Entre la tradición y la modernidad en el devenir económico de La Coruña

July 23, 2017 | Autor: Jesús Mirás Araujo | Categoría: Historia Urbana, História Urbana, Historia Local
Share Embed


Descripción

establecementos coruñeses da primeira metade do século xx: colección de tarxetas anunciadoras na Biblioteca Municipal de Estudios Locais

establecementos

coruñeses

da primeira metade do século xx

colección de tarxetas anunciadoras na Biblioteca Municipal de Estudios Locais

Edición:

Biblioteca Municipal de Estudios Locais Ayuntamiento de La Coruña / Concello da Coruña

Coordinación:

Victoria Villanueva Pousa

Artigos:

Jesús Mirás Araújo Victoria Villanueva Pousa

Catálogo documental e índices: Carmen Romero Rivera Deseño gráfico e maquetación: mazairagrafismo, sl Depósito Legal: C-1.441-2006 ISBN:

84-95600-40-4

establecementos

coruñeses da primeira metade do século xx colección de tarxetas anunciadoras na Biblioteca Municipal de Estudios Locais

AYUNTAMIENTO DE LA CORUÑA CONCELLO DA CORUÑA

ÍNDICE Presentación ....................................................................................................

5

Javier Losada de Azpiazu

Entre a tradición e a modernidade no devenir económico da Coruña

7

Jesús Mirás Araújo

Establecementos coruñeses da primeira metade do século XX: colección de tarxetas anunciadoras na Biblioteca Municipal de Estudios Locais.................................................

13

Victoria Villanueva Pousa

4

Catálogo gráfico ............................................................................................. Comercios ....................................................................................................... Compañías navieras ........................................................................................ Construcción ................................................................................................... Entidades bancarias ........................................................................................ Espectáculos ................................................................................................... Fábricas .......................................................................................................... Hostelería ....................................................................................................... Importadores e exportadores ........................................................................... Imprentas .......................................................................................................

17 19 50 53 55 56 60 62 80 81

Catálogo documental .....................................................................................

87

Índices .............................................................................................................. Cronolóxico .................................................................................................... Alfabético (onomástico e topónimo) ................................................................ De materias ....................................................................................................

97 99 102 103

Textos en castelllano ...........................................................................................

105

ENTRE A TRADICIÓN E A MODERNIDADE NO DEVIR ECONÓMICO DA CORUÑA Jesús Mirás Araújo A oportunidade que se me brinda de contribuír ao achegamento do presente catálogo ao cidadán coruñés sérveme de escusa para reflexionar brevemente sobre o cometido deste tipo de iniciativas culturais. Toda cidade constitúe, entre outras moitas facetas, unha comunidade de intereses, en base á que cimentar un futuro en común, en progreso e harmonía. A arquitectura sobre a que se edifica e amalgama ese porvir áchase en gran medida no pasado colectivo dos habitantes. Por este motivo, o inventario que coidadosamente recompilou e organizou a Biblioteca de Estudos Locais permítenos a todos dispor dunha fonte documental moi útil para coñecer a vida socio-económica coruñesa nun pasado non demasiado afastado, o daquela cidade que se achaba a medio camiño entre a tradición e a modernidade. O século XXI que apenas acabamos de estrear bríndanos unha excelente oportunidade de progreso, ao que A Coruña se deberá enganchar con decisión, aínda que sen esquecer o que fomos e a nosa identidade. O meu humilde cometido cínguese simplemente a tratar de proporcionar o contexto desas imaxes. Así que, se se me permite, procederei a esbozar un superficial perfil da evolución económica herculina durante aproximadamente a primeira metade do século pasado. Como punto de partida, convén botar a mirada atrás, para comprender mellor as claves que foron construíndo a economía da cidade. Se tiveramos que identificar un momento de cambio, aínda que moi embrionario, ese sería probablemente a mediados do século XIX. Por entón, A Coruña era unha pequena cidade de provincias de apenas 30.000 habitantes, moi próxima aínda aos parámetros do Antigo Réxime. Con todo, lentamente as cousas empezarían a mudar. Durante a segunda metade do século a economía da cidade experimentou un primeiro despegue. O Oitocentos sobresaíu polo desenvolvemento de diversas funcións comerciais e de servizos, que adquiriron preeminencia sobre as manufactureiras. Con todo, a urbe tivo un protagonismo industrial relevante no conxunto de Galicia, ata o punto de converterse no centro fabril máis importante da rexión. El último cuarto de século foi o período máis dinámico, sobre todo desde a década dos noventa ata os primeiros anos do século XX. O novo século habería de marcar unha consolidación daquel impulso primixenio, aínda que a capital debeu facer fronte a unha sucesión de episodios históricos que, en ocasións, levantaron obstáculos ao desenvolvemento económico urbano, pero que, noutros casos, proporcionaron interesantes oportunidades para a súa modernización. O século XX trouxo novas esperanzas para o país, tralo duro impacto moral e social (tamén económico) que supuxo a perda dos últimos vestixios do imperio colonial no ano 1898. Con todo, o primeiro terzo do século foi un período convulso nas esferas política e socioeconómica, pois presenciou o achegamento de diversas conxunturas de signo moi desigual: crise da sociedade da Restauración, nacemento e consolidación do movemento obreiro, repatriación de capitais poste-

