Conservación no Castelo do Casón (Ortigueira-A Coruña). Año 2015

Share Embed


Descripción

Conservación no Castelo do Casón: campaña de consolidación de 2015 1

BUCETA BRUNETI, G.

RESUMO: Descríbense os traballos e impresións obtidas durante os traballos de conservación no Castelo do Casón. A actuación fíxose dentro dun proxecto máis amplo dentro da mesma escavación arqueolóxica e posta en valor do sitio. Así mesmo avánzanse propostas de intervención previas antes de calquer outra actuación e faise unha aposta polo traballo interdisciplinar, outra vez, antes de que se executen novos traballos de arqueoloxía ou consolidación.

PALABRAS CLAVE: Sitio/xacemento arqueolóxico, ben cultural, patrimonio cultural, ruína, conservación, restauración, consolidación, diagnose, análise, axentes de alteración, cal aéreo, hidráulico, mantemento.

1.

INTRODUCIÓN

O Castelo do Casón supón unha nova oportunidade para o desenvolvemento dunha comarca, como é a de Ortigueira, empregando como recurso e xerador de riqueza o noso Patrimonio Cultural (PC). A través dos traballos de conservación e restauración tentouse aportar coñecemento sobre o ben mesmo, mellorando a lectura do conxunto, nas áreas tratadas no verán de 2015, e incrementando os valores científicos, simbólicos e económicos do lugar. A intervención feita quedou marcada por unha serie de criterios de intervención que marcan as diferentes leis e cartas internacionais que rexen o noso PC. Dito isto convén argumentar, unha vez máis, a dificultade que supón intervir nun proxecto concibido por un só profesional; cando as circusntancias que concorren nun xacemento necesitan dun equipo multidisciplinar desde o momento mesmo da redacción do proxecto básico de intervención, como non, antes da súa saída a concurso público. A complexidade máxima que supón unha intervención de consolidación require dun diagnóstico previo, das oportunas análises dos elementos consti-

ARTIGO PARA PUBLICACIÓN

tuíntes e das sondaxes previas para valorar o alcance das intervencións. Será este erro de inicio o que marque o devenir da actuación xa que logo do diagnóstico feito sobre a marcha dos traballos comprouse como zonas marcadas como áreas suxeitas a consolidación non puideron ser intervidas xa que precisaban dunha intervención previa de escavación. De xeito inverso tamén se deron circunstancias non favorábeis, isto é, tivéronse que consolidar zonas plantexadas con escavación pero non con consolidación. Como a propia Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, en especial, os servizos de arquitectura e arqueoloxía, seguen sen marcar as directrices obvias para un bo desenvolvemento dos traballos de conservación e restauración, dos que os conservadores-restauradores terían a máxima competencia, endexamais poderase actuar de xeito estritamente correcto nestes tipos específicos de intervencións sobre o patrimonio arqueolóxico. Espérase que unha nova intervención no Castelo do Casón non supoña caer outra vez neste erro de inicio. Un procedemento habitual das diferentes adminstracións (concellos, xunta, deputacións, etc.) que sería bo corrixir partindo dun proxecto previo de intervención2 no que participen arqueólogos, conser-

2 vadores, biólogos, químicos, etc. 2.

xeracións. Os obxectivos plantexados debían:

MARCO TEÓRICO DA CONSERVACIÓN

1.

Garantir a adecuada conservación e protección do xacemento, minimizando os riscos por alteracións físico-químicas, biolóxicas ou antrópicas e definindo de forma precisa as fases e prioridades de actuación.

2.

Mellorar a lectura, visión, contemplación, estratigrafía, volumes, espazos e relacións entre estruturas, así como a dependencia destas (e o conxunto) co territorio e paisaxe, introducindo ao espectador (visitante) dentro do discurso xeral.

3.

Aportar coñecemento incidindo no carácter científico da intervención.

4.

Transformar ao xacemento nun elemento de difusión do pasado para finalmente acadar e garantir os rendementos sociais, económicos e educativos da proposta.

