Estratexias de comunicación para un goberno de coalición en Galicia: da lexislatura 2005-2009 ao posible cambio político 2016-2020

Share Embed


Descripción

DE LOS MEDIOS Y LA COMUNICACIÓN DE LAS ORGANIZACIONES A LAS REDES DE VALOR Actas del II Simposio de la Red Internacional de Investigación de Gestión de la Comunicación

Estratexias de comunicación para un goberno de coalición en Galicia: da lexislatura 2005-2009 ao posible cambio político 2016-2020 Communication strategies for a coalition government in Galicia: the legislature 2005-2009 to 2016-2020 political change

Paulo Carlos López López Pontificia Universidad Católica del Ecuador Sede Ibarra [email protected] Iván Puentes-Rivera Universidade de Vigo [email protected] Resumo: A reconfiguración das estruturas partidarias no Estado español e do propio sistema político galego logo do estoupido da crise económica, está a provocar non só modificacións a nivel da arquitectura institucional, tamén nas políticas de comunicación derivadas da configuración de gobernos de carácter coalicional. Neste sentido, para emitir unha comunicación coherente, crible e unívoca, cómpre unha descompartimentación na propia información, na elaboración da mensaxe estratéxica e un mando único no ámbito político, reservando unha porcentaxe dos postos de responsabilidade para cargos escollidos por consenso das forzas integrantes da coalición, cun perfil independente e cun rol transversal dentro do Goberno, actuando ás veces de voceiros e sendo os encargados de desenvolver unha estratexia acordada previamente no ámbito da comunicación política. Este traballo utiliza o método indutivo mediante o estudio de caso -para empregar en perspectiva comparada-, analizando o goberno de coalición de PSdeG-PSOE e BNG (2005-2009) dende un punto de vista fenomenolóxico, político, administrativo e comunicativo e coa pretensión de establecer recomendacións xerais para a Xunta de Galicia. Palabras clave: Comunicación política, gobernos de coalición, Xunta de Galicia, comunicación estratéxica, comunicación institucional, comunicación de goberno. Abstract: The reconfiguration of the structures of political parties in Spain and Galician political system after the economic crisis, causing institutional changes and changes in communication policies, due to the need to form coalition governments. In this regard, it is necessary to make a coherent, credible and unambiguous communication, opting for a compartmentalization of information, the development of the strategic message

ISBN: 978-9942-25-054-4

Quito, 15 y 16 de septiembre de 2016

1174

DE LOS MEDIOS Y LA COMUNICACIÓN DE LAS ORGANIZACIONES A LAS REDES DE VALOR Actas del II Simposio de la Red Internacional de Investigación de Gestión de la Comunicación

and a single command in the political arena, reserving a percentage of management positions for positions chosen by consensus political parties that form the coalition government with an independent and co nun cross profile role within the government, sometimes acting spokespersons and being responsible for implementing a strategy of political communication previously agreed. This paper uses the inductive method by case study for use in comparative perspective, analyzing the government coalition PSdeg-PSOE and BNG (2005-2009) from a phenomenological, political, administrative and communicative view and claim to establish general recommendations for the Government of Galicia. Keywords: Political communication, coalition governments, Xunta de Galicia, strategic communication, corporate communications, government communication. 1. MARCO TEÓRICO Este traballo cumpre con gran parte dos criterios de utilidade establecidos no ámbito da investigación, neste caso a relevancia social, as implicacións prácticas e o valor teórico. En primeiro lugar, suple o déficit de traballos deste tipo no caso do Estado español, e singularmente no caso galego, a pesar dos intentos de varios autores (Joan Ridao, 2016) e de grupos de investigación (Observatorio de los Gobiernos de Coalición en España); en segundo lugar, a proposta posúe un corpus de investigación que permite extraer conclusións relevantes para sistematizar pautas de comportamento comunicacional por parte deste tipo de gobernos. 1.1. Unha definición de comunicación política A definición -e obxecto- da comunicación política utilizada por parte de moitos investigadores, académicos e profesionais non deixa de ser imprecisa, inexacta e inzada de controversias. Isto é debido ao seu rápido crecemento, á súa variedade de métodos e utilidades, e mesmo á apropiación por parte do ámbito da consultoría política, restrinxíndoo á emisión das mensaxes dos partidos e dos seus líderes. Polo tanto, o que provoca é que se mude cidadanía por electorado, substraendo a multidireccionalidade do proceso dialóxico pola visión unidireccional, cunha metodoloxía moi centrada na simple análise dos efectos na xente. Así, a nosa concepción de comunicación política ampla e con carácter interdisciplinar coa que traballaremos permítenos tres cuestións: en primeiro lugar, o seu estudo en conxunto; en segundo, a súa descomposición para analizala por separado en función de quen emite a mensaxe, a canle, o soporte e os efectos; e en terceiro lugar, podemos fixar de forma clara os parámetros de investigación. Esta interdisciplinariedade (entre a ciencia política, a socioloxía e a comunicación) asume o papel central dos medios de comunicación no proceso, ao mesmo nivel que as organizacións (administracións públicas e partidos políticos) e a propia cidadanía. Construímos pois, un espazo público amplo onde se cruzan estes tres actores lexitimados para intervir no proceso dialóxico (Wolton, 1997) que son os partidos, os medios e a cidadanía. A propia María José Canel (1999) amplía e define mellor o concepto que é campo de estudo e que comprende a actividade de determinadas persoas e institucións na que se produce un intercambio de información, ISBN: 978-9942-25-054-4

