Claves para unha información non sexista [Claves para una información no sexista]

Share Embed


Descripción

Luís Álvarez Pousa / Belén Puñal Rama (Coord.) Claves para unha información non sexista

ATLÁNTICA

DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN DE GALICIA, S.A.

Luís Álvarez Pousa Belén Puñal Rama (Coord.)

Claves para unha información non sexista

ATLÁNTICA

DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN DE GALICIA, S.A.

ATLÁNTICA

DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN DE GALICIA, S.A.

Deseño e maquetación: MBDS Impresión: Litonor, S.A.L.

© Cristina Caruncho Michinel,Juana Gallego Ayala, Olga Castro Vázquez, Rita Mª Radl Philipp, Núria Simelio Solà, María Isabel Menéndez Menéndez, Luís Álvarez Pousa, Ana Belén Puñal Rama, Tareixa Barberena Fernández, Ángela Pereira Juvino, Andrea Álvarez Pino, Jorge González Fernández, Iván Cuevas Domínguez, Joám Evans Pim, Paulo Carlos López López, Iago Martínez Durán, Begoña Gutiérrez San Miguel, María Isabel Menéndez Menéndez,

© Atlántica de Información e Comunicación de Galicia,S.A., 2010. Rúa Porróns, 8-2º (Meixonfrío) 15706 Santiago de Compostela

ISBN: 978-84-614-1706-3 Depósito Legal: C 2050-2010 Reservados todos os dereitos. Os textos que compoñen este libro son propiedade das súas autoras e están protexidos pola Lei. Prohíbese a reproducción, distribución ou comunicación pública, total ou parcial, agás autorización expresa.

Claves para unha información non sexista Luís Álvarez Pousa Belén Puñal Rama (Coord.)

ATLÁNTICA

DE INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN DE GALICIA, S.A.

Limiar

Luís Álvarez Pousa Belén Puñal Rama (Coord.)

Formalmente, vivimos nunha sociedade igualitaria. Pero non é así na práctica. Importa que as leis inclúan nos seus articulados a idea de igualdade, pero nunca chegará a ser real mentres non cambien os roles nos que homes e mulleres son educados desde a súa infancia. Cando nacemos, adscríbennos a un ou a outro sexo, mais é a través dos axentes de socialización como aprendemos a ser home ou muller. O dos medios de comunicación é un dos máis activos. En tódolos niveis do seu discurso, teña a ver coa información ou co entretemento, e nos máis diversos tramos vitais da súa audiencia potencial. Pero os medios non son neutrais. Pola contra, son eficacísimos transmisores de ideoloxías hexemónicas. Por caso, a ideoloxía sexista, aquela que privilexia o papel dos homes na sociedade, relegando as mulleres. Ata o punto de naturalizala a expensas do que en realidade non é senón unha construción ideolóxica que responde a intereses máis ou menos explícitos no seo dunha sociedade que aínda bebe dos imperativos dunha cultura machista, que impón en todo tempo e lugar unha interpretación androcéntrica do mundo. Por ela, e polos medios que a asumen pasivamente, podemos chegar á conclusión de que o masculino é o universal. Son os intereses de mercado os que no contexto actual reforzan a ideoloxía sexista e mailos estereotipos discriminatorios que comporta a súa materialización a través dos medios. A loita polas audiencias, ou a procura de mensaxes que enganchen de maneira eficaz co público consumidor, non repara no prezo para pagar. Todo serve con ese obxectivo. O morbo e o sensacionalismo envolven sedutoramente todo canto producen os medios masivos de comunicación, non diferenciando os tratamentos en función dos contidos, mesturándoo e confundíndoo todo como se dun 7

enorme supermercado se tratase –velaí como define Umberto Eco á que el chama neotelevisión-. Realidades tan sensibles como a da violencia de xénero entran tamén nesa obscena deglutición mediática. Refórzanse así os estereotipos máis sexistas. A muller/corpo para incitar ao consumo, a tríade beleza/xuventude/delgadeza para incrementar o consumo das mulleres, o ideal romántico do amor e a maternidade presentados como o súmmum da realización da muller, o ideal da perfecta casada e ama de casa, tan presente na publicidade e tamén na prensa feminina e na programación rosa, e o seu contrapunto na prostituta… Desvelalos, e desvelar o que de ideolóxico está detrás, é sen dúbida un obxectivo para perseguir. Sendo conscientes, iso si, de que é ir a contracorrente, pois que non doutra maneira hai que contemplar a confrontación de modelos de produción nos medios de referencia, independentemente de cales sexan os soportes que os sosteñen e viabilizan. Está nas mans das e dos profesionais da comunicación e da información producir os contrafluxos necesarios para desactivar os fluxos sexistas e os estereotipos que deles derivan producidos polos medios tradicionais e polos novos medios. Como mediadoras e mediadores imprescindibles que son, han participar nos procesos de produción sendo conscientes do poder que teñen á hora de optar por un tratamento que asuma na práctica o ideal de igualdade, eliminando os estereotipos discriminatorios. Non doutra maneira se poderá conseguir que a cidadanía perciba con sentido crítico a realidade que lle trasladan os medios, deixando de ver como algo natural o que non é senón produto dunha interesada e ideoloxizada construción ad hoc, coa indisimulada intención de seguir reproducindo un mundo no que o masculino é a medida de tódalas cousas. Analizar o que de ideoloxía sexista hai nos medios é polo dito ata aquí unha necesidade. Para desvelar aos ollos dos cidadáns os intereses que en cada momento e en cada contexto social están detrás da narración dos acontecementos, independentemente dos soportes e dos formatos mediáticos –de realidade e de ficción- que se utilicen. Iso en primeiro lugar. Tamén para poñer en valor diante das e dos profesionais da comunicación e da información a confrontación que se ha evidenciar entre a produción de fluxos sexistas e a produción de contrafluxos que os poden desactivar, o que comporta afrontar a interpretación da realidade desde a perspectiva de xénero. Isto en segundo lugar. A análise do sexismo nos medios terá que facerse desde múltiples niveis. Algúns deles están presentes neste libro sobre Comunicación e Xénero, e teñen detrás un elenco de expertas investigadoras no tema. Vexamos. A construción do sistema sexo-xénero e o papel dos medios de 8

comunicación nel, abordado por Cristina Caruncho. A produción informativa e os mecanismos que se agochan detrás das empresas mediáticas e da cultura profesional, do que se encarga Joana Gallego. A invisibilización e subrrepresentación das mulleres nos contidos informativos como vehículo de transmisión de violencia simbólica, a cargo de Rita Radl. A ollada androcéntrica dominante nos medios, que non só fai invisibles as mulleres, senón tamén a tódolos sectores da poboación que non entren dentro do ‘arquetipo viril masculino’, que ten por autora a Núria Simelio. Os mecanismos de estereotipación, a xuízo da propia Joana Gallego. O sexismo na linguaxe, que trata Olga Castro, e o sexismo a través da imaxe, que aborda Begoña Gutiérrez San Miguel. Finalmente, o sexismo na publicidade, e un dos eidos temáticos nos que as mulleres son protagonistas maioritarias pero na súa condición de vítimas: a violencia de xénero, do que dá razón o equipo de investigación CIDACOM. A importancia dunha publicación destas características faise evidente non só pola temática en si, tal como xa quedou subliñado, senón tamén por contribuír con ela a fortalecer e dimensionar os estudos sobre Comunicación e Xénero, unha área de investigación moi recente en España. As primeiras análises sobre a representación das mulleres nos medios fanse públicas nos anos 80 do pasado século, coñecendo un certo auxe nos 90 coa introdución da categoría e a análise de xénero, ampliándose de maneira notable na década actual. Tamén en Galicia, onde radica a iniciativa de poñer en relación as expertas investigadoras –estatais e galegas- que achegan os seus traballos de análise e reflexión a esta obra colectiva que temos a honra de coordinar e prologar. Amais do que comporta, agora e cara ao futuro, a confluencia de investigadoras de máis alá e máis acá do Padornelo, facilitando o intercambio de saberes e coñecementos sobre as cuestións de xénero e comunicación, ha ter continuidade noutros proxectos académicos e de debate, esta publicación ten así mesmo outro valor. É a primeira vez que se publica en Galicia, e en galego, unha obra que compila as achegas acadadas polos estudos de Comunicación e Xénero. Dando a coñecer, en concreto, o traballo de expertas galegas como Rita Radl (Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e Estudos de Xénero) e Olga Castro (investigadora da Universidade de Vigo). E tamén o realizado nestes últimos anos polas e polos integrantes do grupo que se especializou no estudo desa temática dentro de CIDACOM (Cidadanía e Comunicación), na Facultade de Ciencias da Comunicación (Universidade de Santiago de Compostela). O libro sintetiza nun dos seus capítulos os resultados de dúas investigacións sobre a violencia de xénero. Leváronas a cabo as e os integrantes 9

do grupo anteriormente citado, e estiveron até o de agora inéditas. Trátase das investigacións tituladas “Tratamento da violencia de xénero nos medios de comunicación galegos” e “Análise lonxitudinal da abordaxe da violencia de xénero nos medios de comunicación galegos”, ambas as dúas financiadas pola Secretaría Xeral de Igualdade, Xunta de Galicia, en 2007 e 2008, respectivamente. Non queremos deixar de significar o que un libro destas características pode contribuír á creación dun pensamento crítico entre as e os profesionais da comunicación, en xeral, e da comunicación xornalística en particular, así como entre as e os futuros profesionais que actualmente cursan estudos nos centros universitarios de formación de comunicadores. Informar e comunicar desde a perspectiva de xénero require sensibilidade, mirada crítica e especialización.

10

Ética e feminismo. Unha aproximación á linguaxe da teoría feminista

Cristina Caruncho Michinel Universidade de Vigo

Cando me convidaron a escribir este artigo, como texto introdutorio ao manexo dos conceptos básicos da linguaxe de xénero, aceptei encantada o reto. Non me vence o cansazo malia levar anos na tarefa de Penélope, destecendo as trampas do discurso patriarcal. Non cabe o desanimo cando se percibe a necesidade. Son moitas as noticias que nos fan ver que é preciso seguir adestrando a mirada para desvelar a inxustiza inherente ao noso modelo social. Quen isto lea seguramente coñecerá quen son Marta del Castillo ou Violeta Santander. Marta perdeu a vida –con tan só dezasete anos– asasinada pola súa ex-parella, pouco maior ca ela. Violeta estaba a ser agredida brutalmente polo seu noivo, cando o profesor Neira mediou na súa defensa e sufriu por ese motivo unha brutal malleira que o deixou nun grave estado de saúde. Ata aquí os feitos, a narración de dous casos de violencia de xénero. O primeiro, un dos 90 ou 100 asasinatos que teñen lugar no territorio español cada ano. O segundo, un episodio de violencia machista como os miles que se dan na nosa sociedade con excesiva frecuencia e moitas veces con franca impunidade. Convertéronse as agresións a Marta e Violeta en detonantes que logren cambiar o enfoque social e mediático da violencia de xénero, axudando así a conseguir a tan ansiada “tolerancia cero”, como no seu día o foi o brutal asasinato de Ana Orantes? A miña resposta é un non rotundo. Volvamos un momento a 1997, cando unha muller chamada Ana Orantes era asasinada polo seu ex-marido. Non era a primeira muller nin sería a última, pero o caso tomou tal relevo mediático que serviu como punto de inflexión na abordaxe da violencia de xénero por parte dos medios de comunicación. Días antes de ser asasinada, Ana Orantes saíra nun pro13

grama emitido por Canal Sur denunciando os malos tratos do seu marido e a peculiar orde xudicial que obrigaba a que viviran na mesma casa aínda que en pisos diferentes. Probablemente o feito de que pouco antes do seu brutal asasinato (foi queimada ao bonzo) saíse na televisión, xerou un particular interese pola noticia. A partir do asasinato de Ana Orantes prodúcense certos feitos que cómpre sinalar como de notable avance no tratamento da violencia de xénero por parte dos medios de comunicación. En primeiro lugar, as noticias de violencia de xénero acadan relevo e notoriedade, deixando de formar parte das páxinas de sucesos para incorporarse a titulares e primeiras páxinas. En segundo lugar, adquiren identidade e noméanse como “violencia de xénero ou violencia machista” (entendendo como tal aquela que é exercida por un sexo que se instala no lugar do poder e o dominio sobre o outro, que ocupa o lugar da obediencia e a submisión), deixando neste sentido de formar parte da violencia en xeral. Non obstante, queda aínda moito por facer e é preciso recoñecer deficiencias fundamentais que afectan á información sobre cuestións de xénero e en particular sobre a violencia de xénero. De todos os elementos negativos e contaminantes que afectan a abordaxe por parte dos medios desta cuestión, o máis nocivo é sen lugar a dúbida o tratamento morboso. Moitos medios, pero de modo particular a televisión, producen unha inxente cantidade de programas lixo con millonarios índices de audiencia, a cal se recrea ante a impúdica exhibición das intimidades e desgrazas alleas. Estes programas especializáronse en crear pobreza cultural e sordidez a cachón. O tratamento mediático dos casos de Marta del Castillo e Violeta Santander inscríbese nese círculo de morbo gratuíto que leva a descontextualizar os problemas e a animar con desgrazas o circo mediático, con consecuencias moi graves para a loita contra o sexismo e a violencia de xénero. Tras a desaparición e morte de Marta del Castillo, o seu pai percorreu as televisións solicitando que o sistema xurídico español fose cambiado e nel se incluíse a pena de cadea perpetua. Simultaneamente e nos mesmos medios (logo de cobrar), a parella do presunto criminal –unha nena de catorce anos embarazada del– describe polo miúdo os pormenores das súas vivencias cotiás en compañía do mencionado suxeito... Pregúntome por que os medios de comunicación non aproveitaron o impacto social deste caso para favorecer unha análise seria da violencia de xénero, dándolle a palabra ao persoal experto no tema. Pola contra propiciaron, ademais do consabido circo mediático, un efecto altofalante para que se escoiten voces, máis sentidas que pensadas, que solicitan a acción dun modelo 14

xurídico-policial represor e exemplificante. Se non analizamos as causas, se non incidimos nos modelos de socialización, se non falamos de educación, nada cambiará. O que non quita que deban existir condenas en firme e que se deban facer cumprir, pero iso é moi distinto a reducir a complexa cuestión da violencia de xénero á implantación de cadea perpetua. No caso da agresión a Violeta Santander, a abordaxe mediática foi de novo penosa. Violeta estaba a ser agredida polo seu compañeiro cando mediou en escena un home que, por intentar defendela, sufriu por parte do agresor unha brutal malleira que case lle causou a morte. Ante as circunstancias descritas, Violeta Santander foi requirida de inmediato polos medios para contar (sempre mediante pagamento polas súas intervencións televisivas) a súa versión dos feitos. A súa presenza nas distintas canles de televisión sucedeuse durante varios meses, ao posicionarse ela en defensa do agresor, co que seguía mantendo un vínculo sentimental malia estar a cumprir este pena de cárcere polos feitos que veño de narrar. Aínda que se fan chamar profesionais dos medios, existe unha ampla proliferación de xornalistas e de intelectuais mediáticos de “a patacón” que se venden ao mellor postor. Son precisamente estes personaxes os que propiciaron e executaron un xuízo sumarísimo contra Violeta Santander, de modo que a vítima de malos tratos quedou para o común das persoas como unha muller vulgar, amoral e violenta. Encubriuse –ou mellor dito obviouse– toda a problemática psicosocial que se esconde tras unha muller chea de medo e dotada de escasos recursos para afrontar a súa saída dunha situación de maltrato. Con todo o dito e exemplificado ata o momento, puidemos poñer de manifesto como a nosa cultura ten no problema da violencia de xénero –sendo esta a punta do iceberg dun modelo sociocultural androcéntrico e patriarcal– un problema de carácter estrutural. Referímonos aos piares básicos do noso acervo sociocultural, a un aspecto tan fortemente arraigado que o seu desvelamento se volve moi complexo, algo que nos leva a avanzar con lentitude e a non poder baixar a garda. O sexismo na nosa sociedade é estrutural, e mesmo ás veces o que nos parece un avance para erradicalo non é senón unha forma nova de presentar os estereotipos de xénero (neosexismo). É por iso polo que resulta básico e inaprazable formar as e os diversos profesionais no marco da teoría crítica feminista. Esta necesidade agudízase no caso daquelas persoas cuxa opción profesional se orienta á transmisión de valores (áreas educativas) e ao eido do xornalismo e a comunicación, dado que teñen nas súas mans a responsabilidade de informar/formar á cidadanía. Chegado aquí é preciso deixar constancia de 15

que a tarefa de formar dende a perspectiva de xénero non pode quedar en fornecer unhas poucas receitas, esperando que estas, engadidas aos coñecementos expertos de comunicación obtidos na formación básica destes profesionais, lles permitan enfocar a comunicación dende unha ética feminista. A cuestión é moito máis complexa na medida en que se volve imprescindible o dominio da ferramenta metodolóxica que coñecemos como perspectiva de xénero.

1. A perspectiva de xénero A perspectiva de xénero é unha ferramenta que serve para revelar e evidenciar as relacións inxustas entre homes e mulleres. Baséase en tres eixes: ­— Visibilizar a construción do sistema sexo/xénero. — O uso e a división dos espazos. ­— As dinámicas da opresión. 1.1. Visibilizar a construción do sistema sexo/xénero A palabra sexo ten claras raíces biolóxicas e debe ser vista como “natural”. O sexo determina bioloxicamente a función da reprodución humana e, parcialmente, unha serie de características corporais. Non obstante, esta base física di moi pouco sobre os comportamentos e as capacidades das persoas. O concepto xénero fai referencia ás diferenzas socialmente construídas entre os sexos. É unha noción que apunta a características que teñen que ver con cultura, ideoloxía e socialización. O xénero é un concepto social suxeito ao cambio. Tanto é así que cada sociedade constrúe un conxunto de comportamentos e capacidades das cales unhas serán consideradas propias dos homes e outras das mulleres. Comprender como se leva a cabo a construción do sistema sexo-xénero sitúanos ante a transformación constante que a especie humana fai do seu ámbito para adaptalo ás súas necesidades. Unha vez levadas a cabo estas transformacións, en moitas ocasións necesítase unha análise complexa para visibilizalas. É máis, hai aspectos da transformación que acontecen nun plano profundamente internalizado. Un destes aspectos é a relación xerárquica dun xénero sobre o outro a partir das diferenzas sexuais. Esta transformación foi internalizada mediante un elaborado proceso educativo e pertence ao subconsciente. 16

É así que a nosa sociedade ten un sistema de crenzas acerca das características, atributos e comportamentos que se pensa que son propios, esperables e axeitados para determinado grupo (estereotipo). No caso que nos ocupa, o estereotipo de xénero, fai referencia ás imaxes perceptivas que ten unha determinada sociedade sobre as mulleres e os homes. Tales imaxes non se limitan a describir as características peculiares que se observan en ambos os dous grupos, senón que cumpren ademais unha importante función prescritiva, en virtude da cal as descricións estereotipadas se converten en normativas e se produce un salto do que é típico ao que é correcto. Os estereotipos de xénero fan uso das afirmacións de identidade que son distincións social e culturalmente aceptadas entre homes e mulleres que fortalecen a identidade de cada xénero, o que quere dicir que melloran a autoimaxe e a autoestima. Os estereotipos convértense en prexuízos cando se une á xeneralización cognitiva a relación xerárquica dun xénero sobre outro a partir das diferenzas sexuais. O prexuízo favorece a aparición e a consolidación de actitudes sexistas, xa que por sexismo entendemos unha actitude de prexuízo ou conduta discriminatoria baseada na suposta inferioridade ou diferenza das mulleres como grupo. Os estereotipos funcionan de modo inconsciente e transmítense a través do proceso de socialización-moralización. O dobre proceso de socialización-moralización supón a interiorización por parte da ou do infante das pautas de comportamento ou normas sociais e morais propias da comunidade na que vive. Dito noutras palabras, as nais e os pais teñen como misión prioritaria transmitir as pautas normativas do seu ámbito co fin de que a súa filla, de que o seu fillo, xa no transcurso dos primeiros anos da súa vida, interiorice os modelos de comportamento correctos. O vehículo de transmisión básico de toda esta carga cultural é a linguaxe. A través dela aprendemos non só a nomear o mundo senón tamén a representalo e construílo, outorgándolle ás cousas e ás relacións un significado cuxa carga valorativa se remite a un grupo social de referencia. A linguaxe materna é pois un sinal da nosa identidade na medida en que supón a ferramenta básica para a representación simbólica do mundo e a súa comprensión. A través dela, dámoslles significado aos modelos conceptuais da nosa realidade. E a través dela inícianse as nenas e os nenos no coñecemento dos costumes, tradicións e normas da sociedade de referencia. O obxectivo é que evolucionen ata se converteren en persoas adultas aptas para vivir en sociedade, autoobrigándose a cumprir cos preceptos socioculturais. Será entón cando poida deixar de ter efecto a coacción externa. 17

Por isto: — Cada individuo, ao comportarse moralmente, suxéitase a determinados principios, valores e normas morais admitidos como válidos dentro dunha sociedade ou comunidade, os cales non poden ser inventados nin modificados segundo as súas necesidades persoais, pois o normativo e o axiolóxico son definidos, establecidos e aceptados pola sociedade. — O comportamento moral é simultaneamente un comportamento individual e un comportamento grupal. O seu carácter é, pois, ao mesmo tempo, libre e colectivo. Non se trata entón da conduta dun suxeito illado, senón dunha conduta individual que, nun sentido ou outro, ten consecuencias para os demais. — As normas, os valores e as relacións morais xorden e desenvólvense como resposta a unha necesidade social, é dicir, para manter unha determinada orde social. Non abonda con que esta orde social se manteña sobre a base dunha coacción externa, senón que ha de buscarse tamén, e sobre todo, que os individuos acepten libre e voluntariamente os seus principios e valores, e isto só o pode lograr a moral. Deste xeito aprendemos a ser mulleres e homes a partir dos procesos de socialización nas distintas instancias e institucións da nosa sociedade, entre elas a familia, a escola, os medios de difusión social, os partidos políticos, o mercado de traballo e a educación. Tanto na familia como na escola se recibe todo un adestramento de xénero a partir das interrelacións, os xogos, mandatos sociais, modelos, normas, valores, crenzas e actitudes que impoñen, reproducen, perpetúan e lexitiman o masculino e o feminino. É así que o noso modelo social e moral (o propio da cultura occidental moderna) se constrúe sobre a categoría de diferenza sexual (home e muller), e a partir dela reprodúcense valorativamente toda unha serie de dicotomías: muller versus home, natureza versus cultura, privado versus público, reprodución versus produción, intuición versus razón, corpo versus intelecto, etc. Tal visión dicotómica da realidade leva consigo unha xerarquización das partes implicadas e a asociación da muller cos termos menos prestixiosos desa realidade dual, é dicir, coa natureza, co ámbito privado e coa reprodución, en tanto que o home é asociado coa cultura, coa esfera pública, co ámbito da produción e coa razón. Favorécese así unha concepción esencialista dos sexos, facendo derivar a división sexual do traballo “naturalmente” das diferenzas biolóxicas. Esa división sexual do traballo conságrase coa implantación do sistema industrial, co profun18

do hiato introducido polo capitalismo entre o ámbito público e o ámbito privado. 1.2. O uso e a división dos espazos O eixe público/privado está relacionado cos xéneros situados nos dous grandes ámbitos da actividade humana: o público e o privado. Estes ámbitos teñen funcións sociais claramente definidas. No ámbito público teñen lugar os recoñecementos, a valoración e a xerarquización. É onde se dá a maior integración da identidade e se realiza a produción tanto de bens e servizos coma de subxectividade e comunicación de sentido. No ámbito privado gózase da intimidade e do descanso e, aínda que neste espazo tamén se produce a subxectividade, a función máis importante é a de reproducir a subxectividade que se produce fóra. Neste espazo, ademais, constrúese día a día a familia ou o grupo de convivencia que se desexa. Así mesmo é no privado onde ten lugar a reprodución, o que inclúe a posibilidade de recuperar forzas, descansar, descargar as tensións e recrearse. O significado que hoxe teñen para nós os conceptos da esfera do público e do privado ten a súa orixe nos comezos da modernidade e vincúlase ao nacemento do Estado moderno na súa concepción liberal. Ninguén descoñece o que significaron o século XVIII e o XIX para o mundo occidental, cando este se abría ao esplendor da modernidade. Tras o escuro medievo e o puxante renacemento prodúcese a grande eclosión: as luces da Ilustración e o auxe económico do liberalismo capitalista. Dende Francia e Inglaterra expándense a toda Europa as máis importantes iconas da modernidade: As grandes declaracións de dereitos; a ética da tríade revolucionaria (liberdade, igualdade e fraternidade); o poder do capital; sen esquecer a achega alemá cando tras a era Bismarck ten lugar a plasmación na práctica do primeiro estado democrático e de dereito. Todo iso cobraba sentido e fundamento lóxico baixo a categoría de ficción establecida polos dous grandes filósofos políticos da modernidade, Hobbes e Rousseau, ficción á que se habería de dar fundamento epistemolóxico e ético a través da teoría kantiana. Dito noutras palabras, comezara a era do contrato social. De feito, a construción política liberal baséase nun contrato entre individuos de natureza libre e igual realizado baixo a igualdade de dereitos civís e políticos, o cal implica que: a) O concepto de individuo é unha categoría universal e abstracta; b) Toda transacción implica consentimento, ao ser sempre unha relación entre suxeitos igualmente libres. Suponse pois o consenso dos interesados. 19

Modernidade igual a pacto entre homes libres e iguais, ou dito noutras palabras, liberalismo como filosofía de vida igual a neutralidade e universalidade. Non obstante, xusto é recordar que, na era das luces, houbo quen lles puxo nome ás sombras. Ao pensar niso, un nome xorde na memoria colectiva: Carlos Marx, ese alemán de nacemento e inglés de adopción que lles deu nome aos tabús do liberalismo ilustrado: división do traballo, clases sociais, proletariado, capitalista, plusvalía...., que constitúen sinais de identidade do que se coñeceu baixo o nome de marxismo. Unha doutrina, segundo moitos a máis revolucionaria que nos legou a historia, que se sustenta sobre unha idea de sinxela formulación: para que existan persoas ricas deben existir pobres, quedando así institucionalizada a división do traballo na esfera pública. Non obstante, a dualidade entre persoas ricas e pobres non foi a única destapada pola crítica dos pensamentos e movementos sociais disidentes. Algunhas mulleres atrevéronse a romper co seu silencio secular, ao denunciar as secuelas da rotunda separación moderna entre a esfera pública e a esfera privada. Na primeira, un protagonista indiscutible: o individuo traballador-produtor. Ou dito noutras palabras, o capitalista, o asalariado, o intelectual, o político..., o individuo posuidor: o home. Na segunda, o modo de produción característico é a reprodución; dito noutras palabras, a nai, a coidadora..., o ser para o outro: a muller. Dous sexos, dous mundos, dous modelos de contrato. Cumprimento exacto da cruel condena que detalla a Biblia ao recordar os termos nos que tivo lugar a expulsión de Adán e Eva do paraíso terreal. O anxo voceiro da condena de desterro faille saber a Adán que el e a súa descendencia masculina deberán, “a partir dese momento, gañar o pan coa suor da súa fronte”. O mesmo anxo transmítelle a Eva, “a costela de Adán”, outra sentenza de expulsión de maior crueldade (por ser ela a que elixe o mal ao comer da mazá prohibida e “tentar” a Adán a que a probe). É castigada, xunto coa súa descendencia feminina, a “parir con dor”. A tradución desta condena na linguaxe da modernidade supón relegar a muller ao espazo privado. Parir, criar ou coidar serán os verbos que se conxuguen en feminino. E así, para que o produtor e propietario teña garantida a reprodución da man de obra e solucionadas as súas necesidades de coidado e alimento, institucionalízase a división do traballo na esfera privada. Dito noutras palabras, o contrato social formulado na esfera pública presupón a realización previa do contrato sexual –inserido nunha esfera privada politicamente irrelevante–. A través del, os homes, nun pacto fraternal, crean o dereito político que instaura o seu poder sobre a muller. 20

1.3. As dinámicas da opresión Carole Pateman, coa explicación do que ela denominou “o contrato sexual”, logra identificar as relacións de poder que se converten en relacións de explotación e de dominio. Pateman argumenta que a ficción do contrato social nos serve para interpretar as institucións sociais e políticas como froito dun acordo entre iguais. Como viamos, pártese da idea de que os homes son libres e iguais, e o goberno duns sobre outros ha de ser froito dun pacto: a sinatura do contrato social encóntrase na orixe da sociedade civil e do Estado. É dicir, o público xorde do contrato social. Estas institucións sociais e políticas aseguran os dereitos e liberdades dos individuos na esfera pública. Isto, di Pateman, é só unha parte da historia. Porque como ben sabemos, o público apóiase ou constrúese sobre unha determinada idea ou concepción do privado, o doméstico que, ademais, ten que existir con anterioridade ao público. É por iso polo que non cabe falar de contrato social sen falar simultánea, ou mellor, previamente, de contrato sexual. Os homes pactan o dominio das mulleres (sobre as mulleres) antes de pactar o dominio entre libres e iguais. En definitiva, o contrato sexual, o que asinan os homes entre si para excluír as mulleres, é previo ao contrato social e garante a exclusión das mulleres da convención social (elas non son libres e iguais) e polo tanto, da esfera do público, relegándoas á esfera do privado. Que consecuencia ou que significado político ten esta asignación de espazos? Na vida pública, os individuos transcenden as súas particularidades e diferenzas, que son as que distinguen os individuos na esfera privada. Ou dito noutras palabras, os homes, na esfera pública, son libres e iguais ao prescindir das súas características diferenciadoras, e son considerados individuos, cidadáns, titulares de dereitos e liberdades. Esta esfera pública réxese por normas xerais e abstractas, principios universais que se aplican a todo o mundo por igual e dun modo imparcial –noutra terminoloxía, a esfera pública réxese pola “ética da xustiza”– e é mantida precisamente polo sentido da Xustiza que comparten os homes e do cal carecen as mulleres. As mulleres, pertencentes á esfera do privado, non deben transcender ningunha das súas características distintivas –é precisamente no privado onde teñen sentido e se manteñen e reproducen–. No privado as normas non son xerais e abstractas senón concretas e diferentes para as distintas persoas, en función das súas necesidades, da súa situación. O que prima é o coidado cara ás outras persoas, avaliar as súas concretas emocións e ne21

cesidades. Rexe unha “ética do coidado”, propia das mulleres. As mulleres, que se definen pola súa pertenza á orde da “natureza”, do amor, das necesidades, é dicir, á esfera do privado, non son individuos; non transcenden as súas diferenzas, non entran por si mesmas na esfera do público (esfera de individuos titulares de dereitos). No privado non hai cidadanía, nin dereitos, non hai razón, nin legalidade, nin igualdade. As mulleres non son individuos autónomos senón que viven a través das súas relacións cos outros; saen ao público a través de e da man dos homes. As mulleres non están, non obstante, totalmente excluídas da sociedade, senón que participan en tanto que mulleres, en tanto que seres sexuados pertencentes ao ámbito do privado e en relación e dependencia do público e o individuo. As mulleres xogan un rol fundamental para a sociedade, pero non como cidadás senón como garantes da orde privada sobre a que se asenta o público. Grazas ao contrato sexual, os homes poden “saír” á esfera do público. Na medida que as súas necesidades básicas (afectivas, de coidado, nutrición, hixiene) están cubertas polo “traballo” das mulleres no doméstico. Na medida que teñen alguén satisfacendo esas necesidades poden saír a exercer os seus dereitos na esfera pública. O contrato sexual é a condición de posibilidade do contrato social e tamén unha condición de posibilidade para a construción do traballador como individuo que ten unha muller detrás del que se ocupa de liberalo das súas necesidades cotiás e mantelo a punto para seguir traballando e “mantendo” a familia. O traballo remunerado masculino na esfera pública presupón e apóiase no traballo feminino non remunerado dende o privado. A muller cumpre, dende o privado, a función de producir as condicións para darlle ao home a súa entrada no público: sen a muller privatizada non podería darse o home público. E, así, a expresión “muller traballadora” é unha contradición. O traballo na casa, no doméstico, na esfera privada, non é traballo. Non produce, non é remunerado e, sobre todo, non se dá na esfera pública de dereitos e liberdades. 2. Conclusións Quixen mostrar os problemas que existen á hora de abordar dende os medios de comunicación as cuestións de xénero, á vez que poñer de relevo a importancia que ten que se inclúa na formación curricular destas e destes profesionais os estudos de xénero. Dado o evidente impacto mediático que están tendo cuestións como a violencia de xénero, urxe formar ás e aos profesionais e á cidadanía na 22

necesidade de abordalas con rigor e seriedade. Isto só é posible a través da adquisición das destrezas necesarias para desvelar as trampas androcéntricas e patriarcais sobre as que se asenta o noso modelo sociocultural, así como evidenciar a forza prescritiva dos estereotipos de xénero. Dúas cuestións son básicas para levar a cabo con rigor a formación en xénero. En primeiro lugar, saber como, a través do proceso de socialización, se logra a interiorización (ata chegar a formar parte do subconsciente das persoas) dos modelos normativos propios da nosa sociedade. Para iso, é fundamental adestrarnos no manexo de termos tales como atributos, roles, estereotipos de xénero, identidade de xénero, sexismo, etc... En segundo lugar, e non menos importante, é coñecer e comprender sobre que bases se construíu o discurso racional-patriarcal na nosa cultura occidental xa que isto nos vai permitir: a) Visibilizar a construción do sistema sexo-xénero; b) coñecer o uso e a división dos espazos público e privado e c) denunciar as dinámicas de opresión. Para este segundo obxectivo é imprescindible, como ferramenta metodolóxica, o uso da perspectiva de xénero.

Bibliografía AMELONG, S. e M. NASH (1990): Las mujeres en la historia moderna y contemporánea, Valencia: Edicions Alfons el Magnánim. Institució Valenciana. AMOROS, C. (1995): Hacia una crítica de la razón patriarcal, Barcelona: Anthropos. FLAX, J. (1995): Psicoanálisis y feminismo. Pensamientos fragmentarios, Madrid: Cátedra. MILLET, K. (1975): Política sexual, México: Aguilar. LERNER, G. (1990): La creación del patriarcado, Barcelona: Crítica. VICENT MARQUÉS, J. e R. OSBORNE (1991): Sexualidad y sexismo, Madrid: Fundación Universidad-Empresa.

23

Produción informativa e mecanismos de reprodución de estereotipos de xénero nos medios de comunicación Juana Gallego Ayala Universitat Autònoma de Barcelona

1. Introdución Hai xa algúns anos que finalicei un traballo de investigación que pretendía desvelar as razóns polas cales se producían e reproducían certos estereotipos de xénero na prensa de información xeral1. Concretamente, xunto co meu equipo de investigación, analizamos in situ as diferentes rutinas e procedementos que os diarios poñían en funcionamento para conseguir os seus obxectivos cotiáns. Así intentabamos descubrir en que momento e por que razóns se producía un tratamento informativo diferenciado entre homes e mulleres. O noso traballo consistía en observar detidamente os ámbitos máis significativos da produción xornalística durante os cales podía producirse esta desviación ou tratamento diferente outorgado por razón de xénero. Certamente foi difícil captar momentos concretos. Non obstante, a observación das organizacións –Avui, El País, El Periódico de Cataluña, La Vanguardia e a Axencia Efe– botou moita luz sobre a denominada “cultura profesional xornalística” compartida por todas e todos os profesionais da información, cousa que nos permitiu realizar algunhas inferencias e extraer algúns mecanismos que creo aínda resultan válidos. Dende entón pasaron uns anos, e quizais a realidade cambiase un pouco, porque o xornalístico é un dos ámbitos máis dinámicos e cambiantes en formas e en contidos, mais segundo me parece, tras o segui1

O traballo publicouse no ano 2002 co título de La prensa por dentro. Producción informativa y transmisión de estereotipos de género (El bardo, 2002), e previamente gañara o primeiro Premio do Consello de l´Audiovisual de Catalunya (2001). 27

mento diario do que se publica nos diferentes medios, aínda podemos dar por boas moitas das cousas que formulabamos daquela. Neste texto non só vou formular as conclusións fundamentais ás que chegamos naquel momento, senón que o vou completar con algunhas reflexións sobre o por que se reproducen os estereotipos de xénero que elaborei durante estes últimos anos. Así pois, ao descuberto no traballo de campo do ano 2000, engado o resultado das reflexións nas que estiven inmersa a partir de entón, e que recollín noutro ensaio que está en vías de publicación2.

Diferentes niveis de responsabilidade na reprodución de estereotipos O noso traballo no seo das empresas informativas levounos a observar os espazos máis significativos da produción xornalística: a) os consellos de redacción de mañá e tarde b) a dinámica das diferentes seccións c) o labor das e dos diferentes xornalistas no cumprimento do seu traballo d) o momento de peche Durante o tempo en que estivemos a observar os procedementos profesionais –catro semanas en total, en diferentes épocas do ano– tivemos ocasión tamén de falar formal ou informalmente con moitas e moitos profesionais ou de observar simplemente o traballo cotián da redacción e de compartir momentos que nos deron pistas que logo debiamos interpretar. Tamén puidemos recoller as previsións informativas escritas de tres dos catro diarios, xa que un deles non elaboraba o documento que nos outros denominaban “papela” ou “previs”. Cada unha das integrantes do equipo levaba un caderno de campo no que anotaba as observacións do día e, de cando en vez, reuniámonos para poñer en común o observado e intercambiar ideas, reflexións e suxestións. O traballo de campo de quen observa dende o exterior é sempre unha experiencia que modifica o observado e que á súa vez inflúe en quen observa, modificándose así mutuamente. É algo que está bastante estudado segundo a etnografía e que nós non puidemos senón corroborar coa nosa experiencia. Unha vez finalizadas as estadías de observación, o traballo foi outorgar sentido ao observado. Encontrar na armazón de interaccións que Reflexións que titulei De Reinas a ciudadanas. Género, medios de comunicación y cambio social, de próxima publicación. 2

28

suceden nunha organización complexa o sentido deses procedementos e rutinas, e extraer do vivido unha interpretación que nos clarificase o obxectivo último do noso traballo de investigación. Non era unha investigación cuantitativa, senón cualitativa, polo que non podiamos aplicar fórmulas nin obter estatísticas, senón deducir, inferir e, en definitiva, interpretar, o cúmulo de vivencias que a inmersión nos diferentes medios nos deparara. Establecemos catro niveis organizativos que condicionaban a produción informativa e nos cales se podían rastrexar diferentes mecanismos de reprodución de estereotipos de xénero. Os mecanismos, que nunca son visibles, senón que permanecen ocultos pola propia dinámica profesional, foron situados en catro niveis. 2.1. Mecanismos debidos á organización empresarial O colectivo de xornalistas está sometido a unhas interaccións particulares. Cadaquén busca o seu lugar na estrutura xerárquica. O fundamental é conseguir o respecto de superiores ou iguais, e o prestixio persoal como profesionais competentes, valorados e valoradas. Para iso deben construírse unha imaxe e un espazo que defenden en todas as instancias de relación, entre as cales unha das máis importantes é o filtro do consello de redacción. Aquí as e os diferentes profesionais negocian os temas de interese, presentan as súas propostas, defenden a súa sección. É importante non resultar “inconvenientes”, non desencadear en superiores ou iguais irritación ou animadversión. Non “meter a pata”. Por iso aos consellos de redacción só se levan aquelas propostas que están moi traballadas e que saben que non van ser rexeitadas. Os temas de xénero, se están ben presentados e defendidos, teñen asegurada a súa publicación, pero de non o estaren poderían ser susceptibles de rexeitamento con moita facilidade. De aí que se prepare moito que tipo de temas van defender. Canto máis afastados están os temas do centro da esfera pública, máis posibilidades teñen de ser rexeitados. E os temas de xénero, ata hai moi pouco tempo, formaban parte case sempre da periferia informativa, o que lles outorgaba moitas posibilidades de ser excluídos como feitos “significativos”. 2.2. Mecanismos debidos á cultura profesional xornalística Neste nivel é onde máis mecanismos localizamos xa que os valores, crenzas, procedementos e rutinas profesionais estiveron fundamentadas 29

ata hai pouco tempo na idea de que a información era “neutral” e “universal”, e que polo tanto non había lugar para sutilezas terminolóxicas, senón que se consideraba que a información abordaba temas de “interese xeral” que debían interesar e abranguer a toda a poboación. Aínda se segue mantendo esta crenza profesional, malia que cada vez máis xornalistas son conscientes de que unha redacción non é un santuario da “universalidade” e que o seu labor se ve condicionado por múltiples factores dos cales non poden escapar: a súa pertenza a un sexo e a unha determinada socialización de xénero; a súa procedencia territorial, a súa situación ideolóxica, as súas crenzas, etc., son poderosos condicionantes da súa función de “mediación” entre os feitos xerais e o público. A mesma focalización nuns poucos escenarios exclúe e elimina outros moitos ámbitos nos que habitualmente non se pousa a mirada informativa (por exemplo os deportes minoritarios, o realizado por mulleres, o de base, etc.). A mesma división entre información dura e branda, importante ou interesante fai que uns feitos sexan máis valorados que outros e, polo tanto, que pague máis a pena dedicar esforzos ou non ao seu seguimento informativo. A deslexitimación ideolóxica dos temas de xénero é un poderoso mecanismo que actúa para disuadir por falta de profesionalidade a quen insista sobre este tema, cousa que non acontece cando na raíz das preocupacións hai un compoñente nacionalista, ou laico, ou relixioso, de dereitas, ou esquerdas ou de calquera outra tendencia política ou social. Ou a competencia naqueles asuntos nos que tradicionalmente os homes se sentiron máis cómodos, que afectan e inducen a privilexiar uns ámbitos e desprezar outros, sinxelamente por ignorancia ou por descoñecemento vital. 2.3 Mecanismos debidos ao contexto sociocultural Son aqueles mecanismos que proceden da pertenza dos profesionais a unha cultura concreta, a un contexto social determinado, producido nunhas coordenadas espazo-temporais e que asimilamos e asumimos como “o normal” no noso ámbito de influencia. É o substrato ideolóxico e cultural do que se nutriu o noso imaxinario colectivo, o mesmo que lles outorgou un papel ás mulleres e outro aos homes, e despregou toda unha serie de valores e crenzas aplicados a uns e a outras de xeito diferente. Empezando pola diferente aplicación da linguaxe, a consideración social, as actitudes permitidas ou sancionadas, os comportamentos propios ou impropios, etc. Todo el foi filtrado pola pertenza dos individuos a un ou a outro sexo, e ese substrato ideolóxico común está latente en todas as manifestacións culturais producidas en sociedade. Existe, pois, unha cosmovisión de xé30

nero dominante que é á súa vez a que se impón nas salas de redacción, aínda que o colectivo profesional estea formado por homes e mulleres. 2.4 Mecanismos debidos á idiosincrasia particular de cada xornalista Por último encontramos que, individualmente, sobre cada xornalista tamén se depositan unha gran cantidade de condicionantes que afectan ao xeito en que valora e percibe a realidade, e que máis alá da dimensión colectiva, forma parte do seu particular modo de estar no mundo: preocupacións persoais, problemas do seu ámbito, conflitos vividos, influxo da contorna de amizades e persoas coñecidas, toda unha serie de posibilidades que lle poden facer cuestionarse ou formular informativamente temas que de non xurdiren do seu ámbito máis inmediato non se había formular. Aquí situamos o que se denomina “sensibilidade”, aspecto este que rapidamente é detectado por numerosos axentes sociais que intentan captar a “sensibilidade” que amosa esa clase de xornalista para as súas respectivas causas. No caso que nos ocupa, as e os profesionais poñen moito coidado en mostrar a súa “sensibilidade” polas cuestións de xénero, porque así que se descoidan, pódenos acusar de “falta de credibilidade” por antepoñer os seus intereses ideolóxicos aos profesionais, por aquel mecanismo que vimos antes de deslexitimación ideolóxica das cuestións de xénero que con tanta frecuencia frea sobre todo ás xornalistas para promover máis temas do seu interese, non vaia ser que contraríen ou defrauden as expectativas que sobre elas se forxaron os seus superiores.

3. Factores recorrentes na reprodución de estereotipos de xénero Unha vez analizados e identificados os diferentes niveis nos que situar os mecanismos de reprodución dos estereotipos de xénero nos medios observados, creo estar en disposición de poñer de relevo os factores culturais que, aplicables a todos os medios de comunicación máis alá dos estudados no noso traballo, se agochan tras o pertinaz mantemento dun tratamento informativo asimétrico para os homes e para as mulleres3.

Estas reflexións foron plasmadas nalgúns artigos que publiquei estes últimos anos, como por exemplo “El fai. Ela é: reprodución de estereotipos de xénero nos medios de comunicación”, ou “De raíñas a cidadás. A dificultade de deixar colgado o xénero na porta da redacción”, ambos os dous na revista Género y Comunicación. 3

31

3.1 Obxecto fronte a suxeito Na representación informativa hai unha primeira diferenza: as mulleres son obxecto observado, mentres que os homes son suxeitos que actúan. E isto é unha diferenza fundamental que condiciona todo o tratamento informativo. A mirada que enfoca, pretendidamente universal, é de xénero masculino (aínda que sexa un colectivo mixto quen observa), por iso ás mulleres represéntaas en tanto obxecto e aos homes na súa acción. Este esquema actualiza e reproduce o esquema do home-activo e da muller-pasiva. Tamén explica por que das mulleres se destaca o seu físico, a súa actitude, a súa indumentaria, a súa forma de estar, a súa beleza, os seus xestos, etc. por enriba da súa actuación. É dicir, son descritas como un obxecto que se observa, non relatadas como un suxeito que actúa. Atopamos exemplos na seguintes informacións: “Un cadáver vestido de vermello” (El Mundo, 30/11/2007), “A soas con Soraya” (El Mundo, 16/01/2009), “Unha sex-symbol ao volante”, “Tenistas ou boxeadores?” (20 Minutos, 9/02/2005), “A dama de ferro” (ADN, 30/11/2007) “Desfile de sereas” (El País, 13/01/2009)), “Miss 600 cartuchos” (El País, 28/12/208), “A ministra na súa pasarela” ou “Novo estilo en Palacio”, ambas as dúas do mesmo día e diario (El Mundo, 7/01/2009), “Lexionaria Superstar” ou “Regresa a tsarina” (El Mundo, 15/07/2008 e 13/07/2008, respectivamente), “Raíña entre dous lumes” (El País, 7/09/2008). Todos estes títulos teñen en común que describen cun sintagma nominal un obxecto que carece de suficiente nome e identificación. Se non fose pola nosa competencia contextual e por algunha foto ou alusións nos subtítulos, non poderiamos deducir de quen se está a falar. O obxecto é algo estático que non actúa, que só se describe pola súa constitución externa. 3.2. Elas fronte a nós Outra diferenza entre a representación que se fai dos homes e das mulleres é que as mulleres configuran un grupo exterior –un elas– fronte a un NÓS, o grupo que se erixe en relator que informa. O nós está formado por homes e mulleres, pero o xénero dominante dende o cal se enfoca é netamente masculino. Elas son as outras, as estrañas, as forasteiras, as que non forman parte do grupo hexemónico, que é o que observa e relata, mira e rexistra a realidade, e neste mirar, como vimos, elas son observadas en tanto obxecto, mentres que os homes son relatados como suxeitos que fan cousas. Deste xeito podemos entender títulos tales como “Elas son moi perigosas” (Metro, 25/05/2005); “Elas fan garda” (El País, 32

4/04/2007) “Elas en fronte á pantalla” (20 Minutos, 6/06/2008), “Elas non teñen máis risco de cancro de pulmón” (El País, 14/06/2008). 3.3 Acción fronte a esencia Precisamente o que acabo de dicir no punto anterior é o que determina unha das diferenzas máis notorias entre a representación informativa dos homes e das mulleres. El fai. Ela é. El é narrado fundamentalmente a través da acción: o esquema clásico viría representado por un suxeito con nome e/ou apelidos + un verbo xeralmente en voz activa + os complementos correspondentes (o que se di do suxeito, o lugar ou as consecuencias da súa acción). A pregunta que respondería o titular é “Que fixo?”. El é verbo. As mulleres normalmente son descritas mediante un enunciado nominal, unha metáfora, un xogo de palabras, un dito, unha comparación. O esquema sería: sintagma nominal. Posto que se trata de describila, a pregunta que respondería o titular é “Que é, como é?”. Ela, a diferenza do home, é atributo, é metáfora, é símil ou comparación. Exemplos disto que dicimos serían titulares como os seguintes: “David Meca cadra o seu soño” fronte a “A princesa de Barcelona” (ambos os dous en El País, 17-07-2003) ou “Hamilton arrasa no caos” fronte a “A serea de Europa” (ambos os dous en El País, 17/03/2008) ou “Nadal evita a técnica porque é o mais forte” fronte a “A raíña de París contra a princesa da auga”, (ambos os dous en El País, 8/06/2007), “Federer treme e remonta” (El País, 26/01/2009) fronte a “As guapas tamén choran” (El Mundo, 18/01/2009). Tamén “A primeira dama” (El País 01/06/2008), “A herdeira no trono” (El Mundo, 2/06/2008), “Señora Presidenta” (El País, 21/01/2007). Deles dise que fan algo. Elas, pola contra, son algo. Ser e facer son cousas diferentes, e que te xulguen polo que se fai é moi diferente a que te xulguen polo que se é. A acción implica cambio, movemento, posibilidade de mellorar, cambiar a actitude. Ser é a inmanencia, a permanencia, o estatismo. Os títulos poden ser outorgados “graciosamente” a unha ou a outra persoa sen que haxa un cambio ou unha modificación. A raíña sempre é a raíña, aínda que o título honorífico recaia en persoas diferentes. Este mecanismo tamén oculta o esforzo realizado detrás de toda acción. O ser non require esforzo, é unha calidade, ou como moito, unha prebenda, un don.

33

3.4 Individuo fronte a xénero Por último, outra diferenza importante na representación de xénero que realizan os medios é que as mulleres aparecen en tanto xénero, de xeito colectivo, formando parte dun grupo indiferenciado. Os homes aparecen como individuos illados. Esta diferenza explicaría por que as mulleres se senten con tanta frecuencia aludidas en anuncios publicitarios, no xeito en que son representadas na información. Porque o son no seu xénero. Os homes non se senten representados na acción doutro home. Cada un é responsable da súa actuación. Moi raramente os homes son representados como xénero, colectivamente, grupalmente. As mulleres, en cambio aparecen indiferenciadas: a acción dunha muller afecta a todas as mulleres, porque o que se pon de relevo é a súa pertenza a ese xénero, non a súa acción individual. Vexamos algúns titulares desta natureza: “Unha muller dirixirá de novo Israel”; (El País, 18/09/2008); “Unha muller chega ao poder en África” (El País, 12/11/2005)); “O parlamento galego dirixido por unha muller” (Metro, 18-07-2005); “Unha muller cara ao Elisio” (ADN, 27/11/2006); “As mulleres dan o salto”; “O Open Británico sen mulleres” (La Vanguardia, 10/07/2005); “Paquistán-A primeira muller presidenta do Parlamento” (El País, 20/03/2008); “Unha muller dirixirá a Casa Rosada” (Diario Montañés, 29/10/2007); “Unha muller dará o sermón o primeiro día do cambio” (El País, 12/09/2009). Neste último titular, se non fose porque acompaña a noticia da toma de posesión de Obama, non poderiamos entender de que sermón se fala nin onde sería dado. En todos eles queda oculto o nome concreto da persoa que realiza a acción, da que apenas sabemos nada. A repetición sistemática e constante deste esquema produce un efecto devastador: nunca se crea historia, sempre se está a empezar, non se crea xenealoxía. As mulleres concretas permanecen no anonimato polo que raramente son coñecidas polo público. Narrada como excepción, as mulleres que finalmente conseguen algunha cota importante son vistas polas demais como excepcionais, polo tanto non se contribúe a que iso poida ser parte do máis absolutamente cotián.

