ELEMENTOS PARA UNHA DEFINICIÓN DO POSMODERNISMO

Share Embed


Descripción

ELEMENTOS PARA UNHA DEFINICIÓN DO POSMODERNISMO (Burghard Baltrusch)

Unha explicación do posmodernismo, se é fiel ós seus presupostos epistemolóxicos e discursivos, tenderá sempre a ser inconvencional e, canto máis radical for, a ser idiossincrásica. Neste sentido, o posmodernismo é un produto da democratización e da masificación de certos padróns modernistas: individualización, (auto)reflexividade, carácter lúdico, ironía, pensamento paradoxal, indeterminación, pensamento est/ético, multi-identidade, tematización da consciencia, fin das metanarrativas, etc. O posmodernismo é unha resposta á diferenciación e fragmentarización do noso contexto real e estético: Din algunhas estatísticas correntes que os coñecementos humanos accesibles duplícanse hoxe en día cada cinco anos. Cada cinco minutos obtemos, en ámbitos parciais, un novo coñecemento médico, cada tres minutos un novo contexto físico, cada minuto unha nova fórmula química. Literatura e pensamento posmoderno Umberto Eco indica o Ulysses como moderno porque o autor se entrega á "la negazione del già detto" (Opera aperta, p.531) en canto Finnegan's Wake é posmoderno porque aí procede a "il suo ripensamento ironico"(p.531). David Roberts indica Fin de Partie (1957) de Samuel Beckett como resultado final do modernismo e Marat/Sade (1964) como premisa do posmodernismo teatral e literario. Outros falan das Ficciones (1942) de Jorge Luis Borges como estética posmoderna ante litteram, mentres que certas correntes foron situadas nas marxes (p.e. Nouveau Roman, Oulipo, Beat Generation). Como primeiros autores deliberadamente posmodernos cítanse frecuentemente os norteamericanos Donald Barthelme, John Barth, Robert Coover, e Thomas Pynchon. Na Europa indícase sempre The French Lieutenant's Woman (1969) de John Fowles, seguido dunha serie de novelas de Italo Calvino (como o xa clásico Se una notte d'inverno un viaggiatore, 1979) e en América Latina Rayuela de Julio Cortázar (1963). Andreas Huyssen identificou tres fases ("Mapping the Postmodern", en New German Critique, 33, 1984): 1- Fase embrionaria dos anos 50: posmodernismo considerado como final da arte High Modern. A súa autonomía aínda non é recoñecida. 2- Fase emerxente dos anos 60 marcada nos EUA por unha desmistificación da arte que se traduce na eliminación de tódalas xerarquías, pola integración das novas tecnoloxías (cf. 1

o hipertexto de Ted Nelson en Literary Machines, publicado en 1974 mais elaborado en 1965-66) e pola revalorización da arte popular. 3- A fase desencantada dos anos 70, caracterizada por unha distanciación das novas tecnoloxías (crítica "orwelliana" da televisión), por unha toma de consciencia da fragmentarización en curso e polos primeiros indicios de nostalxia. A partir do inicio dos anos 80, Bertrand Westphal identifica dúas novas fases: 1- Una fase hexemónica no inicio do decenio, co posmodernismo "totalmente" recoñecido (tanto na apoloxía como na rexección) e obxecto dun intenso traballo de reflección tanto na Europa como nos EUA, inspirando unha abundante producción artística. 2- Unha nova fase de desencantamento na que se revela a necesidade de dar á teoría posmoderna unha dimensión máis política, para que non se estanque na aporía de o fin das metanarrativas se volveren outra metanarrativa (cf. sobre todo a critica marxista anglosaxónica: Fredric Jameson, Terry Eagleton, et.al.). Unha nova fase chegou cos anos 90, na que o elemento ético, que xa se anunciara nos 80, cobra cada vez máis importancia. Sobre todo a influencia fructífera, tanto do poscolonialismo como do feminismo foron decisivos, aínda que xa se antecipe o respectivo desencantamento: «La littérature postcoloniale est-elle réellement décolonisée ou bien est-elle en train de subir une reprise en main par l'Occident, la World Fiction ne devenant alors qu'une nouvelle ruse occidentale pour imposer ses valeurs sous couvert de métissage colonial? Réel humanisme littéraire ou alibi du contrôle occidental de la culture mondiale?» (Jean-Marc Moura, L'Europe littéraire et l'ailleurs; Paris: P.U.F., 1998, p.194). Dende o feminismo acúsase ó posmodernismo de ser incapaz de desenvolver un compromiso político na desconstrucción activa das "masternarratives" e de ser incapaz de construí-las novas identidades necesarias. Alén diso, o posmodernismo recebe un tratamento semellante ó modernismo no seu apoxeo: acúsaselle de neoconservadurismo (cf. o teorema do posthistoire de Francis Fukuyama coa súa homoxeneización totalizante e ahistórica da realidade pos-89 ou tamén o chauvinismo occidental en Samuel Huntington). Tamén algúns grandes nomes do modernismo, centrais para o pensamento posmoderno, foron acusados de simpatía coa ideoloxía nazi (Martin Heidegger et Paul De Man). Xorde, así mesmo, unha cuestión que xa fora colocada polo modernismo: pasarase por unha fase antitética para chegar a unha fase sintética, a unha lectura unitaria do real? Cf. Hongrois Mihály Szegedy-Maszák, in "Teleology in Postmodern Fiction", in Exploring Postmodernism: "It would be even more important to answer the question whether readers brought up in a Western culture with a heritage marked by Christinanity and historicism can resist the temptation of reading some kind of teleology into narrative texts. If literature is an exchange, the recuperation of sense is irresistible". (1987, p.44) 2