A conservación é xunto coa arqueoloxía o primerio paso para trazar liñas de actuación que se fusionen dentro do contexto xeral dunha actuación deste tipo. O traballo realizado debe ser considerado como “unha capa” máis da estratigrafía do xacemento, situando a intervención contemporánea topográficamente (polo tanto, actualizada até o presente) e mellorando a contemplación da ruína respecto dos puntos de vista principais dos visitantes. As curvas de nivel e as relacións entre as estruturas adquiren así especial relevancia e definen o devenir desta actuación. A ruína foi considerada como continente e contido. A “materia prima” da que xurdiron os novos significados da proposta executada. Chegados a este punto aclárase que non se procurou unha simple restauración (moito máis intervencionista) senón unha actuación de conservación, un termo máis amplo, que dotase ao sitio dunha componenda crítica e científica que é garante dos potenciais que emanan dos bens arqueolóxicos intervidos. A intervención feita buscou a simbiose dos restos (ruínas) coa entorna, como un conxunto indivisíbel, xa que a perda da anterior suporía unha distorsión e deformación da realidade que se pretendía explicar. Foi, logo, máis preventiva que activa, planificando a intervención “sobre a marcha” e anticipándose á toma de decisións para acadar a viabilidade técnica. 3.

CRITERIOS E OBXECTIVOS

Foi fundamental establecer uns límites, ou criterios de actuación, para cada un dos traballos que se ían a desenvover co fin último de acadar certos obxectivos. Polo tanto propuxéronse como aforismos: 1.

Criterio de mínima intervención.

2.

Identificación de engadidos e mellora e visión dos elementos degradados.

3.

Preservación de todos os elementos ori3 xinais atopados .

4.

Reversibilidade da actuación. Sempre no posible polo tipo de intervención, consolidación estrutural, e emprego de técnicas de fácil eliminación.

5.

Uso de técnicas e materiais tradicionais.

6.

Uso de materiais sen interacción cos orixinais.

Para comprender mellor os obxectivos finais do proxecto debemos achegarnos á xestión final da proposta; entendéndose xestión como un acercamento á sociedade do coñecemento adquirido no sitio (democratización) e o seu legado ás futuras

ARTIGO PARA PUBLICACIÓN

4.

DESCRICIÓN DE ELEMENTOS, RELACIÓNS E TÉCNICAS CONSTRUTIVAS

A continuación describénse os elementos atopados durante os traballos de arqueoloxía e conservación e que son os que mellor definen as particularidades do castelo, entre estes: • Estruturas: muralla-muros, torreóns, torre, portas e escaleiras • Outros: argamasas e recebos As estruturas atópanse definidas por muros de cachotaría. Os paramentos destas estruturas fórmanse por cachotes de tamaños que van desde grande a pequeno (ver foto 1) cunha cantidade importante de ripios, ou calzos, perdidos en moitos casos polo paso do tempo, gravidade e movementos estruturais. Tamén, pola falla de ligazón e diminución da efectividade ou desaparación das argamasas orixinais. A presenza dos calzos mellora a estabilidade e resistencia da mesma estructura e diminúe a cantidade necesaria no emprego de argamasa de cal 4 , ben de rexunte ou como recebo (ver foto 2). Foto 1

Foto 1

3

Foto 2

Na muralla, de modo preferente, dispóñense os cachotes “a soga”, coa súa lonxitude máis longa en paralelo ao paramento (ver foto 3). Na “reforma” descuberta na porta sur, algúns dos anteriores atópanse dispostos a tizón (ver foto 4). Aínda así non se dan grandes diferenzas na forma de proceder nos dous tipos de construcións.

Foto 5

No tramo leste desta porta intuíase o mesmo proceder xa que se veía a mesma esquina redondeada, co ángulo de empate un pouco forzado e de novo “mal ligado”, pero na limpeza feita na cabeceira non se atopou ningunha estructura encosta ate o momento. Pode ser que por motivos de economía de esforzo decidiran, lóxicamente, actuar só nun dos lados, igualando a esquina ao leste e unificando as formas actuando así de xeito máis intenso no tramo oeste. Con todo, terase que limpar máis en lonxitude a cabeceira para descartar ou confirmar hipóteses.

Disposición “a soga”

Foto 3

Esta reforma 5 da porta atopada durante os traballos de consolidación no muro oeste da mesma, mostra como nalgún momento decídese diminuír o ancho da mesma, aumentado a dificultade do acceso para máis seguridade, polo que se encostou unha nova estrutura, tamén de cachotería, coas esquinas redondeadas e cunha importante falla de ligazón coa muralla primixenia (ver foto 5).

