A TERMINACIÓN LATINA –ĪNU EVOLUCIONOU A –ín NO GALEGO DO EO-NAVIA

June 7, 2017 | Autor: Takekazu Asaka | Categoría: Lingua Galega
Share Embed


Descripción

Lingüística Hispánica 38 (2015), Osaka, Xapón Homenaxe ao Profesor D. Antón Santamarina, brañego de A Fonsagrada

A TERMINACIÓN LATINA –ĪNU EVOLUCIONOU A –ín NO GALEGO DO EO-NAVIA Takekazu ASAKA

0. Limiar Neste traballo imos facer unha análise ou re-consideración encol da terminación -ín no galego eonaviego. O elemento latino –ĪNU evolucionou a –ín no galego eonaviego. Por exemplo, o latín SOBRĪNU transformouse no galego eonaviego en sobrín. O tratamento peculiar desta terminación é un dos elementos que deu máis interese á polémica sobre a agrupación dialectal desta fala fronteiriza. Este foi un argumento para incluí-lo galego de Asturias na categoría de falar de transición por algúns lingüistas, como Xosé Lluis García Arias; pero na realidade, como veremos aquí, tal orixinalidade non é propia do dialecto galego. No galego eonaviego, un dos trazos máis salientábeis da súa morfoloxía é a presenza da desinencia –ín, que difire de galego -iño. Con todo, as cousas son máis complexas, pois esta é a penas a forma do masculino singular; pero para o resto ten paradigma diferente. 1. O paradigma de sobriño Primeiro de todo vexamos cal é o paradigma en todos estes falares, considerando xénero e número. Para expórmolo escollemos sobriño, un nome que admite tódalas variantes morfolóxicas: Cadro 1 Masculio Singular Femenino Singular Masculino Plurlal Femenino Plural

GALEGO

EONAVIEGO

ASTURIANO

CASTELÁN

sobriño sobriña sobriños sobriñas

sobrín sobría sobríos sobrías

sobrín sobrina sobrinos sobrinas

sobrino sobrina sobrinos sobrinas

[1]

Este cadro 1 precisa dalgunhas explicacións. Segundo Fernández Rei (1990:64) no singular masculino, a solución -ín de camín, padrín, vecín é propia das falas do leste de Lugo e do galego de Asturias e do Bierzo, fronte a camiño, padriño, veciño das demais falas galegas. No plural masculino e no feminino os resultados son os seguintes: a) -íus, -ía(s), no galego de Asturias e en Negueira de Negueira de Muñiz-Lugo (vecíus, vecías); b) ĩos, -ĩa(s) nos Ancares de León (vecĩos, vecĩa(s)); c) -iños,-iña(s) no resto das falas galegas (veciños, veciña(s)). 2. A Cronoloxía do fenómeno O proceso da evolución diacrónica pódese describir do seguinte modo:

SOBRĪNU sobrĩo [so’brĩo]

SOBRĪNA

Cadro 2 LATÍN

SOBRĪNU

SOBRĪNA

sobrinu [so’brinu]

sobrina [so’brina]

sobrĩa [so’brĩa]

(galego, eonaviego ata século XIV)

sobrinno sobrinna [so’briɲo] [so’briɲa] (galego medieval)

sobrĩ sobrĩa [so’brĩ] [so’brĩa] (eonaviego medieval)

sobriño sobriña sobrín sobría [so’ßɾiɲo] [so’ßɾiɲo] [so’ßriŋ] [so’ßria] (galego moderno)

(asturiano medieval)

(eonaviego moderno)

sobrín sobrina [so’ßriŋ] [so’ßrina] (asturiano moderno)

