ENSINANZA-APRENDIZAXE DA LINGUA INGLESA

August 10, 2017 | Autor: J. oro Cabanas | Categoría: Applied Linguistics
Share Embed


Descripción

2015 J.M.ORO CABANAS

ENSINANZA-APRENDIZAXE DA LINGUA INGLESA: TRADICIÓN E MODERNIDADE.

Jose Manuel Oro Cabanas teaches English Language and Linguistics and he is currently the coordinator of the research group GI‐1394 ‐Lingua e Cultura‐ of the University of Santiago de Compostela (Spain). He works on descriptive synchronic linguistics and applied linguistic studies, translation and error analysis.

Ensinanza‐aprendizaxe da lingua inglesa: Tradición e modernidade. Estelibro é propiedade do autor. Ningunha parte pode ser reimpresa, reproducida ou utilizada en ningunha das formas posibles sen permiso do autor, outorgado por escrito. 1ª Edición, 30‐ I‐ 2015 IMPRESO EN LUGO POR UNICOPIA

ISBN – 13 978‐84‐617‐2396‐6 D.P: LU 169-2014

Ensinanza-aprendizaxe da lingua inglesa: Tradición e

2015

modernidade. TÁBOA DE CONTIDOS

TÁBOA DE CONTIDOS ................................................................................................... II PREFACIO .................................................................................................................... III TEORIZACIÓN LINGÜÍSTICA ...........................................................................................1 1

TEORIZACIÓN LINGÜÍSTICA ..................................................................................... 1 1.1

LINGUAXE E CIENCIA ...................................................................................... 3

1.2

LINGÜÍSTICA E PEDAGOXÍA ............................................................................ 8

1.3

TRADICIÓN CLÁSICA. DESCRICIÓN E PEDAGOXÍA ......................................... 11

APLICACIÓNS ............................................................................................................... 21 2

INTRODUCIÓN ÁS APLICACIÓNS ........................................................................... 21 2.1

INTERRELACIÓNS E FUNDAMENTOS CLÁSICOS ............................................ 22

2.2

FUNDAMENTOS ESTRUCTURAIS, XENERATIVOS E FUNCIONAIS .................. 47

2.3

OS MODELOS DESCRITIVOS .......................................................................... 93

LINGÜÍSTICA: NIVEIS .................................................................................................. 101 3

PARCELACIÓN LINGÜÍSTICA ................................................................................101 3.1

FACTORES LEXICOLÓXICOS .........................................................................107

3.2

FACTORES GRAFOLÓXICOS E FONOLÓXICOS .............................................131

3.3

PROCESOS MORFOLOXICOS. ......................................................................148

3.4

FACTORES SINTACTICOS ............................................................................. 158

3.4.1 3.5

OPERACIÓNS PERMUTATIVAS ..............................................................161

FACTORES SEMÁNTICOS ............................................................................167

ENSINANZA/APRENDIZAXE........................................................................................ 178 4

FACTORES DA APRENDIZAXE ..............................................................................178

5

BIBLIOGRAFÍA ......................................................................................................193

Ensinanza-aprendizaxe da lingua inglesa: Tradición e

2015

modernidade.

PREFACIO É a miña intención manifestar neste libro unha serie de inconvenientes e vantaxes para os interesados no estudo da lingua inglesa. Intentarei

centrarme,

en

primeiro

lugar,

nunha

descrición

superficial

dalgunhas das concepcións que os lingüistas fan dos aspectos formais, semasiolóxicos,

estructurais,

xenerativos

e

descritivos

da

linguaxe,

presentando unha breve análise dos movementos de teorización lingüística e gramatical máis influintes no seu estudo e desenvolvemento, e unhas referencias

sucintas

dos

modelos

que

xurdiron

como

variantes

das

aproximacións elixidas. Existen moitas alternativas que emerxen como consecuencia da falta de consistencia destes movementos e que se presentan como versións modificadas destes ou mesmo intentan converterse en modelos, movementos, escolas ou aproximacións con carácter propio. Aceptando o feito de que tanto a parcelación lingüística, coma as aplicacións ao ensino das linguas, de calquera manifestación concreta da linguaxe

son

complementarias,

e

que

se

poden

entender

como

representacións con capacidade de desenvolvemento que van do concreto ao abstracto ou ao contrario, debemos estar abertos a considerar as diferenzas que se marcan en ámbolos dous medios a través do diferentes nivéis que nos prestan os mecanismos necesarios tanto para análise prescritiva como para a descritiva. Neste senso, o estudoso ten que considerar por un lado os procesos de innovación léxica e gramatical e, por outro, os procesos de fosilización ou petrificación aos que se ven sometidos as linguas, buscando a estabilidade comunicatica, a través da interacción do pensamento individual e dun bo número de aproximacións que facilitan o seu desenvolvemento. Deste xeito, aumentan a súa complexidade debido ao número exhaustivo de datos de introspección individual, á evolución dos avances científicos e costumes socioculturais

da

comunidade

e

á

influencia

doutras

comunidades

contemporáneas ou históricas. Os datos aos que se fai referencia son de obrigado tratamento tanto para facilitar a comprensión lingüística como para a formulación en calquera das dimensións no ensino das linguas.

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

TEORIZACIÓN LINGÜÍSTICA 1

TEORIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Sería imposible abranguer tódolos aspectos analizados ao longo da historiografía lingüística que, como se sabe, inclúe un numeroso grupo de persoas que ilustraron unha grande diversificación de conceptos e unha variada gama de interpretacións dos mesmos. Sen embargo, cremos importante sinalar tanto os autores relevantes no estudo lingüístico, que coas súas contribucións asentaron liñas de apreciación obxectivas, como algúns dos conceptos en torno aos que xira a interpretación lingüística. Presentamos, pois, unha breve análise daqueles aspectos que, nunha época ou noutra, foron obxecto de controversia lingüística e, tamén, as incidencias máis relevantes dentro da gramática inglesa en distintos períodos e as fases da súa evolución como lingua vernácula, que, dalgunha forma, ilustraron os principios básicos, sobre os que se asentan os procesos de investigación e orientación gramatical, que nos poden ser útiles para a descrición das linguas. E ben certo que tamén outros conceptos constitúen principios fundamentais da ilustración gramatical como método de interpretación lingüística, que nunca poden ser relegados dos principios metodolóxicos das disciplinas lingüísticas como fonte de datos. Sen embargo, non é este o lugar para a súa inclusión posto que a nosa caracterización non constituirá un medio senón un fin na interpretación, en termos de gradación lingüística e filosófica dende a abstracción a concreción. Así, limitaremos a nosa análise a aquelas tres variables que dalgún xeito se achegan máis a interrelación da forma coa función en relación coa significación,

1

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

centrándonos máis na dimensión sincrónico-descritiva, dado que nos parece, e é evidente, que repercute dunha maneira máis eficaz na valoración do uso en relación coa norma na súa representación actual, e que, sen dúbida, vén a amosarnos o verdadeiro principio de iniciación ao coñecemento dunha lingua en concreto, e, polo tanto, do comportamento da linguaxe tanto para a análise descritiva como para as diversas aplicacións. Pero non descartamos, sen embargo, recorrer ás fontes e referencias diacrónicas para presentar aspectos concretos de realización.

2

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

1.1

2015

LINGUAXE E CIENCIA

Os científicos rara vez poñen en dúbida as súas crenzas e fundamentos, baseados unhas veces en fontes reais e, outras, formulados dun xeito hipotético. Son conscientes de todos modos de que a súa focalización -realizada a través da subxectividade da propia visión interna do mundo interior do falante e enraizada na súa visión subxectiva e externa do mundo exterior- representa, a pesar da mediatización dos propios límites esenciais unha alteración ou ben unha alternativa de interpretación. Isto implica que as narracións feitas a través do pensamento non recollan, en moitos casos, a esencia do comportamento lingüístico e, polo tanto, a visualización de aspectos esenciais e tamén dos accidentais, aínda que dunha forma xenérica, e a súa delimitación son, sen dúbida, estritamente funcionais. Estes, nunha boa parte, non se poden analizar en tódolos seus comportamentos sen unha delimitación interactiva da actitude dos falantes. Entramos, entón, na necesidade dunha analítica sempre apoiada nun corpus de datos que, unha vez analizados estatisticamente, sinalen a frecuencia de uso, representativa soamente dos comportamentos de dito corpus á hora de delimitar as regras gramaticais de conduta xeral e os apéndices das mesmas en torno aos comportamentos aspectuais interactivos. En moitos casos, sen embargo, a análise resulta coincidente á hora de mostrar esas pautas de uso en relación con outros corpus de datos e isto é o que facilita a idea das linguas como un todo interactivo aínda que cambiante. Neste sentido, os efectos dos descriptivistas sobre o desenvolvemento do uso das linguas na lingüística e a súa interacción coa norma sempre han de ser marcados pola dúbida de comportamento evolutivo da lingua, sobre todo naqueles casos en que unha excepción á regra inicia unha caracterización ascendente no uso,

3

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

i.e. é o momento do trasvase da súa potencialidade á participación e inclusión na gramaticalidade conceptual e incluso formal. É, pois, concluínte que o uso modifica a norma e a norma, polo tanto, recíclase no uso. As bases principais, sen dúbida, xacen na realización lingüística dos falantes dunha comunidade X e nas súas propiedades individuais de interacción

co

pensamento, cando estas combinan e adecúan os seus actos de fala ás necesidades comunicativas reais de interacción pragmática cos seus oíntes e co medio no que se desenvolven. Só así se pode evitar a ambigüidade interpretativa. É clara, deste modo, a xustificación da relaxación coloquial lingüística, pero tamén o son as acuñacións e a congruencia gramatical subxectiva tanto na aceptación de préstamos e valoracións de rango especial como na sincronía potencial do uso, cunha aceptabilidade e gramaticalidade que pode ser discutida. Non en balde Kruisinga e tamén Poustma consideraban como principio fundamental dos estudos gramaticais as descricións empíricas da estrutura dunha lingua dada nos propios termos, sen recorrer a formulacións de relación xenérica. É ben certo, sen embargo, que a ciencia lingüística buscou en repetidas ocasións analoxías coas ciencias naturais. Así, por exemplo, a química proporcionou un modelo para o estudo da lingua en Inglaterra durante o século XVIII; a anatomía comparada inspirou a ciencia lingüística comparativa. Whitney (1867) e Scherer (1868) consideraron a xeoloxía como un modelo apropiado para a lingüística. O modelo de Steinthall (1860) era mecanicista. As bases, sen embargo, están implícitas na controversia teórica. Así, a visión da linguaxe contrastiva de Steinthal choca en gran medida coa dos comparativistas. Mentres os comparativistas ven a lingua como un todo orgánico, Stheinthal observa que a fala humana está determinada por principios fisiolóxicos e mentais. Tamen Brugmann (1886-1900) observa estas dúas derivacións dos actos da fala.

4

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

A fonética era unha ciencia auxiliar de estatus marxinal que trataba co lado físico dunha lingua, pero tamén aquí os factores sicolóxicos veñen a ser operativos. A teoría da atracción, por exemplo, ten lugar cando unha forma e substituída por outra forma non gramatical máis similar dentro do seu ámbito lingüístico. Na asimilación, poñamos por caso, un son etimoloxicamente correcto reemprázase por un son máis similar ou por outros sons que os anteceden ou preceden. Xa Steinthall distingue dúas clases de asimilación: Progresiva (good book [ gub buk]) e a regresiva (glaubt raubt [glaupt raupt]) e indica que este proceso non ten unha explicación fonética senón que depende dunha interacción da mente e do corpo. En relación con estas propostas cabe mencionar agora que moitos dos conceptos interpretativos significativos das linguas xiran en torno á hipótese interpretativa de Whorf (1956: 252) quen senta os conceptos filosóficos interpretativos de novas visións de interacción entre uso e norma condicionados pola relatividade da actitude dos falantes. Whorf mantén, no que el denomina 'novo prinicipio de relatividade', que os observadores non son guiados pola mesma evidencia física e coa mesma apreciación do universo, a non ser que as súas bases lingüísticas sexan similares, ou que poidan interaccionar dalgún xeito. Para Whorf, a lingua que un fala determina non só a súa visión do universo senón tamén a súa maneira de pensar. Neste senso, lingua e pensamento condicionan a reprodución de actos de fala de tal xeito que a gramaticalidade dos mesmos non é sempre aceptada no uso pero sí é potencialmente aceptable na evolución dunha lingua concreta debido á influencia doutras linguas e a outros factores extralingüísticos. A este respecto, basta considera-la obra Doctrinale Puerorum de Alexandro de Villa Dei (1199) onde se sinala a diferencia entre concordatio e regime e onde se introduce o término cópula. Xa nesta época se atende á 'problemática da colocación das palabras', o que implica que constitúan unha sinalización de problemas

5

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

relacionais sintáctico-semánticos, en términos de aceptabilidade e gramaticalidade (berreto nero non berretto categórico). Tamén cabe salienta-lo primeiro tratado gramatical (S. XII) dun islandés descoñecido (cf. Robins) que plantexa o estudio fonolóxico da lingua islandesa, adiantándose nalgúns aspectos à Escola de Praga. Petrus Hispanus (S. XIII) na súa obra Summulae Logicales fixo referencia á diferencia entre ‘significatio e suppositio’. Aínda hoxe non está de todo claro para moitos estudosos se o pensamento moldea a lingua. Whorf, sen embargo, ten clara a identidade da lingua e do pensamento. O que sí parece certo é que a lingua non cambia o pensamento aínda que probablemente os pensamentos conxuntamente con outros condicionamentos sociais e culturais participen na conformación das manifestacións concretas da linguaxe. Os neogramáticos, por exemplo, incorporan elementos destes críticos nunha arte de pensar na que todo o que se refería á especulación filosófica non tiña posible tratamento no estudo da linguaxe. Coa excepción de H. Paul (1880: 5) quen, a pesar de considerar as ramas históricas da ciencia lingüística, sinala que ningunha ciencia é posible sen algunha clase de especulación, "Man befindet sich in einer selbsttauschung venn man meint das einfaschste historische factum oohne zutat von speculation constatieren zu durfen". H. Paul mantén que os 'principienlehere' das ciencias culturais deben basearse na sicoloxía, pero tamén debe demostrarse como as forzas sicolóxicas e fisiolóxicas interaccionan e a 'volkerpsychologie' vén a ser a sicoloxía da mente da comunidade. Principios nos que, sen dúbida, se basea a dicotomía sassureana 'langue/parole' e, en progresión, a chomskiana 'competence/performance' e a máis consistente: 'use/usage' de Widdowson. Os contrastes de opinións sucédense ao longo da historia e incitan ao

6

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

pronunciamento de teorías da aplicación do estudo das linguas nas súas realizacións concretas. O modelo gramatical británico é un claro exemplo destas tendencias aplicadas ao ensino das linguas. Críticas, dentro da súa concepción do mundo interno dos individuos, non faltaron para Whorf, de quen Max Black (1959) por exemplo, di que identifica o 'sistema conceptual' e ' a visión do mundo' coa lingua na que se expresan os individuos; aínda que pense que son aspectos distintos, identifícaos, segundo Black, dunha maneira confusa. Sen embargo, o dualismo mente-corpo, que se aprecia en Sapir, non se reflicte nas concepcións de Whorf. A lingua que fala un individuo non só determina a visión do mundo senón tamén a súa maneira de pensar. Neste sentido, a hipótese da relatividade lingüística identifica o pensamento coa linguaxe. Nunha liña similar, Humboldt identifica ámbolos procesos interactivos, aínda que non resulta fácil comprendelo, a través das súas exposicións sobre a orixe da lingua.

7

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

1.2

2015

LINGÜÍSTICA E PEDAGOXÍA

Tanto os estudos lingüístico-teóricos da abstracción como as gramáticas pedagóxicas foron realizados ao longo dos séculos para a propia conservación das linguas así como para afondar nunha visión globalizadora do comportamento comunicativo, deixando á marxe os intereses económicos que subxacen no desenvolvemento académico e pedagóxico. Neste curto ensaio intentamos presentar algúns aspectos relevantes de controversia

lingüística

como

método

de

interacción

na

aplicación

do

comportamento xeral ás realizacións concretas, centrándonos nas relacións dos niveis que conforman interpretacións homoxéneas aínda que puntualmente diversificadas na matización do estudo das linguas. Neste senso as referencias lingüísticas constitúen unha análise independente das relacións sistemáticas dos exemplos das linguas referenciadas, pero interactiva nas relacións contextuais globais. Á complexidade que presenta a linguaxe por mor das diferentes manifestacións concretas con variadas representacións fonolóxicas e gráficas e por mor das súas interrelacións na procura dunha maior efectividade comunicativa, engádese a interacción do pensamento individualizado e as connotacións propias comunitarias. Sen embargo, as posibilidades de explicación dos aspectos profundos da linguaxe non pasa só pola análise lingüística das súas manifestacións concretas en relación coa evolución ou coa situación particular dun período lingüístico concreto. Verdadeiramente os factores sociolingüísticos e sicolingüísticos que interveñen na adquisición das linguas nos individuos da comunidade nativa e, en menor medida, as dificultades de aprendizaxe dos individuos doutras comunidades poderían tomarse

8

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

como un punto de partida cara á unha análise aglutinadora do comportamento comunicativo, marcando as diferenzas da lingua da mente a través de estratexias de percepción. Neste senso nas relacións explicativas que o mesmo Chomsky (1965: 25) analiza, o que ven a dicir é "adecuación explicativa' da teoría da linguaxe tal e como sinala ao longo do seu discurso, "As a long-range task for general linguistics, we might set the problem of developing an account of this innate linguistic theory that provides the basis for language learning".

Cando Chomsky fala da teoría innata como principio á predisposición dos nenos pequenos para adquirir as regras dunha lingua que o converten nun falante competente, refírese a que ha de acadar unha adecuación descritiva. O lingüista ha de intentar proporcionar unha exposición explícita da gramática a través da observación dos datos e do seu comportamento. Este feito que, sen dúbida, implica unha das propostas fundamentais de Chomsky - a da relación 'lingua' e 'pensamento' - que se pode entender como unha contribución potencial dos estudos universais á sicoloxía humana e da linguaxe, trasládonos ás concepcións aristotélicas referentes á linguaxe, pensamento e realidade en De Interpretatione, onde o autor considera que os pensamentos, 'affeccións da anima' median entre as palabras e o mundo porque é obvio que as palabras non reflicten as cousas directamente. A adecuación explicativa, retomada tamén polos estudosos do medievo de Aristóteles, quen ademais senta as bases de que as palabras son signos convencionais dos conceptos e os conceptos son signos naturais das cousas existentes no mundo real, en certo sentido vén a anular o problema lingüístico dado que a análise lingüística é unha técnica para o estudo conxunto do pensamento e da realidade. Isto xustifica a dispersión actual dos niveis á hora de abordar tratamentos

9

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

específicos da linguaxe, principalmente os semánticos e pragmáticos ou, obviamente, o tan mal tratado eclecticismo formal e semasiolóxico do século XIX. De todos os xeitos o avance desta teoría chosmskiana reside claramente en trasladar a análise ao principio da aplicación da mesma, é dicir, a incorporación ao caixón léxico das representacións, polo menos sonoras, dos signos conceptuais e as regras de formación e estruturais para a combinación de elementos.

10

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

1.3

2015

TRADICIÓN CLÁSICA. DESCRICIÓN E PEDAGOXÍA

Desde a énfase tradicional posta no tratamento lóxico das categorías lingüísticas xunto coa retórica e o estudo da poesía ata o discernimento das clases de palabras houbo unha longa andadura. Esta etapa, que parece representar un momento de pouca claridade no tratamento lingüístico pola falta de conexión entre gramática, i.e. estruturas e léxico, e o uso da lingua, senta sen embargo as bases para presentar a problemática gramatical. Parece ser que a primeira clasificación sistemática aparece na gramática de Dionisio de Tracia, quen considera que o nome, o verbo, o participio, o artigo, o pronome, a preposición, o adverbio e a conxunción constitúen as partes principais obxecto de análise. Esta clasificación, coa oscilación subxectiva pertinente nas diversas matizacións e agrupamentos segundo os gramáticos e as épocas, vai constituír a base modélica da estrutura gramatical inglesa ata o momento actual. Nesta época inténtase acadar unha interpretación realista por medio dunha aproximacíon analítica cunha perspectiva sintética (ie. das partes cara ó todo). Platón xa trata con seriedade esta disciplina. Nos seus diálogos aparece unha división fundamental da oración grega: compoñente nominal e compoñente verbal (ónoma e rhema). Aristóteles utiliza as análises lingüísticas como unha técnica para a análise do pensamento e da realidade. Aínda así, presta atención á palabra como signo convencional dos conceptos, define o rhema frente ó ónoma, presta atención ós casos, o mesmo que Protágoras, e sitúa a palabra frente á oración (logos). Os estoicos, pertencentes á escola fundada por Zenón cara ó 300 a.c., analizan as cuestións lingüísticas en obras separadas, establecen 5 clases de palabras

11

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

partindo do syndesmoi de Aristóteles e do ónoma. Tamén consideran o verbo atendendo ás variables temporais e aspectuais. Os Sofistas do século V tratan, aínda que someramente, as partes da lingua que logo ían ser consideradas 'categorías gramaticais'. Parece unha idea consensuada na literatura lingüística, que nós asumimos, que ámbolos dous, Donato e Prisciano, sentan os principios fundamentais polos que se van rexer a maioría dos gramáticos ingleses ata a actualidade. A transmisión deste tratamento lingüístico vaise producir vía Tomas de Linacriex Anglico1 quen, do mesmo xeito cós autores antes mencionados, considera como partes da oración as seguintes clases de palabras: "et sunt parts orationes, nomen, pronomen, verbum, participium, præpositio, adverbiu, interactio, coniunctio". (MDXXXIII: 5) Parce claro, tal e como xa manifestaba Oro, non cabe dúbida de que paga a pena considerar as diferentes aportacións sobre os avances dos estudos máis relevantes para o desenvolvemento do ser humano e da sociedade da que forma parte: Resulta relevante considerar que, xa desde as primeiras concepcións lingüísticas dos gregos e romanos se formalizan dicotomías (forma/significado, signo convencional/signo natural, regularidade ou analoxia/irregularidade ou anomalía, lingua escrita/lingua falada, etc.); préstase atención ás clases de palabras; establécense niveis lingüísticos (etimoloxía, fonética, gramática). En suma, avánzase con altos e baixos na investigación das bases lingüísticas que, dalgunha maneira, veñen a concretar e defini-lo fin último da linguaxe: a comunicación. (Oro, 1992:122)

E, se ben é certo que no período medieval se vai seguir maioritariamente a clasificación de Donato e Prisciano, non debemos deixar a un lado a influencia dos lóxicos. Entre os autores máis relevantes cabe destacar a Roger Bacon quen, seguindo a Boecio, cae nas fromulacións dos lóxicos que aceptaban só dúas clases de palabras desde un punto de vista lóxico, aínda que aceptan oito desde un punto

12

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

de vista gramatical. Tamén, e por outra parte, Tomás de Erfurt engade ás categorías do nome (xénero, forma, número e caso) a de persona que Prisciano non incluía. Un dos aspectos mais significativos aplicable á teoría gramatical, segundo Tomás de Erfurt, é o feito de que a mente percibe e que a mente comprende, e, polo tanto, é capaz de significación. Chomsky centráse neste aspecto establecendo unha relación entre a lingüística e os procesos mentais, o que vén a diferencialo máis da filosofía xeral do estruturalismo. Neste senso, a definición do nomen e do verbum tamén é unha cuestión da gramática profunda, dado que tanto o modus entis como o modo xeral de significado do nomen e do modus esse como o modo xeral de significado do verbo demostran o discernimento dunha gramática profunda en contraposición coa análise descritiva. Isto tamén se pode observar na teoría sintáctica nunha progresión de tres etapas -constructio, congruitas e perfectione-, tan en boga nas diatribas dos estudosos da descrición e da sintaxe da década dos 80, sobre todo considerando que a perfectione é necesaria para unha construción completa. É certo que no estudo da lingüística intenta recoñecerse que a teoría debe ser consecuente en toda investigación teórica xeral e gramatical e tamén é certo que non se escatimaron esforzos do pensamento para sentar tanto criterios xerais como específicos para controlar unha teoría lingüística; sen embargo a diversidade de correntes, a propia terminoloxía, a praxis das interpretacións dos conceptos e as súas interrelacións poden reconducirnos a posturas un tanto equívocas debido ao eclecticismo derivativo. Neste senso a estrutura profunda dos aspectos creativos da linguaxe reflíctese claramente na gramática de Port-Royal e nas exposicións especulativas de Tomás de Erfurt no feito de que os límites da súa teoría non lle deron elección e a súa gramática tiña forza limitada para crear novas oracións. Obviamente, Tomás de

13

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

Erfurt deuse conta deste proceso como se pode ver no seu intento de culminación (perfectio), aínda que as limitacións externas da súa teoría restrinxen a elección das oracións que constitúen o corpus da súa gramática; é dicir, que algunhas lagoas que se lle atribúen a Tomás de Erfurt moi ben puideran ser o resultado de influenzas extra-lingüísticas, como por exemplo a ausencia da discusión que conduce a que a conxunción subordinada deriva probablemente do modo léxico. En definitiva, a súa teoría gramatical ten como obxecto unha gramática da mente humana e neste senso a influencia de Prisciano do 'mentis conceptum'.Isto permítenos establecer os seguintes eixes lingüísticos en Inglaterra que se basean en criterios semánticos e formais que derivan cara representacións funcionais e os que se van centrar en principios formais que darán como resultado a maior producción de gramáticas nas que se vai a fundamentar o ensino do inglés como lingua segunda, estranxeira, ou terceira, pero tamén como base desta lingua adquirida.

