Do imaxinario ao real pasando polo simbólico: unha introdución á psicanálise lacaniá

July 22, 2017 | Autor: F. Conde Soto | Categoría: Jacques Lacan, Psicoanálisis, Psicanálise
Share Embed


Descripción

Do imaxinario ao real pasando polo simbólico: unha introdución á psicanálise lacaniá1

Francisco Conde Soto Profesor. Facultade de Filosofía (USC). [email protected]

Resume O autor ofrece unha presentación introdutoria da psicanálise lacaniá dividida en dúas partes. Nunha primeira parte faise un percorrido obrigadamente somero polos conceptos de imaxinario, simbólico e real. Nunha segunda, intenta pensarse a psicanálise de orientación lacaniá, partindo dunha oposición fronte a outros enfoques e fronte a certos estereotipos, para intentar ofrecer despois algunhas orientacións sobre a peculiar operación de transformación da posición do suxeito a través da palabra á que se aspira ao termo dunha análise. Palabras clave Psicanálise, Lacan, Freud, imaxinario, simbólico, real. En realidade pode que o título deste artigo non sexa demasiado afortunado. Por unha parte, porque resulta como mínimo

Este texto foi presentado o xoves 13 de novembro do 2011 no obradoiro de pensamento “Novas tendencias do pensamento contemporáneo” organizado pola asociación cultural Proxecto Derriba (proxectoderriba.org) e que tivo lugar no museo Verbum - Casa das palabras de Vigo. O autor quere agradecerlle aos membros da Biblioteca Freudiana de Vigo as súas intervencións ao final de dita comunicación.

1

Originales y revisiones. Siso nº 51. Invierno 2011

101

Do imaxinario ao real pasando polo simbólico: unha introdución á psicanálise lacaniá

pretencioso atribuírse a capacidade de introducir a ninguén na psicanálise lacaniá en xeral e moito menos no espazo que ofrece este texto. Mais, sobre todo, porque sendo estritos, sobre o real non se pode dicir nada ou case nada, ou, en todo KI[WUWQXW]KW7ZMITu]VKWVKMX\WW]KWUWXZMÅZMLQKQZ Lacan, un rexistro que se sitúa formando unha triada xunto aos rexistros do imaxinario e do simbólico. De entrada, cabe IVW\IZY]MM[\M[\ZM[ZM`Q[\ZW[[WVMTMUMV\W[QV[MXIZnJMQ[#u dicir, ante un determinado fenómeno calquera este terá un cara imaxinaria, outra simbólica e outra real. Por exemplo, grosso modo, un obxecto percibido ofrécenos unha imaxe, é catalogado baixo un concepto e se nos aparece tamén como algo en si mesmo inimitábel, como algo único e por iso real –real para Lacan porque este individuo concreto é imposíbel de dicir na súa peculiaridade e o signo do real lacaniano é a imposibilidade. Porén, antes de facer xeneralizacións deste estilo, como con todo pensador ou con toda teoría, non se debería pretender entender e delimitar os seus conceptos xa de entrada, senón máis ben deixarnos empapar progresivamente por eles. Cando un se acerca a un texto formulado nunha terminoloxía descoñecida hai que darlle unha certa marxe de tempo ao propio texto. Moito máis con Lacan. Por unha parte, polo seu estilo barroco, complexo e, en moitas ocasións, realmente imposíbel. No prefacio ao primeiro volume dos seus Escritos coloca unha cita do naturalista francés Buffon (1707-1788) onde se di que cada ser humano é fundamentalmente un estilo2. O estilo de Lacan é recargado, non respecta as normas sintácticas ou gramaticais habituais e non é precisamente moi atento ao lector. Que a maioría da súa ensinanza fora unha ensinanza oral transmitida no seminario semanal que sostivo dende 1953 ata 1980 non facilita a lectura dos seus

“El estilo es el hombre mismo, se repite sin ver allí ninguna malicia ni inquietarse acerca de que el hombre ya no sea una referencia tan certera” (Lacan, Écrits, Seuil, Paris, 1966, pág. 9). Trátase dunha cita extraída do discurso de Ingreso na Real Academia das ciencias francesa pronunciado polo conde de Buffon en 1734.

2

102

Originales y revisiones. Siso nº 51. Invierno 2011

Do imaxinario ao real pasando polo simbólico: unha introdución á psicanálise lacaniá

textos, porque alí contribuían a unha mellor comprensión os seus xestos, xaculatorias e aclaracións. Por outra parte, o estilo por veces case profético ou oracular, élle sen dúbida intrinsecamente propio. Pero, ademais, semella que dunha forma ou doutra Lacan tiña a pretensión de non ser entendido, nin demasiado nin por demasiada xente, ou como mínimo de conseguir que non fora sinxelo entendelo: hai certa preocupación constante polo emprego que se podía facer da súa ensinanza. Lembremos que escribe xa no ano 1947 un texto sobre a psiquiatría inglesa durante a Guerra Mundial no que denuncia que esta se tivera convertido en instrumento dos poderes a favor da guerra3. Ademais, durante toda a súa vida foi un crítico do uso que se lle deu á psicanálise no ámbito norteamericano baixo a forma de psicoloxía do eu, unha M[XMKQM LM Uu\WLW LM ZMNWZbIUMV\W []XMZÅKQIT W] ZMKWV[trución parcial do eu do individuo, de algo que poderiamos traducir como a súa autoestima. Tratábase nesta orientación LMY]M]V\MZIXM]\IKWI[ƒIX[QKIVnTQ[MÅVITQbILI]VX[QKInalista xa equilibrado e con perfecto coñecemento acerca do que é a felicidade lle transmitira pouco a pouco ao analizante como ten que facer para vivir ben. É dicir, un psicólogo en posición do que Lacan chamará amo faille saber ao suxeito que é o que lle convén e debe facer para ser feliz. Nada, por certo, que teña sido superado na psicoloxía de gabinete contemporánea. Calquera estudante en prácticas cun manual de psicoloxía clínica debaixo do brazo, inconsciente no peor dos sentidos do dano que pode provocar, é colocado polo sistema sanitario en posición de dicirlle ao paciente que é o que debe facer para sentirse mellor, tal e como facía o sacerdote noutros tempos. Paciente, entre aspas, posto que non é do agrado

“La psychiatrie anglaise et la guerre” (paru en 1947 dans ‘L’évolution psychiatrique’), en Lacan, Seuil, 2001, págs. 101-120. O concepto de identificación pode ser sumariamente pensado como a selección dalgún trazo dun individuo por parte doutro que se intenta apropiar del. A psiquiatría tería traballado para conseguir unha identificación vertical co líder evitando calquera posibilidade dunha identificación horizontal afectiva dentro do grupo, posto que esta podería facerse sobre a base dalgún trazo considerado desviado ou non interesante de cara á consecución dos obxectivos planificados.