7

rior á crise colonial, Primeira Guerra Mundial e crise de adaptación posbélica, Ditadura de Primo de Rivera, depresión dos anos trinta, Guerra Civil… Desde o punto de vista demográfico, A Coruña mostrouse moi activa durante este período, pasando de algo máis de 40.000 habitantes no ano 1900 a superar os 100.000 en 1940, o que consolidou a súa posición intermedia na xerarquía urbana nacional. Aínda que é certo que a modernización demográfica non culminou ata a posguerra civil, tamén o é que os emigrantes procedentes do medio rural acudían á cidade, atraídos por un mercado de traballo en expansión. Os progresos máis destacados rexistráronse entre 1910 e 1920 e, sobre todo, entre 1930 e 1940. Os principais factores que interviñeron nese incremento foron o crecemento vexetativo, a anexión do municipio de Santa María de Oza (en 1912), e, sobre todo, a inmigración rural, especialmente dinámica nos períodos nos que a emigración exterior galega se pechou (guerra europea, crise dos anos trinta e Guerra Civil). O crecemento demográfico arrastrou unha considerable expansión física, que seguiu as direccións marcadas polo desenvolvemento de finais do século XIX. O maior avance tivo lugar en dirección sur e sudeste, cara a Riazor e seguindo a liña do porto e de ría. Esta última zona constituíu un núcleo de gran densidade de edificación, xunto con outras áreas, como a estación de ferrocarril, Catro Camiños, A Gaiteira e a súa prolongación cara aos Castros. A iso habería que engadir o recheo do Primeiro Ensanche e a ocupación dun gran número de mazás do Segundo, nas abas do Monte Santa Margarida. Outros fitos destacados foron a inauguración da Cidade Xardín (1922), a densificación da Pescadoría, a expansión lineal en torno ás vías de acceso, particularmente cara a Monelos, etc. Os anos que transcorren entre a guerra europea e a Guerra Civil constituíron unha época economicamente dinámica na Coruña, aínda que a curto prazo se aprecien conxunturas críticas. O sector dominante era o terciario, aínda que este se atopa relativamente bipolarizado e dividido entre os servizos de baixa cualificación e os servizos máis avanzados. A Coruña foi historicamente unha cidade comercial e de servizos, e as postais que se expoñen no catálogo así o testemuñan. O comercio representaba a fracción cuantitativamente máis importante, aínda que estivese lastrado pola permanencia dunhas estruturas ineficientes. Existía un elevado número de pequenos comerciantes dispersos por toda a cidade, destinados a atender as necesidades básicas dunha poboación en aumento. Doutra banda, na Coruña confluían outras funcións tradicionais: administrativa, militar, forza pública, transporte, ensino, servizos públicos, etc., o que xeraba importantes efectos sobre o emprego. A emigración xogou así mesmo un papel primordial, ao permitir o sostemento de numerosas actividades e xerar un fluxo de remesas que se achan na raíz da creación dunha notable banca local durante o primeiro terzo do século. Todo iso explica o abanico de postais e anuncios, que inclúen establecementos de venda de numerosos produtos alimenticios, almacéns de téxtiles e tecidos, confección, ferraxarías, quincallarías, hostalería, etc. Apréciase así mesmo o afianzamento dun sector secundario nacido en parte durante o último segmento do século XIX, favorecido polos efectos da industrialización vinculada aos recursos do

