Escavación da mámoa 6 de Os Campiños (Leiro, Rianxo). Campaña de 1984

May 25, 2017 | Autor: R. Fábregas Valcarce | Categoría: Megalithic Monuments, Iberian Prehistory (Archaeology), Megaliths (Archaeology)
Share Embed


Descripción

MUSEO ARQUEOLÓXICO E HISTÓRICO

VOL. 7

A CORUÑA

1991-1992

i

BRIGANTIUM. BOLETIN DO MUSEO ARQUEOLOXICO E HISTORICO DE A CORUÑA

Dirección: Felipe-Senén López Secretaría: Begoña Bas López Volume: 7 Anos: 1991-1992 Correspondencia, orixinais e intercambios: Secretaría Boletín Brigantium Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón Apartado de correos 2.045 15080 A Coruña (Galicia) España Edición do Museo Arqueolóxico e Histórico. Excmo. Concello de A Coruña. Patrocinada por

dt FUNDAcioN CAixAGAUClA ..

",\.,+~ ~k1'~"",

.,

,

ISSN 0211-318X Imprime: "Gráficas do Castro/Moret" I.S.B.N.: 84-600-20037-1 Depósito Legal: C - 308 - 1980

INDICE

PAXINAS LA MEDORRA DE FANEGAS (SOBRADO DOS MONXES, CORUÑA) INFORME DE LA CAMPAÑA DE EXCAVACION DE 1983, por J. M. Caamaño Gesto e F. Criado Boado ..

7

EXCAVACION DA MAMOA 6 DE OS CAMPIÑOS (LEIRO, RIANXO). CAMPAÑA DE 1984, por R. Fábregas Valcarce e F. de la Fuente Andrés

91

DEL ANALlSIS DEL EMPLAZAMIENTO AL ESTUDIO DE LA DISTRIBUCION DE TUMULOS EN EL NW, por J. Vaquero Lastres ....

151

ASPECTOS ECONOMICOS y SOCIALES DE LA CON5TRUCCION DE MONUMENTOS MEGALlTICOS EN EL NOROESTE DE LA PENINSULA IBERICA, por J. M. Vázquez Varela

177

LOS INICIOS DE LA METALURGIA: PRIMEROS TESTIMONIOS DE LA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, por B. Comendador Rey...

185

MACHADO PULIMENTADO DE OS CANEIROS (MOECHE), por E. Ramil González e V. Tomás Botella

205

O MEGALlTISMO NAS TERRAS DE VILALBA (LUGO)-ADDENDA, por X. A. Pamba Mosquera e M. a L. Rego Alvarez

213

BIBLlOGRAFIA SOBRE EL MEGALlTISMO EN LA PROVINCIA DE A CORUÑA, por M. a J. Arrojo Iglesias

225

Brigantium. Bol. Museo Arqu. Hist. Coruña. 1991-1992. vol. 7, pp. 91-149

EXCAVACiÓN DA MÁMOA 6 DE OS CAMPIÑOS (LEIRO, RIANXO) CAMPAÑA DE 1984

R. FÁBREGAS VALCARCE* F. DE LA FUENTE ANDRÉS **

* Departamento de Historia l. Facultade de Xeografía e Historia Universidade de Santiago ** Museo de Bellas Artes. Praza Pintor Sotomayor 15001 A Coruña

Resumo. A necrópole megalítica dos Campiños érguese nunha pequena chaira na aba Sur do monte Lioira, non lonxe da costa. Ao longo de tres meses levouse adiante unha excavación arqueolóxica na mámoa n. o 6, co gallo de facer un cuidadoso estudo da sua estructura arquitectónica. Anque a cámara e o corredor megalíticos estaban moi arruinados por mor das violacións, puidemos atopar un pasillo intratumular intacto, cortando a mámoa desde o remate do corredor ata a periferia do túmulo. Aquí atopamos materiais cerámicos e líticos, ademáis de carbóns sobre os que se obtivo unha data radiocarbónica que situaría o peche do monumento xa na segunda mitade do terceiro milenio.

o,

o,

Abstract. Excavation the mound 6 Os Campiños (Leiro, Rianxo). 1984 digging season. The megalithic necropolis of Os Campiños is located on a flattened ridge near the western coast of La Corunna. Here an archaeological excavation was undertaken along three months, aiming to a complete analysis of the architectural structure of the mound n. o 6. Although the stone chamber itself was in a very ruined condition, an intact passage was found, cutting through the earthen mound. A charcoal sample yielded a radiocarbon date, suggesting that the closing down of the monument took place on the second half of the 3rd millenium b. c., which is in good agreement with the data provided by the artefacts (pottery and lithic tools) recovered.

l.

