Factores psicolóxicos que interveñen na intepretación

Share Embed


Descripción

11
1
1





FACTORES PSICOLÓXICOS QUE INTERVEÑEN NA INTERPRETACIÓN



Fátima Blanco Loimil
Andrea Moreira García
Iván Estévez Regueiro
Clara Álvarez Gil





Facultade de Filoloxía e Tradución
Universidade de Vigo
Curso académico 2013/2014

ÍNDICE


Introdución ...................................................................................1
Autoestima ………………………………………………………….2
Intelixencia emocional ……………………………………………4
Estrés …………………………………………………………………10
Ansiedade ……………………………………………………………14
Conclusión ......................................................................................20
Bibliografía .....................................................................................22



1. Introdución

O propósito deste traballo é indagar de que xeito poden afectar os distintos factores psicolóxicos a un traballo tan complexo coma o do intérprete, no cal o suxeito debe expoñerse a situación delicadas e tratar temas complicados, na maioría dos casos, sen preparación previa. Así mesmo, tamén achegaremos información sobre as consecuencias directas que pode ter cada factor e propoñeremos unha serie de recomendacións existentes para superar as consecuencias negativas que podan ter.
Dende o nacemento da profesión, as competencias do intérprete, como ben afirma un dos primeiros intérpretes das Nacións Unidas, Jean Herbert, van moito máis alá de verter a información dunha lingua de partida a unha de chegada. Todo intérprete debe posuír ademais receptividade pasiva, axilidade mental e unha boa memoria que permita almacenar, reter e crear unha imaxe detallada do que se escoita durante un tempo para logo elaborar un discurso completo e correctamente estruturado noutro idioma. É tamén requisito indispensable que o intérprete coñeza con detalle o contexto social, cultural e relixioso ao cal pertence o orador.

O intérprete ten unha probabilidade moi alta de atoparse con situacións que superan as súas capacidades. Ao longo da profesión, poden aparecer un gran número de dificultades que derivan principalmente das características do traballo en si, da falta de recoñecemento profesional e persoal (pois a miúdo son vistos como máquinas que traducen automaticamente), de problemas persoais que poden afectar ao desenvolvemento do seu traballo e por suposto, da falta de apoio psicolóxico regular e profesional.

Na maioría dos casos, pouco ou nada se fai dende as empresas por ofertar ao intérprete axuda psicolóxica, o que pode ter consecuencias desastrosas para o seu traballo, pois en moitas ocasións, como xa mencionamos. verase obrigado a traballar en contextos que poden ter un gran impacto emocional.

As consecuencias anteriormente mencionadas, poden ser fundamentalmente de tres tipos: profesional, laboral e extralaboral. No ámbito profesional, soen aparecer o estrés e a ansiedade, problemas de memoria, fatiga, desmotivación, sensación de frustración, esgotamento físico e tamén mental, etc. No ámbito laboral moitas veces prodúcese un deterioro na calidade do traballo, unha menor implicación neste, aumento do absentismo laboral e conflitos interpersoais cos demais compañeiros de traballo. Por último, no ámbito extralaboral, é moi frecuente que se produza un deterioro nas relacións familiares e/ou de parella ou unha tendencia ao illamento.
2. Autoestima
A autoestima é a opinión emocional que os individuos temos de nós mesmos e que supera nas súas causas á racionalización e á lóxica. Luis Rojas Marcos defínea como o sentimento de aprecio ou rexeitamento que acompaña á valoración global que facemos de nós mesmos. Esta autovaloración está baseada na nosa percepción de cualidades concretas, como a habilidade para relacionarnos cos demais, a aparencia física, os rasgos do noso carácter, os logros que acadamos ou as cousas materiais que posuímos.
Segundo como se atope a nosa autoestima, esta será responsable de moitos éxitos e fracasos.

Existen dous niveis de autoestima:
Autoestima baixa: é un estado no que a persoa se sente incapaz, insegura, inútil e non ten confianza en si mesma.
Autoestima alta: é un estado no que a persoa está segura de si mesma e se valora.

A autoestima nace de tódalas experiencias que temos dende a nosa infancia. Pénsase que o noso nivel de autoestima está directamente asociado coa contía de aceptación e rexeitamento que experimentamos na vida. Polo tanto, vaise formando gradualmente en cada persoa, e aínda que a natureza innata xoga un importante papel, as experiencias que atravesa e as persoas coas que se relaciona inflúen decisivamente.
Algunhas experiencias que afectan negativamente á autoestima poden ser:

Ser vítima de abusos
Ter desatendidas as necesidades básicas na infancia
Fracasar en cumprir coas expectativas paternas
Sufrir discriminación por discapacidade, aparencia, estatus social ou calquera outra circunstancia.
Seguir pautas negativas por presión social
Acoso laboral
Exclusión social

Cando acontece isto, a persoa vai formando esa opinión negativa sobre a súa aparencia, a súa intelixencia e as súas capacidades e, cando ocorre algo que lle recorda as experiencias negativas vividas, adopta actitudes tamén negativas á hora de enfrontarse ás novas experiencias.
Dependendo do intensas e arraigadas que estean as crenzas negativas sobre si mesma, a persoa pode sentirse tan mal que trata de evadir pasar por ese mal momento. É moi habitual que isto ocorra en situacións nas que debe estar cara ao público, o que prexudica notablemente o traballo do intérprete.