Quito, 15 y 16 de septiembre de 2016

1175

DE LOS MEDIOS Y LA COMUNICACIÓN DE LAS ORGANIZACIONES A LAS REDES DE VALOR Actas del II Simposio de la Red Internacional de Investigación de Gestión de la Comunicación

ideas e actitudes arredor dos asuntos públicos. Deste xeito, a pregunta a facer é ¿que se pode estudar dentro da comunicación política? Dende unha perspectiva ampla, o proceso no cal intervén o liderado político, os grupos organizados, a socialización, o comportamento electoral, as institucións e o seu funcionamento comunicacional (Eulau et al., 1956); o papel dos medios de comunicación na política entendida en todo o seu sentido (Sydney Kraus e Dennis Davis, 1976); a fixación das axendas a través da teoría da axenda setting, retórica e linguaxes políticas, publicidade, e estruturas de poder (Dan Nimmo e Keith Sanders en 1981); os sistemas nacionais de comunicación ou a forma na que a cidadanía introduce demandas en forma de inputs no proceso político ou a súa opinión a través das enquisas ou outros mecanismos de opinión (como permiten as ferramentas 2.0) no propio proceso de comunicación política. A fixación do obxecto de estudo e do concepto da comunicación política é importante, pois, para poder medir os sistemas políticos (axenda política), a súa relación cos medios de comunicación e coas súas estruturas de propiedade (axenda mediática) e para poder entender a expresión do conxunto da cidadanía (axenda pública). As relacións existentes entre as tres axendas son variadas e recíprocas, cunha estrutura de categorización que segue a liña clásica de Dearing e Rogers (1996) e onde os cambios, mudanzas e influenzas que existen dende un punto de vista individual e colectivo radican nos diferentes factores que interveñen no proceso de comunicación política. 1.2. Comunicar dende os gobernos Un dos vértices dese triángulo co cal representamos a comunicación política ten que ver coas administracións, coas organizacións, cos partidos políticos ou cos gobernos na busca da construción do seu propio relato comunicativo e a imposición da súa visión do mundo a partir dunha axenda pactada, acordada, consensuada e aparentemente explícita. Non obstante, a propia comunicación política e mesmo a práctica profesional ten deixado de lado a comunicación dende os gobernos en detrimento doutras etapas ou fases cun maior confronto e maior estrés (épocas electorais), ocupándose da mesma o ámbito organizacional. Sexa como for, os executivos (estean ou non conformados por varios actores) teñen o deber de comunicar por dúas razóns principalmente: polo imperativo legal de facelo de xeito crible e sistemático para dar conta das súas actuacións- e pola propia necesidade política de proxectar a súa acción de goberno. A demanda crecente de información por parte da cidadanía, as alternativas políticas e a existencia do que se vén en chamar campaña permanente, provoca a necesidade de establecer estratexias de comunicación para dar a coñecer a xestión e a construción da axenda institucional deses mesmos gobernos. En termos xerais, entendemos a comunicación institucional como o conxunto de operacións de comunicación que desenvolven as institucións (neste caso o goberno), co propósito de facerse coñecer, dar a coñecer a súas accións, plans e políticas ou de mellorar a súa imaxe (Westphalen e Piñuel, 1993); e a comunicación gobernamental como todos aqueles recursos técnicos que teñen como finalidade realizar funcións de carácter comunicativo, e que son capaces de contribuír a unha correcta transparencia e publicidade na execución da política pública (Vega 2009).

ISBN: 978-9942-25-054-4

Quito, 15 y 16 de septiembre de 2016

1176

DE LOS MEDIOS Y LA COMUNICACIÓN DE LAS ORGANIZACIONES A LAS REDES DE VALOR Actas del II Simposio de la Red Internacional de Investigación de Gestión de la Comunicación

A comunicación dende o goberno ten que ter un deseño estratéxico, tendo en conta o rol de mediación dos medios, e ten que adoptar diferentes visións en función dos recursos utilizados, dos soportes e dos diversos públicos. O relevante é que o político ou neste caso o goberno- teña as canles de comunicación adecuadas, ben sexan as propias ou as alleas, para a sistematización dos fluxos de información entre gobernantes e gobernados. Existen varias dimensións (Noguera, 2002) para operar a propia estratexia de comunicación dende un goberno, que dividiremos principalmente en catro. En primeiro lugar, a comunicación acción/reacción: depende da posición que toma o executivo ante unha situación ou circunstancia que sucede de xeito imprevisto ou aquela que se pode planificar e adiantar de xeito estratéxico. En segundo lugar, a comunicación de redención de contas ou contable, onde se busca que a propia cidadanía asuma os logros de xestión. En terceiro termo, a comunicación políticoelectoral: cinxida temporalmente á contenda electoral. Finalmente, o que é a comunicación de captación de demandas cidadás para a súa introdución no sistema en forma de políticas públicas. Deste xeito, a comunicación de goberno ten unhas características específicas que a diferenzan dentro do ámbito dialóxico da comunicación política: un obxectivo de comunicación a longo prazo, que non é outro que a xeración de consenso social arredor dunha xestión concreta e da implementación de políticas públicas (isto require moita planificación e traballo sostido); a mensaxe, xa que non existe unha única, senón que existen mensaxes diferentes ao longo do tempo, en función da área e tamén dos públicos; e a organización, xa que precisamos especialistas con formación interdisciplinar no ámbito da comunicación con vocación ou formación política, e non só valen especialistas en márketing; e finalmente, o ciclo temporal (a diario) e non concretado nunha época determinada (Noguera, 2009). 1.3. Executivos de coalición e mensaxe estratéxica Se unha boa, eficaz, unívoca e coherente estratexia de comunicación é necesaria para calquera tipo de goberno, para os gobernos de coalición vólvese imprescindible polo propio ordenamento das pulsións interpartidarias inherentes á competición política que se dan no seo deses executivos. Imprescindible porque é preciso un certo equilibrio nas mensaxes para evitar feridas ideolóxicas e permitir que as bases militantes de cada partido o interpreten de forma favorable e non xeren inestabilidade interna, unha das causas máis comúns nas crises de gobernos de coalición; aínda que tamén amosar ante a cidadanía que un executivo de este signo é compatible cunha acción coherente (Ridao, 2016). Deste xeito, o principal reto que teñen estes gobernos non é outro que a necesidade dos membros da coalición de comunicar aos seus simpatizantes e votantes que en ningún caso renunciaron aos seus compromisos electorais no momento de alcanzar acordos políticos con outras forzas (Panebianco, 1982: 53; Pennings e Keman, 2002: 51-68; Paun, 2011). Parte da comunicación política aplicada aos gobernos de coalición ten varios compoñentes complexos e unha fase máis se o comparamos cun goberno dun único partido. Se a estratexia de comunicación para a acción gobernamental ten que pasar, primeiramente, por un consenso entre as elites partidarias e institucionais e logo pola aprobación ou referendo explícito ou implícito das bases militantes para a súa