Argumentos en pro e en contra do posmodernismo Aspectos “positivos“: -

-

-

-

-

Aspectos “negativos“:

capacidade de diferenciación; multiplicidade de proxectos de vida e de ideas do mundo altamente diversificados (Welsch 1988:5); tolerancia e respecto ante o Outro; ausencia de esixencias totalitarias (Welsch 1988:5), aspirar ao máximo grao de xustiza posible; ausencia de ideas unitarias (de unidade, que uniformizan) (Welsch 1988a:38f), "escepticismo ante as metanarrativas" (Lyotard 1986:14); fracaso de tódalas tentativas de darlle un sentido á historia da humanidade (Kamper:172f) heteroxeneidade dos xogos de palabras (cf. Lyotard 1989:226ff; para o concepto „xogo de palabras“ cf. Wittgenstein, Investigacións Filosóficas); pragmatismo; desconstrución; Derrida: as enunciacións filosóficas non dependen do contido, son determinadas pola retórica e requeren, por iso, unha „análise a partir da crítica literaria“; as desconstrucións representan "dende sempre a condición necesaria para identificar e combate-lo perigo do totalitarismo en tódalas súas formas referidas [lectura, fala, escrita, etc.]“ (in Engelmann 1990:19) liberdade estética e lúdica; consciencia histórica-crítica; incluí-lo histórico no presente (cf. a arquitectura); "Despois de 2000 anos de historia da filosofía, o pensamento occidental chega á antiquísima conclusión oriental que, afinal, é o camiño que importa e non a meta ou a orixe" (Vattimo:244) destreza de pensar en paradoxos (cf. Derrida, Lyotard); cada valor xa leva implícito a súa desvalorización; o pensamento estético deixou de ser un proxecto elitista (Welsch 1991:76).

-

"posmodernidade difusa" (cf. Welsch 1988:41) das etiquetas xornalísticas e do mundo anestesiante do consumo telemediado; tendencia á uniformización; "hoxe en día, a cultura sobrepónlle a todo unha semellanza“ (Horkheimer / Adorno); fragmentarización, escisión (Habermas); desaparición das fronteiras entre realidade e ficción; "a semellanza halucinatoria do real consigo mesmo" (Baudrillard:155); "A realidade desaparece no hiperrealismo, na duplicación exacta do real" (ibid.:155f), "toda a realidade pasou a ser un xogo" (ibid.:159); tódolos valores son facultativos (cf. Welsch 1988a:19f); o discurso descontrutivista da posmodernidade pode chegar a ser totalitario (cf. Derrida, Engelmann) o "escepticismo ante as metanarrativas " (Lyotard) é tamén unha metanarrativa, un mecanismo que condiciona toda a formación de teorías de proveniencia occidental; o posmodernismo é unha postura cínica; cf. Sloterdijk: "cinismo é a consciencia iluminada errada. É a consciencia modernizada e infeliz, na que o esclarecemento traballou con éxito como, ó mesmo tempo, infructuosamente" (1983:37); perda da unidade, destrución dos símbolos unitarios; "intención anárquica de rompe-lo contínuo da historia" (Habermas:179f), significa desistir do "proxecto da modernidade" como continuo de esclarecemento (Habermas), Habermas: "O que a cultura adquire a través do traballo especializado e da reflexión non se integra automaticamente na práctica cotidiá. Coa racionalización cultural, o conxunto da vida mais ben corre o perigo de empobrecer, dado que as tradicións que compoñen a súa substancia foron desvaloradas." (1988:184); utilitarismo; indiferenciación.