3

Originales y revisiones. Siso nº 51. Invierno 2011

103

Do imaxinario ao real pasando polo simbólico: unha introdución á psicanálise lacaniá

dos lacanianos esta denominación para o individuo que sufre –que goza do seu sufrimento– así como tampouco as de enfermidade mental, saúde mental, trastorno da personalidade… e tantas outras que imperan no ámbito dos malestares ou sufrimentos da alma. Por desgraza, aínda peor, o que sucede na actualidade é que un psicólogo pode mesmo aforrarse o risco de ter que dar xa ningún consello, unha vez desaparecida a palabra MIXZMO]V\IXWTI[KI][I[MW[MV\QLWMVJMVMÅKQWL]V[QUXTM catalogar ou diagnosticar. I. Os tres rexistros de Lacan 1. O imaxinario Xunto á súa tese de doutoramento en psiquiatría do ano 1932 sobre o caso Aimée4, un segundo momento determinante nos inicios de Lacan á psicanálise constitúeo o seu descubrimento da experiencia do estadio do espello. Lacan retoma unha teoría do psicólogo Henry Wallon referente a como o neno ten por primeira vez unha vivencia do seu corpo como unha unidade grazas ao feito de percibir a súa imaxe unitaria nun

Lacan, De la Psicosis paranoica en sus relaciones con la personalidad : seguido de Primeros escritos sobre la paranoia, Barcelona, Siglo XXI, 1975). “Marguerite Pantaine provenía de una familia católica y terrateniente del centro de Francia. Criada por una madre que sufría síntomas de persecución, soñó muy pronto, a la manera de Emma Bovary, con salir de su condición y convertirse en una intelectual. En 1910 entró en la administración de correos, y siete años más tarde se casó con René Anzieu, también funcionario. En 1921, mientras estaba encinta de su hijo Didier, comenzó a tener un comportamiento extraño: manía de persecución, estados depresivos. Después del nacimiento del niño se instaló en una doble vida: por un lado, el universo cotidiano de las actividades del correo, y por el otro, una existencia imaginaria hecha de delirios. En 1930 redactó sin interrupciones dos novelas que quería hacer publicar, y pronto se convenció de que era víctima de una persecución por parte de Huguette Duflos, actriz célebre de la escena parisiense de la década de 1930. En abril de 1931 intentó matarla con un cuchillo, pero la actriz esquivó el golpe, y Marguerite fue internada en el Hospital Sainte-Anne, confiada a Jacques Lacan, quien vio en ella un caso de erotomanía y paranoia de autocastigo” (Roudinesco, E., e Plon, M., Diccionario de psicoanálisis, Paidós, Buenos Aires, 1988).

4

104

Originales y revisiones. Siso nº 51. Invierno 2011

Do imaxinario ao real pasando polo simbólico: unha introdución á psicanálise lacaniá

espello5. De entrada o neno ten unha vivencia do seu corpo como algo desorganizado, deslabazado, fragmentado, como un montón de órganos inconexos. Algo no que se faría pa\MV\MQ[\WuVILQÅK]T\ILMY]M\MVWVMVWXIZIKWWZLQVIZW[ seus movementos durante os primeiros meses de vida. Wallon suxire que sobre os seis meses e situado fronte a un espello, o neno ten por primeira vez a capacidade de recoñecerse en canto que un corpo unitario. É dicir, o neno proxecta unha unidade sobre a súa vivencia do seu corpo como formado por órganos separados. Mírase alí en fronte e sábese como un, como algo dotado dunha identidade. O feito de que o espello lle devolva unha imaxe unitaria do seu corpo permite que a partir deste momento esta mesma unidade se instaure na súa forma de vivir o seu corpo. Constrúese así unha unidade imaxinaria, mediada pola imaxe, sostida grazas á imaxe. O termo esquizofrenia non é tampouco unha palabra da que gosten os psicanalistas lacanianos debido á súa vaguidade e imprecisión, cada vez maiores. Malia iso, semella compartida XWZKMZ\W[KI[W[LQIOVW[\QKILW[LMM[Y]QbWNZMVQIIIÅZUIKQ~V de que o suxeito vive ou sente que unha parte do seu corpo non é súa. No día a día, en principio, a maioría dos suxeitos non teñen excesivos problemas co recoñecemento do seu corpo como seu e un consecuente emprego habitual do corpo que non esperta maiores interrogantes. Non nos referimos ao feito da sensación subxectiva de sentirse a gusto no propio corpo –un pode pensar que está máis ou menos gordo, máis ou menos atractivo–, senón ao feito de que ninguén se sente normalmente, por exemplo, ameazado pola súa propia man como pode chegar a suceder no caso dunha esquizofrenia.

El texto original de la exposición hecha en el XVI Congreso psicoanalítico Internacional de Marienbad (2-8 de agosto de 1936) ha sido extraviado. Una exposición detallada de la teoría del espejo se recoge en el texto “El estadio del espejo como formador de la función del yo (je) tal como se nos revela en la experiencia psicoanalítica”, comunicación presentada en el XVI Congreso 1V\MZVIKQWVIT[WJZMX[QKWIVnTQ[Q[MTLMR]TQWLM!!MVBƒZQKPa[WJZM\WLW en su “Nota sobre la exposición de Daniel Lagache. Psicoanálisis y estructura de la personalidad” (ambos textos recogidos en Lacan, Écrits, Seuil, Paris, 1966).