Disposición a tizón

O que si quedou claro, logo da sondaxe feita, é que a estrutura medieval presenta como xa se comentou a esquina redondeada, e será necesaria unha nova sondaxe para confirmar que a anterior apóiase sobre a muralla castrexa atopada máis ao leste; no caso de que esta continúe en lonxitude até esta área. O que si e certo é que se observa un ángulo recto por embaixo do alzado con esquina redondeada (ver foto 6 e 7). Asemade son visíbeis certas diferenzas na configuración dos paramentos e unha liña de discontinuidade máis ou menos uniforme6. Para rematar coa descrición desta porta dicir que ten dous pequenos machóns onde se situaría a porta e, posibélmente, uns ocos para a colocación dunha trabe. No tramo consolidado da muralla, ao sur e oeste do recinto interior principal, tamén se detectou unha circunstancia particular: o recheo do interior da muralla preséntase con tamaños de cascallos medianos, pero maioritariamente pequenos, sen nengún tipo de argamasa, fose esta de cal, xabre ou terra vexetal (ver foto 8). Esta metodoloxía construtiva, non lóxica desde o punto de vista estrutural e defensivo, invita a pensar en arranxos feitos de forma rápida por motivos descoñecidos executados ben en tempos pretéritos ou ben en intervencións “recentes” das que non se ten coñecemento7.

Foto 4

ARTIGO PARA PUBLICACIÓN

Lémbrase, chegados a este punto, que no resto de estruturas, sobre todo nas encostadas ou nas portas, si se atopan restos de argamasa de cal (máis

4 como recebeo e rexunte) aínda que tamén de montaxe (como as atopadas no núcelo ou entre cachotes) e tamén argamasas transformadas en terra vexetal.

foi reconstruído parcialmente para mellorar a súa lectura. Deste último (ver foto 11 ao inicio da intervención) teríase que estudar, ademais, o momento da súa construción, isto é, se foi antes ou despois do estreitamento da porta sur (puidese ser coetáneo) xa que non liga coa continuación da muralla ao leste, polo menos no alzado visíbel (ver foto 12), e pénsase que tampouco co muro leste da porta, sendo este proceder, de novo, un feito non habitual desde o punto de vista construtivo e defensivo. Respecto da ligazón deste torreón coa muralla ao leste xa se anotou anteriormente o feito de que puidese ser un arranxo contemporáneo.

Foto 6

Foto 9

Foto 7

Liña sen ligazón Tramo medieval e esquina redondeada

Foto 10 Posible alzado da muralla castrexa e esquina en ángulo recto

Foto 8

Convén aclarar que parecen darse certas diferenzas nos paramentos (aínda sendo todos de cachotería) que poden indicar intervencións puntuais para a reconstrución dos muros. Sexan antigas ou modernas pódense identificar polas diferentes técnicas construtivas empregadas.

Tamén están conservados os alicerces da torre de homenaxe, no curuto do monte, ao leste e no interior do recinto amurallado e que en principio íanse consolidar pero polos cambios da metodoloxía de actuación aínda non foron tratados (ver foto 13).

Así descríbense paramentos máis “poligonais” e outros que mostran aparellos con rochas pequenas e medianas que se atopan nalgunhas estruturas nas fiadas superiores, en tramos perdidos para empatar muros ou ben en reformas posteriores, recentes ou antigas (ver foto 9 e 10). Polo exterior da muralla sur atópanse a lo menos tres torreóns dos que un, na mesma entrada sur, Foto 11 ARTIGO PARA PUBLICACIÓN

5

Foto 12

Foto 15

No muro que pecha a entrada polo norte vólvese a mostrar unha deficiencia construtiva que nos está a indicar outra nova reforma ou momento construtivo posterior á da propia execución da mesma. O paramento manifesta, unha vez máis, unha falla de ligazón co machón e muro adxacente (vero foto 16).

Foto 13

No referente ás portas, é xa comentada a incidencia da entrada sur, débese describir a outra porta atopada no interior do recinto, no sueste e no interior (ver foto 14). Foto 16

A impresión obtida nesta porta sueste, no interior do recinto, onde a muralla parece sufrir unha reforma á que se adapta e encosta o muro sur deste acceso, deixa unha pseudo estrutura “escalonada” (ver foto 17 e 18) que puidera ter a mesma función que a estrutura que se vai describir a continuación: as escaleiras de acceso ao adarve localizadas no treito medio da muralla entre as dúas portas descritas.

N Foto 14

Esta porta aparece definida por dous machóns, nos que o limiar debera vir definido pola presenza de senllos couzóns (ver foto 15). Polo sur, ademais, vese como o muro que define esta entrada encóstase ao treito de muralla medieval, que semella, de novo, reformada ou recuada nesta zona. Unha actuación moi parecida a esta describirase na configuración estrutural que se supón soporte da escaleira de acceso ao adarve da muralla, no tramo comprendindo entre a porta sur e esta porta sueste.