ISBN: 978-9942-25-054-4

Quito, 15 y 16 de septiembre de 2016

1177

DE LOS MEDIOS Y LA COMUNICACIÓN DE LAS ORGANIZACIONES A LAS REDES DE VALOR Actas del II Simposio de la Red Internacional de Investigación de Gestión de la Comunicación

aplicación, en gobernos multipartitos reprodúcese o proceso tantas veces como partidos haxa. E engadindo a fase de conciliación de posicións entre os axentes que o conforman e, no caso de existir cambios, voltar outra vez ao ámbito orgánico. E toda esta suma, descompoñéndoo na comunicación interna de cada partido, entre partidos dentro do goberno, no propio relato conxunto e na súa dimensión persoal (quen o verbaliza, como, a que partido pertence, como se inserta no organigrama institucional, etc). Sen dúbida, a elección do portavoz ou portavoces, o rol comunicativo do máximo representante do goberno, a existencia –ou non- dun órgano superior encargado da comunicación ou a coordinación entre departamentos neste nivel non só ten impacto no goberno, tamén na propia sociedade (Ridao, 2016). E será no ámbito cidadá (isto é, na construción da axenda pública), onde se emita a validación final en forma de voto por parte dos individuos, para avaliar o desenvolvemento –principalmente comunicativo- do goberno de coalición, baseándose na percepción que existe no comportamento interno e no ámbito das políticas públicas e da xestión, establecendo un castigo se o goberno da unha imaxe de desunión, incoherencia e falta de relato comunicativo e político (López López, 2015). Así, para a configuración da mensaxe estratéxica do goberno de coalición é imprescindible eliminar o que se ven en chamar "ruído político comunicativo". Consiste, principalmente, na eliminación da superposición de voces entre os propios socios da coalición mediante acordos básicos que permitan garantir que a mensaxe estratéxica do executivo é capaz de transmitirse cunha única voz (Reniu, 2016). E isto sen a imperiosa necesidade de opacar o perfil diferenciado de cada forza política, necesaria tamén para a estabilidade do goberno. 2. METODOLOXÍA 2.1. Exemplos de gobernos de coalición: obxecto de estudo No estado español –falando do Goberno de España- a cultura coalicional é relativamente nova, en parte por un sistema político onde Partido Popular (antes neste espazo UCD e AP) e o Partido Socialista Obrero Español, foron dous grandes motores que movían cara si unha parte importante do electorado impedindo a conformación de alternativas consistentes. Mais tamén por un sistema electoral que transformou as vontades cidadás en maiorías absolutas nos anos 1982 (PSOE), 1985 (PSOE), 1989 (maioría absoluta efectiva pola ausencia dos deputados de HB), 2000 (PP), 2011 (PP), e gobernos dun só partido con apoios parlamentarios que se deron na lexislatura constituínte (UCD), no ano 1979 (UCD), 1993 (PSOE), 1996 (PP), 2004 (PSOE) e 2008 (PSOE). Non obstante, o estoupido da crise económica e a incapacidade de introducir as novas demandas cidadás no proceso de comunicación política, provocou modificacións coa irrupción de novos axentes que modificarían o sistema de partidos clásico e, como conseguinte, a arquitectura institucional e de goberno. Algo que xa era normal en Europa Occidental, onde máis das tres cuartas partes dos gobernos formados no período de posguerra estaban compostos por múltiples partidos (Galleguer, Laver e Mair, 2005), e tamén máis habitual e asiduo en diferentes Comunidades Autónomas do Estado, pola existencia, na maior parte dos casos, do cleavage nacional (Lipset e Rokkan, 1967).

ISBN: 978-9942-25-054-4

Quito, 15 y 16 de septiembre de 2016

1178

DE LOS MEDIOS Y LA COMUNICACIÓN DE LAS ORGANIZACIONES A LAS REDES DE VALOR Actas del II Simposio de la Red Internacional de Investigación de Gestión de la Comunicación

Táboa 1. Gobernos de coalición nas comunidades autónomas

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Observatorio de los Gobiernos de Coalición en España

ISBN: 978-9942-25-054-4

Quito, 15 y 16 de septiembre de 2016

1179

DE LOS MEDIOS Y LA COMUNICACIÓN DE LAS ORGANIZACIONES A LAS REDES DE VALOR Actas del II Simposio de la Red Internacional de Investigación de Gestión de la Comunicación

2.2. Xustificación, obxectivos e métodos Do sinalado nos puntos anteriores infírese o interese e xustificación desta investigación, que pretende dar resposta a un dos aspectos que se revelan máis transcendentes, polas consecuencias negativas que dunha mala praxe se poden derivar, no actual panorama de cambio e reconfiguración das estruturas políticas e institucionais que están a experimentar España e Galicia: a comunicación levada a cabo polas institucións dirixidas mediante fórmulas de coalición entre diversos partidos políticos; no caso particular deste estudo, a comunicación que poda desenvolver un hipotético goberno galego multipartito a partires da próxima lexislatura 2016 – 2020. Neste contexto político, o máis diverso, cambiante e inestable que coñeceu o país desde o inicio do actual período democrático, a comunicación adquire unha relevancia aínda maior, pois a complexidade das estruturas políticas e institucionais actuais, combinada coa maior demanda de participación efectiva da cidadanía nos asuntos públicos, require dun maior e mellor coñecemento da labor exercida polos seus representantes políticos, a fin de poder formar unha opinión pública mellor informada, máis crítica e, en definitiva, con maior criterio. Pola outra banda, tamén os partidos políticos precisan de comunicar máis e mellor, combinando os medios tradicionais cos metamedios que xorden á calor das tecnoloxías da información e da comunicación e que, con diferentes eivas e defectos, supoñen un evidente empoderamento da cidadanía. A realidade é máis complexa e plural, a fidelidade de voto moito menor e, en consecuencia, a necesidade de manter fluxos permanentes de comunicación cos diversos públicos que permitan visibilizar o traballo político, difundindo unha boa imaxe que permita acadar e soster unha boa reputación tórnase unha necesidade aínda máis acuciante do que xa era no pasado. Ademais deste contexto xeral no ámbito do Estado, a pertinencia e actualidade desta investigación ben dada pola inminente celebración de eleccións ao Parlamento de Galicia, convocadas para o vindeiro 25 de setembro de 2016, uns comicios nos que, segundo case todos os estudos de opinión publicados ata a data (sirva como exemplo o de Sondaxe do 28 de agosto de 2016), ningunha formación política será quen de acadar unha maioría absoluta que lle permita gobernar individualmente. Así as cousas, as posibilidades de que Galicia volva ter un goberno multipartito na vindeira lexislatura son altamente probables, como o son tamén, polo tanto, as posibilidades de precisar por parte do Goberno Galego dunha estratexia de comunicación institucional acaída a esa realidade. En consecuencia, a presente investigación non só resulta pertinente desde o punto de vista teórico e académico, de aportar coñecemento a un ámbito pouco estudado, senón que as súas conclusións poderán resultar de aplicación práctica no caso de que as mencionadas eleccións ao Parlamento de Galicia conclúan nese probable escenario de ausencia de maiorías absolutas que prognostican actualmente as enquisas. Esa aplicación práctica do estudo, a maiores de servir de test das conclusións aquí aportadas, reportaría un claro beneficio social, a mellora da comunicación entre a cidadanía galega e o seu Goberno, que se traduciría nunha mellora da información que esta reciba.