8

mar. Na industria pesqueira descubrimos unha poderosa fonte de xeración de emprego, ao difundir efectos de arrastre sobre diversas industrias subsidiarias: conserva, xeo, estampados, envases, fabricación de subprodutos, talleres mecánicos e de reparación de motores e maquinaria, etc. Con todo, pese ao evidente progreso industrial de finais do século XIX, extráese a impresión dunha certa incapacidade para dar un salto cualitativo. O tecido industrial non estaba suficientemente consolidado, dominado por industrias de bens de consumo orientadas ao mercado urbano. A maioría definíase polas súas reducidas dimensións e o seu carácter artesanal e familiar. As máis destacadas eran as alimenticias (molturación, conservas, compostos ou destilados). Tamén eran numerosas as industrias de primeira transformación da madeira e algunhas pequenas industrias químicas (laboratorios, fábricas de xabón, lixivia, etc.) e metalúrxicas. Finalmente, a construción continuou sendo un dos sectores máis dinámicos, grazas ao crecemento urbano. Non sorprende, xa que logo, a carencia comparativa de material gráfico xerado por grandes empresas, que, aínda que existían na cidade e tiñan gran transcendencia, o seu número era reducido. A curto prazo, obsérvase que a economía urbana atravesou varias etapas de distinto signo. A Primeira Guerra Mundial crebou a tendencia expansiva previa, malia que a conxuntura bélica fose en xeral positiva para a economía española. A guerra tivo un impacto negativo sobre a economía local, ao depender esta en gran medida do porto, principal elemento xerador de riqueza. Ao finalizar a guerra, obsérvase unha leve recuperación da actividade económica. A inmediata posguerra inscríbese dentro dunha etapa de auxe da economía mundial e española. De aí o crecemento dalgúns sectores: fundicións, construción, mobles, litografía, industrias derivadas da pesca, etc. O negocio da emigración atravesou a mellor etapa do século, coa súa secuela en forma de remesas e de estímulo para o sector terciario, unha das súas expresións é a publicidade provinte dos diversos hoteis existentes na cidade.Ademais diso, algúns empresarios, os consignatarios principalmente, concentráronse na industria pesqueira e a súa comercialización, converténdose en armadores de buques, subministradores de efectos navais, etc. Doutra banda, este foi un período de notorias transformacións do sector agropecuario galego, destacando o seu carácter exportador, porque supuxo a intervención de determinadas figuras que desempeñaron un rol destacado na comercialización dos produtos, o que axudou a sustentar moitos establecementos coruñeses deste tipo de produtos. Con todo, durante os anos trinta unha sombra se cingue sobre a cidade. En principio, a Segunda República trouxo renovadas esperanzas para un amplo espectro social, malia que contou tamén coa frontal oposición dos grupos xerárquicos. No plano económico, iniciouse unha profunda depresión económica a nivel internacional, que afectou directamente a numerosos sectores na Coruña. No entanto, é probable que o illamento exterior español e as políticas redistributivas republicanas contribuísen a reducir os efectos da recesión. Por iso, as actividades comerciais experimentaron un espectacular crecemento, grazas a que serviron de refuxio fronte á crise industrial. En cambio, o resto do sector servizos e a industria sufriron unha clara paralización. A recesión dos principais subsectores económicos galegos (gandería, conserva, pesca, madeira, etc.) tivo o seu reflexo na estrutura industrial coruñesa, debido aos seguintes factores: a drástica redución da emigración, o bloqueo á entrada de divisas, o establecemento de continxentes en numerosos países, a paralización do sector da construción, a contracción do mercado interior, etc.