ARTIGO PARA PUBLICACIÓN

As dúas estruturas arqueolóxicas mostran particularidades moi semellantes desde o punto de vista construtivo. Reforza a idea de que esta nova estrutura que se vai describir sexa unha escaleira o feito de que na mesma zona, polo exterior, localízase un dos torreóns atopados case que no remate da intervención. Na sondaxe feita e no estudo dos paramentos atopouse unha disposición igual nas relacións que conforman os muros atopados: de novo identifícase unha remodelación na muralla medieval en favor dun encoste que se supón é o soporte das escaleiras,

6 non se atoparon chanzos (ver fotos 19 e 20).

Foto 20

Apoia esta idea de que nas dúas areas poidan existir escaleiras de acceso ao adarve a particularidade de que en ámbalas dúas intervencións se conservan os paramentos da muralla medieval coa intencionalidade de deixalos visíbeis. Se se vai a retraquear a muralla, simplemente, para encostar un muro calquera, non se procura manter a cara do paramento da muralla tan ben presentado, pois cun recheo melloraríase a unión das estruturas e implicaría menos esforzo.

Foto 17 Muralla sur do recinto

A mesma colocación dos cachotes é diferente nos alzados das estruturas encostadas e os da muralla medieval. Tampouco se atopa argamasa de terra vexetal ou cal entre os cachotes desta última pero si nos encostes. Na arquitectura popular de Galicia é posible atopar exemplos de escaleiras que puideran dar idea e representar o que se está a describir nestas liñas (ver foto 21 e 22).

Muro sur encostado ao treito da muralla medieval

N Foto 18

Foto 21

Foto 19

Foto 22

ARTIGO PARA PUBLICACIÓN

7 Respecto das argamas e recebeos débense describir dúas circunstancias salientábeis. Así como en parte da muralla, e noutros muros e recheos, non se atopan restos de argamasa (nen sequera de terra) no resto de estruturas é común atopar terra vexetal (suponse arxilosa en orixe) ou restos de argamasa de cal. En resumo, atópanse: 1. Áreas sen argamasa, sen terra vexetal ou similar. 2. Áreas con argamasas transformadas en terra vexetal. 3. Áreas con argamasas de cal. Das primeiras dicir que é moi estraño atopar estruturas con este tipo de método construtivo. Ou ben foron reconstruídos tramos en épocas contemporáneas, como xa se apuntou anteriormente e dos que non existe rexistro, ou ben, o método construtivo xurde dun requirimento “de urxencia” no momento da súa formación e execución. Estas áreas dánse sobre todo na muralla medieval no tramo oeste, antes da reforma da porta sur. Está sen estudar o tramo leste.

Os áridos non son visíbeis a simple vista, pola contra, vense estruturas laminares, clorita-serpentina 10 , que poden chegar aos dous centímetros de longo e pequenos cuarzos (ver detalle en foto 23). Aínda así, e xa descartada a presenza de gravas ou áridos grosos, compróbase que o morteiro de cal ten unha curva granulométrica algo descompensada11 e que se acerca, con todo, a outros tipos de argamasas analizados doutros lugares e épocas. Os áridos vistos baixo microscopía (aumentos 4x/.10 /e 10x/0.22) mostran formas redondeadas o que podería indicar unha orixe fluvial (ver foto 24 e 25). A porosidade tamén entra dentro dos parámetros normais, quizais, un pouco elevada e puidera ter a súa explicación na porosidade aberta e conectada, tamén, nas microfendas que se observan baixo microscopía (ver foto 26). Foto 23