4. Propostas para a eliminación dos estereotipos de xénero É evidente que non haberá un tratamento informativo equitativo e igualitario entre homes e mulleres mentres non se corrixan e eliminen 34

estas diferenzas na mirada de quen narra. Para iso fai falta: 1º) Unha asunción honesta de que esta diferenza de trato existe; 2º) unha profunda reflexión sobre as causas que a provocan e 3º) unha decisión consciente e firme de eliminar este trato diferenciado, que ás veces é simplemente molesto, outras claramente ofensivo, e en ocasións decididamente discriminatorio. Este tratamento informativo produce, ademais, unha habituación a percibir como natural e propio das mulleres estes comportamentos, sen que as e os receptores sexan conscientes de que non é unha actitude connatural ao feito de ser muller, senón á representación que os medios fan delas. Non hai que insistir na clara perpetuación dos roles, os estereotipos e a consideración sobre o que é feminino ou masculino que esta asimetría informativa representa. Para eliminar estes estereotipos, que tanto afectan á percepción do real, os medios deberían facer un esforzo para: a) Representar as mulleres na súa acción, e non como obxecto observado. b) Deixar de contemplar as actuacións femininas como excepcionais. c) Deixar de representar as actuacións femininas individuais como xenéricas. d) Outorgar un tratamento simétrico a homes e mulleres en entrevistas e perfís.

5. A perspectiva de xénero aplicada á información Unha cousa son as actuacións individuais dos actores que representan o seu papel na esfera pública, das que a información dá ampla conta de modo cotián –seguimento informativo que debería rexerse polas propostas antes descritas– e outra dar conta daqueles asuntos que afectan á colectividade ou a grupos humanos concretos. É aquí cando nos parece oportuno incluír o que eu entendo que é a perspectiva de xénero aplicada á información. Trátase de poñer de relevo as diferenzas de posición social que na nosa sociedade ocupan os homes e as mulleres, e as consecuencias cotiás destas diferenzas entre uns e outras. É dicir, aplicar nunha información a perspectiva de xénero quere dicir, ao meu entender, poñer de relevo que homes e mulleres, por razóns naturais, históricas, sociais ou culturais –tanto dá, e outras instancias deben dar conta delas, pero non a información– se encontran en desigualdade, e iso é significativo informativamente. 35

Á hora de abordar as cuestións sociais si que é importante poñer de relevo a desigualdade que existe entre os homes e as mulleres, e non nas actuacións derivadas dun cargo ou posición individual concreto. Se as mulleres cobran menos, ou teñen máis dificultades para acceder a determinados lugares, ou son discriminadas, ou teñen máis éxito académico ou menos, ou dedican determinado tempo ás tarefas domésticas, ou responden mellor ou peor a determinados tratamentos médicos, ou están sometidas a vexacións ou son maltratadas, ou teñen hábitos culturais diferentes aos seus colegas, etc. etc., isto si que é significativo e importante para poñer de relevo na información, e non se visten deste xeito ou doutro, ou xesticulan deste modo ou doutro, ou se teñen atractivo ou carecen del. Hai que saber diferenciar informativamente o que xenuinamente representa unha diferenza de xénero do que simplemente é unha actuación individual, e non confundir unha cousa coa outra. A perspectiva de xénero aplicada á información non quere dicir facer un periodismo militante, nin feminista nin favorable ás mulleres, senón que é unha ferramenta que ofrece un plus de información, xa que o que fai é comparar as diferentes situacións en que se encontran os homes e as mulleres, das que as e os profesionais, naturalmente, non son responsables. Por iso, introducir a perspectiva de xénero na información o que provocaría sería un maior rigor, unha ampliación do coñecemento e unha aposta por poñer de relevo a desigualdade, a cal outras instancias políticas, quizais, deberían ocuparse de emendar. Ás e aos xornalistas só se lles pide que poñan de relevo a desigualdade, non que a corrixan. Estes exemplos aclararán sen dúbida o que formulo: “As mulleres crean xa máis empresas que os homes” (La Vanguardia); “As traballadoras españolas gañan o 58 % menos que os homes” (El País, 25/12/2001); “Os homes obteñen empregos mellor pagados que as mulleres ao saír da universidade”, (El País, 17/02/2006); “As xornalistas brasileiras gañan máis que os seus colegas masculinos” (El País, 30/07/2000).

6. Conclusión Informar rigorosamente non é reflectir obxectivamente a realidade, como se sostiña ata non hai moito tempo. Os medios non son un espello que reflicta a realidade, senón que a crean no seu mesmo proceso produtivo. Poñer de relevo uns escenarios, ocultar outros; deterse nuns feitos, silenciar algúns; fixarse nuns acontecementos e ignorar outros; rexistrar 36

as actuacións dalgúns actores e obviar as doutros, todo isto son decisións que as e os profesionais toman cada día e que representan tomar partido por uns feitos ou por outros. Todo iso obriga á cidadanía a saber e tratar sobre feitos ou asuntos que previamente foron resaltados polos medios, que centraron as discusións sobre eses temas e non sobre outros; e que se detiveron nunhas cuestións e non nas outras. A continua representación tamén acostuma ás e aos receptores a outorgar seriedade, rigor, profesionalidade, competencia ou lexitimidade, ou todo o contrario, segundo estes actores sexan representados, co cal se produce un círculo vicioso de difícil ruptura se as mulleres seguen a ser representadas de xeito superficial ou anecdótico, se se insiste no seu peiteado, o seu vestido, os seus xestos, a súa beleza. Se se segue ignorando a súa identidade –ocultas nese xenérico unha muller, as mulleres, as rapazas, as damas, as raíñas, as princesas, as nenas, as sereas, a tsarina, as damas de ferro, as viúvas negras, etc.–, se as seguimos representando eternamente con familiaridade, como menores de idade, como volubles, caprichosas, desbaldidoras, murmuradoras, superficiais, en definitiva, como obxectos belos ou non tanto pero sempre decorativos, os medios de comunicación están a actuar máis como rémora para o cambio que como contribución a este. De poñer de relevo un zapato de tacón, un traxe ou un peiteado, a concluír que esa muller non ten competencia para ocupar ese cargo porque se ocupa máis da súa imaxe que do seu traballo, non hai máis que un pequeno salto. E ese salto adóitano propiciar cada día os medios de comunicación suxerindo lecturas que ás e aos receptores lles custa moi pouco traballo dar. E iso é informativamente moi indesexable e socialmente moi inxusto.

37

Cara a un uso non sexista da linguaxe nos medios de comunicación: discurso e norma lingüística Olga Castro Vázquez Universidade de Vigo

1. A importancia social da linguaxe e dos medios de comunicación

O uso non sexista da linguaxe nos medios de comunicación é unha cuestión primordial no avance cara a unha sociedade definida pola igualdade de xénero. E éo por partida dobre. Dunha banda, a implementación dunha linguaxe non sexista é xa de seu un asunto crucial para contribuír á igualdade social entre mulleres e homes, dado o papel da linguaxe na categorización do mundo que disciplinas como a sociolingüística, a psicoloxía cognitiva, a neurolingüística, a análise crítica do discurso (e tamén a lingüística feminista) levan décadas pondo de manifesto (véxase por exemplo Fairclough, 1992 e 1995). Isto é, as categorías (gramaticais) nas que pensamos e falamos representan de certo xeito a realidade na que vivimos, e así as nosas mentes imaxinan a realidade a través da lingua (Hall, 1997: 3). Malia non existir unha correspondencia directa e unívoca entre a realidade e os signos empregados para denominala, a correspondencia si se produce entre os signos empregados para falar da realidade e as imaxes que se crean na nosa mente como resposta a tales denominacións (Bengoechea, 2004: 71). A linguaxe revélase entón como un poderoso configurador da realidade: a través dela reflíctese e transmítese o pensamento e a cultura, pero tamén se constrúe a identidade dos grupos sociais e das persoas. E da outra banda, abordar o uso desta linguaxe nos medios de comunicación sitúanos ante outro poderoso mecanismo con grande peso na configuración do imaxinario colectivo. Os medios de comunicación desempeñan un papel determinante na creación, transmisión e consolidación de actitudes e comportamentos na audiencia. Este grande peso 41

responde en parte a constituíren unha fonte primordial de subministro dun coñecemento sobre o mundo, e de feito nunha sociedade globalizada como a actual eríxense como o principal vehículo de transmisión de coñecemento e xeración de identidades, indicándonos o xeito en que debemos organizar e categorizar eses coñecementos (Sánchez Leyva e Caffarel Serra, 2004: 209). Alén diso, os medios gozan dunha presenza privilexiada na vida das persoas. O índice de consumo dos medios sitúaos como a segunda categoría de actividades (despois do traballo remunerado) e como a actividade predominante no fogar (Castells, 2000). Esta exposición da cidadanía aos medios convérteos en poderosos axentes socializadores na configuración da cultura, das normas e dos valores nos que a sociedade se asenta, até o punto de acabaren influíndo na aprendizaxe dunha determinada identidade en maior dimensión ca outros axentes socializadores como a familia, a escola ou os grupos de iguais, segundo a teoría da Agenda setting (Cobo Bedía e Sánchez Bello, 2004: 24). 2. A inevitábel ideoloxía na linguaxe e nos medios de comunicación

Na súa representación e construción da realidade os medios de comunicación non son neutros, senón que a propia selección dunha información, dun titular, do enfoque da peza ou das fontes consultadas responde a unha determinada visión da realidade da ou do xornalista (que deste xeito non pode ampararse xa na suposta obxectividade). Pero responde tamén ás expectativas sociais sobre o que se considera unha boa información en función das rutinas, prácticas e procedementos profesionais preestabelecidos e interiorizados que operan polo menos a catro niveis: estrutura empresarial, cultura profesional xornalística, contexto sociocultural e idiosincrasia individual (Gallego, 2004: 60-65). Desde un enfoque de xénero, nas nosas sociedades patriarcais estas decisións adoitan tomarse de xeito que invisibilizan ás mulleres. E nas escasas ocasións nas que estas si están presentes, a súa presenza tende a responder a unha visión sobre o seu papel na sociedade claramente estereotipada, até o punto de que en moitas ocasións os medios transmiten uns roles de xénero que nin sequera son os máis habituais na sociedade actual (Altés Rufias, 2004: 43). Amais disto, os medios de comunicación tampouco son neutros no uso que fan da linguaxe, pois este uso responde de novo en grande medida a uns determinados valores sociais da ou do xornalista, así como ás expectativas que rexen na sociedade sobre que tipo de linguaxe resulta apropiada. Deste xeito, a linguaxe en si mesma é tamén reflexo (e vehícu42

lo perpetuador) duns determinados valores. Estes valores e expectativas están tan naturalizadas que fican recollidas e prescritas nas propias gramáticas das linguas e, por extensión, nos libros de estilo dos diferentes medios baixo a máxima de resultaren acordes á fluidez e corrección gramatical. No entanto, a suposta transparencia da linguaxe é unha falacia, e lonxe de seren neutras e obxectivas, a propia linguaxe e a propia gramática teñen unha función ideolóxica, xa que as representacións implícitas nas escollas gramaticais e lingüísticas consideradas correctas contribúen a re/producir as relacións de dominación. A ideoloxía deixa pois de verse como un filtro indesexábel polo cal as/os xornalistas perden a súa capacidade profesional, para concibirse agora como un conxunto de valores e crenzas compartidas por unha comunidade dada que conforman interpretacións e representacións do mundo de cada individuo (Sampedro, 1997). Xa que logo, a ideoloxía áchase xalundes. Emporiso, baixo o uso lingüístico representado como neutral e natural ocúltase en cada idioma a ideoloxía dominante (Althusser, 1965). Esta ideoloxía é dominante en sentido numérico por ser a compartida pola maioría da sociedade, pero éo tamén por apoiar os intereses das clases dominantes, xa que segundo o concepto de hexemonía (Gramsci, 1971), estes grupos converterán en hexemónica aquela representación do mundo que lles resulte beneficiosa. Ao ser dominante, esta ideoloxía pode definirse como un “xeito de aprehensión da realidade compartido por unha cultura, até o punto de que se torna omnipresente e, xustamente por ese motivo, pasa desapercibido” (Guillaumin, 1995: 95). Deste xeito, posúe un enorme poder para agocharse baixo o disfrace da neutralidade, da obxectividade, do sentido común e da non-ideoloxía, co agravante de que calquera valor ideolóxico é máis efectivo cando non se manifesta de forma explícita. Isto favorece, ademais, que a ideoloxía dominante opere adoito a través dunha dinámica inconsciente (Althusser, 1965: 193), facendo que as persoas contribuamos a perpetuar e ancorar aínda máis unha determinada visión do mundo e unhas relacións de poder na sociedade sen decatármonos de como estamos sendo ‘utilizadas’ por eses valores dominantes. Aplicado á linguaxe, a forma de falar e escribir que se aprende como correcta, e que como tal se emprega nos medios de comunicación, responde tamén a esta ideoloxía dominante. Como a lingüística feminista puxo de manifesto desde os anos 70 (véxase Calero, 1999; Cameron 1998; Hellinger 2006; Hellinger e Bussmann 2001; Hellinger e Pauwels 2007; Lakoff, 1975; Lazar, 2005; Lledó 1992; Mills 1995 e 2008; Pauwels, 1998; Romaine 1999; Spender, 1980; 43

Violi, 1991), no tocante ao xénero a ideoloxía dominante converxe coa patriarcal. Así pois, o que se considera un uso normal, natural e neutro da linguaxe responde a unha visión do mundo sexista e androcéntrica: a linguaxe sexista preséntase como a linguaxe normal. En consecuencia, se a/o xornalista manifesta unha ideoloxía consciente, poderá ou ben adherirse aos presupostos dunha axenda patriarcal (reproducindo e lexitimando o sexismo) ou ben aos dunha axenda feminista4 (adoptando estratexias a prol dunha representación igualitaria e simétrica de mulleres e homes). Pola contra, se a ideoloxía opera inconscientemente, a/o xornalista realizará unha lectura irremediabelmente patriarcal que lle fará perpetuar os valores dominantes na sociedade á que pertence (quizais sen sabelo e mesmo negándoo, amparándose en que realiza o seu traballo de forma obxectiva), a cal precisamente por ser a dominante vese como a “normal”, “natural” e irreprochábel. A suposta adscrición á non ideoloxía implica xustamente adherirse á ideoloxía dominante e a proxectar, de forma intencionada ou non, a ideoloxía patriarcal no labor profesional a través dunha linguaxe sexista que exalta os logros dun só sexo asemade que subordina e invisibiliza os do outro. O sexismo lingüístico decote converxe co androcentrismo, definido como a visión do mundo desde o punto de vista do home, ao que toma como medida das cousas e concibe como sinónimo de universal. A linguaxe sexista transmite así mesmo estereotipos, crenzas e prexuízos sobre mulleres e homes, reforzando os roles de xénero tradicionais e os tópicos sexistas. A este respecto, cómpre lembrar que os estereotipos funcionan como prescricións ideolóxicas para o comportamento de xénero que contribúen a manter a orde social e simbólica, desempeñando un papel vital na loita pola hexemonía (Talbot, 2003: 470). En suma, os medios de comunicación contribúen a construír a realidade a través, entre outras cousas, da linguaxe que usan, ao tempo que esa mesma linguaxe por si propia tamén ten un poderoso papel na construción do imaxinario colectivo. A converxencia da ideoloxía dominante coa ideoloxía patriarcal propicia ademais que o uso da linguaxe que se presenta nos medios como normal e natural responda a uns valores sexistas e androcéntricos que supoñen un verdadeiro obstáculo no camiño cara á igualdade de xénero entre mulleres e homes. A oposición entre ideoloxía patriarcal e feminista non debe concibirse de forma reducionista, senón tendo en conta que a súa materialización adquire graos diversos. Por exemplo, nun extremo da categoría ideoloxía patriarcal sitúanse aqueles comportamentos abertamente misóxinos, mentres que no outro extremo áchanse aqueloutras actitudes sutilmente sexistas que a ideoloxía dominante ve “normais”. 4

44

3. A práctica do uso non sexista da linguaxe nos medios de comunicación

Facer un uso non sexista da linguaxe non é unha tarefa doada, xa que supón cambiar os mecanismos de representación que se achan na estrutura mesma do pensamento, anquilosados no imaxinario colectivo patriarcal, e implica tamén rachar coa inercia do que se leva facendo, inconsciente e incuestionadamente, durante séculos. Isto é, obriga a desaprender o aprendido para reaprendelo. Amais, facer este uso non sexista nos medios de comunicación esixe ter en conta diferentes condicionantes a maiores que constrinxen e dificultan a súa utilización, como a propia revisión dos textos desde estamentos superiores, a carencia de tempo no trasfego diario, as limitacións de espazo nalgúns soportes mediáticos, a “obriga” de seguir un libro de estilo que en moitos casos é anticuado e non segue as directrices lexislativas, a imposición dunha liña ideolóxica concreta do medio no que se traballe por riba da ética xornalística de cada profesional como persoa individual, etc. Antes de entrar nestas constricións, cómpre debullar polo miúdo algunhas das estratexias que poden pórse en práctica para facer un uso non sexista da linguaxe nos medios. Para iso, resulta útil comezar por distinguir as materializacións sexistas da linguaxe en dous grandes bloques: o nivel do discurso e o nivel da norma lingüística. 3.1. Superando o sexismo lingüístico a nivel do discurso Existe un sexismo lingüístico relacionado coa actitude e comportamento de quen usa a linguaxe, cando a utiliza para falar de mulleres e homes reproducindo os roles de xénero tradicionais e transmitindo prexuízos ou estereotipos. Este tipo de sexismo lingüístico pode existir en todas as linguas, xa que se localiza no uso (máis ou menos intencionado) que se fai da lingua ao transmitir uns determinados valores a través das expresións e puntos de vista que cadaquén “escolle” para falar do mundo. Ao haber posibilidade de elección, este sexismo funciona como un recurso (Mills, 2008) á disposición das e dos falantes, cuxa adopción non é obrigatoria, no sentido de que non existen normas lingüísticas que “obriguen” ao seu uso. En ocasións, este sexismo discursivo pode identificarse en palabras ou en expresións concretas, polo que facer un uso non sexista da linguaxe a nivel do discurso implicaría simplemente evitar eses modos concretos de expresión. No entanto, en moitas outras ocasións o sexismo transmítese a través de determinados valores que non poden identificarse nun segmento textual concreto, senón que impregna o texto de valores intanxíbeis. 45

Neste primeiro nivel do discurso, as recomendacións sobre como facer un uso non sexista da linguaxe implican exercer unha forte autocrítica que permita “desaprender” as formas normais de expresarse e “reaprendelas” desde un enfoque de xénero; isto é, desenmascarar estes usos sexistas tan interiorizados e nos que adoito se incorre na profesión xornalística para así poder rexeitalos. E neste labor de desaprendizaxe conducente a que o sexismo deixe de verse como normal, un bo xeito de saber cando se está diante dunha construción lingüística sexista é aplicar a popularmente chamada regra da inversión5, cuxa funcionalidade propoño explicitar coa denominación de regra da inversión e da simetría. Así, se tras “inverter” o xénero dunha construción lingüística o resultado é unha frase que non se diría por non resultar “simétrica”, estase diante dunha expresión sexista e/ou androcéntrica. Co propósito de facilitar a identificación dalgúns dos usos máis habituais do sexismo a nivel do discurso, de seguido ofrezo unha listaxe, necesariamente incompleta, destas actitudes e perspectivas que refugar (para un exame máis minucioso, véxase Altés Rufias 2004; Bach Arús, 2000; Bengoechea, 2007; Bengoechea e Calero, 2003; Cabrera, 1999; Gallagher, 2006; Gallego et al. 2002; Gallego 2004; López Díez 2001; Queizán et al. 2002). a) Rexeitar a énfase na característica de muller cando non é relevante

Decote as mulleres aparecen tratadas discursivamente non como seres humanos, senón unicamente como criaturas sexuadas, contribuíndo deste xeito á visión de que o home é heteroxéneo e a muller homoxénea (unha muller só pode ser muller). Exemplo destes comportamentos son enunciados tan habituais nos medios de comunicación como “trinta inmigrantes e unha muller chegan ás costas de Lanzarote”, ou que un determinado partido presente políticas para “os autónomos, os parados, as mulleres e os pensionistas”. A lei de simetría demostra que non é simétrico un enunciado sobre as políticas sobre “as autónomas, as paradas, as pensionistas e os homes”. Na mesma liña sitúanse exemplos como a seguinte noticia, que redunda na característica feminina das arquitectas ás que, ademais de referirse cos seus nomes de pía e apelido, nomea coa expresión redundante mulleres arquitectas: “O palmarés levárono dúas mulleres arquitectas, Ana MaA coñecida como “regra da inversión” mesmo está recollida na Instrución do 16 de marzo de 2005 da Comisión Xeral de Viceconselleiros/as da Xunta de Andalucía para evitar o uso da linguaxe sexista. 5

46

ría Díaz González e Carolina González Vives, que pese á súa xuventude teñen no seu haber experiencias profesionais como as de colaboraren en estudos como os dos arquitectos de Castañón, Adela Ortega...” (El País, 18/02/2004, citado en Bengoechea 2007: 28). Mostra semellante desta énfase na característica muller é a usada, con motivo da celebración do 8 de marzo, nos créditos de pantalla dun telexornal, acompañando as imaxes e a locución dunha voz en off. Nos créditos podía lerse “Dous anos da lei de igualdade. O número de mulleres executivas aumentou do 2 ao 6,4  %...” (Telediario 1ª edición, TVE 08/03/2009). Tendo especialmente en conta a limitación de espazo á que obrigan os títulos de crédito, o uso do redundante mulleres executivas tórnase cuestionábel. Outra materialización desta mesma tendencia é a de substituír a profesión ou identidade social das mulleres polo termo “muller”, como no titular “As mulleres triunfan en Valencia. Iber e Dorna acaparadores de títulos de baloncesto e balonmán” (citado en Guerrero e Núñez, 2002: 238). Como demostra un improbábel “os homes triunfan en...”, neste titular a condición sexuada da muller eríxese na súa principal identidade, o que podería evitarse substituíndo mujeres por deportistas. b) Refugar o nome de pía ou alcumes para mulleres vs. apelidos ou cargo profesional para homes

Utilizar para os homes os apelidos ou o seu cargo profesional, mentres que para as mulleres se reserva a utilización do nome de pía, minoriza ás mulleres outorgándolles un trato de familiaridade e falta de respecto profesional, ao incidir no aspecto máis íntimo, doméstico e coloquial de forma que pasa a segundo plano a súa faceta de seres adultas, plenas, cidadás, profesionais. Exemplo destes usos son os titulares “Os paisanos de Chávez e Teófila”, para referirse ao presidente autonómico andaluz Manuel Chávez e á alcaldesa de Cádiz Teófila Martínez (El País, 28/02/2000); ou tamén o titular “Esperanza aposta polo alcalde” (Diario de Alcalá, 29/11/2004), en referencia a Esperanza Aguirre e Alberto Gallardón. En ambos os casos, a lei de inversión e simetría demostra que non se ve “lóxico” inverter os casos, dicindo “Os paisanos de Manuel e Martínez”, nin “Aguirre aposta por Alberto”. É tamén moi frecuente atopar a referencia a “Obama e Michelle” en enunciados como “Todo o que levan enriba Obama e Michelle inventámolo nós, vostede e mais eu, os seres humanos” (EPS, 22/03/2009), en lugar de facer mención á parella como Barack e Michelle Obama (xa que a parella comparte apelido por mor das regras patriarcais que en moitas 47

sociedades “invitan” ás mulleres a cambiar de nome tras o casamento adoptando o do marido). Alén do panorama político, outra mostra recente deste sexismo no discurso que cómpre evitar pode localizarse na seguinte noticia sobre un posíbel caso de neglixencia do persoal médico: “Segundo a sentenza notificada hoxe, a doutora Victoria Bonne, que tamén foi xulgada por estes feitos, foi absolta [...]. O doutor Senderowicz e María Victoria Bonne foron xulgados a finais do pasado mes de maio [...]. A acusación particular recorrerá a sentenza, debido a que consideran que María Victoria Bonne foi a persoa que derivou a vítima á consulta do doutor Senderowicz” (Cadena Ser, 22/06/2006). De forma moi explícita queda patente o diferente trato que se lle dá a un médico (o doutor Senderowicz) e a unha médica (María Victoria Bonne). Finalmente, nunha noticia sobre os preparativos para os xogos de Beijing 2008, ao titular de “Juan Antonio Ramos, campión do mundo de taekwondo, prepara o combate pola medalla coa súa moza Brigitte Yagüe” segue un texto no que se afirma: «“O taekwondo é pegar, doe, e se podemos deixar KO, facémolo”, di Ramos; “E Brigitte parece fráxil, pero é moi forte”, define á súa moza e compañeira de adestramentos, tan campioa coma el» (El País, 24/02/2008). Neste caso a énfase en que Ramos é campión adiántase desde o título, pero que Yagüe (ou Brigitte, tal cal se di no texto) é tan campioa coma el non se dá a coñecer até a última liña da noticia. c) Evitar o uso do artigo a con valor pexorativo e familiar referido ás mulleres

En galego o artigo definido a ou o pode preceder a nomes propios en expresións como “foi a Xiana quen dixo de facermos así”, “isto éche todo cousa da Uxía” ou “merquei este axóuxere para o Xurxo”. En todos estes casos o uso do artigo úsase para indicar proximidade e familiaridade coa persoa mencionada, e nalgunhas variedades diatópicas mesmo é o comportamento habitual cos nomes de pía (como, por exemplo, acontece no catalán). O importante é que se trata dun uso simétrico en masculino e feminino, polo que non implica en ningún caso incorrer nun comportamento sexista. Non obstante, hai un uso do artigo que se reserva en feminino para falar exclusivamente das mulleres cando non se dá esa situación de proximidade, até o punto de utilizarse cos apelidos (e non nomes de pía) de mulleres que alcanzaron cimas profesionais recoñecidas. É o que 48

Bengoechea denomina o uso do “condescendente a” (2007: 22), e que é común en galego e en castelán. Esta autora exemplifica o uso sexista de la cun extracto sobre dúas presidentas da academia das artes cinematográficas: “Mercedes Sampietro tomou provisionalmente o relevo da Paredes [...] A Sampietro tamén o fará ben. E ten o seu glamour” (El País, 17/10/2003). Sentido máis pexorativo ten o artigo la en frases xa clásicas como “Mentres Aznar se afana en repor a roda de reposto e atopa a quen quixese substituír ao substituto da Ridruejo, os asuntos máis importantes de Moncloa seguen o seu curso” (El País, 07/02/1997 citado en Guerrero e Núñez, 2002: 244). Este uso segue plenamente vixente, como demostra a súa utilización constante para referirse “á Merkel”, “á Bugallo” ou para facer referencia á actriz australiana Nicole Kidman: “superados os problemas co neozelandés Urban, a Kidman amósase ilusionada co embarazo” (El País, 31/12/2007). O a condescente cómpre rexeitalo. d) Evitar a ocultación da axencia e capacidade de acción das mulleres

A lei de inversión e simetría tamén pon de manifesto como expresións e enfoques usados nos medios como “acurralouna para violala, sen conseguilo” danlle énfase ao punto de vista masculino (Lledó et al., 1999). O realmente noticioso neste caso sería destacar a valentía e éxito dunha muller que conseguiu vencer ao seu violador e impedir que cometese un crime atroz no canto de centrarse no punto de vista (androcéntrico) do presunto agresor. A este respecto resulta moi clarificante un estudo sobre a forma en que o tabloide británico The Sun narrou o crime da violación dunha muller. En lugar de centrarse no sufrimento da muller e na culpabilidade do agresor, a noticia puña a énfase en que o marido da vítima fora atado á cabeceira da cama polo violador, e obrigado a ver como este último agredía sexualmente á súa esposa, de xeito que con esta narración dos feitos se considera ao marido como a verdadeira vítima do acto de violación, en lugar de destacar a terríbel agresión da muller violada (Clark, 1998: 186). Dun xeito quizais máis indirecto, pero igualmente pernicioso, o titular de primeira páxina “Israel mata a mulleres e nenos na súa ofensiva contra Gaza” (El País, 02/03/2008) redunda na infantilización e imaxe de indefensión das mulleres, ás que equipara coas crianzas, máxime cando no texto informativo se aclara que o exército “matou a 50 palestinos. Vinte deles eran civís, incluídos nenos e mulleres”. Esta equiparación da muller e da infancia (frecuente por exemplo en contextos de emerxencias, naufraxios, etc.), pode verse como unha actitude paternalista que mostra ao home como un ser superior e protector co ser débil e vulnerábel que non 49

se vale por si mesmo, na mesma liña que pode inferirse a anteposición do feminino en frases do tipo mulleres primeiro ou ladies first (Cameron, 1998: 161). Cara a unha infantilización das mulleres, que no fondo cuestiona a súa axencia, tamén apuntan os frecuentes discursos mediáticos que inciden na xuventude dunha muller cando esta exerce un posto de responsabilidade, insistindo nesa curta idade como un exemplo de falta de experiencia e como un hándicap para o desempeño do seu labor profesional, dun xeito que non adoita acontecer cando é un home novo quen exerce tal posto de responsabilidade. Na política estatal é recente este tipo de cobertura mediática sobre a elección de Soraya Saénz de Santamaría (en moitos medios, simplemente Soraya) para un cargo de responsabilidade no Partido Popular, ou a escolla de Bibiana Aído (chamada tamén Bibi Aído) como ministra de Igualdade. e) Rexeitar a mención de roles femininos irrelevantes para o contido informativo

Cando as mulleres son protagonistas do relato xornalístico, en (numerosas) ocasións a súa presenza menciónase aludindo a roles de xénero que nas sociedades patriarcais se consideran tradicionalmente femininos, por moito que na realidade cotiá o avance dos feminismos lograra ilos superando. O realmente grave destes usos é que, ademais de non reflectir a realidade dunha forma veraz, redundan en estereotipos en moitos casos desfasados. Neste sentido, seguramente non resultaría estraño ver como titular nunha información que “Unha avoa gaña o Premio Nóbel de Química polas súas investigacións sobre o xenoma humano” (Bengoechea, 2004: 91), aínda que a lei de inversión torna inconcibíbel referirse a un científico octoxenario co cualificativo de “avó” (malia que estatisticamente os científicos teñen moitas máis probabilidades de ser pais e avós, do que as científicas de ser nais e avoas). Dalgún xeito, esta idea podería acharse tras o titular “unha avoa galega de 95 anos gaña o premio ao mellor blog en español” (El Periódico, 15/11/2007). En calquera caso, este trato de familiaridade e definición das mulleres como seres relativos cuxa existencia só atopa razón de ser polo seu papel de nais (ou esposas) tamén queda patente no titular “Mamás no Polo Sur” (20 Minutos, 27/10/2007) para referirse a tres montañeiras australianas que partiron nunha expedición cara ao Polo Sur. O topos da maternidade é practicamente persistente cando as mulleres son o foco discursivo dunha noticia. Abonda lembrar as insistentes preguntas de xornalistas á 50

daquela recente presidenta chilena Michele Bachelet sobre como compaxinaba o seu labor de nai e de política, ao que replicou “contestarei a esa pregunta cando tamén lla faga aos homes” (Castro Vázquez, 2007: 109), negándose deste xeito a aceptar que unha muller que traballa fóra da casa é a que abandona o fogar e o seu deber maternal. No Estado español, coa configuración dos ministerios tras a vitoria do Partido Socialista nas eleccións xerais de 2008, a pregunta reiterada dos relatos xornalísticos sobre a ministra de vivenda Beatriz Corredor era a de como unha ministra podía ter tempo para tal responsabilidade política tendo tres fillas (Castro Vázquez, 2008a), en lugar de centrarse na súa experiencia política previa e nas medidas que adoptaría no seu novo cargo, como si acontecía no caso dos seus colegas ministros. Noutras ocasións, o sexismo no discurso recae en introducir na peza informativa datos totalmente irrelevantes para o contido, e que redundan nunha visión estereotipada dos papeis sociais de mulleres e homes. Deste xeito, na xa mencionada noticia de portada “Israel mata a mulleres e nenos na súa ofensiva contra Gaza” (El País, 02/03/2008), continúase no texto explicando que “o Exército israelí [...] matou a 50 palestinos. Vinte deles eran civís, incluídos nenos e mulleres, algunhas das cales morreron na cociña ou nos dormitorios das súas casas”. Se partimos de que nunha noticia de portada cómpre facer unha selección moi atinada do máis relevante da peza informativa (na que se afonda nas páxinas interiores), incluír a información sobre o lugar no que morreron asasinadas as palestinas é máis que prescindíbel, a non ser que desde unha nesgada mirada occidental se queira insistir no machismo desta rexión do planeta onde as mulleres fican nas casas e nos cuartos, nun xesto autocompracente que no fondo obvia a situación igual de recluída na que viven milleiros de mulleres da contorna occidental. f) Evitar relacionar as protagonistas das noticias con homes cando non é necesario, pois dese xeito relégase ás mulleres a un papel secundario

Cando unha muller é a protagonista dunha acción, con frecuencia o seu protagonismo queda relegado ou directamente invisibilizado mediante a súa posta en relación cun home, que acaba deste xeito converténdose no suxeito principal da peza. Bo exemplo disto é o caso xa mencionado de Ramos e Brigitte: el, campión desde o titular que adestraba coa súa noiva; aínda que na última liña da noticia descóbrese que ela era tan campioa coma el (El País, 24/02/2008). Amais deste exemplo, é mostra clara o titular “A policía detén a moza dun atracador” (La Provincia. 51

Diario de Las Palmas, 29/10/2004), sobre todo porque, segundo se continúa lendo no texto, explícase que “A policía nacional detivo á compañeira do presunto atracador arrestado o mércores no hospital de Terrassa por colaborar presuntamente con el en varios roubos a punta de pistola cometidos en gasolineiras, segundo a Xefatura superior de Policía de Cataluña. A detida [...] está acusada de cometer varios atracos na provincia de Barcelona xunto ao seu compañeiro” (citado en Bengoechea, 2007: 33). Unha análise crítica do discurso que mostra o texto demostra que a compañeira do presunto atracador é en realidade unha atracadora, malia que o enfoque da noticia se centre exclusivamente no home. Pola súa pertinencia, cómpre tamén incluír neste apartado o frecuentemente citado exemplo do trato informativo dado á empresaria multimillonaria Ana Patricia Botín e ao empregado da súa empresa: “Polo chan alfombrado pasou a beleza morena de Ana Patricia Botín, sempre escoltada (nunca houbera dama de cabaleiro tan ben servida) por José Juan Ruiz, xefe do Servizo de Estudos do Banco de Santander e unha das mellores cabezas económicas hispanas” (El Mundo, 01/11/1998). Alén de mencionar dela a súa beleza e calidade física (que podería facer pensar que esas condicións son as necesarias para converterse en empresaria multimillonaria) e del a súa competencia intelectual, hai que subliñar como na noticia non se explicita o cargo dela. Amais disto, para quen non estea ao tanto dos negocios da familia Botín, a noticia presenta unha realidade na que “o empregado” Ruiz ocupa un posto de maior responsabilidade na empresa cá propia Botín. O papel secundario das mulleres respecto do home queda tamén patente na reportaxe “A miña vida como parado” (Domingo, El País, 22/02/2009). Ao falar da reincorporación laboral dunha muller ao mercado de traballo, dise: «Amas de casa como Estrella Mansilla, manchega de 40 anos, nai de dous fillos, unha nena de 14 anos e un chaval de nove, que deixou de traballar ao casar: “Hai ano e medio volvín, e unha empresa de colocación encontroume un emprego nun laboratorio que tiven que deixar por problemas de saúde do meu fillo. Agora que está mellor, volvín”. O seu marido é transportista, autónomo, e os pedidos caeron tanto que necesita unha axuda para chegar a fin de mes». Neste caso, non só se dá por boa a consideración do traballo feminino como unha axuda ao sustento familiar que proporciona o salario masculino (o que pode ser efecto, pero tamén causa, da discriminación salarial das mulleres), senón que ademais defínese á muller asalariada como “ama de casa”, ancorando de novo o estereotipo de que as mulleres son as únicas que deben conciliar a vida laboral coas tarefas domésticas. A lei de inversión, unha vez 52

máis, proba que este tipo de comportamentos non se producen cando o foco discursivo é un suxeito masculino. Pero ademais destes casos, a relación do feminino como derivado ou secundario respecto do masculino queda en evidencia noutros enunciados como “liga de baloncesto” para referirse á masculina (a ‘normal’), e “liga feminina de baloncesto” para marcar o que racha a norma, incorrendo nun trato asimétrico que ben podería solucionarse incorporando en ambos os casos o cualificativo sexuado. g) Evitar a alusión a trazos físicos, roupa ou beleza das mulleres converténdoas en obxectos erotizados

Un dos estereotipos máis frecuentes nos medios de comunicación é o de describir as mulleres facendo alusión aos seus trazos físicos, á súa roupa ou á súa beleza, cando estes trazos non son relevantes en absoluto para o tema da peza informativa. Deste xeito, con este tipo de representacións acábase convertendo ás mulleres en obxectos erotizados. Os exemplos son tan abundantes que quedan de manifesto nunha ollada a practicamente calquera xornal do día. Simplemente a xeito ilustrativo, é destacábel a reportaxe sobre a daquela candidata como concelleira ás eleccións municipais do Partido Socialista de Madrid, Trinidad Jiménez: «Enfundada nuns pantalóns axustados, botas e un xersei color laranxa que lle daba certo aire informal (...) Máis dun atreveuse a piropeala: “Trini, pero qué guapa estás! Ímos votar por ti até coa chupa de coiro”» (El País, 10/11/2002). A lei de simetría demostra que este trato non é en absoluto o habitual cos seus compañeiros de partido ou de profesión. Ademais das políticas, este tratamento sexista resulta moi común no caso das deportistas. Eles son valorados polo seu xogo e elas pola súa aparencia física (a cal en realidade resulta irrelevante para o seu éxito no deporte), como deixa en evidencia o feito de que na mesma páxina dedicada ao torneo de tenis de Wimbledon (El País, 02/07/2002) se titule a información sobre o partido masculino como “Feliciano esperta do seu soño. O toledano perdeu ante o brasileiro Sá e deixou escapar a ocasión de meterse en cuartos de final”, e sobre o partido feminino como “Hantuchova gana o partido das ‘belas’ ”. De xeito semellante, con motivo da celebración dos Xogos Olímpicos de Beijing 2008, na páxina 146 do teletexto de TVE (19/08/2008) podía lerse unha noticia titulada: BALONCESTO (f): “Rusia tritura a España en cuartos de final”. A noticia, publicada nun medio no que a limitación de caracteres é tan extrema como o Teletexto, dicía: “A selección española 53

feminina de baloncesto feminino, pese á súa calidade, non pasará da 5ª praza nestes XX. OO. ao ser esmagada cruelmente pola de Rusia 84-65 en cuartos de final. Mágoa, porque as nosas xogaron 3 primeiros cuartos con gran intensidade e lograron acabalos cun loable 56-55. E aí acabou todo, cando as rusas (rubísimas e guapísimas, por certo) masacraron ás nosas nun último cuarto en que non fallaron nin unha, nin de triples, nin de dous, nin os libres… xa postos até os árbitros se puxeron con descaro da súa parte. Mentres, as españolas non ulían a bóla. Unha pena”. Amais da mágoa que “as nosas” lle provocan á/ao xornalista, incluír unha liña completa do teletexto para incidir entre parénteses que as rusas son “rubísimas e guapísimas, por certo”, resulta totalmente irrelevante para o resultado final do partido e, por tanto, totalmente inadmisíbel como comportamento xornalístico. Alén disto, cómpre destacar a insistencia que se lle dá ao feito de que a selección sexa feminina, chegando a repetir en dúas ocasións na mesma frase este cualificativo. No mundo do espectáculo e do cinema esta representación estereotipada é a habitual. Exemplos como “Nicolas Cage luciu a súa nova moza” (Corazón de verano, TVE-1 16/08/2001 citado en Guerrero e Alejandro, 2002: 243) claramente conciben á muller como un obxecto de usar e tirar, que nin sequera ten nome. Outra reportaxe sobre a actriz Angelina Jolie reproduce tamén unha mirada masculina (neste caso do xornalista Jacinto Antón) cando afirma dela que “é unha muller das que fan perder o fío da conversación. Máis aínda se durante a entrevista, ao removerse na butaca, se lle eleva a abertura que leva na saia para desvelar unha longa coxa que ascende e ascende como se non for acabar nunca” (El País, 20/06/2004). A mesma mirada masculina reprodúcese nunha reportaxe sobre a actriz Jessica Alba (asinada pola xornalista Rocío Ayuso), na que chega a afirmarse que “as famosas curvas de Jessica Alba adquiriron outro significado desde que quedou embarazada. O seu corpo segue sendo o máis desexado; os seus beizos os máis buscados, e as súas meixelas as máis envexadas, especialmente nas consultas dos cirurxiáns plásticos. [...] Unha vez que a vista se acostuma á súa beleza é fácil ver a determinación nos seus ollos escuros” (EPS, 02/03/2008)”. Tamén por unha xornalista, neste caso Lola Galán, aparece asinada a reportaxe “A miña vida como parado” antes mencionada (Domingo, El País, 22/02/2009), na que se chega a describir a unha muller normal e corrente (é dicir, sen ser figura nin do mundo da política, nin do deporte, nin do espectáculo) como “Jacqueline Lugo, unha morena potente, maquillada con perfección e decorada con bixutería colorista, non é das que se deixan acovardar. Levou a súa empresa á Maxistratura de Traballo”. 54

Resulta bastante frecuente escoitar comentarios de sorpresa sobre como as propias xornalistas reproducen estes padróns de xénero sexistas, e mesmo en ocasións acúsase ás mulleres de que, malia seren elas hoxe maioría nas facultades de xornalismo e na redacción dos medios de comunicación, a representación discursiva de mulleres e homes continúe a ser sexista. Dalgún xeito, estas afirmacións levan implícita a idea de que as mulleres son dobremente responsábeis da súa discriminación por continuar a reproducir estes estereotipos. No entanto, resulta primordial facer énfase en que ver e sentir a discriminación na linguaxe (e noutras facetas da vida) non é cuestión de sexo, senón de conciencia e consciencia de xénero, a cal poden e deben ter tanto mulleres como homes. Desde o seu nacemento, tanto mulleres como homes aprenden por igual uns valores (os valores dominantes) que se presentan como neutrais, “normais” e “naturais” e que se van adquirindo de forma acrítica e inconsciente até o punto de seren aceptados como correctos tamén polos grupos discriminados. Estes grupos fican así alienados6 e convencidos de que as cousas son así porque sempre foron así, e que así deberán seguir sendo de xeito que a linguaxe acaba tendo un poderoso papel na “dominación simbólica” (Bourdieu, 1991). 3.2. Superando o sexismo lingüístico a nivel da norma lingüística Hai un segundo tipo de sexismo que opera a nivel da norma lingüística, isto é, a través de fórmulas que están gramaticalizadas e normativizadas nas linguas. Este sexismo é máis inherente á linguaxe e ás regras lingüísticas propiamente ditas, e en consecuencia materialízase de forma diferente segundo as normas gramaticais de cada lingua7. Por exemplo, este sexismo afecta á prioridade que se lle dá á concordancia en masculino, á inexistencia de palabras para nomear experiencias relacionadas coas A historia dá abondosos exemplos desta alienación: a da comunidade negra, que durante séculos vía normal vivir explotada pola branca; a das escravas e escravos cando consideraban lei de vida servir aos amos; e tamén a das mulleres, cando durante séculos non reclamaban o seu dereito humano á educación. 7 Cómpre incidir en que a normativización das linguas é un feito relativamente recente, e até a creación das academias das linguas moitas destas regras non tiñan rango de obrigatoriedade. En efecto, as normas lingüísticas coas que nomeamos a realidade veñen ditadas, ademais de polo uso, sobre todo polos grupos de poder, os únicos con poder para designar. Así, cando se comezaron a normativizar as linguas, estes grupos impuxeron os seus valores converténdoos en dominantes, presentando a linguaxe sexista e androcéntrica como a normal e natural, que deste xeito se adquire e perpetúa de forma inconsciente. 6

55

mulleres, ao masculino xenérico, ás definicións que nos dicionarios se fan dalgúns termos en masculino ou feminino, etc. Xa que logo, para superar este sexismo lingüístico non abonda con identificar onde reside, senón que o feito de estar gramaticalizado obriga a ter que dar un segundo paso adoptando e aplicando novas normas e estratexias lingüísticas alternativas ás normas dominantes que as gramáticas consideran correctas. 3.2.1. O sexismo a nivel da norma lingüística

Como parte do primeiro paso de identificación deste sexismo, cómpre abordar a relación entre a categoría biolóxica sexo e a súa representación nos idiomas a través da categoría lingüística xénero. Esta relación é diferente nas linguas segundo o sistema de asignación de xénero lingüístico8. No caso do galego existe un xénero gramatical polo que se lle asigna xénero masculino ou feminino non só aos seres humanos e vivos, senón tamén ás cousas inanimadas, e que ademais esixe concordancia entre os diferentes elementos da frase. O feito de que todas as realidades (obxectos sexuados e asexuados) teñen obrigatoriamente un xénero gramatical feminino ou masculino conduciu á teoría tradicional a afirmar que en linguas como o galego o sexo non equivale ao xénero polo que a representación do xénero nas linguas gramaticais non garda relación coa vida real. Por exemplo, no caso do español, autores como García Meseguer no seu aclamado ¿Es sexista la lengua española? sostén que o castelán non é sexista porque estabelece a concordancia por xénero e non por sexo (1994: 240), e así serían posíbeis frases como “Todas as vítimas foron homes. Foron todas homes!” Non obstante, moitos outros estudos puxeron de manifesto como, cando os referentes son persoas, en linguas como o galego o xénero gramatical si converxe co sexo da persoa mencionada, agás nas escasas excepcións dos epicenos (palabras cun xénero gramatical determinado e invariábel capaces de designar a seres de ambos os dous sexos como a Un caso diferente é o do inglés, que ten un sistema de xénero natural polo que outorga xénero masculino ou feminino unicamente a aqueles nomes que fan referencia a seres sexuados, sendo o resto de realidades de xénero neutro (algo que en efecto resulta “natural” para as e os falantes nativos). Porén, existen excepcións a esta regra, pois tamén se lle outorga xénero masculino ou feminino a seres inanimados e asexuados de acordo a estereotipos ou valores culturais. Así, para referirse a barcos, coches, furacáns, países e outros obxectos utilízanse pronomes femininos, o que reflicte a perspectiva masculina na medida que os furacáns son forzas destrutivas e irracionais que os “homes” necesitan dominar; mentres que os coches, barcos e avións son xeralmente propiedade do home (Romaine, 1997: 58). 8

56

vítima, a persoa, a xente, o ser, o individuo, etc.). En efecto, García Meseguer defende a súa tese facendo afirmacións de carácter xeral a partir dos exemplos que poidan xurdir destas contadas excepcións dos epicenos. Así pois, excepto nos epicenos, xénero lingüístico e sexo converxen cando o referente son persoas. a) O masculino xenérico

En consecuencia, utilizar o masculino para nomear a grupos nos que as mulleres tamén están presentes implica incorrer nunha forma de sexismo gramaticalizado denominado masculino xenérico. As razóns que conduciron a gramaticalizar o masculino no valor xenérico responden, como xa avancei, a razóns ideolóxicas que teñen que ver coa forma de organización social dominante cando se crearon as academias das linguas (até daquela, a literatura amosa que era frecuente atopar formas de duplicación sen que o masculino se considerase xenérico, como nas obras clásicas Cantar del Mio Cid ou o Libro del Buen Amor, véxase debate recollido en Constenla, 2008). Coa creación das institucións lingüísticas, os grupos poderosos que tomaban decisións na esfera pública decidiron que o masculino era o xénero universal entre outras cousas porque estes grupos estaban compostos unicamente por homes, e até certo punto semella lóxico que non lles soase ben referirse a eles en feminino9. O sexismo do masculino xenérico resulta aínda máis claro no uso da voz home para facer referencia á humanidade no seu conxunto (como “o home prehistórico”, os “dereitos do home”, “érase unha vez o home”, etc.). Segundo García Meseguer, o masculino xenérico non sería sexista porque neste caso o masculino tería un valor epiceno (como teñen vítima ou ser humano), e así exhorta ás mulleres a sentírense incluídas no masculino. Tratando de demostrar este suposto valor xenérico do masculino, o autor pregúntase quen sería a inxenua da alumna que non asista a un exame anunciado no taboleiro nun aviso “convocando a todos os alumnos para o día tal. Se unha alumna non se presenta ao exame por estimar que o aviso tan só concernía aos seus compañeiros de sexo masculino, cal sería a reacción do profesor? Sen dúbida, ela ou el suspenNo caso do inglés, en 1746 John Kirby presentou 88 regras gramaticais coas que corrixir a sintaxe en inglés e sentenciou que “o masculino é máis inclusivo, xa que o masculino serve para referirse aos nomes en xeral, incluíndo tanto a homes coma a mulleres” (Spender, 1980: 148). Buscando corroboración da súa teoría, preguntou aos seus colegas homes da universidade, quen afirmaron que por suposto tiña sentido, e así converteuse na súa “Gramatical Rule Number 21” (ibid.). 9

57

dería á alumna por estúpida” (1994: 77). No entanto, cómpre preguntarse que reacción debería ter esa mesma alumna se noutro recanto do taboleiro vise un anuncio no que se dixera “búscase compañeiro/a de piso”, que é sen dúbida a fórmula máis habitual de indicar nos anuncios que se aceptan tanto rapazas como rapaces. Ou cómpre preguntarse tamén se o feito de ter que se ver incluída no masculino alumnos lle serviría como argumento para poder acudir indistintamente aos aseos de mulleres e de homes segundo lle resultase máis conveniente. As contradicións son obvias, e xa que logo, o masculino xenérico obriga ás mulleres a desenvolver unha dobre identidade sexolingüística para discernir cando están ou non incluídas nunha frase en masculino. A nena debe aprender a súa identidade sexolingüística para renunciar inmediatamente a ela. (...) Primeiro, aprenderá que se dirixen a ela chamándoa nena, polo tanto se oe frases como “os nenos que terminen poden ir ao recreo” permanecerá sentada no seu pupitre, contemplando impaciente a tarefa concluída en espera de que unha frase en feminino lle abra as portas do ansiado recreo. Pero estas frases non adoitan chegar nunca. É máis probable que a profe diga, ao advertir que a nena xa terminou: “Fulanita, dixen que os nenos que terminasen”, e se a nena segue por non darse por aludida, entón explicaralle que cando di nenos está a referirse tamén ás nenas. Pero se incorre no erro de crer que a palabra neno concirne por igual aos dous sexos, pronto verá frustradas as súas ilusións igualitarias. A hilaridade dos seus compañeiros ante a súa man alzada pódelle facer comprender bruscamente que lle había ser mellor non darse por aludida en frases do tipo: “os nenos que queiran formar parte do equipo de fútbol que levanten a man”. En casos como este, a profe adoita intervir lembrando: “Dixen os nenos”, ante o cal a estupefacta nena pensará: “pero non dixera os nenos?”. (Moreno, 1993: 31)

