As glosas marxinais galegas do \"Fuero Real\". Biblioteca Nacional ms. 710

June 4, 2017 | Autor: R. Pichel Gotérrez | Categoría: Edición de textos medievais, Fuero Real, Glosas, Estudos Galegos, Estudos Linguísticos, Fueros medievales
Share Embed


Descripción

O Ms. 710 da Biblioteca Nacional de España transmite un valioso testemuño para a historia da recepción do dereito romano na Península Ibérica (Kabatek 2007 ). Trátase dun testemuño misceláneo de finais do século XIV ou inicios do XV do Fuero real afonsí no que tamén se integra un conxunto importante de glosas que o relacionan con outros textos xurídicos como o Fuero Juzgo (unha das súas fontes), as Partidas ou o Ordenamiento de Alcalá. Un grupo significativo dos apuntamentos marxinais acrecentados no códice son da autoría dun notario tudense chamado Vasco Lourenzo, quen demostra un gran coñecemento xurídico e, nomeadamente, da materia transmitida neste manuscrito, toda vez que a súas constantes intervencións como marginalia teñen a función de metatexto orientador da lectura (id. 2007) e aplicación dalgúns dos items legais referenciados aos casos particulares coñecidos polo propio autor.A súa intervención non se limita apenas a glosar o texto principal do Fuero real, mais tamén a completalo con novas seccións acrecentadas da súa propia man no corpo do texto. En ambos os dous casos, tanto nas glosas como nos capítulos engadidos (e mesmo tamén nos elementos referenciais do manuscrito: títulos, rúbricas, reclamos etc.) –aínda pouco estudados e, en parte, descoñecidos–, observamos unha escrita galega con significativas interferencias do castelán. É precisamente esta cuestión na que nos imos centrar neste relatorio, alén dunha breve descrición do códice, a presentación da edición dos (para)textos redixidos en galego-(castelán) e a posíbel identificación do seu autor.
Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.