ISBN: 978-9942-25-054-4

Quito, 15 y 16 de septiembre de 2016

1180

DE LOS MEDIOS Y LA COMUNICACIÓN DE LAS ORGANIZACIONES A LAS REDES DE VALOR Actas del II Simposio de la Red Internacional de Investigación de Gestión de la Comunicación

De acordo co dito, esta investigación pretende acadar os seguintes obxectivos: 1. Facer unha proposta de análise, concretada nunha serie de indicadores a estudar, que permitan testar a política comunicativa de diversos gobernos de coalición. 2. Aplicar esa análise, en concreto, ao último goberno de coalición da Xunta de Galicia, o bipartito entre o PSdeG-PSOE e o BNG, correspondente á lexislatura 2005-2009. 3. A partir dos resultados obtidos, establecer conclusións que podan servir para configurar a estratexia de comunicación dun hipotético goberno de coalición na Xunta de Galicia durante a lexislatura 2016-2020. Para acadar estes obxectivos óptase por unha investigación de tipo cualitativo, que con perspectiva fenomenolóxica e partindo do estudo de caso (o Goberno bipartito de Galicia 2005-2009) emprega o método indutivo para, mediante perspectiva comparada, elaborar recomendacións que podan aplicar novos gobernos de coalición na Xunta de Galicia. 2.3. Unha proposta de análise: perspectiva comunicacional e política Pártese nesta investigación da premisa de que a comunicación de goberno non se pode analizar desde un plano exclusivamente comunicativo, senón que haberá que ter en conta as consecuencias políticas que dela se deriven, así como os elementos estritamente políticos que condicionan o seu desenvolvemento e configuración. De acordo con isto, faise en primeiro lugar unha revisión extensa de traballos previos sobre a materia e a partir das súas conclusións elabóranse unhas fichas de análise para investigar catro aspectos que se xulgan determinantes na acción comunicativa dos gobernos multipartitos: a) O protocolo de formalización do Goberno. O xeito no que se presenta e comunica publicamente o acordo entre os diferentes partidos políticos que integrarán ese executivo (Matas, 2016). b) A estrutura e organización da coalición. Cal é arquitectura interna e os protocolos de funcionamento dese goberno compartido (Cuberes e Rius, 2016). c) A coordinación e xestión da comunicación. Dentro da anterior estrutura, como se organiza a labor comunicativa (Cuberes e Rius, 2016). d) A comunicación do Goberno. Como é a comunicación interna, externa e integrada do Goberno, que é o que realmente transmite publicamente (Matas, 2016). Cada unhas das fichas de análise destinadas a estudar estes catro aspectos inclúen os seguintes indicadores ou ítems, seleccionados tamén uns como froito da revisión literaria e outros a proposta dos propios autores, ao xulgarse relevantes de cara a obter as conclusións:

ISBN: 978-9942-25-054-4

Quito, 15 y 16 de septiembre de 2016

1181

DE LOS MEDIOS Y LA COMUNICACIÓN DE LAS ORGANIZACIONES A LAS REDES DE VALOR Actas del II Simposio de la Red Internacional de Investigación de Gestión de la Comunicación

a. O protocolo de formalización do Goberno:  Identificación do escenario negociador (actores, xestión de medios, intervencións, escenografía e comunicación).  Fixación dos obxectivos programáticos-ideolóxicos.  Fixación dos obxectivos políticos.  Establecemento das bases para a estabilidade gobernamental.  Recoñecemento da aceptación social do goberno.  Proceso de formalización da coalición de goberno I (parcelas de poder definidas).  Proceso de formalización da coalición de goberno II (responsabilidade compartida). b. Estrutura e organización da coalición:  Existencia de Plan de Goberno.  Plan Comunicativo de Goberno.  Figuras fixadas encargadas de transmitir as políticas públicas.  Procedementos ordinarios e extraordinarios de impulso de políticas.  Creación de órganos colexiados de carácter estratéxico.  Normas de coordinación entre goberno e grupos parlamentarios.  Estabilidade parlamentaria.  Descentralización e autonomía das consellerías.  Control da intervención dos aparellos e estruturas partidarias.  Visualización do programa de goberno.  Mecanismos de intermediación.  Maior representación coas formacións minoritarias.  Estrutura de comunicación acordada. c. Coordinación e xestión da comunicación:  Aplicación do Plan de Comunicación de Goberno.  Homoxeneización formal da comunicación dos departamentos.  Homoxeneización estratéxica da comunicación dos departamentos.  Dependencia orgánica da xefatura do Goberno.  Centralidade.  Transversalidade.  Descentralización.  Coordinación.  Unidade de análise e seguimento do Plan de Goberno.  Construción de relato conxunto.  Elaboración de mensaxes sectoriais e especializadas.  Análise de impacto.  Distribución do poder comunicativo.  Independencia coa estrutura do sistema comunicativo.  Relación entre socios de goberno.  Comunicación do Presidente coas diferentes áreas de Goberno.