En suma, ao contrario do que sostén García Meseguer, o masculino xenérico é sexista porque fracasa no seu suposto valor epiceno de ser inclusivo tamén coas mulleres. Por unha banda, segundo numerosos estudos a nivel cognitivo a representación mental que se crea é masculina, invisibilizando a parte dos suxeitos a quen di representar (véxase Nissen, 1997; Bodine, 1998; Hellinger e Pauwels 2007). E pola outra, por definición os epicenos inclúen sempre a persoas de ambos os sexos, sen ambigüidade, mentres que o masculino xenérico ou a palabra home son moi ambiguos, pois unhas veces inclúen só aos homes e outras veces débese entender que, supostamente, inclúen a mulleres e homes. Ao preguntar “cantas vítimas sofren ataques racistas?” sábese que contestar (logo, vítima si é un epiceno). Pero ao preguntar “cantos tíos ten Lois?” non é posíbel saber se 58

a referencia é aos homes, mulleres ou amb@s (logo, o masculino xenérico non funciona como epiceno). Este masculino xenérico, que cómpre evitar en tanto que sexista, é o habitual nas redaccións xornalísticas. Así, danse exemplos de frases como “O 75 % dos españois aceptaría un fillo homosexual, segundo un estudo” (El País, 28/12/1992), nas que se oculta se as españolas están ou non incluídas na porcentaxe e se, en calquera caso, aceptarían tamén unha filla homosexual; exemplos de referencias ás xogadoras de baloncesto como “Máximo anotador 2ª xornada: Nuria Martínez (Marca, 15/10/2004); mostras de titulares como “O lector español é muller, nova e universitaria” seguidos do corpo da noticia “Muller, nova, con estudos universitarios, que vive nunha gran cidade e le sobre todo novela. Este é o perfil do lector español que reflicten os datos do balance do Plan de Fomento da Lectura entre 2004 e 2007 (El País, 03/01/2008); ou exemplos de entrevistas tituladas «Amélie Nothomb: “Sería unha escritora moi distinta se non sufrise anorexia”, acompañadas dun retrato da escritora na que se afirma que “Nothomb esmiúza como poucos escritores as grandes enfermidades do presente” (EPS 01/03/2009). Mesmo cando recentemente nunha noticia se daba conta de que “O Parlamento Europeo propón un ríxido manual de estilo10 para acabar dunha vez co uso sexista da lingua” (El País, 18/03/2009), no corpo da noticia facíase uso do masculino xenérico como “os especialistas” ou “os expertos dese grupo”. En suma, estes exemplos mostran a actitude de dependencia e discriminación do feminino de xeito que, igual que cadeira, andel e mesa funcionan como hipónimos do hiperónimo moble, suponse que muller debe funcionar como un hipónimo do hiperónimo home. Con todo, se ben sempre é posíbel afirmar que unha cadeira é un moble, non é posíbel afirmar que os homes son mamíferos que aleitan ás súas crianzas nin que, parafraseando a Livia, un de cada dous homes é unha muller (Livia, 2003: 142). Este sexismo do masculino xenérico chega a producir situacións comunicativas absurdas nas que (mesmo contradicindo as regras da gramática) se utiliza un masculino cando o suxeito da acción son exclusivamente mulleres. Por exemplo, a unha noticia titulada “Nintendo lanza un novo xogo co que as mulleres poden aprender a ser nais11” e subtitulada A noticia refírese ao Informe sobre el lenguaje no sexista en el parlamento europeo, aprobado pola decisión do Grupo de Alto Nivel sobre Igualdade de Xénero e Diversidade, de 13 de febreiro de 2008. 11 Este exemplo require unha análise máis complexa no nivel do discurso, ao reproducir e pór énfase no rol da muller como nai, “liberando” así aos pais da súa co-responsabilidade na crianza e educación. 10

59

“Segundo a empresa, as xogadoras aprenderán a diferenciar o que os bebés queren en cada momento”, segue un corpo da noticia no que se chega a afirmar sobre o videoxogo Babypal que “O usuario poderá escoller os soños do bebé, facerlle cóxegas [...]. Finalmente, poderá ensinarlle a falar, e o bebé poderá diferenciar cando o usuario lle fala en serio ou en broma” (Faro de Vigo, 15/03/2008). b) Concordancia dos xéneros gramaticais

Tamén a concordancia gramatical está marcada polo sexismo, xa que a existencia dun só elemento masculino na frase é suficiente para que rexa a concordancia. Abonda lembrar a famosa frase da escritora Aurèlia Capmany (citada en Lledó, 1992: 39), de “unha muller e un can atropelados por un coche”. A consecuencia gramatical de aceptar o masculino como a norma é o feito de que na frase “dúas mil mulleres e un rato baixaron ledos pola rúa” o adxectivo concorde co masculino. A mesma tendencia, pero sen chegar a ser tan esaxerada, vese decote en titulares como “Os 100 do ano. Homes e mulleres iberoamericanos que marcaron 2008” (Portada EPS, 30/1/2008). c) Derivación e dependencia do xénero gramatical feminino respecto do masculino

O xénero gramatical feminino, que alude ás mulleres, preséntase como derivado do masculino, como xa se aprende desde a infancia nos libros de texto que ensinan a “formación do feminino” a partir do masculino (en lugar de mostrar a formación dos dous xéneros a partir do lexema radical da palabra). En coherencia, os dicionarios tratan o feminino cun status de dependencia do masculino ao incorporar as definicións das palabras baixo entradas como neno, -a, comportamento que por outra parte torna en falaz a súa suposta orde alfabética. d) Falsos pares ou duais aparentes

O sexismo tamén se atopa en palabras que, segundo figuren en masculino ou feminino, reserven un diferente significado, tendo no caso do feminino unha connotación pexorativa ou sexualizada. Mostra destes pares son gobernanta/gobernante, home público/muller pública, frío/fría, solteirón/solteirona, fulano/fulana, etc. Sobre este último par, a definición do dicionario Gran Xerais da Lingua (2001) indica que fulano-a é: 60

“1. s. Palabra coa que se substitúe o nome dunha persoa cando se descoñece ou non se quere pronunciar; individuo. 2. s. Persoa indeterminada ou imaxinaria. 3. s.f. fig. Muller que se dedica á prostitución; lurpia, puta”. A este respecto, resultan de interese diferentes traballos sobre o espazo e representación das mulleres nos dicionarios, materiais prescritivos aos que se recorre no exercicio profesional do xornalismo cando se precisa aclarar dúbidas sobre significados (sobre o sexismo nos dicionarios véxase Lledó, 2005 e Marco, 1996). e) Baleiros lexicais

Os baleiros lexicais son palabras inexistentes en feminino, fracasando en ofrecer vocabulario axeitado para denominar algunhas das experiencias vitais propias das mulleres, que se teñen que ver incluídas nas referencias lingüísticas androcéntricas. Un exemplo moi claro constitúeo a carencia de nomes de profesión en feminino para designar ás profesionais que desempeñan unha actividade tradicionalmente reservada aos homes. As reticencias sociais e lingüísticas á incorporación de vocábulos en feminino (albanela, árbritra, xuíza, chanceleira, pilota, bedela) son destacábeis. A respecto de pilota, é destacábel a locución da voz en off na xa referida noticia televisiva de telexornal sobre o 8 de marzo: “Apenas un 10 % das mulleres son taxistas, policías, pilotos ou mecánicas” (Telediario 1ª edición, TVE 08/03/2009). Neste caso, se ben se opta por usar mecánicas en feminino, consérvase en masculino o termo piloto. No entanto, de aplicar a lei da inversión descóbrese que cando non hai formas masculinas para unha profesión tipicamente feminina que empeza a ser desempeñada por homes axiña se introduce un novo termo para englobalos. Na actualidade fálase de enfermeiros, cando o 70 % das e dos profesionais son mulleres, e así danse frases como “os enfermeiros continúan coas súas protestas para mellorar as súas condicións laborais” (Telediario 2ª edición, TVE-1, 13/06/2006, acompañado de imaxes que reflectían unha concentración concorrida por algún enfermeiro e unha inmensa maioría de enfermeiras), ou como “Unha xuíz de Valencia prohibe utilizar aos subalternos para servir auga, leite ou refrescos. As secretarias non son camareiras, os enfermeiros non son limpadores” (Qué! Edición Madrid, 07/06/2006). Dependendo do caso, cando unha profesión tipicamente feminizada comeza a ser desempeñada por homes tampouco hai reticencia en utilizar o masculino para darlle máis prestixio ao labor feito por homes. Así, fálase de modistos, malia que a terminación -ista é neutra en galego e 61

polo tanto podería dicirse o modista, igual que o xornalista ou o pianista). O Gran Xerais da Lingua recolle na actualidade a flexión de xénero masculina para indicar “persoa que fai ou que deseña modelos orixinais de alta costura”, e reserva unha segunda acepción só en feminino para “muller que se dedica a coser ou facer pezas de roupa, creando ou non os propios modelos; costureira”. Deste xeito, para marcar sen lugar a dúbidas que pertencen á alta costura, acábase usando o masculino modisto incluso para elas. As reticencias á feminización de palabras para indicar a presenza de mulleres xustifícanse en ocasións pola confusión que crea a coincidencia da palabra en feminino cun substantivo abstracto (fronte ao o músico home, coexisten a música muller e a música arte). Emporiso, cando á inversa son os homes quen se incorporan a un traballo tradicionalmente realizado por mulleres, e a profesión en masculino coincide cun substantivo xa existente, ese solapamento non xera ningunha confusión. Así, fronte ás caixeiras mulleres, os caixeiros homes e os caixeiros expendedores de cartos conviven en perfecta harmonía. En suma, a norma lingüística converte ao xénero gramatical do galego nunha reprodución social do xénero (entendido aquí como categoría política e constructo sociocultural), ao infravalorar ou silenciar o feminino, considerado como secundario. 3.2.2. Estratexias lingüísticas para un uso non sexista da linguaxe a nivel da norma lingüística

Unha vez identificado como a linguaxe do galego é sexista a través de fórmulas que se atopan gramaticalizadas e se presentan como normais, cómpre dar un segundo paso consistente na adopción e aplicación de estratexias lingüísticas alternativas. Isto é, cómpre recorrer á lingua para buscar alternativas ao masculino xenérico a través de fórmulas máis complexas que permitan usar o masculino e feminino de forma simétrica, incorporando así novas palabras en feminino que permitan referirse ás mulleres, evitando a dependencia do xénero feminino respecto do masculino e adoptando novas maneiras de realizar a concordancia gramatical sen priorizar sempre o masculino. Para axudarnos neste empeño, e en consonancia co importante papel que as lexislacións dos diferentes países lle outorgan á linguaxe non sexista no avance cara á igualdade de xénero12, hoxe en día cóntase con guías de linguaxe non sexista e con feA linguaxe non sexista está regulada a nivel estatal na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes (título II, capítulo 1, artigo 14, 12

62

rramentas informáticas como Web con Género ou o programa Themis que resultan de axuda para propor alternativas de expresión. Tamén se conta co dicionario electrónico de linguaxe non sexista Nombra.En.Red promovido polo Instituto de la Mujer, ou coa aplicación informática Exeria.net posta en marcha pola Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Xunta a finais do ano 2008. Xustamente por se converter a linguaxe non sexista nunha prioridade defendida a nivel institucional polos gobernos (cando menos, polos máis progresistas), decote escóitanse opinións que a consideran unha moda que fica no terreo do “politicamente correcto”. Esa corrección política acabaría conducindo a unha linguaxe chea de eufemismos e regras lingüísticas esaxeradas coas que non ofender a “sensibilidade” dos colectivos minoritarios ou en situación de inferioridade social, e que se intentan impoñer até o punto de acabar coartando a liberdade de expresión de cadaquén. Antes de entrar a ver as estratexias en si, cómpre insistir en que a linguaxe non sexista e a linguaxe politicamente correcta non consisten en absoluto na mesma cousa, e de feito ningún/ha feminista defendeu nunca a adopción da linguaxe non sexista por ser politicamente correcta nin para non ferir sensibilidades. Alén da inxente distancia entre a liberdade de expresión e a liberdade para discriminar outras persoas a través do uso de expresións sexistas, a razón de ser da linguaxe non sexista é representar e construír a realidade tendo en conta que esta é plural e está constituída por mulleres e homes. En suma, para facer un uso alternativo ao sexismo a nivel da norma lingüística que se acha gramaticalizado a nivel lingüístico, cómpre botar man de estratexias alternativas á norma (patriarcal) que rexe as linguas. Propoño agrupar as numerosas estratexias que existen arredor de catro grandes grupos: a neutralización ou xeneralización, a feminización ou especificación, a creación de neoloxismos e a escolla en contrapunto.

punto 11), así como pola Lei galega para a igualdade de mulleres e homes (capítulo III, artigo 18), que estipula: “a Xunta de Galicia erradicará, en todas as formas de expresión oral ou escrita, o uso sexista da linguaxe no eido institucional, tanto fronte á cidadanía como nas comunicacións internas. Para estes efectos, informarase e formarase ao servizo das administracións públicas galegas. Tamén procurará a erradicación do uso sexista da linguaxe na vida social e, para estes efectos, realizaranse campañas de sensibilización e divulgación pública”. Estas iniciativas adecúanse ás recomendacións de organismos internacionais como a ONU ou a Unión Europea (véxase, por exemplo, o xa citado Informe sobre el lenguaje no sexista en el Parlamento Europeo) 63

a) Neutralización ou xeneralización

A neutralización ou xeneralización consiste en substituír o termo sexista por un termo neutro ou xenérico para evitar especificar o xénero masculino de forma explícita cando o referente non só inclúe a homes. Isto é, consiste en eliminar as formas e marcas específicas de cada xénero (sobre todo en contextos nos que saber o sexo do/a referente non resulta esencial), co obxectivo de que o termo xeral/abstracto acabe interpretándose como realmente neutro (Hellinger e Pauwels, 2007: 680). Deste xeito, diríase veciñanza no canto de veciños; mocidade e non mozos; persoal docente contra profesores; no congreso debaterase sobre en lugar de os deputados debaterán sobre...; o salario en Galiza é inferior a... no canto de dicir os galegos teñen un salario inferior a...; o persoal médico e a dirección e non os médicos e os directores. Como demostran os anteriores exemplos, a neutralización pode levar a cambios na redacción. Tamén pode implicar substituír substantivo masculino xenérico por un substantivo autenticamente xenérico ou epiceno (persoa, persoal, equipo, colectivo, público, pobo, xente, crianzas...), por un substantivo abstracto (profesorado, estudantado, veciñanza, clientela, maxistratura, cidadanía, infancia, adolescencia), ou un substantivo metonimizado nunha actividade, profesión, ou lugar (a dirección do centro, a redacción do xornal, as candidaturas, na Galiza actual). Cando o que figura en masculino xenérico é un adxectivo ou participio pasado (como os discapacitados), neutralizar pode implicar a introdución dun substantivo neutro para logo facer a concordancia con el (as persoas discapacitadas), a substitución do adxectivo por unha perífrase de preposición + substantivo (a poboación con discapacidade), ou simplemente a modificación da forma verbal (quen teña discapacidade). No caso de tratarse de pronomes sexuados en masculino xenérico, cómpre buscar fórmulas neutras como o paso de os que por quen na frase, de ningún a ninguén, de todos a todas as persoas, todo o mundo, toda a xente ou a totalidade, e a substitución de un por calquera, o ser humano ou unha persoa, etc. b) Feminización ou especificación

A estratexia da feminización ou especificación consiste en facer visíbeis na linguaxe aos sexos mencionados mediante marcas do xénero gramatical explícitas e simétricas: se é unha muller utilízase o feminino; se é un home utilízase o masculino; se son muller e home menciónanse am64

bos xéneros; e tamén ambos xéneros de descoñecer o sexo das persoas mencionadas. Aprovéitase así a sufixación do galego e doutras linguas con xénero gramatical para visibilizar os dous sexos de forma explícita e directa. Ora ben, para mencionar a ambos sexos cómpre botar man de recursos como o uso de barras, parénteses, arroba ou a duplicación dalgún termo da frase. Cada un destes recursos será máis ou menos adecuado dependendo do contexto. Por exemplo, en prensa escrita pódense utilizar @ ou / para aforrar espazo. É posíbel atopar algún exemplo do uso de @ en titulares de reportaxes desenfadadas como “Un novo concepto de usuari@s”, e tamén nos créditos do telexornal no que se facía referencia á celebración do 8 de marzo indicando “traballo para tod@s” (Telediario-1ª edición, TVE, 08/03/2009). Algunhas guías para linguaxe non sexista, como a recente Breve guía para unha linguaxe non sexista da Universidade de Vigo (2009), recomendan non usar en practicamente ningún caso esta grafía por non ter unha pronuncia asociada. Con todo, tal aseveración semella inoportuna e incoherente, pois a lingua está chea de signos sen pronuncia asociada (as parénteses, os corchetes, etc.), que malia iso si resultan necesarios para engadir determinada información en determinados contextos. Así pois, a @ é unha nova grafía que pode servir á perfección para fornecer información de xénero. A / tamén comeza a verse nalgunhas pezas informativas dos xornais. Ademais da súa implantación case absoluta nas seccións de anuncios de emprego, a súa utilización tamén se reserva para os destacados nalgunhas ocasións. Así, na reportaxe “É o mesmo, ou non?” sobre a publicación do libro Decir casi lo mismo, no que Umberto Eco fala sobre a tradución, incorpórase un destacado no que se indica: “Se o tradutor/a é intelixente, pode explicar os problemas que xorden na súa lingua incluso ao autor” (suplemento Babelia, El País 02/03/2008), referíndose así de forma inclusiva ás tradutoras e tradutores do autor Eco. Á mesma estratexia recórrese na reportaxe “A cultura que virá” despois de que as eleccións galegas de 2009 supoñan cambios no goberno. Sobre o futuro do galego, ponse en boca do editor Manuel Bragado: “En realidade non é tan mala idea facer responsable do futuro da lingua a unha única persoa. Ese megaconselleiro/a que se ocupará de Educación, Cultura e Deporte con Política Lingüística dentro, iso si que é un xesto cara atrás” (El País, 20/03/2009, Edición Galicia). No entanto, cando se escribe un enunciado para ser lido, quizais sexa máis recomendábel prescindir destas estratexias e escribir tal cal se vai ler para evitar posíbeis dúbidas no momento da locución, sobre todo se son outras persoas as que teñen que ler o texto. 65

Contra a inclusión destas formas non sexistas dise adoito que entorpecen o texto e crean unha linguaxe antinatural capaz de “violentar a gramática e ir contra o sentido común” (Miguel García-Posada en EPS, 20/3/1995), e de feito materiais de referencia como o libro Lingua galega. Criterios lingüísticos afirman tamén que “non debemos abusar dos recursos cos que conta a lingua neste sentido ou acabariamos empregando unha linguaxe antinatural e afastada da gramática” (Rodríguez e Dávila, 2003: 52). De xeito parello, a xa mencionada Breve guía para unha linguaxe non sexista da Universidade de Vigo (2009) deixa claro desde un comezo que o seu obxectivo é “respectar as persoas sen violentar a lingua”. No entanto, a linguaxe non é un ente estático nin alleo ao uso e daquela por definición nunca pode ser natural nin ser violentada. Ao contrario, é unha construción humana que reflicte determinados valores (con frecuencia, os dominantes), un constructo social e unha cuestión de hábito que responde ás necesidades de comunicación dunha sociedade, tempo e lugar determinado, e que por tanto, muda. Amais de usar @ ou /, un outro xeito de especificar é a duplicación de ambos os xéneros gramaticais cando se quere facer referencia a mulleres e homes. Como manifestei, esta fórmula é a máis apropiada no caso de producir un texto xornalístico que cumpra ler, pois deste xeito non deixa lugar a dúbidas no momento da locución. A duplicación non consiste en repetir todas as palabras da frase con flexión de xénero concordadas con cadanseu xénero gramatical (o que desde logo sería pouco fluído). No que si consiste, porén, é en duplicar polo menos nunha ocasión as palabras para que mulleres e homes estean explicitamente mencionados de xeito que sexan visíbeis no plano cognitivo, na representación mental que facemos da realidade. Con frecuencia, adoita preferirse que se duplique o grupo nominal da frase, por ser o que máis poder evocador ten en crear unha imaxe mental determinada (“as nenas e nenos”), mais dependendo do caso pode ser apropiado duplicar o artigo (“as e os xornalistas”) ou o adxectivo (“profesionais cualificadas e cualificados”). A duplicación, á súa vez, obriga a ter en conta dous aspectos. O primeiro é a orde de aparición dos elementos masculino e feminino: mentres que a orde social dominante levaría a colocar sempre o masculino primeiro e o feminino despois, sería máis apropiado optar por outros criterios máis simétricos e xustos, como pode ser o alfabético. Deste xeito, diríase nenas e nenos ou nenas/os, pero autor/a ou autor ou autora. O segundo aspecto é a concordancia das estruturas léxicas e morfolóxicas que cómpre estabelecer entre o grupo nominal e as demais palabras da frase. Existe a necesidade dun criterio simétrico para estes casos, e un deles (entre outros) pode ser 66

o de proximidade co grupo nominal, pois este criterio é xa o aceptado pola norma académica e frecuentemente utilizado (cando o referente non son mulleres), como na frase “a miña casa ten teitos, paredes e portas brancas”. Así, diríase “mañá chegan as nenas e nenos indios”, pero “mañá chegan o autor e autora india”. Contra a estratexia da duplicación posiciónase García Meseguer, pois cualifica o masculino de xenérico e así serviría perfectamente para incluír a mulleres e homes; a duplicación é innecesaria e ademais é contraria á economía da linguaxe. Aínda así, o autor recoñece a posíbel ambigüidade dalgúns enunciados en masculino (xenérico), e por iso recomenda que: se se desexa facer referencia a home só, sen incluír á muller, debe utilizarse un masculino específico, suma dun termo masculino e mais outro que aluda a home. Se se omite o segundo termo, como foi norma tradicional até ágora, cáese na rutina patriarcal sexista e foméntase a ambigüidade en beneficio do home […] A medida que se xeneralice a incorporación da muller á vida activa, o masculino xenérico asimétrico deixará de ocultala e a duplicación de xénero resultará innecesaria. (García Meseguer, 1994: 245-246)

A fin de contas, o que está a propor este autor é que se use o masculino para contextos xenéricos de mulleres e homes, o masculino específico para contextos que fagan referencia só a homes e o feminino para referirse ás mulleres. Alén da asimetría das súas propostas, e alén de seguiren a perpetuar a imaxe de que o masculino é a norma e o feminino o derivado ou secundario, a propia estratexia de converter o masculino específico (deputado home) acaba sendo contraria á mesma economía da linguaxe na que se ampara para rexeitar a duplicación de masculino e feminino para contextos xenéricos. Malia esta incoherencia, existen libros de estilo e guías como Medios de comunicación y español actual nos que se dedica un apartado a abordar o sexismo lingüístico e os medios de comunicación afirmando que “este tipo de solucións atenta contra o principio pragmático da economía da linguaxe e contra o gusto pola concisión que é unha das características do discurso xornalístico” (Guerrero e Núñez, 2002: 236). O mesmo argumento está presente no día a día, en artigos de opinión nos que se manifesta que “para non ser sexistas, violéntase a economía lingüística, pero iso dá igual” (Miguel García-Posada, en El País, 23/1/1997); o mesmo autor reivindica que “o xénero masculino non é suprimible; forma parte do código básico do idioma (...) e responde simplemente ao principio de economía” (García-Posada en El País, 4/7/2008). 67

No entanto, a economía lingüística non é unha regra que estea sempre presente nas linguas porque, de feito, a linguaxe sexista é a primeira en non seguir o principio da economía da linguaxe. Así, non respecta a economía lingüística, nin é simétrico, utilizar o nome de pía diante do apelido para referirse a mulleres. Ademais, son frecuentes os enunciados como muller soldado ou mulleres panameñas, frases como trinta inmigrantes e unha muller chegan ás costas, ou exemplos como os xa vistos mulleres arquitectas e mulleres executivas. A este respecto, nunha noticia sobre a nova configuración dos ministerios no Goberno español afírmase: “Máis ministras ca nunca. Unha das claves do novo Goberno [...] é a singularidade de ser a primeira vez, na historia de España, que ten máis mulleres ministro ca homes no seu seo” (El País, 13/04/2008). Esta frase desde logo violenta a economía da linguaxe no uso de máis mulleres ministro ca homes, cando podería (e debería) usarse máis ministras ca ministros. No entanto, non adoitan cuestionarse estas rupturas da suposta lei da economía lingüística, que mesmo incorren no sexismo nalgúns contextos pola insistencia innecesaria do termo muller. Contra esta estratexia da especificación mediante a duplicación do feminino e masculino tamén houbo reticencias que desaconsellan o seu uso por ser supostamente incoherente. Autores como Javier Marías teñen afirmado que “din os traballadores e traballadoras, pero o certo é que xamais seguen [coa duplicación] como estarían na obriga de facer” (en EPS, 13/07/2008). Cómpre aquí insistir en que a linguaxe non sexista busca unha representación da realidade máis simétrica na que mulleres e homes estean presentes, e dado que como xa apuntei iso pode conseguirse duplicando por exemplo o grupo nominal, non é incoherente seguir concordando todas as palabras. Resulta pois curioso que desde a oposición á linguaxe non sexista se lle atribúan a esta falsas obrigas que ningún/ha feminista reivindica, para logo cualificala de incoherente por non cumprilas. c) Neoloxismos

A implantación dalgunha destas estratexias, e en xeral as alternativas contra os baleiros lexicais, poden levar en ocasións a ter que crear palabras que até entón non contaban co xenérico (estudantado, usuariado, funcionariado) ou co feminino (albanela, pilota, xuíza, chancelera, árbitra). Estas propostas deberían tratarse coa mesma naturalidade coa que todos os días se incorporan outro tipo de palabras para representar realidades até entón inexistentes (i-pod, e-mail, sms, hip-hop, friki, free68

lance ou tuppersex). Pero de novo, contra esta estratexia adoita dicirse que a linguaxe non sexista consiste en inventar palabras que soan fatal. É máis, mesmo se cuestiona que “fan falta vocablos novos para designar a esas mulleres que só acadarán a felicidade satisfeita dos lacaios cando sintan que lles crece unha membra virila entre as pernas” (Juan Manuel de Prada, en ABC 03/02/2007). Alén do ton insultante destas críticas, o certo é que a linguaxe non sexista non inventa palabras, senón que dá expresión lingüística a aquelas experiencias ou puntos de vista das mulleres que carecían de materialización na linguaxe por ser esta durante séculos unha construción androcéntrica. Neste sentido, cómpre darlle a benvida a novos usos nos medios, como por exemplo na entrevista a María López titulada “Sufrimos as de ser árbitra máis as de ser muller” (Vieiros, 10/03/2009). d) Elección en contrapunto

Propoño o termo de elección en contrapunto para referirme a aqueles casos nos que se escolle un xénero lingüístico despois de realizar unha lectura dinámica que valora a pertinencia de ambas as posibilidades (é dicir, que “contrapón” as dúas opcións). Deste xeito, permitirase facer eleccións equilibradas escollendo o masculino nun caso e o feminino noutro, de forma que ambos os sexos estean equilibradamente representados, en lugar de usar sistematicamente o masculino invisibilizador das mulleres. Na elección é esencial non caer na norma de reproducir estereotipos comunmente asociados con cada un dos sexos, optando por defecto en frases do tipo “os médicos e as enfermeiras”. Este tipo de estratexia resulta moi apropiada por exemplo nos magazines radiofónicos nos que a condutor/a do programa decote ten que referirse á audiencia marcando o seu sexo. Elección en contrapunto é a que adoito realiza a condutora do Diario Cultural da Radio Galega, Ana Romaní. Por exemplo, nunha emisión recente daba a benvida ao programa dirixíndose á audiencia cun “Moi boas tardes. Se cadra son as lecturas máis imaxinativas, os lectores máis creativos, e quizais tamén as lectoras máis esixentes, por máis que a xeneralización sexa sempre imprecisa” (23/03/2009). Tamén nalgún contexto de prensa escrita pode funcionar, como se demostra na reportaxe “Detrás do barco pirata”, na que na entradiña se fala de como a literatura infantil e xuvenil “procura superar as actitudes didactizantes que pexaban adoito a ficción para nenas e mozos”, e na páxina seguinte se resalta nun destacado que “A literatura galega para nenos e mo69

zas demostra que detrás do barco pirata hai todo un mar de significados” (Protexta, Suplemento de Libros de Tempos Novos, nº 6, primavera 2008). 3.2.3. Que estratexia escoller?

Cada soporte mediático, contexto informativo, tipoloxía textual, obxectivo de cada enunciado, audiencia á que vai dirixida a peza informativa, entre outros moitos condicionantes, determinarán o tipo de estratexia a nivel da norma lingüística que resulta máis apropiada para cada situación comunicativa. Na avaliación e escolla de estratexias tórnase fundamental lembrar que o obxectivo da linguaxe non sexista é sempre que as estratexias adoptadas contribúan a que tanto as/os xornalistas como as lectoras/es, ouvintes ou telespectadoras/es pensen no que se di e en como se di, para deste xeito propiciar unha representación e construción mental da realidade na que tanto homes como mulleres estean presentes. Por outra banda, as catro grandes estratexias que mencionei non son mutuamente excluíntes, senón que se complementan na mesma peza informativa e incluso na mesma frase. Se o obxectivo é contribuír a unha construción mental e social do mundo máis igualitaria, resulta totalmente coherente facer un uso mesturado delas, por exemplo usando nunha noticia de prensa a neutralización no titular para afrontar o problema da limitación de caracteres, a especificación con barras nun destacado para facer explícito que ambos os sexos están incluídos sen ter que recorrer a unha duplicación do grupo nominal que non cabería pola limitación espacial do destacado, e á duplicación do grupo nominal no corpo da noticia. “A denuncia asinárona a totalidade [neutralización] das e dos xornalistas [especificación con duplicación] con acreditación [neutralización] para a rolda de prensa”. [Titular]: “A difícil tarefa de quen traduce [neutralización]” [Entradiña]: “Ser tradutor ou tradutora [especificación con duplicación] é moito máis que substituír signos lingüísticos coa axuda do dicionario”. [Destacado]: “A ideoloxía do tradutor/a [especificación con barras] está presente en todo o proceso”. [Subtítulo]: “Babypal inclúe un complexo manual para o usuariado [neutralización con neoloxismo]” [Corpo]: “As usuarias e usuarios [especificación con duplicación] do videoxogo terán que dedicar medio día a entender o funcionamento do invento, que incorpora un manual de instrucións sumamente complexo”. 70

Se cadra son as lecturas máis imaxinativas, os lectores máis creativos, e quizais tamén as lectoras máis esixentes [contrapunto], por máis que a xeneralización sexa sempre imprecisa. Falamos dos lectores e lectoras máis novas [especificación con duplicación concordada en feminino] e das historias destinadas ao público así de esixente [neutralización]. Hoxe comeza Boloña” (Diario Cultural, Radio Galega 23/03/2009).

3.3. Particularidades dos medios de comunicación: intervir sobre a produción propia ou sobre as palabras doutras persoas? Unha vez desenvolta unha conciencia de xénero que leve a facer un uso non sexista da linguaxe nos medios de comunicación tanto a nivel do discurso como a nivel da norma lingüística, cando como xornalista se conta un feito desde o propio enfoque persoal en primeira persoa cómpre sempre pór máxima atención en non incorrer no sexismo tan naturalizado e interiorizado. Pero cando como xornalista se reproduce o que alguén di (en forma de declaracións, entrevistas, etc.) cómpre tamén valorar até que punto é pertinente, e ademais lexítimo e xustificábel, facer un uso non sexista da linguaxe. Abofé que non sempre será posíbel “actuar” (pénsese nunha entrevista radiofónica en directo), e que mesmo en ocasións o sexismo lingüístico pode ser tan absolutamente explícito e misóxino que subvertelo resulte até contraproducente ao agochar a ideoloxía machista da persoa que fala. Pero o que sempre se debería facer, tamén nestes casos nos que a/o xornalista reproduce o discurso/as palabras doutra persoa, é valorar as diferentes posibilidades que existen de intervención para camiñar cara a un mundo máis igualitario. En moitas ocasións, o discurso ou as palabras nas que se reflicten as normas lingüísticas sexistas utilizadas pola persoa entrevistada, pola fonte informativa, etc., non cumpren os requisitos de noticiabilidade para considerarse relevantes para o foco discursivo e para o contido mesmo da peza informativa; e neses casos cómpre preguntarse que sentido ten darlle espazo na información a ese sexismo. Isto en ningún caso debe verse como unha censura ou como unha falta de liberdade de expresión, senón como parte da selección de contidos noticiábeis que na profesión xornalística está sempre presente. Sen un enfoque de xénero, nesta selección si son frecuentes as eleccións que responden a unha visión estereotipada, en tanto que se basean no coñecemento compartido pola sociedade e contribúen a manter a orde social e simbólica. Noutras ocasións, porén, este discurso ou as palabras nas que se reflicten normas lingüísticas sexistas constitúen por si propias o foco 71

principal da información. Nestes casos a súa eliminación non estaría en ningún caso xustificada, porque iso constituiría a mutilación da propia peza informativa. Emporiso, tamén cómpre sempre valorar até que punto ese sexismo explícito que forma parte do foco principal da noticia, da reportaxe ou da entrevista pode e debe cuestionarse mediante a súa cualificación explícita como sexismo por parte da/o xornalista. Este cuestionamento resulta máis complexo de facer en situacións como un directo de radio ou de televisión, aínda que cómpre decatarse de como noutras situacións si se considera absolutamente lexítimo que a/o xornalista corrixa ou comente calquera apreciación da fonte ou persoa entrevistada cando esta é falsa ou responde a unha concepción “non desexábel” e “non ética” da realidade. Non é difícil atopar exemplos recentes de como se cuestionan e cualifican de homófobos ou racistas determinados comportamentos lingüísticos da persoa entrevistada ou protagonista da noticia. Mais o sexismo parece estar aínda máis afianzado e interiorizado có racismo e cá homofobia, e cada vez que se ousa cualificar un comportamento de sexista a controversia está garantida e a “suposta” obxectividade xornalística posta en cuestión. Na recente campaña electoral ás eleccións galegas do 1 de marzo de 2009, o presidente da Deputación de Ourense (José Luis Baltar, do Partido Popular) manifestou a propósito do vicepresidente da Xunta de Galiza (Anxo Quintana, candidato do Bloque Nacionalista Galego): “Non hai dereito a que, con quen é o encargado de coidar das mulleres... Algúns xa saben do que falo. Puxemos o rato a coidar do queixo” (El País, 28/02/2009). Nos medios de comunicación falouse moito das graves acusacións que Baltar estaba facendo contra Quintana, pero ningún medio (que eu teña constancia) contextualizou a visión de Baltar sobre as mulleres como seres relativos e vulnerábeis aos que hai que coidar (para unha análise pormenorizada, véxase Castro Vázquez, 2008b). No entanto, cando outros líderes políticos fan comentarios racistas, si adoitan cuestionarse con cualificativos no propio texto; véxase, a este respecto, o comportamento d@ xornalista na reportaxe sobre o líder da extrema dereita austríaca Jörg Haider na que fai constar o seu rexeitamento á Unión Europea e á inmigración (El País, 17/08/2008). Tamén, desde época recente, adoitan cuestionarse os comentarios homófobos. Na mesma campaña electoral, o propio José Luis Baltar declarou sobre o conselleiro de Medio Ambiente (Manuel Vázquez, do Partido Socialista de Galicia): “Por que esa obsesión comigo? Eu non son candidato. Ademais, non son muller. De selo, entendería que me tivese ganas, pero teño que entender que é maricón” (El País 28/02/2009). Estas decla72

racións cualificáronse como un agravio para o colectivo homosexual, até o punto de que o propio candidato á presidencia da Xunta do seu mesmo partido, Alberto Núñez Feijóo, pedise desculpas aos homosexuais e de que o presidente do Goberno español, o socialista José Luis Rodríguez Zapatero, pedise “o voto para que non se insulte a ninguén pola súa orientación sexual”. Resulta rechamante a total ausencia de desculpa cara ás mulleres, malia que na frase de Baltar estivese igualmente explícita a asunción de que é “normal” que un home lle teña ganas a unha muller (literalmente, Baltar dixo que de ser el muller, entendería que o conselleiro Vázquez lle tivese gañas), o que demostra unha vez máis a actitude de superioridade do macho cuxo apetito sexual é insaciábel, e que podería mesmo contribuír a que no imaxinario se acaben xustificando agresións sexuais a mulleres. Esta (ao meu ver) obrigatoria reflexión que cómpre facer sobre a conveniencia de intervir para facer un uso non sexista da linguaxe cando a/o xornalista reproduza o que outra persoa manifestou, non só se limita ao nivel do discurso ilustrado cos exemplos anteriores. Cumpriría tamén facer esta reflexión ao nivel da norma lingüística para decidir até que punto é pertinente aplicar algunha das estratexias lingüísticas antes vistas (neutralización, especificación, neoloxismos, etc.), aínda que a fonte informativa non as utilizase. Neste punto cómpre ter en conta que este sexismo a nivel da norma lingüística áchase gramaticalizado e por tanto aínda moito máis afianzado que a nivel do discurso, ademais de responder á norma e corrección lingüística que estabelecen as academias das linguas. A este respecto, as/os xornalistas deberían valorar até que punto é conveniente que, de igual xeito que na prensa escrita se corrixen constantemente os erros lingüísticos das fontes informativas (castelanismos, tempos compostos, colocación de pronome, etc.), tamén se poidan “corrixir” usos incorrectos da linguaxe desde un punto de vista de xénero, como o feito de usar masculinos para referirse a mulleres. Un caso recente deste tipo de intervención áchase na xa mencionada entrevista á árbitra María López (Vieiros, 10/03/2009), titulada pondo en boca da entrevistada “Sufrimos as de ser árbitra, máis as de ser muller”. Unha lectura coidadosa do corpo da entrevista permite descubrir como López en realidade afirmou que “sufrimos as de ser árbitro, máis as de ser muller”, igual que se refire a ela mesma utilizando o masculino. Porén, a atinada corrección efectuada pola redacción do xornal electrónico no titular contribúe a ir normalizando a profesión de árbitra e á construción dun imaxinario colectivo no que mulleres e homes conviven.

73

3.4. Constricións dos medios de comunicación: tempo, espazo, libro de estilo. Á parte das constricións coas que pode atoparse calquera persoa que faga un uso non sexista da linguaxe, nos medios de comunicación danse unha serie de condicionantes que constrinxen a adopción destas prácticas. Así, é habitual traballar baixo a presión do tempo (a edición pecha a unha determinada hora) ou do criterio de inmediatez que rexe á radio ou á televisión. Esta presión obriga a tomar decisións precipitadas e mesmo improvisadas en moitas ocasións, que non permiten unha análise crítica necesaria para desaprender os comportamentos sexistas aprendidos, nin para buscar novas fórmulas de expresión non sexistas. Estas constricións non xustifican en ningún caso seguir a fomentar unha verdade mediática sexista, polo que se require práctica e vontade para facer lecturas críticas das pezas informativas por sistema, de xeito que se acabe desenvolvendo unha perspicacia e interiorizando a reaprendizaxe do mundo desde un enfoque de xénero. No caso do sexismo da norma lingüística as estratexias alternativas poden sistematizarse, o que facilita que se poidan ter presentes de forma máis doada. Outra limitación importante é o espazo. Na prensa escrita existe un número de caracteres que non se poden exceder en cada peza informativa, o cal é especialmente relevante no caso dos titulares, destacados, entradiñas, etc. Noutros soportes existe un tempo determinado asignado a cada noticia, que tamén debe terse en conta. Tocante ao sexismo a nivel do discurso, a limitación do espazo non xustifica en ningún caso a adopción de enfoques sexistas; é máis, nalgúns casos os titulares sexistas requiren máis espazo do que os titulares non sexistas, coma podería ser o hipotético caso de “O premio Enor recaeu este ano en dúas mulleres arquitectas”, ou incluír no teletexto unha liña completa para incidir en que as rusas eran “rubísimas e guapísimas, por certo”. Respecto ao xeito de non incorrer nun sexismo a nivel da norma lingüística, a carencia de espazo debe verse non como unha limitación, senón como unha característica máis que cómpre ter en conta á hora de elixir unha determinada estratexia, conxugando e mesturando a súa utilización. En realidade, en moitos casos o uso de estratexias non sexistas mesmo permiten aforrar caracteres. Amais, nos medios en ocasións transmítese información por máis dunha canle, é dicir, tanto na prensa escrita coma na televisión a información pode manifestarse a través dos signos lingüísticos pero tamén dos signos visuais. Nestes casos, cómpre ter en conta a coherencia dos textos coas imaxes, para evitar situacións comunicativas sexistas nas que, 74

por exemplo, unha peza informativa aborde unha problemática escolar referíndose ás protestas dos pais dos alumnos, mentres que na fotografía ou nos planos televisivos se vexan tan só (ou cando menos, maioritariamente) as nais do estudantado (para unha discusión pormenorizada de exemplos, véxase Jiménez et al. 2006). Alén diso, en moitos casos desde que un/ha xornalista escribe a súa peza informativa até que esta ve a luz (publicada na prensa escrita, lida na radio, etc.) danse unha serie de pasos nos que interveñen máis persoas, con frecuencia xornalistas con máis peso na decisión. En ocasións estas xefas ou xefes de redacción, responsábeis de delegacións, lingüistas, etc., poden cuestionar o uso non sexista da linguaxe sobre todo a nivel da norma lingüística aducindo motivos de corrección gramatical ou de adecuación aos libros de estilo do medio de comunicación (López Díez, 2000). Cómpre pois cambiar estes materiais de referencia, creando libros de estilo específicos e complementarios que aborden as particularidades dunha información non sexista (véxase por exemplo Cordeiro et al., 2004), pero tamén introducindo capítulos específicos sobre o tratamento do sexismo lingüístico e discursivo (véxase Guerrero e Núñez, 2002) e outorgándolle un tratamento transversal. Así mesmo, con frecuencia nos medios de comunicación tamén se reproducen (e en ocasións, alimentan) algúns dos argumentos e falsos mitos contra a linguaxe non sexista máis estendidos na sociedade, moitos dos cales carecen de solidez e consistencia. Neste contexto, a/o xornalista terá que facer un esforzo pedagóxico extra para rebatelos, motivo polo cal ao longo deste artigo xa fun abordando algúns destes falsos mitos máis frecuentes (para un repaso en detalle véxase Castro Vázquez, 2008c). Pero esta vontade pedagóxica obrigará tamén a ter que abordar a función ideolóxica que cumpre a gramática e, en suma, a xustificar as súas decisións recorrendo á máxima (con valor axiomático noutros eidos da comunicación) de que nada é neutro e de que todo é ideoloxía. Xa que logo, se como xornalistas non se toma conscientemente unha decisión a prol dunha lingua inclusiva e igualitaria, inexorabelmente estase favorecendo (consciente ou inconscientemente, intencionada ou non intencionadamente) o uso dunha linguaxe sexista e discriminatoria, a cal ten unha repercusión social moi importante na discriminación de xénero dado o papel que na construción social teñen tanto a linguaxe como os medios de comunicación. En suma, os medios de comunicación gozan hoxe en día de tal importancia, que se erixen en vías fundamentais para desempeñar un papel protagonista na contribución aos cambios sociais e lingüísticos que, 75

conxuntamente, están chamados a presidir o avance cara a unha sociedade que recoñeza o valor e respecto das diferenzas para deste xeito avanzar cara á igualdade de xénero. Porque, como afirma Deborah Cameron, “un cambio nas prácticas lingüísticas non só é reflexo dun cambio social vital, senón que constitúe, de seu, un verdadeiro cambio social” (Cameron, 1990: 90).

4. Bibliografía citada ALTÉS RUFIAS, Elvira (2004): “El estereotipo” en Pilar López Díez (ed.): Manual de información en género, Madrid: IORTV e Instituto de la Mujer. 39-52. ALTHUSSER, Louis (1965): Pour Marx, París: Maspero. BACH ARÚS, Marta; Elvira ALTÉS RUFIAS; Joana GALLEGO AYALA; Marta PLUJÀ CALDERÓN; e Montserrat PUIG MOLLET (2000): El sexo de la noticia: Reflexiones sobre el género en la información y recomendaciones de estilo, Barcelona: Icaria. BENGOECHEA BARTOLOMÉ, Mercedes e María Luisa CALERO VÁZQUEZ, (2003): Sexismo y redacción periodística. Guía de estilo 2, Valladolid: Junta de Castilla y León. BENGOECHEA BARTOLOMÉ, Mercedes (2004): “La categorización masculina del mundo a través del lenguage” en Pilar López Díez (ed): Manual de información en género, Madrid: IORTV e Instituto de la Mujer. 69-106. BENGOECHEA BARTOLOMÉ, Mercedes (2007). “A linguaxe xornalística e a representación de xénero” [Trad. Marta Gil González] en María Jesús Fariña Busto; Purificación Mayobre; Beatriz Suárez Briones (eds.), O reto da igualdade. Feminismo, xénero, universidade, Vigo: Universidade de Vigo. 15-40. BODINE, Ann (1998). “Androcentrism in Prescriptive Grammar. Singular ‘they’, Sex-indefinite ‘he’ and ‘he or she’ ” en Deborah Cameron (ed): The Feminist Critique of Language, Londres e Nova York: Routledge, 124-140. BOURDIEU, Pierre (1991): Language and Symbolic Power, Londres: Polity. CABRERA CASTRO, Cándida (1999). “El sexismo en la prensa española (una semana en Granada)” en María Dolores Fernández Madueño et al. (eds.): El sexismo en el lenguaje, II, Málaga: Servicio de Publicaciones del CEDMA. 341-351. 76

CALERO FERNÁNDEZ, María Ángeles (1999): Sexismo lingüístico. Análisis y propuestas ante la discriminación sexual en el lenguaje, Madrid: Narcea de ediciones. CAMERON, Deborah (1990): “Demythologizing sociolinguistics: why language does not reflect society” en John Joseph e Taylor Taylor (eds): Ideologies of Language, Nova York: Routledge. 79-93. CAMERON, Deborah (ed.) (1998): The Feminist Critique of Language, Londres e Nova York: Routledge. CASTELLS, Manuel (2000): La era de la información. Economía, sociedad y cultura, vol. 2. El poder de la identidad, Madrid: Alianza. CASTRO VÁZQUEZ, Olga (2007). “Medios de comunicación e linguaxe non sexista: novas vías para a reforma sociolectal” en Luís Álvarez Pousa; Ana Belén Puñal Rama e Joám Evans Pim (eds.): Comunicación + Xénero, 93-127. CASTRO VÁZQUEZ, Olga (2008a): “As fillas de Beatriz (Corredor)”. Artigo de opinión en Xornal.com: www.xornal.com/article. php?sid=20080416083910> (Última consulta: 09/03/2009) CASTRO VÁZQUEZ, Olga (2008b): “Chegou o momento... da igualdade real”. Artigo de opinión en Vieiros: http://www.vieiros.com/columnas/opinion/686/chegou-o-momento-da-igualdade-real (Última consulta: 09/03/2009) CASTRO VÁZQUEZ, Olga (2008c): “Rebatendo o que outrOs din da linguaxe non sexista”. Monográfico O verbo patriarcal. Festa da Palabra Silenciada 24: 39-49. Resumo dispoñíbel en entrevista no Diario Cultural da Radio Galega (04/02/2009): http://blogs.crtvg.es/mu/ diariocultural/2009/02/04/a-festa-debate-sobre-o-verbo-patriarcal/ (Última consulta: 09/03/2009) CLARK, Kate (1998): “The linguistics of blame: representations of women in the Sun’s reporting of crimes of sexual violence” en Deborah Cameron e Jennifer Coates (eds.), The Feminist Critique of Language, London: Routledge. 183-196. COBO BEDÍA, Rosa e Ana SANCHEZ BELLO (2004): “El sistema sexo/género. La construcción de la Agenda Setting desde los medios” en Pilar López Díez (ed.): Manual de información en género, Madrid: IORTV e Instituto de la Mujer. 11-36. CONSTENLA, Tereixa (2008): “El lenguaje es sexista. ¿Hay que forzar el cambio?”. El País, 14/06/2008. Dispoñíbel en: http://www.elpais.com/articulo/sociedad/lenguaje/sexista/Hay/forzar/cambio/ elpepusoc/20080614elpepisoc_1/Tes (Última consulta: 09/03/2009)

77

CORDEIRO LÓPEZ, Cristina; Alixe RODRÍGUEZ GIL; Amaia HERRERO OIARZÁBAL e Patricia RUÍZ CASCAJAR (2004): Libro de estilo para evitar el sexismo en los medios de comunicación, Bilbao: Bilgune Feminista. FAIRCLOUGH, Norman (1992): Discourse and social change, Cambridge: Polity Press. FAIRCLOUGH, Norman (1995): Critical discourse analysis: the critical study of language, Londres: Longman. GALLAGHER, Margaret (2006). “Perspectivas feministas sobre os media”. [Trad. Eunice Macedo] en Maria João Silveirinha (coord.): Representações Mediáticas de Mulheres; ex æquo Revista da Associação Portuguesa de Estudos sobre as Mulheres 14. 11-34. GALLEGO AYALA, Joana (dir.); Elvira ALTÉS; María José CANTÓN e Jaume SORIANO (2002): La prensa por dentro. Producción informativa y transmisión de estereotipos de género, Barcelona: Los libros de la Frontera. GALLEGO AYALA, Joana (2004): “Estereotipos y roles de género en los medios de comunicación” en Pilar López Díez, Pilar (ed.): Manual de información en género, Madrid: IORTV e Instituto de la Mujer. 37-68. GARCÍA MESEGUER, Álvaro (1994): ¿Es sexista la lengua española? Una investigación sobre el género gramatical, Barcelona: Paidós. GRAMSCI, Antonio (1971): Selections from the Prison Notebooks, Londres: Lawrence & Wishart. GUERRERO SALAZAR, Susana e Emilio Alejandro NÚÑEZ CABEZAS (2002): Medios de comunicación y español actual, Málaga: Ediciones Aljibe. GUILLAUMIN, Colette (1995): Racism, Sexism, Power and Ideology, Londres e Nova York: Routledge. HALL, Stuart (ed.) (1997): Representation. Cultural Representations and Signifying Practices, Londres: Sage. HELLINGER, Marlis (2006): “Sexist language”. Encyclopedia of Language and Linguistics, Oxford: Elsevier. 265-272. HELLINGER, Marlis e Hadumod BUSSMANN (eds.) (2001): Gender Across Languages. The linguistic representation of women and men, Amsterdam/Philadelphia: John Benjamins. HELLINGER, Marlis e Anne PAUWELS (2007). “Language and sexism”. Marlin Hellinger e Anne Pauwels (eds.): Handbook of Language and Communication. Diversity and Change, Berlín e Nova York: Mouton de Gruyter. 651-684.

78

JIMÉNEZ, Raquel et al. (2006). Llenguatge per la igualtat als mitjans de comunicació. Instituto Balear de la Dona. Dispoñíbel en: www.caib. es/fitxer/get?codi=134144 (Última consulta: 09/03/2009) LAKOFF, Robin T. (1975): Language and Woman’s Place. Nova York: Harper & Row. LAZAR, Michelle (2005): Feminist Critical Discourse Analysis. Studies in Gender, Power and Ideology, Basingstoke e Nova York: Palgrave. LIVIA, Anna (2003). “One Man in Two is a Woman: Linguistic Approaches to Gender in Literary Texts” en Janet Holmes e Miriam Meyerhoff (eds), The handbook of Language and Gender, Oxford: Basil Blackwell Publishers. 142-159. LLEDÓ CUNILL, Eulàlia (1992): El sexismo y el androcentrismo en la lengua: análisis y propuestas de cambio, Barcelona: Institut de Ciènces de l’Educció; Universitat Autònoma de Barcelona. LLEDÓ CUNILL, Eulàlia; Rocío DEL RÍO; e Teresa TOMÉ (coords.) (1999): Como tratar bien a los malos tratos. Manual de estilo para los medios de comunicación, Sevilla: Instituto Andaluz de la Mujer. LLEDÓ CUNILL, Eulàlia (2005): L’espai de les dones als diccionaris: silencis i presències, Vic: Eumo. LÓPEZ DÍEZ, Pilar (2000). “La construcción mediática de género en los libros de estilo” en Teresa López de la Vieja (ed.): Feminismo del pasado al presente, Salamanca: Universidad de Salamanca. LÓPEZ DÍEZ, Pilar (2001). Representación de género en los informativos de radio y televisión, Madrid: IORTV e Instituto de la Mujer. LÓPEZ DÍEZ, PILAR (ed.) (2004). Manual de información en género, Madrid: IORTV e Instituto de la Mujer. MARCO, Aurora (1996). “Estereotipos de género en el diccionario de la lengua española”. Aurora Marco (ed.): Estudios sobre Mujer, Lengua y Literatura, Tenerife e Santiago: Universidad de Las Palmas de Gran Canaria/Universidade de Santiago de Compostela. 87-111. MILLS, Sara (1995). Feminist Stylistics, Londres e Nova York: Routledge. MILLS, Sara (2008). Language and sexism, Cambridge: Cambridge University Press. MORENO MARIMÓN, Montserrat (1993). Como se enseña a ser niña: el sexismo en la escuela, Barcelona: Icaria. NISSEN, Uwe Kjær (1997): “Do sex-neutral and sex-specific nouns exist: The way to non-sexist Spanish?” en Gudula Linck e Ursula Pasero (eds.): Kommunikation won Geschlecht, Comunication of Gender, Pfaffenweiler: Centaurus. 222-241.