EIXES LINGÜÍSTICOS EN INGLATERRA CRITERIOS SEMÁNTICOS E FORMAIS CRITERIOS FORMAIS (FUNCIONAIS) PRISCIANO BOECIO T. DE ERFURT PORT-ROYAL JOHN DE SALISBURY

BACON

CHOMSKY

LILY

RAMUS

FILLMORE

MURRAY, ABBOT

GRAMÁTICOS PEDAGÓXICOS DOS SÉCULOS XIX E XX,

SWEET JESPERSEN FIRTH HALLIDAY

QUIRK

Táboa 1

Tanto a traxectoria xeral ou as tendencias máis específicas que concorren en Inglaterra abondan para explicar que unha teoría lingüística é produto de moitos

14

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

anos de loita e pensamento e que a teoría lingüística é un único produto de moitas correntes e interpretacións que persiguen o mesmo fin: unha interpretación razoada da amplia dimensión que presenta tanto a linguaxe coma as diferentes manifestacións deste. É obvio, que o verdadeiro valor da teoría lingüística e tamén gramatical soamente se pode ver cando se definen claramente as interrelacións entre as diversas teorías e as súas derivacións. Neste senso, parece claro que os gramáticos gregos, latínos e os primeiros do medioevo eran esencialmente descritivos, pero despois de Pedro de Helias e especialmente dos da Escola Modista xa se involucran fortemente coa formulación dunha teoría da linguaxe, aínda que tamén se encontran atisbos en moitas das súas reflexións, sen dúbida, das dos gramáticos precedentes. Así pois, a gramática de Prisciano proporcionaba un modelo básico de descrición cuxo resultado aínda se pode ver hoxe nalgunhas das gramáticas pedagóxicas inglesas modernas, sen embargo, como case todo en lingüística, foi cuestionada en 1154 por William de Conches especialmente polo que respectaba ás bases teóricas, nas que se xustificaban as categorías gramaticais. Neste senso, é claro que un teórico da lingua é o produto da súa formación moldeada polo pensamento individual. Neste senso, non se discuten hoxe as interrelacións entre Saussure e a teoría sociolóxica de Durhein, ou a relación entre Sleicher e a teoría revolucionaria de Darwin, nin tampouco a existente entre os gramáticos de Port-Royal e Descartes, nin a secuenciación influencial entre Peter Helias, Robert Kilwardy e Bacon coa Filosofía Modista, de cuxos traballos, sen dúbida, o máis logrado foi o de Tomás de Erfurt tendo en conta a época na que se produciu. Tal e como sinala Chomsky (1966: 12), unha teoría lingüística para acadar unha certa reputación debe ter en conta a forma e o significado da lingua e depende

15

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

non só dos feitos mesmos senón tamén da súa interpretación. Neste senso pódese dicir que Prisciano, Tomás de Erfurt e unha maioría dos gramaticos ingleses acadaron a implantación de importantes pautas do tratamento lingüístico e do razoamento gramatical que non desmerecen en absoluto doutras teorías, e que nunha valoración global constitúen unha cadea na valoración dos fundamentos do desenvolvemento actual. Cos estudosos do medievo vai desaparecer a énfase posta anteriormente na conxunción coa literatura. Neste senso, Alcuín, Aelfric e o mesmo John de Salisbury (S. XII) insisten no feito de que a corrección é o aspecto fundamental da gramática. A ampla gama de actividades coa que se asociaba o termo 'gramática' incluía fonoloxía, etimoloxía, a arte de ler, corrección gramatical, claridade e interpretación literaria. Sen embargo, a división gramatical que ía desde as moi específicas de Isidoro, Alcuín ou Aelfric, que non se prestaba para fins pedagóxicos, ata a proposta de Peter Helías (1150) constaba de 4 partes: "quorum nomina quoniam non habemus, dicatur prima pars scientia de litteris, secunda de sillabus, tertia de dictionibus, quarta de oratione."

Todas estas propostas sentan as bases polas que se rexen as gramáticas inglesas ata o século XVIII. Polo que concerne aos niveis de tratamento formal das linguas: ortografía, prosodia, etimoloxía e sintaxe, cabe destacar que o foco de análise nunha grande maioría dos tratados dedicados ao estudo da lingua inglesa, con matiz claramente pedagóxico, céntrase na maior parte das súas exposicións en formulación de regras de escritura e na análise do comportamento fonolóxico no nivel de letra, sílaba, palabra e acento, ou na puntuación. Este interese aínda vixente, debido á complexidade que presentan as interrelacións grafema/fonema, xustifica que desde moi pronto se dediquen tratados que analizan en exclusividade estes aspectos tal e

16

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

como reflicten os títulos dos seus libros ( cf. Smith: 1567, Hart: 1569, Bullocar: 1580, Wilson: 1724, Ephiston: 1787, Alderson: 1793, Ewing: 1798, e outros). Estes gramáticos prestan unha atención primordial ás regras da grafía e á pronunciación que, sen dúbida, constitúen o esbozo do tratamento fonético e marcan a única liña científica que se lle pode atribuír á lingüística Inglesa que culmina a escola fonética de Londres dirixida por Sweet (1845-1912) quen se nutre sobre todo da información de Melville Bell (1867) e J. Ellis (1848) quen, conxuntamente cos escandinavos Noreen, Lundell e Storm, combinan a fonética acústica e articulatoria. Esta alternancia pola preocupación da fonoloxía a través da pedagoxía continúa aínda ao longo do século XVI en tratados en saxón e mesmo en latín con exemplos na lingua vernácula. Wallis: MDCLXXXIX, na súa Gramática Lingua Anglicanae, conxuga o estudo da pronunciación co comportamento das clases de palabras, como se pode apreciar na páxina 3 do seu prefacio: "Pronunciationem, five literarum sonum quod attinet, conatus sum eodem modo explicare, quo in aliis linguis fieri solet; (...), ou no encabezamento dos capítulos: De Vocalibus (p.38), De Diphthongs (p conceptos exemplificados para facilitar a aprehensión das regras básicas con sucintas explicacións no Latín da época: " 'c' ante 'a' ou ante consonantes, sonat uti 'k'; can, pussum: copy, copia: cut, soinda: clear, clarus: creep, serpo", (p.6)..58), De Consonis aliquot conjunctis (p.62), De Nomine, De Substantivo, De Articulis 'a' and 'the', etc. Ademais presenta, O tratamento etimolóxico, fundamento das derivacións de dous pretendidos niveis, o lexicolóxico/lexicográfico e o morfolóxico, xira en torno ao tratamento de 5 a 8 clases de palabras. O valor destes gramáticos, non obstante, non se pode pór en dúbida nin se pode deixar á marxe esta longa etapa no desenvolvemento das formulacións lingüísticas e gramaticais en Inglaterra, dado que, a pesar da súa base pedagóxica, como se ilustra nos títulos dos seus libros ou incluso sumarios, nas puntualizacións

17

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

teóricas estase a percibir unha filosofía lingüística e gramatical subxacente cuxo desenvolvemento aporta a modo de 'constructio figurata' unha formulación filosófica e racional que senta as bases de concepcións diferentes sobre as linguas e a linguaxe que van ver a súa prolongación en definicións cada vez máis exhaustivas en Murray (1834), Sonneschein (1909) e Sweet (1883) entre outros. Deste xeito alinéanse conceptos un tanto diluídos que preconizan a traxectoria Jespersen ---> Firth ---> Halliday. Neste senso, cando Lily e outros gramáticos deste longo período de adaptación gramatical sinalan - 'of nouns, some be substantives and some adjectives'- están a falar subxacentemente da función secundaria dalgunhas palabras que Jespersen (1909-1949) amplía e interpreta na tan traída e levada teoría dos rangos e das funcións das palabras. E, se ben é certo que Lily, baseándose en criterios semasiolóxicos, sentou bases que aínda hoxe non se descartan nas gramáticas pedagóxicas modernas, tamén Ramus incidiu fortemente coa presentación dun tratamento formal da gramática no desenvolvemento interpretativo. Neste senso, tanto as gramáticas baseadas en principios meramente casuísticos, como as que conxugaban os criterios formais e semasiolóxicos ou as que sobrepoñían os criterios formais sobre os casuísticos sementan a base de discusión casual/formal dos últimos anos do século XIX e principios do XX. Nesta dirección, Basset Jones (1659) dedica o seu capitulo II ao tratamento dos casos (of the cases) e na mesma liña cabe citar a Wallis (1653) e sobre todo a John Wilkins (1668). Que Lily foi o modelo a seguir por unha grande maioría dos gramáticos ingleses indícao o feito de que numerosas referencias se están a facer por parte dos outros autores dos mal chamados libelos gramaticais, que en certo modo se apoiaban nel; baste citar a Basset Jones (1954: 2)

18

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

‘(...) The same is hinted at by our Lillie, under the questions who or what? and whom or what’.

Así pois, a gramática inglesa vai sufrir poucas variacións, a non ser polas longas táboas no nivel de sílaba e palabra interaccionada co acento como correspondía á pedagoxía da época, ata que Lindley Murray (1834) publica a súa gramática que inclúe unha análise teórico-práctica máis detallada da ortografía, etimoloxía, sintaxe e prosodia, prestando unha atención especial á puntuación. A análise que precede pertence só en parte á historia da lingüística. Nela trátase de exemplificar como se debe centrar un programa de estudo para aglutinar dalgún xeito aspectos importantes do pensamento lingüístico nunha interacción cos diversos tratamentos que globalizan a análise das manifestacións concretas da linguaxe. Os procesos para a realización ou rexeitamento das concepcións 'standard' de determinadas análises de períodos concretos conflúe coa prelación do concreto versus do abstracto. Tamén foi posta unha certa atención na presentación formal. De todos é sabido que é característica de todo avance teórico que calquera traballo enfatiza unha diferenza co traballo do pasado inmediato pero tamén é razoable, cando a exposición teórica é tan ecléctica, que abonda con delimitar unha parcelación de enfoques sinxelos que han de contribuír a simplificar tanto a mediatización do pensamento como as aplicacións xerais. Esta é unha das razóns que nos inclinaron a presentar este estudo a base de diversas introducións delimitando aspectos puntuais de ampla influencia lingüística a través dos diversos campos e niveis que dan conformidade a unha análise global dunha lingua. Este estudo é o resultado de longos anos de experiencia docente da que forma parte a observación empírica, a análise estatística descritiva do uso e a norma establecida nun bo número de gramáticas pedagóxicas de lingua inglesa, que nos fixo reflexionar sobre a incorrección dalgunhas formulacións e os problemas que atinguen aos estudantes e estudosos cara a unha concepción teórica axeitada para

19

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

acadar unha base de interpretación lingüística e gramatical.

20

2015

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

APLICACIÓNS

2

INTRODUCIÓN ÁS APLICACIÓNS

Tanto os estudos lingüísticos da abstracción como as gramáticas pedagóxicas foron realizados ao longo dos séculos para a propia conservación da lingua no marco da busca dunha interpretación científica teórica e aplicada. Neste estudo intentaremos, pois, facer unha presentación simple feitos de comportamento dalgúns aspectos relevantes de controversia lingüística como método de interacción na aplicación da mestura de niveis que, sen dúbida, conforman interpretacións xeralmente homoxéneas aínda que puntualmente diversas na matización do estudo das linguas. Neste senso, as referencias lingüísticas constitúen unha análise independente das relacións sistemáticas dos exemplos das linguas referenciadas, pero interactiva nas relacións contextuais globais. Á complexidade que presenta a linguaxe por mor das diferentes manifestacións concretas con variadas representacións fonolóxicas e gráficas e por mor das súas interrelacións na procura dunha maior efectividade comunicativa engádese a interacción de pensamento individualizada e as connotacións propias comunicativas da comunidade.

21

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2.1

2015

INTERRELACIÓNS E FUNDAMENTOS CLÁSICOS

Como

sinalaba

Oro

(1990:145-157;

1992:

119-127)

os

enfoques,

movementos, métodos ou aproximacións tradicionais nacidos da reflexión grecolatina, que sobrevive ao longo dos séculos ata os comezos deste século aproximadamente, serán moi importantes no desenvolvemento posterior da gramática inglesa e na preparación dos materiais axeitados aos métodos de ensino. A maioría dos estudos gramaticais que se aplicaron ao estudo da lingua inglesa baseábanse no Latín, cuxa gramática, á súa vez, se baseaba na grega. Críase que, dado que a gramática latina e a grega tiñan trazos afíns, o que era válido para estas, era tamén válido para todas as linguas. Este modelo, non obstante, non encaixaba ben para realizar unha analítica lóxica da lingua inglesa, dende o momento en que esta lingua non é flexiva. Os gramáticos que durante tanto tempo, por exemplo, dende as gramáticas de Lyly (1468 - 1522) e Ramus (1515-1572) e ata finais do século XIX e comezos do XX seguiron estas pautas, declinaban, por exemplo, o nome en inglés do xeito seguinte: CASOS Nominative Accusative Genitive Dative Ablative Vocative

SINGULAR Prince Prince Prince’s To the prince By/with/ from The prince O prince

PLURAL Princes Princes Princes’ To the princes By/with/from The prince O princes

Táboa 2

Resulta relevante considerar que, xa desde as primeiras concepcións lingüísticas dos gregos e romanos, se formalizan dicotomías (forma/significado, signo convencional/signo natural,

regularidade ou analoxía/irregularidade ou

anomalía, lingua escrita/lingua falada, etc.); préstase atención ás clases de palabras;

22

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

establécense niveis lingüísticos (etimoloxía, fonética, gramática). En suma, avánzase con altos e baixos na investigación das bases lingüísticas que, dalgunha maneira, veñen a concretar e a definir o fin último da linguaxe: a comunicación. Nesta época inténtase acadar unha interpretación realista por medio dunha aproximación analítica cunha perspectiva sintética (i.e., das partes cara ó todo). Entre outras aportacións cabe destacar as seguintes

23

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

-

2015

Os Sofistas no século V a. C. e Sócrates (470- 379 a. C.) tratan, aínda que

someramente, as partes da lingua que logo ían ser consideradas 'categorías gramaticais'. Non cabe dúbida de que o argumento inductivo (επακτικοί λόγοι) e a definición xeral (ορίζεσθαι καθόλον) de Sócrates, aos que o mesmo Aristóteles deu o seu recoñecemento e así aparece reflectido por varios estudosos, van ser aspectos esenciais tamén para a ciencia lingüística

-

Platón xa trata con seriedade esta disciplina. Nos seus diálogos aparece

unha división fundamental da oración grega: compoñente nominal e compoñente verbal (ónoma e rhema). -

Aristóteles utiliza as análises lingüísticas como unha técnica para a análise

do pensamento e realidade e vai tratar algunhas cuestións lingüísticas relacionadas coa retórica e a crítica literaria nas obras: Retórica; Poética. Ademais, presta atención á palabra como signo convencional dos conceptos, define o rhema fronte ao ónoma, presta atención aos casos, o mesmo que Protágoras, e sitúa a palabra fronte á oración (logos). -

Os estoicos, pertencentes á escola fundada por Zenón cara ó 300 a.c.,

analizan as cuestións lingüísticas en obras separadas, establecen 5 clases de palabras partindo do syndesmoi de Aristóteles e do ónoma. Tamén consideran o verbo atendendo ás variables temporais e aspectuais. Na táboa que se expón a continuación inclúense algúns dos elementos e conceptos nos que basearon as derivacións das categorías gramaticais tanto abstractas como concretas. En xeral argumentaban as liñas relacionadas que indicaban que as categorías abstractas se derivaban de arquetipos de tipos diferentes. Os estudosos gregos e romanos consideraron ata que punto a linguaxe era natural ou convencional ou analóxica e anómala. E a partir das formulacións iniciais cando xa empezan a aparecer cuestión lingüísticas, certamente gramaticais, que

24

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

sentan novas bases na ciencia lingüística. destacaremos soamente algúns dos logros acadados na época clásica. Cf. Táboa, 3.

OS PRINCIPIOS DOS ESTUDOS ESTUDOS GRAMA GRAMATICAi TICAiS Argumentos un tanto caprichosos. Baseados sobre a orixe das palabras. Establecen 5 clases de palabras Fonética Consideran a sílaba como a unidade mínima; préstase atención á prosodia como anticipo da interacción significativa na fala. Gramá Morfoloxía (palabra/paradigma); relacións sintácticas; forma e Gramática significado (Cf. Significant/signified de Saussure) Conceptualizació Conceptualización ación Impresión; mente, experiencia lingüística; lingua falada (koiné); lingua escrita culta; impulsan as teses empiristas Etimoloxía A partir de palabras primitivas vanse creando outras palabras posteriores 5 clases de palabras: participio (caso e tempo). Verbo (sen caso pero con tempo), nome (con caso pero se tempo) e adverbio: sen caso nin tempo. Gramática Asignación do caso e do tempo ás palabras. O adxectivo trátase conxuntamente co nome. Proposta das regras gramaticais e anomalías semánticas. Anuncia os principios básicos polos que se vai rexer a morfoloxía nos procesos de derivación e flexión Conceptualización Derivación; flexión; morfemas de xénero e número; significado das palabras e a súa construción; a dicotomía: analoxía/anomalía Etimoloxía Propón 8 crases de palabras. Fonética Analiza os sons Morfoloxía Presta atención as regras de constitución das palabras latínas, prefixos, infixos sufixos;ás declinacións e tamén ás conxugacións verbais. Conceptualizació Conceptualización ción `mentis conceptibus’ xustificación das categorías de palabras Etimoloxía

OS ESTOICOS (escola fundada por Zenón (300 B.C,)

VARRON (116-27 a. C.)

PRISCIANO (S V-VI)

Táboa 3 Continuando brevemente con esta perspectiva de evolución histórica tamén merecen mención especial as gramáticas especulativas medievais, pedagóxicas nos seus fins e derivativas na súa doutrina; a este respecto, basta considerar, entre outros:

25

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

-

2015

A Alexandro de Villa Dei, (1199) quen, na obra Doctrinale Pueroron, sinala

a diferenza entre concordatio e regime e onde se introduce o termo cópula. Xa nesta época se atende á problemática da interrelación das palabras, o que implica que constituían unha identificación de problemas relacionais sintácticosemánticos, en termos de aceptabilidade e gramaticalidade (berreto nero, sí. berreto categórico, non). -

Tamén cabe salientar o primeiro tratado gramatical (S,XII) dun islandés

descoñecido (Cf. Robins) que presenta o estudo fonolóxico da lingua islandesa, adiantándose nalgúns aspectos á Escola de Praga, e a Petrus Hispanus (S. XIII) quen, na súa obra Summulae Logicales, fixo referencia á diferenza entre significatio e suppositio, etc.

As gramáticas medievais seguirán basicamente as liñas expostas por Prisciano e Donato, pero consideran tamén a reflexión aristotélica de que 'os principios da linguaxe son os mesmos para tódolos homes', para mostrar que o que podemos e non podemos dicir vén a ser a evidencia do que podemos e non podemos pensar e do que pode ou non pode ser. Este aspecto sería concibido polos gramáticos medievais da seguinte forma: 'nada pode ser significado excepto da forma que se coñece'.

Para os medievais, gramática significaba Institutionen Gramaticarum de Prisciano, que, á súa vez, aceptara a maioría dos conceptos da Techné de Dionisio de Tracia. Non incluíron na súa teoría gramatical, sen embargo, a observación máis profunda de Varrón (116-27 a.c.) quen, en De Lingua Latína, formulou a distinción por flexión e por derivación. A influencia de Prisciano nas concepcións medievalistas pódese sinalar pola cantidade de referencias que aparecen nun bo número de manuscritos (3 no S. VIII, 6 do IX ó XI, 283 do XI ó XII, 137 do XIII ó XIV, 44 no S. XV);

26

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

Cf. Margaret Gibson (1972) 'Priscian in Institutiones Grammaticae: A Handlist of Manuscripts', Scriptorum 26. A gramática especulativa é consistente coas concepcións de Aristóteles (lingua, pensamento e realidade). Así, téndese a considerar que o estudo do que dicimos é un bo camiño para considerar o que sabemos e incluso o que pode ser. Préstase atención á 'koiné' a través dunha análise conceptual que mostra como a linguaxe reflicte os trazos fundamentais do noso pensamento e do mundo. Os estudosos desta época pensaban que era necesaria a distinción formal entre o material e o conceptual, que deben ser tratados dun xeito integral. O recoñecemento de que as expresións son signos será o punto de partida para as análises lingüísticas.

OS PRINCIPIOS DOS ESTUDIOS GRAMÁTICAIS Etimoloxía 8 clases de palabras Medievais: Medievais: Palabra/signo fonética Partes da fala. Alexander Sintaxe dictio--- a oración como parte mínima da ‘constructio’ Conceptualización Expresión igual a signo; distinción formal entre o De Villa Dei, material e o conceptual; os graos de imposición das palabras; concordancia e réxime; mentis conceptibus; Thomas de Erfurt exemplificación de interrelacións léxicas.

Táboa 4

Tamén distinguen os medievais entre termos de intención primaria e secundaria, paralelamente á distinción entre palabras de primeira e segunda imposición. Esta idea xa aparece en Boecio e anteriormente en Porfirio;

sen

embargo, aínda agora, a imposición e a intención confúndense algunhas veces. Boecio sinala que a imposición primaria dun nome se fai con respecto á significación da palabra e, a segunda, con respecto á forma. Mantén que mentres palabras como 'home' e 'maza' son palabras de primeira imposición, porque se trata de entidades extralingüísticas, palabras como 'nome', 'plural' e 'caso' son termos de imposición

27

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

secundaria, porque designan signos convencionais. Usan ademais a frase 'término lóxico' ou simplemente 'término' para designar unha expresión lingüística considerada como un elemento dunha proposición. A este respecto merece mención especial a gramática de Lily (1450) que segue as liñas de Prisciano con oito clases de palabras ou partes da oración. Na mesma liña os manuais de gramática dos séculos XIV-XVI representan unha expresión rigorosamente práctica e pedagóxica, nesa interrelación entre 'use' e 'usage', que tan ben ilustra Widdowson (1978). De tódolos xeitos, raramente se ocupan de especulacións lingüísticas ou filosóficas e, cando o fan, as súas explicacións son pouco orixinais; pero, aínda así, vanse transmitindo referencias de apreciación global que inclúen peculiaridades do aspecto científico da linguaxe que van focalizando a súa inmersión na ciencia lingüística. O título da obra de Basset Jones (S. XVI) Essay on the rationality of the art of Speaking, vén a indicar o tratamento que xa se está a dar ás concepcións lingüísticas neste período. Nesta época fúndase a Academie Francaise (1635) e a Royal Society (1662). Humanistas (1500-1700)

Thomas Linacre (14601524)

Isaac Vossius (16181689)

Etimoloxía (analoxía) prosodia

3 clases de palabras: nome, verbo e conxunción; a súa descrición continúa a seguir do mesmo xeito que no latín e no grego. Inclúense as discusións sobre a sílaba e preguntas sobe o ritmo e a influenza dos factores morfolóxicos na fala O nome e o verbo deberíanse considerar as clases de palabras sintaxe primarias: a combinación dun nome e un verbo é necesaria pero suficiente para a construción dunha oración completa. conceptualización ‘Constructio justa’ versus ‘constructio figurata’ Etimoloxía 3 clases de palabras: nome, verbo e conxunción; a súa descrición (analoxía) continúa a seguir do mesmo xeito que no latín e no grego. prosodia Inclúense as discusións sobre a sílaba e preguntas sobe o ritmo e a influenza dos factores lexicolóxicos na fala. O nome e o verbo deberíanse considerar as clases de palabras sintaxe primarias: a combinación dun nome e un verbo é necesarias pero suficiente para a construción dunha oración completa. conceptualización A gramática máis que unha ciencia era un arte: constructio figurativa e non-figurativa

Táboa 5

28

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

Linacre expón a diferenza entre a construción figurativa e non- figurativa do xeito seguinte,

‘hai polo tanto dous tipos de construción: nunha nada está ausente ou é superfluo nin está en posición errónea ou transformada e eu chamo a este tipo regular. No outro tipo algo está ausente ou é superfluo ou está en posición errónea ou transformada, e exemplos disto, aparecen na maioría dos escritores romanos; este tipo pode ser chamado ‘figurativo’.