ISBN: 978-9942-25-054-4

Quito, 15 y 16 de septiembre de 2016

1182

DE LOS MEDIOS Y LA COMUNICACIÓN DE LAS ORGANIZACIONES A LAS REDES DE VALOR Actas del II Simposio de la Red Internacional de Investigación de Gestión de la Comunicación

d. A comunicación do Goberno:  Participación colexiada no deseño dunha única estratexia de comunicación.  Protocolos de unificación (imaxe e notas de prensa, roldas).  Dinámicas de cohesión interna (reunións, etc.).  Ferramentas de coñecemento compartido (repositorio de recursos).  Gabinetes de crise.  Comparecencias Presidente e Vicepresidente.  Portavoz de perfil independente.  Emisores identificados con perfil político.  Relación unitaria cos medios.  Procedemento para eliminar o ruído comunicativo.  Estratexia conxunta para ampliar electorado.  Estratexia para consolidar base militante de cada partido.  Ferramentas de comunicación propias.  Información en base a servizo público e non propagandística.  Aprobación da Lei de Comunicación e Publicidade Institucional de Galicia.  Diferenciación comunicativa entre cargos orgánicos e institucionais.  Acumulación de cargos.  Os máximos responsables institucionais non participan da confrontación electoral noutro tipo de comicios. Finalmente, complétanse as mencionadas fichas cualificando cada un dos indicadores expostos como “moi satisfactorio”, “satisfactorio”, “pouco satisfactorio” ou “insatisfactorio”, en función do obtido de investigacións precedentes e da análise de diverso material informativo do momento, coa fin de poder realizar unha avaliación de cada un dos aspectos estudados. Feita esa avaliación expóñense os resultados obtidos en forma de táboas, que son comentadas para unha mellor comprensión dos mesmos e a partir deles infírense as conclusións / recomendacións para futuros gobernos de coalición, reafirmando as fortalezas detectadas na lexislatura 2005-2009 e advertindo das debilidades. 3. RESULTADOS No ámbito do protocolo de formalización do goberno da Xunta de Galicia para a lexislatura 2005-2009 (Matas, 2016) e co ánimo de analizar as relacións comunicacionais e das propias estratexias dun goberno de coalición, o primeiro que hai que ter en conta é o proceso de conformación do mesmo. Así, o goberno de coalición PSdeG-BNG en Galicia no ano 2005 tivo unha correcta identificación do escenario negociador, cunha aparición de actores realizada de xeito secuencial, nunca poñendo en dúbida a necesidade de cambio político, xestionando os medios de forma coordenada e non existindo intervencións contraditorias, agás algunha voz interna no seo do BNG, rapidamente parada polo aparello partidario e que non foi en exceso dimensionada polos medios de comunicación.

ISBN: 978-9942-25-054-4

Quito, 15 y 16 de septiembre de 2016

1183

DE LOS MEDIOS Y LA COMUNICACIÓN DE LAS ORGANIZACIONES A LAS REDES DE VALOR Actas del II Simposio de la Red Internacional de Investigación de Gestión de la Comunicación

Táboa 2. Ficha de análise do protocolo de formalización do Goberno

Fonte: Elaboración propia e Matas (2016)

Isto responde á existencia dun consenso social maioritario (mesmo nos non votantes) da necesidade (recoñecemento) dun novo goberno que puxera fin a 16 anos de goberno do Partido Popular. Deste xeito, cunha fixación de obxectivos programáticos bastante claros cun programa de goberno estratéxico (o chamado Programa Común), ratificado por Ricardo Varela (PSOE) e Francisco Jorquera (BNG), definíronse á perfección as parcelas de poder, cun reparto proporcional en función da representación parlamentaria, deixando de lado unha fixación máis clara de obxectivos políticos, a responsabilidade compartida e o establecemento das bases da estabilidade. Dende logo, a estrutura e organización da coalición (Cuberes e Rius, 2016) na Xunta de Galicia entre socialistas e nacionalistas marcaría o funcionamento posterior no ámbito da comunicación, xa que é a base sobre a cal se sustenta a acción política. Neste sentido, a pesar da existencia dun programa de goberno pactado, explícito e acordado entre as partes, non tivo a súa correspondencia no ámbito da comunicación, con accións programadas moi contadas, non sistematizadas e que non se explicitaron en ningún documento escrito e asinado ao máximo nivel institucional. Así, a representación da Secretaría Xeral de Comunicación, Fernando Salgado, (que si que dependería de Presidencia, con competencias tamén na política informativa, relación cos medios e Dirección da CRTVG) non estaría acordada, xa que sería imposta por Emilio Pérez Touriño e que provocaría as queixas do seu socio de goberno, resoltas coa creación dunha comisión paritaria para definir os criterios de funcionamento e as relacións cos medios privados. O seu non funcionamento sería un claro exemplo do que foron os procedementos ordinarios de impulso de políticas, a creación de órganos colexiados, os mecanismos de intermediación ou mesmo o seguimento do Plan de Goberno.

ISBN: 978-9942-25-054-4

Quito, 15 y 16 de septiembre de 2016

1184

DE LOS MEDIOS Y LA COMUNICACIÓN DE LAS ORGANIZACIONES A LAS REDES DE VALOR Actas del II Simposio de la Red Internacional de Investigación de Gestión de la Comunicación

Táboa 3. Ficha de análise da estrutura e organización da coalición

Fonte: Elaboración propia e Cuberes e Rius (2016)

No que se refire ás cuestións máis puramente administrativas e políticas, a estrutura das consellerías estivo marcada por un alto grao de descentralización e autonomía, que, se ben dende un punto de vista formal osixena as posibles tensións (risco de ruptura) entre os socios de goberno, tamén provoca unha baixa eficacia e inconsistencia da mensaxe estratéxica. Por outro lado, convén salientar a boa estabilidade parlamentaria e a súa coordinación no impulso lexislativo, que contrastaría cun alto grao de intervención dos aparellos partidarios no ámbito institucional, que provocou en certos momentos un algo grao de inestabilidade, como o caso da oposición sistemática da CIG e a da UPG á acción de goberno de parte do Bloque ou certos cadros políticos do PSOE con parte dos seus conselleiros. Outro dos problemas medulares do goberno de coalición que gobernou Galicia entre 2005 e 2009, tivo que ver coa inexistencia dunha Secretaría Xeral de Comunicación independente, pactada, que traballara de forma transversal e coordenada co obxectivo de construír relato conxunto, elaborar mensaxes sectoriais coordenadas e establecer unha mensaxe estratéxica. Así, simplemente cumpriu coa formalidade de estar adscrita