79

PAUWELS, Anne (1998). Women Changing Language, Londres & Nova York: Routledge. QUEIZÁN, María Xosé; Victoria SAU SÁNCHEZ; Cristina FRAGA; Engracia DE LOS RISCOS; Isabel MENÉNDEZ (2002): Mujeres en medio. Repaso crítico a los medios de comunicación y su lenguaje, Madrid: Ameco. Red Internacional de Mujeres de la Comunicación. RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, Anair e Montserrat DÁVILA VENTURA (2003): Lingua galega. Criterios lingüísticos, Vigo: Universidade de Vigo. 52-58. ROMAINE, Suzanne (1997): “Gender, grammar and the space in between” en Helga Kotthoff e Ruth Wodak (eds.): Comunicating Gender in Context, Ámsterdam: John Benjamins. 51-76. ROMAINE, Suzanne (1999): Communicating Gender, Nova Jersey: Lawrence Erlbaum SAMPEDRO, Francisco (1997): Ideoloxía e distorsión. Ensaio sobre o imaxinario ideolóxico, Vigo: Xerais. SÁNCHEZ ARANDA, J. J; María Rosa BERGANZA CONDE e C. GARCÍA ORTEGA (2003): Mujer publicada, mujer mal-tratada. Libro de estilo para informar en los medios de comunicación sobre la mujer, Pamplona: Instituto Navarro de la Mujer. SÁNCHEZ LEYVA, María José e Carmen CAFFAREL SERRA (2004): “Los medios de comunicación como constructores de sentido y significado” en Pilar López Díez (ed.): Manual de información en género, Madrid: IORTV e Instituto de la Mujer. 201-217. SPENDER, Dale (1990): Man Made Language, Londres: Pandora. TALBOT, Mary (2003): “Gender Stereotypes: Reproduction and challenge”. Holmes, Janet e Meyerhoff, Miriam (eds.), The handbook of language and gender, Oxford: Blackwell. 468-486. UNIVERSIDADE DE VIGO (2009): Breve guía para unha linguaxe non sexista, Vigo, Servizo de Publicacións. VIOLI, Patrizia (1991): El infinito singular, Madrid: Cátedra.

5. Bibliografía secundaria AA. VV. (2002): Comunica Igualdade: Linguaxe non discriminatoria nos medios de comunicación, Santiago de Compostela: Servizo Galego de Igualdade da Xunta de Galicia.

80

ALARIO TRIGUEROS, Carmen; Mercedes BENGOECHEA BARTOLOMÉ; Eulàlia LLEDÓ CUNILL e Ana VARGAS MARTÍNEZ (2004): Nombra: la representación del femenino y masculino en el lenguaje, Madrid: Instituto de la Mujer. http://www.mtas.es/mujer/publicaciones/docs/ nombra.pdf BENGOECHEA BARTOLOMÉ, Mercedes (2002): “El lenguaje igualitario en el habla y en los medios de comunicación” en J. G. Antuñano (ed.): Mujeres, Hombres y Medios de Comunicación, Valladolid: Junta de Castilla y León. 621-642. CASTRO VÁZQUEZ, Olga (2008a): “Galego non sexista: de necesidade utópica a posibilidade real”, Longalingua, 18 - Revista da Mesa pola Normalización Lingüística, xullo 2008, 20-31. CASTRO VÁZQUEZ, Olga (2008b): “O sexismo na lingua” (I, II e III). Artigos de opinión en Vieiros. Dispoñíbeis en: http://www.vieiros. com/columnas/opinion/403/o-sexismo-na-lingua (Última consulta: 09/03/2009) MENÉNDEZ MENÉNDEZ, María Isabel (2003): El cuarto poder, ¿un poder de mujeres?, Oviedo: Milenta Muyeres. PEARSONS, Judy; Lynn TURNER e William TODD-MANCILLAS (1993): Comunicación y género, Barcelona: Paidós. TORRES, Carmen (ed.), (2000): Género y comunicación. El lado oscuro de los medios, Santiago de Chile: Isis Internacional/Ediciones de Mujeres. VALLE, Norma; Berta HIRIART e Ana María AMADO(1996): El abc del periodismo no sexista, Santiago de Chile: Fempress. Dispoñíbel en: http://www.mujeresenred.net/news/article.php3?id_article=103 (Última consulta: 09/03/2009)

Lexislación Informe sobre el lenguaje no sexista en el Parlamento Europeo. (Aprobado pola decisión do Grupo de Alto Nivel sobre Igualdade de Xénero e Diversidade, do 13 de febreiro de 2008). Dispoñíbel en: http://www. elpais.com/elpaismedia/diario/media/200903/18/internacional/200 90318elpepiint_1_Pes_PDF.doc (Última consulta: 21/03/2009) Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes (título II, capítulo 1, artigo 14, punto 11). Dispoñíbel en: http://www.boe.es/boe_gallego/dias/2007/03/29/pdfs/A0120301234.pdf (Última consulta: 09/03/2009)

81

Lei galega para a igualdade de mulleres e homes (capítulo III, artigo 18). Dispoñíbel en: http://www.xunta.es/dog/Dog2004.nsf/5168f 626b2ff46e041256644003720d2/bb0167420da94e1cc1256ee40048 7948/$FILE/14900D001P007.PDF (Última consulta: 09/03/2009)

82

Os medios de comunicación como transmisores de violencia simbólica Rita Mª Radl Philipp CIFEX, Universidade de Santiago de Compostela

1. Introdución No marco deste artigo, asumindo un punto de vista teórico-estrutural sobre a problemática da violencia nas sociedades modernas, en xeral, e da violencia contra as mulleres, en particular, partimos do presuposto de que a violencia sexista, a violencia exercida contra as mulleres, é un elemento consubstancial á estrutura mesma das sociedades modernas clasificables como androcéntricas, cuxo efecto está presente á súa vez en todas as esferas destas. Defendemos a tese de que os medios de comunicación modernos non só son produtores da información nos casos da violencia contra as mulleres, se non que realmente producen, ou sexa, inciden na produción dunha “violencia simbólica” contra as mulleres, perceptible mesmo na presenza/ ausencia das mulleres e das súas imaxes nos medios de comunicación de masas modernos. Estes últimos contribúen a unha representación constantemente falseada da realidade social mediante unha “sobrerepresentación do protagonismo masculino” e dunha “subrepresentación do protagonismo social feminino” o que constitúe, de feito, un exercicio de violencia –de corte simbólico, claro está– contra as mulleres mediante unha falsificación sistematizada da súa identidade e protagonismo social, tanto a nivel persoal como estrutural, feito que apunta ademais na súa dimensión socializadora a uns contidos androcéntricos como os elementos ideolóxico-sociais decisivos que interveñen na construción e reconstrución social da realidade. Falaremos, en primeiro lugar, de violencia e de violencia simbólica; en segundo lugar, da forza ideoloxicamente regresiva dos medios de comunicación e, no terceiro punto, centrarémonos no medio televisivo e 85

na violencia simbólica para rematar cunha concisa alusión a un proxecto de investigación empírico do CIFEX (Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero), relativo a un dos medios de comunicación audiovisuais de masas máis relevantes na Comunidade Autónoma de Galicia, concretamente a TVG13.

2. Violencia e “violencia simbólica” contra as mulleres Cando falamos de violencia adoitamos pensar nun acto no cal interveñen a forza e a intimidación, nunha constelación de poder e, como di literalmente un dicionario enciclopédico, nunha acción que utiliza “a forza e a intimidación para conseguir algo”14. Neste sentido non se delimita a noción conceptual a actos estritamente físicos, senón que abrangue a violencia verbal, psíquica e sexual. No ámbito do dereito recoñécense tales feitos como violencia, e tamén se recoñece a coacción como unha forma de violencia. Non obstante, parece especialmente importante sinalar que a violencia non existe soamente como un feito físico, verbal, psíquico e sexual, senón tamén como un feito estrutural que actúa especialmente de forma simbólica. Dito de forma máis clara, a violencia pode constituír tamén unha característica estrutural, sobre todo cando aparece de forma reiterada e mesmo sistemática e en múltiples ámbitos socialmente relevantes como un atributo “aceptado”; tal é o caso das condutas agresivas que xustifican a ambición e a competitividade que encontramos no campo laboral, económico e político nas sociedades industriais modernas, por exemplo. As múltiples situacións nas que ás mulleres lles é impedido que actúen libremente ou que poidan desenvolver as súas actividades sen coacción, son situacións de violencia para as mulleres. Os mecanismos e esferas específicas varían, e van dende agresións físicas e ataques psicolóxicos ou verbais, ata o maltrato económico e sexual. Aínda que existan formas e situacións moi variadas de maltrato nas relacións sociais, e concretamente nas relacións interxénero, sempre aparecen como vítimas as mulleres, se ben, dun tempo a esta parte, “a Agradecemos especialmente a subvención recibida por parte da Xunta de Galicia, vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, secretaría xeral de Igualdade, para a realización deste proxecto de investigación titulado Violencia simbólica contra as mulleres e medios de comunicación: o caso dos telexornais da TVG (orde 7 de xuño de 2007). 14 Diccionario enciclopédico Espasa, 1994, tomo X, páx. 2552. 13

86

expresión ‘violencia contra as mulleres’ empezou a desaparecer da linguaxe oficial e dos medios de comunicación” (Rivera Garretas, 2001), e viuse substituída particularmente polo concepto violencia de xénero, termo que finalmente aparece, segundo é sabido, na tan anhelada Lei integral contra a violencia de xénero15. No presente contexto subscribimos a tese de que a violencia contra as mulleres en realidade non é violencia de xénero. Preferimos por múltiples razóns o termo violencia contra as mulleres, máis claro e cunha acepción internacional. É máis, a violencia que se exerce contra as mulleres é en realidade unha violencia sexista, unha “agresión á muller” (Lorente Acosta, M. 2001, p.37 e ss.). Débese á súa condición social de xénero, e polo tanto é unha violencia “sexista” vinculada a unha estrutura social de tipo androcéntrico. Para dilucidar aínda máis a nosa posición teórica, parécenos importante facer referencia á definición que ofrece Johan Galtung. Este autor distingue entre violencia directa, violencia estrutural e violencia cultural16. A violencia directa permite a identificación inmediata dun autor ou autora e a súa vinculación cun acto de violencia. A violencia estrutural emerxe e forma parte da estrutura social e ten que ver coas formas sociais e estruturais da explotación e marxinación das persoas. Pola contra, a violencia cultural e as súas formas perduran basicamente baixo as mesmas aparencias durante espazos de tempo longos como formas e hábitos culturalmente válidos. Este tipo de violencia inclúe as lexitimacións, represións culturais e as súas representacións simbólicas respectivas, mentres que as accións corresponden obviamente á violencia directa. En cambio, a violencia estrutural actúa de modo sutil baixo as formas diversas do exercicio de poder e da dominación social, política, económica, etc. Tal e como aduce o autor, as interaccións e combinacións entre estes tres tipos de violencia son múltiples. Entre si compoñen realmente un triángulo interconectado do cal dende calquera elemento se pode transmitir facilmente a violencia a outro17. Aplicando este modelo de análise ao noso tema podemos perfilar a nosa argumentación acerca da tese de que a violencia exercida contra as

Lei orgánica 1/2004, de 28 de decembro, denominada, de modo preciso, Medidas de protección integral contra a violencia de xénero. 16 Segundo este modelo, podemos analizar as raíces estruturais e culturais da violencia directa que no caso da violencia contra as mulleres nos permite, por exemplo, un enfoque “multidimensional”. Vid. Galtung, J. (1990). Cultural Violence, o.c., p. 291-305. 17 Ibidem. 15

87

mulleres é realmente unha violencia estrutural-sexista, é dicir, constitúe un fenómeno socioestrutural que actúa usando infinidade de elementos culturais diversos nos múltiples ámbitos sociais, científicos, económicos, políticos e laborais. Trátase dun tipo de violencia fundamentada nunhas definicións de xénero verticais que establecen unhas interrelacións caracterizadas polo exercicio de poder e de dominio dun xénero fronte a outro nunha estrutura social concreta (aspecto estrutural). A violencia cultural actúa a través das interrelacións sociais habituais, que asignan ás mulleres de forma preponderante as funcións do coidado humano e aos homes, pola contra, unha posición prioritaria no ámbito público e no do traballo, así como nos postos de maior responsabilidade. O modelo cultural e estrutural de fondo corresponde ao androcentrismo en todas as súas dimensións. A dimensión cultural e estrutural da violencia xa non só ten ao seu servizo uns mecanismos simbólicos illados, senón toda unha armazón de elementos simbólicos, vinculados a instancias, que de modo aparente se encontran afastados de contidos ideolóxicos precisos, pero que exercen unha forza ideolóxica tal que garanten a reprodución efectiva da estrutura androcéntrica de fondo. Aos medios de comunicación de masas correspóndelles aquí un lugar preferente entre estas instancias, xa que operan simbolicamente con modelos que reproducen e sutilmente exercen de múltiples formas unha violencia simbólica contra as mulleres, servíndose de elementos culturais e sociais aceptados e aparentemente “correctos” e “neutrais”. Por exemplo, a través da representación tradicional dos roles de xénero, da subrepresentación das mulleres, dun superprotagonismo masculino e da transmisión de comportamentos estereotipados que non corresponden á realidade plural existente. O androcentrismo achega a lexitimación cultural e estrutural da violencia directa e a xustificación ideolóxica das normas de acción para perpetuar a discriminación das mulleres e manter a verticalidade das relacións interxénero.

3. Medios de comunicación de masas e forza ideoloxicamente regresiva Dende unha perspectiva de socialización e educación humana que pon de relevo o poder construtor dos medios de comunicación e, efectivamente, o poder socializador resultante dos medios a través da transmisión de significados, os medios de comunicación inducen de facto á construción e reconstrución da realidade social facilitando ao mesmo tempo as ferramentas para a interpretación do significado mediático. 88

Para as explicacións e interpretacións da dinámica mediática dende un punto de vista feminista son relevantes, por unha parte, aqueles enfoques que cren que os estereotipos se deben á simple existencia destes na sociedade, o que é fundamental para unha concepción reproducionista sobre os medios na sociedade. Por outra parte encontramos posicións que sosteñen que a situación das mulleres nos medios está estreitamente vinculada á subrepresentación destas nas redaccións e nos postos directivos (Van Zoonen, 1988: páx. 35-53), e que os mesmos medios teñen unha “función regresiva” (C. Fagoaga, 1993: páx. 100-101) tocante ao rol feminino. As últimas ideas van claramente camiño de afirmar que os medios de comunicación non representan neutralmente os fenómenos socialmente importantes, nin tampouco seguen operando cuns estereotipos por razóns dun “atraso ideolóxico” con respecto á dinámica social máis avanzada. Cumpren, ao noso xuízo, unha función ideolóxica que favorece o mantemento dunhas estruturas de poder que, no caso do rol feminino, é unha función ideoloxicamente regresiva, xa que as mulleres non chegan a ser mostradas na súa relevancia social real desempeñada, isto é, a través das funcións que realmente desempeñan na sociedade. De modo máis claro, os medios de comunicación de masas inciden na reprodución e produción dunha realidade social mediante a transmisión de elementos falsos e cambiados sobre os roles de xénero. Esta aseveración sitúase nunha liña epistemolóxica que rompe cunha mera crítica representacionista. Achégase a unha postura teórica coñecida como “construtivista”, posición epistemolóxica cada vez máis importante no contexto da investigación mediática feminista18. Neste sentido, unha concepción construtivista pon máis atención no aspecto dinámico-comunicativo dos medios tocante aos roles de xénero que invitan aos receptores das mensaxes á construción dos elementos que constitúen a realidade social. É esta última posición a que enlaza coa convicción semiótica de que a linguaxe, as imaxes e a comunicación en xeral inciden na construción e reconstrución da propia realidade á vez que ofrecen a bagaxe simbólica para reconstruíla. Así enténdese ante todo que se trata dun proceso ao longo do cal o suxeito reproduce, pero tamén produce xa activamente significados posto que establece, grazas á dinámica comunicativa, unha Vid. sobre o tema a afirmación de Mª Luise Angerer e Johanna Dorer que falan moi particularmente de vinte anos de investigación feminista da televisión. Angerer, Mª. L. e Dorer, J. (1996): “Gendered Genres and Gendered Audiences. Genealogie der feministischen Rezeptions-und Fernsehforschung”, en: Marci-Boehncke, G.; Werner, P. e Wischermann, U. (eds.): Blickrichtung Frauen. Theorien und Methoden geschleschtsspezifischer Rezeptionsforschung. Deutscher Studien Verlag, Weinheim. Páx. 61. 18

89

relación estreita entre os contidos e significados manexados e as súas necesidades e desexos. Nos nosos traballos, igual que para o contexto que nos ocupa de modo específico aquí, defendemos unha concepción construtivista-interaccionista que pon de relevo o poder construtor dos medios de comunicación e, efectivamente, o poder socializador resultante dos medios a través da transmisión de significados. Facilitando as ferramentas para a interpretación do propio significado mediático, os medios de comunicación inducen á construción da realidade social circundante. Unha postura epistemolóxica como a referida representa metodolóxica e epistemoloxicamente un acceso distinto á interrelación xénero-medios de comunicación que unha postura “representacionista”, xa que vai máis alá dunha análise das diferenzas entre mulleres e homes e dunha crítica dos estereotipos existentes. En síntese, parte da tese de que os medios de comunicación, a linguaxe e a comunicación en xeral constrúen ao mesmo tempo que reproducen a realidade. Partimos dun enfoque teórico de reconstrucións activas dos medios de comunicación, unha postura interaccionista aínda cando as comunicacións que se establecen entre o medio e o suxeito receptor pouco teñen que ver con comunicacións recíprocas, ou ben, con interaccións simétricas que supoñen o punto de partida das análises teórico-interaccionistas. No presente contexto apoiámonos no presuposto de que a linguaxe, así como os símbolos mediáticos en xeral, expresan, isto é, representan a realidade ao mesmo tempo que interveñen na súa construción na liña do descrito por G. H. Mead para o tema da comunicación a través dos símbolos significantes19. Dende este punto de vista é obvio que unhas imaxes axustadas á realidade teñen un efecto socializador distinto que unhas imaxes falsas. En concreto e no tocante ao noso tema, non é o mesmo que se dea unha representación falseada sobrerrepresentando o elemento masculino e subrepresentando o feminino. Posto que, tal e como puidemos demostrar nas nosas investigacións ao respecto, nos medios de comunicación de Mead diferencia entre o xesto simple e o xesto, ou ben símbolo, significante. O último é aquel que expresa a idea que representa e que ao mesmo tempo, logra xerar esta mesma idea noutros seres humanos. O símbolo significante máis importante que reúne todas estas características é o símbolo lingüístico. Vid. sobre todo, Mead, G.H.(1972): Espíritu, persona y sociedad. Paidós, Barcelona. Recordo aquí tamén as achegas de Watzlawick e Habermas sobre os dous aspectos fundamentais da comunicación, o do contido e o da relación. Watzlawick e outros:(1983): Teoría de la comunicación humana. 3ª ed., Barcelona: Herder. 19

90

masas modernos domina unha sobrerepresentación masculina e unha subrepresentación feminina falsas, non cabe outra clasificación que a dunha “función ideolóxica regresiva” dos medios en relación cos roles de xénero. Os medios de comunicación de masas modernos, e concretamente o medio televisivo, cumpren unha función ideoloxicamente regresiva para os roles de xénero feminino e masculino, co cal se converten, nas sociedades modernas, en instancias de socialización centrais con vistas ao mantemento das estruturas androcéntricas, estruturas estas que constitúen o soporte básico para a violencia contra as mulleres

4. Medio televisivo e “violencia simbólica” O medio televisivo, grazas á súa función ideoloxicamente regresiva para os roles de xénero feminino e masculino, exerce, de facto, unha violencia simbólica contra as mulleres. De modo rotundo, pensamos que a “función ideoloxicamente regresiva” dos medios en relación cos roles de xénero na súa dimensión simbólica e, particularmente, de violencia simbólica que actúa sobre as mulleres, ten un valor especialmente negativo dende un punto de vista da socialización e educación humana debido á dinámica propia destes procesos, que cando teñen lugar en idades moi temperás son altamente difusos e en gran parte inconscientes e semiconscientes. Ademais, inciden nun devir que pertence aos procesos primarios de identificación humana en cuxo transcurso o ser humano se percibe dende o primeiro momento no cal toma conciencia do seu “si mesmo” (nós) como un ser, un suxeito sexuado. Identifícase non como “persoa”, senón como persoa de sexo masculino ou feminino, como “nena” ou “neno”, feito que lle comporta, en efecto, a súa “identidade de xénero”. De alí derívase o significado do que denominamos a dobre dimensión de violencia simbólica que exercen os medios de comunicación de masa modernos, especialmente a televisión, a través da súa forza socializadora. Esta dobre dimensión de violencia simbólica proveniente da dimensión mediática, á parte das repercusións negativas que supón dende un ángulo propiamente socializador, impide fortemente uns procesos de cambio necesarios precisamente no que á violencia contra as mulleres se refire. Nas nosas investigacións empíricas puidemos comprobar como os medios de comunicación de masas modernos, especialmente a televisión, cumpren de modo global unha función ideoloxicamente regresiva para o rol do xénero feminino de maneira que inciden e favorecen uns 91

modelos de identificación androcéntricos e o mantemento dunhas estruturas de poder deste tipo. Isto é, o androcentrismo entendido como modelo social e cultural determina tanto as conviccións e pensamentos persoais, coma o comportamento institucional e os esquemas que dominan nos diversos campos específicos das sociedades modernas, como é o caso do ámbito político, do científico, do social, do cultural ou do económico, por exemplo. Na lóxica androcéntrica o home constitúe o modelo cultural por excelencia, o centro do mundo e da vida social, económica, política etc., constitúe o modelo que envolve todo e, polo tanto, representa o modelo simbólico-cultural dominante. A nosa hipótese concirne ás imaxes e mensaxes mediáticas que pertencen á súa vez a medios e campos mediáticos diversos, aínda cando os datos empíricos se refiren especificamente ao medio televisivo, indubidablemente o máis poderoso nas sociedades actuais. Non obstante, as investigacións en relación co presente tema, mostran de modo global os datos sobre a prensa escrita, as noticias, os diarios, a prensa feminina etc., e mesmo sobre a literatura, que han de interpretarse, ao noso xuízo, na mesma liña. En efecto, os medios de comunicación modernos operan simbolicamente con modelos que reproducen e exercen sutilmente unha violencia simbólica contra as mulleres xa simplemente a través dunha subrepresentación das mulleres e dun falso subprotagonismo social feminino e mediante un falso superprotagonismo masculino e unha sobrerrepresentación dos elementos masculinos.

5. Os telexornais da TVG Os resultados do noso estudo sobre os telexornais de TVG20 indican que as imaxes, en canto ás funcións mostradas de mulleres e homes, corresponden realmente a representacións falsas e ofrecen unha imaxe distorsionada da realidade ao mesmo tempo que achegan os elementos que interveñen nunha “falsa reconstrución” da realidade. Aquí procedemos só a unha concisa valoración dos datos máis relevantes do proxecto de investigación xa citado Violencia simbólica contra as mulleres e medios de comunicación: o caso dos telexornais da TVG, subvencionado pola Xunta de Galicia, vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, secretaría xeral de Igualdade. O equipo de investigación estivo formado por quen subscribe, Ana Porto Castro e Jorge García Marín. Para a recollida de datos efectuáronse gravacións e análises por categorías, etc., na segunda metade do ano 2007. 20

92

Os resultados achegan indicios empíricos abondo acerca de cales son os elementos simbólicos decisivos que representan, xa sexa de forma directa ou indirecta, as identidades de xénero masculino e feminino e as imaxes feminino e masculino no medio televisivo, concretamente nos telexornais da TVG. Do mesmo xeito podemos establecer modelos clasificatorios con respecto aos elementos simbólicos que interveñen dende o ámbito mediático na violencia contra as mulleres e determinar os modelos básicos que operan diferencialmente, xa sexa de forma directa ou indirecta, con respecto á violencia contra as mulleres. Pensamos certamente que os nosos datos mostran que as mulleres nos telexornais da TVG reciben un trato simbolicamente violento xa polo simple feito de estar subrepresentadas nos contidos da información, a pesar de representar, iso si, unha maioría no equipo dos profesionais da presentación, un 75 %. De aí se deriva a forza simbolicamente violenta do medio televisivo con vistas á imaxe social das mulleres en contraposición coa dos homes. Ningunha muller en solitario estivo á fronte da realización nin da produción, pero si formando parte de equipos mixtos (nun 86,3 % no caso da realización, nun 97 % no da produción) que representa aquí o modelo típico. As mulleres xa conseguiron a súa incorporación nos cadros de edición e de produción mixtos. Nun 52,8 % dos informativos analizados existe ademais unha dirección e produción de deportes nas cales as mulleres non están presentes. Isto é, nun 100 % dos casos estas tarefas corresponden a homes. Por outra parte, tamén encontramos mulleres maioritariamente na presentación. A condutora do informativo é no 45,4  % dos casos unha muller e no 0,1 % son dúas as encargadas. A copresentación mixta dáse nun 44,8 %. Unicamente no 9,7 % das noticias o presentador foi un home exclusivamente. A análise pormenorizada das noticias móstranos que no 56,9 % dos casos é unha muller quen presenta a noticia; nun 21 % é un home; e de forma combinada (muller e un home) encóntrase no 3,1 % dos casos analizados. Nalgunhas ocasións non se presenta a noticia e pásase ao vídeo directamente (19 %). En relación con estes datos sorprende aínda máis que exista unha correlación tan negativa con respecto aos contidos das noticias, nas cales, tal e como sobresae, case non aparecen as mulleres como protagonistas, nin dos propios contidos, nin como suxeitos entrevistadas. Ademais, a pesar do claro predominio feminino entre as e os profesionais da información os datos amosan, non obstante, un claro dominio masculino en canto ás imaxes e obxectos da información presentada polos telexornais da Televisión de Galicia. Dende logo sorprende a correla93

ción absolutamente negativa entre o xénero das presentadoras/presentadores e o xénero dos suxeitos que constitúen o punto central das noticias, tanto dos telexornais do mediodía coma dos da noite, insistindo de novo neste feito. Así mesmo é preciso subliñar que practicamente na metade das noticias recollidas, no 49,3 %, non existe presenza física feminina nas imaxes que se ofrecen como soporte visual no seu desenvolvemento mediático. Tal e como amosan os datos particulares, a imaxe do xénero masculino vese favorecida polo medio televisivo e o tipo de programas mencionado, os telexornais, de forma que xa a maior frecuencia de aparición dos homes repercute nunha imaxe positiva destes, mentres que con respecto ao rol de xénero feminino se transmite un modelo connotado pola ausencia ou apenas presenza destas. Tal subrepresentación falsa das mulleres produce efectos negativos sobre a imaxe feminina e incide, en realidade, nunha “invisibilización” das mulleres. Esta –vinculada ao mesmo tempo á insignificancia do feminino dende o punto de vista de protagonismo social– ten como consecuencia supostamente unha asunción vertical dos roles de xénero, feito que se amosa nas funcións, tarefas, pautas de conduta e ocupacións laborais que seguen presentando diferenzas substanciais en función do xénero en mozas e mozos adolescentes investigados. Con respecto ao rol do xénero masculino existe o que denominamos noutros contextos de investigación un falso superprotagonismo; ou ben unha falsa superrepresentación do protagonismo masculino. A televisión e, concretamente, os telexornais da TVG, contribúen con iso a unha reprodución e produción ideolóxica dunha realidade social que se asenta sobre elementos falsos e falsificados sobre os roles de xénero. Mediante a dinámica descrita, o medio televisivo investigado actúa de forma simbolicamente violenta, isto é, xera unha violencia simbólica sobre as mulleres. Esta, na súa vertente estrutural, produce uns efectos socializadores con trazos claramente androcéntricos, trazos que contrarrestan, á súa vez, todos os esforzos para conseguir unha constelación efectiva de igualdade nas relacións sociais interxénero e de erradicar a violencia contra as mulleres en todas as súas facetas. Os estereotipos e os contidos transmitidos polos telexornais da TVG en relación cos roles de xénero, de modo preciso o superprotagonismo falso dos homes e o subprotagonismo falso das mulleres, percibidos como elementos centrais da dinámica mediática, constitúen o punto central da violencia simbólica exercida contra as mulleres por parte do medio estudado que ademais a penas trata contidos referentes á violencia exercida contra as mulleres, segundo se desprende dos nosos datos empíricos ao respecto. 94

En suma, os nosos datos empíricos amosan efectivamente que a realidade transmitida nos telexornais da TVG corresponde de forma dominante a unha realidade masculina –os homes son omnipresentes–. Isto é, trátase dunha realidade con trazos androcéntricos que lles impide ás mulleres unha identificación positiva. Nisto reside precisamente a violencia simbolicamente exercida en relación co colectivo das mulleres. Estas están invisibilizadas e invisibles de forma sistemática e ademais non falan; cando aparecen moitas veces son mudas. É dicir, as mulleres, saíndo só no 16,5 % dos casos, a maioría das veces nin sequera falan (nun 83,5 %).

6. A xeito de conclusión Temos que concluír que os nosos datos, referentes aos telexornais da TVG, nos suxiren que as mulleres non son suxeitos da información, non se reflicte o seu protagonismo real na sociedade galega, que no momento analizado contaba practicamente cunha paridade de mulleres e homes no seu Goberno, por exemplo. Percibimos como os telexornais cumpren unha función ideoloxicamente regresiva tocante ao protagonismo social das mulleres e dos homes. Neste sentido, cabe destacar que nos diarios da TVG investigados se transmite de forma clara un modelo de realidade androcéntrica que á súa vez está ancorado nun falso subprotagonismo feminino e un falso superprotagonismo masculino, un fenómeno que exerce, lamentablemente, un significado simbolicamente violento sobre o colectivo das mulleres. O noso estudo empírico evidencia que os medios de comunicación, concretamente o medio televisivo, operan simbolicamente con modelos que reproducen e exercen sutilmente unha violencia simbólica contra as mulleres, xa simplemente a través dunha subrepresentación das mulleres e dun falso subprotagonismo social feminino e mediante un falso superprotagonismo masculino e unha sobrerrepresentación dos elementos masculinos. Os medios de comunicación modernos invisibilizan absolutamente o protagonismo social feminino incorrendo con esta dinámica na produción dunha violencia contra as mulleres.

Bibliografía CC.OO. (2000): El acoso sexual en el trabajo en España, Madrid: Secretaría Confederal de la Mujer. 95

FAGOAGA, C. (1999): La violencia en los medios de comunicación, Madrid: Comunidad de Madrid. FALCÓN, L. (1991): Violencia contra la mujer, Madrid: Vindicación Feminista. GELLES, R. T. e M. A. STRAUS (1988): Intimate violence, Chicago: University of Chicago Press. GELLES, R. (1987): Family violence, Beverly Hills, Sage. GREEN, A. H. (1978): “Self-destructive behaviour in baterred children”, American Journal of Psychiatry, 135, 579-582. GOODE, E. (1994): Deviant behaviour, Londres: Prentice Hall International, 4th ed. HARAWAY, D. (1991): Simians, Cyborgs and Women: The reinvention of nature, London: Free Association. HARAWAY, D. (2000): A Cyborg Manifesto en: D. Bell e B. Kennedy (eds.). The Cybercultures Reader, Londres e Nova York: Routledge. HOTALING, G.; M. STRAUS e A. LINCOLN (1990): “Intrafamily violence and crime and violence outside the family” en M. Straus e R. Gelles (eds.). Physical violence in american families: Risk factors and adaptations to violence in 8.145 families. New Brunswick: N. J., Transaction. KANTOR, G. e M. STRAUS (1990): “The Drunken Bum. Theory of Wife Beating” en M. Straus e R. Gelles (eds.). Physical violence in american families: Risk factors and adaptations to violence in 8.145 families. New Brunswick, N.J. Transaction. LANGAN, P. e C. INNES (1986): “Predicting domestic violence against women” en Bureau of Justice Statistics Special Report. Agosto, páxs. 1-5. LORENTE ACOSTA, M. (2001): Mi marido me pega lo normal, Barcelona: Ares y Mares. LORENTE ACOSTA, M. (1999): Agresión a la mujer: maltrato, violencia y acoso: entre la realidad social y el mito cultural, Granada: Comares. MARTIN SERRANO, E. (1999): Las violencias cotidianas cuando las víctimas son mujeres, Madrid: Instituto de la Mujer. MIEDZIAN, M. (1996): Chicos son, hombres serán: ¿Cómo romper los lazos entre masculinidad y violencia?, Madrid: Horas y Horas, Cuadernos Inacabados. NICHOLSON, L. J. (1992): Postmodernismo, Buenos Aires: Feminaria. PÉREZ DEL CAMPO NORIEGA, A. M. (1995): Una cuestión incomprendida: el maltrato a la mujer, Madrid: Horas y Horas, Cuadernos Inacabados. RADL PHILIPP, R. (ed.) (2001): Cuestiones Actuales de Sociología del Género, Santiago e Madrid: CIS-Univ. 96

RADL PHILIPP, R. (2001): Los medios de comunicación de masas y las imágenes en función del género: sobre la influencia socializadora de la Televisión en B. Muñoz (ed.) Medios de comunicación y Cambio Cultural, Madrid: Comunidad de Madrid. RADL PHILIPP, R. (2001): Acerca del estatus epistemológico-crítico de las investigaciones de género en R. Radl Philipp (ed.). Cuestiones Actuales de Sociología del Género, Santiago e Madrid: CIS-Univ. RADL PHILIPP, R. e M. C. GARCÍA NEGRO (ed.) (1995): As mulleres e os cambios sociais e económicos, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ROJAS MARCOS, L. (1996): Las semillas de la violencia, Barcelona: Círculo de Lectores. SHERMAN, L. e R. Berk (1984): “The specific deterrence effects of arrest for domestic assault”, American Sociological Review, 49, 261-272. STRAUS, M. (1991): “Discipline and deviance: Physical punishment of children and violence and other crime in adulthood”, Social Problems, 38, maio, 133-154. STRAUS, M. A., R. T. GELLES e S. K. STEINMETZ (1980): Behind closed doors: violence in the american family, New York: Doubleday/Anchor. WARD, D., T. CARTER e R. PERRIN. (1994): Social deviance. Being, behaving and branding, Londres: Allyn and Bacon. WEBSDALE, N. e M. CHESNEY-LIND (1998): “Doing violence to women: Research synthesis on the victimization of women” en Lee A. Bowker (ed.). Masculinities and violence, Londres: Sage.

97

A mirada androcéntrica dos medios de comunicación

Núria Simelio Solà Universitat Autònoma de Barcelona

1. Introdución Neste artigo presentamos os resultados de varias investigacións sobre a mirada androcéntrica dos medios de comunicación realizadas polo Feminari Dones i Cultura de Massesll da UAB. Este grupo de investigación do Departamento de Periodismo da UAB ten unha longa traxectoria, tanto polas persoas que o integraron como polas investigacións que realizou e a bagaxe de experiencias e coñecementos que acumulou dende que se constituíu en 1987, cando un grupo de profesoras do departamento se reuniron para levar a cabo a investigación Prensa para mulleres como discurso do privado: o caso do grupo HYMSA, financiada polo Instituto de la Mujer. Os traballos realizados polo Feminario seguiron unha dobre orientación: 1. A principal liña de investigación está dirixida á análise da representación de mulleres e homes e as súas relacións sociais nos medios de comunicación de masas, mediante o cal puidemos diagnosticar as repercusións do androcentrismo nas rutinas xornalísticas. 2. A outra está destinada a facer visibles as achegas das mulleres na explicación histórica e nas transformacións contemporáneas e facilitar a súa participación na construción dun coñecemento nonandrocéntrico, plural, interactivo e cooperativo. Actualmente traballa para desenvolver novos procedementos para producir informacións que outorguen ás mulleres e aos homes o papel activo e participativo que lles corresponde nunha democracia.

101

2. A crítica-autocrítica á orde androcéntrica dos medios de comunicación Nas últimas décadas realizáronse numerosas investigacións sobre a representación das imaxes da muller nos medios de comunicación. O informe publicado no ano 2000 polo Instituto de la Mujer acerca das imaxes das mulleres nos medios de comunicación (Kivikuru, 2000), no que participaron investigadoras de España e outros países da Unión Europea, dá conta dalgunhas investigacións que analizaron as imaxes das mulleres e os homes nos medios de comunicación. Nas conclusións deste informe recoñécense as principais lagoas nas investigacións: “faltan estudos comparativos, estudos lonxitudinais que permitan medir os cambios ao longo do tempo, enfoques sistemáticos, e referencias aos métodos e resultados da investigación” (Kivikuru, 2000: 64); é necesario investigar “sobre a relación entre os medios de comunicación, as mulleres e a política, e se os medios prestan a atención suficiente ás necesidades e preferencias dos grupos étnicos e, en particular, ás mulleres destes grupos” (Kivikuru, 2000: 66-67). Ademais, fanse “recomendacións para a investigación e a acción”, das cales destacamos o “seguimento regular e sistemático das imaxes de xénero no contido dos medios de comunicación” (Kivikuru, 2000: 69); a investigación sobre “o papel dos medios de comunicación en formar a percepción que se ten das mulleres que traballan no ámbito público e, especialmente, na política” (Kivikuru, 200: 70); a investigación sobre “a representación nos medios de comunicación dos grupos étnicos, grupos de inmigrantes recentes e grupos minoritarios de mulleres” (Kivikuru, 2000: 70-71); a “creación de redes para as mulleres a través dos novos medios de comunicación” (Kivikuru, 2000: 72); e a “educación e formación para as mulleres nos novos medios de comunicación” (Kivikuru, 2000: 73-74). O balance que se fai neste informe sobre a investigación realizada en España é parcial, debido a que a selección de investigacións se realizou a partir das palabras clave que se indican ao final da obra: mulleres, imaxe das mulleres, estereotipos, xénero, masculino, feminino, feminismo, igualdade, os distintos medios de comunicación e educación. Este repertorio é incompleto, xa que ignora as achegas que, a partir de investigacións financiadas parcialmente polo Instituto de la Mujer, se realizaron nos 80 dende a crítica ao androcentrismo do discurso académico e dos medios de comunicación21. A partir dos anos 90 estas investigacións proporcionaron unha metodoloxía sistemática para analizar a representaSobre a crítica á orde androcéntrica do discurso académico, ver: Moreno Sardà, 1986 e 1988. 21

102

ción na prensa dos modelos de xénero, femininos e masculinos, articulados con outras variables, como a idade, a etnia e a clase. Tamén serviron para relacionar estes modelos cos espazos sociais privados, públicos e marxinais, e coas actuacións e relacións sociais correspondentes a estes espazos, e para realizar análises lonxitudinais, que permiten detectar subsistencias e cambios, así como estudos comparativos entre informacións e publicidade nun mesmo medio, entre distintos medios e entre os textos dos xornais e os contextos históricos. Para iso, os obxectivos e as hipóteses das nosas investigacións poñen o foco en que as posibles dificultades epistemolóxicas ás que nos enfrontamos nas análises da representación das imaxes das mulleres nos medios de comunicación son o resultado do que Moreno Sardà denomina orde androcéntrica do discurso académico: “orde que regula o que se valora significativo/insignificante e, así, o que inclúe/exclúe, e o que se valora positiva/negativamente, expresión do universo mental, e o sistema de valores correspondentes a esa situación social” (Moreno, 1988: 86). E así, diríase que colocar en situación de privilexio o público e, en especial, o político, e menosprezar o privado, ao atender prioritariamente ás actuacións dos que, segundo Aristóteles, teñen dereito non só a vivir, senón a vivir ben, leva consigo privilexiar a quen constitúe o que adoitamos definir como clases dominantes, e ata aos homes destas clases dominantes: é dicir privilexia as actuacións de quen participa nos escenarios públicos en tanto que especialistas no control da vida social. (Moreno, 1988: 236)

A orde do discurso é androcéntrica e silencia a diferentes colectivos –nenos e nenas, mulleres, marxinados, etnias diversas, grupos minoritarios, etc.– por causa das relacións de poder que se establecen entre grupos sociais dominantes e dominados. Isto non implica que as persoas invisibilizadas sexan ignoradas expresamente, senón que a visión do mundo das persoas que realizan estes estudos está mediatizada polos conceptos e categorías lingüísticas da cultura académica occidental, que asimila a palabra “home” á sociedade no seu conxunto. Polo tanto, utilizan a súa propia concepción do mundo para explicar os modelos sociais presentes noutras culturas. En 1981, a antropóloga Marta Moia defendeu que as explicacións da historia e das restantes ciencias sociais se fundamentan nun sistema simbólico que define positivamente determinados aspectos a base de negar outros. Este sistema nega o coñecemento evidente de que nacemos das mulleres, para construír simbolicamente a afirmación do pai. Moia afir103

ma que o prexuízo científico e a linguaxe académica construíu o discurso histórico de forma sexista. E é sexista o fenómeno estilístico polo cal a impresión total da mensaxe desvirtúa o contido dos seus elementos. Por exemplo, fai falta ler varias veces esta frase: “O faraón reina con toda a súa pompa, pero é a raíña quen domina a vida política” e analizala polo miúdo (cribala) para descubrir o seu verdadeiro significado: o personaxe importante é a raíña. Como polo xeral dispoñemos de pouco tempo para facer esta análise, resulta un xeito estupendo de fixar a ideoloxía androcéntrica e ao mesmo tempo incluír a verdade, que se desliza inadvertida. (Moia, 1981: 33)

Os argumentos de Marta Moia foron decisivos para afondar nos exercicios de lectura crítica desenvolvidos por Moreno Sardà para detectar a que homes e mulleres enfoca o discurso académico e que tratamento reciben. Entender esta lóxica permite ensaiar unha explicación alternativa da realidade e do proceso histórico que faga visible as accións de todos os actores sociais, homes e mulleres, de calquera idade, zona xeográfica e condición social. Esta lectura supón tamén un exercicio de autocrítica para poder detectar os prexuízos que nós mesmas fomos asimilando no noso proceso de adaptación social a través das institucións socializadoras e educativas. De aí a miña insistencia na necesidade de utilizar a lectura non-androcéntrica para practicar un exercicio de autocrítica que nos advirta máis dos nosos hábitos mentais que dos fallos alleos, polo tanto, servíndonos doutros textos como (pre-)textos para practicar un saudable reaprender desaprendendo canto sentimos como feituras asfixiantes: un exercicio que nos axude a descubrir, a cada cal e só a partir de aí colectivamente, as dificultades con que tropezamos para comprender o mundo en que vivimos, a nosa propia existencia, e nos libre, así, de incorrer nese vicio tan propio do arquetipo viril que consiste en valorar negativamente a outras e outros para poder pronunciar unha falaz autoafirmación. Á fin e ao cabo, a negación do outro esixe sempre partir da autonegación da propia humanidade. (Moreno, 1988: 30)

Polo tanto, este exercicio de autocrítica e de repensar a noción do humano asumida a partir da escolarización, permite ampliar o enfoque, restrinxido ao colectivo viril que actúa nos escenarios públicos dos centros de poder, e abranguer o conxunto de mulleres e de homes de distintas condicións sociais que transitan polos diversos escenarios sociais, privados, públicos e marxinais. En definitiva, a lectura crítica non-androcéntrica de diversos textos permite clarificar a ambigüidade dos masculinos cos que presuntamente 104

se xeneraliza o humano. Ademais axuda a descubrir que esa presunción non serve só para privilexiar o que corresponde a un modelo masculino, adulto, racista e clasista, á vez que silencia os modelos atribuídos a outros e a outras, senón que serve, ante todo, para xeneralizar unha forma de actuación humana vinculada ao dominio expansivo practicado pola cultura occidental ao longo dos tempos e ata o presente a base de valorar negativamente as características opostas ao “arquetipo viril”. Esta operación, por medio da cal o particular se xeneraliza e se utiliza para avaliar o conxunto diverso de actuacións humanas, apóiase tamén na ambigüidade con que se utilizan outras claves conceptuais que definen positivamente as actividades, o universo mental e o sistema de valores propio dos homes adultos que participan do exercicio do poder nas sociedades occidentais..., fronte a outras formas de vida, outros sistemas de valores e outros universos mentais que aparecen definidos negativamente. (Moreno, 1988: 37)

3. A representación de mulleres e homes na prensa de información xeral Na súa tese doutoral sobre Prensa de información xeral durante a transición política (1974-1984): subsistencias e cambios na representación das relacións sociais, (Simelio, 2006), Núria Simelio analizou todas as unidades comunicativas de 11 exemplares completos de 4 diarios de información xeral publicados en 1974, 1979 e 1984. Os resultados da investigación examinan a presenza das representacións sociais en catro xornais de información xeral durante o período que vai de 1974 a 1984. Analizáronse todas as unidades comunicativas de 11 exemplares completos a partir de 121 variables. As unidades de análise totais son 3.298 repartidas entre El País (425), La Vanguardia (970), El Correo Español/El Pueblo Vasco (794) e ABC (1190). O total de datos rexistrados é de 399.058. A análise atenta das 3.397 unidades permitiu detectar o descenso da atención cara aos protagonistas humanos a favor dos non humanos dende a transición política. A mirada informativa mantivo unha preferencia cara aos actores institucionais, e unha redución do interese pola cidadanía plural. Ademais, este retroceso no enfoque dos protagonistas humanos afecta principalmente ás mulleres e aos colectivos que forman parte da sociedade civil. Contrariamente, a atención cara aos homes identificados permaneceu estable. 105

Como podemos ver na seguinte táboa, as mulleres identificadas reciben unha menor atención nos xornais analizados: Táboa 1 Evolución de mulleres e homes identificados con nome e/ou apelidos (número de referencias e porcentaxe de superficie) 1974 Mulleres identificadas

Homes identificados

Número

Superficie

Número

Superficie

ABC

10

6,1 %

75

42,5 %

El Correo Español

3

1,4 %

42

29,8 %

El País









La Vanguardia

7

1,5 %

77

27,4 %

1979 Mulleres identificadas

Homes identificados

Número

Superficie

Número

Superficie

ABC

4

2,8 %

72

34,8 %

El Correo Español

10

2,5 %

59

32,2 %

El País

3

2,0 %

36

31,4 %

La Vanguardia

2

0,6 %

54

28,7 %

1984 Mulleres identificadas

Homes identificados

Número

Superficie

Número

Superficie

ABC

14

6,4 %

66

28,0 %

El Correo Español

2

1,7 %

37

27,7 %

El País

4

2,4 %

51

32,5 %

La Vanguardia

7

4,1 %

55

28,0 %

A maior presenza de mulleres correspóndelle ao exemplar de ABC de 1984, con 14 informacións que ocupan o 6,4 % da superficie redaccional en 1984. La Vanguardia de 1979 é a que presta menor atención ás mulleres, tanto en cantidade de unidades (2) coma en superficie redaccional (0,6 %). As mulleres son enfocadas principalmente cando realizan actividades artísticas e deportivas, como vítimas, delincuentes ou “señoras de” e son mostradas sobre todo como axentes pasivas e receptoras de accións 106

moitas veces negativas. Ademais, fanse cualificacións sobre as súas características persoais, como a simpatía ou a beleza, e non aparecen como representantes públicas. Como poñen de manifesto os datos desta táboa, as mulleres merecen moi pouca atención en todos os diarios, tanto en número de unidades redaccionais como en porcentaxe de superficie redaccional. A abundancia de nomes de homes adultos contrasta coa escaseza de nomes de mulleres, coma se ao longo deses anos non se incorporasen ás mesmas profesións, coma se a actividade pública continuase sendo un reduto exclusivamente viril. As mulleres identificadas constitúen un repertorio moi reducido no enfoque dos diarios analizados, pero precisamente por isto, é significativo que nos deteñamos a analizar quen son estas mulleres. Segundo as táboas, o exemplar que enfoca menos mulleres tanto en número coma en porcentaxe de espazo é La Vanguardia de 1979, con tres mulleres que só ocupan o 0,6 % da superficie. Dúas forman parte dun colectivo de varias personalidades entre as que se encontran MariCruz Soriano, o doutor Puigvert, Rosa María Mateo e José Luís Balbín. A outra muller é enfocada como vítima: “Piedad Luna, empregada de limpeza, foi apuñalada con feridas graves na azotea do inmoble onde traballaba. Suponse que o agresor estaba alí agochado con outros propósitos que lle estragou inconscientemente a coitada muller”. Nos exemplares de 1974 e 1984, La Vanguardia enfoca principalmente mulleres relevantes por ser deportistas, artistas, vítimas, ou ter un elevado status social. En 1974, das 7 mulleres enfocadas, cinco son actrices, unha deportista, e a última é “Dona Laura Laverdós Sinón que deu a luz unha nena”. Entre as actrices encóntrase Charlotte Dalgle “de trinta e un anos de idade, que tardou un ano en conseguir un visado para entrar en Rusia e así poder casar cun artista ruso ao cal coñeceu en Leningrado en 1968”. No exemplar de La Vanguardia de 1984 enfócanse oito mulleres: dúas deportistas, catro artistas e dúas na sección de sociedade. Por outro lado, encontramos unha soa muller con poder político, “Margaret Tatcher, presidenta de goberno”. ABC é o diario analizado que enfoca un maior número de mulleres identificadas. Non obstante, a tipoloxía de mulleres que lle chaman a atención ao diario é a mesma que nas outras cabeceiras. En 1974, das 10 protagonistas que aparecen en nove unidades redaccionais encóntrase unha deportista, unha miss, unha raíña –Isabel de Inglaterra–, catro artistas, unha escritora, unha detida por posesión de droga –Maria Das Grazas Silva, da que se advirte que é súbdita brasileira, con 21 anos e de profesión manequín– e unha “señora de” –“señora de Yllera (don Guiller107

mo) de solteira Mauca Díaz de Bustamante, deu a luz un neno, primeiro dos seus fillos, que recibiu o nome de Guillermo”–. En 1979, ABC enfoca 5 protagonistas mulleres. A protagonista que ocupa máis espazo é Patricia Hearst –“sorrinte abandona a prisión”–, que aparece nas primeiras páxinas e na sección de sucesos. Esta protagonista é enfocada por quebrantar a lei, se ben, a diferenza de 1974, en que tamén hai unha delincuente, aquí resáltase a súa orixe familiar acomodada. As outras tres son unha presentadora de televisión, unha actriz, e a única empresaria da mostra que contesta unha enquisa sobre se “lle dá medo saír á rúa” por causa do terrorismo. Por último, enfócase sarcasticamente unha muller finlandesa de 60 anos, “morta nos brazos dun latin lover”. O ABC de 1984 é o que máis mulleres enfoca de toda a mostra, con 14 mulleres e o 6,4 % da superficie. Sete teñen unha profesión relacionada co espectáculo: unha actriz de cine, Marilyn; unha actriz de teatro, Lola Herrera; unha azafata do programa de televisión 1, 2, 3; unha soprano; dúas modelos e unha personaxe de ficción, Elena Francis. Tres son enfocadas como “señoras de” a causa de “dar a luz”. Ao igual que nos outros exemplares, tamén se enfoca unha deportista, Tina Lillack, da que se di explicitamente que “é de mirada levemente miope e ten unhas pernas longas como unha estrada de middle west”; e unha delincuente, Mª Teresa Mestre. Finalmente, encontramos a Ronit Sova, enfocada pola súa condición de muller e a súa posición xerárquica nunha institución: “ocupa o posto de instrutor dos paracaidistas xudeus, e é a primeira muller, naquelas latitudes, que se dedica a tales mesteres. A sorrinte sarxento maior contabiliza xa douscentos corenta saltos”. Tamén se destaca que ten 23 anos e é xudía. O exemplar de 1974 de El Correo Español/El Pueblo Vasco enfoca tres mulleres identificadas con nome e apelidos: unha princesa herdeira que cumpriu 36 anos; unha historiadora condecorada coa orde británica do mérito –“galardón que só recibiran tres mulleres ata ese momento, que premia o labor daqueles súbditos que se distinguiron no exército, a mariña, as ciencias, a arte ou a literatura”– e unha deportista, record mundial de natación. En 1979 amplía o enfoque a dez mulleres, seis delas dedicadas ao espectáculo: catro cantantes, unha pianista e unha actriz que se divorcia. Tamén se enfocan dúas mulleres co estereotipo de vítima: unha viúva dun policía asasinado e unha muller de 21 anos que consegue unha indemnización por unha neglixencia médica. Por último, dúas delincuentes: unha refuxiada vasca membro de ETA, e Patricia Hearst, que sae en liberdade despois dunha condena por roubar a man armada nun banco. 108

En 1984, El Correo Español só enfoca dúas mulleres: unha ex-presa e ex-membro de ETA, acollida a medidas de graza, obxecto de insultos persoais e chamadas anónimas; e a personaxe de ficción Elena Francis, conselleira sentimental e marca comercial. El País só inclúe tres mulleres (2 %) como protagonistas no exemplar de 1979 e catro (2,4 %) no de 1984. Polo tanto, enfoca moi poucas mulleres e cando o fai pon de manifesto imaxes preconcibidas do tipo de mulleres que chaman a atención do diario. Tanto en 1979 coma en 1984 encontramos unha muller que representa a “nena rica” que cae na delincuencia: Patricia Hearst, multimillonaria saíndo da prisión despois da súa relación cun grupo revolucionario; e Peach de Rohan, na contraportada, unha princesa suíza, expulsada dun internado por fumar marihuana. Tamén enfoca deportistas: Andrea Matay, atleta húngara, e Tina Lillack, campioa do mundo de xavelina. Outro modelo é o da artista, neste caso Mia Farrow, que solicita o divorcio, e Eulalia Solé, pianista. Finalmente, só encontramos unha muller anónima identificada con nome e apelido, que aparece na contraportada, Dolores Fernández Feijoo, artesá. Os homes identificados con nomes e apelidos merecen moita máis atención en todas as cabeceiras. No ABC de 1974, por exemplo, ocuparon o 42 % da superficie redaccional (75 unidades redaccionais), o 34,8 % en 1979 (72 unidades redaccionais) e o 28 % en 1984 (66 unidades redaccionais). En El País de 1979 e 1984 ocuparon o 30 % da superficie redaccional (36 e 51 unidades redaccionais, respectivamente). La Vanguardia e El Correo dedican entre un 25 e un 30 % da superficie redaccional aos homes. Os homes máis enfocados son os xefes de Estado e os membros do Goberno español, e as accións que realizan son, maioritariamente, positivas. Aparecen designados como os xestores do cambio político ao tempo que se minimiza a atención das transformacións sociais. Os actores políticos e gobernamentais aparecen en aproximadamente o 60 % das informacións. A atención prestada aos protagonistas “non humanos”, ademais, afectou especialmente ás mulleres e aos colectivos que non participan do poder, o cal significa que esta deshumanización acentuou unha mirada androcéntrica restritiva: menor atención cara ás mulleres e a maioría da poboación non identificada individualmente. A deshumanización provoca un distanciamento das decisións políticas da maioría da poboación, cuxa capacidade de intervención e de participación aparece reducida. Menos do 5 % do espazo (superficie redaccional) é dedicado ás mulleres, mozos, nenos e nenas, estranxeiros, e ás institucións ou entidades que forman parte da clase traballadora e a sociedade civil. Esta poboación representa en conxunto menos do 15 % do 109

total dos protagonistas enfocados. Neste sentido destaca o ABC de 1979, no que representa un 5,1 %, e El Correo e La Vanguardia en 1984, ambos os dous cun 5,5 %. Os colectivos menos representados reciben un tratamento máis negativo. Os homes que teñen poder son enfocados maioritariamente con verbos que indican accións activas ou que implican dicir e reciben un tratamento positivo, como suxeitos axentes cuxas opinións e decisións son importantes. Mentres os homes identificados afirman, os protagonistas non identificados solicitan, e as mulleres prestan declaración. Diversos exemplos mostran que os protagonistas que forman parte do centro hexemónico analizan, comparecen, investigan, consideran, puntualizan, celebran, confirman, declaran, informan, comentan, expoñen, afirman, visitan, participan... mentres a poboación anónima morre, enfróntase a tiros, son acusados, rouban, son expulsados, persisten no paro, son feridos, encérranse, son condenados, son xulgados, abandonan, atrinchéiranse, atrasan, proseguen coa folga... A prensa de información xeral, durante a transición política española, lexitimou o control hexemónico do debate público por parte da clase política e dos medios de comunicación, reducindo a cidadanía plural ao limitado e pasivo rol de espectadora. A maioría de mulleres e homes quedaron fóra dos enfoques e tratamentos da realidade social dos xornais. A partir do período da transición produciuse un constante descenso da venda de diarios de información xeral que se relacionou coa crise económica ou coa competencia radiofónica, televisiva ou en liña. Os resultados permiten ver como estes diarios de información xeral, ao centrar a súa mirada sobre un reducido grupo de homes nas súas loitas pola xestión do poder, puideron provocar que a cidadanía plural, que recuperara o seu dereito a intervir na vida pública e que era moi activa socialmente, advertise que xa non podía identificarse como protagonista e suxeito do debate público e sentise certa frustración cos contidos xornalísticos. A prensa de información xeral non reflectiu as transformacións que se sucederon na transición e a democracia, que significaron a recuperación do pleno dereito de cidadanía para as mulleres e outros colectivos marxinados durante o franquismo. O período de transición é básico en termo de transformacións sociais entre homes e mulleres. Durante a ditadura non estaba recoñecida a igualdade legal entre sexos que se formulou na Constitución española en 1978. Nesta etapa despenalízanse os anticonceptivos, o divorcio, o adulterio e nalgúns aspectos o aborto, o que representa cambios transcendentais para a vida da poboación española. 110

Ao resistirse a dar conta destes cambios, podemos pensar que a prensa actuou como freo a pesar de que a sociedade e a lexislación enfrontaban transformacións radicais. Polo tanto, non resulta tan lóxico atribuír un valor superior e unha maior credibilidade á prensa considerada de información xeral.

