ESPELLOS, LUCES E SOMBRAS NA NATIONAL GALLERY DE LONDRES

July 22, 2017 | Autor: E. García Parada | Categoría: Art, Science Education, Museum Education, Physics Education
Share Embed


Descripción

ENCIGA 2014

ESPELLOS, LUCES E SOMBRAS NA NATIONAL GALLERY DE LONDRES

Eduardo G. Parada, Pío González, Julia Serra Grupo Divulgatia, Universidade de Vigo

Divulgatia

As viaxes escolares como recurso educativo Habitual saídas ao estranxeiro     

Intercambios Proxectos Centros plurilíngües e seccións bilíngües Viaxes fin de curso ou etapa ...

Capitais europeas Globalización da formación Obxectivos pedagóxicos

Oportunidade de aprendizaxe!!

Divulgatia

Ciencia en todas partes • A procura • Os lentes • Achegamento da ciencia aos escolares e á sociedade en xeral • Promove a cultura científica

Achegar Ciencia e Arte Óptica na National Gallery de Londres

Divulgatia

O turismo científico. Turismo  De exploración e aventura en dimensión científica.  Ecovoluntariado científico.  De investigación científica.

 Cultural con contidos de ciencia e industriais. (Mao et Bourlon, 2011)

Turismo de aprendizaxe científica  Viaxes educativas organizadas e estruturadas pedagoxicamente que inclúen de xeito único ou como parte importante do programa contidos científicos e tecnolóxicos.  Patrimonio Industrial, natural, empresas, museos de ciencia e tecnoloxía, rutas pola natureza e rutas

científicas.

Divulgatia

Os roteiros científicos.  Roteiros Científicos: em Lisboa, à descoberta da ciência e da tecnologia. (Pavilhao do Conhecemento)

Divulgatia

Os roteiros científicos  “The Physical Tourist” Physics in Perspective

Divulgatia

Divulgatia

Os roteiros científicos  “Ciencia no camiño” Grupo Divulgatia

Divulgatia

Os roteiros científicos.  “Ciencia no camiño” Grupo Divulgatia

Divulgatia

Divulgatia

Divulgatia

Divulgatia

Os museos de arte en clave de ciencia. A Ciencia e a Física na Arte. Obxectivos:  Aportar ideas e materiais para organizar unha viaxe escolar ou “de estudos”.

 Aportar a viaxeiros en xeral unha nova perspectiva da súa visita a un museo de arte, nomeadamente á National Gallery de Londres.

Aprender a desfrutar da Arte desde múltiples dimensións, tamén a que nos fornece a Ciencia.

Divulgatia Os museos de arte en clave de ciencia. A Ciencia e a Física na Arte.

A Arte desde o turismo de aprendizaxe científica:  Primeiro, o desfrute sensorial: o pracer visual  Logo, a análise da obra de arte:  Aspectos técnicos  Contexto histórico, social e político  No conxunto da obra do autor ou autora  ...

 A ciencia:  Física, Química, Matemáticas, Bioloxía,...

Unha variábel máis de análise

Divulgatia Os museos de arte en clave de ciencia. A Ciencia e a Física na Arte.

Divulgatia Os museos de arte en clave de ciencia. A Ciencia e a Física na Arte.

Divulgatia

O noso achegamento. Que imos procurar? Física!  Óptica: espellos, reflexos, sombras, imaxes, efectos ópticos  Moitos outros:, aparellos científicos e tecnolóxicos, dinámica, estática, fluídos, ...

Incorrecto desde a Física?  Erro non intencionado (descoñecemento, falta de atención, non valoralo,...)  Erro intencionado (procura dun efecto óptico, deformar ou modificar a imaxe para o observador, poñer de relevo algo,...)

Só poñemos o foco aí, non valoramos!!

Divulgatia

O noso achegamento.

O matrimonio Arnolfini Jan van Eyck, 1434

A Venus do espello Diego Velázquez, 1647-51

O Temerario Joseph M. W. Turner, 1839

2 propostas: pechada e aberta

Divulgatia

Divulgatia

A Venus do espello Diego Velázquez, 1647-51

Título do cadro

Óptica Materia

(The Toilet of Venus) Óleo sobre lenzo Barroco 122 cm x 177 cm National Gallery de Londres

Autoría e características Cupido sostén un espello no que se está a mirar Venus, a súa nai. A faciana de Venus está centrada no pequeno espello.

Comentario introdutorio con preguntas

Pode ao mesmo tempo vela o observador e mirarse ela no espello? Pode ser a imaxe no espello maior co obxecto?