Na súa obra De Estrutura divide a sintaxe en constructio justa que reproduce fielmente o 'sensum anime’, e 'constructio figurata' que inclúe as estruturas elípticas 9i.e., ausencia dun elemento que é esencial á construción lexitima 'in sensum'). Así, por exemplo, o adxectivo'recens' pode remprazar un verbo 'recenter’, ou un adverbio podería actuar como unha unidade semántica equivalente á estrutura 'relativo+preposición,

unha

'conxunción'

a

un

'pronome+preposición'

e

'nome+verbo' pode sustituír un 'verbo'. Linacre xa dá exemplos de estruturas defectuosas en construccións figurativas e contrástaas con estruturas nas que o 'sensu' subxacente se dá ó completo ( C.f. eo roman e eo ad roman, Cicero erat brevis staturae e Cicero erat homo brevis staturae). A súa definición do proceso da ‘Elipse´e outros argumentos sobre o comportamento gramatical resultan ser o fundamento da teorización tomado por Sánchez de las Brozas, coñecido en Inglaterra como ‘Sanctius’.

29

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

-

2015

Vossius, seguindo a proposta de Aristóteles de que soamente existía a

ciencia sobre as cousas eternas, propón que a gramática era máis que unha ciencia un arte; principio notado por Francis Bacon ao comezo do século XVII, cando sinala que a gramática ten dúas funcióna: unha popular para acadar a lingua e entender aos autores, e outra filosófica que examina o poder das palabras e a natureza das palabras: o poder da linguaxe. Nin Lily, nin Ramus, nin sequera Sánchez de las Brozas van ser capaces de romper coa tradición. Entre os que rompen coa tradición cabe destacar a Escaligero que como xa foi indicado vaise afastar da concepción dos medievais da Sintaxe como a actualización superficial dos conceptos mentais subxacentes (verbum mentis/verbum oris) e vaina considerar como ‘a materia’.

Neste sentido, a

pesar de non conseguir interpretacións totalmente

científicas, nalgúns casos implantan formas de focalización e, en situacións concretas, bases que ben puideran ser tidas en conta para a formalización de novas e máis rigorosas teorías. En calquera caso, aspectos preceptivos que se fixeron famosos, por exemplo con Saussure ou con Chomsky, xa se vislumbraban nalgunhas das aproximacións ao estudo da linguaxe precedentes. Así, por exemplo, nas concepcións dos gramáticos gregos reflíctese claramente unha profunda controversia no estudo das contrasinais morfolóxicas, que aínda hoxe constitúen unha variable esencial dentro das análises formais. Os estoicos, pola súa parte, prestaban atención ao significado e contrastan o uso e a norma, parámetros que neste momento resultan esenciais para deducir as implicacións normativas dentro de sistemas concretos. Así mesmo os gramáticos especulativos, con referencias que van desde a gramaticalidade á súa interpretación semántica, en análises de interrelación morfosintáctica, son precursores dalgúns principios de interpretación lexicográfica e semántica.

30

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

Noutra orde de cousas, a

2015

énfase sobre a estrutura léxica dos 'lóxicos'

(gramáticos de Port Royal)1 por un lado, que como se sabe presentan un gran interese polas características supostamente universais da linguaxe, comparando exemplos de varias linguas, tomando como modelo as concepcións racionalistas cartesianas (percepción, xuízo e razoamento), aínda que detrás deles existe xa unha ampla tradición lingüística; e as interpretacións contrastivas do chamado historicismo ou comparatismo, por outro, recollen e engaden principios ou acuñan termos que constituirán elementos básicos para o posterior desenvolvemento teórico e aplicado. A pesar de que os comparativistas encontran precedentes, por exemplo, en Dante, que usou un método que máis tarde aparece en Escalígero (elíxese o significado dunha soa palabra e anótanse as distintas formas de expresión nas distintas linguas), Leibniz encontra parentesco histórico entre o finlandés e o húngaro e, máis tarde, Ben Jonson relaciona o sánscrito co latín, o grego e as linguas xermánicas. Pódese afirmar, sen embargo, que os estudos de lingüística histórica e comparada da familia IDE, centrando a atención na morfoloxía flexional e derivacional, empezan a ser tratados cun alto nivel científico por Rask e Grimm. Schlegel, Rask, Grimm, Bopp, Humboldt e Pott, estudosos desta época, salientan a importancia das estruturas internas das linguas. Termos como 'forte' e 'débil', en relación con flexións e 'apofonía' e 'metafonía', foron acuñados por Grimm, e a existencia desta corrente como ciencia parece descansar sobre o principio de regularidade dos cambios fonéticos que certamente se converteron en leis (Cf. Lei de Grimm e Lei de Verner). Como se sabe, o comparatismo, por exemplo, a través do establecemento de unidades mínimas significativas como elementos de estudo, constitúe aínda unha 1

Estes eruditos aceptan nove clases de palabras que reagrupan semanticamente en relación co obxecto do noso pensamento.

31

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

concepción insegura e en moitos aspectos contraditoria, pero a súa énfase por comparar pode ter incluso unha vixencia actual, sobre todo polo que se refire á súa aplicación co método 'grammar translation', e para o estudo da evolución da lingua e da aplicación fonolóxica. Este método, coas variantes influencias

introducidas

polas

doutros métodos ou aproximacións ao estudo das linguas, sempre

derivadas das súas correspondentes análises teóricas que pasan por diversos enfoques da ensinanza do vocabulario e diferentes formas de tratamento das estruturas, vén a ser, aínda hoxe, polo menos un recurso complementario na proxección dunha liña docente ou investigadora. En xeral, poderíase facer unha simplificación do comportamento da interacción téorico práctica ata ben avanzado o século XX, do xeito seguinte:

DENDE ANTIGÜEDADE ATA O SÉCULO XIX MODELOS E MÉTODOS MODELOS MÉTODOS ANTIGÜIDADE Gramática/ tradución IDADE MEDIA Gramática/tradución RENACEMENTO Gramática/ Tradución; Fonética; Lectura Método indutivo S. XVII-XVIII Gramática/ Tradución Fonética; Lectura MÉTODO DIRECTO M. D. Berlitz (197),

FUNDAMENTOS

Ferramentas

Griego; Latín Griego; Latín Latín clásico

Titores; Ensinanza gramatical

Linguas nacionais

S. XIX MÉTODO DE KARL PLÖT MÉTODO DE CLAUDE MARCEL

Uso da L1 para aprende a L2 Uso da L1 para aprender lingua r.

(GOUIN)

Durante as clases, só se fala Uso de materiais: táboas fonéticas

Wilhelm VIËTOR

Gramática linguas mortas/regras O ensino da gramática comparada; pronunciación por mor da repetición. Consistía na asociación da visualización dun obxeto ou dunha acción coas palabras que os designan. Reglas e exemplos aplicados á tradución de oracións Fala e escritura Comprensión de textos. Abundantes exercicios de escoita. Lectura (material simple) Asociación de ideas. Reproduccón na clase de actividades de cotío Fonética descritiva. Comprensión textual

Táboa 6 Existen moitas opinións contraditorias en relación co funcionamento destes

32

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

métodos. Fried (1969) cando se refería a estes métodos manifestaba que non se baseaban en principios lingüísticos sólidos. Deles cabe destacar os seguintes: o indutivo2, o de C. Marcel3 e o de W. Viëtor.4 Resulta, pois, conveniente intentar presentar brevemente a funcionalidade dunha selección de distintos procesos relevantes no estudo da linguaxe con algunhas das súas manifestacións concretas e relacionar

algúns aspectos

concluíntes. Tampouco temos que esquecer que algúns aspectos da gramática -por exemplo, nas Gramáticas inglesas víñanse recoñecendo dun xeito oscilante: 9-4 clases de palabras, 5-2 casos, 15-3 tempos verbais e 6-0 modos- tales como as partes da fala, os tempos verbais, os modos e os casos que foron obxecto de controversia ao longo dos séculos, e aínda a principios do século XX presentan problemas para a súa delimitación numérica, como se pode ver, por exemplo, no tratamento dado ao caso polas tres escolas máis destacadas das últimas décadas do século XIX e as primeiras do XX en Inglaterra:

-

A que

responde a criterios semántico-sincrónicos con Curme e

Deutschbein que xulgan a lingua empiricamente, sen basearse no 2

Método indutivo [Por exemplo, para Comenius, o importante na aprendizaxe dunha lingua non son as regras, senón a práctica, a repetición, a imitación; Neste sentido tamén se pronuncia LOCKE: a aprendizaxe dunha lingua adquírese polo uso común. 3 Só se aprende vocabulario e frases referidos ao cotián. Apréndese a conversar por medio de preguntas e respostas 4 VIËTOR(1850–1918) foi o iniciador principal do movemento da reforma do ensino das linguas modernas nas últimas décadas do século 19 (Cf. Howatt 1984; Howatt and Smith 2002); como catedrático de inglés en Marburg, desenrolou, do mesmo xeito que o fixo Jespersen en Copenhagen, ‘a corps of capable modernlanguage teachers to whom he gave a thorough training in phonetics’ (Bahlsen 1903/1905: 24). ['Un corpo de profesores de lingua moderna competentes ós que lles deu unha formación completa en fonética’ tradución de Oro Cabanas]. Os materiais para a aprendizaxe das linguas modernas foi moi utilizado en alemania, principalmente polas famosas tablas fonéticas. (Viëtor 1893)

33

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

coñecemento de etapas previas, a través de criterios formais. As formas considéranse aparte. Jespersen, por exemplo, segue esta liña de actuación. Definen o caso semanticamente; Curme recorre ao contexto e á definición para a súa delimitación, como se ilustra en:

1. 'They choose him(D D) a wife' 2. 'They choose him(A A) king, onde o contexto distingue A de D.

-

A que responde a criterios formais-sincrónicos con Sonneschein e C.T. Onions, membros do 'Departamental Committee' inglés, constituído para acabar coa anarquía gramatical do momento.

-

A que responde a problemática dos casos con Hale e Rounds, lingüistas americanos, que diferían nas súas apreciacións da problemática do caso na lingua inglesa. Aproximación ao sistema de multi-casos por medio de criterios semánticos, pero non poñen obxección ao estudo de estadios previos como punto de partida.

Os diferentes modelos teñen, como non, un bo número de precedentes ao longo da historiografía gramatical, entre os que cabe destacar os seguintes pola a súa influencia nas gramáticas pedagóxicas e escolares.

34

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

Gramáticos ingleses ( Criterios semasiolóxicos)

Gramáticos

Beda y Alcuino (S. VI/VII) Aelfric (1.100) Gramática latína e colloquium

Fundamentos Influenciados por: Representacións Fundamentos Influenciados por: Representacións posteriores

Gramáticas latínas Os clásicos Presentacións gramaticais ata o século XIX Gramáticas latínas Os clásicos Presentacións gramaticais ata o século XIX

Fundamentos

Visión universalista A teoría nominalista apoia a idea de que os “universais” son nomes ou palabras en sí Guillermo de mesmas, sen presenza fóra la lingua en sí. Ockam Os signos naturais son eses conceptos dos (2ª parte do que se compón a “propositio mentalis”, en século XIV) contraste coa “propositio vocalis” que se compón de elementos fonéticos formais, Ockan considera o “signo natural” unha “intentio” or “conceptus animae”. Influenciados por: A definición de Scaligero de palabra (palabra = nota speciei quae est in animo) Representacións A teoría nominalista posteriores

Táboa 7

A relación entre o que sucede na mente (mental affections) e as expresións actuais das mesmas ou o discurso é, foi e será un tópico de discusión eterno, que tomou unha relevancia especial en Inglaterra onde os criterios formais e semasiolóxicos van facer tomar posicións moi diferenciadas polo que concerne ás súas formulacións gramáticais, uns en Cambridge e outros en Oxford, e estas concepcións perduran na actualidade.

35

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

O SÉCULO XVI: CRITERIOS SEMASIOLÓXICOS E FORMAIS Fundamentos Gramáticas latínas: recoñece a existencia de 8 clases Lily (1540) de palabras ou partes da oración. criterios Influenciados Os clásicos e principalmente polas liñas marcadas formais por: por Prisciano Representacións Presentacións gramaticais ata a actualidade: son exemplos claros os gramáticos menores dos séculos XVII e XVIII e na actualidade Quirk e os gramáticos formais Fundamentos Gramáticas latínas; Racionalistas e aproximación á gramática teórica dos casos; etimoloxía, morfoloxía e Sintaxe; o material para a análise lingüística debe ser obtido da norma; o usuario debe seguir a norma e o traballo intelectual ten que ser considerado a través da razón. Os conceptos: o discurso interno (verbum mentis) e Ramus (1585) o discurso externo (verbum oris) constitúen o criterios principal tema de argumentación lingüística do semasiolóxicos século XVI. Influenciados Os clásicos: polo que se refire á metodoloxía segue por: os principios aristotélicos, os gregos, á teoría medieval e a Prisciano. Non acada a dicotomía das linguas como un sistema mental e a súa actualización no discurso, pero chega a apreciar que a ‘ratio’ é distinta do ‘sermo’ é. Tamén coma un criterio moi definido mostra preferencia pola forma sobre o significado, Representacións Presentacións gramaticais ata o século XIX; as ideas posteriores de Ramus van ter éxito nas áreas protestantes, en Escocia, en St. Andrews y Cambridge. A través do seu discípulo, o conde de Murray, a súa influencia chega a Roger Bacon e a Saussure, entre outros.

Táboa 8

Deste xeito, polo que respecta ás interrelacións entre a teoría e práctica dende a antigüidade ata o século XIX parece claro que dende as primeiras etapas o que se trata é de descubrir os factores que interveñen na aprendizaxe tendo en

36

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

conta os recursos cos que contaban. Na táboa 8, preséntanse algúns dos métodos usados para levar a cabo esta tarefa. Entre os obxectivos, actividades e argumentos a favor ou en contra do método gramática/tradución cabe destacar os seguintes: 5

EL MÉTODO ‘GRAMÁTICA-TRADUCIÓN

OBXETIVOS

ACTIVIDADES

A FAVOR

EN CONTRA

Conseguir coñecemento da gramática. Ser capaz de escribir correctamente. Aprender un vocabulario amplo e literario. Ser capaz de extraer o signcado do texto.

Práctica regular de tradución de L1 a L2 e da L2 a L1 Explicacións gramaticais elaboradas e longas. Práctica escrita da construción das oracións. Análise literaria.

Os obxectivos limitados son fixos. O desenvolvemento das habilidades en tradución. Pode levarse a cabo con grupos numerosos.

Presta pouca atención á entoación e á pronunciación; Atención en demasía ás regras e ao vocabulario obsoleto; e tamén moita atención á lingua literaria. Condiciona aos estudantes cara a un papel moi pasivo na aula.

Táboa 9 A propósito deste método ou aproximación, tamén usado como tarefa ou como diferentes actividades na aula. Oro (1999 a, b, c, e, f; 2001; 2007 a y b) propón en libros e artigos un método ou aproximación fusionado, tamén usado como actividade ou tarefa tanto no ensino como na corrección de textos: O método de tradución e análise de errores. Afortunadamente, xa, para moitos de nós, esta sub-área da lingüística non é, unha ocupación servil, como sinala Basnett:

5

Este método procede daquel aplicado á ensinanza do grego e do latín clásicos. Para unha información máis detallada sobre este método, ver Howatt (1984:134146)\

37

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

'a servile occupation (...) unlikely to be dignified by analysis of the techniques used by the servant' (Basnett (1983: 4) Moitas das grandes figuras e movementos ao longo da historia mantiveron unha visión acerca da tradución puramente lóxica, incluso para a propia comunicación, máis cá que se presenta neste século e nas últimas décadas do século XX. Por exemplo, Lutero pedía unha lingua para o home común no mercado; Alfredo o Grande insistía sobre unha lingua que todos poidamos entender; Alfonso X clamaba por aqueles textos ‘fáciles de entender’ ‘llanos de entender’; Hunayn ibn Isaac (809-873), escritor, tradutor e médico árabe, director da Escola de Tradutores de Bagdad, a quen se lle pagaba polo seu traballo en ouro segundo o seu peso; por isto acostumaba utilizar papel groso, desexaba que os seus textos de medicina fosen entendidos por aqueles que non fosen especialistas no tema; Durante a revolución francesa o século XIX, as voces clamaban insistentemente, precisamente por estes propósitos. Para unha breve información da importancia da tradución dende as civilizacións antigas ata finais do século pasado c.f. (Oro, 2012: 1434-1435).

Como sinalaba Oro en 1999, ‘Translation must be understood as a linguistic mechanism to process meaning identity from one language to another, through the study of their linguistic behaviour as a whole but out of the sum of the different parts that compose the pieces of the language to be translated. (Oro, 1999:400) Simplificando, a tradución non é un proceso lingüístico creativo dado que xa existe un corpus lingüístico. É o resultado da combinación de procesos formais semánticos dunha segunda lingua representando unha proposta anterior.

38

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

A maioría dos estudosos están de acordo co feito de que a tradución foi, será e aínda é unha tarefa moi difícil.

Translation is the most difficult task a scholar can come across with. (R. Quirk, 1973: iii) A este respecto, cabe sinalar que se usaron moitas e diferenciadas unidades léxicas para nomear esta disciplina, e aínda que os gregos no chegan a considerar o concepto de tradución ata o período Alenxandrino, os romanos6 tiñan moitas palabras para referirse á tradución poética e literaria. Por exemplo, House (1977:2) define la tradución como ‘a conservación do significado a través de dúas linguas diferentes’.

‘Translation deals with the preservation of meaning across two different languages’ (1977:2) E Newmark considera que consiste en ‘transferir o significado dun tramo ou unidade da linguaxe (…) dunha lingua a outra. Por significado, quere dicir ‘significado funcionalmente relevante’. 'transferring the meaning of a stretch or unit of language (...) from one language to another. By meaning, he means "functionally relevant meaning" (Newmark, 1989:12)

6

Among the roman terms used are: ‘verto, converto, transverto, imitari, explicare, exprimere, reddere, and later translatare’. The terms reflecting diversity in Italian were vogarizzare and transporre, in French espondre, translater, turner, metre in Romance, enomanchier. (Oro, 2001: 22). Bernan (1988:30) has pointed out that it has been said that Leonardo Bruni has translated the past participle 'traductum' used by the Latin author, Gellius, by the Toscan ‘tradotto’. But for Gellius 'traductum' did not mean 'translated' but rather 'transported'.

39

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

Non imos entrar nunha discusión teórica das consideracións que se deron sobre a tradución ao longo da historia, sexa esta unha área de estudio, un arte, unha ciencia o unha transposición de ideas; pero, sí queremos insistir sobre as súas vantaxes como una tarefa escolar máis, á hora de entrar na análise da aprendizaxe dunha lingua con carácter instrumental, parte básica e fundamental para a profundización teórico-práctica. Neste senso, tanto o uso de paráfrases como o uso de transferencia de identidade dos referentes, como a mesma tradución interna resultan tarefas interesantes que han de completar a formación lingüística, especialmente cando estamos falando da aprendizaxe e non da adquisición de calquera manifestación concreta da linguaxe. Do mesmo xeito que o ditado e outras actividades permítennos asentar coñecementos teóricos que afectan a distintos niveis e complementan as diferentes destrezas da súa natureza instrumental por un lado e, a reforzar a práctica oral por outro: Permite afondar no estudo da forma ou signo lingüístico. Axuda a aclarar o comportamento sintáctico, tanto polo que se refire ás estruturas mínimas como por lo que se refire aos nexos de xuntura, cohesión, coherencia e estilo. Presenta un apoio silencioso e intensivo para a lectura de textos. Facilita a aprendizaxe do uso e manexo do dicionario, e por lo tanto, ao nosobxuízo, é o complemento ideal para a comprensión do nivel lingüístico por excelencia: a lexicoloxía. O seu uso é especialmente obrigatorio para enfrontarse con aquelas áreas grises da linguaxe que no teñen un constituínte lingüístico formal idéntico do referente na outra lingua, pero que, sen embargo, deberían ter un semema idéntico.

40

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

É estritamente necesario para decidir se un sintagmema completamente diferente mostra un idéntico semema en dúas manifestacións concretas da linguaxe, dentro de contextos afíns, senón idénticos, (cf. Por exemplo, to beat about the bush y andarse por las ramas o irse por los cerros de Úbeda y To be sent to Coventry y Ser enviado a la Moncloa, etc.)

1. There is no excuse for beating about the bush when judging corrupt politicians. 2. [beat about/around + the bush = andarse con rodeos, marear la perdiz.] [a bird in the hand is worth two in the bush = más vale pájaro en mano que ciento volando, más vale malo conocido que bueno por conocer.] 3. As their argument rests on a grossly distorted conception of liberty, the members of the committee beat around the bush in order not to get involved in. 4. He told the court Mr. Belmar, who is of a stocky build, was seen to suddenly break into a run. (THE TELEGRAPH-Friday 03 January 2014. Buckingham Palace intruder 'wanted to talk to Queen about his benefits') [Break into= force one's way into; irrumpir, allanar, entrar por la fuerza [break into a run; darse a la fuga/mettersi a correre] [stocky build=strong structure of the body; well-built, strapping, hefty; FORNIDO] http://www.wordreference.com/es/en/translation.asp?spen=%20fornido

En definitiva, permite profundizar na adquisición ou aprendizaxe da gramática de ámbalas dúas linguas, no senso en que nos axuda a equiparar, por exemplo, a presenza e ausencia de suxeitos, a preferencia de frases longas ou curtas, activas e pasivas con axentes o son eles, a abstracción e a adverbialización, a relativización e o uso de participios, etc., dentro do que resultan ser expresións formais diferentes presentando en moitas ocasións o mesmo significado temático.

41

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

Oro reiterou a miúdo que unha actividade importantísima no eido do ensino das linguas estranxeiras é a análise de erros, una aproximación comparativa7 aos estudos lingüísticos.

Por análise de errores neste caso entendemos a análise

lingüística de erros producidos no intercambio de ideas entre as formas lingüísticas da lingua 1 coas da lingua 2. As desviacións que se producen débense a varias causas: unhas veces a unha interpretación interna errónea, outras a unha falta de formación gramatical unha o en ámbalas dúas linguas, e aínda noutras ocasións ás desviacións típicas ou atípicas innecesarias debidas a interpretacións subxectivas incontroladas tales como as producidas pola anticipación mental ou as manifestacións que aínda sendo gramaticais non son aceptables no uso da lingua 2. Como xa insistín noutras publicacións anteriores: By error analysis, we understand the linguistic analysis of errors8 produced in the exchange of ideas and linguistic forms. This is sometimes due to internal interpretation, sometimes to lack of linguistic interaction and yet on other occasions to unnecessary typical deviations from one language to another. (Oro, 1999:400) Los erros internos poden ser obxecto de diversas interpretacións:

7

The contrastive hypothesis, instigated by Charles C. Fries and developed further by Robert Lado (1957), holds “[...] that we can predict and describe the patterns that will cause difficulty in learning [a second language], and those that will not cause difficulty, by comparing systematically the language and culture to be learned with the native language and culture of the student.” (Lado 1957, preface). 8 Error analysis is usually applied to the study of kind and quantity errors that occur, particularly in the fields of !applied mathematics! !applied linguistics! and!statistics!. For our interest we will refer very briefly to this technique as a tool used in (APL). This approach involves the analysis of a corpus a data under the analysis of errors technique, with a slightly difference that the error has been produced by someone else.

42

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

Por poñer algún exemplo: recoméndase evitar o uso de clixés en situacións formais: orais e escritas

5.

Life is life, can I help you; easy comes, easy goes, Ce la vie, etc. O significado de dúas negativas en Inglés autodestrúense e equivalen a unha

afirmativa. [NOT-NEGATION:

6.

Never a day goes by that I do not miss her. (= I always miss her.) Explícase por activa e por pasiva que dúas negativas afirman e iso aplícase

tamén a aquelas unidades léxicas cuxa negación é inherente ao seu significado básico ou conceptual. Entre as formas de negar en inglés pódense considerar como usuais.

7.

Don't be silly; NO-NEGATION:

8.

She got no light on her car; As negativas dobres forman parte das expresións estándar de moitas linguas

nas que soen intensificar a negación ou noutras nas que propoñen un significado

43

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

afirmativo. Tamén formaron parte da norma na lingua inglesa ata o século XVI9 e están aínda no uso en dialectos, cando non causan confusión no significado proposto. Poderíase cuestionar o uso da negativa dobre en los exemplos que se expoñen a continuación? 9.

a) We didn't see nothing. [= We saw nothing.] b) We didn’t see anything.

10. She never danced with nobody. [=She didn't dance with anybody.] She never danced with anyone Geoffrey Chaucer (1343-1400) usa unha negación tripla no prólogo xeral de Canterbury Tales

11. nevere yet no vileynye ne sayde (V,70) 12. He never yet had any vileness said. 13. Él sin embargo, nunca tuvo ninguna vileza dijo (tradución automática) 14. Él sen embargo, nunca tivo ningunha vileza dixo (tradución da automática) 15. [Aún]No dijo nunca [todavía] ninguna vileza 16. [Aínda]Non dixo nunca [zínda] ningunha vileza 17. In al his lyf unto no maner wight. 18. In all his life, to whatsoever wight 19. En toda su vida, para que sea wight (archaic) 20. En toda su vida, a ningún ser humano (persona) [Tradutor automático

9

Despois do século XVII algúns escritores intentaron facer a gramática inglesa, a forma de deletrear, etc. máis sistemática, relacionando as regras da lingua coas da lóxica. The Oxford English Dictionary anota que no ano 1775, Lowth (17101787), arzobispo e profesor de poesía en Oxford, na súa obra A Short Introduction to English Grammar, propón unha serie de marcadores prescriptivos e a súa maíor contribución suxíre cautelosamente que as oracións con preposicións ao final da frase ou oración son incorrectas.