5

Originales y revisiones. Siso nº 51. Invierno 2011

105

Do imaxinario ao real pasando polo simbólico: unha introdución á psicanálise lacaniá

Un exemplo extremo desta situación ofréceno as Memorias dun neurópata (1903) escritas polo xurista e presidente da corte de apelacións de Saxonia Daniel Paul Schreber (18421911), que presentaban o sistema delirante dun home que se confesaba perseguido por deus tendo vivido sen estómago e sen vexiga, e téndose comido a súa propia larinxe6. O rexistro lacaniano do imaxinario non se reduce a xogar esta N]VKQ~VLM]VQÅKIKQ~VLWKWZXWMNIQZMNMZMVKQInQLMV\QLILM do eu, ao carácter de constructo que ten a nosa identidade, nKWV[QLMZIKQ~VLWM]KWUWKMZ\IKIXI[]XMZÅKQIT·[]XMZÅcial, pero non por iso máis sinxelamente transformábel ou desprazábel. Construímonos unha identidade en base a unha IK]U]TIKQ~VLMQLMV\QÅKIKQ~V[QUI`QVIZQI[[]UILI[IWTWVOWL]VPILM\MZUQVILIPQ[\WZQIXMZ[WIT=VPIQLMV\QÅKIKQ~V xa o adiantamos a pé de páxina, consiste en querer imitar algún trazo dalgún suxeito ou en querer máis globalmente parecernos a alguén, querer encarnar algún ideal. Ao longo da nosa vida entramos en contacto con determinadas persoas das que certos trazos son seleccionados e pasan a converterse en algo ao que aspiramos. Estes trazos deposítanse como KWVNWZUIVLW]VVQ^MTLIVW[IXMZ[WVITQLILMUnQ[IÆWZLM pel. Non se trata de que non teña valor ou non importe, pero dalgún xeito é certamente máis externa: unha cobertura que nos recubre sen afectar a algo máis interior. Dependendo do contexto individual do suxeito, das relacións que tivera con unhas e outras persoas ao longo da súa biografía vai quedando como un poso imaxinario que é o que compón a súa identidade. Se a psicoloxía do eu é criticada por Lacan, era precisamente a que reducía o seu traballo a operar nesta capa externa, sen ir máis alá, sen atender ao plano simbólico e ao plano real7. Schreber, Daniel Paul, Memorias de un enfermo de nervios, Sexto Piso, Madrid, 2008. Freud, “Puntualizaciones psicoanalíticas sobre un caso de paranoia descrito autobiográficamente (1911)”, en Obras completas, Volumen XII. Amorrortu, Buenos Aires, 2001. Lacan, Las psicosis (1955-56), Paidós, Barcelona, 1995. 7 Lacan critica duramente a psicoloxía do eu sobre todo nos seus primeiros seminarios. Véxase, por exemplo, a quinta sesión do seu seminario, onde se 6

106

Originales y revisiones. Siso nº 51. Invierno 2011

Do imaxinario ao real pasando polo simbólico: unha introdución á psicanálise lacaniá

Un dos fenómenos máis interesantes pertencentes ao plano do imaxinario é a agresividade. Partindo da inicial relación de celos entre dous irmáns, a agresividade contra outro suxeito, sostén Lacan, agacha sempre certa agresividade contra un mesmo por moito que aparentemente se dirixa ao outro8. Esta agresividade ten a súa orixe no plano imaxinario, no plano da miña representación acerca de min mesmo e LM K~UW W W]\ZW QVƃM VMTI I\IKnVLWI W] ZMN~ZbIVLWI - por iso polo que Lacan di que no imaxinario se xogan tamén ]VPIJWIXIZ\MLW[KWVÆQ\W[[WKQIQ[6I[[WKQMLILM[Y]MQUprecisamente chamaremos pre-modernas, pre-capitalistas, o amo se satisfacía con ser recoñecido como tal por parte do escravo, un recoñecemento imaxinario mediante o que se determinaban as posicións de amo e escravo: ti es o meu amo e eu son o teu escravo. Conseguido isto, o amo non intentaba impoñerlle ao escravo cal era o seu desexo, cal debía ser a súa forma de gozar, senón que este ámbito quedaba nas mans soberanas do escravo9. Por moi brutais que puideran ser as relacións de explotación, o amo non se preocupaba de ordenar toda a vida do escravo de arriba a abaixo. Semella que hoxe este límite xa non funciona. En primeiro lugar, porque xa non hai un amo ao cal enfrontarse ou o cal recoñecer. Hai un sistema, é dicir, unha estrutura. En segundo lugar, porque a este sistema xa non lle chega con ser recoñecido, senón que quere impoñer unha forma de gozar invasiva e relacionada coa imposición de certos produtos a consumir. Pero este é un tema propio da relación entre psicanálise e capitalismo, que non nos ocupa aquí. despacha coas interpretacións de Ernst Kris. Lacan, Los escritos técnicos de Freud (1953-54), Paidós, Barcelona, 1995. 8 “Les complexes familiaux dans la formation de l’individu” (1938) en Lacan, Áutres Écrits, Paris, Seuil, 2001, págs. 23-84. Na páxina 37 fala do complexo de intrusión en referencia á agresividade que esperta nun neno tralo nacemento dun irmán. 9 Aquí entra en xogo sen dúbida a lectura que Lacan fai da dialéctica do amo e do escravo da Fenomenoloxía do espírito de Hegel despois da súa asistencia ás leccións de introdución á lectura de Hegel impartidas polo profesor Alexandre Kojève na escola de Altos Estudos parisina entre os anos 1933 e 1939. Véxase Kojève, Alexandre, La dialéctica del amo y del esclavo en Hegel, La Pléyade, 1971.