Aquí podemos explica-lo proceso. En canto á cronoloxía do fenómeno, que nos fornecerá alugunhas luces [2]

para comprende-las semellanzas, o galego medieval trata as terminacións latinas -ĪNU e -ĪNA segundo a tendencia primitiva da lingua, é dicir, cunha primeira fase de desconsonantización e logo nasalización do hiato. Tales son as formas que aparecen nos primeiros documentos galegos. Segundo un investigador do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, os primeros textos, ata a primeira metade do século XIV, presentan este estadio máis arcaico: espĩo (SPINU), sardĩa (SARDINA), etc. Porén, no século XIV, os textos galegos presentan a consoante antihiática [ɲ] grafada frecuentemente como -nn-: -inno, -inna. A actualidade en Galicia presenta -iño, -iña. 3. En eonaviego primitivo Primeiro de todo, en eonaviego primitivo existen as formas con nasal, como no resto do galego. Isto fai ver que o proceso é diferente do sufrido en asrturiano, onde a coincidencia de formas no masculino singular se debe, simplemente, á perda da vogal final. Isto quere dicir que para chegar a sobrín nas dúas linguas, o proceso foi diferente: Cadro 3 LATÍN: SOBRĪU, SOBRĪNA eonaviego medieval: asturiano medieval: (séculoXIII): sobrĩo [so’brĩo] sobrinu [so’brinu] sobrĩa [so’brĩa] sobrina [so’brina] (século XIV): sobrĩ [so’brĩ] sobrĩa [so’brĩa] eonaviego actual: asturiano actual: sobrín [so’ßriŋ] sobrín [so’ßriŋ] sobria [so’ßria] sobrina [so’ßrina] Para establecer que este é o proceso eonaviego baseámonos en dous datos. O primeiro, que a nasalidade medieval aínda se encontra en certas falas eonaviegas e en todo o ancarés; o segundo, que o eonaviego foi sobrĩo (continuador da situación medieval), e logo, a evolución do eonaviego avanzou, eliminando a vocal final no masculino, pero conservándoa no feminino e nos plurais. [3]

4. A Enquisa do Atlas Lingüístico Galego (ALGa) 4-1. Vexamos o mapa 91 do ALGa II. Morfoloxía non verbal.

O mapa 91 do ALGa II corresponde á cuestión sobriño, sobriña. Na áerea da zona Eo-Navia hai sete enquisas, e atopámo-la forma sobrín e sobría en todas partes. En Negueira de Muñiz de Lugo (punto L19) témo-las mesmas formas que na área do Eo-Navia (sobrín / sobría). No leste da provincia de Lugo, en Galicia, hai dez puntos enquisados, e atopamos tamén m. sobrín pero f. sobriña. Na provincial de León (de Castela e León) hai tres puntos enquistados, e asemade podemos encontra-las mesmas formas do leste de Lugo (sobrín / sobriña). Pero, na áerea das zonas dos Ancares hai un punto, Candín (LE 1), onde rexistrámo-la forma arcaica; sobrín, sobrĩa. A terminación latina -ĪNU deu na área ancaresa do bloque oriental galego -ín como masculino singular, -ĩa como feminino singular, ĩos como masculino plural e –ĩas como feminino plural. Con todo, comparámo-las formas dos puntos entre dúas fronteiras: [4]

MasculinoSingular FemeninoSingular

Eo-Navia sobrín sobría

Cadro 4 Leste-Lugo sobrín sobriña

Negueira sobrín sobría

Candín sobrín sobrĩa

Ten interese comprobar in situ a vixencia das formas mencionadas nun lugar concreto. Iso é o que fixemos persoalmente na aldea de San Martín de Suarna, ó leste da provincia de Lugo, onde corroborámo-las formas seguintes: sobrín, sobriña; sobriños, sobriñas. 4-2. Vexamos o mapa 92 do ALGa II. Morfoloxía non verbal.

Singularízase dentro do bloque oriental das falas galegas unha zona EoNavia caracterizada polas formas vecín-vecíus / vecín-veciños. As áreas dialectais no Eo-Navia dividise tres zonas: 1. altonaviega e negreiresa (Eo-Navia Sur); 2. baixonaviega (Eo-Navia Norte); 3. área de transición. A evolución por áreas das terminacións nasais resulta logo como [5]

se mostra sinopticamente no cadro 5. O primeiro estudoso en establecer con claridade a fronteira entre o galego e o asturiano en Asturias foi Menéndez Pidal, na delimitación de linguas que realiza en El dialecto leonés. “Así en Armental va más allá que el gallego diciendo vecios, vecinos (sing. vecín, gallego, viciño, viciños).” (1906:17, nota 6) Cadro 5 Galego