44

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

http://es.glosbe.com/en/es/He%20never%20yet%20had%20any%20vileness%20sai d] 21. En toda a súa vida, a ningún ser humano (persoa) (tradución da automática) Sen embargo, no se consideran aceptables no . A maioría dos lingüistas e gramáticos recomendan utilizar unha forma negativa soamente. De tódolos xeitos, o seu uso é abundante no nivel informal en figuras retóricas coñecidas como litotes, por exemplo, 22. She is not unatractive 23. I am not unconvinced by his argument. Pero, un bo número de cancións utilizan esta estrutura: Mick Jagger (1965) e I can’t get no satisfaction

http://www.youtube.com/watch?v=jLp4SOeiCIs; Tom

Jones (1965) e It’s Not Unusual; Ian Dury deunos: "Just 'cos I ain't never 'ad, no, nothing worth having, never ever, never ever." Debido ao efecto que pode producir un grupo musical como os Rolling Stones, por exemplo, puidéronse escoitar aos usuarios da lingua, por extensión e movemento expresións do tipo: 24. "He says he can't get no satisfaction = he can get some satisfaction." 25. "I haven't never owed nothing to no one" 26. "Never have I owed nothing to no one". NEGATION: [NOT-NEGATION: Don't be silly; NO-NEGATION:

27. 28. 29. 30.

She got no light on her car; ] We didn't see nothing. [= We saw nothing.] We didn’t see anything. Negate is a verb that is negated by “not” (Merriam Webster Dictionary) a) The police deny that racism is a problem in the department. b) Yes, I was there. I don't deny it. (Merriam Webster Dictionary)

Unha situación diferente é a dos erros que se producen cando non se ten en conta o ‘TPI/PIT=principio de identidade na tradución. Isto implica que dous ou máis

45

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

representacións presenten determinadas desviacións da L1 á L2, á L3, especialmente cando se toman como referencia a L2, a L3, etc. O texto da táboa que se inclúe a continuación é unha mostra disto. As unidades ou expresións que presenta unha desviación van ser resaltadas en vermello nas linguas obxecto de análise.

The beginning of Barack Obama’s discours I stand here today humbled by the task before us, grateful for the trust you have bestowed, mindful of the sacrifices borne by our ancestors.

Me presento aquí hoy humildemente consciente de la tarea que nos aguarda, agradecido por la confianza que habéis depositado en mí, conocedor de los sacrificios que hicieron nuestros antepasados. [Traducción publicada en EL PAÍS].

Táboa 10

The heart of darkness) TYPE OF ERRORS ADDITIONS

Joseph Conrad

ENGLISH ‘(…) right, right, of course’ (p. 57)

SPANISH ‘(…) están a la derecha, (...), por supuesto.’ (p. 77) ‘(…) the banks looked pretty well ‘(…) ambas márgenes tenían el alike (…) (p. 59) mismo aspecto (…) (p. 79) ‘ (…) a clear silk necktie’ (p. 36) (…) una corbata clara’ (p. 36)

OMISSIONS

SUBSTITUTIONS

EPONYMS METONIMY HYPONYMY

‘It was then well on in the afternoon, the (…)’ (p. 74) ‘(…) as though he had been an enchanted princess sleeping in a fabulous castle.’ (p. 72) ‘(…) a loaded Martini-Henry leaning in one corner.’ (p. 75) ‘(…) one with his chin propped on his knees.’ (p. 35) ‘(… ) the bush [arbusto] began to move. (p. 76)

Táboa 11

46

Era ya por la tarde, (…) p. 80) ‘(…) como la visita de una princesa encantada, dormida en un castillo fabuloso.’ (p. 78) ‘(…) una escopeta cargada colgada de un rincón.’ (p. 80)1 ‘ (…) uno, la cabeza apoyada en las rodillas.’ (p. 36) (…) la maleza [brush] empezó a aullar (howl) (p. 82)

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2.2

2015

FUNDAMENTOS ESTRUCTURAIS, XENERATIVOS E FUNCIONAIS

Mentres que para os gramáticos estruturalistas a lingua presenta unha forma de comportamento que se rexe polas leis que establecen a conexión entre o estímulo e a resposta, por medio da formación de hábitos, para os gramáticos xenerativos o interese gramatical baséase na competencia lingüística. Por iso, as gramáticas pedagóxicas estruturalistas seguen a orde de prioridade das catro destrezas lingüísticas que establece o método audio-lingual e o procedemento é indutivo. Por lo que atinxe á súa aplicación para a aprendizaxe de linguas estranxeiras empréganse sobre todo os 'drills' (exercicios de perfeccionamento repetitivos e 'fill in the blanks' (encher os espazos en branco), debido á crenza de que a práctica conduce á produción automática. Interesante para o medio no que nos estamos a mover é a gramática de escalas e categorías tamén denominada sistémica, desenvolvida principalmente por Halliday, quen no seu primeiro libro intentou en 1961 analizar soamente estruturas de superficie pero posteriormente inclúe a estrutura profunda. A idea esencial é que en calquera lugar nunha estrutura da lingua permítese unha elección que pode ser limitada ou extremadamente ampla, e o feito de xogar cos constituíntes, cos procesos de substitución, supresión e inserción, permite completar os ocos facilmente nun bo número de construcións. Baséase na análise de tres elementos: a substancia, a forma e a situación. Probablemente a vantaxe que presenta con respecto ao estruturalismo é que a lingua varía de acordo coa situación, permitindo deste xeito flexibilidade na interpretación e abrindo paso á focalización pragmática. Chomsky (1965: 3-4) sinala que as gramáticas xenerativas son gramáticas da competencia lingüística. Por competencia, Chomsky entende o coñecemento lingüístico dun falante ou oínte ideal e por 'perfomance' ou actuación entende o uso

47

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

actual da lingua en situacións concretas. En 1985 sinala que unha lingua é un conxunto de regras e principios na mente do falante, especificando o conxunto de oracións que se poderían usar se os factores non-lingüísticos foran operativos. A falta de adecuación pedagóxica tanto polo que se refire ao apoio adquisitivo como de aprendizaxe pódese xustificar sobre a base de que conste de máis datos intuitivos que empíricos. O propósito do ensino no é a descrición da lingua senón a explicación da mesma desde o punto de vista da forma, da función e do significado e neste senso debe xirar o último propósito da lingüística. Así, e deixando á marxe as chamadas formulacións prelingüísticas, non cabe dúbida de que hai unha serie de aspectos do estruturalismo, como, por exemplo, a interrelación dos elementos que marcan unha etapa moi definida da controversia lingüística e que, polo tanto, se han de reflectir nas exposicións e tratamentos da linguaxe na dimensión que lles corresponde, dado que as súas intervencións veñen a ser relevantes tanto para o nivel de aprendizaxe como para a iniciación á investigación e o seu posterior desenvolvemento. A este respecto, cabe destacar, pola súa relevancia académica, as antinomías ou dualidades que presenta Saussure (1916) no seu 'Cours de Linguistique General'(sincronía/diacronía, langue/parole, sintagma/paradigma e significante/significado) aínda que consideradas demasiado radicais por algúns autores, parecen determinar que a lingüística como ciencia xa tomou forma ou, polo menos, categorizou aspectos concretos ou fundamentais á hora de falar de bases científicas que se toman como punto de partida cara a outras perspectivas de investigación. Entre os investigadores que contribúen a darlle forma cabe destacar: -

A Bally (1932) que vai ocuparse da teoría do estilo e dos aspectos e motivos da linguaxe. Isto ven a ser o comezo da estilística.

-

A Schehaye (1926) que elaborará unha teoría da gramática

48

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

-

2015

e as ideas básicas máis ou menos radicais preséntanse como modelo nos traballos de Godel, Karceusky e sobre todo en Fries.

Historicamente, non obstante, estas dicotomías xa se delimitaran. Os estoicos, por exemplo, falan da koiné e da lingua culta e Varrón vislumbrara a influencia do individuo na evolución e conformación da linguaxe, especialmente no campo da poesía, onde o falante pode acuñar variacións non sancionadas polo uso xeral da lingua. Cómpre, pois, ter presente as distintas concepcións históricas e modernas dos modos e niveis de estudo lingüístico, así como as diferentes consideracións, pensamentos ou reflexións resinadas, para conseguir fixar unha filosofía concreta na delimitación dos contidos da parcela obxecto de estudio. Sen embargo, está suxeito a variables teóricas e aplicadas, de tal xeito que a estrita aplicación dos medios nos diferentes niveis representa a liña instrumental dun tratamento dado que reflicte a diferenciación ou catalogación da doutrina como escola propia, o que non quere dicir que a interpretación dos conceptos básicos varíe considerablemente. Tamén parece importante sinalar aqueles esquemas implícitos na análise morfolóxica e sintáctica tradicional que xuntamente cos propósitos de rigor científico e uso pragmático veñen a conformar o estruturalismo americano de Bloomfield e dos seus seguidores, como expresión dunha tendencia xeral de pensamento que inflúe non só nas concepcións teóricas da linguaxe, senón tamén como método de ensinanza das linguas, (Cf. Robins (1987:207) e referencias, Bloomfield (1935: 178-89, 167, 194-7) e Otto Jespersen (1924: Cap. 7). O feito de abordar a estrutura da oración mediante análises de CI, nos que os morfemas se relacionaban con esquemas arbóreos que tamén Jespersen usou parcialmente na súa teoría dos rangos; a súa concepción do fonema como unidade de forma abstracta, interna da lingua; e sobre todo os aspectos obxecto de crítica,

49

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

tales como: -

a súa análise específica do que se vén chamando 'estrutura de superficie',

-

a insistencia na separación dos niveis lingüísticos,

-

a formulación dun contexto de procedementos de descubrimento, o non aceptación da distinción 'langue/parole',

-

e a súa insistencia en evitar o uso do significado nas análises lingüísticas, por unha parte, e o principio da procura da explicación, pola outra, constitúen os principios que ben puideran levar a Chomsky a concibilo como 'taxonómico'.

Non é estraño que un campo de dimensión tan ampla ofreza unha variada gama de posibles interpretacións. Sen embargo, non cabe a menor dúbida de que o lector ou o estudoso da linguaxe agradecería interpretacións menos complexas, que ao noso entender pasan pola representación de campos delimitados. Neste sentido, a elaboración de proxectos de investigación sobre o uso da lingua, en contraste e en relación coa norma academicista ou teórica, tense que desglosar desde perspectivas ortográficas, léxicas, sintácticas e semánticas pasando por unha adquisición ou aprendizaxe por medio das diferentes aproximacións comunicativas nun intento de conseguir unha interrelación pragmático-comunicativa ao longo do proceso interactivo. Isto supón, polo tanto, unha aproximación aberta e plural aos actos da fala e á análise da repercusión interpretativa e dinámica con respecto ás posibilidades de interacción entre os diversos conceptos que se han de abordar á hora de tratar o estudo dunha lingua e a súa relación coa linguaxe e, sobre todo, ao tratar de lograr esta interacción por medio dunha manifestación concreta en proceso de realización, pero non debemos deixar a un lado, á hora de tratar a análise de aspectos concretos de lingua, a ampla gama de concepcións acuñadas na literatura lingüística que polas

50

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

súas prestacións representan modelos de interpretación da linguaxe. Non é necesario dicir que a maioría dos aspectos conceptuais sobre os que xira a normativa do estudo das linguas se presentou nos traballos de investigación lingüísticos desde ángulos diversos e diferenciados. Estes variados puntos de vista contribúen, en maior ou menor medida, á configuración puntual e rigorosa dun modelo académico que necesariamente ha de aglutinar unha variada gama de coñecementos e as desviacións correspondentes. Consecuentemente, estes modos de interpretación constituirán a base fundamental de toda interpretación lingüística, pero non quere dicir que implique, un eclecticismo formal que podería levarnos ou ben a unha exposición anárquica ou a unha análise directiva en exceso. En realidade, aínda que non importe demasiado quen diga a última palabra ou de quen se tome unha determinada dimensión, ha de recorrerse á ampla gama de estudos existentes para profundar, por exemplo,

-

nos procesos de derivación e transformación, en relación co que, se ben Chomsky(1958), que como se sabe aglutina unha parte importante da filosofía da corrente lingüística xenerativa, indica que o falante posúe a habilidade para distinguir oracións de non oracións, para comprender novas oracións inmediata e automaticamente e para producir oracións instantaneamente que poden ser novas para el; Humboldt xa destacaba no século XIX que os falantes fan un uso finito dos recursos finitos lingüísticos dispoñibles en todo momento.

-

Ou nos procesos que estudan a minimización do significado na súa interacción teórico-práctica. Por exemplo, H. Frei (E. de Xenebra) inventa o termo monema que define da seguinte forma: ' Todo signo que teña un significante indivisible' ou 'cun significante que sexa indivisible en

51

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

significantes máis pequenos'. Parte Frei do 'signifiant' e 'signifié' de Saussure para establecer a distinción entre o 'encadeante' e o 'encadeado' na interacción entre forma material e contido; principio que Pike (1950) intenta solucionar coa dicotomía 'tagmema/episemema'

Deste xeito, a presentación dalgúns aspectos xerais desde unha dimensión integradora debe asentar principios que conduzan á interpretacións plausibles de actos concretos ou, á inversa, dependendo do fin último en situación. Pretendemos, pois, abrir un abano de posibilidades que contemplen a norma, pero non por iso deixaremos de prestar atención ó uso. Esta dimensión multidireccional lévanos á formulación de hipóteses como punto de partida, que baixo condicionantes de variabilidade nos permiten evitar caer nun campo descritivoespeculativo e tamén evitar a tentación de caer en perigosos dogmatismos, debido ó feito de que incluso estruturas concretas presentan aspectos de focalización diversa segundo as variables, parámetros ou campos de interpretación. O feito de que os actos da fala estean sometidos a un número indeterminado de variables, que mediatizan as connotacións que puideran derivarse, xustifica, por exemplo, a necesidade de recorrer á presentación léxica ou á morfoloxía, para unha interpretación léxico-significativa, para a delimitación do morfema dentro do contexto lingüístico e a súa repercusión dentro do nivel sintáctico e semántico. Tamén xustifica o feito de que ás veces sexa necesario recorrer ao nivel sintáctico para a delimitación funcional, á presentación e argumentación semántica para a interpretación e diferenciación significativa ou á investigación pragmática para a análise da interacción da mensaxe entre o falante e o oínte. Convén, polo tanto, non só coñecer a normativa, senón tamén familiarizarse dun modo paulatíno co tratamento que a historia da lingüística dá á mesma.

52

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

Neste sistema de interrelacións, xa no Renacemento aprécianse aspectos tomados de épocas anteriores que aínda hoxe constitúen bases modélicas das gramáticas, por exemplo, das gramáticas inglesas, e outros que, pola contra, se han de rexeitar. Murray (1975) na súa English Grammar, presenta o conxunto tradicional das clases de palabras na lingua inglesa, que aínda se manteñen nas gramáticas modernas, (Cf. Robins, p.126); sen embargo, o tratamento dado aos tres casos nos nomes ingleses non parece demasiado científico, xa que non aparecen na estrutura de superficie as distincións flexivas necesarias para ese tratamento. Consecuentemente, aínda partindo da base de que non pretendemos chegar a un eclecticismo formal, non imos rexeitar a importancia que teñen determinados aspectos puntuais acadados polos tan desprezados gramáticos medievais na literatura, que sentaron as bases do desenvolvemento da lingüística como ciencia descritiva. Da mesma forma, aínda que non queda máis remedio que enterrar algúns aspectos tratados polo historicismo, o comparatismo ou mesmo o estruturalismo, sen embargo non podemos por menos que considerar as súas concepcións positivas, como unha parte fundamental para entrar, por exemplo, en valoracións da evolución dos actos da fala, tanto polo que respecta á súa funcionalidade interdisciplinaria como á función comunicativa mesma. Non cabe dúbida de que a existencia de diferentes grupos de cambios fonéticos en diferentes linguas (sinalados por Rask, Grimm, Verner, etc.,) entre outros, ou a concepción de que as palabras dunha lingua están organizadas en conxuntos sistemáticos poden considerarse como xuízos de valor que se aceptaron posteriormente. Aínda que opinamos que non se pode adoptar unha actitude dogmática, nas nosas referencias han de aparecer relacións do tipo. -

'unidades mínimas' fronte á 'palabra',

-

'sintagma-paradigma',

53

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

-

'estrutura profunda-superficial',

-

'morfema-alomorfo', 'fonema-alófono',

-

'rema-tema'

-

ou 'tagmema-episemema'

2015

resultando ser a súa aplicación un medio e non un fin. Así, por exemplo, as bases de carácter diacrónico repercutirán fundamentalmente á hora da súa aplicación ao estudo e á investigación da evolución histórica da lingua pero tamén para unha mellor comprensión dos actos da fala, e especialmente en todo tipo de interrelacións léxicas. Tamén será interesante entrar na análise de determinados aspectos estruturais como un avance de introspección das linguas, non como aquelas unidades mínimas do comparatismo senón como estrutura total. Por exemplo, as antinomias ou dualidades que presenta Saussure (1916) no seu 'Cours de Linguistique General' (sincronía/diacronía, langue/parole, sintagma/paradigma e significante/significado) aínda que consideradas

demasiado radicais por algúns

autores, parecen determinar que a lingüística como ciencia xa tomou forma ou, polo menos, categorizou aspectos concretos ou fundamentais á hora de falar de bases científicas que se toman como punto de partida cara a outras perspectivas de investigación. Así, Bally (1932) vai ocuparse da teoría do estilo e dos aspectos e motivos da linguaxe, Schehaye (1926) elaborará unha teoría da gramática, e as ideas básicas máis ou menos radicais preséntanse como modelo nos traballos de Godel, Karceusky e sobre todo en Fries. Historicamente, non obstante, estas dicotomías xa se delimitaran. Por exemplo os estoicos falan da koiné e da lingua culta e Varrón vislumbrara a influencia do individuo na evolución e conformación da linguaxe, especialmente no campo da poesía, onde o falante pode acuñar variacións non sancionadas polo uso xeral da lingua.

54

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

Así mesmo será necesario, sobre todo polo que se refire ás confrontacións sintácticas, aproximarse:

-

ás teorías antimentalistas e mentalistas americanas e as súas conexións conceptuais, como punto de partida para a comprensión da crítica da palabra como unidade fundamental de análise. e tamén á corrente distribucionalista, como propiedade esencial de tódalas unidades lingüísticas. Entre outros logros, do tratamento de Bloomfield parece derivarse a teoría

dos constituíntes inmediatos (CI) que desenvolven R.S. Wells e K.C. Pike, aínda que indicios de aproximación a estas unidades mínimas xa se poden entrever nos gramáticos de Port Royal, e, anteriormente, en Saussure. Tamén serán obxecto de interese lingüístico as diferentes concepcións do morfema, monema, tagmema, semema, lexema e episemema, unidades mínimas do plano formal ou semántico, dentro do modelo analítico do todo cara ás partes. Pero, ademais, a xeración de frases a partir de conceptos sintácticos e a formulación de regras de reescritura que coa aplicación das partes cara ao todo pode derivar tamén nun modelo analítico, aínda que sintético. Tamén, como xa indicou Oro (1992: 10-11) parece importante sinalar aqueles esquemas implícitos na análise morfolóxica e sintáctica tradicional que xuntamente cos propósitos de rigor científico e uso pragmático veñen

a conforma-lo

estructuralismo americano de Bloomfield e dos seus seguidores, como expresión dunha tendencia xeral de pensamento que inflúe non só nas concepcións teóricas da linguaxe, senón tamén como método de ensinanza das linguas10.

10

C.f. Robins (1987: 207) e referencias, Bloomfield (1935: 178-89, 167, 194-7) e O. Jespersen (1924) The Philosophy of Grammar, cap.7.

55

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

O feito de aborda-la estructura da oración mediante análises de CI, no que os morfemas se relacionaban con esquemas arbóreos que tamén Jespersen usou parcialmente na súa teoría dos rangos; a súa concepción do fonema como unidade de forma abstracta, interna da lingua; e sobre todo os aspectos obxecto de crítica, tales como: a súa análise específica do que se vén chamando 'estructura de superficie', a insistencia na separación dos niveis lingüísticos, a formulación dun contexto de procedementos de descubrimento, o non aceptación da distinción 'langue/parole', e a súa insistencia en evita-lo uso do significado nas análises lingüísticas, por unha parte, e o principio da procura da explicación, pola outra, constitúen os principios que ben puideran levar a Chomsky a concebilo como 'taxonómico'. As regras de transformación, por outro lado, e as relacións contextuais para poder explicar as relacións de equivalencia sintáctica, que as análises de constituíntes inmediatos non poden, ou as relacións de interacción e variabilidade do significado no uso e o seu contraste coa norma veñen a completar unha serie de aspectos lingüísticos que, necesariamente, han de intervir como medio de integración dentro das bases teóricas e aplicadas á profundización no estudo das linguas. Neste sentido será importante incorporar a análise do significado do enunciado á análise gramatical, para delimitar pautas de uso, nalgúns casos, e para explicar o principio de igualdade connotativa de varios modos de expresión, noutros. As derivacións desde Bloomfield (1933) cara ao distribucionalismo baseado nas relacións distribucionais dos fonemas en cadeas de fonemas e dos morfemas nos grupos e nos constituíntes do morfema son aínda hoxe e serán no futuro obxecto de controversia, o que determina que non decline o interese pola análise interpretativa das aportacións lingüísticas destas correntes.

56

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

-

2015

Polo que respecta ao establecemento dos elementos e a súa distribución Harrris (1958) sinalaba que no método lingüístico han de distinguirse dous pasos: o establecemento dos elementos e a distribución destes elementos entre si, co que se difumina a distinción entre 'morfoloxía' e 'sintaxe'

-

Polo que concirne á separación de niveis ou estratos, con énfase nos fonemas de xuntura; sinalaba Tragger (1950) que o comezo da análise gramatical empeza cando se esgota a análise fonémica e Lamb (1960) expoñía que a lingua se concibe como un sistema de 6 estratos ou niveis.

-

Polo que se refire ao nominalismo baseado na competencia (i.e. Chomsky e seguidores), ou na 'performance' (i.e. Derwing, Watt, Garret, Fodor, etc.) cabe destacar que ámbalas dúas correntes tratan do coñecemento ideal do falante e oínte da lingua; pero, mentres que os que seguen a ‘competence’ como base consideran que a gramática será sicoloxicamente real no sentido de que representa "todo e soamente o coñecemento que os falantes teñen da lingua", os que se basean na 'performance' pensan que as gramáticas se poden considerar psicoloxicamente reais soamente se as regras e distincións da gramática xogan un papel nas explicacións das computacións lingüísticas, conectadas coa produción e percepción da fala.

Ademais, desde as concepcións de Khan (1962) cun modelo que se usou para argumentar que a historia do estruturalismo ten como fonte a Saussure, como técnico a Bloomfield e como teórico a Chomsky, ata as concepcións modernas de revitalización do estruturalismo como camiño, e en moitos aspectos base dun chomskismo continuativo cun modelo formal diferente, discútese sobre a concepción lingüística americana que presenta

tratamentos

formais

con

implicacións semántico-funcionais. Non cabe dúbida de que o esquema do estruturalismo está implícito na análise morfolóxica e sintáctica tradicional, pero

57

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

aborda a estrutura da oración a base da análise de constituíntes inmediatos (CI), na que os morfemas se relacionan en esquemas arbóreos. Jespersen (1924:96-107; 1909-1949: V, VII) tamén usa este esquema parcialmente na teoría dos rangos. A diferenciación chomskiana entre estrutura profunda e estrutura superficial, que o mesmo Chomsky recoñece presente nos estudos de Port-Royal debido, segundo el, a unha influencia cartesiana ben puidera tamén recoñecerse retrospectivamente entre outros en:

-

Sanctius, xa que é evidente que na súa obra Verae Brevesque Grammaticae Latínae Institutionem a discusión e exposición da teoría da elipse aparece máis detallada que nos mesmos gramáticos de Port-Royal e sinala que é unha aportación necesaria para a teoría da análise lingüística.

-

Escaligero (1540) quen na súa obra De Causis Linguae Latínae reintroduce a distinción medieval entre 'lóxico' e 'gramático', o máis específico do gramático será a sintaxe (igual a 'materia'), tratada polos medievais como a actualización superficial de conceptos mentais subxacentes.

Así, o

discurso debe repetir unha estrutura na orde na que ocorre no intelecto, (verbum mentis/verbum oris). -

Nos medievais e no 'mentis conceptum' de Prisciano.