O malo de escapar desa experiencia é que a persoa tende a reafirmarse nas súas crenzas negativas, facéndoas máis fortes e diminuíndo así a posibilidade de superar unha situación similar no futuro.

En canto ao traballo como intérprete, isto pode derivar na evasión dalgunhas tarefas por temor a non facelo perfecto ou, incluso, a deixar de optar a algún posto de traballo por non verse o suficientemente bo para levalo a cabo.

As persoas cunha alta autoestima son aquelas que non ceden ante a presións da vida e están, ante todo, seguras de si mesmas. As características que presentan as persoas cunha autoestima saudable son:

Seguridade de si mesmas.
Capacidade para recoñecer os propios logros.
Habilidade para perdoar aos demais e saber admitir os erros propios.
Valentía para afrontar novas situacións e cambios.

Ter unha autoestima saudable debe ser un dos requisitos para poder traballar como intérprete. Polo feito de que o intérprete sempre fale en público, hai que supoñer que se está sometido á constante avaliación de xuízo polos demais. Se o intérprete é consciente diso, se está seguro de si mesmo e das súas capacidades, o máis probable é que deixe de ver para ese público como xuíces e os vexa como interlocutores que precisan da súa axuda para poder comunicarse.

A maneira de afrontar os problemas non é algo inalterable. Ao contrario, a reacción dun fronte ás adversidades pode cambiar. Se a primeira reacción non funcionou ben, búscase outro modo de velo ou a forma de combatelo.

A formación constante durante a vida debería ser importante non só para os intérpretes, senón para todos os seres humanos. Iso inclúe ser moi curioso e ter moitas ganar de aprender cousas novas e diferentes, e tamén desexar mellorar tanto no campo persoal coma no profesional.




3. Intelixencia emocional
"É doado enfadarse; pero enfadarse con quen tes que enfadarte, polo motivo que tes enfadarte e no momento que tes que enfadarte, é máis difícil."

Ulises a Telémaco (Homero, A Odisea )


Aristóteles, na súa Ética a Nicómaco, escribiu sobre o carácter, as virtudes e as emocións dos seres humanos e indícanos que debemos gobernar a nosa vida emocional dunha forma intelixente. Non podemos deixar de ter sentimentos pero si debemos aprender a manexalos. Xorde entón o termo de "intelixencia emocional", que se refire á capacidade humana de sentir, entender, controlar e modificar estados emocionais nun mesmo e nos demais; non é afogar as emocións, senón dirixilas e equilibralas.

Este concepto parece ter a súa orixe nos tratados de Darwin, pois xa el resaltara o importante que era a expresión emocional para a supervivencia e adaptación dos seres vivos ao medio ambiente.

Thorndike (1920) utilizou o termo de Intelixencia social para describir a habilidade de comprender e motivar a outras persoas. Wechsler (1940) di que hai factores non intelectivos que inflúen sobre o comportamento intelixente, entre os que se atopan o coñecemento e manexo das emocións.

Gadner (1983), na súa teoría de Intelixencia múltiple, di que a intelixencia non é algo unitario que agrupa diferentes capacidades específicas senón que é un conxunto de intelixencias múltiples distintas e semi-independentes: lingüística, musical, léxico-matemática, viso-espacial, corporal-kinéstica, interpersoal, intrapersonal e naturalista.
A intelixencia interpersoal é a capacidade para comprender aos demais; as intencións, motivacións e desexos doutras persoas e a intelixencia intrapersoal, a capacidade para comprenderse un mesmo, apreciar os sentimentos, temores e motivacións propios para formar un modelo realista dun mesmo

Salovey e Mayer acuñaron en 1990 o termo de "intelixencia emociona"l que definiron como "un subconxunto da intelixencia social que comprende a capacidade de controlar e regular os sentimentos dun mesmo e dos demais, de discriminar entre eles e de utilizalos como guía do pensamento e da acción".
Outros moitos autores preocupáronse da intelixencia emocional, pero quen lle deu suma importancia foi Goleman (1995) na súa obra A intelixencia emocional, onde a define como "a capacidade de recoñecer os nosos propios sentimentos, os sentimentos dos demais, motivarnos e manexar adecuadamente as relacións que temos cos demais e connosco mesmos".