Originales y revisiones. Siso nº 51. Invierno 2011

107

Do imaxinario ao real pasando polo simbólico: unha introdución á psicanálise lacaniá

Lacan reinterpreta o concepto de libido de Freud empregando nun primeiro intre o rexistro do imaxinario. Para Freud libido é un sinónimo para referirse á enerxía sexual, á enerxía LIX]T[Q~V6]VXZQUMQZWUWUMV\WLI[ƒI\MWZyIIÅZUIY]M esta libido vai como apoiándose ou pegándose a diferentes obxectos e pasa por diferentes fases nas que predomina unha determinada pulsión: pulsión oral (o neno succionando o peito da nai), anal (o neno atravesando un proceso de educación acerca de onde e cando ten que defecar) e xenital (onde a pulsión apunta cara a un compañeiro, cara a un obxecto que permite cumprir e facer efectiva a madurez sexual consistente na reprodución)106]V[MO]VLWUWUMV\W.ZM]LIÅZUIY]M a libido pode dirixirse a un mesmo, que pode ser narcisista. Este cambio na teoría freudiana ten que ver co feito de que o centro de atención pasa dende a neurose á psicose. Freud está intentando explicar a psicose partindo da idea de que se trata de que a libido deixa de estar dirixida cara a algún obxecto do mundo e pasa a apuntar a un mesmo, queda como recluída nun mesmo. A consecuencia disto é que entón o concepto de libido desexualízase: non se trata xa dunha pulsión coa que o suxeito apunta a un obxecto externo senón que o suxeito apunta a si mesmo. O narcisismo é unha enerxía dirixida sobre un mesmo, o cal é contrario á pulsión sexual. Hai un certo autoerotismo, pero se trata dalgún erotismo distinto do sexual no sentido de estar dirixido a un obxecto ou a un partenaire. Nun terceiro momento, tras a introdución da oposición entre pulsión de vida –pulsión creadora, sintetizadora de elementos, que crea unha unidade a partir de elementos disgregados, pulsión erótica– e pulsión de morte –pulsión destrutiva, que rompe calquera síntese e apunta cara a unha situación de ausencia total de movemento, de repouso, recuperar o estado inicial de quietude, de ausencia total de ener`yI·.ZM]LQLMV\QÅKIITQJQLWKWIX]T[Q~VLM^QLIE

10 “Tres ensaios sobre teoría sexual (1905)”, en Freud, Obras completas, Volumen VII. Amorrortu, Buenos Aires, 2001.

108

Originales y revisiones. Siso nº 51. Invierno 2011

Do imaxinario ao real pasando polo simbólico: unha introdución á psicanálise lacaniá

A libido de Freud é interpretada dende o concepto de imaxiVIZQW XWZ XIZ\M LM 4IKIV XWZY]M [M ZMÅZM IW NMQ\W LM Y]M o suxeito dirixe a súa enerxía cara a un obxecto ou outro, inviste ese obxecto, carga un obxecto11. Por así dicilo, o seu carácter imaxinario ten tamén que ver co feito de que un certo obxecto é a imaxe ou encarna en imaxe a libido. O obxecto da pulsión é representado visualmente no rexistro imaxinario. 1.2. O simbólico O simbólico non ten nada que ver co símbolo. Símbolo segundo o Dicionario Xerais da Lingua é “1. Aquilo que se toma de maneira convencional como signo ou representación dunha cousa ou dunha operación. 2. Imaxe ou cousa sensíbel que se emprega como representación doutra por razón dunha analoxía ou dunha convención”. Por exemplo, o símbolo $ representa o dólar americano. Outro americano, WÅT~[WNW+PIZTM[;IVLMZ[8MQZKM !!LQ[\QVO]MMV\ZM tres tipos de signos: - Se a relación é de tipo material, o signo é un icono: unha NW\WOZINyI]VPIM[\I\]I# - Se a relación é de contigüidade, o signo é un índice: unha XMOILIVIIZMIWN]UM# - Se a relación é convencional, o signo é un símbolo: a $ de dólar, a propia palabra signo. A unidade básica da linguaxe da que parte Lacan é o signiÅKIV\M VWV W [yUJWTW 7 [QUJ~TQKW M[\n NWZUILW XWZ [QOVQÅKIV\M[ XWZ XITIJZI[ 4IKIV IÅZUI Y]M ]V [QOVW W] ]V símbolo son sempre algo que representa unha cousa ou unha QLMIXIZI]V[]`MQ\W7[[QOVQÅKIV\M[LM4IKIVXWZM[\ZI}W

Besetzen en alemán é cargar, botarlle a carga enriba a algo.

11

Originales y revisiones. Siso nº 51. Invierno 2011

109

Do imaxinario ao real pasando polo simbólico: unha introdución á psicanálise lacaniá

