior ruptura produciuse nos nacidos na década dos anos setenta, circunstancia que estamos sufrindo nestes

11

Hai que indicar que estas son previsións e, como tales, pódense modificar se o contexto se

modifica.

25 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

momentos xa que esa xeración está inmersa en pleno proceso de transmisión lingüística da seguinte xeración.

26 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Referencias bibliográficas

Abrams, D., & Strogatz, S. (2003). Linguistics: Modelling the dynamics of language death.

Nature,

424,

900.

Retrieved

from

http://www.nature.com/nature/journal/v424/n6951/abs/424900a.html Ayestarán, M., & De la Cueva, A. (1974). Las familias de la provincia de Pontevedra en 1974. Sevilla, Instituto de Ciencias de la Familia. Sevilla: Instituto de Ciencias

de

la

Familia.

Retrieved

from

http://scholar.google.es/scholar?q=Las+familias+de+la+provincia+de+pontev edraa&btnG=&hl=en&as_sdt=0,5#2 Fabà, A., & Montoya, B. (2012). La transmissió lingüística intergeneracional del català

al

País

Internacional

Valencià.

de

Una

Filologia,

perspectiva

53(0214-8188),

territorial.

Caplletra.

211–231.

Retrieved

Revista from

http://www.raco.cat/index.php/Caplletra/article/view/267984 González, M., Rodríguez, M., Fernández, A., Loredo, X., & Suárez, I. (2006). Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004. Lingua inicial. Santiago de Compostela: Real Academia

Galega.

Retrieved

from

http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/e33883ec-666e-4944a634-4acc80ac4ad6 González, M., Rodríguez, M., Fernández, A., Loredo, X., & Suárez, I. (2008). Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004: Usos lingüísticos en Galicia. A Coruña: Real Academia

Galega.

Retrieved

from

http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/9940f4f1-a5fb-40f6b931-0dd909515150

27 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

González, M., Rodríguez, M., Pereiro, A., Loredo, X., Suárez, I., & Salgueiro, E. (2011). Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004: Actitudes lingüísticas en Galicia (Vol.

III).

A

Coruña:

Real

Academia

Galega.

Retrieved

from

http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/fa7b8451-080f-4d0e89f8-1d2dda863feb Instituto Galego de Estatística. IGE. (2004). Enquisa de Condicións de Vida das Familias. Coñecemento e Uso do Galego. Ano 2003. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellaría de Economía e Facenda. Instituto Galego de Estatística. IGE. (2008). Enquisa de Condicións de Vida das Familias.

Coñecemento

e

uso

do

Galego.

IGE.

Retrieved

from

https://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codigo =0206004 Instituto Galego de Estatística. IGE. (2013). Enquisa de Condicións de Vida das Familias. Coñecemento e Uso do Galego. Ano 2013. Santiago de Compostela: Instituto Galego de Estatística (IGE). Mira, J., Seoane, L. F., & Nieto, J. J. (2011). The importance of interlinguistic similarity and stable bilingualism when two languages compete. New Journal of Physics, 13(3), 033007. doi:10.1088/1367-2630/13/3/033007 Mira, J., Seoane, L. F., & Paredes, A. (2010). Can two languages coexist within the same community of speakers ? Contributions to Science, 6(1), 21–26. doi:10.2436/20.7010.01.79 Miralles, A. M. i, & Abat, B. M. (2011). La transmissió lingüística del català: estat de la qüestió i avaluació analítica. Treballs de Sociolingüística …, 21(: 0211-0784), 95–103.

Retrieved

from

http://130.206.88.107/revistes224/index.php/TSC/article/viewArticle/53852

28 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Monteagudo, H., Carballo, P., & Casares, H. (2011). O idioma galego na sociedade: a evolución sociolingüística 1992-2008. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Monteagudo, H., Lorenzo, A., Casares, H., Loredo, X., & Suárez, I. (2005). A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992 2003). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Observatorio da lingua galega. (2007). Situación da lingua galega na sociedade Observación no ámbito da cidadanía. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaria Xeral de Política Lingüística. Retrieved from http://www.observatoriodalinguagalega.org/?q=node/25&Bl=1 Rojo, G. (1979). Aproximacion actitudes linguisticas profesorado EGB en Galicia. Santiago de Compostela: Instituto de Ciencias de la Educación, Universidade de Santiago de Compostela. Seminario de Sociolingüística da RAG. (1994). Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia: compendio do volume I do mapa sociolingüístico de Galicia. A Coruña: Real Academia Galega. Seminario de Sociolingüística da RAG. (1995). Usos lingüísticos en Galicia: compendio do II volume do mapa sociolingüístico de Galicia. A Coruña: Real Academia Galega. Seminario de Sociolingüística da RAG. (1996). Actitudes lingüísticas: compendio do volume III do mapa sociolingüístico de Galicia. A Coruña: Real Academia Galega. Seoane, L. F., Casares, H., Monteagudo, H., & Mira, J. (n.d.). A evolución do bilingüismo en Galicia : proxeccións a longo prazo por áreas xeográficas.

29 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

A letra miúda-nº6 – Revista de sociolingüística da CGENDL

Siguán, M. (1994). Opiniones y Actitudes. Conocimiento y Uso de las lenguas en España. Madrid: Centro de Investigacións Sociológicas. Siguán, M. (1999). Opiniones y Actitudes no 22 Conocimiento y Uso de las Lenguas. Madrid: Centro de Investigacións Sociológicas. Solé, J. (2008). Enquesta d ’ usos lingüístics de la població 2008 : anàlisi. Volum I . Les llengües a Catalunya : coneixements , usos ,transmissió i acctituds lingüistics. Barcelona: Generalitat de Catalunya. Departament de Cultura. Direcció Generel de Política Lingüística. Torres-Pla, J. (2006). Enquesta sobre els usos lingüístics a Andorra 2004. Llengua i societat a Andorra en els inicis del segle XXI. Barcelona: eneralitat de Catalunya, Secretaria de Política Lingüística. Torres-Pla, J. (2009). La transmissió lingüística familiar intergeneracional: una proposta de model d’anàlisi. In I. Vila & F. X. Moreno (Eds.), Estudis de demolingüística: Actes de la Primera Jornada de Demolingüística de la Xarxa CRUSCAT (pp. 23–37). Barcelona: Institut d’Estudis Catalans. Retrieved from http://publicacions.iec.cat/repository/pdf/00000062%5C00000078.pdf Nota do autor: A correspondencia relacionada con este artigo pode ser enviada á Biblioteca de Galicia, soto -1. Monte Gaias. 15707. Santiago de Compostela. Contacto: [email protected]

30 Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976

Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.