O segundo caso é o máis común de atopar en construcións de todo tipo durante varios séculos en Galicia, encontrándose este tipo de “argamasa” en moitas estruturas que van, aló menos, desde a idade do ferro até o momento actual. As segundas estarían formadas por unha terra máis ou menos arxilosa, mesmo xabre 8 , que pola exposicón á auga (chuvia, capilaridade, osmose, etc.) vai perdendo a capacidade de aglomerar, quedando soamente as areas e restos de humus procedentes da degradación da materia orgánica. Esta terra tamén é doada de atopar nos horizontes superiores de solos “pobres” onde se denota a intervención humana. Esta “argamasa” dáse sobre todo na reforma da porta sur e nas escaleiras de acceso ao adarve. Tamén na porta interior ao sueste do recinto. A que máis incerteza xera é a argamasa de cal (ver foto 23). Respecto da experiencia obtida nas análises deste tipo de morteiros, e pertencentes a épocas moi diversas, sorprende o pouco peso (ou masa) dos restos atopados e que se debería relacionar coa densidade dos mesmos. A baixa densidade pódese deber ao tipo de granulmetría dos áridos empregados, extremadamente finos, e a súa propia natureza. Os limos e arxilas que non reaccionan co cal, no proceso de carbonatación, vanse lavando progresivamente. Nas análises9 aportadas polo I.U de Xeoloxía E. Parga Pondal dase unha relación árido aglomerante de 1:4. Pensamos que os datos obtidos (24 de agregante e 76 de ligante) son máis acordes con 1:3 estándar dos morteiros de cal aéreo. Respecto dos áridos compre anotar que o óptimo nunha argamasa é un contido de area delimitado entre un 55 e un 65% (sic).

ARTIGO PARA PUBLICACIÓN

Foto 24

Foto 25

8 O cal mostra unha finura que denota un bo coñecemento das técnicas de moenda e calcinación (ver foto 27).

Destácase a baixa presenza de óxido de magnesio que pode chegar a formar sales que logo son lavadas e onde a variación de volume pasa de 1 a 2.3512. A reacción tipo por ataque de Mg SO4 sería: Ca (OH)2 + Mg SO4 2H2O  Mg (OH)2 + CaSO4 2H2O+ 2H2O).

Foto 26

Tamén é favorábel a ausencia do ión Na2O. O ión Na+ pode sustituir ao Ca2+ en todas as formas presentes nos morteiros facendo soluble o que non o era13. A reacción tipo sería: Ca (OH)2 + Na2 SO4 + H2O  Na OH + Ca SO4 2H2O O cal obtense por calcinación a temperaturas de entre 900 e 1000ºC pero cando a cantidade de sílice e alúmina é importante, e se a calcinación chega aos 1200ºC, o cal disóciase en óxido de cal e CO2 reaccionando cos compoñentes arxilosos da rocha de orixe dando lugar ao cal hidráulico.

Foto 27

Louis Joseph Vicat 14 realizou unha clasificación dos cales segundo seu índice hidráulico tal e como se mostra na seguinte táboa (Vázquez et al. 1993). Táboa 2

TIPO Cal aéreo

Expóñense a continuación diferentes análises químicos de argamasas de cales aéreos, coetáneas e posteriores, para comparar as diferenzas respecto do morteiro do Casón. Táboa 1

ANÁLISIS QUÍMICO Composto

MgO Al2O3

Argamasa do Castelo do Casón (s.XIIXIII) 0,94

Argamasa fotaleza Monte Lobeira (s.XI-XII) M1 e M3*

Fábrica de tabacos da Coruña (s.XVIIIs.XIX)*

1,40

1,10

1,10

4,45

10,2

10,10

19,10

SiO2

15,20

31,00

20,80

58,90

P2O5

0,072

0,5

0,80

0,12

SO3

0,043

0,32

0,20

0,13

K 2O

0,927

2,06

1,20

9,05

CaO

74,00

51,15**

62,80**

3,08

TiO2

0,434

0,467

0,40

0,22

MnO

0,0663

-

-

0,02

Fe2O3

3,411

2,42

2,10

1,46

CuO

0,0294

-

-

-

ZnO

0,025

-

-

-

SrO

0,0347

-

0,10

-

ZrO2

0,0151

-

-

-

Na2O

-

0,51

0,40

2,28

Br

-

-

0,10

-

CO2

-

-

-

3,80

Cl

-

-

-

0,37

Ba

-

-

-

0,13

*Outros estudos de argamasas en xacementos arqueolóxicos. Buceta Bruneti, G., 2009. **CaCO3

ARTIGO PARA PUBLICACIÓN

Índice hidráulico 0,0 a 0,10

Cal debilmente hidráulico

0,10 a 0,16

Cal medianamente hidráulico

0,16 a 0,31

Cal hidráulico normal

0,31 a 0,42

Cal eminentemente hidráulico

0,42 a 0,50

Atendendo aos resultados segundo á fórmula: I (índice hidráulico) = SiO2 + Al2O3 + Fe2O3/CaO + MgO o resultado sería 0.31, un tipo de cal medianamente hidráulico15. A curva granulométrica da argamasa do Casón presenta areas medias-finas, máis das últimas que as primeiras, e unha importante cantidade de limos e arxilas, próximas ao 23% do total. Cando as areas están mal compensadas, e faltan os finos, é necesario empregar máis cal. No Casón parece que o emprego dese tipo de árido tan fino é o responsábel de todas as particularidades que presenta o mesmo. Expóñense a continuación dous gráficos que permiten comparar as curvas granulométricas de senllas argamasas medievais, “coetáneas” no tempo, que aínda que con diferenzas sutís mostran certos parecidos.