Así mesmo, a dicotomía 'competencia/actuación' presentada por Chomsky pode recoñecerse na antinomia 'langue/parole'de Saussure e moito antes na oposición 'verbum mentis/verbum oris' de Escalígero e incluso na interpretación da 'koiné/lingua culta' dos estoicos. 'Parole ' vén a ser esencialmente o mesmo que 'performance'. 'Langue' e 'competence' difiren; ámbalas dúas constitúen unha idealización da lingua, sen embargo 'langue' baséase no coñecemento total dunha comunidade mentres que 'competence' é o

58

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

coñecemento da lingua falada por un falante-oínte ideal, nunha comunidade de fala homoxénea. Tamén, o concepto

de simplificación como obxectivo de selección das

gramáticas, que sen lugar a dúbidas ha de ser considerada como obxecto de secuenciación diferencial nunha traxectoria gradual de formación ou rexeitamento en distintas xeneracións. Así, por exemplo, a influencia humanista11 como medio de transmisión de coñecementos lingüísticos está representada en Inglaterra por Linacre (1460-1524) quen, na súa obra De Estrutura, divide a sintaxe en constructio Justa que reproduce fielmente o sensum animi, e a constructio figurata que inclúe as estruturas elípticas (i.e. ausencia dun elemento que é esencial á construción lexítima 'in sensu'). Exemplifícao deste xeito, o adxectivo recens pode substituír o verbo recenter, un 'adverbio' pode actuar como unha unidade semántica equivalente á estrutura 'relativo + preposición', unha 'conxunción' a un 'nome+preposición' e 'nome+verbo' pode substituír un 'verbo'. Linacre da exemplos de estruturas defectuosas en construcións figurativas e contrástaas con estruturas nas que o 'sensu' subxacente dase ó completo (c.f. eo roman y eo ad roman, Cicero erat brevis staturae y Cicero erat homo brevis staturae). Linacre xa plantexaba o recoñecemento dunha estrutura mental subxacente, que se actualiza no discurso de forma variada. Todo isto achéganos ás concepcións

11

John Anwykill (1483) Compendium Totius Grammaticae, é un compendio de aspectos gramaticais con una mestura de ideas de Perottus, Vallas y Alexander Villa Dei. John Colet (1467-1519), atraído polo neoplatonismo, rexeita a gramática de Linacre para axustarse á de Lily. John Stockwood (1550), Rules of Construction, defende a gramática de Lily. É importante mencionar que una copia de la Elegantiae de Vallas estaba no Lincoln College (Oxford), que en Lovaina aparece unha edición da Rudimenta de Perottus con pasaxes en inglés e que unha versión española de Nebrija (1481) Introductiones Latinae públicse en Inglaterra no ano 1631, co título de a Briefe Introduction to Syntax.

59

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

teóricas modernas da necesidade de contextualizar as unidades léxicas para asignar as palabras a unha ou a outra categoría. Moito máis adiante Noam Chomsky (1951) en The Morphophonemics of Modern Hebrew, establece sobre este suposto unha xerarquía de simplicidade para avaliar as gramáticas: a gramática cun número de regras menor era a máis simple, pero entre gramáticas con igual nº de regras a máis simple considerase a que contén a medida de lonxitude media máis curta. O primeiro intento serio de medir a simplicidade establéceo en The Logical Structure of Linguistic Theory (1955) Noutra orde de cousas, aspectos que tamén renovan o seu interese con Chomsky, como por exemplo, o tratamento da congruencia e construción gramatical que el revitaliza na discusión de niveis de gramaticalidade e que é obxecto de interese en publicacións recentes - Cf. Matthews (1982) na súa presentación de 'congruency and constituency'; Tamén Huddleston (1984), Levison (1982), etc., a pesar da ridiculización de que é obxecto durante o renacemento no sentido de que poderían conducir á confusión entre lóxica e gramática, xa fora ilustrado, sen embargo, por John de Salisbury con exemplos do tipo 'patronymic horse', 'hypothetical shoes' e 'the tune is categorical', a comprensión do cal parece estar supeditada ao significado fundamental das palabras. John de Salisbury vén a dicir que existen dous tipos de congruencia: unha de acordo co significado (sensum) e outra de acordo do entendemento (intellectum) e a pesar de que a segunda podería rexeitarse, polo menos nun aspecto formal-interpretativo, a primeira ten un forte efecto nas regras de colocación. Na mesma liña, T. de Erfurt expón: 'cgnitas est passio personnae in grammatica consideratio' (G.S. III), e ao pronunciarse sobre o tema fai exactamente a mesma distinción entre os modos de singular e as cousas particulares significativas que M. de Dacia, con exemplos derivados do clásico 'berreto nero/berreto categórico'. Aspectos que serán retomados por Firth e Halliday

60

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

para tratar de explicar o comportamento das innumerables interrelacións na lingua inglesa. Nesta confrontación de argumentos non podemos, baixo ningún concepto, esquecer que un lingüista de renome como Chomsky quen, na súa obra Structura Sintáctica que introduciu unha verdadeira revolución na lingüística

en 1957,

prorrogada na década dos 60 e incluso na dos 70, sinalaba entre outros principios: -

a necesidade dunha adecuación explicativa,

-

a natureza formal e rigorosa da gramática xenerativa-transformacional,

-

a distinción entre estrutura profunda e superficial

-

e os conceptos das categorías innatas, Para varios académicos constitúen, sen dúbida, as bases filosóficas da

gramática moderna, no estudo lingüístico acadado pola semántica e no seu nivel derivado: a 'pragmática' nunha liña de interacción semasiolóxica por un lado, e que sentou unha nova liña para o tratamento da morfoloxía e da sintaxe no modelo de representación e interacción formal por outro; ademais de reconducir, en xeral, a ampla gama de aspectos tratados polos estruturalistas e condutistas. Sen embargo, parece certo que nesta loita pola verdade lingüística tamén Chomsky deixaba moitos cabos sen atar. Entre os moitos críticos que percibiron que as teorías chomskianas non resolvían, en verdade, a problemática lingüística cabe destacar a Strawson (1971) quen, seguindo un camiño cara a un tratamento gramatical non-empírico que, sen dúbida, engarza coa filosofía do medievo, sinala unha serie de aspectos interrelacionais formais, semánticos e funcionais, que requiren toda visión da linguaxe e do tratamento das concrecións do mesmo. Estes aspectos que, sen dúbida, sentan as bases modélicas para un desenvolvemento lingüístico centrado nos niveis léxico, morfolóxico, sintáctico e semántico coa súa derivación pragmática, e polo tanto tendentes a análise da especificidade cara á abstracción, veñen a conformar o camiño a andar cara ao ano

61

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

2000. Strawson (1971:144) na súa presentación dunha programación lingüística non-empírica empeza xustamente onde o deixou a gramática transformacional: ‘We find that we need quite an elaborate vocabulary, or set of interrelated vocabularies, of theoretical notions. Thus, we need, first, what might be called an ontological vocabulary. We need, second, a semantic vocabulary, or vocabulary for naming semantic types of elements and even for describing individual elements (elements being throughout, as already said, rather abstractly conceived). Third, we need a functional vocabulary for naming the kinds of combination or relation into which elements may enter in sentences and the kinds of role which elements or combinations of elements may play in sentences. Fourth, and finally, we need a vocabulary of formal devices’. Deste xeito e tendo en conta a constante e variable apreciación e depreciación dos aspectos tanto específicos como xerais das diversas correntes lingüísticas que nalgúns casos raian na sublimación xeral lingüística, incluso agora, no fondo da cuestión o que se debate verdadeiramente veñen a ser as hipóteses que se centran ou ben na existencia dun problema meramente lingüístico, ou ben na necesidade de recorrer a outras fontes de apreciación da realidade plasmada pola lingua. En relación con estas propostas, é ben certo que para os estudosos do medievo, cuxos conceptos foron retomados de Aristóteles a través de Boecio e Prisciano principalmente, a gramática constituía unha proxección da metafísica, onde a análise das estruturas lingüísticas interaccionaban co estudo das estruturas ontolóxicas. Así, os gramáticos ingleses, por exemplo, mal nomeados gramáticos tradicionais, tales como Onions, Poustma, Curme, e sobre todo Jespersen, aínda que continuaban a separar nos seus traballos a estrutura do significado, xustamente ó revés dos filósofos, contribuíron notablemente tanto pedagoxicamente como lingüisticamente á interpretación e catalogación de niveis lingüísticos tendentes a

62

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

unha análise que parte dunha mestura das concrecións lingüísticas para desglosar o todo integral da abstracción. Tamén os estruturalistas americanos, por citar os máis ortodoxos: Fries e Bloomfield, para quen a actividade lingüística se concreta nunha pura segmentación e clasificación da lingua, acentúan cos seus traballos esta dicotomía interpretativa e contribúen á derivación e presentación de niveis de estudo lingüístico que se ben non se poden parcelar en exclusividade, sí poden contar cun enfoque que os traslade dun eclecticismo conceptual a unha presentación concreta dunha interpretación gramatical máis homoxénea e polo tanto factible de interpretación. Tampouco isto é nada novidoso. Por iso, a mal chamada anarquía das últimas décadas do S. XIX e das primeiras do XX en Inglaterra, que se pode sintetizar, grosso modo, nas tres dimensións que viñan a impor ou ben criterios semántico-sincrónicos (por exemplo, Curme e Deutschebein) con un asentamento en Lily, ou tamén en criterios

histórico-semánticos

(por

exemplo

Sonneschein,

C.T.

Onions

e

Hale/Rounds) o cunhas derivacións dos historicistas entroncadas en Ben Jhonson, como principio básico funcional do seu labor lingüístico, non son senón outras fontes fundamentais á hora de abordar ou ben un tratamento ecléctico ou polo contrario un tratamento específico. Esta tripla focalización, con pequenos matices de derivación, no paso dunha ciencia histórica a unha ciencia sincrónica e descritiva, que loxicamente non pode ser ordenada, podería incitar a calquera lingüista a impor orde naquel caos, aceptando en parte as aproximacións existentes para desenvolver unha teoría gramatical propia. Nun medio así, Jespersen, influenciado por Curme, Sweet e Sonneschein e as concepcións máis teóricas de Humboldt, como sinala Oro, (2003:34-35) Las ideas de Humboldt, por su posición humanista, por el mérito que tenía la aproximación empírica, teniendo en cuenta que debería formular y comprobar hipótesis interesantes, y por el hecho de que su descripción del

63

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

cambio lingüístico se diferenciara sustancialmente de la propuesta por los deterministas, es dicir, que los hablantes no eran transmisores pasivos y que el espíritu humano creaba el cambio lingüístico, constituyen algunos de los hechos que conducen a Jespersen, en la línea de Humboldt, a imaginar el proceso lingüístico como algo misteriosamente complejo e indeterminado. TIPO DE LETRA Los cinco conceptos esenciales de Humboltd: Concepción del linguaje como una actividad creativa, idea que retoman Jespersen y Coseriu, entre otros. Individuo y comunidad: en esta interrelación el linguaje individual no se concibe como la repetición de enunciados previos, ni como la creación de nuevas expresiones dado que el uso de una lingua creativa es restringido por las normas que impone la comunidad. La función creativa no subyace en los materiales del usuario sino en la forma en que los moldea. La distinción entre competencia y actualización o en palabras de Jespersen, ‘actual’ y ‘potencial. Jespersen elogia a Humboldt por su interpretación de la comprensión de las palabras pronunciadas por los individuos y la compleja memoria lingüística de los individuos. Ambos entienden que no se debe olvidar que la lingua existía solamente en enunciados concretos. Ambos consideran el sonido como la forma externa de la forma hablada, totalmente integrada con el significado: la forma sicológica e interna del habla.

Dáse conta de que tratar a morfoloxía e a sintaxe por separado pode levar ao esquecemento de que a forma e o significado son aspectos dun mesmo fenómeno. Oro ( 2003:35- 36) continúa dicindo:

Al hilo de estas concepciones es, probablemente, cuando Jespersen se aleja del planteamiento morfológico y sintáctico de Sweet. Al interpretar la forma interna y externa del habla de Humboldt, Jespersen se dio cuenta de que no existía una correspondencia total entre la forma y el significado, y plantea su propio sistema: Para explorar la continuidad entre sonido y sentido,

64

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

Para explorar la relación entre morfología y sintaxis, Para investigar sobre la relación lingüística entre los individuos y la sociedad.

Sobre esta dependencia de Humboldt tamén se pronunciaciou Oro (2008: 65) That interpretations may differ at one side or other of the Atlantic with respect to the notion of language, to principles of universal grammar, intuition and language of the mind, etc. is a commonplace. It is important to keep separate two distinctions: That the Hypothesis from Humboldt to today arguing, as Whorf has put it in the 1930’s supporting Sapir’s hypothesis (that one’s view of the world is dependent on the structure of the language one speaks, i.e. that asserts some influence of linguistic category on non-linguistic behaviour); And, that there may be some innate dispositions of thought to all human beings, i.e. some language universals in the way rationalists have argued about it.. Since the initial view of different scholars about mind language has begun using empirical evidence to support the dependence of thought of language with principles of universality, both rationalists and functionalists are also expected to be subjected to the empirical testing of their proposals: innate ideas, functional dependency, etc. E na nota 26, ao pé, na mesma páxina, Oro sinala que Humboldt mostra a súa preocupación polas diferenzas internas entre culturas reveladas nas linguas e clarifica un punto de vista de que un individuo distínguese doutros especialmente debido á diferenza da estrutura interna das linguas nas que se expresan: Humboldt (1767-1835) was the first European to combine knowledge of non-indo-European languages with a broad philosophical background, emphasizing the magnitude of the difference between cultures as revealed in their languages and clarifying that the world view of one individual differs from others especially due to the extreme difference in the ‘internal structure’ (innere sprachform) of their respective languages.

Polo tanto, a pesar da crítica negativa á mestura que fai Jespersen, explorando a continuidade entre son e senso e entre morfoloxía e sintaxe, e

65

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

investigando a relación lingüística entre o individuo e a comunidade, non é, non obstante, nada obxectable; non en van, ese modelo gramatical tiña un principio tan consistente que se baseaba na premisa de que o son, a función, e o significado eran niveis mutuamente independentes pero só comprensibles en relación.

Su modelo gramatical de descripción se basa en la premisa de que sonido, función y significado eran niveles mutuamente interdependientes y sólo comprensibles en relación. También critica la dicotomía de Saussure 'diacronía/sincronía'. (Oro: 2003: 36, nota 18, ó pé,)

Do mesmo xeito que Firth (1951:118-49), para quen o significado e a función no seu contexto tanto na análise gramatical como na análise fonolóxica, tamén subliñou o paralelismo existente entre contextos formais e internos da gramática e da fonoloxía e a súa relación con contextos do mundo interno e externo do individuo e a súa interacción na comunidade. Ademais, aínda que ambos, Jespersen e Firth, tratan a forma interna e a forma externa da fala seguindo as concepcións de Humboldt, e se efectivamente se lle pode criticar a Jespersen o feito de que non se decatara de que non había unha correspondencia total entre a forma ou formas de significado, tamén Firth subestimara as diferenzas esenciais que, sen dúbida, se dan entre unha análise formal e unha análise semántica. Aínda así, o tratamento de Firth das estruturas do sistema e outros aspectos teóricos foron adoptados e desenvolvidos por MAK Halliday, na presentación da súa gramática funcional2, e, de feito, el mesmo o recoñece na súa introdución, que recollemos a continuación:

It is largely based on Firth's system structure theory, but derives more abstract principles from Hjelmslev and owes many ideas to the Prague school. (Halliday, 1985: XXVII) (mencionada tamén en Oro, 2003, 2007, 2010, 2014)

66

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

A presentación da mesma a base de estruturas relacionadas dentro dun sistema complexo e de diversas opcións, unhas ordenadas secuencialmente e outras simultaneamente, vén a ser unha ampla exposición de estruturas e as súas funcións correspondentes. Denominouna gramática de escalas e categorías debido ó conxunto de 7 elementos básicos, 3 escalas e 4 categorías de que constaba a súa teoría exposta en 1961. Non obstante, na formulación da estrutura da oración inglesa indica que se necesitan 4 elementos (SPCA) para os que resulta apropiado o uso dos termos tradicionais mencionados e a partir deles, e como combinación dos mesmos xa se poden formular tódalas estruturas da oración, o que dalgún xeito presentara moi ben Onions. Nesta mesma liña, centrándonos noutra orde de aspectos consensuados como un avance sobre aspectos concretos do tratamento obxecto de análise, como, por exemplo, a moderna teoría da referencia, ou máis concretamente a teoría dos modos de referencia vén a ser unha adaptación da teoría da suposición (suppositio) do medievo, que intentaba explicar como as verbas interaccionan na oración e que era considerada como unha función da significación da palabra. Tamén, por citar outro exemplo, a relación significativa a través das relacións hipónimas moi ben puidesen encontrar o seu punto de partida para a súa clarificación, na constatación medievalista de que tódolos termos lingüísticos concretos son parónimos de nomes abstractos, é dicir que a partir de hipóteses que fixeron regras, aínda que incompletas, máis pronto ou máis tarde desbarátanse ou engádenselles derivacións que non son máis que sub-hipóteses derivadas dun punto de partida central, pero que de todos xeitos constitúen o principio orixinal de estudo. Neste sentido, conceptos aparentemente perdidos nas gramáticas modernas, que tenden xeralmente a unha división verbal transitiva e intransitiva, pero que esquecen a inclusión doutras clasificacións que mostran un gran acerto de

67

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

discernimento semántico, como por exemplo, a distinción medieval entre verbos pasivos (i.e. mirar) e verbos activos (i.e. ver) que vén a recoller Leech: 1971 con outra terminoloxía (states and events) e que xa clarificara Hornby (1976) con numerosas categorizacións aspectuais a través de trazos semánticos delimitados pola actuación e concreción dos mesmos. A amplitude de fronteiras a partir das discusións xeralizadas levadas a cabo non só neste século senón tamén anteriormente ou incluso en épocas tan afastadas como a época clásica presenta un reto nas próximas décadas no estudo das linguas e da linguaxe no seus niveis xa delimitados que teñen que borrar o baleiro ecléctico que nos deixan ata agora as gramáticas pedagóxicas, unhas baseadas en principios formais (por exemplo, Martinet: 1960, Close:1975, etc.) caracterizadas pola súa presentación formal e normativa, aínda que apoiadas tanxencialmente en criterios semasiolóxicos, outras de ampla dimensión semasiolóxica (por exemplo, Hornby:1976); ámbalas dúas caracterizadas pola gran influencia tradicional tanto na caracterización da palabra como nos seus aspectos definitorios, e que deixaran paso ás que avogaron por un labor continuativo (i.e. aquelas que se centraron na prescrición da norma a través de estudos estadístico-descritivos da fala estándar, por exemplo Quirk e os seus colegas (1973, 1985) dentro do proxecto English usage do University College da universidade de Londres, M. Swan:1980; aquelas que avogan por unha orientación comunicativa, por exemplo os traballos de Leech e os seus colegas da Universidade de Lancaster, que seguen liñas de investigación por medio de análises computacionais ou ben aquelas que se baseaban puramente na descrición lingüística centrándose en modelos estruturais (Huddleston:1984), transformacionais (Radford: 1981) ou incluso gramáticas baseadas na ampla tradición da visión filosófica da linguaxe (Levison: 1987). Cómpre, pois, ter presente as distintas concepcións históricas e modernas dos modos e niveis de estudio lingüístico, así como as diferentes consideracións,

68

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

pensamentos ou reflexións reseñadas, para conseguir fixar unha filosofía concreta na delimitación dos contidos da parcela obxecto de estudio. Sen embargo, está suxeito a variables teóricas e aplicadas, de tal xeito que a estricta aplicación dos medios nos diferentes niveis representa a liña instrumental dun tratamento dado que reflexa a diferenciación ou catalogación da doutrina como escola propia, o que non

quere

dicir

que

a

interpretación

dos

conceptos

básicos

varíe

considerablemente. Sen embargo, todas elas están

impregnadas dun eclecticismo formal e

semántico que nos fai considerar todos eses aspectos do pasado como unha longa cadea de aspectos informativos, que nalgúns casos foron rexeitados pero que nunha grande maioría foron aceptados na súa primeira impresión ou mellorados tecnicamente mediante o afinamento da concepción semántica ou mediante a súa re-catalogación en termos de especificación informativa. A fig. 1 ilustra exemplifica diversos factores esenciais para a comprensión destes trazos que modifican o comportamento formal das linguas en estilos coloquiais ou formas extremadamente rápidas de comunicación.

69

MODELOS LINGÜÍSTICOS

Da tradición á Descrición baseada en datos orais

Modelos tradicionais e históricos.

Modelos estructurais e Funcionais

Tradicionais

Históricos

Estructurais

Funcionais

Base: Lingua latina Sintase (relación das unidades léxicas)

Listas de formas. Reglas específicas. Lingua literaria. Me: GR/TR y Directo

Fala e uso como modificador da norma: Morfemas dende os fonemas

Funciones: ideacionais Inter-personais Textuais

Pronunciación correcta comportamento da norma Prescritivas

Medio oral Pronunciación categorías gramaticais partes da oración

Fonema o unidade mínima morfema o morfofonema unidades sintácticas unidades significativas

Escola de Praga Función referenciais Función sociais Función operativas

A forma gramatical A técnica SLOT (lugar nun sistema) Forma-clase (tagmema)

Aproximacións comunicativas Me. Nocionalfuncional

ME. Estruturas Gramaticais (Drills, etc.) Do modelo Xenerativo ao Descriptivo

Xenerativo

Descriptivo

Subcomponente base que xenera un subcomponente profundo. Transformacións

Concentráse no uso. Distanciamento da norma. Corpus de datos escritos e orais.

Supresión. Suma ou inserción. Permutación. Substitución.

Competencia/performance. Estruturas Profundas e de superficie.

ME. Comunicativos Interactivos Caóticos Modelos:varios

Axiomas e conxunto de regras ben definidos: Compo. morfofonémico. Compo. transformacional. ME. Analítico Representación: arbórea

Fig. 1 A fig. 2 ilustra algunhas das aproximacións de ampla tradición americana e inglesa e os seus representantes principais:

70

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

OS PRIMEROS MOVEMENTOS LINGÜÍSTICOS

INFLUENZAS REALIZACIÓNS REALIZADORES TRADICIÓN NORTEAMERICA FRANZ BOAS (1858-1492) MENTALISMO BLOOMFIELD (1887-1949)

DISTRIBUCIONALISMO B. BLOCH, R. WELLS, CH. F. HOCKETT

TRADICIÓN BRITÁNICA HENRY SWEET (1807-1847) ANTIMENTALISMO E. SAPIR (1844- 1939)

RELATIVISMO LÓXICO B. L. WHORF M.SWADESH H.HOIJER

XENERATIVO-TRANSFORMACIONAL

SINTASE N. CHOMSKY J.J. KATZ R. JACKENDOFF

SEMÁNTICA G. LAKOFF J.D. MAcCAWLEY

CASUAL CH. FILLMORE J. M. ANDERSON

FUNCIONAL S. KUNO

Fig. 2

71

TAGMÉMICA W. A. COOK R.L. LONGRACRE

L. KROEBER (1876-1960) B. MALINOWSKI (1884-1942) D. JONES; HUMBOLDT JESPERSEN; J.R. FIRTH LÓXICA. SISTÉMICA MAK HALLIDAY

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

Polo que respecta ás aplicacións, debemos considerar as influencias e contribucións das teorías propiamente lingüísticas e as contribucións doutras áreas de

estudo

con

influencia

no

desenvolvemento

das

interpretacións

do

comportamento da linguaxe e das súas manifestacións concretas. Os avances ou os cambios que se van suceder nas diferentes formas de enfocar o ensino da lingua inglesa están condicionados, sen lugar a dúbidas, polos diferentes movementos, enfoques e aproximacións ao estudo da linguaxe e das súas manifestacións concretas, xa se baseen en criterios formais ou semánticos, nas gramáticas que recollen as súas representacións sexan estas prescritivas ou descritivas.

En primeiro lugar, na táboa 12 indícanse moi brevemente algunhas das interrelacións entre algunhas das aproximacións propiamente lingüísticas, e, en segundo lugar, na táboa 13 vanse a indicar algunhas das interrelacións das contribucións da sicoloxía e da socioloxía ao estudo da linguaxe e ás aplicacións do mesmo nos procesos de aprendizaxe.