9

A Guerra Civil rompeu dramaticamente a tendencia ascendente que despregaran anteriormente as economías coruñesa e galega. Nace unha “nova” España, non máis rutilante, senón máis gris. A modernización interrómpese e vólvese ao tradicionalismo no sentido máis rancio do termo. As postais testemuñan esa transformación, dotadas en ocasións dun certo folclorismo e, en xeral, condicionadas pola escaseza de materiais, o que obrigaba a un esforzo de simplificación no seu deseño. Con todo, aparte das calamitosas consecuencias políticas e sociais da instauración do novo réxime, a evolución económica da Coruña ao longo do primeiro franquismo discorreu por unha senda que foi máis positiva do que cabería agardar. Malia as dificultades do período, a actividade económica continuou desenvolvéndose, aínda que os resultados empresariais foron desiguais. A explicación deste fenómeno radica no acentuado carácter local e rexional das actividades económicas, ás que non afectaron substancialmente os condicionantes externos nin as políticas económicas practicadas durante o período. O relativo nivel de diversificación da economía coruñesa permitiu unha evolución máis sólida que noutras cidades españolas, limitadas pola súa excesiva dependencia dun número reducido de funcións. O tecido empresarial, coas deficiencias derivadas das súas restrinxidas dimensións, foi así quen de sobrevivir dentro dunha contorna desfavorable. No entanto, os efectos sobre o emprego foron escasos, e non conseguiron alterar substancialmente a base económica, que continuou descansando sobre o terciario. O período 1940-1951 caracterizouse polo estancamento do produto interior bruto, que afectou máis ao sector industrial, debido ao estrangulamento enerxético e de materiais e, sobre todo, á política económica franquista de illamento fronte ao exterior. Con todo, na Coruña apréciase aínda un crecemento do número de empresas durante a primeira metade dos anos corenta, que habería que ligar á demanda exterior, aínda que lle seguise un comportamento máis retraído no segundo lustro. Neste segundo período, a situación volveuse insostible, debido á escaseza de todo tipo de bens. Ao longo deses anos produciuse un bloqueo do comercio exterior español, que afectou ás mercadorías, o que significa que os sectores vinculados ao exterior arrastraron un comportamento titubeante. Con todo, chama a atención o escaso grado de orientación cara ao exterior da economía local, xa que non era frecuente atopar empresas capaces de competir con eficacia no estranxeiro. Doutra banda, produciuse unha caída da actividade portuaria, en todas as frontes. Á protección exterior e a intervención das importacións engadíronse a escaseza crónica de divisas, a revalorización da moeda e as políticas de axuste de prezos. Con todo, aínda que a economía dependía do porto, non o era tanto do sector exterior, senón do espazo económico español e, sobre todo, rexional e local. O desenvolvemento, aínda que irregular, do tráfico de cabotaxe axudou a soportar as dificultades. Ademais, determinados servizos e o comercio dependían dunha demanda local, non demasiado dinámica, pero máis estable. A principal contribución ao sostemento da economía urbana proveu das actividades comerciais e de servizos, xunto coas actividades de carácter artesanal, integradas por pequenos obradoiros de fabricación e ou venda de diversos tipos de produtos, así como o sector da construción. En cambio, a industria inicialmente exhibe maiores dificultades, debido á severa crise que atravesaron algúns sectores (conservas, madeira, etc.).