9

Gráfico 1

Foto 28

Análise da argamasa de cal aéreo da muralla do Castelo do Casón (s.XI-XII). Granulometría do morteiro do Casón. Instituto Xeoloxía Isidro Parga Pondal, 2015. Gráfico 2 Curva granulométrica 100 90 80 70 60 % que pasa

50

Serie1

40 30 20

Unha opinión obxectiva deste morteiro, vista as poucas propiedades ligantes que mostra, pode darnos idea de dúas cuestións: unha é que o morteiro de cal non foi empregado alo menos até a reforma da porta sur, e segundo, puidera ter unha función máis de recebo ou de recubrimento que a dun elemento construtivo que aportase resistencia ao “sistema” defensivo. Quizáis o seu emprego tiña unha función “estética”; máis de visibilidade que estrutural 17 . Ábrese un interesente debate ao respecto da función do mesmo.

10 0

Serie1

Grava

Arena > 0.5 mm

Arena > 0.075 mm

Limos > 0.005

Arcilla < 0.0039 mm

100

47

33

6

14

Análise da argamasa de cal aéreo dun tramo da muralla cristiana de Madrid (s.XI-XII) con relación árido aglomerante 1:1 e porosidade 36,66%. Densidade real: 2.59 g/cm3. Buceta Bruneti, G., 2013

A diferenza máis notábel dase nos tamaños dos grans empregados e na relación árido/aglomerante, pero a curva granulométrica é moi semellante. A porosidade tamén é parecida en ambos morteiros: 42% no Casón e 36,66 % na outra argamasa medieval. Todos os datos que se están a aportar teñen un claro obxectivo que é o de tentar comprender a extraneidade que supón explicar a escasa densidade, pouca resistencia, ligazón e presenza que se intúe no morteiro do Castelo do Casón (ver foto 28). A outra interrogante prantexada no momento da análise do morteiro era a de se o cal procedía da calcinación de rochas calizas ou ben de mosluscos, en definitiva, a resposta á orixe da materia prima de onde se obtería o carbonato cálcico. Estudada a presenza de aragonito 16 , parece concluírse que a orixe do cal non se debe á calcinación de cunchas de moluscos o que implica o emprego de rochas calizas presentes nalgunha veta próxima á zona onde se atopa o Castelo do Casón. Estas, aínda que escasamente documentadas, pódense atopar nas proximidades de Ortigueira. Sulíñase que este tipo de argamasa aparece máis concentrada na reforma da porta sur.

ARTIGO PARA PUBLICACIÓN

Para rematar cos elementos atopados no Castelo do Casón dicir que non se poden describir polo de agora enlousados, pavimentos de terra, fogares, perfis arqueolóxicos ou outras estruturas todavía non atopadas, escavadas, descritas ou tratadas. 5. ESTADO DE CONSERVACIÓN DOS ELEMENTOS PRESENTES NO CASTELO DO CASÓN • Axentes, procesos e formas de alteración O principal axente de alteración é de orixe humana, quedando definido, ou puidéndose considerar, como causa extrínseca ao ben, e actúa de xeito directo e indirecto sobre este último. De xeito indirecto pódense describir alteracións definidas polo tipo de construción feita (deseño), materiais empregados (execución) e avatares propios da súa historia (uso, abandono, etc.). De forma máis directa18, e recente, explícanse os espolios que debeu sufrir o castelo para retirar pedras xa traballadas, para o seu reemprego en estruturas contemporáneas e cercanas ao mesmo, e as modificacións e distorsións na contorna do xacemento, con perda das sincronías visuais, paisaxe e territorio; xeradas principalmente pola planta indiscriminada de eucaliptais, devasas, canteiras, etc. Ademais pénsase que puidesen existir antigas intervencións de reconstrución sen documentar, que como xa se comentou poden derivar en erros de interpretación. Certamente, tamén hai amoreamentos de rochas no interior do recinto fortificado, que por fortuna favorecen á provisión de materiais e aos traballos de consolidación, pero que mostran o aban-