que pareza, son algo que non representa nada para ningún []`MQ\W;QOVQÅKIV\MuIY]QTWY]MZMXZM[MV\I]V[]`MQ\WXIZI W]\ZW[QOVQÅKIV\M0IQY]MQV[Q[\QZMVY]M[M\ZI\ILMpara outro [QOVQÅKIV\MMVWVXIZIW]\ZW[]`MQ\W7[[QOVQÅKIV\M[ZMUQ\MV uns aos outros sen facer referencia a ningún suxeito. Unha palabra remite a outra palabra, como, por exemplo, peixe remite a río. O simbólico de Lacan fai entón referencia á palabra, á linguaxe. Para aglutinar as dimensións falada e escrita da paTIJZI 4IKIV XZMÅZM NITIZ LW[ [QOVQÅKIV\M[ 6]VPI XITIJZI WY]MUnQ[TTMQV\MZM[IVWVuILQUMV[Q~VLW[QOVQÅKILWu dicir, non lle interesa qué quere dicir unha palabra, senón a [ƒILQUMV[Q~VLMX]ZW[QOVQÅKIV\MIZMLMLMZMUQ[Q~V[Y]M esperta. Pensemos que estes conceptos nacen na época do estruturalismo francés dos anos 60, un enfoque compartido por diversas disciplinas (economía, antropoloxía, lingüística, psicoloxía) e que se basea na idea de estrutura: cada elemento debe ser pensado no interior dunha rede na que se sitúan diferentes elementos interconectados de forma que o valor de cada un, antes que ser algo que podemos coñecer de maneira directa atendendo a el por separado, é polo contrario algo que pode ser coñecido só atendendo á posición que ocupa en relación aos outros cos que está en contacto. Por exemplo: se un estuda as relacións de parentesco nunha determinada comunidade africana, descubrirá unha serie de leis que regulan os intercambios e as relacións posibles entre os seus membros, perUQ\QVLW]VPI[MXZWPQJQVLWW]\ZI[;MZÅTTWLMVWVu]VPI función con valor por si mesmo, senón máis ben un elemento intercambiábel seguindo as pautas que marca a estrutura. Unha teoría estruturalista da linguaxe di algo así como que o [QOVQÅKILWL]VPIXITIJZIKWV[Q[\MVWKWV`]V\WLMZMUQ[Q~V[ posibles desa palabra a outras palabras. Lacan deixa de lado W[QOVQÅKILWXMV[ILWKWUW]VPIZMXZM[MV\IKQ~VW]KWVKMX\WMI\MVLMIW^ITWZLM[QOVQÅKIV\M[LI[XITIJZI[

110

Originales y revisiones. Siso nº 51. Invierno 2011

Do imaxinario ao real pasando polo simbólico: unha introdución á psicanálise lacaniá

-IXIZ\QZLM[\IQLMIKWUW^IQXWLMZIÅZUIZY]MWQVKWV[ciente está estruturado como unha linguaxe, afastando a psicanálise aínda máis do rexistro do imaxinario para outorgarTTMXZMXWVLMZIVKQIIW[QUJ~TQKW)[MV\MVKQI[MZMÅZMI]VPI comprensión do inconsciente como aquel campo onde certos MTMUMV\W[W]XITIJZI[[QOVQÅKIV\M[[MZMTIKQWVIVMV\ZMMTI[ xogan en certo sentido entre elas. Certas palabras, certas frases se depositan en cada suxeito cun certo valor e quedan gardadas no inconsciente: o inconsciente alimenta a confusión, a malinterpretación. Durante unha análise un suxeito confesa que determinada frase pronunciado por un familiar foi traumática para el. En realidade, a frase é inofensiva, pero M[\nI[WKQILIIW]\ZIY]MTTMLn]V^ITWZOZI^M"]V[QOVQÅKIV\MZMUQ\MIW]\ZW[QOVQÅKIV\MQVKWV[KQMV\M)W[]`MQ\W[MUXZM lle roldan pola cabeza certas frases que remiten a outras e a outras. No transcorrer diario intenta que esas frases sigan unha certa orde coherente. Cando está deitado no diván do psicanalista imponse a regra da asociación libre, que consiste na obriga de dicir absolutamente todo o que se lle veña á cabeza e na orde na que se lle veña á cabeza. Un acordo que pode resultar estúpido de entrada, pero que permite que IÆWZMVKMZ\I[NZI[M[IOIKPILI[VWQVKWV[KQMV\M Por exemplo: para un determinado suxeito feminino a frase materna “ti non vales nada” rematou por sedimentarse co valor de “eu son unha muller de baixo prezo”. Noutro suxeito, a frase dun tío “non sexas tan burro” é interpretada de maneira tal que remata por facer del o rapaz máis estudoso da súa clase. Evidentemente, non é predicíbel como van depositarse estas oracións –hai unha arbitrariedade dos efectos sobre cada individuo–, mais se trata simplemente de atender aos exemplos para entender que quere dicir que o inconsciente se estrutura como unha linguaxe. O inconsciente traballa ao igual que a linguaxe mediante operacións de remisión e xogos entre as palabras. Mesmo podemos concluír que o inconsciente lacaniano é nesta época isto que se cola MV\ZMIZMTIKQ~VMV\ZMLƒI[NZI[M[#IY]QTWY]MM[\IJTMKMI[ZMlacións entre frases.

Originales y revisiones. Siso nº 51. Invierno 2011

111

Do imaxinario ao real pasando polo simbólico: unha introdución á psicanálise lacaniá

Por outra banda, xa o propio Freud iniciara o proceso, pero [MZn ÅVITUMV\M 4IKIV Y]MV LM[XZIKM W KWVKMX\W LM TQJQLW dende o rexistro imaxinario ao rexistro simbólico. O concepto freudiano de libido é recollido no concepto lacaniano de desexo. O desexo é pensado por Lacan como sendo fundamentalmente carencia. Desexamos algo do que carecemos, somos falta-en-ser, carencia-de-ser [manque-à-êtreEVW[MV\QLW de que aquilo que desexamos se nos aparece como a forma dunha ausencia, como un oco, como algo que non se ten e IWY]M[MI[XQZI8~LM[MXMV[IZVWLM[M`WUMLQIV\MIÅO]ZI LWIUWZKWZ\u[QUXW[yJMTXWZLMÅVQKQ~V"WIUWZY]MVWVZMmatamos nunca de acadar, algo que queda sempre máis alá. Durante unha época Lacan incitaba a unha ética do desexo, é dicir, a que o suxeito descubrira os seus desexos inconscientes, o que de verdade quería e que o perseguira implacablemente12. As exixencias éticas da psicanálise nesta época semellan excesivas, porque a loita polo cumprimento dos seus desexos non vai facer sempre máis feliz ao suxeito: pode verse QV\ZWL]KQLWV]VPIKILMIVIY]MZMUI\IXWZ[IKZQÅKIZI[ƒI satisfacción en aras do seu desexo. Este é un dos motivos polos que Lacan desprazará o obxectivo da psicanálise dende unha ética do desexo a unha ética do goce. Lacan distingue moi axiña na súa ensinanza entre a necesidade, a demanda e o desexo. Son tres niveis que se superpoñen cada un ao seguinte. Toda antropoloxía que se prece semella que ten que comezar coa pregunta por aquelas necesidades máis básicas que constituirían o esencial do ser humano: unha vez establecido este catálogo (alimento, vestimenta, saúLMM\K\MZyIUW[XMZNMK\IUMV\MLMÅVQLWWP]UIVW)M[\M rexistro Lacan chámao o rexistro da necesidade. Lograr algo

Lacan ilustra isto ao longo do seminario 7, A ética da psicanálise, 1959-60, coa traxedia de Antígona. Polínices comete un acto de traizón. O rei Creonte prohibe que reciba enterramento. Antígona, irmá de Polínices, desobedece a Creonte aínda sabendo que vai ser condenada a morte. Lacan di que Antígona está obrigada polo seu desexo, en definitiva, por un conxunto de frases ou significantes, unha rede que se teceu ao longo da súa vida, o feito de que é irmá de Polínice e de que debe obrar como tal.