3

Bibliografía sobre a condición posmoderna: Connor, Steven.- Postmodernist Culture. An Introduction to Theories of the Contemporary.- Oxford: Blackwell, 1989. Habermas, Jürgen.- Der philosophische Diskurs der Moderne. 12 Vorlesungen.- Frankfurt/Main: Suhrkamp, 1985. Harvey, David.- The Condition of Postmodernity. An Enquiry into the Origins of Cultural Change.Oxford: Blackwell, 1989. Jameson, Fredric.- Postmodernism or the Cultural Logic of Late Capitalism.- Durham: Duke University Press, 1991 (1984). Lyotard, Jean-François.- La condition postmoderne. Rapport sur le savoir.- Paris: Minuit, 1979. Lyotard, Jean-François.- Le postmodernisme expliqué aux enfants.- Paris: Galilée, 1988. Waugh, Patricia (ed.).- Postmodernism.- Oxford: Blackwell, 1992. Welsch, Wolfgang 21988. Unsere postmoderne Moderne. Weinheim: VCH. ------ 1990, 31993. Ästhetisches Denken. Estugarda: Reclam. ------ 1993. "Das Ästhetische - eine Schlüsselkategorie unserer Zeit?", in id. (ed.): Die Aktualität des Ästhetischen., Munique: Fink, 13-47. ------ 1996. Vernunft. Die zeitgenössische Vernunftkritik und das Konzept der transversalen Vernunft. Francoforte: Suhrkamp Bibliografía sobre literatura e posmodernismo: Bertens, Hans.- The Idea of the Postmodern. A History.- New York-London: Routledge, 1995. Bertens, Hans & Fokkema, Douwe (ed.).- Approaching Postmodernism.- Amsterdam-Philadelphia: John Benjamins, 1986. Calinescu, Matei & Fokkema, Douwe (ed.).- Exploring Postmodernism.- Amsterdam-Philadelphia: John Benjamins, 1987. Ceserani, Remo.- Raccontare il postmoderno.-Torino: Bollati Boringhieri, 1970. Eco, Umberto.- Postille a Il nome della rosa.- Milano: Bompiani, 1983. Hassan, Ihab.- The Postmodern Turn. Essays in Postmodern Theory and Culture.- Colombus: Ohio State University Press,1987. Hutcheon, Linda.- A Poetics of Postmodernism. History, Theory, Fiction.- New York; London: Routledge, 1988. Huyssen, Andreas.- After the Great Divide. Modernism, Mass Culture, Postmodernism.- Bloomington: Indiana University Press, 1986. Kemper, Peter (ed.).- "Postmoderne" oder der Kampf um die Zukunft.- Frankfurt/Main: Fischer, 1988. McHale, Brian.- Postmodernist Fiction.- London-New York: Routledge, 1992. Picó, Josep (ed.).- Modernidad y postmodernidad.- Madrid: Allianza Editorial, 1988. Waugh, Patricia.- Practising Postmodernism/Reading Postmodernism.- Oxford: Blackwell, 1992. Bibliografía sobre críticas ao posmodernismo: Eagleton, Terry.- The Illusions of Postmodernism.- Oxford: Blackwell, 1996. Norris, Christopher.- The Truth About Postmodernism.- Oxford: Blackwell, 1993. International Postmodernism. Theory and literary practice. Edited by (Hans) BERTENS and (Douwe) Fokkema, ed. University of Utrecht. Amsterdam: John Benjamins, 1996. Postmodernité et écriture narrative dans l'Espagne contemporaine.- Grenoble: CERHIUS, 1996.

4

Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.