10 dono que até hai ben pouco existía deste lugar único polo seu interés científico e de relevanza para Ortigueira e a nosa comunidade autónoma. É preciso deseñar unha planificación destes “milladoiros” en futuras intervencións pois dificultan a lectura dos paramentos e estruturas. Entre as causas naturais e directas de alteración temos as provocadas polos meteoros (temperatura, auga, vento, etc.), os axentes biolóxicos, os sedimentos e a propia xeoloxía da zona. Tamén diagnosticáronse outros factores intrínsecos, propios deste tipo de estruturas, como son os fallos mecánicos, empuxes, xiros, asentos puntuais ou contínuos, oesforzo flexor, a tracción, etc. que se identifican principalmente pola perda dos paramentos, fendas verticais/ horizontais, perdas de chumbada, abaneos, tamén, alteracións físicas como son a provocadas pola dilatación/contracción, anisotropía dos materiais, conductividade térmica… e outros máis complexos derivados de procesos químicos como son as reaccións ácido-base, hidrólise ou a lixiviación.

xías construtivas, conservación de elementos máis sensíbeis, achádego de marcas de uso, etc. Para exemplificar todo isto descríbese como foi necesario desmontar parte da muralla, no tramo oeste e polo interior, executando a súa vez unha pequena sondaxe, non contemplada no proxecto inicial, para entender como unha fiada na cabeceira non estaba en liña co paramento da muralla (ver foto 29). Esta deformación poderíase deber a un tipo de alteración mecánica, ou tamén, a un fallo pola reforma da porta sur. A disposición das rochas no tramo visíbel parece indicar unha reconstrución contemporánea mal feita. Así atopouse que as fiadas “mal colocadas” corresponderíanse soamente co tramo máis superior, xa que as fíadas inferiores presentaban unha chumbada acorde ao paramento. No obstante, e visualmente, a “reconstrución” funcionaba.

Anótase a necesidade de facer un estudo dos sales. 6. TRATAMENTOS REALIZADOS Os traballos de conservación, en paralelo ao rexistro e documentación, centráronse na execución dun diagnóstico “rápido” 19, que non foi feito con anterioridade como era preciso, e que definiu considerabelmente parte da actuación. Ademais definíronse as relacións entre as estruturas na medida en que se ía facenzo a limpeza, secuencias, sobre, baixo, corta a, cortada por, contén a, contida en, encostada, e outras observacións, diferenzándose así os momentos construtivos para respectalos durante a consolidación e recollendo/aportando datos culturais e históricos de relevanza que favorecen unha mellor lectura didáctica do xacemento. En definitiva, unha mellora do discurso expositivo. Ao respecto do diagnóstico xa se veu describindo as impresións obtidas e a importancia desta fase, definitivamente de gran axuda para os propios arqueólogos xa que se poden detectar pequenas reformas ou intervencións puntuais de mantemento que se fan nas estruturas; ademais das xa comentadas relacións que nos mostran se as anteriores son coetáneas, anteriores ou contemporáneas.

Foto 29

Nesta área desmontouse todo o alzado e reconstruíuse todo o paramento nas fiadas superiores (ver foto 30).

Os traballos de consolidación son “moi simples 20 ” pero suñílase que sen a participación dos conservadores pódense dar perdas moi importantes de interpretación, mesmo perdas materiais, como así acontece no 90% dos traballos arqueolóxicos feitos en Galicia onde non existe presenza destes. O feito de estaren os conservadores enriba da limpeza e desmontaxe das estruturas arqueolóxicas axuda moito a entender os acontecementos históricos que concorren neste tipo de achádegos: tipolo-

ARTIGO PARA PUBLICACIÓN

Foto 30

11 A foto nº 30 correspóndese coa colocación da primeira rocha da reconstrución estrutural. Convén dicir que se respectou a liña orixinal e o seu alzado; que “crece” de oeste a leste (ver foto 31 e 32).

Foto 34

Foto 31

Foto 35

O mesmo traballo de consolidación foi realizado no muro leste da entrada. Foto 32

Tamén se respectou a posición orixinal de cada unha das rochas do paramento, asemade, se destaca que volume de rocha desaloxada, do recheo interior da muralla, foi recuperado nun 95%. A consolidación debe repectar os volumes e masa empregados en orixe 21 . Neste tramo de muralla é onde se localiza o recheo que non presenta negún tipo de argamasa.

