Ferrín orador

Share Embed


Descripción

Este traballo forma parte dun libro de homenaxe a Xosé Luís Méndez Ferrín, considerado o maior escritor galego vivo, e céntrase nunha faceta inexplorada anteriormente: o seu papel como orador. Na consideración do autor, Ferrín é un dos mellores oradores galegos das últimas décadas. Partindo da idea de que os actos orais son únicos e irrepetibles, o autor analiza un discurso protocolario pronunciado nunha sesión pública da Real Academia Galega: a resposta ao discurso de ingreso nesa institución do poeta Manuel María, nun acto celebrado en Vilalba en 2003.  Este capítulo mostra como a utilización que fai Ferrín de elementos prosódicos, coma o ritmo e a entoación, resulta clave para conseguir o efecto de intensa emoción que Ferrín logrou ese día co seu discurso, moi diferente do efecto que se pode lograr coa lectura dese mesmo texto.
Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.