Divulgatia A Venus do espello

Óptica A disposición fai que a maioría dos observadores do cadro describan deste xeito a escea, isto é, Venus está a mirarse no espello. Pero dado que o observador non está na mesma liña que o espello e Venus, segundo a lei da reflexión é imposíbel que Venus se estea a mirar no espello e ao mesmo tempo nós poidamos verlle a cara. Desde o observador, Venus estará a ver o reflexo deste, non a súa propia face. Isto é coñecido como o efecto Venus .

Conceptos: Reflexión da luz Espellos planos Efecto Venus

Contidos involucrados

Tamén cómpre observar o tamaño da imaxe da cara de Venus no espello: é maior co obxecto que reflicte, isto é, demasiado grande, o cal desde a óptica tampouco non é posíbel sendo un espello plano.

Explicación cualitativa pormenorizada ou cálculos máis avanzados

Divulgatia A Venus do espello Isto é coñecido como o efecto Venus: ocorre cando o observador ve a ambos o actor (Venus) e un espello que non están aliñados coa liña de visión do observador e este conclúe que a Venus está a ver o seu reflexo no mesmo lugar que o observador o ve Bertamini, Latto e Spooner, 2003).

Óptica Este efecto pódese atopar en moitos cadros importantes e mesmo é empregado habitualmente na produción audiovisual.

A Venus do espello Peter Paul Rubens, 1614-15

Parella con espello Hans von Aachen, 1596

Divulgatia

Divulgatia

O matrimonio Arnolfini

Óptica

Jan van Eyck, 1434 (The Arnolfini Portrait) Óleo sobre panel de carballo 82 cm x 60 cm National Gallery de Londres

O pequeno espello convexo situado entre o rico comerciante Giovanni Arnolfini e a súa esposa Giovanna Cenami é o centro de gravidade, o máis rechamante do cadro.

Que pretendía o pintor? Por que é convexo?

Divulgatia O matrimonio Arnolfini

Óptica O espello convexo é un dos mellores exemplos da minuciosidade microscópica alcanzada polo pintor van Eyck (mide 5,5 centímetros e cada unha das esceas da paixón que o rodean mide 1,5 cm). Estes pequenos espellos convexos eran moi populares naquela época para espantar a mala sorte. Coñécense co nome de “bruxas”. Parece ser que esta é a primeira vez en que se usa como recurso pictórico.

Conceptos: Reflexión da luz Espellos esféricos Espellos convexos

No espello reflíctense dúas figuras, sendo unha delas o propio artista van Eyck. Unha interpretación habitual da presenza destas dúas persoas no espello é que están a actuar como testemuñas da voda dos Arnolfini.

Divulgatia O matrimonio Arnolfini O recurso do espello esférico convexo permite abranguer un maior campo de visión, permite observar no seu reflexo unha maior cantidade de obxectos, pois a imaxe formada é virtual, dereita e menor co obxecto. Precisamente por isto, este tipo de espellos son de uso común á saída de garaxes, espellos retrovisores de coches, supermercados, etc. A percepción das imaxes pode inducir a crer que os obxectos están deformados e máis lonxe do que están ao velos máis pequenos.

Óptica Criminisi, Kemp e Kang (2004) fixeron unha minuciosa análise xeométrica da imaxe pintada por van Eyck no espello empregando técnicas matemáticas computerizadas. Considerando un espello convexo, existe un alto grao de perfección na distorsión da imaxe representada no debuxo, agás na parte máis á esquerda da xanela, no bordo preto da mesa e da vaíña do vestido.

Divulgatia

O matrimonio Arnolfini

Óptica

San Juan Bautista y el maestro franciscano Enrique de Werl R. Campin, 1438 Museo del Prado, Madrid

Divulgatia

Divulgatia

O “Temerario” remolcado á súa última atracada para o desmantelamento

Óptica

Joseph M. W. Turner, 1839 (The Fighting Temeraire tugged to her Last Berth to be broken up) Óleo sobre lenzo Romanticismo 91 cm x 122 cm National Gallery de Londres

O cadro representa o momento no que o famoso “HMS Temeraire” da Inglaterra imperial foi remolcado para o seu desmantelamento.

Son posíbeis esas imaxes dos barcos na auga? É o luscofusco ou o amencer?

