A linguaxe híbrida do Códice López Ferreiro. Nova valoración filolóxica e lingüística

Share Embed


Descripción

O Códice López Ferreiro, custodiado no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela, consta de dous bifolios bilingües latino-romances, conservados como capas de antigos protocolos, que reproducen algunhas leis do Fuero juzgo contidas no libro VII (De los furtos e de los engaños), títulos I, II e V. Foron editados por López Ferreiro en 1895, xunto cun terceiro bifolio, hoxe en paradeiro descoñecido, que incluía dúas ilustracións de de grande valor artístico. Aínda que apenas foi estudado desde finais do século XIX, a datación (ca. 1230) e caracterización lingüística que o erudito compostelán lle asignara ao dito fragmento converteron este manuscrito nun obxecto de estudo potencialmente moi valioso tanto para a historia do Fuero juzgo como para o das letras iberorromances, particularmente para o galego.Tras un estudo realizado pola profª. Mónica Castillo Lluch (Université de Lausanne) e eu mesmo, do punto de vista arqueolóxico, filolóxico e lingüístico, este relatorio pretende ofrecer as conclusións máis relevantes deste estudo para unha revaloración cronolóxica e idiomática máis afinada destes folios. Alén dunha breve descrición codicolóxica e paleográfica, centrarémonos na análise escriptolóxica do texto co obxectivo de dilucidar, na medida do posíbel, a natureza lingüística das seccións romances (híbridas) copiadas no Códice López Ferreiro, así como da variedade occidental detectábel nas interferencias de base galego-portuguesa intercaladas na tradución do texto e do posíbel estatuto idiomático do seu antígrafo.
Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.