ISBN: 978-9942-25-054-4

Quito, 15 y 16 de septiembre de 2016

1185

DE LOS MEDIOS Y LA COMUNICACIÓN DE LAS ORGANIZACIONES A LAS REDES DE VALOR Actas del II Simposio de la Red Internacional de Investigación de Gestión de la Comunicación

á Presidencia, asumindo o rol de centralidade, deixando actuar de forma descentralizada ao resto de gabinetes de comunicación e aplicando a homoxeneización do ámbito formal e de imaxe gráfica. Táboa 4. Ficha de análise da coordinación e xestión da comunicación

Fonte: Elaboración propia e Cuberes e Rius (2016)

No ámbito da xestión da comunicación, existiron evidentes dificultades que se ían facendo manifestas a medida que ía avanzando a lexislatura. A unha irregular distribución do poder comunicativo e á súa compartimentación (ao que hai que sumar a incapacidade de definir conxuntamente as áreas de nacionalistas e socialistas nunha imaxe global), hai que sumarlle unha estrutura do sistema de comunicación (Hallin e Mancini, 2008) onde os socios do goberno posuían medios afíns que alimentaban por unha política de axudas e publicidade que propiciaron unha relación complexa e promoveron que os medios tamén foran actores que entraran no confronto político.

ISBN: 978-9942-25-054-4

Quito, 15 y 16 de septiembre de 2016

1186

DE LOS MEDIOS Y LA COMUNICACIÓN DE LAS ORGANIZACIONES A LAS REDES DE VALOR Actas del II Simposio de la Red Internacional de Investigación de Gestión de la Comunicación

No que se refire á comunicación do Presidente coas diferentes áreas de Goberno, tanto do seu partido como do outro partido da coalición, cómpre indicar que existiron numerosas casuísticas que deron pé a relacións diferentes. As que se deron con áreas do PSdeG-PSOE foron aparentemente cordiais, non exentas de tensións que se solucionarían no ámbito orgánico. Non obstante, cos nacionalistas podemos diferenciar dúas etapas. A primeira, dende o inicio do Goberno ata verán de 2008, onde a relación coa Consellería de Cultura (Ánxela Bugallo), coa Consellería de Vivenda (Teresa Táboas) e coa Consellería de Medio Rural (Suárez Canal), era manifestamente boa; e unha segunda etapa, dende a irrupción na axenda do concurso eólico ata a data das eleccións, onde a relación quedou deteriorada, e, ante a non existencia de mecanismos correctores, totalmente enquistada. Isto exemplificouse sobre todo co Conselleiro de Industria Fernando Blanco, e co Vicepresidente, Anxo Quintana. No que se refire á comunicación interna do goberno de coalición, esta pódese cualificar como pouco o nada satisfactoria. Alén dun protocolo de unificación de imaxe gráfica (con evidentes tensións), non existiu unha corresponsabilización política, como se pode ver xa dende o inicio na non existencia dunha participación colexiada no deseño dunha única estratexia de comunicación. Deste xeito, non houbo dinámicas de cohesión interna (como poden ser as reunións interdepartamentais máis aló dos Consellos da Xunta); tampouco existiu un repositorio de recursos (políticos) compartidos nin un gabinete de crise permanente, agás en contadas excepcións (a crise dos incendios do ano 2006). A comunicación externa estivo caracterizada, en xeral, pola existencia de bloques diferenciados: os socios do goberno de coalición establecían as relacións cos medios de forma independente, polo que non existiu unha estratexia conxunta para ampliar electorado e adhesión ao goberno, estando a acción comunicativa centrada en reforzar as bases sociais máis fieis a cada proxecto. Isto provocou que, a pesar de existir ferramentas de comunicación propias, estas foran de cada departamento, o que, unido a outra serie de elementos de carácter máis orgánico, impediría eliminar o ruído comunicativo cando este existira. Tamén cabe indicar a non existencia dun portavoz escollido por consenso que representara a todo o goberno, e a incapacidade de Pérez Touriño e Anxo Quintana e dos seus gabinetes de dar unha imaxe de unidade con actos e actividades conxuntas. Finalmente, no ámbito integrado e de produción da información, isto é, a cuestión político-comunicativa, que ten moito que ver con decisións tomadas no seo dos partidos, destaca a non diferenciación entre a voz de cargos orgánicos e institucionais (derivado da acumulación de cargos), que provocaría a confusión por parte da cidadanía cando un político ou unha política fala en nome do Goberno ou en nome do seu partido. Isto tería tamén o punto álxido nas eleccións que se cruzaron coa propia lexislatura (sobre todo as Eleccións Xerais do ano 2008), onde as figuras máis relevantes participaron activamente da campaña con numerosas acusacións, a pesar de intentar pactar certas cuestións, como puido ser o debate a tres con Alberto Núñez Feijóo no Hotel Monumento San Francisco retransmitido pola TVG.

ISBN: 978-9942-25-054-4

Quito, 15 y 16 de septiembre de 2016

1187

DE LOS MEDIOS Y LA COMUNICACIÓN DE LAS ORGANIZACIONES A LAS REDES DE VALOR Actas del II Simposio de la Red Internacional de Investigación de Gestión de la Comunicación

Táboa 5. Ficha de análise da comunicación do Goberno

Fonte: Elaboración propia e Matas (2016)

4. DISCUSIÓN E CONCLUSIÓNS A conformación da estratexia de comunicación para un goberno de coalición debe abordarse desde unha dobre perspectiva, comunicacional e política, que implica definir catro aspectos ou ámbitos fundamentais:

ISBN: 978-9942-25-054-4

Quito, 15 y 16 de septiembre de 2016

1188

DE LOS MEDIOS Y LA COMUNICACIÓN DE LAS ORGANIZACIONES A LAS REDES DE VALOR Actas del II Simposio de la Red Internacional de Investigación de Gestión de la Comunicación

a. O protocolo de formalización do Goberno. b. A estrutura e organización da coalición. c. A coordinación e xestión da comunicación. d. A comunicación do Goberno. O protocolo de formalización do Goberno. É un momento moi puntal e inicial, pero clave, pois marca o inicio da relación comunicativa entre os socios de goberno e a destes coa cidadanía, sentando as bases e precedentes do que será a súa estratexia de comunicación futura. Así, é importante que desde este primeiro momento se identifique claramente o escenario negociador, coordinando entre as diferentes formacións políticas os representantes que aparecerán publicamente, o papel que cada quen xogará nesas intervencións, unha xestión de medios e unha comunicación, en sentido ampla, compartida, así como a escenografía, imaxe gráfica, espazos públicos... aos que se recorrerá para formalizar cada un dos aspectos que engloba esta fase. É o momento tamén de fixar os obxectivos programáticos e ideolóxicos, así como os obxectivos políticos do goberno de coalición, de expoñerllos con claridade á cidadanía, a fin de difundir desde estes momentos iniciais a imaxe dun só goberno e duns obxectivos compartidos, algo que debe axudar á aceptación social do novo goberno. A maiores deses obxectivos no plano puramente político, este momento é crucial para sentar as bases da estabilidade gobernamental, definindo claramente as parcelas de poder e optando sempre pola responsabilidade compartida na xestión, un dos aspectos máis complexos, pero sen dúbida máis transcendentes á hora de evitar futuras crises. A estrutura e organización da coalición. A clave neste ámbito é a comunicación estratéxica, é dicir, unha política de comunicación global, compartida, coordinada e situada no máximo nivel orgánico do goberno. Isto esixe que, ademais de existir un plan de acción política do Goberno, exista un plan de comunicación integral consensuado. Nese plan deben definirse, entre outras cousas, os portavoces ou representantes do goberno ante os medios de comunicación, encargados de transmitir as diferentes mensaxes, así como os procedementos ordinarios e extraordinarios ideados para o impulso de políticas. Para elo será fundamental a creación de órganos colexiados de carácter estratéxico que permitan consensuar no seo da coalición os diferentes pasos comunicativos e a resolución de conflitos mediante mecanismos de intermediación efectivos. Coordinación que non se debe dar só entre as diferentes partes do Goberno, senón tamén entre este e os grupos parlamentarios que o sustentan, a fin de acadar a desexable e necesaria estabilidade parlamentar para manter ao propio goberno e evitar o ruído comunicativo que o contrario poda producir.

ISBN: 978-9942-25-054-4

Quito, 15 y 16 de septiembre de 2016

1189

DE LOS MEDIOS Y LA COMUNICACIÓN DE LAS ORGANIZACIONES A LAS REDES DE VALOR Actas del II Simposio de la Red Internacional de Investigación de Gestión de la Comunicación

Debe abordarse o grao de descentralización e autonomía comunicativa das diferentes consellerías para non pecar por defecto, o que podería converterse nunha maior fonte de conflitos e nun corsé demasiado ríxido, pero tampouco por exceso, o que imposibilitaría na práctica a posta en marcha da imprescindible comunicación estratéxica do goberno. A coordinación e xestión da comunicación. Á hora de aplicar e desenvolver a comunicación do Goberno, deseñada no plan de comunicación antes comentado, é preciso prestar especial atención á construción dun relato conxunto, clave para transmitir a imaxe de unidade do executivo e eiva fundamental de múltiples gobernos bipartitos como o dos anos 2005-2009. Isto pasa por unha homoxeneización tanto estratéxica como formal das labores comunicativas dos diferentes departamentos, evitando a excesiva dependencia da xefatura do goberno, así como a desmesurada descentralización e optando no seu lugar por unha acción de comunicación transversal, coordenada e centralizada nunha Secretaría Xeral de Comunicación ao servizo de todas as áreas do Goberno, que poda funcionar tamén como unidade de análise e seguimento do Plan de Goberno, que elabore mensaxes sectoriais e especializadas e analice o impacto da comunicación gobernamental. Desde o punto de vista da estrita xestión da comunicación resulta imprescindible coidar a boa relación comunicativa entre o Presidente e as diferentes áreas de Goberno, así como entre os diferentes socios, evitando en todo caso a política de bloques comunicacionais estancos, cada un ao servizo da súa formación política. Non menos importante é manter a independencia coa estrutura do sistema comunicativo, evitando caer na tentación de fomentar por diferentes vías a determinados medios afíns en detrimento doutros, optando en todo caso por criterios obxectivos coma a difusión, a representatividade territorial ou a pluralidade á hora de distribuír as diferentes liñas de subvencións, convenios ou investimentos publicitarios destinados aos medios. A comunicación do Goberno. Xunto coa xa sinalada necesidade do deseño dunha estratexia de comunicación compartida e da unificación de determinados protocolos de acción (imaxe, notas de prensa, roldas...), resulta imprescindible deseñar mecanismos que fomenten a cohesión interna (reunións, gabinetes de crises permanentes....). O obxectivo fundamental, como tamén queda dito, será o de transmitir a necesaria imaxe de unidade, para o cal é recomendable promocionar as comparecencias públicas do Presidente e o Vicepresidente, ou, dito doutro modo, dos máximos responsables de cada unhas das formacións políticas que integran o goberno. Debe planificarse, así mesmo, a relación conxunta cos medios de comunicación, baseándose nun interese global de goberno e non partidista, e tamén prever o uso coordenado de ferramentas de comunicación propias, como os metamedios de comunicación, vencellados ás tecnoloxías da información e a comunicación.

ISBN: 978-9942-25-054-4

Quito, 15 y 16 de septiembre de 2016

1190

DE LOS MEDIOS Y LA COMUNICACIÓN DE LAS ORGANIZACIONES A LAS REDES DE VALOR Actas del II Simposio de la Red Internacional de Investigación de Gestión de la Comunicación