4. O test ADSH, base da Guía para humanizar a información Os resultados desta investigación coinciden cos obtidos noutras investigacións sobre mostras máis recentes, realizadas a partir da elaboración da Guía para humanizar a información (2005), un proxecto financiado polo Institut Català de les Dones. O primeiro obxectivo desta guía é converter o “método de análise hemerográfico diacrónico automático” (utilizado na investigación I+D e descrito en La mirada informativa) no test ADSH para a avaliación da amplitude, diversidade e sensibilidade humana da información. O test ADSH é unha ferramenta que pode ser utilizada tanto na investigación académica coma nas redaccións dos xornais para avaliar a información. Na Guía para humanizar a información, (Moreno, Rovetto, Buitrago, 2008), aplicando o test ADSH analizáronse os titulares das noticias de portada e contraportada do ABC, La Vanguardia, El País e El Periódico de Cataluña do primeiro venres de febreiro de 1984, 1994 e 2004, e os titulares do mesmo día de 2004 dos diarios El Punt, 20 Minutos e Metro Directe. Se afondamos nos datos, vemos que soamente aparecen catro mulleres en El País de 1984; ningunha nas cabeceiras analizadas de 1994; unha muller nas portadas do ABC e La Vanguardia de 2004, dúas mulleres en El Punt, catro no 20 Minutos, unha en El País e unha en El Periódico de 2004. Pola contra, aparecen un total de 15 homes nos exemplares de La Vanguardia, El Periódico, El País e o ABC de 1984; 18 en 1994 e nove en 2004. Ademais, aparecen 14 homes nos exemplares de El Punt, 20 Minutos e Metro Directe. Así mesmo, as entidades, institucións, cousas e datos abstractos acaparan o protagonismo en máis dun 60 % en 1984, nun 64 % en 1994 e un 65 % e un 56 % en 2004.

111

A partir dos resultados obtidos na Guía para humanizar a información, nas tesiñas de investigación de Alfonso Buitrago Londoño, De las 5 W y 1 H a las 5Q. Diferentes aplicaciones del Test ADSH (Buitrago, 2006) e de Florencia Rovetto Gonem, La representación del trabajo de las mujeres en la prensa, (Rovetto, 2006) afondouse na aplicación e utilidade do test ADSH. No seu traballo de investigación, Rovetto analizou os contidos completos das noticias de portada dun exemplar de La Vanguardia e El País de 2004, e das informacións que se referían ao traballo das mulleres nun exemplar do ABC de 2004 e un exemplar da revista Lecturas do mesmo ano. Nas devanditas informacións encontrouse igual resistencia a enfocar a cidadanía plural e, particularmente, ás mulleres en novos roles sociais. 112

Ao analizar a representación do traballo das mulleres nas portadas dos devanditos exemplares, constatouse que nas páxinas principais dos xornais de información xeral aparecen máis protagonistas non humanos e homes. No interior preséntanse algunhas mulleres enfocadas polas súas actuacións laborais. Ao analizar máis detidamente aquelas noticias que fan referencia ao traballo das mulleres, pódese apreciar certa amplitude no enfoque que dá conta dos cambios no acceso ao traballo das mulleres. Grazas á aplicación do test ADSH, nunha análise comparada entre o diario ABC e a revista Lecturas, constatamos que ambos os dous tipos de publicacións enfocan preferentemente a determinados sectores da poboación. Ambos os dous tipos de publicacións difiren máis no tratamento das protagonistas que no enfoque de determinadas mulleres (actrices, cantantes, modelos, políticas). Fronte ao distante tratamento que realiza o diario ABC da representación do traballo das mulleres, a revista Lecturas presenta formas máis atractivas e sensibles. En Lecturas, como na publicidade analizada do diario ABC, enfócanse mulleres realizando variadas actuacións con connotacións máis positivas e atractivas que nos textos das noticias. O interese principal da memoria de Alfonso Buitrago foi probar diferentes aplicacións do test ADSH e realizar unha autoavaliación do seu traballo como xornalista, máis alá que extraer resultados numéricos conclusivos con respecto a como determinados xornais enfocan e tratan os seres humanos. Queríase probar o test como unha ferramenta de avaliación xornalística. Analizáronse todas as noticias publicadas na portada e a súa continuidade no interior (unidades redaccionais) do exemplar do venres 6 de febreiro de 2004 dos diarios El País e La Vanguardia. Para realizar a autoavaliación analizouse unha mesma noticia publicada en Colombia a primeira fin de semana de abril de 2003 por tres xornais colombianos diferentes: “Rostros y rastros de la matanza, un año después” (El Mundo, 29/04/2003); “Un año después de la matanza de Bojayá, los grupos ilegales aún son unha ameaza allí” (El Colombiano, 1/05/2003) e “Bojayá, un año esperando” (El Tiempo, 1/05/2003). Probáronse diferentes formas de seleccionar os protagonistas das informacións tendo en conta o contido completo das unidades redaccionais. Ao analizar exclusivamente os titulares das noticias na portada e no interior dos exemplares, constatamos que os protagonistas non humanos superan os humanos (moito máis no exemplar de El País que no exemplar de La Vanguardia). Ao incluír na análise todo o contido da noticia, 113

o protagonismo de humanos e non humanos equilíbrase en ambos os dous diarios. A partir desta análise poderiamos falar dunha “deshumanización” da información no enfoque principal dos titulares, os cales poden ter demasiado peso na forma en que o lector recibe a información. A aplicación do test por parte das e dos xornalistas a informacións propias permite empezar a formular un cambio nas rutinas asumidas na elaboración de noticias. Este é un dos obxectivos principais da Guía para humanizar a información. Igualmente, dende o 2006, o grupo de investigación realiza “talleres para facer visible a cidadanía plural nas noticias”, cos que se pretende explorar novas posibilidades na construción das noticias.

5. Conclusións A resistencia dos xornais considerados serios a enfocar a cidadanía plural mostra que os diarios de información xeral aparecen ancorados nun pasado que xa non existe, foron menos permeables e en consecuencia non ofreceron imaxes atractivas da realidade, porque nin sequera consideran significativas as actividades da maioría da poboación. É necesaria unha aposta decidida para modificar o enfoque e o tratamento da información, e as rutinas sobre o que se considera ou non noticia. Non parece que este cambio sexa doado. Probablemente os novos recursos técnicos dixitais, que permiten construír informacións en distintos formatos multimedia, interrelacionar informacións e elaboralas mediante a participación en rede, poden ser de grande utilidade nesta necesaria transformación, sempre que as e os profesionais fagan un cambio conceptual similar ao que realizou a tecnoloxía. Este é o reto das e dos profesionais da academia e dos medios de comunicación, que deben formular propostas de intervención de maneira que a cidadanía plural ocupe nos medios de comunicación o papel central que lle corresponde no debate público e na participación democrática.

Bibliografía BUITRAGO, Alfonso (2006): De las 5W y 1H a las 5Q. Diferentes aplicaciones del Test ADSH. Hacia una información más amplia, diversa y humanamente sensible, Bellaterra: Universitat Autònoma de Barcelona (tesiña de doutoramento). 114

KIVIKURU, Ullamaija (2000): Imágenes de las mujeres en los medios de comunicación, Madrid: Estudos no marco do Programa de acción comunitario para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres (1996-2000), Informe final, xuño 1997. Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, Instituto de la Mujer. MOIA, Marta (1981): El no de las niñas. Feminario antropológico, Barcelona: LaSal, edicions de les Dones. MORENO SARDÀ, Amparo (1986): El arquetipo Viril protagonista de la Historia. Ejercicios de lectura no-androcéntrica, Barcelona: Ediciones La Sal. MORENO SARÀ, Amparo (1988): La otra «política» de Aristóteles. Cultura de Masas y divulgación del Arquetipo Viril, Barcelona: Editorial Icaria. MORENO SARDÀ, Amparo (1998): La mirada informativa, Barcelona: Bosch. MORENO SARDÀ, Amparo; Florencia ROVETTO e Alfonso BUITRAGO (2008): ¿De quién hablan las noticias? Guía para humanizar la información, Barcelona: Icaria. ROVETTO, Florencia (2006): La representación del trabajo de las mujeres en la prensa, Bellaterra: Universidad Autónoma de Barcelona (tesiña de doutoramento). SIMELIO, Núria (2001): Papel e influencia de la prensa diaria de información general durante la transición española (1973-1983), Bellaterra: Universitat Autònoma de Barcelona (tesiña de doutoramento). SIMELIO, Núria (2006): Prensa de información general durante la transición política española (1974-1984): pervivencias y cambios de la representación de las relaciones sociales, Bellaterra: Edicions de la Universitat Autònoma de Barcelona. SIMELIO, Núria e Florencia ROVETTO (2007): “Prensa de información general en España (1974-2004). Permanencias y cambios en la representación de las relaciones sociales” en Anuario del Departamento de Ciencias de la Comunicación “La Trama de la Comunicación” Vol. 12, Rosario: Universidad Nacional de Rosario. SIMELIO, Núria (2009): “Tratamiento y presencia de las mujeres en la prensa”, Polissema. Revista de letras do ISCAP, vol. 8, Porto: ISCAP.

115

A violencia de xénero nos medios de comunicación: estado da cuestión e recomendacións para o cambio María Isabel Menéndez Menéndez UNED

1. Introdución Reflexionar sobre o tratamento informativo da violencia de xénero esixe abordar dous grandes sistemas conceptuais de partida. En primeiro lugar e como é obvio, a comunicación social e, xunto a este, a violencia contra as mulleres. Ambos os dous paradigmas poden ser definidos, ao meu xuízo, dende dous principios axiolóxicos con vínculos comúns, xa que ambos os dous poñen en relación a idea de visibilidade coa noción de realidade. Para o caso da comunicación social, a frase atribuída a Umberto Eco “Se saes, es”, explica nunha soa liña o protagonismo social que, no século XXI, teñen os medios de comunicación de masas, ademais da responsabilidade que a cidadanía depositou neles con relación á identidade, a autoridade ou o prestixio. Por outro lado, a violencia sexista pode sintetizarse no lema feminista “O que non se nomea, non existe” co que se explica a necesidade de designar a devandita realidade, nomeala, para visibilizala e, con iso, convertela en algo público. Ambas as dúas elocucións están directamente imbricadas. Mentres que moitas persoas consideran relevante unicamente aquilo que aparece nos medios de masas, dende os que sen dúbida se orienta á audiencia respecto aos temas, protagonistas e espazos que deben considerar de interese, a propia maquinaria mediática na súa elaboración da información e a actualidade crea o que se podería denominar “dimensións ausentes”, é dicir, outros lugares, espazos e individuos que non forman parte do discurso mediático e que, ao non saír, “non son”. É dicir, carecen de existencia na opinión pública. Neste sentido, a violencia de xénero era unha desas dimensións ausentes e a súa irrupción na axenda mediática 119

permitiu creala para a audiencia, a pesar de que era unha circunstancia dolorosamente coñecida no espazo persoal e familiar, especialmente entre as mulleres. Non obstante, non será tida en conta pola axenda política, a mediática e mesmo a cidadá ata que os propios medios de masas a enfocan e textualizan a finais dos anos noventa do século XX. Dende ese momento, ademais de converterse nun contido habitual das páxinas dos diarios e os informativos televisivos, aparece como unha problemática que compromete aos poderes públicos ao tempo que se instala na opinión pública, sensibilizada ante o devandito fenómeno.

2. Os medios de comunicación de masas e a opinión pública Os discursos sobre os media reflicten unha forte polaridade. Por un lado, adoita considerarse a existencia de prensa libre como unha garantía democrática pero, ao mesmo tempo, as posicións máis críticas advirten do abandono da función que os medios de comunicación de masas tiveron historicamente como vixiantes dos poderes. Con frecuencia afírmase que os medios de comunicación son o “espello da realidade”, aserto que evoca outros conceptos afíns –transparencia, claridade– necesarios para protexer a imaxe pública na que descansa a prensa nas sociedades democráticas, unha lóxica apoiada na defensa da verdade, a denuncia da manipulación ou a loita pola liberdade entre outros valores. É o que algúns autores, como Patrick Charaudeau, denominan “postulado da democracia”. É dicir, a actividade de informar está sustentada nun principio ético e é precisamente esa construción da “verdade civil”, o principio do que os medios obteñen a súa lexitimidade (Charaudeau, 2003: 38). Os propios medios reforzan esta noción de espello a través de todos os seus dispositivos, cos que disfrazan de naturalidade os seus discursos, invisibilizando expresamente o que de produción ten a mensaxe mediática. Non obstante, xa sabemos que os medios non reflicten a realidade senón que a constrúen: elaboran “versións informativas”, realidades concretas, a partir do recorte e descarte de acontecementos que se producen na realidade social que, non obstante, se converten en representacións simbólicas que para a maioría da cidadanía representan o único mundo posible (Abril, 2001: 50-53). Neste sentido, non se pode facer referencia aos medios de masas sen ter en conta os cambios sociopolíticos e económicos globais acontecidos arredor da década dos noventa do século XX, tras a desaparición do Estado comunista e a vitoria do neoliberalismo, cambios políticos e económicos que son simultáneos a cambios ideolóxi120

cos e, por conseguinte, a permutas na opinión pública (Van Dijk, 1997: 225). O suposto consenso do público respecto á imposición do mercado libre e a aparente despolitización dunha sociedade –a centroeuropea e norteamericana– que asiste impávida ao desmantelamento do Estado do Benestar, só se pode explicar pola creación de certo consentimento público no que o aparato mediático ocupa un rol importante, xa que só co desenvolvemento ideolóxico das elites políticas, culturais e sociais, non sería posible conseguir o apoio popular. Para Van Dijk, parece indubidable que os medios se situaron ao lado dos poderosos, contribuíndo á “produción, e reprodución do dominio económico dos mercados neoliberais, brancos, occidentais e do norte e dunha mentalidade cultural de hexemonía política e marxinación social” (Van Dijk, 1997: 230). O sistema mediático chegou a esta situación, explica o autor, a través da achega de valores informativos dominantes que permiten lexitimar e “naturalizar” a desigualdade. Para conseguilo, puxeron atención a temas espectaculares (conflitos étnicos, violencia, mafia...), excluíndo outras historias relevantes como a pobreza e as súas causas nos países ricos ou a situación das mulleres nas “nosas” sociedades e non na musulmá (Van Dijk, 1997: 231; énfase no orixinal). Ao fío do expresado polo lingüista, é apropiado acentuar o manifestado por Noam Chomsky quen explica, na súa análise sobre o discurso mediático en Norteamérica, como os xornais non recollen as demandas populares que entran en contradición coas elites políticas e, mesmo, as e os xornalistas que desexan criticar algunha situación enfróntanse a grandes dificultades (Chomsky, 1996: 107). No plano do simbólico, unha dimensión esencial para unha definición de medios de comunicación é a de representación social; unha forma de coñecemento socialmente elaborada e compartida. O sistema mediático está inmerso non só no proceso de construción de identidade senón tamén no de mediación interactiva e no desenvolvemento socializador, por iso son frecuentes as metáforas sobre espellos da realidade ou ventás para observar o mundo (Pinto, 2004: 71). Para Van Dijk, a representación está directamente relacionada co concepto de ideoloxía, “unha forma de coñecemento social e como base das representacións sociais que constitúen a cohesión dos grupos sociais” (Van Dijk, 1999a: 10) pero tamén unha noción de gran complexidade terminolóxica dende o social e que, en relación cos medios de masas, interesa non polo seu contido, senón polo seu carácter de reprodución e lexitimación da opinión: “a principal función da ideoloxía”, explica o autor, “é a coordinación das prácticas sociais dos membros do grupo para a realización efectiva das metas dun grupo social e para a protección dos seus intereses” (Van Dijk, 1999b: 17). 121

3. A violencia de xénero A violencia contra as mulleres maniféstase de formas diferentes en función do contexto económico, social e cultural, aínda que constitúe un fenómeno universal directamente relacionado coa situación de subordinación das mulleres en todo o mundo. A maioría de institucións do noso ámbito cultural fixeron súa a Declaración das Nacións Unidas sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller (1993), que inspirou o marco lexislativo. Dende aí defínese a violencia contra as mulleres como: Calquera acto de violencia baseada en cuestións de xénero que ten como resultado, ou que ten probabilidade de rematar con algún dano físico, sexual ou psicolóxico ou con algún tipo de sufrimento para as mulleres, incluíndo ameazas das devanditas accións, coerción ou privación arbitraria de liberdade, e que aconteza na vida pública ou privada.22 (Nacións Unidas, 1993)

A análise desta definición permite observar que, en primeiro lugar, incide no feito de se tratar dunha violencia que se padece en función do sexo, é dicir, as mulleres sofren agresións unicamente por ser mulleres, e non por outras razóns circunstanciais. É dicir, trátase dun fenómeno estrutural. Así mesmo, menciona a diversidade de manifestacións da violencia, que abrangue dende os maltratos físicos ata os psíquicos, o que inclúe accións menos evidentes ou avaliables como pode ser a ameaza ou a coerción. Por último, a definición de Nacións Unidas fai mención explícita á posibilidade de que esta violencia se produza no ámbito público ou no privado, rompendo cunha dinámica frecuente que era considerar que o maltrato feminino constituía un problema privado, que sucedía no interior da familia, e no que ninguén debía intervir. É, por conseguinte, un concepto complexo, que fai referencia a un situación estrutural, un conxunto de agresións de diversa índole cuxas destinatarias son sempre as mulleres e que o converte nun problema de dereitos humanos e polo tanto de interese das axendas públicas. Así, na década dos oitenta do século XX, a violencia vai constituírse nunha cuestión esencial do movemento organizado de mulleres a escala mundial, aínda que entón se poñía a énfase na violencia física e nas agresións sexuais. As mulleres esixen atención á existencia de actos de violación dos dereitos humanos específicos do seu sexo, como os asasinatos de mulleres por causas culturais (abortos selectivos, asasinatos por A Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller foi adoptada pola Asemblea Xeral na súa resolución 48/104, de 20 de decembro de 2003. 22

122

honra, lapidación...), as agresións corporais baseadas no xénero (mutilación xenital, queimaduras...) ou as violacións como arma de guerra, entre outros. Anos máis tarde, a definición ampliouse e perfilouse, chegando a incluír formas estruturais de violencia baseadas unicamente no xénero. Así, considéranse degradantes accións como a preferencia de fillos homes ou a esixencia de virxindade para as rapazas, actos que agora se entenden como prácticas culturais que favorecen a discriminación e a violencia cara ás mulleres. Polo tanto, e de forma gradual, a sociedade foi asumindo que a violencia que padecen as mulleres en función do seu sexo inclúe un contínuum de fórmulas discriminatorias que, todas xuntas, constitúen o caldo de cultivo dunha violencia que na maioría de países goza non só de impunidade senón tamén de consentimento. Por iso, definir a violencia contra as mulleres como unha violación de dereitos humanos era un paso imprescindible para avanzar na implantación de medidas legais e políticas para erradicar o problema. Como vemos, a violencia é un feito complexo e poliédrico que non pode comprenderse dende unha única dimensión. O Consello de Europa distingue varios tipos de violencia: 1) violencia física, que inclúe calquera variante de agresión corporal como empuxóns, golpes, ataques con armas, mordedelas, queimaduras, estrangulamentos, mutilacións, etc.; 2) violencia sexual, que comprende calquera actividade sexual non consentida, como o visionado ou participación forzada en pornografía, relacións sexuais obrigadas, tráfico e explotación na industria do sexo, etc.; 3) violencia psicolóxica, referida a unha ampla noción que admite múltiples modalidades de agresión intelectual ou moral –ameazas, illamento, desprezo, intimidación e insultos en público, etc. –; 4) violencia económica, entendida como desigualdade no acceso aos recursos compartidos; 5) violencia estrutural, termo intimamente relacionado co de violencia económica, pero que inclúe barreiras invisibles e intanxibles contra a realización de opcións potenciais e dos dereitos básicos das persoas. Susténtase na existencia de obstáculos firmemente arraigados e que se reproducen diariamente no tecido social, como por exemplo as relacións de poder que xeran e lexitiman a desigualdade. E 6) violencia espiritual, concepto comprensivo daquelas condutas que consisten en obrigar a outra persoa a aceptar un sistema de crenzas cultural ou relixioso determinado ou dirixidas a erosionar ou destruír as crenzas a través do ridículo ou do castigo. Ademais destas variantes, a literatura especializada en violencia menciona que existen dúas fórmulas para o seu exercicio: a violencia expresiva, que se produce cando unha persoa ou grupo, ante a incapacidade para superar unha situación dada, recorre á agresividade, case sempre 123

dun xeito explosivo, e a violencia instrumental, un exercicio que busca a consecución dun fin determinado. Esta segunda opción non obedece, polo tanto, a un descontrol da conduta ou a unha situación psicolóxica extrema, senón que é un medio para conseguir un resultado, no caso da violencia de xénero, o control da vítima por parte do agresor. Neste sentido, hai que sinalar que a violencia contra as mulleres sempre é instrumental, pois busca manter a opresión de xénero e defínese como unha relación de poder. É un problema social e político relacionado coa distribución de poder entre ambos os dous xéneros. En efecto, tal e como se recolleu na IV Conferencia Mundial sobre as Mulleres, celebrada en Beijing en 1995, en todas as sociedades, dunha ou outra forma, as mulleres e as nenas están suxeitas a malos tratos de índole física, sexual e psicolóxica, sen distinción en canto ao seu nivel de ingresos, clase e cultura. En España, tras a aprobación da Lei orgánica de medidas de protección integral contra a violencia de xénero (1/2004, do 28 de decembro), a definición de violencia de xénero presenta peculiaridades semánticas. En efecto, a lei aprobada a fins de 2004, tras un intenso debate sobre a fórmula correcta para a súa denominación e co apoio das organizacións de mulleres, denominouse como de “violencia de xénero” a pesar de que non fai referencia á violencia de xénero que define Nacións Unidas, isto é, ese contínuum de violencia que se produce no ámbito familiar pero tamén no público e social. En efecto, a lei española coñecida popularmente como “Lei integral” unicamente lexisla sobre o maltrato que se produce no ámbito familiar, denominado con frecuencia como violencia doméstica, unha designación rexeitada polo movemento organizado de mulleres que considera que esa expresión minimiza o problema da violencia que padecen as mulleres, ao reducilo a unha representación simbólica “de andar pola casa”, que incide en que os problemas domésticos non deben transcender o ámbito privado e que pode incluír, ademais, outras violencias que existen nese lugar pero que non son de xénero. Así o explica María Antonia Caro: «A pesar da súa denominación de integral e de xénero, non considera “todas as violencias” sexistas exercidas sobre mulleres. Está centrada na violencia “masculina nas parellas heterosexuais”» (Caro, 2004; énfase no orixinal).

124

4. A violencia de xénero nos medios23 A violencia sexista nos medios de comunicación era un problema case sempre invisible. Unicamente cando as agresións eran moi graves, especialmente se se producía un asasinato, o feito era recollido nas páxinas dos xornais, baixo a fórmula dunha nota breve ou un solto, case sempre na sección de sucesos. O tratamento que recibían estas informacións respondía ao da nota vermella: estereotipos sobre as causas (crime pasional basicamente); busca de fontes policiais, médicas ou xudiciais exclusivamente e relato dos feitos a partir da crónica de sucesos. Neste tipo de cobertura informativa, a existencia de violencia de xénero tratábase como un feito illado ou particular (conxuntural), concernente ao ámbito privado das persoas, descrito como un feito casual para o que non había explicación e, a maioría das veces, dende unha óptica moralizante e sexista. Esta representación constituía pois unha retórica da omisión que, en última instancia, encubría unha victimización feminina (Fagoaga, 1999: 38). Tal e como explican Alberdi e Matas, a información sobre agresións a mulleres no ámbito doméstico non se entendía como malos tratos e, dado que carecía de valor-noticia, aparecía subordinada a outras informacións (Alberdi e Matas, 2002: 251). Non será ata o ano 1997 cando se produza un auténtico cambio. En decembro dese ano é asasinada Ana Orantes. Nesa época instaláranse nas grellas televisivas, con grande éxito, os programas talk show (espectáculo da palabra), programas nos que persoas anónimas acoden a falar da súa vida privada baixo a condución dunha moderadora ou moderador que anima á exposición das confidencias. Ana Orantes acudiu a un destes programas, o que emitía a canle pública andaluza, para contar os malos tratos que soportara durante o seu matrimonio, para cuestionar o acordo de divorcio que os xulgados estableceran (que a obrigaba a compartir o domicilio familiar co seu agresor, agora o seu ex-marido) e para denunciar como este seguía ameazándoa. Orantes expuxo, naquel programa, o seu convencemento de que o seu ex-marido acabaría asasinándoa. E así aconteceu, poucos días despois. O agresor regouna con gasolina e prendeulle lume. Ana Orantes non foi a primeira muller queimada viva pola Unha primeira versión destes contidos, máis ampla e destinada especificamente a profesionais dos medios de comunicación, pódese consultar en Menéndez, Isabel (2007). Medios de comunicación e violencia de xénero. Manual de redacción xornalística, publicado pola secretaría xeral da vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia. 23

125

súa parella, pero si foi a primeira cuxo asasinato se produciu despois de acudir a un programa de televisión. Que esta vítima fose protagonista dos informativos de televisión e ocupase as primeiras páxinas dos xornais explícase por varias razóns. A primeira delas, a autorreferencialidade, é dicir, o carácter endogámico dos medios: “a televisión convértese en fonte de información de tal maneira que pode mostrar un documento «real» cuxa difusión multiplicará o efecto de «realidade». Non é unha muller anónima a que mataron, é a que saíu na tele” (IORTV, 2002: 25). Se, como aseguraba Umberto Eco, saír nos medios é existir, Ana Orantes, ao ser representada por eles, fora creada para a opinión pública e, ao existir, formaba parte destes. Todos os textos que reflexionaron sobre o tratamento informativo da violencia de xénero coinciden neste feito, dende un ou outro enfoque, e iso inclúe tamén ás e aos profesionais da información. Concha Fagoaga, que fixo un traballo de campo ao respecto, asegura que, naquela época, a chegada á redacción do xornal El Mundo dunha nova redactora-xefa que considerou a necesidade de introducir o maltrato conxugal na axenda mediática, ía ser moi importante no cambio da rutina profesional. Así, cando se produce o asasinato de Orantes, ese xornal, que xa lles estaría a dar cobertura a casos de violencia contra as mulleres, privilexia a información sobre esa agresión, producindo un contaxio informativo que alimentaría o efecto circular da comunicación mediática. Outra redactora entrevistada por Fagoaga, do equipo de El País, recoñeceu que, aínda que o seu xornal levaba un par de anos poñendo máis atención aos casos de violencia de xénero, foi o feito de que o seu principal competidor tivese posto o acento no caso de Ana Orantes o que os/as obrigou a que reformulasen o espazo ofrecido á noticia. Iso, a pesar de que esta informante considera que o principal motor da repercusión dese caso foi, precisamente, a aparición da vítima no programa de televisión: “A maioría dos medios deron moi pouco espazo á noticia da súa morte [a de Orantes]. Foi o diario El Mundo o que a deu grande [a noticia] e todos os xornais nos decatamos de que a repercusión da noticia era inusitada” (Fagoaga, 1999: 24). A raíz do caso, recoñece esta xornalista, tamén empezan a aparecer outras voces, as de representantes políticos e xudiciais, que asumen a necesidade de afrontar o problema da violencia de xénero. No mesmo sentido se expresou a informante que Concha Fagoaga tivo noutro diario de tirada nacional, o ABC. Para esta xornalista, os medios imítanse uns a outros e, ao obter tal repercusión o caso de Orantes, converteuse nun punto de inflexión (Fagoaga, 1999: 27). 126

Ademais da endogamia mediática, segundo Donis e Costa, o suceso puxo de relevo que o sistema non funcionaba, que non existía protección para as vítimas porque, mesmo cando denunciaban o perigo que corrían ante millóns de espectadores/as, caían asasinadas polos seus maltratadores. Segundo este texto, o testemuño de Orantes puxo sobre a mesa a problemática social dos malos tratos e permitiu situar ante a opinión pública unha información que apenas se manexaba máis alá das organizacións de mulleres, como que ese ano morreran 90 mulleres asasinadas polos seus cónxuxes ou que se rexistraran máis de 33.000 denuncias. Manteñen, polo tanto, que o asasinato de Ana Orantes permitiu coñecer unha realidade ata entón invisible, pero tamén abrir un novo espazo de sensibilización e debate (Donis e Costa, 2004: 157-158).

5. O tratamento informativo da violencia de xénero Cando transcorreu algo máis dunha década dende a morte de Orantes, pódese afirmar que, grazas á intervención dos medios de masas, se obtivo o primeiro e non pouco importante obxectivo: a visibilización. É dicir, os medios de masas converteron este fenómeno en protagonista da súa axenda, modificando o carácter de realidade invisible que antes tiña a violencia sexista. Agora, xunto ás violencias historicamente mediáticas –as dirixidas contra o estado, como o terrorismo, ou contra o patrimonio, como a delincuencia– forma parte da construción mediática da realidade. Porén, segue sendo necesario un labor de revisión sobre a calidade e enfoque do tratamento dunhas noticias que, se ben forman parte do caudal mediático, necesitan dunha formación especializada, dada a súa transcendencia ante a opinión pública. Un dos primeiros textos que analizou o tratamento mediático observou tres grandes problemas na forma en que aparecían estas noticias nos medios no inicio de século. En primeiro lugar, certa tendencia a reflectir as vítimas das agresións como seres pasivos, “mesmo se a noticia se fai eco de como algunhas mulleres idearon e puxeron en funcionamento con éxito estrataxemas para rematar coa súa situación” (Bengoechea, 2000: 9). O segundo aspecto de interese é a atribución dos asasinatos e agresións aos celos ou a paixón amorosa do agresor, e non ao feito de que as mulleres decidiran rematar coa relación, o que contribúe a unha imaxe das mulleres como persoas sen capacidade de decisión e iniciativa para abandonar unha relación lesiva. Un terceiro aspecto é a alusión por parte da prensa a posibles veleidades das mulleres agredidas, que ac127

tuarían como desencadeantes da violencia, o que indica que, xa sexa de forma consciente ou inconsciente, séguese considerando reprobable que as mulleres poidan ter iniciativas amorosas e/ou sexuais. Para Mercedes Bengoechea, todo iso quere dicir que a redacción de noticias aínda non entende a axencia feminina –anglicismo que fai referencia á capacidade de actuar–, ademais da imposibilidade dos medios para concibir de forma simultánea dúas realidades que son, por un lado a violencia masculina e, polo outro, a axencia feminina (Bengoechea, 2000: 11). Nestes problemas afondan Martín e Vives. Estas autoras observaron que os medios de comunicación non lograron romper coas crenzas que contribúen á victimización das mulleres por unha parte, e á culpabilización das agredidas por outra. Ao primeiro dos problemas contribúe a insistencia en recoller argumentos que aluden ao illamento social da vítima, á deterioración física e psicolóxica que produciron as agresións e aos condicionantes socioculturais. En canto á culpabilización, segundo as autoras, aparece cando se ofrecen razóns para que a agredida manteña a súa relación co agresor. Neste sentido, a vítima de maltrato é responsabilizada da conduta da súa parella cando se afirma que non cumpre coa súa responsabilidade como esposa, cando se suxire que ela foi a que decidiu a ruptura familiar ou cando se subliña o rol feminino de coidado cara a outras persoas (Martín e Vives, 2002: 144). Este texto conclúe que, a pesar do incremento cuantitativo e cualitativo de noticias sobre violencia de xénero, a representación maioritaria apóiase excesivamente en medidas a posteriori mentres é insignificante a información elaborada dende a prevención. Para as autoras, tamén é un problema a reprodución constante de estereotipos culturais sobre as mulleres e homes protagonistas das noticias, que revelan unha importante asimetría sexual: por exemplo, a dependencia emocional das mulleres agredidas lese en clave de necesidade de protección mentres que a mesma dependencia, no caso dos homes, aparece como xustificante ou eximente da agresión. Así, a tematización e tratamento destas noticias estaría a lexitimar o sistema de valores da sociedade patriarcal, sen entrar a cuestionar ou sensibilizar sobre os esquemas estruturais nos que se apoia a violencia de xénero (Martín e Vives, 2002: 148). A estes problemas, que revelan que non se superou o esquema binario home/muller, a xerarquía sexual entre ambos os dous polos e a estereotipia de xénero que se concreta nos mitos home abandonado/muller infiel, é necesario considerar outros riscos que recollen algúns textos, entre eles, a “narcotización” da audiencia, é dicir, que as persoas se “acostumen” ao discurso sobre violencia machista, eliminando a posibilidade de pasar á acción cidadá. É dicir, se os medios abundan nunha “sobrerrepresenta128

ción da violencia” de forma non crítica, unha consecuencia será a habituación aos contidos violentos, contidos que a audiencia consumirá baixo un efecto narcótico producido pola exposición repetida e abundante (Penalva, 2002: 397). Xustamente, algúns traballos de campo revelan que a maioría das persoas asegura que case todo o que coñece sobre violencia de xénero lle foi transmitido a través dos medios de comunicación. En xeral, a xente ten a sensación de que se publican “moitas” noticias sobre agresións a mulleres, aínda que a realidade é que o aumento cuantitativo ao que fan referencia os textos especializados se corresponde, en termos relativos, a un 3 %, segundo o estudo de Sánchez et al. (2003) e, de feito, algunhas cabeceiras apenas si cobren estas noticias e, en ocasións, os feitos só aparecen nuns poucos medios e non de forma sistemática. Con todo, traballos recentes aseguran que os estudos sobre tratamento informativo da violencia de xénero demostran, non obstante, que este mellorou. É frecuente encontrar noticias que se refiren a accións que atacan a raíz do problema da violencia, ou o traballo de educar en valores dalgunhas instancias. Tamén se menciona o feito de que algúns medios xeran información sobre o asunto sen necesidade de que sucedese unha agresión, contextualizando o problema e asumindo un labor de sensibilización que forma parte da súa responsabilidade social. Pero tamén se advirte de que o traballo non concluíu e que seguen persistindo problemas no tratamento, moitas veces en función do medio analizado: “a miúdo cae en estereotipos e preconcepcións, en certa lectura illada e desconectada das noticias sobre violencia de xénero, en certo sensacionalismo que esvaece o problema” (Aran e Medina, 2006: 19).

6. Recomendacións para o cambio A formación das e dos profesionais dos medios segue estando orfa de especialización no enfoque de xénero e máis especificamente no tratamento axeitado das noticias sobre agresións sexistas. O discurso mediático debe comprender a súa responsabilidade social e, neste sentido, incorporar un enfoque que non só informe senón que se comprometa coa sensibilización e a erradicación deste grave problema de saúde pública que compromete os dereitos fundamentais das mulleres. Como suxería noutro lugar (Menéndez, 2007: 41-47), algúns elementos que cómpre ter en conta para incorporar novas prácticas profesionais dende a perspectiva de xénero teñen que ver con catro variables: 1) Equilibrio. 2) Rigor. 3) Enfoque e 4) Prácticas profesionais. 129

Canto á simetría, trátase de incorporar un tratamento equilibrado entre a forma de mencionar os agresores e as vítimas. Hai que recordar que a eles os protexe a presunción de inocencia (polo que non se menciona o seu nome completo) pero sobre as agredidas os medios tenden a ofrecer información que lles impide manter un anonimato ao que teñen dereito. Este problema é máis grave cando existen menores na familia, que verán exposta a súa filiación. Non se debe facer mención aos hábitos ou costumes das vítimas pois adoitan ser irrelevantes respecto ao suceso descrito e, non obstante, prexudican ás mulleres, ao estereotipar a súa conduta e axuizar o seu comportamento. Ademais, as mulleres deben ser mencionadas con respecto e rigor, nunca con alcumes, fórmulas coloquiais ou estereotipadas. Por outra parte, a simetría debe verificarse tamén cando se elaboran noticias de violencia nas que a agresora é unha muller. A violencia de xénero é unha relación de poder e dominio, dos homes cara ás mulleres, polo que hai que ponderar a definición que se utiliza respecto á agresión dunha muller e valorar se é posible denominala como violencia de xénero (a definición de Nacións Unidas non considera esta posibilidade). Así mesmo, pode ser relevante coñecer información sobre as circunstancias da agresión, que permitan saber se as agresoras actuaban ou non en lexítima defensa. O rigor parte da necesidade de asumir unha actitude especialmente sensible ao elaborar unha noticia sobre violencia machista, o que esixe vixiar esta variable aínda máis do habitual. Non é conveniente ofrecer demasiados datos sobre o ámbito, nin moito menos a dirección exacta da agresión, xa que pode prexudicar á vítima ou ás súas fillas e fillos se os ten. Habería que considerar –sobre todo se a muller sobreviviu á agresión– a práctica frecuente en información televisiva de rodar no propio portal ou domicilio da vítima. Neste sentido, dispoñer de información non sempre xustifica o seu uso, por moito que a práctica profesional estea case sempre obsesionada pola busca de datos exclusivos dos que non dispoña a competencia. Por outro lado, é recomendable eliminar relatos dos feitos segundo fórmulas literarias como a crónica negra ou as habituais do periodismo de sucesos (nota vermella), que permiten reproducir estereotipos e minimizan a verdadeira dimensión da violencia de xénero. Hai datos irrelevantes que, non obstante, favorecen o morbo e o sensacionalismo. É necesario deixar de usalos porque, ademais, adoitan responder a máis discriminacións que a de xénero (etnia, clase social, etc.). Por outra parte, o rigor informativo pasa por buscar fontes e testemuños que permitan coñecer cal era a realidade da vítima pero ademais é posible que nos fagan saber 130

que non era unha muller pasiva, a mercé do agresor, sen ningún tipo de autonomía, pois iso contribúe a victimizar dobremente as mulleres. Pola mesma razón, é necesario facer un esforzo para elaborar noticias que, ademais de non lesionar as vítimas da agresión, non as culpabilicen. Conséguese deixando de buscar argumentos que expliquen a violencia: esta é un delito e como tal hai que tratalo na redacción xornalística. Iso fai incompatible a aparición nas noticias de expresións como crime pasional ou tolo de celos que, ademais de ser lugares comúns que empobrecen o exercicio do periodismo, inciden na busca estereotipada de causas e polo tanto ignoran o carácter estrutural da violencia de xénero. O enfoque informativo debe asumir que a violencia de xénero é un fenómeno moi complexo do que apenas se ofrece información á opinión pública, acostumada unicamente ás noticias que informan dunha nova agresión, sobre todo se esta resultou en morte. Esta dinámica é perniciosa porque se instala na idea de excepcionalidade, de agresión non previsible e conxuntural, impedíndolle á audiencia comprender que as agresións son o resultado dun problema estrutural de desigualdade. Cando xa sabemos que os asasinatos de mulleres son, parafraseando a García Márquez, unha morte anunciada –lamentablemente, podemos asegurar que varias decenas de mulleres morrerán este ano, o único que aínda non coñecemos son os seus nomes– é necesario facer un esforzo para introducir o tema na axenda máis alá da morte dunha muller ou da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (25 de novembro). Así, débense realizar reportaxes e entrevistas en profundidade que permitan abordar o fenómeno sen necesidade de que se produza unha agresión. Incorporar de forma correcta a violencia de xénero á axenda supón tamén deixar de facer énfase na existencia de medidas posteriores ás agresións, informando sobre os recursos existentes pero tamén sobre a prevención e sensibilización sobre o tema. É dicir, trátase de asumir un enfoque pedagóxico, ofrecendo reportaxes que expliquen algunhas dimensións que seguen sendo invisibles e que poden axudar a detectar os signos do maltrato, como a explicación do ciclo da violencia ou a dependencia emocional das agredidas. Hai que ter en conta o labor formativo que o periodismo debe ofrecerlles ás persoas novas. A violencia de xénero debe ser comprendida como un contínuum de violencia que afecta a todas as mulleres, polo que ademais de informar sobre a violencia que acontece no fogar, ou ben obra é exercida por parellas e ex-parellas, é recomendable visibilizar o resto de violencias que existen por causa de xénero, algunhas delas pouco coñecidas para a opi131

nión pública (como os feminicidios) e outras pouco visibles no espazo público (o acoso sexual, a ablación de nenas, etc.). Tamén hai que ter en conta, cando se elaboran noticias sobre prostitución, que para a maioría de institucións supranacionais e organizacións sensibilizadas sobre o tema, esa é outra forma de violencia. Non incorporar un tratamento rico e coidado da información sobre violencia é unha forma de contribuír á impunidade. Unha audiencia narcotizada polo discurso é unha audiencia acrítica e un periodismo que fala da violencia como inevitable é un periodismo que xustifica a violencia. Por último, as fórmulas de redacción xornalística deben abordar, en primeiro lugar, un uso non sexista da lingua. A non utilización dunha linguaxe incluínte é outra forma de violencia e contribúe moi pouco á igualdade. Así mesmo, é importante vixiar a existencia de enfoques androcéntricos na redacción de noticias. O costume social impide, en ocasións, ser conscientes da súa inclusión, polo que hai que facer un esforzo adicional para non caer nas devanditas perspectivas. Un periodismo que non inclúe as mulleres é mal periodismo porque non responde nin á obxectividade nin á pluralidade. Así mesmo, hai que ter en conta que os tratamentos sensacionalistas son incompatibles co rigor xornalístico e, en particular, coa sensibilidade que require a información sobre violencia de xénero. Hai que deixar fóra destas noticias todos os elementos que favorecen o morbo porque non achegan nada á opinión pública e, non obstante, prexudican ás mulleres e á busca de igualdade. Neste sentido, é necesario vixiar que, nun intento de buscar titulares máis ou menos impactantes, se fagan concesións ao amarelismo e mesmo se produzan contradicións entre o titular e o corpo da noticia. Hoxe en día, a prensa caracterízase polo tratamento pouco profundo dos temas e pola falta de periodismo de investigación, e iso é visible tamén na información sobre mulleres e violencia. Recordemos que a información sobre violencia machista é unha información especializada polo que, ademais de ser asumida por un ou unha profesional coa debida especialización, debe incluír os elementos dese tipo de periodismo. Neste sentido, son especialmente relevantes as fontes. Hai que deixar de falar co primeiro e máis doado de encontrar (a veciñanza) e buscar as fontes especializadas como son as persoas expertas en violencia, o movemento organizado de mulleres, as e os que traballan en formación e sensibilización, os xulgados especializados ou os servizos de atención a vítimas.

132

Obras citadas ABRIL, Natividad (2001): “Modelos hegemónicos y ‘otras’ realidades en la prensa diaria: Recreación informativa del ‘héroe’ y la ‘víctima’ en el relato de actualidad” en Blanca Muñoz (coord.): Medios de comunicación, mujeres y cambio cultural, Madrid: Dirección General de la Mujer, 47-82. ALBERDI, Inés e Natalia MATAS (2002): La violencia doméstica. Informe sobre los malos tratos a mujeres en España, Barcelona: Fundación La Caixa. ARAN, Sonia e Pilar MEDINA (2006). “Representación de la violencia doméstica en la prensa española”, Estudios sobre el mensaje periodístico, 12, 9-25. BENGOECHEA, Mercedes (2000): “En el umbral de un nuevo discurso periodístico sobre violencia y agencia femenina: de la crónica de sucesos a la reseña literaria”, Cuadernos de Información y Comunicación 5, 9-22. CARO, María Antonia (2004). “Ley integral sí, pero…” [En liña] Data da consulta, 2 de novembro de 2007: http://www.hika.net/zenb157/ H15721.htm CHARAUDEAU, Patrick (2003): El discurso de la información. La construcción del espejo social, Barcelona: Gedisa. CHOMSKY, Noam (1996): Cómo se reparte la tarta. Políticas USA al final del milenio, Barcelona: Icaria editorial. DONIS, Julia e Juan CUESTA (2004): “Tratamiento de la violencia masculina contra las mujeres” en IORTV. Manual de información en género, Madrid: Instituto Oficial de Radio y Televisión, 147-171. FAGOAGA, Concha (1999): La violencia en medios de comunicación. Maltrato en la pareja y agresión sexuada, Madrid: Dirección General de la Mujer de la Comunidad de Madrid. IORTV (2002): I Foro Nacional. Mujer, violencia y medios de comunicación, Madrid: Instituto Oficial de Radio y Televisión. MARTÍN, Marta e Carmen VIVES (2002). “Herir con palabras. Un análisis de la violencia de género en la prensa” en Mónic Codina (ed.): Información, ficción, persuasión: ¿es la ética una utopía?, Pamplona: ediciones Eunate, 137-148. MENÉNDEZ, Isabel (2007): Medios de comunicación e violencia de xénero. Manual de redacción xornalística, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. 133

NACIONES UNIDAS (1993): “Declaración sobre la eliminación de la violencia contra la mujer” [En liña] Data da consulta, 16 de outubro de 2007: http://www.unic.org.ar/06-mujer/archivos/declaracion_eliminacion_delaviolenciacontralamujer.pdf PENALVA, Clemente (2002): “El tratamiento de la violencia en los medios de comunicación”, Alternativas. Cuadernos de trabajo social, 10, 395412. PINTO, Antonio (2004): “Antropología de los medios de comunicación audiovisual” en Gonzalo Romero e Luis A. Cerrón (coord.): ¿De qué medios disponemos? La expresión social a través de los medios de comunicación y su uso en la relación educativa, Alcalá de Henares: Universidad de Alcalá, 53-82. SÁNCHEZ, José J. et al. (2003): Mujer publicada, mujer maltratada. Libro de estilo para informar en los medios de comunicación sobre la mujer, Pamplona: Instituto Navarro de la Mujer. VAN DIJK, Teun A. (1997): Racismo y análisis crítico de los medios, Barcelona: Paidós. VAN DIJK, Teun A. (1999a): Ideología. Una aproximación multidisciplinaria, Barcelona: Gedisa. VAN DIJK, Teun A. (1999b): “Opiniones e ideologías en la prensa”, Comunicación y estudios universitarios, 9, 15-42.