10

Posteriormente, o período 1951-59, cualificado en ocasións como decenio “bisagra”, mostra maiores taxas de crecemento, aínda que con flutuacións, grazas á gradual liberalización da política económica. A maior axilidade dos mecanismos económicos restableceu os equilibrios macroeconómicos, principalmente o exceso de demanda, controlando así a inflación. Esta década acusa, aparentemente, un crecemento máis lento na Coruña. Con todo, a realidade é que, se se prescinde da inestabilidade de certos negocios de servizos, o resto de actividades económicas distínguese por unha liña máis dinámica que no decenio precedente, cun cambio de dirección cara a 1950. O movemento portuario acelerouse mediada a década, grazas a factores exóxenos: os efectos das directrices da política económica e a incidencia das primeiras medidas liberalizadoras, a aceleración das exportacións minerais e o comezo da superación da crise que atravesou a navegación de cabotaxe durante a primeira parte da década. De novo apréciase que o principal sector responsable do sostemento da economía foi o comercial. Fronte ás marcadas oscilacións dos demais sectores, as actividades comerciais arroxan unha liña de crecemento continuo ao longo dos anos cincuenta. Os factores crave desta evolución foron moi similares ao decenio precedente: crecemento demográfico, expansión do mercado urbano, mellora do abastecemento de bens, supostas melloras do nivel de renda, etc. De novo, os sectores que abastecían as demandas básicas da poboación conservaron unha tendencia máis próspera. Naqueles casos nos que a creación de novas empresas non foi demasiado destacada, se se recoñece unha liña máis estable (alimentación, téxtiles, etc.). Pero un bo indicador de que os suministros melloraron atopámolo no aumento do número de empresas de venda de vehículos e accesorios, aínda que permanecesen algúns estrangulamentos no fornezo de combustibles, produtos químicos, etc., procedentes do exterior. En canto aos servizos, a súa traxectoria foi moi irregular. O perfil terciario da cidade consolidouse, pero a terciarización partiu do crecemento dos servizos de transporte e da estabilización de actividades como a restauración, hospedaxe, xestión, etc. Por outra banda, a transformación espacial da cidade acelerouse neses anos, xa que o centro histórico (zona tradicionalmente residencial e comercial) sufriu nos cincuenta e sesenta unha serie de renovacións que o transformaron nun centro burocrático, administrativo e financeiro. O principal responsable da desaceleración global da economía foi o estancamento industrial, que arrinca de finais do decenio anterior, e que obedece a varias razóns. En primeiro lugar, a escasa eficacia dunha política industrial orientada a sectores non clave na economía coruñesa, e a espazos xeográficos distintos do galego. En segundo lugar, a persistente crise de sectores industriais concretos. Se nos anos anteriores as industrias dirixidas ao exterior substituíran os seus mercados tradicionais polo mercado nacional e rexional, neses momentos multiplicáronse as dificultades para recuperar eses mercados. Ademais, o mercado nacional era moi estreito, por mor dos estorbos do transporte e a diminución das rendas, o que se engadía ás trabas no fornezo exterior. Entre as máis prexudicadas destacan industrias que vendían no mercado nacional, como a conserva, a madeira ou a industria química. En cambio, a situación beneficiou a certas industrias de abastecemento local: metalurxia, téxtil, coiro, cerámica, etc.

11

Con todo, seguimos en presenza dunha España en branco e negro, á que os seus dirixentes estaban a piques de dotala de algo de cor, intentando achegala ás correntes de modernización que bañaban os mares de Europa. Aínda que apenas se trate dunhas pinceladas, xa que o réxime franquista aínda se mantivo forte durante unha década e media, aprécianse algúns síntomas de cambio. A finais dos anos cincuenta produciuse un pulo á industrialización do país, a través dos Plans Provinciais. O máis importante foi o da zona industrial da Grela, aínda cando a industria local non se viu demasiado beneficiada con estas políticas. E, finalmente, a constitución do Polo de Desenvolvemento a principios dos anos sesenta, principal determinante do desenvolvemento industrial desa década, xunto coa especialización do veciño municipio de Arteixo. A Coruña seguirá sendo unha cidade de marcado carácter terciario, pero encamiñada decididamente cara á modernidade.

12

Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.