Sobre esa herdanza chamada Cidade da Cultura (Sobre esa herencia llamada Cidade da Cultura)

September 1, 2017 | Autor: P. Lizancos Mora | Categoría: Galician Studies, Peter Eisenman, Galicia, Cidade Da Cultura
Share Embed


Descripción

Nº 1.191 Do 29 de setembro ao 5 de outubro do 2005 Ano XXVIII

Sobre esa herdanza chamada Cidade da Cultura PEDRO DE LLANO e PLÁCIDO LIZANCOS Moitos dos que hai tres meses puxemos toda a nosa ilusión na constitución dun novo goberno galego, apoiámolo sen ningunha vacilación e puxemos todas cantas enerxías puidemos para que se producise o cambio, estamos hoxe preocupados por unha acción deste goberno que, moi ao noso pesar, nos enche de inquedanza. Falamos do relativo á Cidade da Cultura. O proxecto cualificado como mausoleo do ex presidente Manuel Fraga. O investimento considerado como máximo expoñente do malgasto do orzamento público polo pasado goberno. Un elemento que agora, para a nosa sorpresa, recibe a consideración de “referencia para a cultura galega do futuro”. O presidente do noso goberno e a conselleira de Cultura reuníronse días pasados co arquitecto autor do proxecto resultando dese encontro a anterior sentenza e a conclusión de que o faraónico proxecto “vai seguir o seu camiño”. Estas afirmacións enúncianse sen que se saiba cal vai ser a utilidade e o custo definitivo da obra e do seu equipamento. Esquécense o presidente e a conselleira de que moitos temos dito e demostrado que Galicia, carente dun gran número de servizos e infraestruturas culturais, non pode permitirse gastar o inxente presuposto que se vai soterrar na Cidade da Cultura xa que con el podería estruturarse unha malla cultural exemplar para todo o país. Talvez non se pararon a considerar que se o ex presidente Fraga foi o primeiro responsábel de dilapidar o até agora investido e que do mesmo xeito o novo goberno tamén será responsábel do que se faga de agora en diante. Pensemos, por exemplo, que, mentres que se afirma –cuns datos actualmente manexados polo goberno que todos sabemos que se van multiplicar– que a Cidade da Cultura supón hoxe un investimento de 374 millóns de euros;

superior ao necesario para calquera das con só 3 millóns de euros podería consprevisíbeis actividades? truírse un “obradoiro cultural” en cada Desde esta perspectiva, ¿paráronse a comarca galega, magnificamente equipensar que, unha vez definidas unhas pado de medios e rcursos humanos. Senovas posibilidades de uso, co diñeiro rían centros nos que os usuarios non só que vai custar, por exemplo, un taller recibirán información senón que adepara actividades do colectivo de artistas mais poderán participar activamente no plásticos incluído no complexo do monproceso creativo. te Gaias poderían, acaso, construírse Hai que “rendibilizar o proxecto sen dez coma el, sen mecuestionar a estas altunoscabo da súa caliras a súa existencia” afirma o presidente. É, Cidade da Cultura dade arquitectónica? No hipotético caso esta, unha moi “cuessupón hoxe un de que o anunciado fotionábel” opinión ante o seu custo final. a que quixeramos facer investimento de 374 se ¿Enténdese lóxico un algunhas preguntas, aínda expoñéndonos a millóns de euros; con só investimento de 34 millóns de euros para que estas talvez poidan 3 millóns de euros a construción dunha ser cualificadas como hemeroteca para Gali“impertinentes”. podería construírse un cia? Sabendo que a diFálase, alegremente, de “redefinición “obradoiro cultural” en xitalización deste tipo de materiais pode dos usos” aos que está destinado o proxecto cada comarca galega, comprimilos considerabelmente. Así pois, sen parar o proceso da magnificamente que volume de fondos súa construción. Quivan ser gardados nela? zais para os nosos goequipado de medios e ¿Considerouse o bernantes é posíbel que supoñería o desadefinir arquitecturas recursos humanos” tinado presuposto nesen coñecer o seu fucesario para manter a turo destino? chamada Cidade da Se non é así, como Cultura, investido no é posíbel que se contidesenvolvemento da nosa cultura no núen as obras dun contedor arquitectóconxunto do país? Por exemplo, ¿non nico sen coñecer a súa función? sería máis importante crear con eses ¿Coñecen con total seguridade cal vai cartos un programa de actividades itineser o presuposto definitivo para a construrantes que percorresen Galicia levando ción e o mantemento deste macrocomplea nova cultura (teatro, música, cine, arxo institucional? Neste caso, está o noso tes plásticas…), realizada dentro e fóra goberno en condicións de abordalo? da nosa comunidade, permitíndolles a Que significa “rendibilizar” cando moitos profesionais da cultura unha acnos referimos a un fastoso proxecto tividade constante á que, hoxe, se ven cuns custos disparatados? imposibilitados de chegar? ¿Pensouse nun dato tan relevante paContestando estas preguntas, talvez ra a definición dunha arquitectura como non fose necesario facer unha última é a relación función/custo? que moitos nos facemos neste momenCales van ser as funcións que xustito: ¿son xustificábeis os gastos necesafiquen un custo por metro cadrado moi

‘A

rios para á construción e o mantemento dun proxecto tan absurdo como este nun país como o noso? Non basta con dicirnos que se pretende que a Cidade da Cultura sexa “protagonista dunha cultura aberta e plural”, cando o cuestionado proxecto pouco ten a ver cun obxectivo que só poderá ser alcanzado desde a máis rigorosa sobriedade. O importante para un goberno que moitos defendemos como o goberno do cambio é, como vén demostrando, por exemplo, a Consellaría do Medio Rural, actuar con sentido común e racionalidade política. Transformar as cousas e non reducirse a apoucadas actitudes limitadas a xestionar os disparates do anterior goberno. Antes de tomar unha decisión definitiva sobre que facer coa Cidade da Cultura, resulta necesario paralizar as obras en curso en tanto que non se faga unha rigorosa auditoría que nos aclare, definitivamente, a onde nos vai levar o presuposto final destas. É imprescindíbel saber cal vai ser o custo do metro cadrado edificado para poder decidir se ten sentido ou non o investimento que se vai realizar, e que outras propostas de desenvolvemento cultural poderían ser realizadas con ese investimento. Iso é, en fin, o que pensamos moitos dos que no seu momento defendemos a constitución do novo goberno crendo nun futuro distinto. Se reflexionamos con honestidade –e eu creo na honra dos nosos gobernantes– sobre o que a Cidade da Cultura significa, teremos, sen dúbida, que formularnos a necesidade de repensar o futuro dun disparate arquitectónico sobre cuxa máis ca dubidosa calidade e sentido se teñen definido xa un bo número dos máis prestixiosos críticos mundiais da arquitectura.♦ PEDRO DE LLANO e PLÁCIDO LIZANCOS son arquitectos e profesores da Escola de Arquitectura de Galiza.

Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.