134

A abordaxe da violencia de xénero nos medios de comunicación galegos

Grupo de investigación CIDACOM. Seminario Comunicación e Xénero. Universidade de Santiago de Compostela Luís Álvarez Pousa (director), Ana Belén Puñal Rama, Tareixa Barberena Fernández, Ángela Pereira Juvino, Andrea Álvarez Pino, Jorge González Fernández, Iván Cuevas Domínguez, Joám Evans Pim, Paulo Carlos López López, Iago Martínez Durán

A violencia de xénero é xa unha parte ineludíbel da axenda dos medios de comunicación. O logro non é menor. A prensa contribuíu a botar luz sobre unha realidade que permanecía agochada no interior dos fogares e nas paredes pechas do máis íntimo das mulleres que a padecían e dos cómplices que a permitían, oculta neses abondosos arrabaldes da sociedade aos que os focos mediáticos non chegan e, que, polo tanto, a ollos do público non existen. É máis, a prensa non só visibilizou. Tamén fixo de aguillada á hora de urxir os necesarios cambios políticos e lexislativos para a loita contra a violencia sexista. No cuantitativo, a evolución amosada dende finais dos 90 para acó non deixa lugar a dúbidas. A violencia de xénero forma parte da grella diaria dos medios, salferida a miúdo por violentas noticias de mulleres brutalmente agredidas ou asasinadas. Si, avanzamos no canto, mais fixémolo no como e no por que? É no cualitativo, na abordaxe que se fai da violencia de xénero, onde quedan contas pendentes. Analizalas será o obxecto deste artigo, que pon o punto de mira nos medios galegos. O punto de inflexión é abondo coñecido. Numerosos estudos coinciden en sinalar como tal o asasinato de Ana Orantes, en 1997, queimada viva polo seu ex-marido pouco despois de denunciar a súa situación nun talk show da televisión pública andaluza. O testemuño de Ana Orantes en si constituía a crónica dunha morte anunciada. Nel expoñía os malos tratos que padecera durante catro décadas de mans do seu cónxuxe. Denunciaba que, por decisión do xuíz, aínda despois de roto o matrimonio, o seu maltratador seguía vivindo no mesmo edificio ca ela. E recoñecía tamén que tiña medo, medo a morrer. Ao ser enfocada pola cámara, Ana Orantes pasou a existir, a existir para o público e para os medios. Foi por 137

iso, en boa medida, que o seu asasinato, que dende logo non era o primeiro caso brutal dunha violencia enraizada secularmente na historia das sociedades patriarcais, tivo a repercusión que tivo. Por iso, e tamén polo efecto espello que fai que o publicado ou difundido nun medio se converta en referencia para a súa competencia, nun fluxo circular de retroalimentación. Os medios pousaron a mirada na violencia sexista, mais o seu enfoque foi, en varios aspectos, distorsionante. En primeiro lugar, por centrarse sobre todo nunha manifestación concreta da violencia contra as mulleres, aquela que ten lugar no fogar ou nas relacións de parella. E por facelo, ademais, naqueles casos de agresións extremas ou con resultado de morte. Fixéronnos ver a punta do iceberg, pero de maneira borrosa. A violencia de xénero foi abordada fundamentalmente como suceso, non como problema estrutural no que, polo tanto, son múltiples as perspectivas implicadas, dende a política até a económica, a legal ou a social. A incidencia nos detalles morbosos, a espectacularización da información, o uso da violencia de xénero como cebo para atraer audiencia, o non respecto á intimidade das vítimas, a ausencia de fontes expertas ou do movemento feminista, a incidencia en tópicos que só contribúen a xustificar o agresor e culpabilizar a vítima, foron e son algúns dos problemas máis frecuentes que podemos atopar na abordaxe informativa da violencia de xénero. Foi por iso que, dende finais dos 90, numerosos manuais, decálogos, guías e recomendacións, realizados dende institucións diversas (colexios profesionais de xornalistas, asociacións de mulleres, institucións públicas) procuraron un cambio no tratamento mediático da violencia sexista. Tamén en Galicia. En 2004, o Colexio Profesional de Xornalistas, e máis en concreto o Observatorio Galego dos Medios que nel se integra, organizaba as xornadas Violencia Contra as Mulleres e Medios de Comunicación, e aprobaba nelas o endecálogo coñecido como Declaración de Compostela. Polas mesmas datas, o Servizo Galego de Igualdade preparaba un decálogo co mesmo fin. E xa en 2007, a Secretaría Xeral de Igualdade, atendendo ao contido da Lei autonómica contra a violencia de xénero, publicaba o manual Medios de comunicación e violencia de xénero e encetaba un programa de formación dirixido a xornalistas e impartido nas propias sedes dos medios. Sobre o papel, a teoría quedaba clara. Mais dende o grupo de investigación CIDACOM quixemos saber até que punto o abondosamente recollido en guías e decálogos se estaba a aplicar na práctica. En 2007 realizamos un primeiro estudo que tiña por obxecto analizar se os medios 138

galegos estaban a cumprir ou non as recomendacións compendiadas na Declaración de Compostela, e un ano despois, en 2008, replicamos a investigación, co obxecto de observar a evolución experimentada durante o período, tendo en conta que neses meses a iniciativa institucional, de man da Secretaría Xeral da Igualdade, puxera en marcha un programa de formación especificamente dirixido ás e aos profesionais dos medios. Exporemos, de seguido, as principais conclusións de ambos os estudos. O fin é procurar a reflexión sobre o tratamento actual da violencia de xénero e intentar ver que podemos mellorar, á luz do que, nesta última década, nos recomendan as guías elaboradas por persoas e entidades de diversos eidos profesionais e asociativos, cun coñecemento experto e un compromiso fondo na loita contra a violencia de xénero.

1. Cal é a importancia da violencia de xénero na axenda mediática diaria? Que os medios galegos incorporaron de maneira habitual a violencia de xénero na súa axenda mediática é unha realidade que os datos obtidos corroboran sen lugar a dúbidas. Mesmo os resultados dos dous estudos realizados polo grupo CIDACOM amosan como, dende o 2007 ao 2008, houbo un incremento no número de informacións publicadas por parte da meirande parte das cabeceiras galegas. Os medios galegos publicaron en 2007, no período analizado (o mes de setembro), un total de 459 informacións. En 2008, o total de noticias publicadas no mes estudado (xullo) aumenta a 617. Como podemos ver no cadro que segue, o caudal informativo varía notabelmente duns a outros medios. A prensa é o medio que máis información inclúe sobre violencia de xénero. Os que menos, os audiovisuais, e sobre todo a radio. O porqué debemos procuralo nos propios formatos informativos (máis reducidos nos boletíns audiovisuais, nos que collen ao redor dunha vintena de noticias) e tamén na dependencia de recursos audiovisuais (imaxe e son).

139

NÚMERO DE NOTICIAS POR MEDIO Medio

LVG

FV

ECG

GH

IG

2007

48

50

23

17

52

2008

53

63

18

13

74

Medio

DF

DA

DP

LR

AD

2007

37

28

35

48

17

2008

66

35

44

39

53

Medio

EP

LO

TVG

RG

RV

2007

35

33

24

6

7

6

6

2008 42 82 23 *Número de noticias por medio nos períodos analizados

A prensa informa copiosamente sobre violencia de xénero. Porén, a relevancia canto a espazo que lle reserva á cobertura deste tema é escasa. En todos os xornais analizados, a meirande parte das informacións está comprendida entre 1 e 10 módulos (menos dun quinto da páxina, que está conformada por 50 módulos). É máis. Asistimos a unha rutinización do horror. Os medios cobren habitualmente a violencia de xénero, mais fano a miúdo como noticias de formato moi breve que pouco máis dan que para responder de forma sucinta ás consabidas question tags –que, quen, cando, como e onde– que permitan dar conta do acontecido, na meirande parte dos casos, sucesos. Do porqué, entendido como o contexto do problema estrutural no que se encaixa, atopamos poucas referencias. O caudal informativo convértese nunha especie de chuvia miúda, adoito un rosario de sucesos relatados como noticias de formato breve, que devalan entre o dramatismo, o morbo e o episódico, carente de marcos interpretativos e contextuais que permitan comprender o acontecido, e menos dende a perspectiva de xénero. O resultado é un efecto anestesiante, agudizado pola consabida coletilla “un caso máis de violencia de xénero”. Nesa rutinización do horror, mesmo son cubertos como noticias breves casos de asasinatos. Velaí algúns exemplos: “Unha muller morre degolada a mans da súa parella, que despois se suicida en Madrid” –La Región, 13/07/2008, seis módulos–; “Un home córtalle o pescozo á súa ex muller e despois quítase a vida” –El Ideal Gallego, 13/07/2008, 12 módulos–. E tamén abondosos casos de malos tratos, agresións sexuais, detencións, xuízos ou datos estatísticos e estudos sobre violencia de xénero: “Os xulgados galegos recibiron 140

5000 denuncias de malos tratos” –Diario de Arousa, 3/07/208, 2 módulos–; “Un septuaxenario, detido por agredir á súa muller durante 40 anos” –Diario de Ferrol, 3/07/2008, 4 módulos–; “Orde de afastamento a un detido por abusar da súa filla” –El Ideal Gallego, 15/07/2008, 2 módulos–; “Encarcerado o noivo dunha muller achada morta”, (La Voz de Galicia, 22/07/2008, 1 módulo); “Condenado a 10 anos de prisión por matar á súa parella en Novelda” –Atlántico Diario, 18/07/2008, 2 módulos–. Para que se produza unha cobertura de calado maior, é preciso que entren en xogo outros factores de noticiabilidade como o impacto, en función, por exemplo, das dimensións do acontecido. Deste xeito, en La Región, o feito de que un home matara á súa muller só foi merecente dunha nova de seis módulos, como vimos de ver, mais a noticia do parricida de Yecla, que mata a muller e prole, é cuberta amplamente. Ademais, inflúen outros condicionantes, tamén consabidos criterios de noticiabilidade, como a dispoñibilidade de detalles morbosos –“Dos mujeres relatan entre sollozos ante el juez cómo fueron agredidas sexualmente”, publicada en La Región o 15 de xullo de 2008– ou a proximidade –tal acontece coa ampla cobertura que, en El Correo Gallego, merece o asasinato dunha muller polo seu sobriño–. Así mesmo, nas escasas ocasións en que o medio toma a iniciativa, ben desenvolvendo un tema en exclusiva, ben outorgándolle un tratamento diferenciado ao doutros xornais, este é merecente dunha relevancia maior á habitual. Por exemplo, a información desenvolvida por El Correo Gallego sobre a deficitaria detección e denuncia da violencia de xénero nas consultas dos ambulatorios –“O 70  % dos malos tratos pásanse por alto en consulta ”, 21/07/2008– ou, en La Voz de Galicia, a entrevista á perito forense María Teresa GómezLimón –“Son unha maltratada, que fago?”, do 20/07/2008–.

2. En que medida nomean os medios o problema? Sabido é que o primeiro paso para resolver un problema é poñerlle nome, identificalo. Que a violencia de xénero sexa recoñecida como tal –como violencia que as mulleres, polo feito de selo, sofren por parte dos homes, e froito aberrante dunha sociedade na que elas non ocupan unha posición de igualdade respecto a aqueles– é algo que nunca debemos deixar de agradecer á teoría feminista. O persoal é político, dicía Kate Millet. Que unha muller sexa agredida por un home é unha afronta a todas as mulleres, porque bebe da desigual posición, socialización e distribución de recursos que a sociedade nos outorga a unhas e a outros. Aínda até 141

principios dos anos 80, como nos lembra a profesora Concha Fagoaga, a violencia masculina contra as mulleres era adoito conceptualizada como crime pasional, como acontecementos illados e episódicos, sen ningún marco sociopolítico que permitise desvelar o problema ideolóxico de fondo e o fondo estrutural común. Que se lle puxese nome ao problema nos medios, en principio baixo a imprecisa etiqueta “malos tratos”, foi grazas á alianza entre feminismo e institucións que deu lugar ao Instituto de la Mujer, dende onde se comezaron a realizar as primeiras estatísticas que revelaron en datos as dimensións da violencia de xénero. Porque nomear é importante, porque os conceptos non son ferramentas inocentes, unha das principais preocupacións do grupo CIDACOM á hora de estudar a abordaxe da violencia de xénero nos medios de comunicación galegos foi analizar en que medida e como esta era nomeada. Os datos revélannos que os medios aínda non lle poñen nome ao problema en todas as súas manifestacións. A porcentaxe de informacións nas que aparece identificada a violencia de xénero é polo xeral baixa, malia haber tamén notábeis excepcións, como podemos ver no cadro. Tal é así que, en 2008, malia melloraren os datos ao respecto en comparación co ano anterior, a identificación da violencia de xénero como tal –con este ou outros conceptos– só chega ao 30 % do total de informacións publicadas sobre violencia de xénero polo conxunto dos medios galegos (fronte ao 23,7 % o ano anterior). No cadro que engadimos, desagregamos os datos por ano e por medio. UTILIZACIÓN DO CONCEPTO VIOLENCIA DE XÉNERO OU OUTROS AFÍNS Medio

LVG

FV

ECG

GH

IG

2007

8

8

39

29

38

2008

17

23,8

61

62

29

Medio

DF

DA

DP

LR

AD

2007

27

54

23

19

24

2008

36,4

45,7

30

23

24

Medio

EP

LO

TVG

RG

RV

2007

17

15

12

0

67

30,4

83

33

2008 11,9 21,9 *% sobre o total de informacións analizadas

Os medios galegos, ademais, conceptualizan o problema fundamentalmente para referirse á violencia contra as mulleres que ten lugar no eido doméstico ou nas relacións de parella por parte do seu compañeiro 142

ou ex-compañeiro sentimental. A súa comprensión da violencia de xénero é parcial se atendemos ao que a propia teoría feminista e institucións como a ONU recoñecen como tal. Na Conferencia Mundial sobre Dereitos Humanos de Viena (1993), a violencia de xénero é definida como “calquera acción ou conduta baseada no xénero, que cause morte, dano ou sufrimento físico, sexual, psicolóxico ou emocional nas mulleres, tanto no ámbito público como no privado”. Anos máis tarde, na Conferencia Mundial sobre a Muller en 1995, recoñécese que a violencia de xénero é “unha manifestación das relacións de poder historicamente desiguais entre homes e mulleres, que conduciron á dominación da muller polo home, a discriminación contra a muller e a interposición de obstáculos contra o seu pleno desenvolvemento”. A propia Lei galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero defínea como “calquera acto violento ou agresión, baseado nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres, e de uso xeneralizado da violencia como forma de relación entre as persoas, que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público como na vida familiar ou privada”. A prensa galega a miúdo pasa por alto que a violencia de xénero non é só unha violencia física, senón tamén estrutural (baseada nas desiguais posicións que homes e mulleres ocupan na sociedade) e simbólica (é dicir, asentada e consolidada nas propias crenzas e produtos culturais que sustentan o imaxinario social). E que violencia de xénero son tamén as violacións, abusos e agresións sexuais, a violencia psicolóxica, a trata de mulleres, o feminicidio, a violencia contra as nenas, o acoso laboral e sexual…, ademais da violencia institucional, económica ou política. Os medios galegos acoden á conceptualización do problema, fundamentalmente en tres supostos: cando se trata dun episodio de violencia no eido da parella, como foi dito; cando se aborda de maneira xenérica a problemática, e cando recollen de modo textual o discurso das fontes, sobre todo se estas son de carácter institucional, expertas ou asociativas. Que, ademais, entendan como violencia de xénero aquela que ten lugar só na parella responde en parte á adopción do discurso xurídico: a Lei orgánica de medidas de protección integral contra a violencia de xénero de 2004 regula como tal a violencia contra as mulleres por parte das súas parellas ou ex-parellas. As fontes institucionais, políticas e xurídicas dispoñen, cómpre telo en conta, dun alto nivel de credibilidade para os medios de comunica143

ción. Son fontes lexitimadas para a prensa, que asume sen “peros” o seu discurso, ao contrario do que fai con outro tipo de voces, como as asociativas e máis en concreto, as fontes feministas. As consecuencias non son menores. O discurso feminista acéptase, por parte dos medios, só na superficie, é dicir, na adopción dunha etiqueta, violencia de xénero, que ademais é asumida como tal porque as propias fontes institucionais a acabaron aceptando e oficializando. Mais o discurso feminista sobre a violencia de xénero non é abordado en toda a súa profundidade, o que leva a unha concepción reducionista de tal categoría, tal como o propio uso do concepto nos amosa. Do dito atopamos exemplos ben ilustrativos na mostra analizada. Na nova “Mata a familia e logo suicídase”, publicada o 12 de xullo de 2008 en Galicia Hoxe, na que se informa dun asasinato múltiple (un home mata á muller e aos fillos e logo suicídase) descártase que “se trate dun caso de violencia machista e apúntase a posíbeis motivos de corte económico”. As circunstancias económicas da familia son aludidas polo medio para argumentar que non se trata dun caso de violencia de xénero, asumindo o discurso de fontes que en ningún caso son identificadas (como queda de manifesto no impersoal descártase). A dependencia económica das mulleres, porén, é unha das consecuencias da violencia de xénero como violencia estrutural e unha das bases que lles impide romper, en abondosos casos, coas súas parellas. A decisión do home que asasina á súa muller amosa a concepción tradicional, e patriarcal, do pater familias como aquel no que radica o sustento e destino de muller e prole. Ao erro conceptual únese a insuficiente identificación das fontes ás que se atribúe o concluído. Polo publicado noutras informacións saídas á luz neses días, sabemos que a vinculación da causalidade do crime a motivos económicos sae de boca do propio alcalde da localidade onde ten lugar, non precisamente do recurso a fontes expertas que puidesen facer unha conceptualización do problema dende a perspectiva de xénero. Existe un amplo abano de conceptos aos que se bota man nos medios para nomear a violencia exercida polos homes contra as mulleres polo feito de naceren muller. A elección dun ou doutro ten cargas significantes de calado. Violencia de xénero é, nos períodos analizados neste estudo, o concepto máis estendido nos medios galegos. Este, como xa dixemos, é o termo fixado polas propias leis, tanto pola norma española como pola galega, e foi inicialmente introducido pola teoría e a práctica feminista. Porén, o seu uso non está exento de problemas. O termo pode resultar escuro para un público non iniciado nos preceptos básicos da teoría de xénero e, para quen non teña claro ou non recoñeza como substrato a des144

igualdade estrutural entre os xéneros, que sitúa ás mulleres en situación de inferioridade, suscítanse dúbidas do tipo: “É violencia de xénero aquela exercida polas mulleres contra os homes?”. Mesmo dende o marco legal, en relación coa interpretación da Lei orgánica de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e dende os diferentes posicionamentos existentes nas teorías feministas e queer, suscítanse preguntas sobre as que non hai aínda unha resposta consensuada: Pode ser violencia de xénero a exercida, no eido dunha parella homosexual, por un home respecto a outro home? E por unha muller respecto a outra muller? Se entendemos, como entende a teoría queer, que as fronteiras entre os xéneros son difusas, se reivindicamos a ruptura das categorías de xénero por consideralas reducionistas e limitadoras e reivindicamos toda aquela realidade que queda ás marxes do que canonicamente se considera como masculino e feminino, o debate conceptual complícase aínda máis. Nos dous períodos analizados polo grupo CIDACOM, unha das evolucións máis explícitas ten que ver precisamente co conceptual. En 2008, en comparación co 2007, hai un notábel asentamento daqueles conceptos cunha carga de denuncia maior, e que de maneira sinxela, e moi comprensíbel para a audiencia, poñen o foco tanto no problema ideolóxico de fondo (o sexismo) como nos culpábeis. Referímonos en concreto aos termos violencia sexista e violencia machista. A extensión destes conceptos vai parella a unha redución acusada do termo violencia doméstica, que ten lugar en todos os medios menos en El Progreso. A adopción dun ou outro termo non responde, en moitos medios, a un criterio claro predefinido, agás, pola información que puidemos obter, en La Voz de Galicia e na TVG. En La Voz de Galicia renúnciase ao uso do concepto violencia de xénero, atendendo ao que a Real Academia Española di ao respecto. Así mesmo, na TVG, segundo recoñecía unha das súas xornalistas nas entrevistas que realizamos a profesionais dos medios analizados en contacto directo coa abordaxe da violencia de xénero, existía á altura do último período analizado (xullo 2008) un acordo para o uso do termo violencia machista na compañía pública, o que os datos recabados na análise de contido evidencian (a TVG emprega o termo violencia machista no 66,7 % das informacións analizadas en xullo de 2008 e violencia sexista na porcentaxe restante). Entendemos, por outra banda, que a falta de criterios claros á hora de denominar o problema pode contribuír a que termine asumíndose de maneira acrítica a propia terminoloxía utilizada polas fontes. De uso moito menor é o concepto violencia contra as mulleres –ao seu favor, o feito de ser o termo empregado pola ONU e, na súa contra, o non 145

explicitar os agresores ou a ideoloxía que xustifica a agresión– e violencia familiar –ao igual que acontece con violencia doméstica, cingue o problema á familia e non fai referencia á ideoloxía e a estrutura sexista–. A categoría terrorismo en ningún caso é utilizada polos medios galegos para referirse á violencia exercida contra as mulleres polo feito de selo. Non desaparece, porén, por completo, o termo malos tratos, aínda que o seu uso dista de ser dos máis estendidos.

3. De que manifestacións da violencia de xénero falan os medios? Os medios de comunicación galegos, como vén sendo tendencia habitual na prensa española, informan, fundamentalmente, da violencia que ten lugar no eido da parella cando esta cobra forma de asasinatos ou agresións moi graves. A porcentaxe de informacións sobre violencia sexista no ámbito da parella devala, en 2008, entre o 34 % e case o 60 % do total de informacións sobre violencia de xénero en todos os medios analizados, agás a Radio Galega, onde as porcentaxes acadan o 80 %. Como podemos ver no gráfico adxunto, case a metade de todas as informacións que, sobre violencia de xénero, publican os medios galegos, tanto na mostra de 2007 como na de 2008, teñen como marco as relacións de parella.

50% 45% 40% 35% 30% 25% 20% 15% 10% 5% 0%

47% 44%

25%

2007 2008

17%

0% Abusos e agresións sexuais

14%

13% 11% 3%

6%

6%

2%

Acoso laboral Prostitución

Violencia contra as nenas

Violencia no eido da parella

Outras

Séguelle, canto á presenza nos medios, a violencia sexual e a violencia contra as nenas. As violacións, abusos e agresións sexuais supoñen, en 2008, entre o 8 e o 25 % do total de informacións sobre violencia de 146

xénero en todas as cabeceiras de prensa analizadas, excepto en La Voz de Galicia, que mantén as porcentaxes máis altas co 34,6 %. Nos informativos da Televisión de Galicia, tamén a violencia sexual ocupa o segundo lugar, co 17,4 % sobre o total de informacións sobre violencia de xénero. Porén, nos informativos radiofónicos analizados (RadioVoz e Radio Galega), onde se informa pouco sobre violencia de xénero, a presenza de novas sobre violencia sexual é nula. A información sobre violencia contra as nenas é inferior, en 2008, ao 25  % en todos os medios analizados, e mesmo chega a ser inexistente en El Correo Gallego, Galicia Hoxe, RadioVoz e a Radio Galega. Ao que prestan menos atención os medios galegos é á prostitución, trata e tráfico de mulleres, e ao acoso laboral cando ten unha vertente de xénero. Incluímos a violencia exercida na prostitución como violencia de xénero tanto por ser a prostitución manifestación das diferenzas de roles, posicións e reparto de recursos de homes e mulleres na sociedade –dado é maioritariamente exercida por mulleres, con clientela tamén maioritariamente masculina, e está estigmatizada e marxinalizada baixo estereotipos altamente sexistas no imaxinario social– como por ser tamén campo estercado para a violencia, a explotación e o exercicio en condicións infrahumanas, dada a vulnerabilidade en moitos casos das mulleres que a exercen (en boa parte inmigrantes e en situación irregular no país), reforzada cando son traídas e explotadas por redes de trata e tráfico). Canto ao acoso laboral, este apenas ten presenza nos medios. Pode ser derivado do feito de que aínda sexa unha figura xurídica recente, que ademais aínda sexan poucas as persoas que se atrevan a denunciar, e que, polo tanto, o que non chega a unha das principais fontes empregadas polos medios, a xurídica, tampouco chegue a estes. No período analizado só ten presenza nos medios cando as persoas implicadas teñen relevancia pública, tal é o caso do alcalde de Yecla denunciado por acoso pola tenente de alcalde do seu Concello.

4. En que seccións se informa sobre violencia de xénero? Tanto a Declaración de Compostela (2004) como as “Propostas para o tratamento informativo da violencia contra as mulleres” (Xunta de Galicia, 2007), desaconsellan a inserción da información sobre violencia de xénero nas páxinas e nos bloques informativos especificamente destinados aos sucesos. Fano así sabedores de que o marco espacial no que se encadra a información contáxiaa dun segundo grao de significación. 147

Falar de violencia de xénero nas seccións de sucesos e non, por exemplo, nas páxinas políticas, supón considerar a violencia de xénero tan só unha sucesión de episodios violentos desligados do substrato político, social e ideolóxico de fondo. O suceso nace e morre en si mesmo. O político aféctanos a todas e a todos. A diferenza non é menor. Retomemos as palabras de Kate Millet: O persoal é político. Volvamos aos medios galegos. Neles observamos tres grandes tendencias: ­— A publicación da información sobre violencia de xénero na sección de Sucesos. No período analizado en 2008, só tres xornais –Faro de Vigo, Atlántico Diario e El Correo Gallego– fixeron tal, e mesmo deles, dous reducen de maneira importante o emprego de tal sección. El Correo Gallego pasa de publicar o 57 % das informacións sobre violencia de xénero en Sucesos en 2007 a facelo só no 5,6  % dos casos en 2008, e Atlántico Diario mingua o recurso a estas páxinas do 70 ao 28,3 %. Os datos dan a ver que, nos medios galegos, existe cada vez maior conciencia ao respecto. De feito, os resultados obtidos en 2007 e 2008 amosan como outros dous xornais deixan de lado a sección de Sucesos para falar da violencia exercida contra as mulleres: La Opinión –que opta por tratala fundamentalmente na sección de Sociedade– e Diario de Pontevedra, que se decanta sobre todo por Local. Nos medios audiovisuais, aínda que adoito non hai límites claros entre unha e outra sección, a información sobre violencia de xénero acostuma a ir nos bloques que se dedican á crónica negra. ­— A inserción da información sobre violencia de xénero nas páxinas de Sociedade. Tal é a liña de traballo maioritariamente seguida polos xornais do grupo Compostela (Galicia Hoxe e El Correo Gallego), dos pertencentes ao grupo La Capital (El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños) e de La Opinión. Porén, mesmo que a información sexa abordada nunha sección distinta á de Sucesos, o fondo en moitos casos segue a ser o mesmo: é enfocada maioritariamente como suceso e, ademais, en non poucos casos se rodea doutras informacións sobre crimes e episodios sanguentos diversos. Tamén se publican en Sociedade informacións sobre estudos, informes, campañas e, ademais, como acontece en La Voz de Galicia, novas que falan da violencia de xénero noutras realidades e culturas. O cal é abondo significativo. Faise explícito o que de estrutural e vulneración dos dereitos humanos ten noutras realidades, cando este non é o enfoque ha148

bitual na información que ten lugar dentro das nosas fronteiras, adoito configurada baixo os patróns do suceso. ­— A abordaxe da violencia de xénero nas seccións xeográficas (páxinas locais, autonómicas, estatais ou internacionais). O problema é o mesmo que o observado no caso anterior. Que a información non sexa publicada nas páxinas de sucesos non quere dicir que non sexa tratada como tal e, ademais, mesmo rodeada doutras noticias sobre crónica negra. As seccións xeográficas máis empregadas son a estatal (sobre todo porque nela se recolle a información de axencias sobre sucesos acontecidos noutras partes do Estado) e as páxinas locais (dado que boa parte dos medios galegos pon o acento na información de proximidade). Menos utilizada é a sección Galicia, o que pode ter a súa explicación na cobertura maioritaria da información como episodio de crónica negra, descontextualizada polo tanto das circunstancias políticas, legais, económicas e sociais do contexto da comunidade autónoma na que se insire.

5. Como se elabora a información sobre violencia de xénero? O emprego dos xéneros, os enfoques dende os que se elabora a información e a rede de fontes confirman a ausencia dun tratamento especializado, e en profundidade, da información sobre violencia de xénero nos medios galegos. Os datos, como veremos, non deixan lugar a dúbidas. 5.1. Xéneros En todos os medios analizados, a noticia é o xénero predominante. En 2007, son noticias e breves o 90 % do total de informacións publicadas polos medios sobre violencia de xénero no período analizado. En 2008, o 96 %. Supoñen, dependendo da cabeceira, entre o 80 e máis do 90 % dos textos. Apenas se bota man doutros xéneros que permitan contextualizar e afondar na información (reportaxe, crónica ou entrevista informativa) ou abordala dende outras miraxes máis aló do puramente informativo, como o fan posíbel os xéneros interpretativos, tal é o caso das reportaxes interpretativas e de investigación, que permiten incidir na análise de causas e consecuencias, así como dos marcos contextuais, e son en definitiva unha aposta pola introdución de claves que poidan explicar e volver coñecemento o abondoso caudal informativo que a miúdo nos inunda sen a máis mínima aproximación aos porqués. Así mesmo, está practica149

mente ausente o recurso aos xéneros de opinión. No período analizado en 2008, só encontramos dúas pezas de opinión; en 2007, cinco. En consonancia co dito, a maioría dos textos –entre o 70 e o 100 %, dependendo do medio, o que é válido tanto para o 2007 como para o 2008– están orientados ao acontecemento, non ao tema de fondo. Os datos revelan máis unha vez o escaso peso que ten a abordaxe da violencia de xénero como problema estrutural. 5.2. Tratamento interdisciplinar Tanto a Declaración de Compostela como as “Propostas para o tratamento informativo da violencia de xénero” insisten, así mesmo, na procura dunha abordaxe interdisciplinar da información, condición que se deriva da necesidade dun enfoque especializado da problemática, ao igual que o tratamento das causas e das consecuencias, o recurso a fontes plurais e diversas e o emprego de xéneros que permitan facer prospección das claves interpretativas que dean explicación do acontecido. Pois ben, en 2007 a crónica negra era o enfoque principal do 54 % dos artigos analizados, e a crónica xudicial, o do 23 %. En todos os medios estudados, a crónica negra e a xudicial estaban presentes en máis da metade das informacións sobre violencia de xénero, agás en Diario de Ferrol, onde a porcentaxe estaba próxima ao 46 %. Na maior parte das cabeceiras, a crónica negra e a xudicial supoñían mesmo máis do 70 % da información –tal era o caso de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, Galicia Hoxe, Ideal Gallego, Diario de Pontevedra, La Región, Atlántico Diario, El Progreso, TVG, RG e RadioVoz–. O panorama é similar en 2008: 33 % crónica negra e 29 % crónica xudicial Porén, cómpre destacar como dato positivo un descenso significativo nalgunha das cabeceiras. En El Correo Gallego hai un cambio de enfoque ben visíbel. A información política ocupa en 2008 o 50 % das informacións (a miúdo, novas sobre iniciativas e campañas institucionais). En Diario de Arousa, a perspectiva social convértese na máis utilizada. E, en Galicia Hoxe, aínda que a información sobre crónica negra e xudicial supón en conxunto a maioría da información que publica, a perspectiva política cobra así mesmo peso (supón, de feito, case un terzo do total da información sobre violencia de xénero que o medio dá a coñecer). Malia que, para a elaboración especializada da información, se fai imprescindíbel a disección da realidade dende os múltiples enfoques nela implicados, na abordaxe da violencia de xénero moitos destes enfoques están ausentes ou son residuais. Nin na mostra analizada en 2007 nin 150

na correspondente ao 2008 encontramos unha soa información que dea conta da violencia de xénero dende unha perspectiva económica, malia ser a dependencia económica un dos principais fíos que atan ás mulleres que padecen violencia de xénero aos homes que as agriden. É residual a abordaxe da violencia de xénero dende a perspectiva cultural, a pesar de as fontes expertas e asociativas, en especial as feministas, insistiren unha e outra vez nas raíces culturais da violencia de xénero e na necesidade da prevención –sobre todo no eido da educación– para loitar contra ela. Tamén o é a perspectiva científica, malia seren as fontes expertas imprescindíbeis para un tratamento experto da información. E tampouco abonda a perspectiva humana, sendo como é un dos enfoques que máis pode contribuír a xerar empatía e compromiso na loita contra a violencia de xénero. 5.3. A iniciativa do medio A información sobre violencia de xénero é maioritariamente cuberta por axencias nos medios galegos, tanto en 2007 como en 2008, tal e como podemos observar no cadro que segue: Axencias

Redacción

Autor/a

Sen asinar

Total

2007

53

20

10

17

100

2008

50

12

18

20

100

*% sobre o total de novas analizadas

No mes analizado en 2008, a información procedente de axencias era superior ao 50 % en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa (onde tiña orixe nesta fonte o 91 % da información), El Progreso e La Opinión. Na maior parte dos casos, trátase de informacións sobre crimes e agresións machistas que teñen lugar noutras partes do Estado e das que o medio dá conta a partir da información que consegue das axencias. Se a iniciativa do medio é reducida á hora de elaborar información propia, máis aínda o é a responsabilidade que asume á hora de asinala. En xullo de 2008, a información non rubricada nin pola redacción nin polo ou pola xornalista do medio é superior ao 50 % en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Galicia Hoxe, El Ideal Gallego, Diario de Pontevedra, Diario de Ferrol¸ Diario de Arousa, Diario de Pontevedra, La Región, El Progreso e La Opinión, é dicir, en todos os xornais analizados agás Faro de Vigo. 151

A información asinada polo propio autor ou autora devala entre o 2 % de La Región e Diario de Arousa, e en todo caso menos do 10 % (El Ideal Gallego e Diario de Ferrol), ao 38 % en Faro de Vigo. Este xornal, xunto con La Voz de Galicia (26,4 %), Galicia Hoxe (23,1 %), El Progreso (28,6 %) e Atlántico Diario (20,8 %), son as cabeceiras que en maior medida asinan a información. Porén, a non ser en Faro de Vigo, as informacións rubricadas nunca superan o terzo das informacións totais sobre violencia de xénero. A ausencia de información elaborada por iniciativa do medio, de axenda propia e diferenciada e de periodistas especializadas/os que puidesen contribuír ao anterior, axuda a explicar a escasa porcentaxe de informacións asinada con nome propio. 5.4. O uso das fontes Fieis ao patrón seguido para a confección dos sucesos, as e os xornalistas que abordan a información sobre violencia de xénero acoden fundamentalmente ás fontes policiais e xudiciais que, en ocasións, cando a proximidade do sucedido e o tempo para elaborar a información llo permiten, completan con fontes testemuñais. O que, unha vez máis, nega o tratamento que a violencia de xénero merece como problema político e social de primeira orde. Imaxinemos, por un momento, que as informacións sobre atentados terroristas tivesen o mesmo tipo de cobertura: a relación sucinta do que, quen, cando, como e onde, que achegan as fontes policiais, e o adobío de detalles íntimos e morbosos, non exentos de prexuízos moitas veces sexistas, que achegan as fontes testemuñais. As fontes institucionais ás que se acoden son, na maioría dos casos, as forzas e corpos de seguridade do Estado e as fontes de orixe legal. En moita menor medida se insiren fontes políticas ou gobernamentais, o cal ten un efecto non menor. A introdución deste tipo de voces axudaría a enmarcar a información como problema político que é, político dado que a súa é unha base estrutural, sobre a que se sostén a desigualdade na sociedade actual, e que polo tanto nos afecta a todas e a todos, non só á vítima do episodio cruento do que o medio dá conta. Ademais, dada a esporádica presenza de fontes expertas e do movemento feminista, que apenas son consultadas, na práctica son as voces de orixe política as únicas, das que teñen acceso habitual aos medios, que introducen unha lectura estrutural do problema. Lembremos, unha vez máis, que o seu discurso ten unha lexitimación na prensa da que carecen as fontes do movemento feminista, como logo veremos máis polo miúdo. 152

Destaca, ademais, dos resultados obtidos, o escaso recurso a fontes gobernamentais galegas, o que ten a súa explicación no feito de que boa parte dos acontecementos sobre os que se informa, ao ter lugar noutros puntos do Estado, se cubran a través de axencias de ámbito estatal, que acoden así mesmo a fontes gobernamentais estatais ou doutros ámbitos xeográficos dentro do Estado. A falta de iniciativa do medio á hora de elaborar a información redunda no escaso recurso a fontes galegas, tanto gobernamentais, como expertas e asociativas, de modo que apenas atopamos presenza nos medios dese vizoso tecido académico, profesional e cívico que, por formación, experiencia e compromiso, constituirían fontes de gran nivel á hora de axudar a coñecer máis sobre violencia de xénero. As fontes testemuñais consultadas son de tres tipos: veciñais, familiares e as propias persoas implicadas, agredida e agresor. As fontes veciñais adoitan ser as utilizadas para ampliar a información sobre o terreo, o lugar no que teñen lugar os acontecementos. O habitual, porén, é que pouca máis información acheguen sobre o sucedido que vagas impresións sobre os feitos ou sobre as persoas que os protagonizan. En non poucas ocasións, ademais, a través destes testemuños fíltranse valoracións e prexuízos con forte asentamento nas raigañas sexistas da sociedade. Bo exemplo é a abordaxe informativa do parricidio que ten lugar en Yecla no período analizado en 2008. As fontes familiares, pola súa banda, poden ser ben espontáneas, ben organizadas. No primeiro dos casos, o perigo é o mesmo, que infiltren nas súas declaracións estereotipos e valoracións que fagan lectura do acontecido baixo un marco interpretativo sexista, mesmo ás veces xustificador do agresor e culpabilizador da vítima. No segundo, a información, ofrecida a través de persoas designadas como voceiros da familia, é difundida aos medios de forma máis pautada, e mesmo cuns obxectivos moi determinados. Lembremos o asasinato da nena Mariluz, e da forte repercusión que tivo nos medios a reivindicación de maiores penas para os criminais. Canto aos testemuños de agresores e agredidas, estes adoitan chegar aos medios, non de forma directa, senón a través das declaracións realizadas nos xuízos, nas cales se poden filtrar detalles íntimos do acontecido e mesmo, sen unha segunda lectura que contraste e sitúe tales afirmacións no seu lugar, a xustificación do agresor a través da transcrición, non contrastada ou contrastada insuficientemente, dos seus argumentos. No que se refire ás fontes asociativas, os datos confirman a ausencia do movemento organizado de mulleres como fonte á hora de abordar os casos sobre violencia de xénero. As voces feministas non constitúen un discurso lexitimado para os medios de comunicación. A elas acódese de 153

maneira puntual, en datas sinaladas, como o 8 de marzo e o 25 de novembro, ou cando se constitúen en fontes organizadas e con iniciativa propia, como ten acontecido na organización en Galicia de actos e mobilizacións da Marcha Mundial das Mulleres, mais non como fonte habitual nas rutinas que se aplican para a abordaxe desta problemática. O que revelaron os resultados da análise dos contidos foi confirmado, na investigación do grupo CIDACOM, polas e polos propios xornalistas entrevistados que, en xeral, constataron o escaso recurso ás fontes feministas no tratamento da violencia de xénero e, nalgún caso, tamén cuestionaron a súa necesidade. “Tendo en conta que non considero a violencia patrimonio de ninguén e non creo que detrás dunha agresión estea como único motivo o pertencer a un ou outro sexo, non lle atopo sentido”, manifestaba unha das periodistas consultadas. Se consideramos que grazas ao feminismo hoxe en día falamos de violencia de xénero, que foi quen a conceptualizou e a teorizou como problemática estrutural de raíces sexistas e patriarcais, e actuou como pioneira á hora de visibilizala e denunciala, esta debera ser unha fonte primordial para o tratamento desta realidade. Que non sexa así contribúe a que a concepción social que sobre a problemática se asente sexa superficial e estea ligada só á violencia no eido da parella, polo que os medios son incapaces de ler como tal feitos que vaian máis aló. Poñamos un exemplo, que escapa por un momento do marco temporal abordado polo estudo ao que nos estamos a referir pero que aínda así coidamos oportuno mencionar polo que implica. En 2006, e no mesmo mes, sucedéronse dous tráxicos sucesos. En Vigo, un home mataba ao mozo da súa ex-noiva. Con só uns días de diferenza, en Ferrol, unha rapaza era asasinada tamén por un home co que quedara a raíz dunha oferta de traballo que este empregara como gancho. Polo xeral, ningún dos dous casos foi lido nos medios como violencia de xénero, a pesar de que activistas feministas lles fixeran chegar un comunicado denunciando a substrato de sexismo de ambos os dous. O caso é que, mesmo cando se recolle o parecer do movemento feminista, en ocasións mesmo se introduce unha desvalorización implícita. Véxase a nova “Sociedades femininas apoian a ‘anecdótica’ proposta británica” (El Correo Gallego, 30/07/08). A visión dos colectivos de mulleres a respecto da proposta británica para acusar de homicidio e non de asasinato ás mulleres vítimas de maltrato que maten aos seus agresores recóllese nunha nova de só seis módulos, sen fotos, e na parte da páxina de menor relevancia visual (par, inferior). En toda a nova evítase o uso do termo feminista. O movemento organizado de mulleres é identificado co impreciso termo sociedades femininas no titular, onde se lles atribúe 154

a cualificación da proposta como anecdótica, cando a súa valoración era máis complexa: no desenvolvemento da noticia vemos, porén, que a medida é cualificada de positiva e xusta polos colectivos de mulleres consultados, malia recoñeceren que estatisticamente era pouco significativa. Tamén reducido é o recurso ás fontes expertas, o que ten que ver coa ausencia dun tratamento en profundidade e especializado. A non ser nas esporádicas reportaxes ou entrevistas de fondo, non teñen cabida na cobertura diaria da violencia de xénero máis aló dos xuízos, nos que os medios introducen as súas declaracións como peritos/as ante a xuíza ou xuíz. Mais, en todo caso, o medio non adoita acudir ao seu testemuño por iniciativa propia, estabelecendo el mesmo o contacto coa persoa experta, senón simplemente recollendo o que no xuízo se declara.

6. O uso de estereotipos As diversas recomendacións para a mellora do tratamento informativo da violencia de xénero insisten en que é preciso eliminar de raíz os estereotipos que teñen minado baixo lecturas sexistas e simplificadoras a abordaxe da violencia de xénero. Tal é a consideración das agresións sexistas como crimes pasionais, a culpabilización da vítima (aludindo, por exemplo, á súa conduta ou acusándoa de provocar a ira ou os celos do seu agresor) e a xustificación do agresor (o consabido “matouna porque a quería” ou o exculpalo aludindo a circunstancias persoas diversas, dende adiccións e drogodependencias até problemas mentais ou mesmo económicos, como xa vimos nun exemplo anteriormente exposto). Os medios galegos desbotaron das súas páxinas a asunción máis explícita, crúa e directa de tales estereotipos. Hoxe en día é difícil encontrar nas novas a identificación directa dun caso de violencia de xénero como crime pasional. Porén, os estereotipos subsisten de maneira máis implícita. Por exemplo, a través dos testemuños que se insiren, das versións que se recollen, da escolla dun ou doutro termo ou mesmo na forma de construír as oracións e o relato. Son varios os moldes baixo os que se poden encontrar, nas novas sobre violencia sexista, estereotipos que exculpan ao agresor e responsabilizan á agredida. Canto á culpabilización da muller vítima: — Responsabilizándoa de provocar ao agresor. Na peza “Dous anos e medio por estrangular a súa noiva” (El Progreso, 4 de xullo), a única versión que recolle a información é a do xurado popular, que atenúa a culpa do home que asfixiou á súa parella por considerar 155

que “non tivo intención de causar a morte”. A noticia destaca que «durante unha discusión a súa noiva “estaba moi exaltada” e non deixaba de gritar e insultar, polo que primeiro tapoulle a boca e logo apertoulle a garganta “para que calase”» (Diario de Arousa, 1 de xullo de 2008). A información destaca a versión do agresor exculpándose e cargando as responsabilidades do sucedido nela por o provocar. En ningún momento se indica na nova que se trata dun caso de violencia de xénero, o que leva a ler o acontecido –narrado segundo os parámetros do suceso, e construído en exclusiva con base nas declaracións do acusado no xuízo sen o recurso a outro tipo de fontes que contextualizan o feito– como un desgraciado episodio provocado pola actitude da muller. — Resaltando o feito de que a muller non interpuxera denuncia previa, o que en moitas informacións se converte case nunha coletilla máis, como a rutineira “unha morte máis por violencia de xénero”. Porén, moitas veces non se explican os motivos que levaron á muller a non denunciar ao seu agresor, e que poden ir dende a dependencia emocional que a vítima estabelece con respecto ao home até outro tipo de circunstancias, como o sentimento de desprotección legal ou o medo das mulleres inmigrantes a seren expulsadas do país. — Axuizando, de modo máis ou menos explícito, o comportamento, a conduta e o modo de vida da muller, en especial as súas relacións persoais, a miúdo a través dos testemuños que se insiren na información ou na propia construción da noticia ou da oración. No caso da turista italiana asasinada en Lloret de Mar, a foto dela abrazada a quen horas despois a mataría, nun ambiente festeiro, tivo ampla repercusión nos xornais. Algo semellante ocorre na nova “O alcalde de Yeguas tivo unha relación coa muller que o denunciou por acoso” (Diario de Pontevedra, 29 de xullo), baseada integramente nas declaracións do rexedor e do seu avogado que indican que existiu unha relación previa mantida entre a vítima, concelleira do goberno municipal, e o agresor, como se isto fose atenuante, e acusan á muller de actuar por ambición: “nunha comparecencia publica no consistorio, afirmou que a súa compañeira de partido lle comentou nunha ocasión que ‘quería a alcaldía’”. A ambición, malia ser unha actitude valorada nos homes, é aínda socialmente censurada nas mulleres, e aquí é utilizada mesmo para culpar á concelleira. O propio titular asume a versión do alcalde e obvia o feito de que a denuncia foi non só por acoso, senón por acoso sexual e por viola156

ción. Lectura á parte merecen as informacións nas que a vítima é prostituta. O dato é introducido na información mesmo que a ocupación dela non teña que ver en principio co sucedido e incluso, como neste caso, “Dous anos e medio para un mozo que asfixiou a súa noiva” (El Correo Gallego, 4 de xullo de 2008), introduce na nova un certo aire de sorna. Unha parella estábel Karen Vargas traballaba como moza de alterne no club Witiza de O Porriño e Jacobo Losada era consumidor a fin de semana de cocaína. Formaban unha parella estábel.

En ningún momento se incardina o sucedido no marco explicativo da violencia de xénero, o que, de maneira ímplicita, pode levar ao lector ou lectora a xulgar o acontecido en función da drogodependencia del e do traballo dela. Canto á xustificación do agresor, os mecanismos son similares aos empregados para culpabilizar á vítima. Os mecanismos de construción da noticia (testemuños inseridos, información destacada, datos incluídos e obviados, enfoque da información, marco interpretativo, conceptualización do problema…) así como o propio uso que da linguaxe se faga (escollas léxicas, construcións sintácticas…) minoran, de maneira moi sutil ás veces, a responsabilidade do agresor. Canto á construción da noticia, a iso contribúe a inclusión de todo tipo de circunstancias persoais (drogodependencias, supostos alleamentos mentais, circunstancias económicas, contextos marxinais…), adobiado por un relato construído como suceso e no que se obvia a referencia á problemática de fondo. Vexámolo en exemplos: — As drogodependencias como atenuante: vimos de ver un exemplo. A nova comentada máis arriba está construída de tal forma que pode levar a deducir que de tales perfís vitais se derivan tales actos, de modo que o problema social e político de fondo, a violencia sexista, queda por completo esluído. Nesa información, “Dous anos e medio para un mozo que asfixiou a súa noiva”, o consumo de drogas por parte do agresor é ademais utilizado polo xurado popular para minguar a súa culpa. — A atenuación da responsabilidade do agresor, ou mesmo a “compaixón fóra de lugar” (en referencia á expresión utilizada pola pro157

fesora Pilar López Díez) aludindo a que era “boa persoa”, “non tiña intención de facer mal”, “fóiselle a cabeza”…: na noticia que vimos de comentar, inclúese como atenuante, por parte do xurado, que o agresor non tiña intención de matar. De feito, empréganse varias perífrases léxicas que evitan o uso das palabras matar ou asasinar (“O veredicto conclúe que ambos empezaron a forcexar e, nun momento dado, el taponoulle os orificios respiratorios e sentou sobre ela, causándolle a morte por asfixia”; “Esa foi a causa da liorta que concluíu coa morte da moza”). A miúdo, os testemuños exculpatorios parten da veciñanza ou da familia. Atopamos abondosos casos no tratamento do parricidio de Yecla: «“Os veciños da muller e os dous nenos asasinados indicaron que non poden crerse o sucedido e que esta “traxedia” só pode estar motivada porque ao pai se lle “fora a cabeza”’. A veciñanza de Yecla destacou que se trataba dunha familia “‘honrada e traballadora”» (La Región, 12 de xullo de 2008). “Segundo un dos veciños da zona, tratábase dunha familia ‘nobre’ e eran persoas ‘moi formais’ que daban unha impresión fabulosa” (“Un home mata a coiteladas aos seus dous fillos e á súa esposa e pégase un tiro”, El Progreso, 12 de xullo de 2008). — O agresor como enfermo, xeralmente afectado por problemas psicolóxicos ou por episodios espontáneos de alleamento mental, como vimos de ver. Véxase “O Supremo rexeita absolver a un violador con trastorno antisocial” –El Correo Gallego, do día 10 de setembro de 2007–, que xa dende o titular toma partido, ao noso modo de ver. Contrástese a construción do titular coa do Diario de Pontevedra: “O trastorno antisocial non libra a un violador da súa responsabilidade”, do día 10 de setembro. No primeiro, a atención focalízase no Tribunal Supremo, que aparece como suxeito da oración, e cuxa acción podemos entender implicitamente cuestionada. No segundo, o propio titular pon o foco no agresor, destacando que, malia a súa enfermidade, ten unha responsabilidade. — As circunstancias económicas: xa vimos como, no caso do parricidio de Yecla, o xornal asume o testemuño de fontes non expertas para descartar que se trate de violencia de xénero, poñendo por diante os problemas económicos da familia e obviando toda lectura de xénero. — O home non pode deixar de responder á agresión: o que ten o seu correlato na culpabilización da vítima por considerar que foi quen provocou. Atende a unha construción da masculinidade baseada na agresividade e a non capacidade para controlar os impulsos. 158

7. O dereito á intimidade das vítimas A Lei galega para a prevención e o tratamento da violencia de xénero impele aos medios a respectar o dereito á intimidade das mulleres vítimas da violencia de xénero e das súas familias: “Así mesmo –indica-, promoverase que as informacións relativas á violencia sobre a muller velen polo dereito á intimidade das vítimas e das súas fillas e fillos”. Porén, os medios incumpren o sinalado de diversos modos: — Identificando a vítima de modo directo, con nome e apelidos, práctica da que botan man fundamentalmente cando está xa morta, sen ter en conta que tamén as persoas próximas á muller asasinada teñen dereito á intimidade, como a propia lei sinala. — Revelando a identidade da vítima de maneira indirecta, ao incluír na información datos que a poden delatar (imaxes da casa, iniciais do nome e os apelidos, idade…). O que sucede mesmo con menores, como puidemos ver nas noticias das mostras analizadas polo grupo CIDACOM nos dous anos estudados. Na noticia “Detido un home en Tui por tocamentos a unha menor”, emitida o 25 de setembro de 2007 no Telexornal de mediodía da TVG, a información remata coas imaxes do bar que rexenta a familia da vítima, o que, nunha localidade pequena como Tui, que non chega aos 6.000 habitantes, equivale a identificala. A inclusión de imaxes da vivenda e da rúa onde ten lugar a agresión forma parte das rutinas na cobertura da violencia de xénero, tanto na prensa como nos medios audiovisuais. — Descubrindo a identidade do agresor, o que, en determinados casos, en especial aqueles de violencia no eido doméstico e da parella, tamén acaba sacando á vítima do seu anonimato. As xornadas que, en 2004, organizou o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, viñeron motivadas, precisamente, polas queixas que ante a entidade fixo chegar o Centro de Información á Muller de Caldas respecto ao tratamento mediático outorgado a un xuízo por violencia de xénero. Os medios descubriran a identidade do agresor, que foi fotografado, e ao facelo, rompían tamén co anonimato da muller, que vía así destapado ante os seus veciños e veciñas, e con todo tipo de detalles morbosos e íntimos desvelados no xuízo, un pasado que intentaba deixar atrás. Tal acontece tamén nas novas “Un mozo de Narón, condenado a 21 anos de afastamento da súa ex noiva por agredila varias veces” e “Sete anos de prisión e 100.000 euros de indemnización por agredir sexualmente a súa sobriña”, publicadas en xullo de 2008 en La Voz de Galicia. 159

Coartan o respecto á intimidade das vítimas varios factores, dende a propia competencia entre medios (non queren deixar de emitir datos que si poden aparecer difundidos noutras cabeceiras ou informativos), até a utilización do morbo como gancho. Os medios impresos, por outra banda, escúdanse en que non ten sentido obviar imaxes que xa foron feitas públicas polos medios audiovisuais o día anterior. Ademais, as e os propios xornalistas considérano parte das súas rutinas á hora de cubrir a información de violencia de xénero e, ben por falta de formación ou de conciencia ao respecto, non coidan posíbel, en moitos casos, outro tipo de tratamento para a elaboración da información que non sexa o da noticia acompañada polas habituais imaxes do escenario do crime.