Segundo Goleman, "emoción" fai referencia a un sentimento, aos pensamentos, aos estados biolóxicos, os estados psicolóxicos e ao tipo de tendencias, á acción que o caracterizan.

Dende o punto de vista semántico, emoción significa "movemento cara a unha acción determinada". É un impulso o cal nos mobiliza á acción e o cal desencadea reaccións automáticas que o home utiliza ao longo da súa vida.

No ser humano, as distintas emocións procésanse nunha parte do cerebro coñecido como cerebro emocional ou sistema límbico, unha porción do cerebro na que se atopa, entre outros, a amígdala cerebral (parte do cerebro ao que van as nosas emocións e que nos permite darlle sentido á vida). Por enriba do sistema límbico está o neocórtex ou cerebro racional, que nos permite pensar de forma abstracta, comprender relacións globais e desenvolver un eu consciente e unha complexa vida emocional. É coma se tivésemos dous cerebros, dous tipos de mente: por unha banda a mente racional que nos proporciona un coñecemento constante e nos permite reflexionar e por outro a mente emocional que nos proporciona un coñecemento máis impulsivo e poderoso.

O sistema límbico está en constante interacción coa cortiza cerebral. Se todo funciona correctamente e hai equilibrio entre a mente racional e a mente emocional, ao enviar un estímulo, o sistema límbico e o neocórtex traballan xuntos e podemos controlar as nosas emocións, coordinar os nosos sentimentos e os nosos pensamentos e reaccionar dunha maneira correcta.

As emocións son importantes para o exercicio da razón, pois guían as nosas decisións e mesmo capacitan ou incapacitan o pensamento. Porén a parte encargada das emocións, o cerebro pensante é fundamental nas nosas emocións. Se a emoción é intensa prodúcese un "secuestro" da mente racional e mesmo se a emoción é moi intensa pode chegar a controlar á persoa, no canto de ser a persoa a que controla a emoción. A mente racional desbórdase e o sistema límbico desencadea unha resposta antes de que o neocórtex analice a situación e isto pode facer que nos desconcentremos, perdamos memoria ou teñamos dificultades para procesar a información e cometamos erros, algo que é perigoso para a interpretación. De isto producirse dunha maneira continuada o individuo podería sentirse decepcionado. Canto máis intensa sexa a emoción, máis dominante será a mente emocional e menos eficaz a mente racional.


"O corazón ten razóns que a razón non entende".
Blaise Pascal


A intelixencia emocional determina a maneira na que nos relacionamos e entendemos o mundo. Ten en conta as nosas actitudes e os nosos sentimentos e engloba un conxunto de habilidades e trazos de personalidade e permítenos automotivarnos, controlar os impulsos, perseverar no empeño a pesares dos obstáculos e as posibles frustracións, controlar os nosos estados de ánimo e evitar que interfiran coas nosas facultades racionais, entusiasmarnos, empatizar e confiar nos demais, resolver problemas de forma interpersoal, ser simpáticos, amables e mostrar respecto cara aos demais. Moitas destas habilidades podémolas levar nos nosos xenes pero tamén se poden moldear desde os primeiros anos de vida e ao longo de toda ela sempre que se utilicen unhas técnicas adecuadas. O grao de dominio sobre estas habilidades permítenos triunfar na vida.


As cinco competencias da intelixencia emocional

Salovey recolle a teoría da intelixencia múltiple de Gardner e fai unha reestruturación, establecendo cinco competencias principais dentro das intelixencias persoais. Posteriormente, Goleman adapta este cinco competencias ao mundo laboral e cámbialles o nome á conciencia dun mesmo, a autorregulación, a motivación, a empatía e as habilidades sociais.

Coñecemento das propias emocións: permítenos recoñecer unha emoción ou sentimento no momento no que aparece pero esíxenos estar atentos aos estados internos e ás nosas reaccións. Só quen sabe por que sente como sente pode manexar as súas emocións, moderalas e ordenalas de maneira consciente. Esta é a base da intelixencia emocional.

Capacidade de controlar as emocións: permite coñecerse a un mesmo para poder controlar o que sentimos e as reaccións que nos provoca. Permite igualmente recuperarse ante os fracasos, tranquilizarse a un mesmo e liberarse da ansiedade, a tristeza e a irritabilidade esaxeradas. Non podemos elixir as nosas emocións pero si conducir as nosas reaccións emocionais e manexalas de forma intelixente.

Capacidade de motivarse a un mesmo: é fundamental para non perder atención, motivación e creatividade. Permítenos ser máis produtivos e eficaces e realizar tarefas complexas. Está relacionada co control de impulsos (estrés, nervios), coa resistencia á frustración, a autoestima, o autocontrol emocional e a inhibición de pensamentos negativos. É unha competencia fundamental para ter éxito.

