A intervención militar en Libia (2011): Unha mirada crítica á Responsabilidade de Protexer

Share Embed


Descripción

A finais do século pasado e durante os primeiros anos deste elaborouse unha nova doutrina, a Responsabilidade de Protexer (R2P), que permitise á comunidade internacional reaccionar fronte ás posibles situacións de conflito armado que houbese. A Responsabilidade de Protexer ligaba a soberanía dos estados á protección dos dereitos humanos da súa poboación e aseguraba que se este fallaba no seu cometido, sería a comunidade internacional a que tería a responsabilidade de protexer a eses cidadáns. O 17 de marzo de 2011 aprobábase no Consello de Seguridade a resolución 1973 que permitía unha intervención armada dunha coalición de países capitaneada pola OTAN para resolver a situación de violencia que se estaba a dar en Libia dende febreiro de 2011. Neste senso, algúns autores mencionan a resolución 1973 como a primeira aplicación práctica da doutrina R2P, asegurando que isto significaba que a comunidade internacional aceptaba a vixencia normativa da doutrina. Pola contra, este traballo argumenta que a Responsabilidade de Protexer foi creada para lexitimar de forma interesada intervencións militares en países estranxeiros, como foi no caso de Libia; amais de que en ningún dos casos a doutrina R2P significou a aplicación de ningunha nova norma legal internacional polo que a vixencia normativa desta é completamente inexistente.Palabras crave: Responsabilidade de Protexer (R2P), resolución 1973, intervención militar, Libia.
Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.