8. A identificación do agresor Dende os códigos deontolóxicos que guían as prescricións éticas do exercicio do xornalismo, indícase que é obrigado o respecto á presunción de inocencia. Porén, unha vez hai sentenza, os medios non deben esquecer identificar ao agresor, para promover o rexeitamento social cara a el. De feito, un dos acordos aos que se chegou na reunión mantida en outono de 2007 entre a vicepresidenta do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, e representantes das televisións privadas do eido estatal, implicaba a difusión da información acerca das sentenzas e condenas para loitar contra a sensación de impunidade. Así mesmo, a experta en comunicación e xénero, Pilar López Díez, sinala que tamén se debe estender a identificación do agresor a aqueles casos nos que el mesmo se autoinculpa. En varios medios galegos é práctica habitual a difusión da imaxe do agresor, como un modo de impulsar o rexeitamento cara a este, aínda que non fora condenado. Así e todo, é preciso procurar o equilibrio entre o respecto á presunción de inocencia e a necesidade de condena social, de xerar na sociedade o imprescindíbel rexeitamento e repulsa da violencia de xénero e dos asasinos e agresores que a cometen. A análise dos medios galegos amósanos que a identidade do agresor é, en varios casos, desvelada cando este aínda non é condenado, do mesmo modo que, tamén en ocasións diversas, non é revelada cando si hai xa sentenza. Así mesmo, é preciso fomentar unha práctica pouco habitual nos medios: a identificación social do agresor. É dicir, indicar como poden ser e comportarse os homes que agriden e maltratan ás mulleres. Como exemplo positivo, valla a información publicada o 20 de xullo de 2008 por La 160

Voz de Galicia: “O perfil do maltratador. Un celoso enfermizo con baixa autoestima”. Non é habitual nos medios identificar o estrato social do agresor, aínda que si acontece nalgúns casos, o que ten o efecto tanto de exculpalo –como no caso do parricidio de Yecla, onde o feito de que o agresor formara parte dunha familia humilde e traballadora, con problemas económicos, foi utilizado mesmo para negar, nalgún medio, que se tratase de violencia de xénero- como de ligar a violencia de xénero a certos ambientes marxinais. Un exemplo é a información, comentada anteriormente, sobre a condena a dous anos e medio de cárcere dun home por ser culpábel de matar á súa muller, e na que, como vimos anteriormente, se descobre que el era consumidor de cocaína e ela exercía a prostitución. Máis habitual, pola contra, se está a volver a identificación da procedencia nacional do agresor, de modo que se converte xa nunha rutina o sinalar se o agresor era ou non inmigrante. O dato pode ter sentido se se emprega para achegar claves que permitan entender mellor o sucedido –por exemplo, o medo das mulleres inmigrantes en situación irregular a denunciar– pero, virado nunha coletilla máis, acaba tendo o efecto perverso de ligar a violencia de xénero, erroneamente, a un determinado sector da sociedade, precisamente aquel con menos dereitos e ao que, mesmo en moitos casos, está negada a condición de cidadanía. Refórzase así a imaxe mediática que os vencella á violencia e a inseguridade cidadá.

9. Morbo, sensacionalismo, dramatismo O apartado 6 da Declaración de Compostela incide na necesidade de evitar elementos morbosos –entendendo o morbo, segundo a definición que achega a Real Academia Galega da Lingua no seu dicionario, como a inclinación obsesiva a deleitarse en escenas ou sentimentos desagradábeis–, sensacionalistas –o emprego daqueles elementos que causan sorpresa e serven de gancho para o público lector–, e dramáticos, é dicir, o recurso a aquilo que pretende conmocionar ou emocionar. Así mesmo, nas “Propostas para o tratamento informativo da violencia de xénero”, incluídas na guía Medios de comunicación e violencia de xénero (Xunta de Galicia, 2007) insístese en que se debe “evitar o uso de códigos sensacionalistas no tratamento das noticias: evitar o morbo, abandonar redaccións inspiradas na novela negra ou a crónica de sucesos, incluír a información estritamente necesaria sobre as agredidas, etc.”. Os medios de comunicación, porén, botan adoito man destes recursos para a captación de audiencia. 161

Como xa dixemos con anterioridade, a violencia de xénero entrou a formar parte da axenda mediática, mais a prensa estipulou para iso unha elevada peaxe: converteuna en moeda de cambio para os seus intereses propios. Para o que resulta de especial interese a profusión de detalles escabrosos que vulneran gravemente a intimidade e a dignidade da vítima, a simplificación deformante ao redor daquel elemento da información que permite causar sensación, ou a chamada aos sentimentos, á conmoción, máis que á reflexión. Son a materia prima imprescindíbel para alimentar á imaxe mediática da violencia de xénero do seu envoltorio de suceso “sensacional”. Vexamos algúns exemplos de como isto se fai: 1. A profusión de detalles sobre o crime: como xa vimos en apartados anteriores, o espazo destinado á violencia de xénero non acostuma ser elevado. É habitual que as informacións sexan breves e non ocupen máis de dez módulos, un espazo abondo reducido se temos en conta que, en ocasións, se malgasta co exceso de detalles ao redor do como sucederon os feitos. Na maioría das informacións, como tamén xa puidemos analizar, semella non haber espazo suficiente para contextualizar o acontecido tan sequera como violencia de xénero. Mais si o hai para a inclusión de detalles que vulneran fondamente a intimidade da vítima. Velaí algunhas mostras: — “Tras amordazalas e atarlles os nocellos, mans e pescozo con roupa interior das vítimas, o acusado levou a Silvia N. á habitación de matrimonio e atouna á pata da cama cun cinto” –“O acusado de matar e violar a dúas policías nacionais en prácticas declárase inocente”, en La Región do 22 de xullo de 2008–. — “O imputado [...] púxolle un coitelo á muller, que estaba espida, no pescozo e atoulle cunhas bridas os pés e as mans. Acto seguido tirouna sobre a cama e introduciulle unha peza de vestir na boca”, detállase nunha peza publicada por El Ideal Gallego –“Condenan a 22 anos ao ourensán que agrediu sexualmente e roubou a dúas mulleres”, do 24 de xullo– . — “… comezou a masturbarse tocándolle os peitos”, relátase en “Podería ir 19 anos a prisión por obrigar a súa noiva a manter relacións a golpes” –El Ideal Gallego, do 4 de xullo-. Mesmo en casos, detalles escabrosos son reiterados unha e outra vez, ao longo dos días, na información sobre o acontecido. 2. O destaque daqueles elementos máis sensacionalistas: o medio adoita condensar nos titulares aqueles elementos que poden provocar máis sensación no público lector, o que trae consigo unha imaxe simplificadora e distorsionante da realidade. Especialmen162

te afectos son á mención, no titular, dos factores que consideran desencadeantes –sobre todo cando máis sorprendentes poidan resultar–, mentres que adoito se esquecen de referir, ao longo da noticia, a verdadeira causa: a violencia machista. As noticias sobre violencia de xénero convértense así en rosario do anecdótico, en coleccionismo de casos “extraordinarios”, o que ten un efecto non menor: facer que a sociedade non sexa consciente de que a violencia de xénero, aquela que sofren as mulleres polo feito de selo, nos afecta a todas e a todos, que é un mal estrutural, e non unha desviación episódica. Velaí algúns exemplos: — «Xulgan a un home que degolou a unha muller porque esta o “abafaba”» (El Ideal Gallego, xullo de 2008). — “Un home é xulgado por secuestrar a súa parella porque non lle deixou saír de festa” (El Ideal, xullo de 2008). — “José Manuel matou a súa tía para salvar a uns cachorros de gato” (El Correo Gallego, 4 de xullo). — “Deixa o hospital a moza que estivo secuestrada dous meses por romper as relacións co seu noivo” (La Voz de Galicia, 9 de xullo). — “Asasinou a turista italiana porque o ameazou con denuncialo por violación” (Diario de Pontevedra, 12 de xullo). No afán de crear sensación, mesmo se utiliza unha linguaxe que toca no irrespectuoso: “Condenado a 27 anos de cárcere por violar a unha esquizofrénica nun invernadoiro” (El Ideal Gallego, 28 de xullo de 2008). E tamén en prol do sensacionalismo non se dubida en destacar, a varias columnas, datos que vulneran a intimidade da vítima e levan unha carga de culpabilización implícita. Tal é a foto difundida en varios medios da turista italiana abrazada ao seu asasino pouco antes de que este lle quitase a vida. 3. O recurso ao dramatismo: a chamada á emoción é un recurso ben coñecido para captar a empatía do público. De aí titulares como “Dúas mulleres relatan entre saloucos ante o xuíz como foron agredidas sexualmente” (La Región, 15 de xullo). Para a inclusión de elementos dramáticos, resulta especialmente efectivo o recurso aos testemuños da veciñanza e da familia. O motor dramático da información é tamén a miúdo resaltado a través das imaxes que, como é ben sabido, teñen unha especial capacidade de conmoción. Familiares compunxidos, consternación, a dor captada no momento do enterro, son os temas que centran a cobertura visual do parricidio de Yecla. Bágoas e momentos de tensión son recorrentes nas 163

instantáneas recollidas no caso da nena agochada pola asociación Alecrín coa complicidade da nai, tamén en xullo de 2008, para evitar ter que entregarlla ao proxenitor, acusado de malos tratos á súa ex-muller. 4. As imaxes do escenario do crime: a inclusión de instantáneas da rúa, da vivenda e do portal no que tivo lugar a agresión son habituais, malia ser elementos que ben ás claras delatan a identidade da vítima. A cobertura gráfica da violencia de xénero é abondosa nos elementos icónicos vencellados ao crime –ambulancias, cordón policial, sangue…–, cos que se resalta o dramatismo da situación. 5. O uso da linguaxe: a utilización da linguaxe encerra, en ocasións, connotacións claramente efectistas, como na información destacada máis arriba: “Condenado a 27 anos de cárcere por violar a unha esquizofrénica nun invernadoiro” (El Ideal Gallego, 28 de xullo de 2008). Así mesmo, existe a tendencia a construír a información baixo os canons estilísticos do relato negro, o que pode contribuír á aparición de clixés e lugares comúns que serven para o reforzo de estereotipos.

10. A identificación da violencia de xénero como vulneración dos dereitos humanos. A violencia de xénero é recoñecida pola ONU como vulneración dos dereitos humanos dende a Conferencia Mundial de Dereitos Humanos en 1993. Conseguilo non foi sinxelo e levou tras de si unha intensa loita do movemento feminista por enchoupar de perspectiva de xénero a Declaración de Dereitos Humanos de 1948. As diversas guías e recomendacións sobre o correcto tratamento informativo da violencia de xénero insisten na necesidade de recoñecer na información que os atentados machistas constitúen unha violación dos dereitos humanos das mulleres. Porén, tal identificación non é para nada frecuente na prensa galega. Só un 1 % dos artigos analizados, tanto en 2007 como en 2008, botaban man dela. Os datos recabados polo grupo CIDACOM en 2007, correspondentes ao mes de setembro, amosan que só tres medios recollían, nalgunha información esporádica, tal ecuación. Os resultados non eran moito mellores para o 2008. No mes entón estudado (o de xullo) só cinco medios ousaban facer a identidade entre violencia de xénero e abuso contra os dereitos humanos. O problema non é só cuantitativo. Os medios galegos non asumen tal identificación a non ser en verbas das propias fontes. É dicir, o recoñece164

mento da violencia de xénero como agresión aos dereitos humanos faise adoito en boca de organizacións, asociacións ou entidades diversas, mais non en verbas da ou do propio xornalista. Por exemplo, na información “Acoitelado en prisión o ex noivo da moza secuestrada en Centelles”, publicada en Faro de Vigo o 14 de xullo de 2008, dise que «Kamira, con sede en Madrid, expresou a indignación, repulsa, anoxo e profundo malestar que lles produciu a noticia de Dolores, “condenada a ser orfa dos dereitos como ser humano”». Ademais, a prensa ve en realidades distantes o que non é capaz de detectar na propia. Así, en La Voz de Galicia, a única nova na que se inclúe tal identificación, recollida de novo en boca das fontes, ten como escenario Arabia Saudita: “Unha campaña cidadá apraza a voda dun saudita de 60 anos cunha nena” –La Voz de Galicia, do 21 de xullo–. Dende a cultura e os medios occidentais denunciáronse adoito as prácticas sexistas na sociedade islámica. Recoñécense, curiosamente, como estruturais o que na nosa propia cultura é mediaticamente abordado como suceso.

11. A inclusión de información útil para as vítimas É este un dos aspectos que máis se incumpre, malia que as recomendacións para a abordaxe da violencia de xénero coinciden en lembrar que é preciso que as novas ao respecto inclúan información daqueles recursos aos que poidan acudir as mulleres que están a ser vítimas desta problemática social. Na reunión mantida no outono de 2007 entre a vicepresidenta do Goberno estatal, María Teresa Fernández de la Vega, e representantes de televisións privadas, acordouse emitir, nas informacións sobre violencia de xénero, o teléfono de atención ás vítimas. Porén, só un 3 % do total de artigos sobre violencia de xénero analizados en 2007, e o 4 % en 2008, inclúen algún tipo de información útil e de servizo. Cando tal acontece é porque a información xira ao redor dalgún novo recurso posto en marcha dende o eido institucional. É dicir, non existe como rutina a inclusión, nas informacións sobre violencia de xénero, de información útil para as mulleres. Mesmo na Televisión de Galicia, malia ser un medio público, non se introduce en ningún caso, no período e no programa analizado, o telexornal emitido ao mediodía, o teléfono de atención sobreimpreso na pantalla.

165

12. O compromiso de quen informa Tanto a Declaración de Compostela como as “Propostas para o tratamento informativo da violencia contra as mulleres” recollidas na guía Medios de comunicación e violencia de xénero (Xunta de Galicia, 2007) insisten en que, fronte á violencia de xénero, non cabe a neutralidade. Os medios e profesionais han comprometerse activamente na denuncia das agresións contra as mulleres. Porén, o ton que domina nas informacións sobre violencia de xénero nos medios galegos é o neutral: no 67 % do total da mostra en 2007, e no 68 % en 2008. Case un terzo dos artigos analizados (29 % en 1997 e 28 % en 2008) asumen un ton de condena. Os textos que, de modo directo ou indirecto, inclúen elementos de xustificación supoñen o 4 % tanto no primeiro como no segundo ano analizado. Quen redacta a información asume habitualmente un ton que cumpre, na superficie, cos parámetros da obxectividade: relato neutro dos feitos, inserción de declaracións… Aínda que, sabido é, como ben puidemos ver neste artigo, que no propio modo en que se destacan uns elementos e non outros, se insiren uns feitos e non outros, se lle dá lexitimidade a uns discursos en detrimento doutros, ou se opta por un ou outro vocábulo, se está construíndo un xuízo implícito que pode mesmo incluír elementos culpabilizadores para coa vítima e xustificadores para co agresor. De todos os xeitos, cómpre destacar que na mostra analizada, está presente nunha porcentaxe moi pequena nos medios revisados. A asunción dunha postura neutral ten que ver coa perspectiva maioritaria que asume a ou o xornalista, a exclusivamente informativa. Cando o informador ou informadora entra a analizar, cando afonda na realidade e constrúe un marco interpretativo sobre ela, hai máis posibilidades de que asuma, así mesmo, un enfoque condenatorio. Porén, este adoita vir con máis frecuencia, non da propia voz da persoa que relata, senón dos testemuños que inclúe, sobre todo aqueles de carácter institucional ou cívico.

13. A modo de conclusión Os resultados das investigacións desenvolvidas polo grupo CIDACOM en 2007 e 2008 amosan que, malia que os medios galegos inclúen como parte da súa axenda habitual o tratamento da violencia de xénero, porén só conseguen sacar á luz unha parte pequena desta realidade, fundamentalmente os casos máis graves de violencia de xénero e, sobre todo, da violencia que ten lugar no eido da parella. A comprensión que os me166

dios fan do que é a violencia de xénero descóbrese polo tanto parcial e superficial. Os medios de comunicación galegos seguen sen facer caso das distintas recomendacións que, para a promoción dun mellor tratamento da violencia de xénero, se levaron a cabo en Galicia –o endecálogo Declaración de Compostela (2004), as recomendacións elaboradas no mesmo ano polo Servizo Galego de Igualdade ou as recollidas en 2007 no manual Medios de comunicación e violencia de xénero, publicado pola Secretaría Xeral de Igualdade–. A abordaxe segue a ser fundamentalmente a do suceso. O sensacionalismo continúa presente nas informacións como gancho para a captación de público. O respecto á intimidade das vítimas é tamén vulnerado. E, para máis, o uso da linguaxe segue sendo abondo perverso. A violencia de xénero continúa sen ser nomeada en moitas das informacións ao respecto e, case nunca, é identificada como unha vulneración dos dereitos humanos. Sería inxusto, porén, considerar que non hai evolución ningunha no tratamento mediático. Mesmo no breve período dun ano, o que vai de 2007 a 2008, se amosan certas tendencias a un cambio en positivo. Tal é a maior presenza de conceptos cunha carga semántica de denuncia maior (violencia machista ou violencia sexista), a redución da información publicada na sección de sucesos ou o incremento, nalgún dos medios analizados, da abordaxe da información tamén dende outras perspectivas, como a política. Así mesmo, nas entrevistas realizadas ás e aos profesionais dos medios puidemos constatar, de 2007 a 2008, un incremento no coñecemento das recomendacións existentes en Galicia para a mellora do tratamento informativo da violencia de xénero, o que fai pensar que o programa de formación que, por iniciativa institucional, se desenvolveu en 2008 nas redaccións dos medios galegos si tivo algún efecto. Cómpre seguir a chamar, pois, a un cambio nos moldes, nos patróns cos que se elabora a información sobre violencia de xénero. Mentres que esta non sexa considerada un problema político e social, do mesmo calado e co mesmo rexeitamento social que supón a violencia terrorista, será difícil que haxa cambios substantivos no modo de enfocar esta realidade.

Bibliografía ALBA, Y. (2000): Guía de buenas prácticas para periodistas y comunicador@s. Prostitución y tráfico de mujeres con fines de explota167

ción sexual en los medios de comunicación, Barcelona: Red Europea de Mujeres Periodistas Españolas. BOLINCHES, E.: Noticias con lazo blanco. Manual para periodistas sobre la violencia doméstica, Valencia: Unió de Periodistes Valencians e Generalitat Valenciana. BOURDIEU, P.(2000): La dominación masculina, Barcelona: Anagrama. EL CLUB DE LAS 25 (2004): “Propuesta de decálogo para el tratamiento de la violencia de género en los medios de comunicación”, E-leusis. net. La ciudad de las mujeres en la Red, 8 de outubro de 2004. FAGOAGA, C. (1994): “Comunicando violencia contra las mujeres”, Estudios sobre el mensaje periodístico, 1, 67-90. FAGOAGA, C. (1999): La violencia en medios de comunicación. Maltrato en la pareja y agresión sexuada, Madrid: Dirección General de la Mujer. FAGOAGA, C. (2007): “Los discursos de la prostitución en la prensa española” en Congreso Internacional Derechos Humanos y Prostitución, Madrid: Área de Gobierno de Empleo y Servicios a la Ciudadanía, Dirección General de Igualdad de Oportunidades, Ayuntamiento de Madrid. FERNÁNDEZ DÍAZ, N. (2003): La violencia sexual y su representación en la prensa, Barcelona: Anthropos editorial. IORTV e INSTITUTO DE LA MUJER (2002): I Foro Nacional. Mujer, Violencia y Medios de Comunicación, Madrid: Instituto de la Mujer e RTVE. LLEDÓ CUNILL, E. (1998): Como tratar bien a los malos tratos. Instituto Andaluz de la Mujer. LÓPEZ DÍEZ, P. (ed.) (2004): Manual de información en género, Madrid: IORTV e Instituto de la Mujer. LÓPEZ DÍEZ. P. (ed.) (2006): Representación de la violencia de género en los informativos de TVE, Madrid: Instituto Oficial de Radio y Televisión. MENÉNDEZ MENÉNDEZ, I. (2007). Medios de comunicación e violencia contra as mulleres, Compostela: Secretaría Xeral de Igualdade. MUÑOZ, M. (coord.) (2001): Medios de comunicación, mujeres y cambio cultural, Madrid: Dirección General de la Mujer de la Comunidad de Madrid. PUÑAL RAMA, A. e PERNAS BELLAS, M. (2005): “A imaxe da muller reflectida na prensa galega. O tratamento da violencia de xénero en La Voz de Galicia e El Correo Gallego”, Ciências da Comunicação em 168

Congresso na Covilhã. Actas do III Sopcom, VI Lusocom e II Ibérico. Volume III, Covilhã: Universidade da Beira Interior. PUÑAL RAMA, B. A. (2007): “El tratamiento de la prostitución en los medios de comunicación. Algunas recomendaciones”, Comunicación y Género, nº 7, 145-161. SÁNCHEZ, J. et al. (2003): Mujer publicada mujer mal tratada, Pamplona: Instituto Navarro de la Mujer. OBSERVATORIO DOS MEDIOS E COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA. (2005): Actas das xornadas Violencia Contra as Mulleres e Medios de Comunicación, Santiago de Compostela (inédito).

Anexos Declaración de Compostela (Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, 2004) 1.-A violencia de xénero baséase nun modelo patriarcal de sociedade no que o rol feminino estivo e está supeditado ao masculino. 2.- Este tipo de violencia non só se manifesta nos malos tratos dentro do ámbito doméstico, senón tamén nos abusos e agresións sexuais, no acoso laboral, na prostitución, e na violencia específica e singular contra as nenas. 3.- Medios e xornalistas enfocarán estas agresións como unha violación dos dereitos humanos, e como un atentado contra a liberdade e a dignidade das persoas. 4.- Ante este tipo de delitos non cabe a neutralidade. Medios e xornalistas adoptarán un compromiso activo na denuncia da violencia de xénero, incentivando a toma de conciencia social sobre a problemática que comporta. 5.- Medios e xornalistas afrontarán informativamente estes casos como un problema social, e tentarán enmarcalos sempre na problemática xeral da violencia contra as mulleres. En consecuencia, non se tratarán como casos illados da crónica negra, obviando o seu emprazamento nas páxinas ou bloques informativos destinados aos sucesos. 6. Evitar o sensacionalismo, o morbo e o dramatismo -tanto no tratamento do texto como das imaxes-, o que obriga aos medios audio169

visuais a coidar non só a recollida de imaxes e son, senón tamén a súa edición e difusión, desbotando os recursos propios dos “reality shows”, dos programas de sucesos ou das series de ficción. 7. Respectar o dereito á intimidade e a dignidade das persoas agredidas, especialmente cando se trate de menores de idade, garantindo o seu anonimato, polo que medios e xornalistas absteranse de difundir datos ou imaxes que as poidan identificar sen antes obter o seu consentimento, respectando en todo caso o seu dereito a non facilitar a información que se lles demande. 8. Para abordar estes casos de violencia coa sensibilidade e o rigor profesional que esixen as vítimas e demandan os sectores máis concienciados da sociedade, faise necesario o seu tratamento especializado, afondando nas súas causas e nas súas consecuencias, o que comporta afrontalos con perspectiva interdisciplinar (social, económica, política, cultural…). 9. Coidar a relación coas fontes, que han ser diversas e plurais, sen cinguirse exclusivamente por iso ás oficiais, tendo en conta sempre aquelas fontes expertas que contribúan a contextualizar informativamente non só o suceso en si, senón tamén os procesos aos que se terá que enfrontar con posterioridade a vítima (acollida e asistencia, tribunais, situación laboral, vivenda…), desbotando os testemuños de fontes espontáneas cando non acheguen datos relevantes para a información. 10. Facilitar información útil e de servizo ás mulleres afectadas, explicándolles os recursos dos que dispoñen –casas de acollida, asesoramento psicolóxico, trámites xudiciais, axudas da administración...- para afrontaren a súa situación con garantías e así conseguir superala. 11. Medios e xornalistas evitarán os estereotipos, prexuízos e tópicos ligados á violencia contra as mulleres: — Os malos tratos non son froito dun “feito pasional”, son un delito. — Os malos tratos son un feito transversal a todos os estratos sociais; non se producen exclusivamente entre as clases marxinais. — A vítima nunca é responsábel do feito violento, polo que é preciso evitar un tratamento informativo que a culpabilice. — O agresor é o único responsábel do acto violento, polo que é preciso evitar un tratamento informativo que o xustifique, como sucede sempre que se bota man doutras circunstancias persoais (alcoholismo, celos…) alleas ao feito en si, desbotando en consecuencia todo aquilo que puidese asegurarlle a impunidade. 170

— A linguaxe sexista reforza a dominación simbólica contra as mulleres, polo que é imperativo desbotala dos relatos xornalísticos.

Decálogo para a mellora do tratamento mediático da violencia de xénero elaborado polo Servizo Galego de Igualdade (2004) 1. Situar a violencia de xénero no marco da violación dos dereitos humanos e o ataque contra a liberdade e a dignidade das persoas: os medios farán fincapé en transmitir esa mensaxe nas informacións relativas a esta materia. 2. Contextualizar o delito: as informacións non se limitarán ao delito ou suceso en si mesmo, senón que tratarán a violencia de xénero como un grave problema social e educativo, achegando datos sobre recursos e servizos destinados a atender ás vítimas. 3. Respectar o dereito á intimidade: non se utilizarán nunca as imaxes nin a identidade das vítimas, ao igual que se manteñen eses criterios para respectar a presunción de inocencia dos sospeitosos. 4. Non emitir nin publicar imaxes ou textos de carácter vexatorio para a vítima: os medios porán especial énfase en limitar as novas e contidos puramente informativos, procurando obviar os detalles que unicamente serven para alimentar a curiosidade do público. 5. Evitar achegas non relevantes: os medios evitarán realizar amplificacións da nova con manifestacións de terceiros –familiares, persoas veciñas- non relevantes para o caso. 6. Eludir circunstancias sociais e persoais: os medios procurarán obviar as circunstancias sociais e persoais das persoas implicadas; evitarán sempre a ligazón consciente ou inconsciente que sitúa a violencia de xénero no marco de determinados arquetipos –alcoholismo, drogadicción, situación de risco de exclusión social- situándoo como un problema social. 7. Evitar a localización do caso: as informacións eludirán calquera referencia que permita a identificación e localización concreta dos domicilios das persoas implicadas. 8. Non influír na investigación: os medios respectarán as recomendacións policiais sobre a pertinencia de publicar informacións que poidan influír na boa marcha da investigación, e paralelamente comprometeranse a dar cobertura ás demandas das forzas de seguridade que poidan facilitar a resolución do caso. 171

9. Rexeitar a explotación comercial do suceso: non se utilizará ás persoas agredidas para explotar comercialmente o caso ou para rendibilizalo con vistas a mellorar audiencias; en todos os casos se buscará unicamente o beneficio social derivado da actuación informativa. 10. Loitar contra a explotación sexual e o tráfico de persoas: os medios enmarcarán esta variante delituosa na violencia de xénero, non presentarán a prostitución e as súas variantes como unha conduta socialmente admisíbel e non emitirán nin publicarán publicidade vexatoria para as mulleres, incluídos os anuncios sobre actividades relacionadas coa explotación sexual das persoas.

Propostas para o tratamento informativo da violencia contra as mulleres (Xunta de Galicia, 2007) Sobre a violencia de xénero como concepto: 1. As agresións a mulleres son unha vulneración dos dereitos humanos, polo que o enfoque da noticia debe situar o feito como un atentado á liberdade e a dignidade das mulleres. 2. A violencia sexista é un problema estrutural, un contínuum que debe formar parte da estrutura noticiosa. Así, as agresións non deben aparecer como feitos illados, conxunturais ou excepcionais. 3. A violencia de xénero é unha información especializada que, como tal, require coherencia temática, tratamento específico, fontes especializadas e xornalistas especialistas no tema. 4. O uso de estereotipos e lugares comúns, ademais de empobrecer a redacción das noticias, favorece unha lectura frívola e minimizada do problema da violencia de xénero. 5. Redactar informacións que reflictan a complexidade deste tipo de violencia: a existencia do maltrato psicolóxico, por exemplo, ou a dificultade para abandonar o círculo da violencia por parte das vítimas. 6. Promover a “tolerancia cero”, é dicir, o rexeitamento social á violencia que sofren as mulleres. Non existe neutralidade e o silencio convértenos en cómplices. Sobre as rutinas xornalísticas: 1. Débese evitar o uso de códigos sensacionalistas no tratamento das 172

noticias: evitar o morbo, abandonar redaccións inspiradas na novela negra ou a crónica de sucesos, incluír a información estritamente necesaria sobre as agredidas, etc. 2. Hai que romper as rutinas profesionais mediante o uso de fontes máis plurais, unha linguaxe non sexista nin ocultadora das mulleres, a tematización non androcéntrica e novas formas de xerarquizar a información. Así mesmo, deben empregarse correctamente os termos e conceptos que teñen que ver con este tipo de violencia. 3. A violencia contra as mulleres é un problema político e como tal debe ser abordado nos medios. Debe cambiarse a localización convencional na sección de sucesos, que invisibiliza a verdadeira magnitude desta información e intentar situala nun plano relevante, e cambiar así o pouco valor informativo que aínda ten. 4. As fontes da noticia son esenciais: hai que traballar para encontrar outras distintas das habituais, máis especializadas, descartando algunhas que non proporcionan ningunha información relevante (veciñanza) e que, no entanto, consolidan os estereotipos de xénero. Da mesma forma, hai que respectar os que non desexan falar cos medios. 5. As cifras son importantes pero hai que contrastalas e usalas contextualizadas. É necesario facer un esforzo para verificar datos e ofrecerllos á audiencia dunha forma accesible. 6. Negar a presenza en programas e espazos de prensa de persoas que non rexeiten a violencia de xénero ou cuxo discurso sexa outra forma máis de maltrato. 7. Para falar desta realidade non é imprescindible a presenza de vítimas nos estudos de televisión. A súa aparición exponas a un alto risco persoal e favorece o morbo e a frivolidade, ademais de minar a confianza doutras agredidas nos medios de comunicación. 8. Informar tamén de casos cuxo final foi positivo, pola posibilidade de axudar a outras mulleres a saír do círculo da violencia. Os valores-noticia deben modificarse e abandonar o ton de catástrofe. Tamén pode ser noticia un feito positivo. Sobre agresores e agredidas 1. Respectar a dignidade das vítimas: non ofrecer datos persoais que impidan o anonimato, que poidan prexudicar fillos e fillas menores ou que favorezan situacións sociais de rexeitamento. 2. Tratamento coherente: o maltrato é un delito e o agresor un delincuente. Como tal han ser reflectidos os feitos na información. 173

3. Rigor informativo: as mulleres non morren a causa da violencia de xénero, senón que son asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas. Usar eufemismos é unha forma de lexitimar as agresións. 4. Evitar tratamentos nesgados sobre os agresores. Non hai un perfil único de delincuente nin a violencia é privativa de ningún grupo social, étnico, cultural ou económico. 5. Non victimizar dobremente as mulleres con xuízos de valor ou expresións que poñen en cuestión a súa ética ou comportamento. Destacar, polo contrario, as dificultades que afrontan aquelas que se atreven a denunciar e o valor de romper o silencio. 6. Incluír información útil que lles poida axudar a outras vítimas e descartar datos que poidan alentar o denominado “efecto chamada”, isto é, desencadear agresións noutros individuos. Neste tipo de noticias a máxima é a responsabilidade social do xornalismo.

174

Os medios de comunicación audiovisuais dende a perspectiva de xénero Begoña Gutiérrez San Miguel Universidade de Salamanca

Unha linguaxe é un medio de expresión cuxo carácter dinámico supón o desenvolvemento temporal dun sistema calquera de signos, de imaxes ou de sons, tendo como obxecto a organización deste sistema expresar ou significar ideas, emocións ou sentimentos comprendidos nun pensamento motor do cal constitúen as modalidades efectivas. (MITRY 1990, 20)

1. O papel da persoa receptora Unha cuestión evidente é que para establecer un sistema de análise na narración audiovisual se ha de partir de certos criterios para poder valorar e desentrañar os contidos propios e inmanentes do documento, pero tamén é ben certo que non podemos realizar a devandita análise partindo soamente da idea de que unha narración audiovisual é simplemente unha concatenación de signos e símbolos. O primeiro factor que cómpre ter en conta é que estamos ante unha sucesión de imaxes, que contan ou describen uns acontecementos, que poden estar cargados de significados e de simbolismos e que por iso mesmo presentan unha carga ideolóxica, social, estética, artística..., a través dunha linguaxe elaborada. Unha linguaxe específica, que pode presentar similitudes coa linguaxe literaria ou coa poética ou co discurso. Pero suxeito a unhas leis propias de funcionamento. A tendencia á simbolización parte dende a aparición primeira de manifestacións culturais ou pictóricas no ser humano. Se pensamos nos animais retratados na arte parietal, a intención, ademais de capturar ou 177

posuír os propios animais representados, era a de utilizalos como reclamo. Cando o ser humano adquire a capacidade de representar, tende a unha mímese e á súa vez, leva a cabo un proceso de interiorización e reinterpretación que lle supón unha capacidade de abstracción. A comprensión das estruturas narrativas está ligada á formación dunha linguaxe interna, sen a cal o cerebro sería incapaz de continuar un discurso tal. Este sería consecuencia dun proceso de aprendizaxe ou un proceso de comprensión vinculado á experiencia vivida ou aos referentes culturais de cada persoa (o “capital cultural” que di Bourdieu), que non han de presentar unha linguaxe articulada, pero si uns simbolismos ou referentes significativos provocados pola relación que se establece entre unha imaxe ou un son. Un pensamento produce no cerebro unha serie de imaxes, un discurso evoca certas connotacións e o mesmo sucede cunha lectura. Necesita un soporte semiótico, pero non ten por que ser necesariamente lingüístico. Pénsase en imaxes e con imaxes antes de pensar con palabras. A intelixencia, polo tanto, ha de provir de certa estruturación de maneira que o pensamento se forma a medida que se formula, e non ha de ser necesariamente a través da linguaxe verbal. Este comeza a ter a súa función cando queremos comunicar os pensamentos e as imaxes mentais que existen no cerebro. A narrativa audiovisual parte dunha serie de imaxes manipuladas e ordenadas. O pensamento, ao visualizalas, non ha de someterse a un sistema de signos e de significacións preestablecidas, pois presentan vida propia a través da continuidade, pero o pensamento pode exercer aquí unha liberdade en canto que as imaxes suxiren connotacións e evocacións imprevistas, formalizando así un xuízo, un punto de vista, unha visión particular do mundo, comprendendo o mundo alleo presentado sen outro factor que o da propia formalización particular. A persoa espectadora é o que dota ás imaxes de particularismo e de significación, se ben é certo que ao partir dunha manipulación previa á creación, as imaxes xa levan consigo de forma implícita certos significados e intencionalidades. Pero será neste estrato no que a persoa espectadora xogará un papel fundamental na interpretación, a través de todos os seus coñecementos socioculturais e sensoriais previos, polo que podemos afirmar que a significación non é absoluta. A narrativa audiovisual crea significacións establecidas a través dun medio que lle é propio a pesar de formular certos isomorfismos con outras linguaxes. A comprensión deste mundo propio perténce ao espectador ou á espectadora, o que non ha de implicar que sexa un referente 178

de convencións tradicionais, posto que ademais, estas están suxeitas a continuos cambios e transformacións. A forma e o contido han de presentarse indisociadas, posto que están en función unha da outra. Un dos mestres do cine soviético, Lev Kulechov (1899-1970), que desenvolve por primeira vez a idea da natureza específica do cine, dicía que a superioridade sobre o teatro radicaba no principio de montaxe. Cada plano recibía o seu significado do contexto no que estaba situado, dos planos que lle precedían e dos que lle seguían na pantalla e polo tanto da percepción dos espectadores. Así realiza certos experimentos probando esta idea. Presenta unha secuencia na que hai diferentes planos que expresan sentimentos contrastados e entre eles a imaxe dun home que observa as devanditas escenas, dando a sensación de transmitir diferentes expresións a medida que se suceden as escenas ante el. Máis tarde, Kulechov mostrará que esta sensación de expresión por parte do personaxe observador non é máis que un efecto óptico que senten as e os espectadores motivado polo que ven, posto que o home permanece impávido dado que os planos que del se proxectan son en realidade a mesma imaxe repetida, como consecuencia da montaxe. Denominaríao “efecto Kulechov”. “A imaxe que representa un concepto vai do abstracto ao concreto sen ter, como as palabras, a liberdade de concibir un imaxinario persoal que se reabsorbe aquí en imaxes precisas… O efecto Kulechov non se fai realmente cinematográfico máis que a partir do momento en que a relación observador/observado se efectúa sobre feitos concretos. É entón a emoción a que suxire a idea e non a idea a que provoca a emoción” comenta Mitry (1990, pag. 74) falando da inferencia que a montaxe ofrece á percepción humana. Se se conectan as ideas e a emoción, a imaxe contemplarase non como o resultado dunha idea feita, a creadora dun sentido que provoca un sentimento a unha sensación tras a súa visualización. A perspectiva clásica contemplada como ciencia das proxeccións cónicas facilita, segundo os teóricos, “a imaxe de obxectos, que se supoñen vistos dende un punto fixo chamado punto de vista”: imaxe que resulta da sección dun plano (o do cadro) do cono óptico formado polas liñas que, dende os diversos puntos do espazo, converxen no ollo do espectador. Ese ollo único non dá unha visión real, só abonda con pechalos alternativamente para comprobar a diferenza das imaxes recollidas por cada un deles e que a combinación de ambos os dous xera a sensación de relevo. 179

En segundo lugar, os ollos non están inmóbiles senón excepcionalmente. A mobilidade conduce a obter unha gran cantidade de información que permite unha avaliación correcta do espazo. Os signos visuais ou imaxes que se combinan cos signos lingüísticos poden manter dous tipos de relacións entre si: a) Relación de complementariedade: cando non se pode comunicar o que se desexa ou contribúa a recalcar ou expresar mellor o que se pretende. Un exemplo claro témolo na publicidade: Unha imaxe por si soa pode ser un signo en si mesmo pero se se reforza cun texto ou un slogan que eloxie a marca da imaxe, adquirirá unha forza maior. Polo tanto exerce unha función de complemento. b) Relación de redundancia: se un texto repite o expresado por un signo visual (imaxe), está a exercer unha función de redundancia. Este recurso asegura a eficacia no proceso de comunicación. Todas estas formulacións darán a base para a interpretación, ben evidente ou suxerida, dunha serie de códigos elaborados arredor dunha intencionalidade determinada que suxire a construción da linguaxe. As imaxes reflicten o mundo do que se nutren, é dicir, parten do ámbito sociocultural elaborando as mensaxes cunhas connotacións e suxestións. E é de aquí de onde partiremos para valorar a importancia que teñen os elementos morfolóxicos na plasmación das intencións. A linguaxe dos medios, tradicionalmente sexista, reflicte o mundo do que parten posto que dun xeito sutil reflicten un pensamento, un xeito de ver o mundo. E aínda que se están a facer avances tanto nos tratamentos dos temas coma na construción destes, aínda queda un arduo traballo por desenvolver. Da alfabetización audiovisual pódese chegar á educación da poboación de forma que o mundo sexa máis equitativo en canto a cuestións como a discriminación positiva ou negativa.

2. Os elementos morfolóxicos O estudo eminentemente lingüístico establece un cotexo entre os elementos que compoñen a narrativa audiovisual e os compoñentes semánticos dun relato –nos que se inclúen a morfoloxía e a sintaxe– asimilando así conceptos como a definición de plano: unidade mínima con significado propio. Esta mesma definición serve para definir un lexema ou gramema. A análise continúa con esta dialéctica, estruturando o discurso seguinte: a narración audiovisual está suxeita ás mesmas leis de funcio180

namento que a narración semántica. Dende unha perspectiva clásica, unha frase componse de suxeito, verbo e predicados ou adxectivos (estes termos están desfasados na actualidade). O plano aseméllase ao substantivo. Os adxectivos describirían o movemento da imaxe mediante as angulacións e os encadres. O verbo está representado polos movementos de cámara. O sintagma é un grupo de palabras que teñen un sentido unívoco e que se pode situar entre a palabra e a frase. Este sintagma é entendido xeralmente como un conxunto de planos que teñen unha significación, ou unha estrutura, global. A sintaxe na gramática ensina o modo de enlazar as palabras entre si, formando deste xeito as oracións, e tamén o modo de unir unhas oracións con outras. Se traspoñemos esta idea á narración audiovisual, estaremos a falar da montaxe. A selección e a combinación de planos daralle a continuidade ao relato. O significado dos diferentes signos responde a motivacións estéticas e expresivas. As metáforas utilízanse como recursos explicativos polo que podemos relacionar o signo co significado da imaxe xa que, na narrativa audiovisual, recórrese a elas de forma case sistemática. As figuras audiovisuais, como as literarias, responden a fins dramáticos, psicolóxicos e estéticos. A creación de imaxes é o resultado de especialistas que traballan formando un equipo cunha finalidade común: levar a bo termo unha creación artística-comercial imbricando a técnica e a arte. Configúrase deste xeito unha linguaxe que a ou o espectador ha de captar, interpretar e gozar, coma se de calquera obra de arte ou relato se tratase. Se estes obxectivos non se conseguen, supoñerá un fracaso. A socioloxía responde a aspectos tomados do estudo do contorno nutríndose deles. Recibe na súa configuración interna a concepción do mundo contemporáneo cara ao cal reverte e do cal se nutre. O ser humano constitúese en centro do pensamento, indagando a través deste e formulándose o seu papel na sociedade. A socioloxía afírmase ou négase a través de motivacións ideolóxicas, facendo tomar conciencia do ámbito, do pensamento, do destino. A persoa emisora emite unha mensaxe, clara, concisa e contundente, para o que utiliza calquera clase de linguaxe de forma tal que o receptor sexa capaz de escoitar e asimilar o concepto que lle foi transmitido. A mensaxe consta de forma e de contido, e é tan importante o que se di como a forma de expresalo, porque ambos os dous aspectos influirán na interpretación que faga a persoa receptora. 181

A manipulación das formas e técnicas que constitúen o universo das narracións audiovisuais xorde do autor ou da autora, para o que utilizará unha posta en escena. O texto, polo tanto, é un produto que se presenta rematado, e está suxeito ás múltiples interpretacións que quen o recibe faga del. O grao de significación no proceso de comunicación é competencia da pragmática e da semántica, cuestións xa tratadas por Eco, Barthes ou Metz. O primeiro elemento expresivo que ha de considerarse é o da selección dun espazo que sirva para a escenificación da dramática elixida, para transmitir unha idea. Un plano é a estrutura mínima narrativa con significado propio. A unión de varios planos é o que vai darlle o significado e o sentido á narración. Por iso existen certas normas de funcionamento ou leis, tácitas, non descritas, que se constitúen na base do entendemento narrativo. A cámara transforma, en definitiva, a fisionomía humana nun gran campo de acción (Panofsky, 2000, páx. 165), de forma que un movemento sutil se converte nun acontecemento que se dá no espazo visible e polo tanto integrado na totalidade do contexto expresivo da palabra falada. A construción dalgunhas reportaxes televisivas sobre temas como as praias, a ocupación hoteleira ou o descanso estival é moi semellante nas diferentes cadeas televisivas: tras a presentación das praias, a cámara sempre se centrará, para exercer un efecto de reclamo, en planos moi próximos (primeiros ou primeirísimos planos) de mulleres que están en topless ou nos glúteos destas, describindo o seu corpo por medio de panorámicas ou cabeceos. A colocación da cámara será na marxe esquerda ou dereita do encadre de forma que se lle suxira ao espectador ou á espectadora o espazo que está ante elas. A lectura da imaxe vén dada pola composición espacial elixida, onde se adoitan potenciar as liñas de fuga ou as perspectivas en diagonal (as mulleres están tendidas na praia). En raras ocasións se pode observar esta mesma descrición dos corpos masculinos (sen tampouco pretender unha utilización do home como obxecto de sedución). A iso únese que a elección adoita recaer en mulleres novas con corpos “politicamente correctos” (isto é, dunha extremada delgadeza, como bo reflexo da violencia simbólica que se exerce sobre o corpo feminino, principalmente). O punto de vista suxerido ao espectador ou á espectadora, ao igual que na publicidade, é o desexo de estar no sitio referido de forma que o obxecto de sedución implícito, a muller, se converte en obxecto de consumo. En consecuencia, a noticia elabórase para un destinatario masculino. As angulacións, por exemplo, reflicten a pulsión de quen mira e é mirado. 182

O caso dos videoclips musicais é tamén altamente significativo no que o culto ao corpo se refire, sobre todo no caso dos de promoción de autoras (Shakira 2002, por exemplo). Abundan as angulacións esaxeradas, composicións moi forzadas a través das liñas de composición dirixindo a atención do espectador ou espectadora con escorzos, planos moi curtos onde se destaca a figura feminina ou os glúteos ou o peito case a xeito de percepción subliminal –a duración de cada plano apenas chega a apreciarse polo ollo humano– e movementos de cámara cara ás devanditas partes do corpo feminino nos que se destacan os movementos corporais para potenciar a forza sexual que levan consigo. A muller convértese de novo nun obxecto de consumo e nun vehículo exclusivamente de sedución. A construción narrativa faina explícita. O resultado visual de toda composición depende dun efecto de totalidade e nunca dunha adición de elementos. É algo máis que a selección mecánica dun espazo e uns obxectos que o habitan. O efecto de totalidade ten moito que ver co equilibrio entre todos os seus elementos, os cales perden a súa autonomía en beneficio da síntese icónica, é dicir do impacto global. A iluminación leva consigo na actualidade un concepto relacionado directamente con ela: a cor. Dende hai uns anos, este elemento cobra valor expresivo e significativo exercendo unha función denotativa, psicolóxica e referencial como apoio á narración. Adoita reflectir os puntos de vista dos personaxes, a diferenza dunha narración clásica que non se apoia nestes elementos para resaltar a trama dramática. As cores usadas como elemento de comunicación poden transmitir a imaxe da marca ou certos atributos do produto, tales como frescor, consistencia, peso, calor... O azul produce un efecto tranquilizante no sistema nervioso e representa a necesidade psicolóxica de paz, satisfacción, tranquilidade, harmonía... A súa percepción sensorial é suave e o seu contido emocional é tenro. Transmite o efecto de unión ou paz, cando se pon xunto a outra cor. Por exemplo a combinación de azul e vermello suxire cooperación empresarial (tal é o caso do logotipo da televisión catalá). O vermello ten un efecto estimulante no sistema nervioso, representando a necesidade psicolóxica de actuar e ter éxito. É unha expresión de forza vital e leva á acción, a excitación, o impulso e a sexualidade. A súa percepción sensorial é o apetito e o seu contido emocional é o desexo. O vermello transmite actividade cando se sitúa ao lado doutra cor, por exemplo, xunto ao amarelo, suxire desenvolvemento de novos campos. É utilizado pola publicidade cunha intención relacionada coa sedución. 183

O verde representa a necesidade psicolóxica da seguridade nun ou nunha mesma ou a de obter o recoñecemento dos demais membros da colectividade. O verde é tensión e transmite dominio dun mesmo, constancia, afirmación e perseveranza. A súa percepción sensorial é contención e o seu contido emocional orgullo. Transmite afirmación cando se pon xunto a outra cor, por exemplo xunto ao marrón mostraría unha insistencia no benestar físico. O amarelo representa a necesidade de mirar cara a diante e aspirar a algo. É dilación e transmite expansión, variación, expectación e orixinalidade. É predominantemente optimista. A súa percepción sensorial é sabor e o seu contido emocional é esperanza. O amarelo combinado co azul, por exemplo, ten unha connotación de servizo. A utilización dos elementos morfolóxicos como construtores dun sentido e dunhas intencionalidades é algo máis que evidente en todos os exemplos que se queiran aplicar, tanto na publicidade coma nas series de produción propia e mesmo nos informativos. Os elementos morfolóxicos apoian a opinión ou o sentido dun xeito sutil, case inconsciente, de aí a súa utilización. Un público formado na lectura da imaxe é un público alfabetizado, con criterio e menos manexable.

3. A elaboración do estereotipo a través da imaxe visual. O poder e a súa relación co tamaño. “Debe preocuparnos non o dano que faga ás persoas ignorantes (os analfabetos algo sacan!) senón o que lle fai á minoría culta, intelectual, estancándoa, distraéndoa, roubándolle as súas preciosas enerxías intelectuais”, comentan Martín Barbeiro e Germán Rey en Los ejercicios de ver (1999, páx.16). En relación ao mesmo concepto, Haro Tecglen, nun dos seus artigos de Babelia, di “gústenos ou non a televisión constitúe hoxe á vez o máis sofisticado moldeamento e deformación do cotián e os gustos dos sectores populares...”. E engadía que “pasamos moitos anos defendendo que un xornaleiro ten o mesmo dereito a elixir o seu goberno que un enxeñeiro nuclear, para negarlle agora a posibilidade de elixir un programa de televisión e o afastamento das elites do medio televisivo pecha o círculo e anima aos programadores a ser cada vez máis bastos, crendo abranguer así a máis persoas” (El País, 17 de maio de 2000). Unha noticia de televisión emitida a finais de febreiro de 2009 anunciaba a presentación dun programa nunha cadea de Estados Unidos denominado Miss pequenña perfecta, onde nenas menores de 15 anos 184

son preparadas polas súas nais para presentarse a un concurso de beleza onde todo é válido para conseguir ser unha boneca perfecta. O culto á sedución é o único valor constitucional da persoa que se potencia dende a infancia (concurso xa criticado na maxistral película Pequenñna Miss Sunshine (2006), realizada por Jonathan Dayton e Valerie Faris. Se programas como estes amparan a esencia do ser humano, o camiño cara á destrución deste está asegurado.