Recoñecemento das emocións dos demais:
Empatía: aptitude para recoñecer as emocións dos demais e comprender os seus sentimentos. Consiste en percibir o que o outro sente, sobre todo elementos non verbais asociados ás emocións e captar os sinais sociais; entender as necesidades e os desexos dos demais; saber pórse no lugar deles. Require predisposición a admitir as emocións, escoitar con concentración e ser capaz de comprender pensamentos e sentimentos que non se expresaron verbalmente.

Control das relacións sociais: permite adquirir popularidade, liderado e eficacia interpersoal xa que canto mellor se relacione un coas demais persoas maior será o éxito en todas as actividades que realice. Implica aprender a controlar as emocións e relacionarse de maneira correcta coas emocións alleas. Que teñamos un trato satisfactorio cos demais persoas depende, entre outras cousas, da nosa capacidade de crear e cultivar as relacións, de recoñecer os conflitos e solucionalos, de atopar o ton adecuado e de percibir os estados de ánimo do interlocutor.


Estas cinco habilidades da intelixencia emocional teñen distintas capacidades:

Autoconciencia:
Conciencia emocional: coñecer as nosas emocións e os seus efectos.
Correcta autovaloración: coñecer as nosas fortalezas e as súas limitacións.
Autoconfianza: forte sentido dos nosos valores.

Autorregulación:
Autocontrol: controlar as emocións perturbadoras e os impulsos.
Confiabilidade: manter niveis correctos de honestidade e integridade.
Conciencia: asumir a responsabilidade que nos corresponde no traballo.
Adaptabilidade: ser flexibles en situacións de cambio.
Innovación: aceptar nova información, novas ideas e novas situacións.

Motivación:
Impulso de logro: tentar alcanzar ou mellorar a excelencia laboral.
Compromiso: coas metas do grupo.
Iniciativa: estar disposto a reaccionar ante novas ideas.
Optimismo: tentar lograr obxectivos superando os obstáculos que se nos presenten.

Empatía:
Comprensión dos outros: aceptar os sentimentos e ideas dos compañeiros.
Desenvolver aos outros: coñecer as necesidades dos demais e reforzar as súas habilidades.
Servizo de orientación: anticipar, recoñecer e satisfacer as necesidades do cliente.
Potenciar a diversidade: mediante distintos tipos de persoas.
Conciencia política: coñecer as correntes emocionais do grupo e o poder das relacións dos seus membros.

Destrezas sociais:
Influencia: tácticas de persuasión.
Comunicación: escoitar aos membros do grupo e comunicarse con eles.
Manexo de conflitos: saber resolver as diferenzas de opinión do grupo.
Liderado: saber guiar ao grupo e a cada un dos seus membros.
Catalizador do cambio: iniciar ou coordinar novas situacións.
Construtor de lazos: fomentar relacións entre as persoas do grupo.
Colaboración e cooperación: traballar con outros para lograr unha meta.
Capacidades de equipo: fomentar a persecución de metas colectivas.


A IE aplicada á interpretación

O intérprete é a figura visible que permite que a comunicación se leve acabo, polo que ao realizar o seu traballo debe coñecer as súas limitacións, confiar en si mesmo e en que vai poder levar a cabo a tarefa que se lle ordene, xa que así hai menos posibilidades de fracaso. Porén, se ten erros debe aceptalos e admitir críticas construtivas para que non se repitan no futuro. Así mesmo, debe ter a capacidade de autocontrol para non caer na tensión.

O intérprete debe ser unha figura imparcial e impasible capaz de reaccionar ante as dificultades e de adaptarse ás circunstancias, debe ter capacidade para solucionar problemas sen deixarse arrastrar polas emocións para non correr o risco de "secuestro emocional" e estar o suficientemente motivado para afrontar novos retos e alcanzar novas metas.

No ámbito da interpretación, as situacións nas que se atopan os intermediarios lingüísticos adoitan provocar diferentes emocións como medo, ansiedade, pena, nerviosismo, preocupación e angustia, entre outras. Se estas emocións se converten en dominantes, o rendemento dos intérpretes empeorará substancialmente. Iso podería derivar en consecuencias moi graves, tanto para os usuarios como para o intérprete, xa que este non será capaz de facer o seu traballo ben, pode diminuír a súa capacidade de interpretar e ser preciso na comunicación, o que deixará graves consecuencias.



4. Estrés

O termo estrés provén da física e da arquitectura. Refírese á forza aplicada sobre un obxecto de maneira que poda rompelo ou deformalo. No ámbito da psicoloxía, o estrés é unha resposta fisiolóxica e psicolóxica do corpo ante un estímulo. Este estímulo chámase estresor e pode ser:

Un obxecto: por exemplo cando non podemos realizar un traballo porque o noso ordenador non funciona.