12

112

Originales y revisiones. Siso nº 51. Invierno 2011

Do imaxinario ao real pasando polo simbólico: unha introdución á psicanálise lacaniá

así como a felicidade podería entón reducirse a tratar de buscar satisfacer estas necesidades fundamentais. O problema está en que Lacan di que a linguaxe ven a entremeterse e impedir esta satisfacción edénica, paradisíaca, utópica. O feito de ser seres-falantes afástanos de calquera posibilidade mítica ou utópica de goce total, de sexo perfecto, de satisfacción plena13. Debido a que somos seres-falantes hai algo que se perde irremediablemente –e evidentemente, a solución non é estar calados14. Pensemos en que sucede cando un neno ten sede. O neno ten que formular unha demanda dirixida a outro suxeito (chorando, balbucexando, etc.) para que este a satisfaga. É dicir, hai aquí un primeiro paso pola linguaxe. A necesidade debe ser necesariamente formulada na linguaxe, debe ser dita, e aínda máis, debe ser dirixida a outro suxeito, a un ti. No momento en que este ti se fai receptor da demanda do neno, el debe interpretar que é o que o neno quere: pode ser que queira beber, pode ser que queira simplemente atención, pode que estea protestando… desta forma entra en xogo un terceiro concepto – necesidade, demanda– que é o de desexo: cando a demanda é interpretada por un segundo suxeito aparece o desexo. De todo isto aló menos debería quedar claro que a necesidade se nos aparece como un horizonte lonxano, como algo que supoñemos ao inicio de todo o proceso pero que nos queda xa moi lonxe. Dito dunha maneira certamente burda: non temos nunca só fame, senón fame de comida, e non de calquera comida, senón probablemente de certo prato cociñado por certa persoa ou en certas condicións. O desexo fai referencia á linguaxe e á interpretación. O desexo é simbólico, non porque remita a un obxecto que sim-

Mito que en Freud representaría o pai da horda de Totem e tabú (), o pai que goza de tódalas mulleres da súa tribo. 14 Por certo, que un aporte mínimo á comprensión do autismo é pensar que se trata dun suxeito que é consciente do feito de que falar implica renunciar sempre a algo, asumir unha certa perda, e entón asume como saída posíbel que o mellor é non falar (Maleval, Jean-Claude, El autista y su voz, Gredos, Madrid, 2011). 13

Originales y revisiones. Siso nº 51. Invierno 2011

113

Do imaxinario ao real pasando polo simbólico: unha introdución á psicanálise lacaniá

boliza algo outro15, senón porque se formula na linguaxe e ademais porque resulta en certo sentido sempre o resultado L]VPIQV\MZXZM\IKQ~V=VPINZI[MXWZ[Q[WILQÅKQTUMV\MZMcolle o desexo dun suxeito. Ela recolle a súa demanda, por exemplo, “dame auga”, pero o desexo pode aparecerse tan só nun segundo momento, cando é explicado, cando hai un discurso no que el é posto en marcha. De feito, deitado no diván, baixo a única condición da asociación libre, o suxeito emite frases construíndo un discurso de lóxica aparentemente incerta, pero do que remata por translucir e aparecerse con bastante claridade unha frase que recolle un desexo –ou aló menos ese é o obxectivo ideal ao que debería apuntar cada sesión psicanalítica. Pois ben, o desexo xira e dá voltas en torno a certo obxecto que está como ausente. Lacan chámao o obxecto-causa do LM[M`W 0IQ ]VPI WZQMV\IKQ~V ÅTW[~ÅKI Y]M u I NMVWUMVWloxía, fundada polo alemán Edmund Husserl (1859-1938), que entende a conciencia como unha conciencia intencional: a conciencia está en certos dos seus actos como dirixida-a ou apuntando cara aos chamados obxectos intencionais. Lacan IÅZUIY]MWLM[M`WVWVLMJM[MZMV\MVLQLWI[yXWZY]MVMTW obxecto se sitúa por detrás: o obxecto é como a forza que pon en marcha o proceso dende a caluga do suxeito e non como o cebo que se lle pon diante. O desexo pode imaxinarizarse, tomar forma en diferentes obxectos que vemos aí diante, pero el é algo máis alá, algo anterior: é un obxecto que causa. Un suxeito merca un coche, insatisfeito cámbiao aos poucos meses e logo una terceira vez pensa aínda que non era este realmente o modelo que quería. En realidade, máis alá dos obxectos particulares nos que se concreta ou imaxinariza o seu desexo, a causa do desexo era W]\ZI.QVITUMV\M4IKIVIÅZUIZnY]MWLM[M`WVWVWJMLMce máis que a una forma de estar no mundo, que chamará goce e que contén un núcleo de algo real. Neste sentido o simbólico sería a demanda, que se dirixe a un obxecto cando en realidade está movida por un desexo.