3.1. O obxecto da cámara: a recreación no corpo feminino. A indiferenza ante o masculino “O narcisismo é unha compoñente fundamental nas portadas de publicacións femininas. En países como Italia, España, Portugal ou mesmo Francia, a atracción que as figuras e os mitos femininos exercen na muller pode que estea en relación inversa ao seu contexto sociolóxico. Algúns especialistas destacaron que canto máis insignificante é a praza que ocupa a muller nunha sociedade, máis necesidade ten de acaparar superficies impresas de papel”, di Joseph Mª Casasús en Ideoloxía e análise dos medios de comunicación (1998, páx. 267). Prosegue o autor: “ao meu entender, o fenómeno que aquí entendemos como prensa feminina, xira estritamente, arredor deste fenómeno psicolóxico”. E indica que “todo o esforzo promotor se reduce a presentar un mundo intimista, confidencial e particular, semantizado en moitos casos, unicamente, no nome da publicación [...] Un estudo da Sovietsbaia jenchina, a revista destinada á muller soviética, que difunde uns 7 millóns de exemplares en doce linguas, ou da máis modesta It ain´t me babe, voceiro norteamericano do movemento de liberación da muller, obrigaríanos a partir duns supostos científicos que din que os medios de comunicación de masa constitúen a fachada dunha sociedade que os sostén, e toda especulación científica que pretenda ser imparcial deberá acometer prioritariamente a análise dos materiais con que foi construído o edificio e estudar o tratamento a que foron sometidos”, sinala Casasús (páx. 269-270). O formato de revista do corazón pode observarse en moitos programas de televisión, pero queremos destacar o de Corazón, corazón por ser un modelo emblemático e dos que máis audiencia tivo dende os seus inicios. É emitido por TVE na primeira cadea os sábados e os domingos. Trátase dun programa presentado, dirixido e protagonizado por unha maioría case esmagadora de mulleres. As temáticas presentadas son: traxectorias profesionais de artistas, acontecementos sociais como vodas ou bautizos, e ecos sociais. Poderíase asemellar á revista Semana. 185

Considérase un programa cultural? Imos ter que formularnos seriamente establecer un debate que leve a unhas conclusións claras sobre o significado deste termo. A raíz deste programa xorden miles deles nos que “a presenza xeneralizada dos mal chamados famosos, a creación de estrelas ficticias e, en todo caso, a compravenda do éxito contribúen a deformar a presenza dalgúns valores no imaxinario social”, como comenta Mónica Codina (2002, páx.149). Engade a autora que “a crónica social que non respecta a honra e a intimidade das persoas, que converte o morbo –rosa ou negro–, nun dos seus principais ingredientes, denigra a profesión xornalística, omite o tratamento do personaxe e de temas de interese, esvaece o sentido da intimidade no ámbito social e deforma a imaxe do home”. Mesmo nos informativos se poden encontrar noticias que tacitamente reflicten o pensamento das e dos receptores. Tal é o caso dunha recente noticia na que, con motivo das sancións que se estaban a levar a cabo polos malos hábitos á hora de aparcar nas cidades españolas, se recollen as imaxes e sons duns videoafeccionados nos que se escoitan comentarios en off como “o mal que o está a facer esta tía, e seguro que ademais é fea”, cando o condutor era un home seguido das exclamacións sorprendidas dos realizadores. Estas cuestións falan claramente dos prexuízos que imperan na sociedade actual. E a cadea de televisión non se formula en ningún momento facer unha revisión previa do que están a emitir

3.2. A representación das mulleres na publicidade A publicidade é un dos medios máis potentes que existen hoxe en día para poder modelar e determinar a nosa forma de vida e os nosos costumes. A súa finalidade é moi clara: vender un produto determinado. Para iso sérvese da maior cantidade de elementos ao seu alcance, chegando mesmo á perversión dos sentidos do espectador, o cal é cómplice da devandita manipulación, polo elemento inconsciente que leva consigo. O reclamo erótico é un dos recursos máis utilizados pola publicidade en todas as épocas. A muller representa, na publicidade, basicamente a beleza e a sedución baixo a aparencia de “boneca para o amor”. Que mecanismos activaron este papel? Nas sociedades desenvolvidas a maior parte dos instintos primarios foron quedando adormecidos como consecuencia das escasas oportunidades de exercitar eses mecanismos ancestrais de supervivencia. Para a maior parte dos habitantes destas zonas privilexiadas do planeta, a sede, a fame ou o frío non son xa problemas prioritarios. En cambio xurdiron outras necesidades, con186

sideradas en principio como menos transcendentes e que non obstante ocupan lugares preferentes: o recoñecemento social, o benestar social, o culto á propia imaxe... O sexo é, a pesar de todo, un dos instintos primarios que se manteñen aínda con certa plenitude e que é capaz de promover nos individuos cambios de actitudes e de comportamentos definitivos. Os publicistas coñecen estes instintos primarios ou primitivos e utilízanos como arma e reclamo prioritario para chegar ao espectador ou á espectadora. O xeito de facelo é polo camiño da sedución, para o que utilizan unha serie de recursos evidentes. Toman exemplos da vida cotiá ao mesmo tempo que a modifican,asemade chegando a ser unha poderosa arma de educación, ou máis ben de “antieducación”. Os estereotipos son ideas que se repiten e se reproducen sen variación na publicidade dende o inicio desta. Adoitan estar considerados fenómenos negativos, por estar ligados a prexuízos sociais e con actuacións que levan a comportamentos discriminatorios. Supoñen unha xeneralización e simplificación esaxerada, sen ter en conta a singularidade ou individualidade das persoas. Os estereotipos tenden a menosprezar a muller, sobrevalorando o papel do home. En realidade a publicidade promove unha serie de valores baseándose nos estereotipos (idea que se repite e se reproduce sen variación ): a muller debe seducir e esta proposta debe levala a todos os campos da vida custe o que custe! Unha muller que cumpre esta característica consegue as metas que se propuxo. Así, se utiliza determinadas medias poderá conseguir o triunfo de ser enormemente atractiva para todo o mundo e, por riba, lograr o amor dun estupendo rapaz que a recibe cun bonito ramo de flores. A publicidade tende tamén a repetir roles (papel ou conduta que outras persoas esperan de nós, esperando unhas mesmas pautas de conduta dos demais) de carácter tradicional. A muller, en xeral, adoita aparecer realizando as tarefas domésticas e como obxecto sexual para servir de reclamo na compra de coches ou nade bebidas alcohólicas, produtos destinados a compradores masculinos. Toman importancia nos papeis máis ben triviais ou de pouca transcendencia. Son mulleres cuxa única función consiste en exhibir a súa beleza para seducir o home mediante a súa mirada, identificándose esta coa masculina. Elas son as belas que atraen aos home e a destinataria deberá examinar o seu rostro e corpo e confrontalos co modelo de beleza para eles. As decisións importantes que afecten á compra de obxectos ou bens inmobles, a transmisión de seguridade, valentía, amor ao risco, o saber, 187

a ciencia... correspóndenlles aos homes. Cando os homes aparecen ao cargo de tarefas caseiras son sempre torpes nelas, porque a realización das devanditas tarefas é transitoria: esas non son cousas para eles. Na sociedade imperan os modelos masculinos, de aí que as mulleres teñan sensación de medo ou inseguridade ao ter que moverse “en terreo alleo”. Se nos fixamos ben, apreciaremos que a maior parte das voces en off que hai nos anuncios son masculinas (mesmo en medicamentos contra a dor menstrual ou nalgún de compresas), sendo moi poucos aqueles nos que a muller se dirixe á potencial consumidora. A muller comeza a aparecer no campo profesional traballando con homes, pero a súa profesión está relacionada case exclusivamente coas actividades relacionadas coa creación artística (deseño de arte, publicidade...), un ámbito no que tradicionalmente se lle recoñeceu un lugar á muller. Nos anuncios televisivos dirixidos directa e exclusivamente á ama de casa, esta permanece ancorada nunha representación “realista”. As tarefas do fogar non poden, ao parecer, ser ennobrecidas nin asociadas con algún dos mundos míticos, eróticos, etc., que tratan de facer desexables todo tipo de produtos. Neste contexto, as mulleres apareceren como amas de casa reais, non unha boneca-modelo publicitaria. Ben é certo que os roles poden cambiarse e os estereotipos tamén, cuestións que cada vez van aparecendo máis, aínda que de forma moi tímida, nos anuncios. Unha boa parte da capacidade de sedución provén dos personaxes representados neles. O primeiro que habería que considerar é a definición dos devanditos personaxes, por idade, sexo, nivel social, actividade profesional, poder adquisitivo, arquetipos, modelos estéticos, roles sociais... e ver cales destes trazos son transferidos ao produto: a súa beleza, a súa felicidade, o seu éxito social ou sexual... Cómpre observar tamén se esta asociación se presenta de modo explícito ou indirectamente, coma se dunha relación causa-efecto se tratase, e que grao de obxectividade hai nesta relación. É importante analizar, ademais, cal é a repartición de papeis ou roles sociais en función do sexo. Que ha de facer un personaxe para que sexa desexable ou desexado? Veremos así que nos papeis masculinos a atracción vén provocada pola súa masculinidade, a forza, a riqueza, o prestixio. Nas mulleres, porén, está directamente relacionada coa beleza e/ ou a servidume. A feminidade está formulada como sedución, sensualidade ou tenrura, dispoñibilidade, sacrificio... Se o anuncio adopta a fórmula de discurso, os personaxes poden ser especialistas na materia ou tamén poden aparecer as e os “famosos” 188

como certificado de garantía do produto anunciado. En calquera dos casos, o que venden estes personaxes é o triunfo, o éxito social, o recoñecemento. A súa vida é mellor grazas ao uso do produto polo que habería que analizar o valor real desta pretendida autoridade. A publicidade é interactiva, en ocasións deformante (o espello social). É causa, efecto e reflexo dos valores sociais en voga: — Sociedade consumista. Todo se pode comprar e vender, mesmo os valores e as persoas. Todo é provisional. Vivimos nunha sociedade do gastar, usar e tirar. — Sociedade masificada. Fai falta unha unificación de gustos e intereses para multiplicar as vendas. Xógase coa necesidade da xente de sentirse integrada, non desprazada. — Sociedade clasista. Ao potenciar a escalada social, refórzase a división en categorías sociais á vez que a idea dunha sociedade materialista, potenciando o afán de posesión. Dáselle máis valor ao ter e ao posuír, que ao ser. A solución dos problemas vén dada pola posesión material do produto. Valórase ás persoas polo que teñen, non polo que son. — Sociedade unidireccional. Existe unha maioría pasiva e conformista, fronte a unha minoría que decide e controla, buscando crear necesidades para mantelas. A publicidade mantén ou crea insatisfacción. Dende o eido psicolóxico considérase a publicidade como o factor diferenciador entre a infancia e a madureza, por basearse no principio da fantasía ou do pracer ou o principio da realidade. A persoa adulta necesita fantasía para o seu equilibrio psíquico (cine, poesía, conto...), pero vivir así supón unha patoloxía. Hai que diferenciar entre realidade e fantasía, e a persoa adulta debe fundamentar o seu comportamento no principio da realidade. Non hai fracasos, nin límites, non hai enfermidade nin morte. A publicidade promete unha felicidade instantánea e doada tendendo así a perpetuar eternamente a infancia.

4. Da sorpresa da cámara á sorpresa do realizador: a construción de imaxes para televisión A cámara adquire unha mirada de voyeur cómplice da degradación do ser humano, da dor, de toda unha serie de sentimentos que exaltan o morbo do receptor, transgredindo a normalidade e confundindo a novidade do formato coa temática e o tratamento elixido. 189

O discurso televisivo interpela os individuos como espectadores, pero non como persoas activas ou participativas. A información foi denominada como a “fiestra aberta” ao mundo, pero en realidade é unha “pantalla”. É un espazo que proxecta un discurso e un elemento que oculta a realidade ou polo menos unha parte desta. O subxectivo imponse ao obxectivo. Toda percepción supón un primeiro nivel de interpretación da realidade. A reprodución televisiva, un segundo nivel de interpretación de subxectividade. O tratamento da noticia (dende o equipo de redacción pasando polo de locución e finalmente o de transmisión) sofre un proceso que o relativiza aínda máis. Do que en realidade se informa é da visión que os seus autores e autoras teñen desa noticia. Na actualidade, a noticia constrúese buscando a sensibilización da ou do espectador a partir da emoción cunha selección da información a favor do escandaloso ou sensacionalista, unha simplificación demagóxica de sucesos, opinións e problemas. Parcializan a realidade ao desviar a súa atención de todo aquilo que non lles interesa ou resulta prometedor en termos de éxito de audiencia, co cal se censuran dalgún modo partes importantes da realidade que case nunca chegan ao público. Co pacto tácito do principio de consenso informativo respéctase a uniformidade da opinión, que en boa medida os xestores dos medios forman a través da manipulación informativa, buscando entreter e non dividir ou polemizar, tendo en conta que canto máis ampla é a audiencia que se quere alcanzar, máis hai que esforzarse en limar as súas asperezas, banalizando e despolitizando os seus contidos. A información é ademais circular, alentada polos produtores televisivos que manteñen baixo constante vixilancia á competencia e se ven obrigados a facer cousas que probablemente non farían se os demais produtores non existisen. Este tratamento leva a converter o documento en algo completamente diferente ao que tiña en orixe. As noticias pasaron de ser unha plasmación dos acontecementos, ou sexa unha mímese, a estar interpretadas para modificar a opinión pública, ou sexa unha diéxese. A interpretación dos acontecementos sempre foi o soporte do cine posto que se trata dunha ficción. Na actualidade, esta tipoloxía narrativa pasou a ser de televisión mesmo no tratamento das noticias dos informativos. Da razón á emoción.

190

5. A ilustración da noticia como a representación sexuada da realidade, ou a representación da muller sen nome Bourdieu comenta que “a visión carente de sentido histórico e incapaz de infundilo, atomizada e atomizadora, alcanza a súa realización paradigmática na visión que ofrecen os telexornais, sucesión de historias en aparencia absurdas que acaban parecéndose entre si, desfile ininterrompido de pobos necesitados, ringleira de acontecementos que, xurdidos sen explicación, desaparecerán sen que saibamos a súa solución, e que despoxados deste modo de toda necesidade política, só poden no mellor dos casos, suscitar un vago interese humanitario. Unha representación do mundo preñada dunha filosofía da historia en tanto que sucesión absurda de desastres respecto dos cales non se entende nada e sobre os cales nada cabe facer.”24 Nas seccións dos informativos tanto de nacional coma de internacional, a discriminación negativa vén da man dos elementos morfolóxicos máis que dos temáticos en xeral (si hai unha incidencia na elección dos temas de “violencia de xénero”, mal tratados ao perderen a súa función de denuncia por mor da espectacularidade). Nos apartados de cultura e deportes, a discriminación negativa está reflectida da man da temática e da utilización intencionada dos elementos morfolóxicos. Os deportes xeralmente son masculinos. A cultura está considerada case exclusivamente como a moda e vai dirixida á muller. Os elementos morfolóxicos no caso dos informativos españois veñen caracterizándose por unha utilización distanciada dos devanditos elementos: a planificación, as angulacións e a iluminación son na maioría dos casos frías e descritivas no tocante ao tratamento das noticias en xeral. Pero cando se chega ao apartado de deportes ou de cultura, quizais porque foron considerados dende antigo como menores, as tradicións e o tratamento varían. Os deportes están destinados aos homes que son os interesados “tradicionalmente” neles. O fútbol, o boxeo, o motociclismo, o baloncesto, o rugby en menor medida, son considerados os deportes estrela. As retransmisións e os breves das noticias están todos eles dirixidos cara a un público masculino, coa agravante da escasa presenza de mulleres nesta sección como informadoras. Todos os partidos son masculinos. Hai unha salvidade, o voleibol. A cámara introdúcese polo corpo “das” xogadoras coma se dun reflexo ancestral se tratase. O receptor segue sen24

Bourdieu (1996) http://www.paralibros.com/libros/basicos/l08bourd.htm 191

do o masculino, pero nesta ocasión o interese é diferente. A atención non a motiva tanto o elemento deportivo, senón máis ben o corporal. As xogadoras (se son brasileiras ou italianas, mellor) vense sometidas a un minucioso estudo do movemento de todos os seus músculos. Vólvese deste xeito á banalización e frivolización da presenza feminina como tradicionalmente se fixera. En canto á sección de cultura, as noticias que máis adoitan aparecer nestas colas informativas son os desfiles de modelos. Novamente o tratamento formal, con planos moi próximos (primeiros e primeirísimos primeiros planos), descricións panorámicas da cámara sobre certas partes do corpo feminino (no que ás veces non levan roupa ou non se ve porque non aparece nos encadres), a montaxe rápida e fragmentada, producen o efecto desexado no receptor. A muller volve aparecer nun primeiro plano de interese como obxecto de sedución. A moda non deixa de ser unha anécdota. E a pregunta é, en que sentido debemos entender a cultura?

6. Dos estereotipos tradicionais aos novos; da muller tradicional á superwoman As series de produción propia e os denominados talk show alcanzan as cotas máis altas de banalización, case diriamos, perniciosa. De todos é coñecida a reflexión que levou a cabo a finais do século XIX Oscar Wilde. Comentaba que había moito que dicir a favor do periodismo moderno pois ao darnos “a opinión de ignorantes mantennos en contacto coa ignorancia da comunidade”. Os espectadores e as espectadoras teñen dereito a un trato respectuoso, e a ser considerados como persoas que pensan, con necesidades culturais, informativas e doutros tipos afastadas da idiotez e da hiperfrivolidade cara ás que as están a levar. E, por suposto, a estar afastadas dos estereotipos que poden xeran condutas perniciosas. Os debates televisivos están xeralmente orquestrados dende a falsidade a partir da lóxica da autopromoción permanente, parodias con participantes habituais, denominados xornalistas que, aínda sostendo posicións opostas, fano en forma concertada dentro dos límites da conveniencia do medio e dos seus propios intereses con relación a este. Xa Bourdieu comentaba hai uns anos que “a posta en foco dos perigos inherentes á información televisiva leva a reflexionar acerca do feito de que durante as últimas décadas a televisión adquiriu entre as súas características a de desalentar o exercicio de pensar, privilexiando o impacto da imaxe sobre o contido e o da emoción sobre a razón, a favor da vertixe 192

e a impunidade de que goza por razóns técnicas xa que nese mundo virtual e efémero, os feitos, ditos e xuízos son dificultosamente revisables”. Series con tanta audiencia como Aída presentan a unhas mulleres cargadas de estereotipos, cumprindo uns roles tradicionais (a limpadora, a prostituta, a vividora, a madrasta) que, amparadas polo humor, fan que todo valla. Non é que os homes estean mellor representados (o supermacho ibérico-machista-clasista-racista..., o macarra, o drogadicto...). Un conxunto social o mundo deque fomenta os valores negativos, os baixos instintos, a vulgaridade e a falta de respecto máis absoluta cara ás mulleres e homes alí representados. O feito de que emitan estas series en horario de máxima audiencia é debido precisamente aos devanditos controis: as audiencias (ao redor do 25-28 %). Se se pensa que hai 3200 aparatos medidores en toda España, que están repartidos suponse que aleatoriamente (aínda que non sexa así), non parece este un elemento moi definitivo para manter un programa ou non en emisión. O público non ve o que quere, ve o que lle ofrecen as canles. Ao público non se lle pregunta o que quere ver, emiten os programas que ás cadeas lles saen máis rendibles.

7. Conclusións O efecto que os medios de comunicación teñen na poboación actual é de búmerang, catalizando a forma de vida e mediatizándoa. O público está a ser considerado por parte dos grandes grupos de comunicación como un equipo de probas para os seus experimentos mediáticos. Non demanda uns programas determinados senón que consome os produtos que están no mercado posto que non ten outras alternativas. Os grandes grupos económicos están relacionados á súa vez co poder político. A representación do mundo, polo tanto, está claramente mediatizada a favor dunha ideoloxía ou outra e polo tanto existe un control férreo da información. A programación está configurada cunha suavización cultural evidente. Contidos en ocasións bastos, co ideal de igualar á poboación á baixa, xa sexan programas de entretemento televisivos, radiofónicos, xornalísticos ou internautas, coa intención de chegar a un maior número de poboación, din. O concepto da globalización foise desenvolvendo buscando consciente ou inconscientemente a uniformización. Todo é espectáculo, todo ten cabida e nada está suxeito a valores que se acollan ás cuestións rela193

cionadas esencialmente cos dereitos humanos aos cales o ser humano ten dereito como tal. A cultura denígrase en favor do entretemento fútil. Constatamos que a programación está claramente estandarizada e homoxeneizada pola redución cultural, banalizando a vida e os costumes. Todo este panorama leva a unha clara infantilización da poboación grazas á concepción que se lle dá a toda a programación, dende os informativos ata a publicidade, ofrecendo un marco referencial irreal. E, igualmente, conduce a unha analfabetización evidente. O resultado final é un hipotético control da poboación coa desculpa de educar á cidadanía nos valores positivos rexistrados nas convencións democráticas. O control ideolóxico leva á poboación, pouco a pouco, á simpleza e o reducionismo máis absolutos. A confundir a ficción coa realidade e a levar á vida condutas que supoñen entre outras cuestións, discriminacións negativas en cuestións de sexo. Di a célebre fórmula platónica que “ningunha persoa é malvada voluntariamente”. Se é realmente certo que as forzas da tecnoloxía –aliadas coas forzas da economía, a lei do beneficio e da competencia–, ameazan á cultura, que se pode facer para contrarrestar este movemento? É evidente que a educación, dende os parámetros culturais, é prioritaria, sempre evitando o superproteccionismo. Unha poboación alfabetizada, culta e crítica é unha poboación rica, dinámica, inqueda e activa en todos os aspectos. Outra cuestión importante é a proposta de creación dunha plataforma alternativa de crítica e cuestionamento dos medios. Moitas voces álzanse a prol diso. Morín, Bourdieu ou o científico social Emir Sader, analizan nos seus textos o “totalitarismo rutal” exercido polos grandes medios de comunicación privados, mediante o que condicionan aos gobernantes a actuar para os intereses da pequena pantalla e aqueles/as que se negan a obedecer “sofren ataques de discriminación” moi fortes, como é evidente en todos os países. Ben é certo que están a funcionar dende hai anos os institutos da muller e que se están a levar a cabo avances nas cuestións de xénero. Pero aínda habería que incidir moito máis, buscando especialistas independentes en cada sector que consigan un tratamento axeitado das noticias, dos programas, da publicidade... Un elevado número de investigadores provenientes de diferentes campos propoñen a constitución dalgún tipo de mecanismo alternativo aos medios de comunicación que sexa capaz de alertar, polo menos, dos prexuízos que supón a situación actual cara ao espectador ou espectadora, traídos da man da falta de crítica ou autocrítica que presentan os citados medios. 194

Unha plataforma independente do poder, non un comité de sabios, que sexa capaz de establecer os mecanismos de crítica, como sucede no resto dos campos da vida tanto culturais coma sociais ou científicos. A programación mediática debe estruturarse á marxe exclusivamente das audiencias como único índice de medición da suposta calidade. Retomemos a idea de Platón cando dicía que había unha aguda distinción entre o mundo dos sentidos e o mundo do intelecto: unha persoa pode ter só opinións acerca do primeiro, pero pode ter coñecemento, unha crenza verdadeira xustificada acerca do segundo. Xustamente por esa razón, o mundo intelixible é o mundo real, e o mundo sensible é só provisionalmente real, como as sombras na parede dunha cova. Estamos a tempo aínda de recuperar a esencia das cousas?

Referencias bibliográficas AGEJAS, J. A. y varios (2002): Ética de la comunicación y de la información, Barcelona: Ariel. AGUILAR, P. (1996): Manual del espectador inteligente, Madrid: Fundamentos. ALBÈRA, F. (1998): Los formalistas rusos y el cine, Barcelona: Paidós Comunicación. Cine (ed.). APARICI, R. e GARCÍA MATILLA, A. (1989). Lectura de imágenes, Madrid: De la Torre (ed.). ARGULLOL, R. (1985): Tres miradas sobre Arte, Barcelona: Icaria (ed.). AUMONT, J. e MARIE, M. (1990): Análisis del film, Barcelona: Paidós Comunicación (ed.). BORDWELL, D. (1995): El significado del film, Barcelona: Paidós Comunicación (ed.). BORDWELL, D. (1996): La narración en el cine de ficción, Barcelona: Paidós (ed.). CASETTI, F. (1996): El film y su espectador, Madrid: Cátedra, Signo e Imagen (ed.). DELEUZE, G. (1991): La imagen-movimiento: estudios sobre el cine, Barcelona: Paidós Comunicación (ed.). DELEUZE, G. (1986). La imagen-tiempo: estudios sobre el cine 2, Barcelona: Paidós Comunicación (ed.). ECO, U. (1971) .La definición del arte, Barcelona: Martínez Roca (ed.). EISENSTEIN, S. (1990). Reflexiones de un cineasta, Barcelona: Palabra en el Tiempo (ed.). 195

GANDREAULT, A. e JOST, S. (1995): El relato cinematográfico, Barcelona: Paidós Comunicación: Cine (ed.). GENETTE, G. (1980): Narrative Discourse: An Essay in Method, Ithaca: Cornell University Press (ed.). GIMENEZ ARMENTIA, P. e BERGANZA CONDE, Mª. R. (2008): Genero y medios de comunicación: un análisis desde la objetividad y la teoría del framing, Madrid: Ed Fragua. GOMBRICH, E.H.(1979): Arte e ilusión, Barcelona: Gustavo Gili (ed.). GUBERN, R. (2004): Máscaras de la ficción, Barcelona: Anagrama. GUTIÉRREZ, F. (1976): El lenguaje Total. Pedagogía de los medios de comunicación, Buenos Aires: Humanitas. GUTIERREZ SAN MIGUEL, B. (2006): Teoría de la narración audiovisual, Madrid: Cátedra. Col. Signo e Imagen. JARVIÉ, I. C. (1974): Sociología del cine, Madrid: Guadarrama. Universitaria de bolsillo. Punto y Omega (ed.). MAFFIA, D, GIL LOZANO, F e varias (2007): Las palabras tienen sexo, Buenos Aires: Artemisa. METZ, CH. (1973): Lenguaje y cine, Barcelona: Planeta (ed.). METZ, CH. (1977): Psicoanálisis y Cine. El significante imaginario, Barcelona: Gustavo Gili, Comunicación Visual (ed.). MITRY, Jean (1990): La semiología en tela de juicio (cine y lenguaje), Madrid, Akal/Comunicaciones (ed.). PANOFSKY, E. (1970): El significado de las Artes Visuales, Buenos Aires: Infinito. PANOFSKY, E. (1979): Estudio sobre iconología, Madrid: Alianza Universidad (ed.). PROPP, WL. (1982): Morfología del cuento, Madrid: Fundamentos (ed.). ROMANO, V. (2002): La formación de la mentalidad sumisa, Madrid: Endymión. SANGRO COLÓN, P. (2000). Teoría del montaje cinematográfico: textos y textualidad, Salamanca: Universidad Pontificia y Caja Duero (ed.). SAUSSURE, F. (1977): Curso de lingüística general, Madrid: Akal (ed.). STAEHLIN, C. (1982): Teoría fundamental del cine. Servicio Publicaciones Universidad de Valladolid. Vallet, A. (1970): El lenguaje total, Zaragoza: Luis Vives (ed.). VERDÚ, V. (2003): El estilo del mundo, Barcelona: Anagrama. VILCHES, L. (1986): La lectura de la imagen. Prensa, cine, televisión, Barcelona: Paidós (ed.). VILLAFAÑE, J. (1990): Introducción a la teoría de la imagen, Madrid: Pirámide (ed.). 196

WRIGTH, E (2004): Lacan y el postfeminismo, Barcelona: Gedisa Encuentros Contemporáneos. ZUNZUNEGUI, Santos (1989). Pensar la imagen, Barcelona: Cátedra. Signo e Imagen (ed.).

197

Representación das relacións de xénero na publicidade

María Isabel Menéndez Menéndez

1. Introdución25 A literatura especializada en xénero interesouse, dende sempre, pola análise do discurso publicitario. Talvez porque se trata dunha mensaxe que, na sociedade actual, acadou un lugar preponderante, ou simplemente porque é difícil escapar á sedución dos seus anuncios, o certo é que existen numerosos traballos que investigaron a relación entre publicidade e xénero. Máis especificamente, foi bastante fértil o labor realizado sobre aspectos concretos, como a análise da imaxe que das mulleres se transmite dende a publicidade. Os textos que se escribiron sobre publicidade foron elaborados dende multitude de disciplinas distintas, de entre as que destaca a pedagoxía, interesada por unha educación crítica do alumnado. Hai que salientar que, en xeral, a maioría de estudos sobre este soporte mediático sinalou que non se ofrece unha perspectiva positiva das mulleres. Así, a perspectiva de xénero aplicada á publicidade permite descubrir que a xerarquía sexual que diferenciou e discriminou ás mulleres fronte aos homes se perpetúa dende os anuncios publicitarios, que mesmo ofrecen unha imaxe moito máis arcaica ou conservadora delas que outros discursos mediáticos. A observación das mensaxes publicitarias que inundan os paneis publicitarios, que interrompen a programación televisiva ou que ocupan a metade do espazo das publicacións impresas, Unha primeira e máis ampla versión destes contidos pódese consultar en Fernández, Marta (ed.) (2009). Publicidad y violencia de género: un estudio multidisciplinar, publicado polo Servizo de Publicacións da Universitat de les Illes Balears. 25

ofrece un rol feminino pouco parecido á realidade, no que non só se segue insistindo nunha muller preocupada case en exclusiva polos aspectos domésticos, senón que se articula a súa imaxe ao redor dunha sexualidade exacerbada, apoiada no corpo feminino como un obxecto para consumir, e cun ideal de beleza cada vez máis afastado da realidade. É certo, non obstante, que este tipo de reflexións interesan pouco á profesión propiamente dita. De feito, os publicistas, homes e mulleres, adoitan ser os primeiros en defender as súas campañas cando estas son acusadas de sexismo ou discriminación, algo que sucede, lamentablemente, con frecuencia. Sen asumir apenas algunha dose de autocrítica, moitas veces deféndense aducindo razóns estilísticas. Para estes profesionais, as acusacións que reciben dende as institucións de igualdade e o movemento organizado de mulleres non son máis que atrancos á súa liberdade de expresión e unha nula apertura ás apostas creativas arriscadas ou innovadoras. Nalgunhas ocasións, non obstante, recoñecen que se trata dunha mensaxe que pediu o seu cliente ou a súa clienta e que deben ofrecer aquilo que o mercado lles pide. Trátase, sen dúbida, de simplificacións sobre un fenómeno complexo que posúe múltiples facetas, pero permiten situar os polos principais nos que se apoia a enorme resistencia que existe a admitir que un produto creativo, admitido pola maioría de persoas consumidoras, está a elaborar, difunde ou perpetúa estereotipos sexistas e mesmo mensaxes discriminatorias que atentan contra as mulleres e ás veces contra os homes, mensaxes que en todo caso axudan moi pouco ao avance na igualdade de oportunidades e dereitos entre ambos os dous sexos. A esta orde de cousas axuda moi pouco a crecente mercantilización da sociedade occidental, na que se modificaron os elementos simbólicos de poder e prestixio. Hoxe, quen desexa ser importante no espazo público debe expoñer a súa capacidade adquisitiva e, os e as que unicamente aspiran a emulalos, incorporan un novo tipo de ocio baseado no consumo e cuxos lugares soñados non son outros que os grandes centros comerciais, espazos que aglutinan a posibilidade de comprar co uso do tempo libre, que tamén ha ser pagado (cines, boleiras, xardíns de infancia, etc.). Tal e como recolle Jorge García (2004: 83-90), a publicidade contemporánea responde a unha lóxica mercantil e, sobre todo, homoxénea. Para o autor, as novas iconas ou fetiches, difundidos ademais a escala planetaria, son as grandes marcas que, non obstante, están moi lonxe das posibilidades adquisitivas de moitas persoas. O discurso, fragmentado e superficial, concrétase para o autor en certa ideoloxía do efémero, unha forma de vivir na que as necesidades básicas das persoas son esencialmente falsas 202

e onde o acto de comprar contén en si mesmo o pracer e a recompensa que debería ofrecer o produto comprado. Así mesmo, García fai fincapé no feito de que as mensaxes publicitarias incorporaron unha semiotización nova para o século XXI (aínda que é discutible que este feito sexa realmente novo): en lugar de promover as bondades ou vantaxes do obxecto anunciado, promóvese a muller que o observa ou a muller que podería conseguir quen poida adquirilo. Trátase, entón, dunha transposición da mensaxe publicitaria que, cada vez máis, se afasta dun discurso obxectivo, baseado na exposición das vantaxes ou beneficios que pode proporcionar un produto dado, para elaborar unha sofisticada e complexa mensaxe semiótica, cargada de connotacións sexistas. Adoita admitirse que o mundo contemporáneo evolucionou cara á hexemonía dos medios de comunicación de masas e certa mitificación das imaxes. Se un dos sinais de identidade da humanidade é, precisamente, a súa capacidade simbólica, a sociedade contemporánea distínguese polo consumo compulsivo de signos, signos que na súa maioría se reciben a través dos distintos discursos mediáticos (Correa et al., 2000: 14). Mediante mensaxes unidireccionais, nas que unicamente se ofrece unha determinada visión do mundo, imponse un modelo dominante na transmisión de información que se apoia, case en exclusiva, na aparencia, un universo simbólico efémero e superficial, no que a publicidade é un dos principais ídolos. Un discurso que logrou imprimir no colectivo de consumidores e consumidoras toda unha serie de necesidades case sempre irreais, pero que alentan os impulsos de gran parte da poboación na súa interacción económica, social e política. Trátase dun discurso que, falsamente, se difunde como garantía de elección e liberdade, pero que, en realidade, separa as persoas en dous grupos: as que poden consumir e as que non poden facelo. “O sistema publicitario democratiza o consumo ante os seus clientes porque as súas mensaxes se difunden a toda a sociedade, pero obvia unha realidade tan crúa como cruel: as persoas, só ás veces, nacen iguais ante a lei, pero nunca, en ningún caso, o fan ante o mercado.” (Correa et al., 2000: 15). Que a publicidade sexa unha parte, cada vez máis imprescindible, dos medios de comunicación, é un último elemento para a reflexión. Se, por unha parte, existe un compoñente ideolóxico, aquel que ten que ver coa imposición a unha audiencia dunha única forma de ver e entender a realidade, ademais dunha práctica semiótica que provoca unha aprendizaxe selectiva das e dos consumidores, que aprenden a descodificar os signos 203

no sentido que propoñen as empresas anunciantes, admitir unha práctica económica, cada vez máis visible nos medios de masas, leva consigo recoñecer que non só os anuncios publicitarios forman parte da estrutura financeira dos medios senón que “os mesmos medios son anuncios publicitarios que levan consigo información e entretemento capaces de captar audiencias para os seus anunciantes” (Correa et al., 2000: 60). En definitiva, a mensaxe publicitaria é probablemente a menos inocente de todas as que difunden os medios de masas e a súa análise crítica é unha ferramenta imprescindible para desvelar os distintos mecanismos de control social.

2. O discurso publicitario A publicidade elabora mundos imaxinados e soñados para as súas audiencias. A linguaxe da publicidade é, polo tanto, a linguaxe do desexo, e non impón senón que persuade. Trátase dunha mensaxe unidireccional pero cuxo poder reside, precisamente, na capacidade de suxerir comportamentos (concretamente o consumo, aínda que a súa influencia é moito máis ampla) e non tanto dunha posibilidade real ou autoritaria de obrigar a audiencia a elixir determinada proposta. Pero nesa posibilidade de elección (máis ou menos coartada) reside probablemente o seu poder e a súa efectividade: as persoas elixen libremente as súas accións e impulsos consumistas, seguindo unha pauta (máis ou menos consciente) que o discurso publicitario logrou instalar no seu pensamento. Así, a linguaxe publicitaria é tremendamente práctica, posto que logra o seu obxectivo mediante discursos altamente simbólicos, elaborados a través de sofisticados recursos verbais e icónicos, entre outros. Se ben existe dende antigo, é unha peza fundamental da engrenaxe do sistema capitalista contemporáneo, integrado por unha complexa rede de fórmulas empresariais, representacións sociais, ámbitos simbólicos e patróns de comportamento (Bernárdez, 2007: 15). A publicidade é, en esencia, un proceso de comunicación que, como outros, utiliza elementos comúns ao resto de procesos, definidos por Laswell hai décadas. Así, en publicidade existe un emisor (a empresa anunciante), unha mensaxe (a través da cal se difunde o produto que se publicita), unha canle (o soporte utilizado para transmitir a mensaxe e que, no caso da publicidade, pode responder a unha variada tipoloxía) e un destinatario ou público obxectivo (tamén denominado como público diana ou target) para o que se deseña especificamente a mensaxe, aten204

dendo non só aos obxectivos do emisor senón tamén ás características dese público destinatario. Tal e como explica Bernárdez, a publicidade constrúese a partir dunha primeira e elemental ficción: supoñer que non existe distancia entre quen emite e e quen recibe a mensaxe. Trátase dunha sorte de “diálogo inventado” que encobre a realidade, isto é, a existencia dunha mensaxe unidireccional, un monólogo que unicamente controla o emisor. O público destinatario unicamente ten unha pequena marxe de intervención neste falso diálogo: ou pon en práctica as propostas ou ben oponse a elas (Bernárdez, 2007: 18). Non obstante, a ficción dialóxica segue sendo parte integrante deste discurso que cada vez máis apela á emotividade para lograr unha resposta: protagonistas de anuncios que nos miran á cara, formulacións imperativas, consultas dirixidas á audiencia ou pequenos diálogos que son capaces de facernos pensar que realmente podemos comunicarnos con ese emisor (Bernárdez, 2007: 19). Outra característica esencial da publicidade é a súa dependencia do contexto. Aínda que é claramente autorreferencial (é dicir, fala de si mesma) non pode interpretarse sen ter en conta o sistema social e cultural no que se inscribe. Neste sentido, e tal como sinala esta autora, “o sistema publicitario xera un tipo de mensaxes que teñen a virtude de poñer en clara evidencia os valores dominantes de cada época, as regras de convivencia, os soños comúns, os valores morais e un longo etcétera” (ibidem). Por iso, os logotipos dalgunhas marcas son coñecidos universalmente (pensemos por exemplo en Coca-Cola) pero coa difusión da súa imaxe non só propoñen o seu valor de marca senón tamén toda unha declaración sobre un estilo de vida e unha identidade cultural (Bernárdez, 2007: 20). Todo iso devólvenos ás ideas previamente comentadas: é pouco probable sobrevivir sen consumo na sociedade actual, e nese consumo maniféstase non tanto a elección individual (aínda que poida parecelo), senón que responde “a un ideal social, a unha elección sobre o tipo de sociedade ideal na que cada suxeito quere vivir” (Bernárdez, 2007: 23). Por esa razón, Bernárdez puntualiza que a finalidade última da publicidade non é tanto conseguir que alguén compre un produto senón que o siga comprando, é dicir, conseguir a fidelidade, a adhesión ou, en definitiva, o que pode considerarse como pertenza a certo grupo: “O que se vende hoxe non son tanto os produtos coma o estilo” (Bernárdez, 2007: 24).

205

3. As mulleres como público destinatario na publicidade Hai un elemento definitorio das mensaxes que nos ocupan e é que a publicidade xamais se dirixe a un público heteroxéneo senón que delimita perfectamente aquel colectivo ao que se pretende convencer para adquirir un produto. Isto explica que, unha vez coñecido o público diana ao que se dirixe, utilice os seus mitos e estereotipos ao elaborar o discurso, de forma que poida ser comprendido e interiorizado e unha vez obtida a sedución, iso desencadee o fin último, isto é, o consumo. Iso explica que, como recolle o texto da Confederación de Consumidores e Usuarios (CECU) e a Asociación de Consumidores e Usuarios da Rexión de Madrid (ACUREMA), se poida deducir cando un anuncio se orienta a homes ou a mulleres a través das súas “características intrínsecas (a imaxe, o texto que utiliza, a música que o acompaña, etc.) ou extrínsecas (perfil dos lectores da publicación na que aparece, oíntes da emisora, etc.)” (CECU e ACUREMA, 2003: 15). Esta utilización de lugares comúns, que lle permiten á audiencia unha rápida identificación coa mensaxe proposta, implica tamén o uso de estereotipos de xénero ben analizados na literatura especializada. A observación da publicidade permite descubrir como se perpetúan imaxes de mulleres dependentes economicamente de varóns, a atribución case exclusiva das tarefas domésticas ou de coidado doutras persoas ás mulleres, a perpetuación da división sexual do traballo ou o uso de tópicos femininos e masculinos (CECU e ACUREMA, 2003: 16). Hai que recordar que as empresas publicitarias, cando deseñan unha campaña, diversifican o seu esforzo en distintos soportes, a maioría deles cotiáns xa para a maioría das persoas, especialmente aquelas que viven en ámbitos urbanos. Existen posibilidades case infinitas para a inclusión das mensaxes, co único límite da imaxinación. Non obstante, a busca de novos soportes e formatos que poidan seguir sorprendendo a unha audiencia cada vez máis acostumada á repetición e exposición deste discurso, non implica o abandono dos vehículos de difusión máis convencionais, entre eles a prensa escrita. En efecto, nunha sociedade dominada polo imperio da imaxe, se ben hai medios de comunicación privilexiados para a difusión das mensaxes propagandísticas, como a televisión e mesmo Internet, os xornais e as revistas non perderon aínda a súa capacidade de penetración e seguen sendo espazos privilexiados para a inclusión de mensaxes de grandes marcas e anunciantes. De feito, existen colectivos cuxo consumo de medios de comunicación impresos é significativamente importante, o que provoca 206

que se deseñen e deriven numerosas campañas cara a eses soportes. É o caso, por exemplo, da prensa dirixida a mulleres e, máis especificamente, aquela cuxo público obxectivo son as máis novas. Diferentes estudos sinalaron que a primeira característica desa publicidade dirixida a unha audiencia feminina é a densidade. Así por exemplo, as revistas femininas utilizadas nun traballo anterior incorporaban polo menos un 25  % (en relación ao espazo total dispoñible) de contidos publicitarios (Menéndez, 2003: 111), resultados en consonancia con outros traballos (CECU e ACUREMA, 2003: 23-35).

4. Os estereotipos de xénero en publicidade Un estereotipo é unha fórmula, compartida colectivamente, para definir un grupo de persoas. Non é unha definición exacta do devandito colectivo, senón unha imaxe situada entre a realidade e a percepción provocada pola orientación selectiva de certas dinámicas sociais. A estereotipia ten múltiples funcións, unha delas, a definición do propio grupo, actúa entón como un mecanismo defensivo fronte aos demais, ao permitir establecer as fronteiras entre aquelas persoas que pertencen a un colectivo e aqueloutras que non forman parte del. Quizais isto explique por que, na maioría das ocasións, os estereotipos se constrúen a partir de prexuízos, converténdose nun mecanismo de discriminación e non de integración. Pero o estereotipo inclúe tamén outros elementos moi efectivos, o máis importante deles, a simplicidade de descodificación, que permite a emisión e recepción de mensaxes sen problemas de interpretación. Iso explica que a maioría de discursos mediáticos, e moi especialmente a publicidade, recorran a estereotipos. En efecto, a utilización da estereotipia é unha estratexia informativa eficaz e eficiente porque se apoia no feito de que as audiencias son máis emotivas que racionais (Correa et al., 2000: 103). Por esa mesma razón “sempre que encontremos desequilibrios de poder entre os diferentes grupos da sociedade encontraremos representacións estereotipadas: que papel lles reserva a publicidade a determinados grupos sociais?” (Correa et al., 2000: 107). Isto quere dicir que o estereotipo combina coñecemento e afectividade e, quizais por iso, é moi resistente ao cambio. Convértense en estandarizacións culturais e por iso teñen gran capacidade de intervir na produción de identidades sociais (Bernárdez, 2007: 29). A maioría de textos que interpretan a publicidade dende unha perspectiva de xénero aseguran que os estereotipos que a publicidade aplica 207

respecto ás mulleres seguen sendo, en xeral, “os dunha muller preocupada pola moda, nai, obxecto sexual. Así mesmo séguese utilizando a muller en campañas publicitarias de produtos cosméticos, de coidado e hixiene do corpo e moda e complementos” (CECU e ACUREMA, 2003: 83). A publicidade dirixida especificamente ás mulleres adoita incorporar “unha concepción social que a considera como necesario complemento do home, para o que debe ser a súa amante, a súa servidora e o seu adorno, a súa peza de caza e o seu trofeo” (Pedro, 2002: 6). Aínda que é innegable que o aberto sexismo de hai algún tempo se matizou, segue sendo un feito que a publicidade está lonxe de eliminar a súa estereotipia, especialmente no que ten que ver co uso do corpo das mulleres. Esta situación está en relación co contexto social xa que este tipo de mensaxes non funcionarían se non existise un ámbito que non rexeita algunhas imaxes, como por exemplo «que os homes teñen o poder do consumo e polo tanto as representacións teñen que ir dirixidas a eles, que a representación sexualizada do corpo das mulleres “vende” ou que unha muller non pode ser “fea”. Hai estereotipos que cambian, pero seguen predominando na representación outros que atribúen ás mulleres o lugar de obxecto fermoso para ser mirado, e que son os difíciles de cambiar» (Bernárdez, 2007: 28). Quizais por iso, e case parafraseando a Berger (2000), Fernando Pedro afirma que “a mirada da publicidade ten ollos masculinos” o que probablemente explica os valores machistas e sexistas que el identifica nos anuncios de publicidade, entre eles o culto ao corpo, a necesidade de seducir ou a definición dunha supermuller como modelo para seguir (Pedro, 2002: 10-12). Este autor tamén advirte sobre un feito que recollen recentes traballos dende onde se asegura que a exposición dos corpos femininos na publicidade pode incitar á violencia contra as mulleres. Neste sentido adoitan manifestarse numerosas voces implicadas na igualdade de xénero, como Carmen Alborch que, na inauguración dun curso de verán en Alacante, no ano 2005, aseguraba que “a publicidade sexista fomenta a violencia de xénero”.

Obras citadas BERGER, John (2000): Modos de ver, Madrid. BERNÁRDEZ, Asunción (2007): “La publicidad como contrato comunicativo” en López-Dóriga, Begoña (2007): La publicidad y la salud de las mujeres. Análisis y recomendaciones, Madrid: Instituto de la Mujer. 208

CECU y ACUREMA (2003). La mujer y la publicidad, Madrid: Dirección General de la Mujer de la Comunidad de Madrid. CORREA, Ramón I. et al. (2000): La mujer invisible. Una lectura disidente de los mensajes publicitarios, Huelva: Grupo Comunicar. FERNÁNDEZ, Marta (ed.) (2009): Publicidad y violencia de género. Un estudio multidisciplinar, Palma de Mallorca: Edicions UIB. GARCÍA, Jorge (2004): “Territorios semiotizados en publicidad: nuevos roles de géneros en el mundo-REM”, Sociología de l’educació: cultura i práctica escolar: les reformes actuals, páxs. 83-90. MENÉNDEZ, M. Isabel (2003): “Bellas y radiantes. Aproximación al mensaje publicitario dirigido a las adolescentes”, Género y Comunicación, 5, 93-116. PEDRO, Fernando (2002). La mujer en la publicidad, Vizcaya: Diputación Foral de Bizkaia.

209

Índice

Luís Álvarez Pousa / Belén Puñal Rama Limiar ...........................................................................................

5

Cristina Caruncho Michinel Ética feminista. Unha aproximación á linguaxe da teoría feminista ................................................................. 11 1. A perspectiva de xénero ........................................................... 1.1 Visibilizar a construción do sistema xénero/sexo ............ 1.2 O uso e a división dos espazos ........................................... 1.3 As dinámicas da opresión ...................................................

16 16 19 21

2. Conclusións .............................................................................. 22 Bibliografía .................................................................................... 23 Juana Gallego Ayala Produción informativa e mecanismos de reprodución de estereotipos de xénero nos medios de comunicación .................................................... 25 1. Introdución ............................................................................... 27 2. Diferentes niveis de responsabilidade na reprodución de estereotipos ......................................................................... 28

2.1 Mecanismos debidos á organización empresarial ........... 2.2 Mecanismos debidos á cultura profesional xornalística .......................................................................... 2.3 Mecanismos debidos ao contexto sociocultural ............... 2.4 Mecanismos debidos á ideosincrasia particular de cada xornalista ............................................................... 3. Factores recorrentes na reprodución de estereotipos de xénero ........................................................ 3.1 Obxecto fronte a suxeito .................................................... 3.2 Elas fronte a nós .................................................................. 3.3 Acción fronte a esencia ...................................................... 3.4 Individuos fronte a xénero .................................................

29 29 30 34 31 32 32 33 34

4. Propostas para a eliminación dos estereotipos de xénero ...................................................... 34 5. A perspectiva de xénero aplicada á información ................... 35 6. Conclusións .............................................................................. 36 Olga Castro Vázquez Cara a un uso non sexista da linguaxe nos medios de comunicación: discurso e norma lingüística .................................................... 39 1. A importancia social da linguaxe e os medios de comunicación ................................................. 41 2. A inevitábel ideoloxía na linguaxe e nos medios de comunicación .............................................. 42 3. A práctica do uso non sexista na linguaxe nos medios de comunicación ................................................. 45 3.1 Superado o sexismo lingüístico a nivel do discurso ........ 45 a) Rexeitar a énfase na característica da muller cando non é relevante ................................................... 46

b) Refugar o nome de pía ou alcumes para mulleres vs. apelidos ou cargo profesional para homes ............. c) Evitar o uso do artigo a con valor pexorativo e familiar referido ás mulleres ...................................... d) Evitar a ocultación da axencia e capacidade de acción das mulleres .................................................. e) Rexeitar a mención de roles femininos irrelevantes para o contido informativo ........................................... f ) Evitar relacionar as protagonistas das noticias con homes cando non é necesario, pois deste xeito relégase ás mulleres a un papel secundario ................ g) Evitar a alusión a trazos físicos, roupa ou beleza das mulleres converténdoas en obxectos erotizados .................................................. 3.2 Superando o sexismo lingüístico a nivel de norma lingüística .......................................................... 3.2.1 O sexismo a novel da norma lingüística ........................ a) O masculino xenérico .................................................... b) Concordancia dos xéneros gramaticais ....................... c) Derivación e dependencia do xénero gramatical feminino respecto do masculino .................................. d) Falsos pares ou duais aparentes ................................... e) Baleiros lexicais .............................................................. 3.2.2 Estratexias lingüísticas para un uso non sexista da linguaxe a nivel da norma lingüística ...................................................... a) A neutralización ou xeneralización .............................. b) Feminización ou especificación ................................... c) Neoloxismos ................................................................... d) Elección en contrapunto ............................................... 3.2.3 Que estratexia escoller? .................................................. 3.3 Particularidades dos medios de comunicación: intervir sobre a produción ou sobre as palabras doutras persoas .................................................................. 3.4 Constricións dos medios de comunicación: tempo, espazo, libro de estilo ............................................

47 48 49 50 51 53 55 56 57 60 60 60 61 62 64 64 68 69 70 71 74

4. Bibliografía citada ..................................................................... 76 215

5. Bibliografía secundaria ............................................................ 80 6. Lexislación ................................................................................ 81 Rita Mª Radl Philipp Os medios de comunicación como trasmisores de violencia simbólica ....................................... 83 1. Introdución ............................................................................... 85 2. Violencia e violencia simbólica contra as mulleres ............... 86 3. Medios de comunicación de masas e forza ideoloxicamente regresiva .......................................... 88 4. Medio televisivo e violencia simbólica ................................... 91 5. Os telexornais da TVG .............................................................. 92 6. A xeito de conclusión ............................................................... 95 Bibliografía .................................................................................... 95 Núria Simelio Solà A mirada androcéntrica dos medios de comunicación .................................................... 99 1. Introdución ............................................................................... 101 2. A crítica-autocrítica á orde androcéntrica dos medios de comunicación ................................................. 102 3. A representación de mulleres e homes na prensa de información xeral .............................................. 105 4. O test ADSH, base da Guía para humanizar a información ........................................................................... 111

5. Conclusións .............................................................................. 114 Bibliografía .................................................................................... 114 María Isabel Menéndez Menéndez A violencia de xénero nos medios de comunicación: estado da cuestión e recomendacións para o cambio .............................................................................. 117 1. Introdución ............................................................................... 119 2. Os medios de comunicación de masas e a opinión pública ................................................................... 120 3. A violencia de xénero ............................................................... 122 4. A violencia de xénero nos medios ........................................... 125 5. O tratamento informativo da violencia de xénero ................. 127 6. Recomendacións para o cambio ............................................. 129 Obras citadas ................................................................................ 133 Grupo de investigación CIDACOM A abordaxe da violencia de xénero nos medios de comunicación galegos .................................................... 135 1. Cal é a importancia da violencia de xénero na axenda mediática diaria? .................................. 139 2. En que medida nomean os medios o problema? .................. 141 3. De que manifestacións da violencia de xénero falan os medios? ....................................................................... 146 4. En que seccións se informa da violencia de xénero? ............. 147

5. Como se elabora a información sobre violencia de xénero? ...................................................... 149 5.1 Xéneros ................................................................................. 149 5.2 Tratamiento interdisciplinar .............................................. 150 5.3 A iniciativa do medio .......................................................... 151 5.4 O uso de fontes .................................................................... 152 6. O uso de estereotipos ............................................................... 155 7. O dereito á intimidade das vítimas ......................................... 159 8. A identificación do agresor ...................................................... 160 9. Morbo, sensacionalismo, dramatismo ................................... 161 10. A identificación da violencia de xénero como vulneración dos dereitos humanos .............................. 164 11. A inclusión de información útil para as vítimas .................. 165 12. O compromiso de quen informa ........................................... 166 13. A modo de conclusión ........................................................... 166 Bibliografía .................................................................................... 167 Anexos ........................................................................................... 169 Begoña Gutiérrez San Miguel Os medos de comunicación audiovisuais dende a perspectiva de xénero ....................................... 175 1. O papel da persoa receptora .................................................... 177 2. Os elementos morfolóxicos ..................................................... 180 3. A elaboración do estereotipo a través da imaxe visual. O poder e a súa relación co tamaño ............................................ 184

3.1 O obxecto da cámara: a recreación no corpo feminino. A indiferenza ante o masculino ........................................ 185 3.2 A representación das mulleres na publicidade ................ 186 4. Da sorpresa da cámara á sorpresa do realizador: a construción de imaxes para televisión ................................ 189 5. A ilustración da noticia como representación sexuada da realidade, ou a representación da muller sen nome ................................................................................... 191 6. Dos estereotipos tradicionais aos novos: da muller tradicional á superwoman ...................................... 192 7. Conclusións .............................................................................. 193 Referencias bibliográficas ............................................................ 195 María Isabel Menéndez Menéndez Representación das relacións de xénero na publicidade ................................................................. 199 1. Introdución ............................................................................... 201 2. O discurso publicitario ............................................................. 204 3. As mulleres como público destinatario na publicidade .......................................................................... 206 4. Os estereotipos de xénero na publicidade ............................. 207 5. Obras citadas ............................................................................ 208

Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.