Unha persoa: por exemplo cando temos que estudar e o veciño do piso de arriba ten a música a todo volume.


Dimensións nas que afecta o estrés

As dimensións nas que afecta o estrés a unha persoa son tres, ben identificables no triángulo da saúde. Alterando calquera dos lados do triángulo da saúde, das dimensións explicadas a continuación, a nosa saúde verase afectada.

Dimensión física: percepción do estado físico ou de saúde entendido como ausencia de doenzas ou dos seus síntomas.

Dimensión psicolóxica: percepción do individuo do seu estado cognitivo e afectivo como o medo, ansiedade, incomunicación, perda de autoestima; e incluíndo aquí a actitude que o individuo teña fronte este tipo de percepcións.


Dimensión social: percepción que o individuo ten das relacións interpresoais na vida e os roles sociais na vida, serían as relacións familiares, relacións de parella ou mesmo a relación que un pode ter co seu médico ou co seu veciño.


Estrés positivo e negativo

Existen dous tipos de estrés. As súas diferenzas vense claramente tanto pola actitude do individuo como pola súa activación psicofisiolóxica ante un estímulo estresor. Os diferentes tipos son:

Positivo ou eustrés: prodúcese cando nunha situación novidosa, de emerxencia ou de ameaza a actitude o individuo é positiva, cando esa situación é vista coma un reto que hai que superar. Neste caso, a activación psicofisiolóxica do mecanismo de defensa, que é o estrés, será correcta e suficiente para axudar ó individuo a afrontar dita situación. Percibirá os problemas claramente e solucionaraos con rapidez. A sensación final que terá será de satisfacción por ter logrado aquilo que semellaba un reto.

Negativo ou distrés: prodúcese no mesmo tipo de situacións que o estrés positivo, mais o individuo mostra unha actitude negativa antes elas polo que a activación psicofisiolóxica do estrés será excesiva. Isto provocará unha redución da súa capacidade de intelecto, de memoria e polo tanto non será quen de facer fronte ós problemas como no caso anterior. Como consecuencia disto a seu sentimento ó final desta situación será de decepción ou incapacidade por verse superado ante a situación.


Ambos procesos producen cansazo. Isto é un síntoma irremediable do estrés, xa que ao producirse a activación psicofisiolóxica como veremos no seguinte punto o organismo consume moitas enerxías.

Estrés laboral

O estrés laboral é un dos problemas de saúde máis grave que na actualidade afecta a gran parte da poboación. Pódese definir como un desequilibrio percibido polo individuo ante as demandas profesionais e a incapacidade deste de levalas a cabo. Aquí aparece o estrés negativo, que levará ao traballador a tomar unha actitude negativa que non só afectará ao seu rendemento no traballo se non que probablemente tamén afectará á súa saúde.

Os síntomas do estrés laboral non son percibidos por todo o mundo do mesmo xeito polo que se di que son diferentes para cada persoa.

Os factores que determinan o estrés laboral son os seguintes:
Estresores individuais: serían os valores persoais, as aspiracións, metas e o que cada quen se esixa a si mesmo.
Estresores extraorganizativos (fóra do ámbito laboral): serían os factores familiares, sociais, económicos ou políticos que afecten ao individuo.
Estresores organizativos (dentro do ámbito laboral): ambiente físico: luz, ruído, espazo.
Estresores de nivel grupal: falta de cohesión, conflito, clima e presións de grupo.
Estresores organizativos: clima, tamaño e estilo de xerencia, estrutura xerárquica, e datas límite.

O organismo pode responder de diferentes xeitos ante o estrés no eixo fisiolóxico:

Resposta neuronal: Prodúcese unha activación inmediata do sistema nervioso simpático e parasimpático que controla a respiración. Polo que a respiración aumenta e así envíase máis osíxeno ó sangue.

Resposta neuroendócrina: Actívase mais lentamente e fai que aumente a actividade das glándulas suprarrenais. Estas liberan adrenalina entre outras hormonas facendo así que o corazón bombee máis rápido, preparando ó organismo para unha situación de defensa.

Resposta endócrina: Prodúcese cando a actividade é máis aguda, máis intensa. O fígado liberará glicosa e corticoides que servirán de alimento ó organismo para que se poida manter nesa situación de alarma ata que as reservas se esgoten.