15

114

Originales y revisiones. Siso nº 51. Invierno 2011

Do imaxinario ao real pasando polo simbólico: unha introdución á psicanálise lacaniá

Por outra banda, o desexo está caracterizado por ser esencialmente insatisfacción. É dicir, nunca pode ser colmado. No instante en que o desexo é colmado, desaparece temporalmente agardando unha nova situación na que reaparecer. Se o desexo ten que ver coa interpretación e co discurso, o obxecto-causa do desexo maniféstase de maneira negativa. É dicir, maniféstase como unha ausencia na palabra do suxeito, como algo que este non chega a poder formular ou explicitar. Pode que aínda lastrado pola teoría freudiana das pulsións, 4IKIVIÅZUIVW[MUQVIZQW@Y]MM`Q[\MVKI\ZWXIZILQOUI[ de obxecto-causa do desexo, que agora denomina obxecto pequeno a (o seo, as feces, a voz e a mirada). Quere isto dicir que aquilo que non se pode dicir no discurso non se pode dicir precisamente porque é algo que afecta ao noso corpo, que está máis alá da palabra. Os pacientes falan e falan e falan e dan voltas no discurso en torno a algo que nunca remata de ser dito. O obxecto pequeno a é como un oco lóxico, como un envoltorio baleiro en torno ao que poñemos palabras. A psicanálise verase obrigada a cambiar de estratexia, porque se ben ata agora todo xiraba en torno á interpretación e aos efectos de verdade que estas interpretacións provocan no analizante, en torno a escoitar a palabra do analizante e permitirlle un traballo de desciframento das frases que lle chegan á súa cabeza, agora entra en xogo un máis-alá da palabra que é o real. 1.3. O real En realidade o que imos facer é intentar atacar este rexistro dende diversas frontes, máis que facer un desenvolvemento que se dirixiría a el como tema central. De feito, así mesmo é abordado o real nunha análise, recorrendo o noso discurso, construíndo un discurso que no seu desprazamento vai como formando un camiño e un rastro cun certo estilo. O real de Lacan non é a realidade. Aínda sendo o que máis conta para o suxeito, non é a realidade. As cousas que forman parte da realidade son como os libros ordenados nunha bi-

Originales y revisiones. Siso nº 51. Invierno 2011

115

Do imaxinario ao real pasando polo simbólico: unha introdución á psicanálise lacaniá

blioteca: a realidade é un ordenamento simbólico, o feito de poñerlle nome ás cousas e que así estas se ordenen unhas en relación ás outras. Pensemos, por exemplo, en como a creación divina no libro da Xénese bíblica consiste en nomear. O real lacaniano é, ao contrario que o concepto de realidade, un concepto fundamentalmente negativo. Tal e como fai a teoloxía negativa, que non pode falar de Deus máis que neOIVLWKITY]MZII\ZQJ]KQ~VW]XWZIVITW`yI,M][VWVuÅVQ\W non é limitado temporalmente, non é a bondade entendida no sentido humano, etc.), así xorde o concepto do real. O real é, de entrada, o imposíbel, sobre todo, o imposíbel de dicir, o imposíbel de simbolizar. Máis ou menos ata 1920 Freud asegura que o psiquismo humano está gobernado polos principios de realidade e de pracer16. O principio de realidade consiste en respectar dalgún xeito a existencia do mundo exterior, é dicir, que este non se pode reducir ás nosas fantasías, senón que opón certa resistencia. O neno que quere mamar ten que pedilo e ten que agardar unha resposta do mundo exterior, non lle chega con fantasear que está mamando para satisfacerse, senón que o mundo externo actúa a modo de límite externo co que ten que negociar. O principio de pracer consiste en que o aparato psíquico trata de manter a cantidade de excitación no nivel máis baixo posíbel: cando aumenta en exceso, libérase en forma de pracer esta enerxía. A partir desta época Freud advirte que moitos dos seus paKQMV\M[V]VKI[MK]ZIVLMÅVQ\Q^IUMV\M:MKW}MKMY]MI[ƒI teoría está bastante madura, que todo comeza a estar conceptualmente bastante ben organizado pero que só consegue sacar adiante satisfactoriamente a unha parte pequena dos seus pacientes. Moitos outros pacientes non se desprazan da súa posición nin un ápice ou mesmo empeoran. Os síntomas poden desfacerse ou reducirse pero o suxeito non deixa de seguir laiándose, é dicir, demandando. Hai como unha resis“Formulaciones sobre los dos principios del acaecer psíquico (1911)”, en Freud, Obras completas, Volumen XII. Amorrortu, Buenos Aires, 2001.

16

116

Originales y revisiones. Siso nº 51. Invierno 2011

Do imaxinario ao real pasando polo simbólico: unha introdución á psicanálise lacaniá

tencia á cura que non hai maneira de vencer, un masoquismo, un regocixarse no sufrimento. Para dar conta disto, en Máis alá do principio do pracer (1920) postula que no psiquismo hai certas forzas ou condicións que se opoñen ao principio do pracer e conseguen superalo. Un pesadelo que se repite tódolos días, un espertar precoz, o insomnio... non son algo aparentemente nada pracenteiro pero insisten e se repiten de maneira necesaria (o síntoma é aquilo que non cesa de escribirse, dirá Lacan). Lacan introduce o concepto de goce [jouissanceEXIZIZMNMZQZ[MIM[\IVMKM[QLILMY]MM[\nUnQ[ITn do pracer e do dispracer. Hai un goce que se impón e que é moi custoso para o individuo. Por iso dicilo, o inconsciente do suxeito goza a costa do propio suxeito. O obxecto pequeno a deixa de ser considerado na súa vertente de ser obxectocausa do desexo e comeza a ser pensado como obxecto de goce do suxeito, como unha función que produce goce. Hai unha parte da forma de gozar do suxeito que pode ser interpretada. Falando é posta en palabras e se descubre de que pé coxea o suxeito (goce fálico, goce que obedece ao sentido, dirá Lacan no seminario XX). Outra parte queda como UnQ[ITnVWVWJMLMKMIW[QOVQÅKIV\MVWVXWLM[MZXW[\IMV palabras (goce outro). A operación analítica supostamente ZMUI\IZyIKIVLWIY]QTWY]M[MKWV[MO]Q][IJMZu[]ÅKQMV\Mmente satisfactorio para o suxeito como para non obrigalo a seguir investigando, cando aquilo que non-sabe xa non é un problema. )XZM[MV\IKQ~VY]M[MÅ`WLWZMIT[Q\ƒIWV]VPIKMZ\ITWV`IVyI ou escuridade, mais se pode pensar tamén o real como o máis KMZKIVW#MVWKI[Q~V[LMUI[QILWKMZKIVW6W[MUQVIZQW@ impartido no curso 1962-1963 e dedicado á angustia Lacan IÅZUIY]MIIVO][\QIu]VINMK\WY]MVWVMVOIVI7[INMK\W[ son os efectos da linguaxe sobre o corpo. Por exemplo, o que desencadea no corpo un insulto. Para Freud os afectos poden enganar, é dicir, pode que non se correspondan á situación real e estean desprazados. Porén, a angustia é para el sempre indicador de que o suxeito se sente ameazado. Lacan di que non é útil pensar a psicanálise como unha teoría das emo-