Leste de Eo-Navia Eo-Navia Eo-Navia 3

Central e Lugo

1

2

vecín vecía vecíos vecías

vecín vecía vecíus vecías

Candín

Occidental M.Sg. F.Sg. M.Pl. F.Pl.

veciño veciña veciños veciñas

vecín veciña veciños veciñas

vecíu/vecío vecía vecíus vecías

vecín vecĩa vecĩos vecĩas

Segundo Ferreiro (1996:136-137), face ao resutado absolutamente maioritario no territorio galego para as terminacións Latinas –ĪNU/ -ĪNA, no bloque oriental aparecen dúas solucións dialectais diferentes. A solución maioritaria neste territorio é a común -iñas para a terminación feminina -ĪNAS e -iños, para a terminación masculina plural -ĪNOS, fronte ao resultado -ín para a terminación masculina singular -ĪNU (seguramente por un proceso de asimilación, crase e posterior xeración de consoante nasal): -ĪNU> -ĩo> -ĩi> -ĩ> -ín: VĪCĪINU> vezĩo > dialectal vecín; VĪCĪNA> vezĩa> veciña; VĪCĪNŌS> vezĩos> vecinhos ~ veciños; VĪCĪNA> vezĩas> vecinhas ~ veciñas. Polo contrario, na área asturiana prodúcese desnasalamento total do antigos resultados –ĩos/ -ĩas das terminacións: VĪCĪNU> vezĩo > dialecto vecío; VĪCĪNOS> vezĩos > dialecto vecíos; VĪCĪNA> vezĩa > dialecto vecía; VĪCĪNAS> vezías > dialecto vecías.

[6]

4-3. O mapa da distribución das formas na zona Eo-Navia. Frías Conde (1999:134) Nós podemos atopa-las variantes formas: veciño, vecín, vecío entre ámbalas fronteiras.

5. O Cabo Hai fenómenos propios do galego do eo-naviego e das falas do leste de Lugo; en concreto, a forma do masculino singular de nomes e adxectivos rematados en -ín. O fenómeno pódese exemplificar coa cadea evolutiva de palabras coma SOBRĪNU > sobrĩo > sobrĩi > sobrĩ > sobrín.

*Este traballo encádrase na Comunicación do Seminario da Lingüística Española 2015 na Cidade de Kakegawa, Xapón. [7]

Bibliografía: Instituto da Lingua Galega (1995): Atlas Lingüístico Galego, II, Morfoloxía non verbal. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. Azevedo Maia, C. de (1986): História do galego-portugês. Coimbra. Babarro González, X. (1994): “A fronteira lingüística do galego co asturiano. Delimitación e caracterización das falas de transición dos Concellos de Navia, Villalon e Ibias”, en Lingua e Cultura galega de Asturias. Vigo, Xerais. Babarro González, X. (2003): Galego de Asturias. Delimitación, caracterización e situación sociolingüística. 2 vols. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. Costas González, Xosé Henrique (2011): A Lingua galega na Eo-Navia, Bierzo occidental, as Portelas, Calabor e o Val do Ellas: Historia, breve caracterización e situación sociolingüística actual. Caderno de Lingua, Anexo 8, Real Academia Galega. A Coruña. Fernández Rei, F. (1990): Dialectoloxía galega. Vigo, Xerais. Ferreiro, Manuel (1996): Gramática histórica galega. Santiago de Compostela, Laviovento. Frías Conde, F. X. (1999): O galego exterior ás fronteiras administrativas. Xixón, Vtp. García Arias, Xosé Lluis (1997): “El continuum lingüísticu ente’l gallegu y l’asturianu”, Lletres Asturianes 62, 43-50. Academia de la Llingua Asturiana, Uviéu. López Valledor, Fanny (1999): Literatura de tradición oral nos Coutos (Ibias). A Caridá, Xeiras. Mariño Paz, R. (1998): Historia da lingua galega. Santiago de Compostela, Sotelo Blanco. Menéndez Pidal, R. (1906): El dialecto leonés. Diputación Provincial de León, 1990. Santamarina, A. (1975): “Textos e noticias da fala de Negueira (Lugo)”, Verba 2, 307-323. Universidade de Santiago de Compostela. Takekazu Asaka Universidade Tsudajuku [email protected] [8]

Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.