No eixo biolóxico, o organismo pode responder de xeitos diferentes:
Afección
Tensión (Fase inicial)
Estrés
Cerebro
Ideación clara e rápida
Dor de cabeza, tics nerviosos, tremor, insomnio, pesadelos
Humor
Concentración mental
Ansiedade, perda do sentido do humor
Saliva
Moi reducida
Boca seca, nó na gorxa
Músculos
Maior capacidade
Tensión e dor muscular, tics
Pulmóns
Maior capacidade
Hiperventilación, tose, asma, taquipnea (incremento do ritmo respiratorio superficial)
Estómago
Secreción ácida aumentada
Ardores, indixestión, dispepsia (Trastorno da dixestión, aplicado ás molestias epigástricas que seguen as comidas), vómitos
Intestino
Aumenta a actividade motora
Diarrea, cólico, dor, colite ulcerosa
Vexiga
Fluxo diminuído
Poliúria (incremento da cantidade de urina emitida en 24 horas, uns 1500-2000ml nun individuo adulto en condicións normais)
Sexualidade
Irregularidades menstruais
Impotencia, amenorrea, frixidez, dismenorrea
Pel
Menor humidade
Sequidade, prurito (sensación cutánea que incita ou obriga a rascarse), dermatite, erupcións
Enerxía
Aumento do gasto enerxético, aumento do consumo de osíxeno

Corazón
Aumento do traballo cardíaco
Hipertensión, dor precordial (diante do corazón e na parte baixa do tórax)




5. Ansiedade
A ansiedade defínese como a resposta emocional ou defensa organizada do organismo fronte a estímulos que rompen o equilibrio fisiolóxico e psicolóxico do individuo. É o trastorno psiquiátrico máis frecuente na sociedade actual, pois un 35% da poboación sofre ou admite ter sufrido ansiedade. A ansiedade pode derivar do estrés, mais pode producirse aínda que ese factor estresante desapareza.
Existen dúas formas de padecer ansiedade, segundo factores como o tempo durante o cal se manifeste e a situación ou situacións nas que se produza esta. A ansiedade pode existir ben como trazo, ou ben como estado.
A ansiedade como trazo forma parte da personalidade do individuo e pode manifestarse en diversas situacións ao longo do tempo. Non depende en si de factores externos á persoa, mais ditos factores simplemente agravarían este trastorno.
A ansiedade como estado prodúcese simplemente nas situacións puntuais que representan unha ameaza para certos individuos. Alguén que padeza ansiedade como trazo característico da súa personalidade, será moito máis propenso a padecer a ansiedade como estado.

É necesario aclarar que existen dous tipos de ansiedade:
A ansiedade positiva (ou facilitatoria do rendemento), que axuda ao individuo a concentrarse e mellorar o seu rendemento.
A ansiedade negativa (ou inhibidora do rendemento), que se produce cando o individuo supera ese nivel de ansiedade "desexable" e entra entón nun estado de nerviosismo.

Os síntomas da ansiedade son moitos e moi variados, polo que é preciso facer unha clasificación pormenorizada destes, tanto a nivel somático como psíquico, seguindo a chamada Escala de Hamilton:
a) Síntomas cardiovasculares:
- Taquicardia ou pulso acelerado.
- Elevación da tensión arterial.
- Sensación de tensión baixa ou desmaios.
- Arritmias.
- Opresión no peito.
- Palidez ou rubor.


b) Síntomas respiratorios:
- Sensación de afogo ou falta de aire (disnea).
- Suspiros.
- Ritmo respiratorio acelerado e superficial (hiperventilación).

c) Síntomas gastrointestinais:
- Náuseas.
- Vómitos.
- Diarreas.
- Sensación de ardor ou pesadume abdominal.
- Perda de peso.

d) Síntomas xenitourinarios:
- Miccións frecuentes.
- Dor ao ouriñar.
- Disminución do desexo sexual.
- Exaculación precoz ou disfunción eréctil (nos homes).

e) Síntomas neurolóxicos:
- Temblores.
- Hipersensibilidade ante os ruídos, olores ou luces intensas.
- Mareos ou inestabilidade.
- Insomnio: dificultade para durmirse, sono interrompido, sono non reparador, pesadelos, sensación de fatiga ao espertar, etc.


f) Síntomas somáticos musculares:
- Contracturas.
- Rixidez muscular.
- Voz vacilante.
- Tics.

g) Síntomas somáticos sensoriais:
- Zumbido de oídos.
- Visión borrosa.
- Sensación de debilidade.

h) Síntomas psicofísicos:
- Fatiga.
- Sensación de tensión.
- Chorar fácilmente.
- Impaciencia.
- Disminución ou aumento do apetito.

i) Síntomas cognitivo-intelectuais:
- Falta de concentración.
- Problemas de memoria.
- Dificultades para deixar a mente en branco.

j) Síntomas subxectivo-intelectuais:
- Angustia.
- Temor anticipatorio.
- Sensación de inseguridade.
- Irritabilitade.
- Sentimento de inferioridade.
- Indecisión.
- Apatía.