INTRODUCCiÓN

A necrópole megalítica de Os Campiñas era xa coñecida ó traveso dos traba1I0s efectuados nela por membros da sección de prehistoria do I.E.G. «Padre Sarmiento», a comezos da década dos anos setenta, investigacións que ainda permanecen inéditas. Novamente, no vran de 1977, aficionados pertenecentes ao

RECOf\lECEMENTOS Esta excavación foi posible gracias á subvención otorgada pola Subdirección Xeral do Patrimonio Artístico e Monumental da Xunta de Galicia e levouse a cabo mediante o convenio entre o Excmo. Concello de Rianxo e o INEM. Debemos agradecer asimesmo, a desinteresada axuda prestada polo Excmo. Concello de Rianxo, o Museo das Peregrinacións (Santiago de Compostela) e mailo Departamento de Historia I da Universidade de Santiago de Compostela. Hai que salientar a valiosa colaboración en diferentes aspectos da excavación ou da memoria das seguintes persoas: D.· Paloma Acuña Fernández, D. Xulio Carballo Arceo, D. Xosé Lomba Martínez, D.· Begoña Nieto Leirós, D. Ramón Fábregas Lorenzo, D. Fernán Alonso, D. Xosé María Bello Diéguez, D. Felipe Criado Boado, D. Ramón Sende e D. Héctor Vicente Mosquera. O equipo técnico da excavación estivo composto por D. Ramón Fábregas Valcarce e D. Félix de la Fuente Andrés como Co- bordo: ± 165 mm. 1> corpo: ± 200 mm. Altura: =F 155 mm. Sección: 5-11 mm. B. Formas. Bordo: 1.5. Redondeado convexo. 2.1. Recto. Corpo: Liñas simples. Convexa. Base: convexa. Tipo: 1.3.B. Simple-convexo, pechado e medio. C. Factura. Técnica: manual. Desgrasante: cuarzo-mica, medio-fino. Pasta: homoxénea e compacta. Superficie: exterior engobe; interior, alisado tosco. Cocción: oxidante contínua irregular. Cor: ocre-parda. E. Conservación: regular, con desconchados de superficie e rodamento das fracturas. F. Observacións. Dos vinteseis fragmentos de que se compón, dez corresponden á derradeira intervención na cámara no ano 1977. Os dazaseis restantes foron atopados na excavación propiamente dita (n. o 1, 6-7, 12-13, 18-19,21-23,32-33,86, 103, 113 e 169). O único fragmento do bordo asoellado é o n. o 23. A totalidade dos fragmentos proceden, de zona remexida e sen valor estratigráfico, ainda que se pode supoñer a sua orixe no interior da cámara. N. o 2. (Fig. 21) Recipiente incompleto e fragmentado en dazasete anacos, reconstruible hipotéticamente. A. Dimensións. 1> bordo: ± 110 mm. Altura: ± 48 mm. Secoión: 5-7 mm. B. Formas. Bordo: 1-5. Redondeado convexo. 2.6. Curvado aberto. En baquetón, de orientación aberta. Corpo: liñas simples, convexa. Base: posiblemente convexa. Tipo: 1.1.C. Simple-convexo, aberto e baixo. C. Factura. Técnica: manual. Desgrasante: cuarzo-mica, fino. Pasta: homoxénea e compacta. Superficie: exterior bruñida; interior alisado. Cocción: reductora, discontinua irregular. Cor: parda escura. E. Conservación. Regular, moi fragmentado. F. Observacións. Este grupo de anacos apareceron nunha área restrinxida, no exterior da cámara (lado NO, cuadrícula F-7). Abrangue os fragmentos 124 a 141. Hai dous fragmentos do bordo (n. o 124 e 125) e outro que conserva un resalte horizontal na superficie (n. o 126). N. o 3. Recipiente incompleto e moi fragmentado, composto por dazaseis anacos de reconstrucción imposible. A. Dimensións. Sección: 8-10 mm. C. Factura. Técnica: manual. Desgrasante: cuarzo-mica, medio. Pasta: homoxénea e pouco compacta. Superficie: exterior alisado tosco; interior alisado fino. Cocción: irregular. Cor: exterior ocre; interior parda. E. Conservación. Moi fragmentado, de superficie desconchada e fracturas irregulares. F. Observacións. Anacos atopados xunto cos do recipiente n. o 2, na cuadrícula F-7. Abrangue os n.o 142-169 e 172-174. 129

R. FÁBREGAS VALCARCE e F. DE LA FUENTE ANDRÉS

N. o 4. (Fig. 21) Recipiente incompleto, fragmentado en 58 anacos, de moi difícil reconstrucción. A. Dimensións. Sección: 6-8 mm. B. Formas. Bordo: 1.5, redondeado convexo. Corpo: liñas simples, convexa. Tipo: posiblemente 1.3. simple-convexo pechado. C. Factura. Técnica: manual. Desgrasante: cuarzo-mica, fino. Pasta: homoxénea e pouco compacta. Superficie: exterior alisado fino; interior alisado tosco. Cocción: reductora, continua regular. Cor: parda escura. E. Conservación. Regular, moi fragmentado. F. Observacións. Estes 58 anacos teñen aparecido nunha área ben delimitada, correspondente ó plano inclinado que da acceso ó corredor intratumular desde o exterior, por enriba do túmulo, no seu ángulo SE. No Inventario correspóndenlle os n. o 38-85, 99102, 114-118 e 120. O n.o 115 é o único resto do bordo. N. o 5. Recipiente incompleto e fragmentado en 27 anacos.