72

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

APROXIMACIÓNS

TRADICIONAIS

TEORÍA POÑEN ÉNFASE SOBRE -A Gramática: as categorías 4-8 partes da fala, no medio da escrita; No prestan atención ás funcións

As estruturas e o vocabulario Concéntrase no estudio da forma APROXIMACIÓNS gramatical: na dimensión sintáctica ESTRUTURAIS E e fonolóxica: POSTESTRUTURAIS E Presentan a gramática como unha XENERATIVAS serie de patróns lingüísticos e con INICIAIS un sistema de regras finitas. A linguaxe fai un uso infinito de medios finitos. XENERATIVAS Existe un sistema de regras finitas que xeran tódalas frases CHOMSKY E gramaticais dunha lingua dada SEGUIDORES E DISTRIBUCIONAIS

Fries (1957: 78)

2015

APLICACIÓN METODOLOXÍA POÑEN ÉNFASE SOBRE A gramática Gramática/tradución A tradución [Identidade e equivalencia; palabra a palabra, frase a frase] Os métodos tipo son: Concentración no Audio/ Audio-linguais e ‘usage’ (norma): estruturas e Situacionais12 Por medio de exercicios vocabulario repetitivos (os ‘drills’ En situacións; i.e: ‘at Estruturais the post office’, ‘at the (Lado, 1964) station’. Os métodos tipo son: Baséanse en Audio-linguais e situacións; Situacionais i.e: ‘at the post office’, ‘at the station’. Por medio de exercicios repetitivos (os ‘drills’ estruturais: encher espazos en branco/ preguntas e respostas, etc., (Lado, 1964)

Táboa 12

12

Una aproximación situacionai defínese como aquela na que os contidos están organizados de acordo coas situación nas que unha lingua X se soe empregar(Richards, et al,1985: 260; Ur,2000:178; Schulz,2005).

73

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

THEORETICAL AND APPLIED APPROACHES THEORY APROXIMACIÓNS EMPHASIS ON SICO-LINGÜÍSITICAS A linguaxe é unha forma ou 13 (Condutistas e un patrón de conduta; e a súa Mentalistas). aprendizaxe é unha conduta A teoría do de hhabilidades aprendidas procedemento O ensino de linguas estranxeiras necesita unha forte motivación; implica ter estímulos e repostas claras e concisas e concibir a forma de recoñecelas adecuadamente. SOCIOLINGÛÍSTICA Concéntrase na función social da linguaxe. O significado lingüístico sen significado sociocultural constitúe; ‘puro verbalismo’ (Fries)

2015

APPLIED METHODOLOGY Situacións

EMPHASIS ON

Nocións

Os procesos dós hábitos de formación, similares aqueles da adquisición da lingua 1, son basicamente mecanicistas

Funcións Aproximacións nocional e funcionei

As propostas para a aprendizaxe das linguas estranxeiras seguen as pautas da adquisición da lingua1

Táboa 13 A maiores das propostas puramente lingüistas ou gramaticais, no podemos esquecer tampouco, á hora de abordar o estudo da lingua inglesa e a súa descrición e interpretación lingüística, as contribucións dos traballos da ampla tradición europea continental, que poden emendar algúns dos aspectos relegados pola propia tradición europea inglesa e polos da tradición americana. A revisión dos feitos permitíronnos constatar a influenza que exerceron algúns lingüistas,

13

Mentres os conductistas se centran nos conceptos; estímulo—resposta --imitación os mentalistas rexeitan a maioría dos métodos modernos que desacreditan nocións como ‘active response-repetition y reinforcement’. A teoría do procedementos propón que o ser humano posúe facultades cognitivas xerais; noutras palabras, non é soamente a lingua, senón todo o demais, todo o que aprende no mundo no que se desenvolve, todo o que ve, etc, é dicir, o impacto visual e o impacto lingüístico.

74

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

-

2015

Jespersen constitúe un valioso aporte como introdución concisa de corte tradicional á estrutura de la lingua. Criterios semasiolóxicos e formais

mestúranse no tratamento da lingua. -

Chomsky (1966) expón unha traxectoria da teoría racionalista sobre a linguaxe e nela presenta conceptos do tipo

‘estrutura profunda e

estrutura superficial que dalgunha maneira se lle atribúen como propios e que sen embargo conteñen una ampla tradición lingüística detrás deles, así como a teoría da adquisición e o uso da lingua que provocaría unha grande controversia no campo da lingüística aplicada. Para o estudo da teoría de Chomsky e as súas relacións coas posicións conceptualistas, platónicas e nominalistas, existen no mercado un número importante de traballos que conteñen información e crítica das teorías desenvolvidas por Chomsky. Pero, para a súa aplicación concreta ao estudo da lingua inglesa, poden ser de interese as obras de Roderick y Rosembaum (1968) Back (1964) e, tamén de Radford (1981) que presenta as nocións fundamentais a través dun discurso sinxelo e fácil de ler e interpretar. -

Acerca do tratamento sistémico, que entra no discurso e parece ir máis alá da gramática, a obra de Halliday (1967) que vén a ser a suma dos artigos 'The Tones of English' e 'Intonation of English Grammar', aínda é relevante hoxe polas contribucións ao campo da estilística e a súa proximidade coas formulacións da sociolingüística. A su obra de 1985 está máis directamente relacionada coa análise textual e ofrece unha interpretación funcional dos patróns gramaticais. Tamén é importante mencionar as aportacións dos gramáticos, como por

exemplo, Quirk, Leech y Palmer, non soamente no desenvolvemento dos conceptos senón tamén na análise das dificultades que nos inducen a pensar que a evolución

75

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

no estudo da teoría e da práctica no conseguen establecer as actuacións adecuadas para converter, por exemplo o inglés nunha lingua

global, debido á súa

complexidade. É esta complexidade a que leva a Jespersen a afastarse da lingüística e pasarse ao que el chamaría Inter-lingüística: a ciencia na que estivo traballando para crear unha lingua auxiliar internacional. O traballo neste campo ocupou moito do seu tempo e xorde, probablemente, debido á visión da necesidade de buscar algún medio para que as diferentes nacionalidades poidan comunicarse entre elas. No é necesario sinalar que Jespersen vive nunha época na que os nacionalismos florecen por toda Europa. Ademais, cría que era un deber da lingüística utilizar tódolos seus medios para crear unha lingua auxiliar que fose doada de aprender por tódolos humanos e que favorecese o entendemento entre os homes de tódalas nacións. Era Jespersen, sen lugar a dúbidas, un europeo por excelencia. Todo iso condúceo, primeiro a participar nos debates que buscaban establecer que lingua artificial podería ser a máis axeitada: Ido, Volapük or Esperanto, e despois a crear a súa propia lingua que denominou [NOVIAL:(i) internacional, (a) Auxiliar e (lingua). O pouco futuro destes intentos, a pesar do seu rexurdimento despois da 2ª guerra mundial, fixo considerar esta experiencia nos últimos anos da súa vida como unha causa inútil, tal e como el mesmo sinala:

‘Lo que muchas personas considerarán como la estupidez más grande de la vida (a veces soy propenso a considerar que tienen razón), principalmente el trabajo colosal que yo he dedicado a este asunto’ (Traducción de ‘En Sprogmands Levned’: 126) A linguaxe é unha arma tan poderosa que pode inducir tanto á verdade coma á mentira. Na nosa sociedade argumentouse sempre que a palabra que dá un home a outro é Lei. Non en balde, a nosa sociedade se baseou en concertos orais durante

76

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

moito tempo. Non obstante, moitos non dubidan en falsear a verdade e así o expón K. Popper, seguindo a Eistein, ao desenvolver a súa proposta científica da verdade:

‘Every theory can be false or at least it can be argued. Both truthfulness and falsity are to be refutable. He distinguishes clearly between close and open society in all domains. Open linguistic groups, as well as other groups, particularly, philosophers, are beyond democracy trying to help individuals to project themselves over established social barriers conditioning all sociocultural advances controlled by a privileged few’.

Non se pode negar, por un lado, que do tratamento de Bloomfield (1933) parece derivarse a teoría dos constituíntes inmediatos (CI) que desenvolven R. S. Wells e K. C. Pike, aínda que xa se poden considerar que existen indicios de achegamento a estas unidades mínimas nos gramáticos de Port Royal, e anteriormente en Sánchez de las Brozas, que aparece mencionado en moitos estudios en inglés como Sanctius; e, por outro, parece claro que tal e como estipulan na corrente distribucionalista, en vez de definir, por exemplo, os adxectivos como clase de palabras que expresan calidade (definición semántica en sentido xeral) parece que é mellor referirse ás propiedades combinatorias (contextos sintácticos característicos: os adxectivos son as palabras que se combinan con substantivos nas construcións S/A, S/V/A, S/SER/A, V/S/A). Tamén serán obxecto de interese lingüístico as diferentes concepcións do morfema, monema, tagmema, semema, lexema e episemema, unidades mínimas do plano formal ou semántico, dentro do modelo analítico de todo cara ás partes. Pero ademais a xeración de frases a partir de conceptos sintácticos e a formulación de regras de reescritura, cuxa aplicación das partes cara ao todo pode derivar tamén nun modelo analítico aínda que sintético. As regras de transformación, por outro lado, e as relacións contextuais, para poder explicar as relacións de sinonimia sintáctica que as análises dos CI non poden, ou as relacións de interacción e variabilidade do significado no uso e o seu contraste coa

77

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

norma veñen a completar unha serie de aspectos lingüísticos que, necesariamente, han de intervir como medio de integración dentro das bases teóricas aplicadas ao ensino. Neste sentido será importante incorporar a análise do significado do enunciado á análise gramatical, para delimitar pautas de uso, nalgúns casos, e para explicar o principio de igualdade connotativa de varios modos de expresión, noutros. As derivacións dende Bloomfield cara ao distribucionalismo baseado nas relacións distribucionais dos fonemas en cadeas de fonemas e dos morfemas nos grupos e nos constituíntes do morfema, é dicir, no establecemento dos elementos e a súa distribución nos termos que propón Harris (1951), que sinala que no método lingüístico han de distinguirse dous pasos: o establecemento dos elementos e a distribución destes elementos entre sí, co que se esvaece a distinción entre 'morfoloxía' e sintaxe,'; ou na separación de niveis ou estratos, con énfase nos fonemas de xuntura; ou cara ao nominalismo diversificado en dúas tendencias: unha baseada na competencia (i.e Chomsky), outra na 'performance' (i.e. Derwing, Vatio, Garret, Fodor, etc.), son aínda hoxe obxecto de controversia, o que determina que non decline o interese pola análise interpretativa das achegas lingüísticas destas correntes. Non obstante, ámbolos dous tratan do coñecemento ideal do falante e do oínte da lingua; pero mentres os que seguen a competencia como basee consideran que a gramática será sicoloxicamente real no sentido de que representa 'todo e soamente o coñecemento que os falantes teñen da lingua' os que se basean na 'performance' pensan que as gramáticas se poden considerar sicoloxicamente reais soamente se as regras e distincións da gramática xogan un papel na explicación das computacións lingüísticas conectadas coa produción e percepción da fala. A investigación sobre a aprendizaxe das linguas aumentou enormemente durante as últimas décadas do século XX, pero xa dende 1950 as teorías expostas

78

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

polos sicólogos14 (Skinner15, etc.) e lingüistas (Chomsky, Halliday, etc.) tiveron unha grande importancia para a descrición dos procesos que tratan de explicar os mecanismos da aprendizaxe das linguas, debido entre outros factores ao contraste entre a forma tradicional do estudo dunha lingua estranxeira coas modernas aproximacións de aprendizaxe16. Así, a influencia de factores externos (conductismo)17, a existencia de propiedades innatas e dependencia das estruturas para avanzar no coñecemento da linguaxe (mentalismo) ou a capacidade cognitiva xeral do neno para descubrir a estrutura e significado na lingua do seu ámbito social veñen a indicar que tanto os factores internos coma os externos xogan un papel importante no proceso de adquisición da lingua. As análises teóricas por un lado e os enfoques sobre a linguaxe da sicología e da socioloxía desempeñaron un papel fundamental na preparación de métodos para 14

Por exemplo, a linguaxe como 'Learnt Skilled Behaviour' (teoría asociada co behaviourismo 'estímulo/resposta' de Skinner; A linguaxe debido á conduta innata (teoría asociada con Chomsky), e como unha reacción aos dous extremos anteriores condutistas e mentalistas, a teoría do proceso (Process or Procedural Theory). Deste xeito, tanto os factores internos coma os factores externos condicionan e desempeñan un papel importante na adquisición das linguas aprendidas na súa comunidade Otra cousa moi distinta é a aprendizaxe das linguas estranxeiras, cuxo contacto cos factores externos queda reducido ao campo aular e cuxos factores internos, a miúdo, non estimulan a creatividade. 15 Entre os seus experimentos destaca o da superstición da pomba: un aspecto importante deste experimento foi as respostas condicionadas que adoptaron as pombas. Por exemplo, unha das pombas aprendeu a dar voltas en sentido contrario ás agullas do reloxo arredor da caixa, outra pomba pegaba a súa cabeza a unha das esquinas superiores dun modo moi característico e un terceiro suxeito desenvolveu a resposta de sacudir a cabeza. Cada pomba desenvolveu unha resposta propia, idiosincrática. 16

A este respecto, Pit Corder (1973:28) sinala que á forma tradicional faltáballe a dimensión sicolóxica da linguaxe e polo tanto limitaba o comportamento ou habilidade que se trataba de conseguir aprendendo un idioma. 17

Para B. F. Skinner (1904-1990) trátase dunha filosofía da ciencia da conduta, que define varios aspectos esenciais do seu obxecto de estudo. Non obstante, este obxecto é entendido de diversos modos, segundo o enfoque condutista do cal sexa parte.

79

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

o sistema de ensino/aprendizaxe das linguas estranxeiras e facilitaron en boa medida

o

funcionamento

do

sistema

de

adquisición

das

linguas

Paralelamente ás diferentes concepcións e posicionamentos que adoptan as diversas correntes de aproximación teórica ao estudo da linguaxe xorden tamén interpretacións que van máis alá de formulacións formais ou semasiolóxicas de carácter puramente lingüístico. Así, con posicións, como por exemplo a lóxicoracionalista, a empirista, a estruturalista-condutista, as propostas de Chomsky ou as concepcións de Halliday, parece entreverse que a linguaxe é algo máis que un medio de transmisión informativa. Aínda que en xeral se adoita falar de métodos e aproximacións segundo se consideren estas referencias aos sistemas de adquisición e aprendizaxe das linguas a un lado ou outro do Atlántico, pódense observar diferenzas entre ámbolos dous, de tal forma que algúns estudosos definen as aproximacións como un conxunto de suposicións que tratan da natureza da linguaxe e da aprendizaxe das linguas pero non inclúen procedementos nin proporcionan detalles acerca de como tales teorizacións deberían implantarse na aula; en cambio, un método é un plan para presentar o material lingüístico que ten que ser aprendido. Dende as primeira metade do século XX, coa revolución lingüística provocada polos líderes do estruturalismo: Sassure e Bloomfield e os seguidores en primeiro lugar; e na segunda metade en segundo lugar, polos xenerativos liderados por Chomsky e, por último polos funcionalistas liderados por Halliday, que foron capaces de seleccionar dicotomías e aspectos que xa foran tratados, unhas veces superficialmente; outras veces exemplificadas, pero nin definidas nin caracterizadas; e aínda outras faltas de explicacións claramente expostas; era de esperar, tamén unha transformación das aplicacións dos avances e redescubrimentos da interpretación da linguaxe nos procesos tanto da adquisición como do ensino e da

80

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

aprendizaxe das linguas estranxeiras. Trataremos de expor algúns destes avances e métodos propostos, a continuación: -

En primeiro lugar, a táboa que segue inclúe algunhas pautas que

diferencian as propostas tradicionais (entendendo por tradición o que se vén coñecendo como a etapa prelingüistica –dende os clásicos ata a primeira metade do século XX-) do que sucede posteriomente, previamente ás últimas décadas do século XX co desenvolvemento do uso de ferramentas de apoio tecnolóxico.

ENFOQUE TRADICIONAL A morfoloxía; clases de palabras; (palabra/ fonema); Á síntaxe (análise da relación das palabras) Á escritura, etimoloxía e a retórica.

ENFOQUE ESTRUCTURAL

MÉTODOS TRADIONAIS/ MÉTODO SITUACIONAL

MÉTODO SITUACIONAL NOCIONAL FUNCIONAL

GRAMÁTICAS PRESCRITIVAS

GRAMÁTICAS PRESCRITIVAS E DESCRITIVAS

Non concede importancia ao significado como base instrumental. Considera as unidades significativas como unidades mínimas. Presta atención ás funcións referencial e social da linguaxe (i.e. A súa forma de operar; o noso comportamento)

ENFOQUE XENERATIVO Oracións que difiren na transitividade ou no modo. Presta especial atención ás operacións sintácticas: - a estrutura profunda e superficial; a hipótese innata; a nova concepción do error

ENFOQUE FUNCIONAL Significado como función no contexto. As funcións: Ideacional: O que a lingua pode facer; inter-personal: O que pode significar; E textual: O que se pode dicir.

MÉTODOS COMUNICATIVOS

Táboa 14

81

HUMANÍSTICO COMUNICATIVOS GRAMÁTICAS DESCRITIVAS

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

En segundo lugar, na primeira metade do século XX e nalgúns países ata a

-

década dos 80 vai prestarse unha atención moi importante ao ensino da lingua inglesa como L2: mentres en Europa esta atención vai desembocar nunha expansión cara ao método directo, en América ponse énfase na lectura, na gramática e na tradución como métodos e no ASTP (The Army Special Training Programm).

Parécenos, pois, importante mencionar moi brevemente algúns dos métodos ou aproximacións para os que os estudos da lingüística teórica proporcionaron as bases para a súa aplicación. Non debemos esquecer que a necesidade dunha narrativa ortodoxa, por unha parte, e dunha comunicación oral, por outra, era, é e será fundamental nas relacións humanas, e constitúe unha das dimensións que gobernan as nosas mentes. Esta necesidade acentúase se temos en conta que os seres humanos tiveron, teñen e terán a necesidade de proporcionar explicacións de sí mesmos e a de procurar explicar o seu comportamento aos demais e a eles mesmos. Neste sentido, a cultura da xuventude, nacida nos 50 e consolidada nos 60 (abonde recordar as referencias a 'o Maio do 68 ou Maio Francés') constitúe un mito consolador de disidencia, liberdade e auto-definición. A lingüística e as súas formulacións teóricas e aplicadas non podían quedar illadas deste movemento que reclama unha maior liberdade de formas. Nesta situación, aquela idea de que 'se te sentes ben, faino, convértese en lingüística en 'se soa ben, descríbeo; e aínda hoxe prevalece aquela moral dos anos 60, resultado do baleiro da segunda guerra mundial en que a mensaxe resultou ser que non existe tal mensaxe, que conduce a unha perda dos valores absolutos, ao desarraigamento social e ao desenvolvemento do ego.

82

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

Neses anos, nas primeiras décadas da segunda metade do século XX, o que se entraba con forza, pero na nova xeración e cun valor engadido de progresismo e de rebelión contra a xeración anterior dos estruturalistas, eran as ideas xenerativistas de Noam Chomsky. Non obstante o paradigma chomskiano, tampouco ía ser de grande utilidade para o ensino das linguas estranxeiras, aínda que existían e fortalecíanse en tódolos países do mundo seguidores das formulacións xenerativas que se aplicaban ás formulacións da sintaxe da lingua nativa. Mentres que as aproximacións naturais se concentran na análise das partes do fala que en Inglaterra acabaron presentando unha dicotomía formal (Lily) e Semasiolóxica (Ramus), a visión estrutural trata a linguaxe como un sistema de elementos relacionados estruturalmente para codificar o significado, prestando especial atención ás unidades mínimas da linguaxe; as aproximacións funcionais entenden a lingua como un vehículo para expresar unha función: suxerir, pedir, requirir, informar, persuadir, etc., e as aproximacións interactivas presentan a lingua como un vehículo creativo e sustentador das relacións sociais do que forman parte actos de negociación e interacción. Ou na forma en que o presenta Widdowson: "It is important to recognize that language teaching is a theoretical ás well ás a practical activity (...) (Widdowson(1978:75)

Seguindo a Wilkins (1972:146-149), ademais das funcións gramaticais dunha lingua hai outros actos do fala, é dicir, unha cousa é a función gramatical e, outra, a función nos actos reais da fala. Neste sentido, nin un imperativo implica sempre un mandato, nin un presente progresivo indica sempre unha acción que acontece no momento presente, o que, sen lugar a dúbidas, dificulta unha formulación clara da normativa que ha de rexer a estruturación das gramáticas.

83

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

A táboa 14 ofrece unha lista destas aproximacións teóricas e os métodos que se utilizaron no ensino das linguas estranxeiras; non debemos esquecer que cada método require uns medios e uns procedementos propios para levar a bo termo os procesos de ensino/aprendizaxe. APROXIMACIÓNS E METODOS APLICADOS Ó ENSINO DAS LINGUAS EXTRANXEIRAS (dende a Antigüedade ata o século XIX) Período(s) Aproximacións Métodos Algunhas indicacións teóricas Antigüedade Gramáticas Titores: Estudo da gramática e do e idade media prescritivas Ensino gramatical vocabulario; Grego/Latín, Gramáticapráctica da escritura (corrección) tradución. Renacemento Gramáticas Regras Estudo da gramática e do Latín clásico prescritivas de comportamento vocabulario; GramáticaPráctica da escritura tradución. Siglos XVII- Gramáticas M. Indutivo 18 Practica da lingua por medio da XVIII prescritivas Gramáticaimitación e da repetición tradución. Siglo XIX Gramáticas Karl Plöt Regras y exemplos aplicados á descritivas Gramáticatradución de oracións tradución. Claude Marcel Comprensión de textos; audicións, lectura, linguaxe falado e escrito. Directo (Gouin) Asociación de ideas, reprodución de actividades cotiás Viëtor Fonética descritiva e compresión contextual. Táboa 15

18

Lo importante en el aprendizaje de una lengua no son las reglas sino la práctica, la repetición, la imitación, tal y como lo expone Locke (1632 – 1704): ‘el aprendizaje de una lengua se adquiere por el uso común’. Locke, es mundialmente conocido como el padre del liberalismo clásico, consistente en reforzar la libertad del individuo limitando el poder del gobierno, pero también por su teoría de la mente en la que postula, al contrario que la filosofía cartesiana, que no existen conceptos predeterminados y mantiene que nacemos sin ideas innatas.

84

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

No século XX, mentres en Europa se trata de expandir o método directo, en América implántase o método de lectura, o de gramática/tradución e o ASTP (Army Special training Programm /programa de aprendizaxe especial para o exército)

APROXIMACIÓNS E MÉTODOS APLICADOS AO ENSINO DAS LINGUAS ESTRANXEIRAS (Últimas décadas do S. XIX e principios do Século XX) Correntes Métodos Algunhas aplicacións. teóricas aproximacións á ensinanza Deductivo (obxectos e e debuxos) magnetófono, Tradicion Natural gramática e diccionario, para practicar as 4 destrezas al Deductivo (diagramas, debuxos, obxectos; Sicolóxico visualización mental e asociación de ideas) Magnetófono, audicións de textos (oracións, Fonético diálogos e historias); Textos con grafía fonética Encerado, gramáticas prescritivas: regras e grupos Gramatical gramaticais. Memorización- Inductivo: presentación de exemplos mímica. Contrastivo: Úsase a lingua materna, inclúe fonética, Dual gramática e vocabulario Táboa 16

Os principios polos que se rexen algún dos métodos ou aproximacións que xorden dese desenvolvemento da teoría lingüística durante o último século resúmese brevemente nas táboas que seguen:

85

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

MÉTODOS

MEDIOS

MÉTODO NATURAL

Obxectos e debuxos (dedución); Escoitar & falar; Ler e Magnetófono. escribir Gramática (corrección de erros) [Listening & speaking Dicionario (recordar palabras) Reading & writing] Diagramas; Debuxos; Obxectos Oral; gramática e lectura (visualización mental e asociación de ideas) Magnetófono; audicións de textos Sons/ palabras; frases/ Textos con grafía fonética oracións Diálogos e historias. Uso do encerado Aprendizaxe de regras ye Gramáticas grupos gramaticais Textos L1 a L2 Dicionario L2 a L1 Gramáticas Ensinanza inductiva Textos mediante exemplos Falantes nativos Libros de textos Ensinanza contrastiva. Encerado Usase a L1: Inclúe Material L1+ L2 fonética, gramática e vocabulario.