A ansiedade na interpretación
A interpretación é unha actividade moi estresante, pois implica unha serie de operacións cogniscivas e psicomotoras complexas que han ser realizadas, a miúdo, diante dun público. Durante a interpretación experiméntanse altos niveis de estrés, que se manifestan a través de calquera dos diferentes síntomas mencionados anteriormente. As consecuencias indesexables que implica a ansiedade poden afectar ao contexto laboral, producindo un deterioro na calidade do traballo, unha menor implicación laboral, un aumento de conflitos interpersoais e unha maior tendencia a abandonar o posto. No contexto extralaboral, o impacto emocional pode ter como consecuencia o illamento ou problemas nas relacións familiares ou de parella. Porén, a ansiedade tamén pode aflorar na súa variante facilitatoria do rendemento, con consecuencias boas para o intérprete, que afrontaría a situación coma un simple reto a superar para demostrar a súa destreza e competencias. Tendo en conta que a ansiedade na interpretación maniféstase nunha situación concreta, podemos deducir que nos atopamos ante a ansiedade como estado. Con todo, se a ansiedade do suxeito de prolongara unha vez fora do posto de traballo e unha vez rematada a actividade de interpretar, poderíamos dicir que esa ansiedade pasa de ser un estado a ser un trazo.
Dende o nacemento desta profesión, a habilidade para controlar o estrés foi considerada un requisito indispensable para interpretar. De feito, a capacidade de enfrontarse a unha situación de estrés continuo durante un período relativamente longo de tempo pode chegar a ser máis importante que a actividade de interpretar en si.
Moitas persoas sofren ansiedade nos momentos nos que teñen que falar ante un público, pois é unha actividade que xeralmente se considera ameazante. Cando un intérprete fala en público, está totalmente exposto ao xuízo da súa imaxe persoal e incluso da calidade da súa interpretación, o que pode derivar en emocións negativas que afectan ao seu comportamento. Neste caso, o feito de articular un discurso perante un público que ademais está a avaliar o traballo do individuo, é percibido coma unha ameaza, asociada coa necesidade de ofrecer unha interpretación dun alto nivel de calidade. Isto activa o mecanismo de defensa do intérprete, a ansiedade.
A ansiedade que aflora ao falar en público deriva dos sentimentos de inseguridade ou medo en relación ao resultado da tarefa. É unha reacción emocional moi común en situacións nas que o individuo esta a ser avaliado por un grupo. En algúns casos, a ansiedade deriva da falta de competencias para realizar esta tarefa, mais un intérprete debería estar preparado para controlar esta ansiedade e que esta non resulte nunha interpretación de mala calidade.
A falta de confianza en un mesmo á hora de falar en público é sinónimo de medo ante esa situación social. Tamén o é, igualmente, o medo á avaliación, ben por parte dun profesor ou por parte dun público. Na interpretación, como noutras moitas profesións que implican expoñerse a un público, cada discurso supón unha nova avaliación por parte do público, profesor ou entrevistador de traballo, polo que unha mala interpretación suporía para o individuo un importante erro con consecuencias desagradables. A diferenza doutras profesións ou actividades de cara ao público, na interpretación, especialmente cando se está sendo avaliado, non hai segundas oportunidades, e moi poucas opcións de repetir unha parte do discurso. Deste xeito, o individuo está sometido á presión de producir unha boa interpretación en pouco tempo e ante unha audiencia. Polo tanto, un estudante de interpretación que non fora capaz de realizar o traballo correctamente nunha situación estresante, considérase que non está preparado para a profesión.
Segundo un estudo realizado a estudantes de interpretación na Universidade Jaume I de Castellón, o intérprete podería producir un bo traballo, incluso sometido a grandes niveis de estrés se posúe estas catro cualidades:
Desexo de superar un reto, é dicir, o intérprete afronta a situación coma unha oportunidade de demostrar que a súa competencia profesional pode superar o medo a falar en público ou a ser examinado.

Recursos para interpretar. Se un intérprete está correctamente formado e dispón dunha ampla gama de recursos lingüísticos ou extralingüísticos, o máis probable é que o medo a falar en público non exceda estes recursos que el posúe. A situación non só soe ser percibida coma unha ameaza, senón que ademais, o estudante de interpretación ou intérprete percibe que ten recursos suficientes para enfrontarse a ela.


A autosuficiencia, isto é, crer nas capacidades dun mesmo para levar a cabo unha serie de accións e producir resultados para unha determinada tarefa. Se o intérprete, concretamente para a interpretación consecutiva, posúe os recursos que esta modalidade esixe (comprensión do discurso orixinal, capacidade de análise e de síntese, coñecemento do tema a tratar, boa técnica de toma de notas, etc.), isto podería modular o efecto que a ansiedade ten na profesión. É dicir, se o intérprete ten confianza en si mesmo e nos recursos persoais cos que conta, isto pode reducir en gran medida o nivel de estrés e polo tanto, o nivel de ansiedade.