No que se refire aos portavoces do Goberno, aos diferentes membros do mesmo que actúan na escena comunicativa, resulta imprescindible determinar con suma precisión as funcións de cada quen, optando por emisores que posúan un claro perfil político, dada a transcendencia política e electoral dos seus actos comunicativos. Pero todo elo combinado, no caso dos gobernos de coalición, coa figura dun portavoz de perfil independente, interpretado isto non como un perfil apolítico, senón todo o contrario, coma un responsable de comunicación con perfil comunicativo e político, pero neutral ante os diferentes partidos que integren a coalición de goberno e nomeado por consenso entre eles. Por último, resulta imprescindible deseñar a política de información do Goberno concibindo esta como un servizo público e non propagandístico ao servizo de cada un dos integrantes da coalición. Feito ao que no caso galego axudaría sen dúbida a aprobación da Lei de Comunicación e Publicidade Institucional, adiada desde os tempos do bipartito entre o PSdeG-PSOE e o BNG. Neste sentido, resulta desexable a diferenciación comunicativa clara entre cargos orgánicos dos partidos e cargos institucionais do Goberno, evitando a acumulación cargos e responsabilidades de comunicación e a participación dos responsables institucionais do Goberno na confrontación electoral noutro tipo de comicios diferentes aos autonómicos, alo menos, evitando a confrontación coas demais forzas que integran ese goberno. 5. REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS Canel, M. J. (1999). Comunicación Política. Técnicas y estrategias para la sociedad de la información. Madrid: Tecnos. Cuberes, A. e Rius, M. (2016). La organización interna de la comunicación política en los gobiernos de coalición. Valores y actitudes, ejes, y organigrama del aparato comunicativo y las herramientas. En J. Ridao (Ed.), Comunicación política y gobiernos de coalición. Barcelona: Editorial UOC. Davis, D. e Kraus, S. (1976). The Effects of Mass Communication on Political Behaviour. Lincoln: Anybook Ltd. Dearing, J. e Rogers, E. (1996). Communication Concepts: Agenda-setting. Thousand Oaks (CA): Sage. Eulau, H., Eldersveld, S. J. e Janowitz, M. (1956). Political Behavior A Reader in Theory and Researc. New York: Free Press. Galleguer, M., Laver, M. e Mair, P. (2005). Representative governmente in modern Europe. Boston: McGraw-Hill Hallin, D. e Mancini, P. (2008). Sistemas mediáticos comparados. Tres modelos de relación entre los medios de comunicación y la política. Barcelona: Editorial Hacer.

ISBN: 978-9942-25-054-4

Quito, 15 y 16 de septiembre de 2016

1191

DE LOS MEDIOS Y LA COMUNICACIÓN DE LAS ORGANIZACIONES A LAS REDES DE VALOR Actas del II Simposio de la Red Internacional de Investigación de Gestión de la Comunicación

Lipset, M. e Rokkan, S. (1967). Party systems and voter alignments: cross-national perspectives. New York: The Free Press. López López, P. C. (2015). A construción da axenda política, mediática e públicas nas eleccións galegas do ano 2009. Estratexia partidaria, produción da información e cidadanía. Tese de Doutoramento. Departamento de Ciencias da Comunicación. Universidade de Santiago de Compostela. Matas, J. (2016). La comunicación política en el marco de los protocolos o pautas coalicionales ex ante. En J. Ridao (Ed.), Comunicación política y gobiernos de coalición. Barcelona: Editorial UOC. Nimmo, D. e Sanders, K. (1981). Handbook of political communication. Beverly Hills (CA): Sage. Noguera, F. (2002). Campaña de comunicación permanente. En R. Izurieta; R.Perina; C. Arterton (Comp.) Estrategias de comunicación para gobiernos. Buenos Aires: Ediciones La Crujía. Noguera, F. (2009). La Campaña Permanente. En R. Izurieta, R. Perina e C. Arterton (Comp.), Estrategias de Comunicación para Gobiernos. Buenos Aires: Ediciones La Crujía. Panebianco, A. (1982). Comunicación política. En: N. Bobbio, N. Mateucci e G. Pasquino (Eds.), Diccionario de política. Madrid: Siglo XXI. Paun, A. (2011). United We Strand? Governance Challenges for the United Kingdom Coalition. The Political Quarterley, 82(2). Pennings, P e Keman, H. (2002). The Dutch Parliamentary Elections of 2002: Fortuyn versus the Establishment. Acta política, 38(1). Reniu, J. (2016). La comunicación política como ámbito estratégico en los gobiernos de coalición. En J. Ridao (Ed.), Comunicación Política y gobiernos de coalición. Barcelona: Editorial UOC. Ridao, J. (Ed.) (2016). Comunicación Política y gobiernos de coalición. Barcelona: Editorial UOC. Sondaxe. (2016, agosto 28). En Marea desbancaría al PSOE como líder de una hipotética coalición multipartita. La Voz de Galicia. Disponible en: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/08/28/marea-desbancaria-psoelider-hipotetica-coalicion-multipartita/0003_201608G28P2991.htm Vega, H. (2009). La comunicación de gobierno e Internet. En R. Izurieta, R. Perina e C. Arterton (Compiladores), Estrategias de Comunicación para Gobiernos. Buenos Aires: Ediciones La Crujía. Westphalen M. H. e Piñuel, J. L. (1993). La dirección de comunicación. Madrid: El Prado.

ISBN: 978-9942-25-054-4

Quito, 15 y 16 de septiembre de 2016

1192

DE LOS MEDIOS Y LA COMUNICACIÓN DE LAS ORGANIZACIONES A LAS REDES DE VALOR Actas del II Simposio de la Red Internacional de Investigación de Gestión de la Comunicación

Wolton, D. (1997). Penser la communication. Paris: Flammarion.

CURRÍCULUM DOS AUTORES Paulo Carlos López López (Ibarra, Ecuador) Doctor en Comunicación e Industrias Creativas (PhD). Licenciado en Periodismo en la especialidad electrónica (Universidad de Santiago de Compostela, España) y Llicenciado en Ciencias Políticas y de la Administración en la rama de relaciones internacionales (USC). Diploma de Estudios Avanzados y suficiencia investigadora. Formación continua en comunicación y comunicación política. Actualmente es profesor en la Pontificia Universidad Católica del Ecuador Sede Ibarra (PUCE-SI). Ibarra, Ecuador. Iván Puentes-Rivera (Pontevedra, España) Investigador predoctoral en la Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación de la Universidad de Vigo (España) e investigador del grupo “Necom: neurocomunicación, publicidad y política” (necom.uvigo.es), es Licenciado en Publicidad y Relaciones Públicas y Máster en Investigación en Comunicación (Uvigo). Ha realizado estancias de docencia e investigación en diversas universidades portuguesas y posee una variada experiencia profesional en el ámbito de la gestión y la comunicación política, electoral e institucional. Su actividad investigadora se centra en la comunicación política, las relaciones públicas y el uso de redes sociales en estos ámbitos. Pontevedra, España.

ISBN: 978-9942-25-054-4

Quito, 15 y 16 de septiembre de 2016

1193

Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.