Originales y revisiones. Siso nº 51. Invierno 2011

117

Do imaxinario ao real pasando polo simbólico: unha introdución á psicanálise lacaniá

cións ou dos afectos porque estes poden estar sempre desprazados. Por exemplo, cando choramos de alegría. Porén, o caso da angustia é especial: ela non engana. Para Lacan a angustia aparece ante a presenza do obxecto do desexo, é dicir, cando o obxecto do desexo está ou o suxeito pensa que pode estar cerca. Se a situación angustiante soe desaparecer cando é posta en palabras –o mellor para a ansiedade é falar– é porque algo dese real ameazante que é a angustia é calmado mediante o simbólico. +ILI[]`MQ\Wu]VM[\QTWLMOWKM#W[[M][[yV\WUI[WJMLMKMV a certo estilo, que en ocasións se fai excesivamente pesado. A cuestión evidentemente é averiguar como opera o sentido ou a palabra sobre este real do suxeito. Semella que ata agora postulamos dous polos opostos-simbólico e real, mais o problema está e ver como é posible que a través do interpretar, do dar sentido, sexan posible cambios na relación que o suxeito ten co seu real. II. Que é unha psicanálise Nesta segunda parte trátase de comezar ofrecendo unha caracterización negativa da psicanálise como prolegómenos a unha caracterización positiva que consistirá en recorrer de novos os tres rexistros anteriormente sinalados e as operacións que opera a análise sobre cada un deles. 1. Que non é unha psicanálise? - Non é unha confesión, non se busca a redención dos pecaLW[UMLQIV\MWXW}MZMVXITIJZI[I[VW[I[K]TXI[4IKIVIÅZmaba que a psicanálise non debe desculpabilizar. Se o suxeito se sente culpable haberá que buscar coidadosamente os motivos para intentar arranxar a situación sen pretender eliminar a culpa, porque detrás da culpa soe agacharse a angustia e non se gaña nada por angustiar inutilmente.

118

Originales y revisiones. Siso nº 51. Invierno 2011

Do imaxinario ao real pasando polo simbólico: unha introdución á psicanálise lacaniá

- A psicanálise non é psicoloxía cognitiva, porque non gravita en torno á idea de que chega con darse conta e tomar conciencia dos problemas para resolvelos. Un suxeito pode advertir perfectamente que lavarse as mans vinte veces ao día con líquido lavavaixelas non é normal, pero por si mesmo este coñecemento non cura. Hai algo máis alá que non se disolve simplemente por advertilo, hai un real do suxeito, un goce sólido e que non pode ser afrontado frontalmente. - A psicanálise non é unha hermenéutica que introduce o complexo de Edipo por todas partes como se este fora o único motor do inconsciente. A introdución deste esquema dende fóra é sempre posíbel e é evidente que as relacións co pai e coa nai son importantes, pero haberá que escoitar no discurso de cada persoa que valor particular teñen. - Non é unha supravalorización do compoñente sexual, non é un pansexualismo que pretenda descubrir a sexualidade por todas partes. Nin Freud mesmo ofreceu unha exposición tan JIVITKWUWIY]M[MQUX]`WÅVITUMV\MIVQ^MTLIK]T\]ZILM masas. Preguntado nalgunha ocasión acerca de se recomendaba o aumento da actividade sexual como terapia respondeu que o verdadeiro problema dos neuróticos non era a falta LMZMTIKQ~V[[M`]IQ[[MV~VI[[ƒI[LQÅK]T\ILM[MW[[M][MUbrollos co amor. En todo caso, todo menos un reducionismo sexualista. O feito de ter soliviantado á sociedade recatada, isabelinaLI>QMVIVIY]M^Q^Q]^ITM]TTMÅVITUMV\MY]MIXZQVcipal recepción da súa teoría fora esta. Sen ningunha dúbida que a pulsión sexual está aí presente, pero ela non pode converterse en centro exclusivo de atención. 6WVu]VPIX[QKIVnTQ[MLQLnK\QKIW]IT~UMVW[LQÅKQTUMVte se pode reducir a ser unha psicanálise didáctica. Durante moito tempo considerouse que os analistas simplemente tiñan que pasar polo diván como parte da súa formación, como unha maneira de coñecer o seu inconsciente, localizalo e poñelo fóra de xogo. As diferentes asociacións de psicanálise teñen procedementos para garantir dalgunha maneira o procedemento de selección de analistas. Lacan estableceu o

Originales y revisiones. Siso nº 51. Invierno 2011

119

Do imaxinario ao real pasando polo simbólico: unha introdución á psicanálise lacaniá

que deu en chamar o “pase”, unha especie de xurado ao que se presentan dúas persoas informadas polo aspirante na que se conta moi elaboradamente que cousas cambiaron grazas á psicanálise, que cambios fundamentais se produciron que permitan pensar que esa persoa vai a poder desempeñar o papel de analista. Trátase de lograr unha posición que permita que cando o analista interveña durante unha sesión quen fale non sexa o seu inconsciente, o seu síntoma, o seu goce.
Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.