Madurez e responsabilidade. Segundo estudos realizados, existe unha relación negativa entre a ansiedade e o enfrontamento a un público. Canto menor sexa o nivel de estudos, e canto menor sexa o nivel de preparación previa á interpretación (documentación sobre o tema), menor será a calidade desta.




6. Conclusión
É evidente que todos os factores mencionados previamente poden ter un impacto moi negativo en determinadas profesións, en especial na interpretación. Como conclusión final imos dar uns consellos para afrontar os problemas expostos no traballo e que así sexa máis doado convivir con eles, reducilos ou incluso eliminalos. Hai que ter en conta aspectos esenciais como a dieta, o sono, as relacións sociais e o exercicio pois son fundamentais para afrontar problemas derivados dunha vida laboral estresante:
Dieta: unha gran maioría dos problemas físicos e psicolóxicos da sociedade débense á mala nutrición. Debemos asegurarnos de que seguimos unha dieta equilibrada, pois o corpo necesita alimentos que proporcionen nutrientes e vitaminas necesarios para o bo funcionamento deste. Polo que de existir algún alimento que cause reaccións negativas para o corpo, como sería a intranquilidade ou nerviosismo cando se toma moita cafeína ou moito doce, debemos eliminalo para previr ditas reaccións.
Sono: todos necesitamos descansar para que o noso corpo poida recargarse e comezar outro novo día, por iso durmimos. Isto non significa que por durmir máis horas o noso corpo vaia estar mellor, se non que durmir as horas adecuadas é o recomendable para poder manter unha vida sa e para poder levar a cabo aquilo que se nos antepoña no día a día. Con isto permaneceremos máis tranquilos e aínda que o estrés debería reducirse, no caso de aparecer teríamos maior capacidade de reacción antes estas situacións.
Exercicio: o deporte, ademais de ser algo bo para estar ben fisicamente e polo tanto ter un bo estado de saúde, tamén axuda a eliminar o estrés e a ansiedade das nosas vidas. Facer exercicio de xeito que forme parte da nosa rutina é un factor moi importante para mellorar o estado físico, emocional e mental e ó mesmo tempo tamén nos proporcionará calma, relaxación o que axudará a eliminar o estrés e a durmir máis doadamente.
Relacións sociais: tratar de ter boa relación coas persoas que forman parte do noso día a día como por exemplo a nosa familia, parella, amigos, compañeiros etc. facilitará un estado de tranquilidade. Dentro deste punto tamén é importante incluír o tempo libre, pois é algo esencial para poder esquecerse dos problemas e das obrigacións que temos a diario, e ao mesmo tempo moitas das actividades que fagamos durante este tempo serán coa nosa familia, amigos, compañeiros etc. En conclusión,é importante manter unha boa relación con esas persoas para poder contar con elas e desfrutar.
Se seguimos estes consellos, os nosos problemas de saúde derivados dos diversos problemas mencionados deberían mellorar ou desaparecer por completo, o que nos permitiría desenvolver a nosa profesión sen ningún tipo de problema.


7. Bibliografía
Recursos en papel:
Herbert, Jean, 1956, The interpreter's handbook, Genève Librairie de l'Université Georg
Jiménez Ivars, Amparo e Pinazo Calatayud, Daniel, 2001, Anxiety and performance in interpreter trainees: an empirical study, Universidad Jaume I, Castellón
Miranda, Christian (2005). "La autoestima profesional: una competencia mediadora para la innovación en las prácticas pedagógicas" en Revista Iberoamericana sobre Calidad, Eficacia y Cambio en Educación (1 a 3).

Recursos on-line:
Bisquerra, Rafael, 2013. La inteligencia emocional según Salovey y Mayer.
[ Consultado en: http://www.rafaelbisquerra.com/es/inteligencia-emocional/inteligencia-emocional-segun-salovey-mayer.html]
Bošković Ivana, 2010-2011. Del estudiante de interpretación al intérprete en los servicios públicos: ¿Cómo afecta el estrés al efectuar el trabajo?. Trabajo fin de máster. Alcalá de Henares. [ Consultado en: https://drive.google.com/#all]
Buol Pablo, 2009. Competencias emocionales básicas. [Consultado en: http://www.pablobuol.com/inteligencia_emocional/competencias_emocionales_basicas.htm]
Club Marketing Gandorra. Inteligencia emocional.
http://www.clubmarketingandorra.com/files/emocional.pdf
Inteligencia emocional .org. Competencias emocionales. http://www.inteligencia-emocional.org/articulos/competenciasemocionales.htm
Wikipedia. Inteligencia Emocional. http://es.wikipedia.org/wiki/Inteligencia_emocional


Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.