MÉTODO PSICOLÓXICO MÉTODO FONÉTICO MÉTODO GRAMATICAL MÉTODO DE TRADUCIÓN MÉTODO DE MEMORIZACIÓN MÍMICA MÉTODO DUAL

PRESENTACIÓN

Táboa 17 O ensino de algunhas destrezas ou habilidades pasan a converterse en métodos por se mesmos, como por exemplo:

MÉTODO DE LECTURA/ READING METHOD Axudar aos estudantes a entender o que len sen traducir mentalmente ACTIVIDADES Lectura intensiva e extensiva ARGUMENTOS No desenvolvemento da destreza da lectura. A FAVOR ARGUMENTOS Produce usuarios incapaces de entender ou falar a lingua máis EN CONTRA alá dun nivel simple. Táboa 18 OBXECTIVOS

86

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

Unha mostra dalgunhas das interrelacións teórico-prácticas que relacionan os avances lingüísticos cos metódos ou aproximacións á ensinanza das linguas estranxeiras que aínda se alternaron no século XX (principalmente entre 1930-1970) pódense considerar nas táboas que seguen a continuación:

APROXIMACIÓNS E METODOS APLICADOS Á ENSINANZA DAS LINGUAS ESTRANXEIRAS (SÉCULO XX: 1930-1970) Defínense dende 3 a oito partes no fala CORRENTES TRADICIONA atendendo ao significado e á función, descríbense as funcións sintácticas das partes da TEÓRICAS L fala na oración, aténdese principalmente á lingua escrita, ignóranse as variedades funcionais da linguaxe Estudo da gramática e do vocabulario; Gramática/ Práctica da escritura e da tradución; análises tradución19 literarias; construción de oracións. Concede pouca importancia á entoación e pronunciación. Directo Transcrición de sons en notación fonética, situacións en contextos da vida diaria; pedagoxía activa. MÉTODOS OU Ecléctico: Situación en contextos da vida diaria; pedagoxía APROXIMACIÓN activa; repetición; pretende chegar ás nocións S Á ENSINANZA gramaticais por indución. 'Lectura': lectura intensiva e extensiva; pretende que o alumno entenda o que le sen recorrer á tradución Táboa 19

19

Provén do que se aplicaba ao ensino do latín e grego clásico. Para unha información máis detallada, c. f. Howatt (1984:131-146)

87

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

APROXIMACIÓNS Y MÉTODOS APLICADOS Á ENSINANZA DAS LINGUASESTRANXEIRAS (SÉCULO XX: 1930-1970) Na análise descritiva estrutura: CORRENTES TEÓRICAS ESTRUCTURAL -distínguese entre significado léxico e estrutural; considérase a gramática como unha serie de 'patróns' formais dentro dos cales se organizan as palabras dunha lingua; -estúdanse os catro signos do inglés que teñen un significado: forma, orden e función das palabras; patróns de entoación; -defínense as partes da fala baixo das categorías: palabras de clase formal e palabras estructurais/funcionais; -distínguese entre lingua falada e escritadando prioridade ao nivel oral da lingua; -e acentúase a importancia contrastiva dentro dunha lingua. Presentación de Breves diálogos e MÉTODOS OU Gramatical substitucións ou alternativas, APROXIMACIÓN 20 S Audio-lingual Téntase: Á ENSINANZA -desenvolver o manexo das 4 destrezas da linguaxe; técnicas de memorización e exercicios. Audiovisual; - desenvolver o manexo das 4 destrezas da linguaxe; -aumentar a repetición de imaxes e expresións gravadas; Para elo, prescíndese durante certo tempo da escritura para non interferir na pronunciación. Situacional Seguen esta liña os libros de texto que inclúen situacións para a práctica diaria: at the post office, in a restaurant, at the pub; etc. Táboa 20 20

Xorde coas investigacións dos estruturalistas norteamericanos nas décadas dos 20 e 30, que fundamentaban as súas análises no uso da lingua tal e como se desenvolve e non como cre que debe realizarse. A linguaxe empeza a considerarse como algo vivo e non como unha relación de formas e expresións estilísticas.

88

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

APROXIMACIÓNS E MÉTODOS APLICADOS Á ENSINANZA DAS LINGUAS ESTRANXEIRAS (SÉCULO XX: 1930-1970) Na análise transformacional-xenerativa, pola contra, deféndese que a lingua fai un uso CORRENTES infinito de medios finitos. e postúlase que TEÓRICAS existe un sistema de regras finitas explícitas que poden xerar todas as frases gramaticais TRANSFORMACIÓ dunha lingua dada. As devanditas regras NAL-XENERATIVA pódense aplicar exhaustivamente ás mesmas estruturas básicas ou 'Kernel sentences'; distínguese entre estruturas básicas e transformacións que reorganizan distintos elementos ou os engaden, para producir 'formas de superficie' ' é dicir, o que oímos e dicimos; distínguese entre estruturas superficiais e subxacentes ao mesmo tempo que se introducen os conceptos de competencia e actuación; reafírmase a importancia do significado e considérase a lingua como algo creativo. Por lo que respecta á ensinanza das linguas. Presta atención ás regras descritivas da gramática e do vocabulario e ás transformacións de frases básicas 21 Nocional A primeira aproximación que considera o uso e a norma como parte dun todo dende o punto de vista do ensino. MÉTODOS OU APROXIMA NocionalContén funcións, nocións e formas e debe CIÓNS Á funcional conter estes tres aspectos, nos que se vai ENSINANZA basear o 'Threshold Level (TL) proxecto do consello de Europa, dirixido por Van Ek e Alexander Táboa 21

21

Foi Wilkins en 1976 quen desenvolve o que se denominou 'notional syllabusses'. Simplificando, sinala que unha programación comunicativa debe conter certos elementos 'communicative functions' e 'xeneral functions', é dicir, as funcións que terán que desenvolver os estudantes e as abstraccións.

89

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

Máis adiante van

2015

desenvolverse, especialmente debido aos avances

tecnolóxicos novos, algún deles, os mal chamados métodos e aproximacións audio ou audiovisuais que se van diferenciar dos anteriores principalmente pola forma de presentar as linguas en formas diferentes de audio e de visualización, e que recollen os nomes segundo o tipo de ferramentas empregada; algúns deles descríbense brevemente a continuación:

MÉTODO AUDIOLINGUAL22 Axudar aos estudantes a desenrolar as 4 habilidades (escoitar e falar como o transfondo principal do ensino para a lectura e a escritura. ACTIVIDADES Repetición en grupo; Repetición individual; Introdución á lectura de textos paulatínamente; Presentacións orais. ARGUMENTOS Motivación moi alta; Inxerencia importante sobre a pronunciación. A FAVOR ARGUMENTOS O abuso de técnicas de memorización e os exercicios repetitivos EN CONTRA poden conducir a certo aburrimento. Táboa 22 OBXECTIVOS

W. M. Rivers (1972) in Teaching a Foreign Language Skills explica estes obxectivos deste xeito:

‘Develop of Listening and Speaking Skills as the foundation on which to build the skills of reading and writing’

22

Esta aproximación aparece como o resultado da investigación dos estructuralistas dos estados unidos na segunda e terceira década do século XIX, que se baseaban no uso da lingua tal e como se realiza e non na concepción que teñen os teoricistas do que debe ser utilizado ou non. As linguas empezan a ser consideradas como algo vivo e deixa de considerarse como unha relación de formas e expresións estilísticas

90

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

MÉTODO AUDIOLINGUAL23 Axudar os estudantes a desenvolver as 4 habilidades a través de OBXECTIVOS unha asociación entre o que se escoita e o que se visualiza. ACTIVIDADES Repetición de representacións lingüísticas de imaxes e as súas realizacións lingüísticas gravadas para ser escoitadas. ARGUMENTOS A escrita deixase aparte durante un certo período de tempo, o que evita a interferencia cos hábitos da pronunciación. A FAVOR ARGUMENTOS E unha proposta cara. Require profesores moi con moita EN CONTRA habilidade. A miúdo nótase afalta de material escrito Táboa 23 MÉTODO DIRECTO24 Adquirir a axilidade de pensar en inglés ( falar, ler e escribir); OBXECTIVOS adquirir unha pronunciación correcta e unha fluidez na fala. ACTIVIDADES Transcricións fonéticas; aprendizaxe de palabras e frases relacionados cos obxectos e as accións; situacións en un contexto da vida de cotío; As categorías gramaticais estúdanse por medio dun proceso indutivo, con explicacións na lingua obxecto de estudo en niveis avanzados. Non se fai uso de exercicios de tradución na aula. ARGUMENTOS Axuda aos estudantes a usar a L2 usando situacións da vida real e exemplos que suceden na vida real. Propón unha pedagoxía activa A FAVOR e quizais interesante. ARGUMENTOS Obriga ao estudante a usar a L2 demasiado pronto, xa que o EN CONTRA estudante chega con hábitos adquiridos na L1. Por iso necesitan un práctica moi exhaustiva e demanda do profesor un gran dominio e fluidez na L2. Táboa 24 23

Existen diferenzas de opinión á hora de considerar ista e a audio-lingua aproximacións ou métodos propriamente, aínda que esta última ten unha base teórica e unhas técnicas moi definidas. Pola contra ámbalas dúas aproximacións: a audiolingual e a audiovisual son, segundo algúns autores, máis que unha aproximación unha forma de presentación na que os materiais usados (tanto a nivel de audio como a nivel de visualización) poden ser usados como elmentos adicionais para calquera outra aproximación ou método. 24 Ao longo do século XX van aparecer tódolos que están a favor dos métodos da ensinanza activa. Estes entenden que os estudantes aprenden a entender a linguaxe ‘escoitando moito tempo a lingua’ e que eles aprenden a falala, falándoa’.

91

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

MÉTODO ECLÉCTICO Práctica das 4 destrezas lingüísticas e aprendizaxe de nocións OBXECTIVOS gramaticais por indución. ACTIVIDADES Exposición oral por medio de obxectos, accións ou situacións. Traballo entre os mesmos estudantes que usando a imaxinación e a repetición intentarán obter a comprensión da L2; Lectura, fala precisa e expresión escrita usando a L2 ARGUMENTOS Recolle o máis útil de cada proposta anterior. A súa propia esencia radica na propia innovación. A FAVOR ARGUMENTOS No se fixa un límite de tempo nos cursos oficiais; EN CONTRA Esixe un gran dominio da L2 e unha imaxinación áxil. Táboa 25

92

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2.3

2015

OS MODELOS DESCRITIVOS

Mentres as aproximacións teóricas van confluír nos modelos descritivos gramaticais, xa que a norma, especialmente en linguas non regradas por Academias, está suxeita a moitas modificacións que van incorporando pouco a pouco os usuarios da lingua; os modelos aplicados van desembocar en aproximacións descritivas na ensinanza das linguas adquiridas e en métodos ou aproximacións comunicativas na ensinanza aplicada ás linguas aprendidas Que entendemos por modelos descritivos? Un dos métodos máis realistas do século XX, quizais o menos profundo, que se centra na descrición da lingua tal e como se realiza no uso, aplicando a norma en relación co considerado nivel estándar da lingua e describindo outras realizacións atípicas para este nivel, pero frecuentemente usadas noutros niveis. Baséanse principalmente nos principios xerais e específicos de gramaticalidade ou agramaticalidade, potencialidade e aceptabilidade e nas súas interrelacións. Algúns estudosos céntranse na descrición da lingua, tal e como a encontran no uso, e analizan estruturas cuxo comportamento formal e/ou semántico difire da norma establecida dende o punto de vista de gramaticalidade, potencialidade e aceptabilidade; outros formulan hipótese de comportamento partindo de principios de actuación xeral, que a miúdo bloquean unha ampla serie de principios específicos que se converten, á súa vez, en principios xerais dunha actuación determinada; aínda outros describen as estruturas e o léxico centrándose na prescrición establecida. Como antecedentes do modelo descritivo pódese considerar a clasificación histórica da gramática en fonética e morfoloxía. Neste sentido pódense considerar pioneiros a teóricos como Saussure e a fonéticos como Daniel Jones. Nos estudos gramaticais e lingüísticos cámbiase do prescritivo e normativo á descrición de todo tipo de realizacións comunicativas. Polo que se refire á lingua inglesa,

93

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

podería dicirse que esta forma de actuar se inicia con Jespersen (1909-1949), co paso da chamada gramática ríxida ás gramáticas históricas e descritivas. Estas aceptan incorporar nos seus escritos a produción lingüística tal e como se realiza, dende a gramaticalidade ata a agramaticalidade, dende a potencialidade ata a aceptabilidade e dende a profundidade ata a superficialidade, pero baseándose nun gran número de datos e na análise do seu comportamento. Considérase, pois, entre outros asuntos, a fosilización diacrónica e a revitalización sincrónica, a existencia limitada, a variabilidade, a congruencia e a coherencia, dentro da tolerancia e a permisividade. Xorde, pois, o modelo gramatical baseado en corpus lingüísticos, escritos e/ou orais, que se centran na descrición do comportamento dos datos analizados. Podemos citar, entre outros, a Jespersen (1909-1949), Quirk (1962, 1972, 1985), Carter & MacCarthy (1995, 1998), Brazil, 1995, Matsumoto, 1998, etc., que, dun modo xeral, se distinguen doutros autores e modelos, centrándose en:

94

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

-

A descrición da gramática no uso

-

As incursións que realizan na gramática da fala

-

A presentación de evidencias do comportamento da lingua dunha época,

sen entrar na análise do comportamento profundo desta. -

A especificación do sistema ou das regras repetitivas en relación coas

estruturas e as categorías -

A presentación dun desenvolvemento dun repertorio das leis de

probabilidade de asociación -

A permisividade á hora de abordar unha ampla gama de variedades de

interpretación e descrición das estruturas sintácticas, léxicas e do discurso no contexto. -

En realidade, podemos falar de catro principios nos que se van sustentar:

-

A relación entre os fenómenos e o control da situación.

-

A realización gramatical dende o punto de vista do seu uso e descrición.

-

O asociacionismo lingüístico en relación coa probabilidade.

-

A ampla gama de posibilidades de descrición integrada dos niveis

lingüísticos. Preséntanse naqueles textos que reciben a denominación de gramáticas escolares e pedagóxicas. En definitiva, parece que hoxe en día as opinións xeneralizadas dos estudosos, grosso modo, se centran no feito de que o método tradicional se queda atrás, debido a que non recoñece a natureza única das diferentes manifestacións da linguaxe, fallo que comparte coa teoría dos universais; o estruturalismo exclúese a sí mesmo debido ao feito de que non concede a importancia necesaria ao significado e á súa relación coa forma; os modelos transformacional-xenerativos e a gramática de casos recoñecen o valor da teoría e do significado de todo aquilo que vai máis alá da estrutura de superficie, pero non prestan suficiente atención a aquelas realizacións

95

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

das estruturas de superficie cuxas diferenzas son aparentes en canto á forma e ao contido; A gramática sistémica apoiouse moito no estruturalismo e na gramática xenerativa e probablemente a súa potencialidade non foi de todo explotada. Todo iso implica que non dispoñemos dun modelo totalmente axeitado, ou polo menos definido, para o ensino das linguas ou que dispoñemos dun bo número definido de modelos que presentan unha serie de vantaxes e desvantaxes para a súa aplicación. Nesta liña, todo parece indicar que existen certas lagoas en calquera dos métodos ou aproximacións ao estudo da linguaxe que se han de emendar ou cumprir por medio dos métodos específicos dedicados á avaliación, descrición e análise dos diferentes niveis lingüísticos. Deste modo, as táboas que se expoñen a continuación indican as tradicións, escolas e autores relevantes que afectan máis directamente ás posicións sobre o ensino da lingua inglesa, porque a maioría dos seus escritos están nesta lingua, exemplifícana e compárana con outras. Os mentalistas, non obstante, rexeitan a maioría das aproximacións modernas utilizadas no ensino da L2 que desacreditan nocións tales como 'active response', repetition' e 'reinforcement', e o mesmo Chomsky recoñece que unha resposta incorrecta pode ser un aspecto normal que indica que o proceso de aprendizaxe se está a seguir con normalidade. Esta nova visión do erro trasladada ao campo da aprendizaxe vén a repercutir amplamente na forma de levar a cabo o ensino, libera a tensión acumulada no desenvolvemento da aprendizaxe, dado que os erros deixan de ser unha obsesión permanente e a súa análise convértese nun instrumento para poder establecer o nivel lingüístico dos estudantes e facilita o descubrimento das falsas conceptualizacións dos factores que condicionan o asentamento estrutural da lingua. Conxuntamente con estas propostas teóricas están a desenvolverse aproximacións para a ensinanza das linguas que favorezan por un lado a interpretación (semántica e pragmática), e por outro lado, os métodos ou

96

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

aproximacións comunicativas. Asi, cara á década dos 70 do século pasado vánse desenvolver ou a desterrar outras teorías lingüísticas como a noción de 'interlingua' e a sociolingüística. A 'interlingua' é un idioma propio do estudante, que mestura o que el aprende do idioma estranxeiro, co seu idioma materno (e as outras linguas que fale). En verdade o que se está a buscar é precisión e fluidez: comunicación rápida, efectiva e fluída. Todo é válido, dende ir de excursión para ver unha obra de teatro en inglés, ata memorizar verbos, ver películas, ler un libro, viaxar e traducir frases, pasando por facer xogos, diálogos e exercicios de gramática. Pódense usar todas as técnicas necesarias para que o estudante desenvolva catro habilidades lingüísticas: falar, escoitar, ler, escribir; e para que cada vez o faga con menos erros e maior fluidez. Xorden, pois, ós métodos ou aproximacións comunicativas de diverso tipo e tamén, tipos de aprendizaxe baseados en proxectos: Neste enfoque, o que guía cada clase é un proxecto grupal ou individual por parte dos estudantes onde eles deben buscar e aplicar novos coñecementos lingüísticos. Por exemplo, se o tema da clase é aprender a comprender os noticieiros, o proxecto pode ser elaborar en grupos un noticieiro orixinal que fale de temas do seu interese ou relacionado coa súa formación ou área profesional específica. A aprendizaxe por proxectos prioriza os intereses e gustos dos estudantes. Estas formas ou modos de ensinanza/aprendizaxe mesturan a teoría coa práctica e incorporan todo aquilo que as novas tecnoloxías van aportar, tales como: Os sitios en internet (Websites): estes espazos na web proporcionan diversos servizos para o estudo dunha lingua estranxeira. Algúns lugares de Internet están deseñados para aprender unha lingua estranxeira dunha forma específica. Algúns 'software' funcionan na mesma web. Isto implica que non é necesario descargalos pero presentan o inconveniente de que se necesita estar conectado á rede. Outros ofrecen actividades variadas: exercicios tradicionais: seleccionar, encher, contestar encrucillados, etc., e aínda, outros ofrecen actividades complementarias, como por exemplo, a posibilidade de conectar uns

97

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

individuos dunha comunidade con outros, que, sen lugar a dúbidas, poden beneficiar a produción oral, a fluidez, a incorporación de vocabulario coloquial.

Ademais algunhas páxinas, aínda que deseñadas para outros fins, poden ser útiles para a ELES, tales como, sitios de tradución, páxinas de información de cada país cos seus textos, videos, etc. conferencias en rede, etc. Moi pronto, neste século, os métodos utilizados para os sistemas de ensino-aprendizaxe das linguas estranxeiras serán substituídos polo método Internet ou polo método virtual. Prepararanse cursos específicos que, mediante o uso de conexións diferentes, poñerán atención dun modo interactivo ás actividades necesarias para producir mensaxes comunicativas precisas. Outra cousa será o uso que deles faga o aprendiz, que terá á súa disposición un titor virtual para realizar todo tipo de actividades de aprendizaxe (exercicios teóricos e prácticos), corrección das actividades realizadas, consultar todas as súas dúbidas e diversos medios para contactar co seu profesor. Da mesma forma que se produciron libros de texto e materiais apropiados para levar a cabo a ensino/aprendizaxe por medio dos métodos ou aproximacións, tradicionais, audio-linguais, etc., produciranse os materiais para practicar as unidades de contidos necesarios nun medio virtual, por conseguinte, o 'método virtual', que consistirá en: Presentación de contidos por unidades.

-

Nocións e funcións necesarias para producir mensaxes comunicativas

interactivas. -

Exercicios prácticos

-

Instrucións orais e escritas

-

Presentacións gramaticais básicas e avanzadas.

-

Consolidación das unidades obxecto de estudo por medio de presentacións

audio-linguais e audiovisuais.

98

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

-

Auto-avaliación do coñecemento adquirido.

-

Non en balde a información en liña xa está capacitada para integrar

elementos -

Multimedia, textos, videos, audio, gráficos interactivos, imaxes, etc. Falar dun 'método internet' ou dun método virtual para o ensino da lingua

inglesa como lingua estranxeira é falar dun método interactivo levado ás súas últimas consecuencias, i.e. dun conxunto de actividades variadas que consigan introducir no hemisferio esquerdo do falante as unidades léxicas e as regras de formación necesarias para que o usuario poida producir e comprender as mensaxes comunicativas sen interferencias dos condicionantes aos que chega sometido. É un feito que a tecnoloxía se meteu na nosa vida. Nos últimos anos, o uso das novas tecnoloxías, especialmente das tecnoloxías da información e das comunicacións (TIC), introduciuse tanto na sociedade que agora é un tema común en conversacións e medios de comunicación. Entre as novas tecnoloxías aplicadas ao ensino das linguas estranxeiras destaca o uso do ordenador25. Os ordenadores empezan a ser unha ferramenta antiga. Xorden como tubos de ensaio no século pasado, na década dos 40 e, xa, a principios

dos 50 utilizanse

nalgunhas compañías

25

nos Estados Unidos,

Dun modo moi elemental poderiamos sinalar que durante o desenvolvemento da segunda guerra mundial se constrúe o primeiro ordenador, coñecido como Mark I (1944) e presentado en Harvard polo Dr. Howard Aiken e os seus compoñentes traballaban baseados en principios electro-mecánicos. En 1945 construíuse o primeiro ordenador con fins prácticos que se denominou Eniac. En 1951 son desenvolvidos o Univac I e o Univac II (pódese dicir que é o punto de partida no xurdimento dos verdadeiros ordenadores, que serán de acceso común á xente). A primeira máquina de calcular mecánica, un precursor do ordenador dixital, foi inventada en 1642 polo matemático francés Blaise Pascal. Aquel dispositivo utilizaba unha serie de rodas de dez dentes nas que cada un dos dentes representaba un díxito do 0 ao 9. As rodas estaban conectadas de tal maneira que podían sumarse números facéndoas avanzar o número de dentes correcto. En 1670 o filósofo e matemático alemán Gottfried Wilhelm Leibniz perfeccionou esta máquina e inventou unha que tamén podía multiplicar.

99

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

A importancia das novas tecnoloxías consiste en que exerceron sobre as nosas vidas unha influencia extraordinariamente importante. Considéranse varias etapas na construción e planificación dos ordenadores. Nestes momentos estamos na quinta etapa da súa evolución que nos presenta o PC tal e como se concibe na actualidade e que se inicia en 1981. Nestes momentos pódense encontrar referencias ao uso de Internet na aula, materiais en Internet para o estudo dunha lingua X como segunda lingua, etc. Sen embargo, non se pode falar polo momento de un método virtual interactivo que poda interectuar sen a guía dun profesor.

100

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

LINGÜÍSTICA: NIVEIS 3

PARCELACIÓN LINGÜÍSTICA

Non é necesario subliñar aquí a erradicación do nivel fonético nos aspectos puramente fonolóxicos, como método de estudo, dos niveis morfolóxico e sintáctico. O que non está claro, sen embargo, é o feito de que se poida prescindir do nivel semántico, ou de certas características morfolóxicas á hora de abordar a análise dos aspectos suprasegmentais. Tampouco é doado entrar en explicacións semánticas

sen recorrer

en moitas ocasións aos aspectos suprasegmentais

fonolóxicos. Queremos deixar claro desde o primeiro momento que non avogamos por unha proxección de separación de niveis absoluta, pero sí por unha focalización disciplinar a base de nódulos modélicos nos que impere unha filosofía centrada na esencia particular de cada nivel determinado, aínda que con referencias a outros niveis cando sexa estritamente necesario, centrándonos principalmente nas referencias significativas para o discernimento morfolóxico, léxico ou sintáctico. Non cabe dúbida de que os argumentos reflexivos baseados nestes principios non son, de ningún modo, un condicionamento exclusivo desta década nin das décadas vindeiras. E ben certo que constitúen un dos problemas que requiren unha interpretación axeitada, pero non fácil de acadar, para unha mellor focalización lingüística no estudo da linguaxe e das linguas que a representan. No pasado, como vimos anteriormente, andaron á procura dunha boa interacción que en moitas ocasións resultou ecléctica e noutras demasiado condicionada pola diversificación de

conceptos,

baixo as

variables de gramaticalidade,

aceptabilidade.

101

potencialidade e

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

Neste sentido de apreciación pronúnciase Moulton (1924: 225) en relación co estudo fonético e pregúntase se deberiamos aceptar límites sintácticos e morfolóxicos como parte da análise fonética, e, á parte doutras razóns, sinala como puntos fundamentais os puramente metodolóxicos.

First (...) and this is a purely methodological reason (...) I believe that the phonemes of a language should be analysed without reference to syntax or morphology (as I have tried to do so in this paper).

Previamente Hockectt (1942) recolle material fonolóxico e gramatical ó mesmo tempo, aínda que unhas veces pon énfase nun nivel en concreto e noutras ocasións céntrase nun nivel diferente. Tamén outro dos estruturalistas ortodoxos, Fries (1953:60), apoiándose nun bo número de referencias para soster o seu estado de opinión, sinala: "On all levels of linguistic análysis certain features and types of meaning furnish a necessary portion of the apparatus used".

E o mesmo Bloomfield (1933:78) amplía a súa filosofía lingüística interpretativa coa aseveración seguinte, "Phonology includes the consideration of meaning".