Divulgatia

O “Temerario”

Conceptos: Reflexión da luz Sombras Propagación da luz Posición do sol Cores

Óptica Este cadro de Turner ten un gran simbolismo na representación do tránsito da Inglaterra imperial á Inglaterra industrial. O “HMS Temeraire” forma parte da historia de Inglaterra. De feito, é un dos cadros mellor valorados polos ingleses. Representa unha escea da que o propio Turner foi testemuña en 1838: o momento no que foi remolcado desde a base da flota na foz do río Támesis até o dique seco para o seu desmantelamento. Suxire mesmamente unha humillante renovación da vellez (navegación a vela, grandiosidade, nobreza) pola modernidade da revolución industrial que supón a máquina de vapor, sen gloria nin fermosura pero eficaz. A luz xoga nesta pintura un papel fulcral. Analicémos algúns efectos. Conectando co dito na alínea anterior, o aspecto pantasmal do “Temerario” contrasta coa enerxía que desprende o remolcador, debuxado a cor e avanzando victorioso.

Divulgatia

O “Temerario” A posición relativa do Sol e a Lúa crecente sitúan a escea no luscofusco, procurando transmitir a sensación de ocaso tamén do navío (e mesmo na vida do artista). Sen embargo, en realidade os barcos estaban remontando o Támesis, o que significa que navegan cara o oeste, de xeito que o sol non podería estar detrás deles, pois esa posición corresponderíalle ao mencer. Dado que o Sol é a fonte de luz, as sombras proxectadas polos navíos deben ser en negro, pois se interpoñen no camiño da luz. Non poden ser reflexos (con cor) dada a posición do sol. Si que poderían ser as imaxes especulares se o Sol estivese na posición que lle correspondería no ocaso. .

Óptica Por outro lado, as sombras poden ser de maior tamaño co obxecto, pero non o reflexo na auga, que sería a imaxe formada polo espello plano que constitúe a superficie da auga, e por tanto produce unha imaxe virtual, dereita e do mesmo tamaño co obxecto. Por último, a sombra parece estar mal situada con respecto á fonte de luz (Sol), atendendo á propagación rectilínea da luz.

Divulgatia

Os embaixadores Hans Holbein the Younger, 1533 National Gallery de Londres

Divulgatia

An Experiment on a Bird in the Air Pump Joseph Wright 'of Derby‘, 1768 National Gallery de Londres

Divulgatia

'A Young Princess (Dorothea of Denmark?)' Jan Gossaert, 1530 National Gallery de Londres

Portrait of Constantijn Huygens and his (?) Clerk Thomas de Keyser, 1627 National Gallery de Londres

Divulgatia

A Venus do espello

Escarba!

Autoría, ano (nome) Material Dimensións Lugar ...

Impresións Contexto histórico, social, político Características artísticas da obra Técnicas de debuxo Procurando Ciencia ...?

Divulgatia A Venus do espello

Arte Contexto Ciencia: Óptica Ciencia: ??? Actividades -

Reproducir no laboratorio as situacións analizadas

-

Reproducir mediante fotografías

-

...

???

Divulgatia

Algunhas referencias MAO P. e BOURLON F. (2011), Tourisme scientifique, un essai de définition, Revue Téoros, Presses Universitaires du Québec, vol. 30, n°2, pp. 94-104. Pavilhão do Conhecimento. Ciência Viva. Roteiros Científicos. Câmara Municipal Lisboa. [acceso 10 outubro 2014] http://www.pavconhecimento.pt/roteiro1_vagueando/pt/home.html RIGDEN, J.S. e STUEWER, R.H. (2009) The Physical Tourist: A Science Guide for the Traveler, Birkhäuser, ISBN-10: 376438932X ROCA-ROSELL, A., ROQUÉ, X. (2013), Physical Science in Barcelona. Physics in Perspective, vol. 15 (4), pp. 470 GONZÁLEZ, P., PÉREZ, P., SERRA, J., GARCÍA, E., LEITE, H. e SERRA, L. (2010), Ciencia no camiño, Boletín das Ciencias, vol. 71, pp. 159-160. GRUPO DIVULGATIA (2010) Ciencia no Camiño. [vídeo dispoñíbel online, acceso 10 outubro 2014] https://www.youtube.com/watch?v=AYQgLZp0L6I BERTAMINI, M., LATTO, R. e SPOONER, A. (2003). The Venus effect: people's understanding of mirror reflections in paintings . Perception, 2003, vol 32 (5), pp. 593–599. CRIMISINI, A., KEMPZ, M. e KANG, S. B. (2004), Reflections of Reality in Jan van Eyck and Robert Campin. Historical Methods, vol 37(3).

Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.