A. Dimensións. Sección: 4-6 mm. B. Formas. Bordo: 1.5. labio redondeado. 2.6. unión curvada aberta. Corpo: liñas compostas. C. Factura. Técnica: torneado. Desgrasante: cuarzo-mica, fino. Pasta: moi homoxénea e moi compacta. Superficie: alisado fino, bruñido no exterior. Cocción: reductora regular. Cor: gris-parda. E. Conservación. Regular. F. Observacións. Recipiente moi fragmentado e espallado por tódalas capas de violación. Corresponde, seguramente, a un prato ou fonte, feito a torno. Os n. o do Inventario son: 3-5, 8-11, 16-17,20,28,30,34,87-94, 104, 168, 170 e 172-174.

APÉNDICE 11. SOBRE A DATACiÓN RADIOCARBÓNICA Ram6n Fábregas Valcarce . 1.

Descripción da mostra e resultado

O material sometido á analise radiocarbónica apareceu na parte inferior do nivel b (z: 135), dentro do corredor intratumular, formando parte dunha mancha de terra oscura con gran cantidad de miúdos fragmentos de carbón (Fig. 10), entre os cales púdose recoller un bloque que logo dunha limpeza sumaria da terra e raíces misturadas resultou unha mostra de madeira carbonizada de 12,5 grs. que foi enviada ó Instituto de Química Física «Rocasolano», onde tras procederse a unha ulterior tarefa de peneiración e limpeza por medio de ácido clorhídrico e hidróxido sódico amostra ficou reducida a tan só 1,8 grs., que o Dr. F. Alonso considerou insuficiente para proceder á analise radiocarbónica no seu laboratorio polo que, seguindo a sua suxerencia, foi remesada ó Centrum voor Isotopen Onderzoek (Groningen) onde con data 6 de Maio de 1987 o Dr. W. G. Mook fíxonos saber que a estimación da antigüedade da mostra era de 4.300 ± 60 bp (GrN-14328).

2.

Consideraci6ns arqueolóxicas

No momento de proceder ó estudo desta datación radiocarb6nica ha; que ter en conta que ésta é a única que se coñece para a mámoa 6 de Os Campiños, o cal fai que desde un principio as consideraci6ns feitas sobre ese resultado deban ter necesariamente un carácter provisorio ata que estean disponibles novas datas para este mesmo monumento ou outros semellantes no Noroeste.

130

Excavación da mámoa 6 de Os Campiñas (Leiro, Rianxo)

Os carbóns sobre os que se levou adiante a análise radiocarbónica foron recollidos nunha das camadas que pecharon o corredor intratumular, e polo tanto existe a posibilidade de que esa materia orgánica viñera xunto coas terras que encheron o devandito corredor. Se isto fose asi, a mostra indicaría unha actividade anterior no tempo ó proceso de peche do monumento. Non embargantes, coidamos que razóns arqueolóxicas e a evidencia estratigráfica falan máis ben a prol dunha deposición dos carbóns simultánea ca oclusión do corredor intratumular. En primeiro lugar a mostra se recolleu nunha área de certas dimensións e cunha densidade bastante homoxénea de carbóns, o cal fai pouco probable que chegase nun capacho ou paletada de terra. Un problema de diferente cariz ven dado pola presencia de raiciñas no medio dos carbóns, as cales poderían ter aportado elementos orgánicos susceptibles de altera-la radioactividade orixinal da mostra, provocando un rexuvenecemento désta. Esta é unha hipótese que non podemos descartar sen máis, malia as sucesivas limpezas mecánicas ou químicas, pois carecemos de outras análises que nos permitan aquilatar a data que agora estamos a discutir. O resultado obtido en Campiños 6 é con todo coherente cas escasas datas que se coñecen para sepulturas de corredor no Noroeste peninsular: na mámoa 1 de Cha de Parada (N. de Portugal) (JORGE e BETTENCOURT, 1988, 113) fíxose unha análise sobre unha mostra extraída do solo antigo ubicado baixo o túmulo, datando post quem a construcción do monumento cara ós mediados do 111. o milenio (22). No sepulcro de corredor de As Pereiras (Pontevedra) obtívose unha data a partir de carbóns atopados entre as terras do túmulo que deu un resultado de 4850 ±210 bp (GaK-11821) (PEÑA, 1985-1986, 11), bastante problemático a tenor da procedencia estratigráfica da mostra analizada, que non descarta a sua precedencia no tempo verbo da construcción do túmulo, e por outra banda debido a que o laboratorio que suministrou esta única data para As Pereiras ten amosado resultados máis elevados do previsto (FÁBREGAS, 1988; GON
Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.