Verdadeiramente unha análise de calquera tipo debe levarse da forma máis axeitada, que non sempre coincide coa forma máis idónea nin coas actuacións reais. Sen embargo, non cabe dúbida de que hai que aceptar unha análise de procedemento e, tamén, a forma resultante da exposición da descrición. Neste senso, por exemplo, as críticas feitas por Hockett (1951:341) a Martinet pola súa mestura de niveis,

102

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

When Trubetzkoyan (and Martinet's) analysis is complete, one has an array of facts on several diferent structural levels, not properly sorted out according to level but in a hodgpodge arrangement.

recondúcenos e ínstanos a inclinarnos por un tratamento separado. Tamén os lingüistas bloomfieldianos recoñecen dous criterios iniciais na análise da linguaxe: identidade ou diferenza en, canto a son, e identidade ou diferenza, en canto a significado dos enunciados ou partes dos enunciados. Nesta liña, Fowler (1952: 509), nunha apreciación laudatoria de Harris, sinala: "Harris .......... proposal is to make morphemic distinctions on a phonological level by the use of statistical- i.e., distributional criteria alone. That is impossible. A group of phonemes in a phonemic environment can be called a morphemic environment only by the addition of function of meaning."

O mesmo Chomsky na diferenciación das clases de ideas innatas que interveñen no sistema de adquisición, é dicir, as ideas sustantivas, formais

e

construtivas, sinala que as ideas sustantivas son as que se manifestan nas relacións ou que se poden manipular por medio de operacións, é dicir, os trazos gramaticais, formais e semánticos. Todos estes argumentos constitúen, sen vacilación de ningún tipo, un bo contrapeso para confirmar a interacción de niveis, pero non xustifica, sen embargo, o feito de que no tratamento da lingua non se estuden baixo pautas de comportamento propias, cos recursos interactivos axeitados ó modelo que cada nivel require. Así pois, subparcelar, por exemplo, un nivel como o fonético polo que respecta ó tratamento particular dos sons e dos aspectos suprasegmentais ou outros fenómenos involutivos particularmente da fala, tales como 'asimilación', 'elisión' ou 'compresión' silábica e a súa repercusión en ámbolos dous medios oral e escrito, ou o nivel fonolóxico co seu tratamento da produción, transmisión e

103

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

recepción dos sons, constitúe un símil coa separación, por exemplo, do pensamento do corpo, aínda que o tratamento individualizado dos diferentes niveis resulte útil para fins pedagóxicos. Neste senso, tamén as formulacións morfolóxicas constituíron, e aínda constitúen, un enfoque diferente dos estudos lingüísticos en relación cos tratamentos dos outros niveis, sexan estes lexicolóxicos, sintácticos semánticos ou semántico-pragmáticos; ou dos diferentes enfoques, sexan estes descritivos ou analíticos. Po exemplo, o nivel léxico concéntrase máis no aspecto formal e externo das palabras aínda que cunha interacción semántica e apreciacións morfolóxicas das mesmas, deixando, sen embargo, o estudo dos compoñentes das mesmas, para a morfoloxía; as interrelacións dentro do discurso, para a sintaxe, e as interrelacións significativas a través da análise dos variados semantemas para a semántica. Sen embargo, os diferentes tratamentos constitúen un principio interactivo non só cara ao todo global da aprendizaxe e entendemento das manifestacións concretas e da mesma linguaxe senón tamén un avance de visualización particular lingüística. Nos compoñentes da linguaxe, polo tanto, hai que contemplar os medios de expresión e os niveis que os representan, de tal forma que polo que respecta á fala hanse de asociar os sons coas variantes suprasegmentais co significado, e o significado cos sons nunha interacción contextual lingüística apoiada na percepción do mundo externo e interno dos falantes e, polo que respecta ao medio escrito, a competencia lingüística require a asociación dun signo gráfico e as súas representacións fonémicas nalgúns casos, é dicir, a asociación da forma (símbolos visuais) cos conceptos, nun medio contextualizado organizado sintáctica e estruturalmente. Neste sentido, a nosa apreciación das linguas leva consigo a interacción dos seguintes niveis da linguaxe como se ilustra na táboa (26)

104

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

LINGUAXE ↓ MANIFESTACIÓNS CONCRETAS ↓ MEDIO ORAL MEDIO ESCRITO Lexicoloxía Lexicoloxía (unidades léxicas) (unidades léxicas) Lexicografía Fonémica ↔ (símbolos gráficos, grafemas, (descrición e discriminación de sons) puntuación) Fonoloxía Fonética Sintaxe Morfoloxía (sons/factores (articulación e (combinación (combinación suprasegmentais percepción significativa das significativa de palabras grafemas) ↓ SEMÁNTICA: UNIDADES CON SIGNIFICADO ↓ PRAGMÁTICA: INTERACCIÓN SIGNIFICATIVA Táboa 26 Sempre atendendo ás variedades das linguas, os condicionantes sociolingüísticos, sico-lingüísticos e filosóficos e a súa aplicación nos procesos de adquisición e aprendizaxe. Tendo en conta este principio de delimitación de áreas de estudo é necesario considerar os factores de estudo para os diferentes niveis, i.e. factores fonolóxicos, lexicográficos, lexicolóxicos, morfolóxicos, sintácticos e semánticos. A

nosa

apreciación das linguas implica a interacción dos seguintes niveis da linguaxe como se ilustra na fig. 3 que representa os subtipos da ciencia lingüística que se concentra no estudo dos aspectos específicos de cada un dos niveis que forman parte do todo lingüístico e mostra o grao de dependencia que foi ilustrado e comentado en (Oro,

105

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2008:65-85).

Fig.3

106

2015

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

3.1

2015

FACTORES LEXICOLÓXICOS

Moitas das apreciacións dos teóricos da lingüística non responden ás múltiples incongruencias que se producen entres as presentacións, definicións ou opinións e a interacción entre a realidade e a súa representación polas diferentes linguas. Un número importante desta falta de congruencia é producida polo cambio lingüístico, outra pola dirección que tomaron as unidades léxicas en combinación e, aínda outras pola arbitrariedade coa que se comportan as manifestacións concretas da linguaxe, a pesar da súa sistematicidade propia. O comentario que precede, sen cuestionar para nada o poder da lingüística como ciencia, a parte doutras definicións moi acertadas dos varios constituíntes que conforman as linguas, pode ser un dos moitos acertos cos que nos atopamos cando prestamos atención ao legado que nos deixaron Bloomfield, por unha parte, e Saussure, por outra, cando usa o xadrez para describir a palabra, o signo.

Bloomfield sinalaba

Linguistics !does not tell us how the meaning of a linguistic form can change in the course of time! (Bloomfield, 1933: 430)

O Oxford Concise Dictionary of Linguistics define a palabra ‘palabra’

'the union of an invariant form with an invariant meaning' (Matthews: 228)

A desviación que se produce entre a definición recollida de Matthews e a realidade da significación de tódalas unidais léxicas que van máis alá da realidade básica ou

107

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

conceptual, por culpa do modificador !invariant!, invalidan a mesma pola falta de congruencia entre expresión lingüística e a realidade que se intenta representar. Sobre isto parece pronunciarse Chandler en Semiotics, cando expón "The signified is clearly arbitrary if reality is perceived as a seamless continuum." (Chandler, 2007:10) Esta variación26 que frmulan moitos estudosos da linguaxe xa aparecía reflectida na Metafísica de Aristóteles, quen recoñece que unha palabra no se define exclusivamente polos seus trazos, senón polas relación entre eles mesmos,

'If these be not manifest, neither will be manifest the definition of the thing' Aristóteles (Book VII: 11.)

É dicir, as palabras, ULS ou ULC están constituídas por un conxunto de relacións léxicas, morfolóxicas (estudo dos grafos, sons e a formación das distintas unidades que conforman a lingua), sintácticas (análise da combinación de unidades léxicas: frase, cláusula, oración, paragrafo e texto); semántica (estudo das diferentes posibilidades significativas) e pragmática (análise das diverxencias que contribúen a unha falta de interacción entre o comunicante e o receptor) que, como e lóxico, varían nos medios máis importantes nos que fan as súas representacións, a fala e a escrita. En conxunto, como expón Oro en varias publicacións, as unidades léxicas simples ou complexas son o resultado dun conxunto de relacións: un microcosmos de relacións formais nos que interveñen un número importante de procesos de 26

Ferdinand de Saussure considéraa unha ‘nube turbulenta’; Max Black un fluxo kaleidoscópico; Benjamin Whorf unha extensión galáctica e, Michael Losonsky un 'oceáno de impresións’. Ou a famosa referencia de William James 'a blooming, buzzing confusion'.

108

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

formación ou de incorporación (derivación, flexión, conversión, petrificación, redución, composición, formación retroactiva, mesturas e incorporacións a través de préstamos)

e

significativas

(conceptualización,

tematización,

estilización,

información, persuasión, relación, afectividade, etc.)

‘a lexicoloxía27 céntrase no estudo das unidades léxicas. Aínda que á primeira vista identificamos a palabra como unidade léxica, isto non é de todo certo. En xeral as unidades léxicas están constituídas por unha palabra ou por un conxunto de palabras e non todas as palabras son unidades léxicas porque non constitúen unidades significativas 'per se'. As achegas da lexicoloxía non poden ser exhaustivas, en realidade adoitan ser indicativas, dende o momento en que para selo deberían de incluír toda a información fonolóxica, morfolóxica, sintáctica e semántica que se encontra no hemisferio esquerdo dos falantes. (Cf. Oro, 1992: 151-160; 2002:37-57; 2008: 65-91). Algúns estudosos pretenden dar á lexicoloxía un nivel de carácter independente e incorporan procesos delimitados claramente na morfoloxía, e na sintaxe; non obstante, e explicándoo dende o punto de vista da hiponimia, a lexicoloxía debe entenderse como o termo incluínte ou 'superordenado' de 27

Como sinala Oro, 2014 retomando aportacións de Oro (1992: 151-177 y 2002:13-15) e de outras presentaciones orais, capítulos de libros e artígos en revistas especializadas, a lexicoloxía concéntrse na análise das unidades léxicas como un todo, proporcionando algúns detalles formais (acústicos, gráficos e morfolóxicos) e significativos (principalmente semánticos) das palabras ou destas en combinación. Entón, e a pesar de que a lexicoloxía se concentra no estudo das unidades léxicas, tamén presta atención ás combinacións léxicas que conteñen unidades léxicas e gramaticais ou son o resultado da unión de dúas ou máis palabras que conforman unha unidade léxica debido ao feito de que un non pode deducir o seu significado sumando as unidades que compoñen esa expresión lingüística. Entre estes tipos con afinidade de comportamento cabe destacar as variables seguintes: Expresións non canónicas, 'colocacións', proverbios, verbos frasais e clixés. Unhas son exemplos dunha desviación formal atípica e, outras, a maioría son semantemas que van máis alá do significado básico ou conceptual das unidades léxicas e/ou gramaticais que as conforman.

109

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

carácter máis xeral que tamén se denomina hiperónimo e os demáis niveis serían os termos de carácter máis específico ou hipónimos entre os que a relación é unilateral. Un termo de carácter xeral pode incluír e normalmente inclúe máis dun

hipónimo,

que

pola

relación

que

gardan

entre

eles

denomínanse

cohipónimos. A lexicoloxía, sen embargo, é unha rama da lingüística que se centra no estudo e análise das unidades léxicas e prestan atención a diversas pautas de actuación das mesmas. Unha unidade léxica inclúe as palabras (i.e. a unidade máis pequena usada para expresar unha unidade significativa específica e que a miúdo aparece separada dentro das frases) con significado propio e as que só conteñen un significado estrutural, pero tamén as expresións que están formadas por máis dunha unidade lingüística. Oro (1992:151) indica que a competencia do usuario dunha lingua consiste de dúas partes: ‘as regras de formación (RF) e o lexicón (L), que introduce do xeito seguinte:

The rules of formation are expressions composed at need. Thus, the RF enable us to compose expressions as we need them. This entails that the user of a language does not have to learn by heart everything. The speaker must be able to kreproduce simply spontaneously the expressions he needs in a given situation. The lexicon known is the stock of ready made expressions. Speakers must have a stock of ready made items. Items put together. Nevertheless, it is difficult to say which principle is he using at every moment in the production of an utterance. Thus, the boundary line between the lexicon and the rules of formation is a bit of a fuzzy-edge, for sometimes you do not know whether people are making up expressions as they go along or repeating what they have already heard, and/or learnt by heart. (Oro, 1992:151-152)

E que se ilustra na táboa 26 que segue a continuación:

110

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

PROCESOS LEXICOLÓXICOS A) REGRAS DE FORMACIÓN (RF) MORFOLOXÍA SINTAXE PROCESOS (Unidades (Unidades RESULTANTES léxicas) léxicas)

LEXICÓN (L)/DICIONARIO

Derivación Conversión Composición Acuñación Combinación Abreviación Formación retroactiva Combinación destes ou outros elementos

Unidades gráficas

Table

Unidades fónicas

/tƐHak bookcase (N) A case which contains books 31 Genitive + Noun bull's + eye > bullseye (N) An eye like the one a bull has 32 Noun + Verb hair + do > hairdo (V) To do the hair 33 Noun + Adv. passer + by > passer by (N) A passenger that passes by Noun + pp mother + in + law > mother in law Mother provided by law (N) 34 Verb + Noun lock + jaw > lockjaw (N) The jaws are locked 35 Verb + Adv. come + back > come back (V) Back to previous situation 36 Adv. + Verb out + cry > outcry (V) To cry out/ a loud cry (out)

Táboa 35 E continúa dicindo Oro (2003:17), tratando de esclarecer a pertenza de determinadas unidades léxicas compostas, anteriores ou posteriores ´o proceso de composición das unidades léxicas, sexan estas de natureza transparente ou de natureza opaca, e tamén a das tres aproximacións principais que tratan de resolver este problema, que ó léxico activa o compoñente morfolóxico:

More interesting at this level seems to be that lexis activates the morphologic component37. The question whether there is actually an EL ONLINE ETIMOLOGICAL DICTIONARY http://www.etymonline.com/index.php?allowed_in_frame=0&search=bull%27s+ %2B+eye&searchmode=none, establece a orixe desas USC deste xeito: 30 no ano 1726, de book (n.) + case (n.2). Unha palabra no IA para esta ULC era bocfodder. 31 bulls-eye, 1833, "center of a target," centro de un obxectivo; de bull (n.1) + eye (n.) 32 Tamén hair-do, 1932, de hair + do (v.). A frase do (one's) hair está autenticada dende 1875. 33 Ou passerby, 1560s, do nome axente de pass (v.) + by; 34 Tamén lockjaw, 1786, previamente locked-jaw (1765), nome popular para trismo, e tamén aplicado ó tétanos. 35 "replica verbal’ 1889, de come + back (adj.) autenticado antes de 1908 = recuperarse, retornar á posición anterior. 36 Aparece a mediadosdo século XIV, "acto de gritar alto’ de out + cry (v.). En sentido metafórico ‘protesta pública’ autentificado por primeira vez en 1911 en Bernard Shaw.

129

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

autonomous morphological component is yet unresolved, and gave rise to Anderson's famous (1982) article "Where is Morphology?” In a general sense, when a lexical unit is specified as morphologic has to be realised as a word or as a part of it, as lexical units can be specified under different forms: morphologic or syntactic and the same form can realise under different categories. In this way, expressions categorised within the field of the gray areas of language would present problems, which are being built either within the morphologic or the syntactic systems or in none of them. (Oro, 2003:17)

-

E por último, sinalar aspectos xerais e específicos das unidades gramaticais,

(véxase apartado 2.2) (véxanse apartados 2.22.3 y 2.4). Estas unidades, tales como: fonemas e alófonos; morfemas e alomorfos; e unidades sen significado léxico pero con un significado estrutural importante; a este respecto convén distinguir entre as unidades gramaticais propias e as unidades léxicas con significado estrutural por translación:

17. They do study a lot.

37

This is a component in the grammar in which the word formation rules apply. Basically three main approaches can be distinguished: firstly, Halle (1973), Halle & Vergnaud (1987) propose a morphological component which is autonomous both from syntax and phonology; secondly, Siegel (1974), Pesetsky (1979), Kiparsky (1982) assume that the rules of morphology and phonology apply within a single component: the Lexicon and thirdly, Chomsky (1957), Lees (1960), Baker (1985), Lieber (1992)). Schultink (1988) and Spencer (1991) providing a survey of the most important theoretical positions held by generative linguists, understand that morphology is an integrated part of the syntactic component, which means that both are subject to the same set of principles or rules based on these principles.

130

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

3.2

2015

FACTORES GRAFOLÓXICOS E FONOLÓXICOS

As representacións dos medios da escrita e da fala da lingua inglesa son o resultado dunha grande complexidade. A explicación e moi simple: En primeiro lugar, alá polos anos 55 e 54 a.c. comeza a presenza romana con Xulio César e no 44 A.C., co emperador Claudius, prodúcese a terceira invasión anexando a illa británica principal ao imperio romano ata Escocia. A presenza das lexións romanas durante polo menos tres séculos van exercer unha grande influenza sobre as tribos celtas e a lingua tamén sofre modificacións ou incorpora importantes préstamos léxicos para representar novos conceptos resultantes desta imposición sobre os costumes. E por entón cando o latín comeza transformar a lingua celtabretona cara á evolución da lingua do período anglosaxón ou o inglés antigo: En primeiro lugar, o inglés antigo (500 - 1100 A.C.) Cando no ano 410 A.C. as lexións romanas son retiradas da Britania, deixan as tribos celtas que no ano 449 A.C piden axuda ás tribos xermánicas (Xutes, Anglos, Saxóns e Frisios) para protexerse das racias dos Scots e Picts. As tribos xermánicas convértense neste momento nos novos invasores ou depredadores pola gran violencia que usaron para apoderarse das terras máis fértiles. Os celtas e Bretóns que chegan a sobrevivir aséntanse no Oeste, en Gales. Debido a isto case apenas se atopan trazos da lingua celta na lingua inglesa. Sen embargo, as influenzas latinas (a lingua franca de Europa naquel momento) van continuar, xa que, por un lado era a lingua que falaban os nobles e a xente educada ou letrada e, por outro, no ano 432 A.C. St. Patrick inicia a súa misión de cristianización dos celtas en Irlanda38; e no ano 597 A.C. o Papa Gregorio manda misioneiros para cristianizar aos anglosaxóns. Estes feitos marcan a influenza do 38

Co cristianismo rexéitanse elementos da cultura celta asociados coa bruxería. Un exemplo da cultura celta que perdura e Halloween.

131

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

latín sobre a lingua xermánica e comeza a incorporación de unidades léxicas adecuadas ás novas necesidades da lingua dos dominantes fronte ás que contiña a lingua do pobo. A lingua falada polos anglos e saxóns darán orixe á lingua inglesa a pesar das diferentes influencias dos invasores pasados e futuros, dos que sen dúbida, incorpora aspectos formais que conforman pouco a pouco a lingua que hoxe intenta converterse na lingua franca do mundo. En xeral, pódese dicir que o inglés antigo foi o resultado das linguas e das variedades dialectais faladas polos 7 reinos anglosaxóns nos que estaba divida Inglaterra naquel entón. Coa influencia grecolatína pásase de usar unha variedade de formas lingüísticas funcionais, usadas para describir obxectos, a unhas representacións léxicas máis complexas que incorporarán pouco a pouco a abstracción da linguaxe das tribos alemanas. A finais do século VIII, os vikingos, que falaban o antigo escandinavo ou nórdico, unha lingua bastante semellante ao inglés antigo, invaden Inglaterra e permanecen algo máis de 200 anos nela. Un bo número de exemplos de unidades léxicas desta incorporación lingüística á lingua inglesa perduran en inglés moderno, por exemplo, cañe (Kaka) e cast (kasta = to throw) blunder (blundra = "shut one's eye") crook (krokr ="hook-shaped instrument or weapon"). A transformación que sufriu o inglés antigo con respecto á súa realización actual foi total, tanto polo que se refire ao medio da escrita como ao da fala, pero tamén polo que se refire ás representacións formais: unidades léxicas (dende o punto de vista gráfico e fonético) e sintácticas. Coa conquista de Inglaterra polos normandos na batalla de Hastings (1706) baixo a dirección de William the Conqueror vaise a alterar de novo o rumbo da lingua, durante os 300 anos seguintes anque principalmente este cambio será máis destacable no primeiro século. William instaura un réxime centralizado e impón o francés

132

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

normando como lingua de comunicación, principalmente usada pola aristocracia, xa que era un requisito imprescindible para poder acadar a posición social a que aspiraban. Prodúcese, pois, a transformación paulatina desta lingua no inglés medio e a evolución durante

os seguintes séculos. A imposición da lingua normanda vai constituír un dos elementos máis importantes dos inicios da transformación da lingua antiga. Os tres séculos de ocupación normanda van aportar un incremento importante de vocabulario anque afectando menos a transformación grafémica e fonémica, dando orixe ao período coñecido como Inglés Medio (1100 - 1500).

A finais do século XV os ingleses senten un profundo ardor nacionalista provocado polas disputas que acabaron ocorrendo entre os normandos dun lado ao outro do mar, pero a lingua inglesa era evidente que prevalecera e incluso xa sustítuira na escrita ao francés e ao latín como lingua oficial nos documentos. Ao mesmo tempo comezaba a xurdir a literatura nacional. Unha característica importante deste período é a introdución de vocabulario para expresar novos conceptos políticos e sociais sen equivalentes na lingua inglesa. Ou ben non se incorpararan palabras de orixe xermánica para expresar tales feitos ou, se funcionaron paralelamente coa lingua da elite, deixaran de coexistir polo poderío da lingua dominante e, se coexistiron algunhas, funcionaban como sinónimos, e outras pasaron a prestar connotacións diferentes. Esta dicotomía entre as dúas clases sociais diferenciadas ainda se pode ver hoxe no uso da lingua: a clase alta de Inglaterra exprésase por medio dun vocabulario máis sofisticado, incorporado doutras linguas e especialmente da lingua latina, pero a fala diaria da clase baixa utiliza unhas realizacións formais baseadas nas aportacións anglo-saxonas. De todolos xeitos un cambio destacado polo que respecta á pronuncia das vocais vaise dar nos séculos XVI e XVII. Todos os sons vocálicos van experimentar alteracións. Tamén vai ser neste intre cando se vai notar que varias sons consonánticos se fixeran mudos.

133

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

A fonoloxía estudia a producción, transmisión e recepción dos sons (fonética), e os sons dunha lingua concreta (fonémica). A parcelación dos fonemas marca parámetros de distinción e delimitación daqueles sons cunha natureza intrínseca propia. Sen embargo, nalgunhas linguas a identidade dos pares mínimos, debido a influencias doutros fonemas que os preceden ou que os seguen presentan problemas de identificación como tales fonemas. Sen dúbida, este é un dos grandes problemas dos fonéticos, ata que punto unha variante é un alófono? ou cando constitúe un fonema independente?, cal é a calidade e cantidade requirida para incluílo nunha ou noutra categoría?, hai diversidade na produción dos individuos na interacción fonema/alófono?. A medida de frecuencia non é válida para este propósito, dado que moitos alófonos concorren frecuentemente e, sen embargo, conservan a cantidade e calidade similar á que lle corresponde ao fonema. Os alófonos resultan da variabilidade cualitativa e moitas veces cuantitativa dos fonemas, producida polo efecto doutros fonemas adxacentes, e caracterízanse polas súas propiedades de redución ou amplitude da sonoridade. En xeral, conforman propiedades parásitas, i.e. non subsisten por si sós. Ademais, estas propiedades tamén se acentúan pola propia conformación individual dos órganos da fala na adaptación da súa produción. Non cabe dúbida de que o ser humano é capaz, polo menos na súa infancia, de producir un elevado e variado número de sons, debido á versatilidade dos movementos orgánicos bucais. Sen embargo, a lingua dunha determinada comunidade adopta un número concreto desta variedade de produción para a súa actuación que, en moitos casos, constitúe unha das pautas máis significativas das diferenzas interlinguas. Isto dificulta a aprendizaxe da fala das linguas estranxeiras en canto ao modelo de producción fonémico apropiado. As posicións fixas adquiridas polo

134

ALGUNHAS APORTACIÓNS AO ESTUDO DA LINGUA INGLESA

2015

individuo na adquisición da súa lingua nativa entorpecen o proceso. As novas posicións, sen embargo, son susceptibles de recuperación por mor da práctica, a imitación e estudo das posicións apropiadas dos órganos produtores. Polo que respecta á fala, ademais hanse de ter en conta os efectos que producen os fenómenos suprasegmentais que marcan en grande medida a evolución da lingua a través das regras de redución e interrelación fonolóxica, tales como, -

-o proceso de elisión que se realiza cando na produción de dous sons que

forman parte dunha palabra ou dous sons (o derradeiro e o primeiro) de natureza similar de dúas palabras contiguas se reconverte un dos sons tomando a natureza do outro: medicine /!mDdcHn/; a hotel /∂n !NtDl/. (Cf. Táboa 36) que inclúe tipos de elisión de natureza diferente.

TRAZOS GRAFICOS E FÓNETICOS: PERDA DE GRAFOS OU SONS NOMES DOS TRAZOS DESCRICIÓN EXEMPLOS SYNCOPE Perda dentro da ULS. OE hláford MOE lord Lordë’s Lord’s .!rǺŋjəoǺ. Worcester /!wOstə/

ELISIÓN /H!lHRn
Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.