No tramo exterior da muralla, ao oeste da porta sur, localízase unha perda importante do paramento. A maiores encóntrase un abanado nas fiadas por embaixo do sedimento que necesitarían dunha sondaxe, non prevista no proxecto orixinal, necesaria para unha correcta consolidación estrutural, e que superaría con todo, en tempo, cartos, persoal, etc., ao investimento previsto na adxudicación dos traballos (ver foto 36, 37 e 38).

Chegados á porta sur, durante a limpeza, e xa detectada a reforma ou ampliación, déixouse en mans dos aqueólogos a escavación desta. Unha vez rematado este traballo faise a consolidación, repectando unha vez máis, os aconteceres descritos (ver foto 33, 34 e 35 dos avances na execución).

Foto 33

ARTIGO PARA PUBLICACIÓN

Foto 36

12 Decídese, logo, facer unha intervención provisional restituíndo o alzado e volume do paramento, pero sen empregar nengún tipo de morteiro, agás, na fiada superior. Así mesmo déixaxe cunha lixeira caída cara ó interior para que actúe mellor por gravidade. Suxírese a execución dunha escavación en lonxitude e a desmontaxe futura, segundo a valoración que se faga do paramento, para proceder cunha consolidación máis efectiva22.

37 A perda do paramento débese a Foto diferentes causas xa explicadas no punto 5.

Esta intervención dalle protagonismo á muralla pero débese considerar susceptíbel de seren eliminada en canto se fagan os traballos descritos anteriormente. No torreón da porta sur, polo exterior e ao leste, decídese facer unha consolidación que mellore a súa visibilidade (lectura didáctica) e que ademais permita conter o recheo interior (carácter estrutural) xa que presenta as mesmas patoloxías que as descritas no treito anterior da muralla (ver foto 40).

Foto 38

Na reconstrución déixase unha lixera caída de norte a sur para cumprir co criterio de mínima intervención e en espera das futuras actuacións que se poidan acometer neste torreón non completamente estudado (ver foto 41). Unha vez máis trátase de non incorrer en erros de interpretación.

Tamén se comprobrou durante a diagnose neste alzado exterior, no encoste co torreón localizado máis ao oeste da muralla polo exterior, que existe unha “man” de acabado no paramento diferente ao de resto de muros traballados. Emprega un tipo de cachote máis pequeno e, se cabe, presenta unha factura máis “poligonal”. Este mesmo paramento dáse na muralla norte do recinto polo interior. De novo pénsase que puidesen ser reparacións contemporáneas pois parece máis un amoreamento de pedras que a configuración dun muro que formaría parte dun recinto defensivo.

Foto 40

A decisión que se toma nesta parte da muralla, para non proceder cunha errada reconstrución que logo se puidese ter que repetir, é a de facer unha intervención o máis reversible posíbel (ver foto 39).

Foto 41

Foto 39

ARTIGO PARA PUBLICACIÓN

Na porta interior do recinto, ver foto 42 e 43 con detalle da consolidación en cabeceira e colocación de elemento diferenciador, e nos restos das escaleiras de acceso ao adarve (ver foto 44) proce-

13 deuse de igual xeito, aplicando os mesmos criterios de intervención e materiais que no resto de estruturas.

Tamén se fixeron retaques nos paramentos imitando a técnica orixinal (ver foto 46).

Foto 45 Foto 42

Foto 43

Foto 46

O morteiro empregado na consolidación foi unha mestura de cal hidráulico, NHL 5MPa, con area de canteira de granulometría 0/3 en relación 1:6. Foi utilizado tanto para os encintes como para a montaxe de estruturas. Ao final deuse unha augada con pigmento, sombra natural, con brocha para entoar o morteiro en espera do asentamento de algas, liques e briófitas, entre outras, que integren o conxunto (ver foto 47).

Foto 44

Nesta última estrutura, aínda en estudo, deixouse a intervención como se se conservase soamente o soporte dos chanzos, dando unha idea das mesmas pero sen a súa total reconstrución. Todos os traballos de consolidación desta intervención no Castelo do Casón foron marcados coa colocación dun elemento diferenciador a intervalos regulares, laxes de esquisto, respectando e facilitando a lectura dos elementos orixinais, reconstrucións por motivos estruturais, etc. (ver foto 45). Éste elemento é fácilmente diferenciábel da rocha que constitúe os elementos máis destacados do Castelo do Casón.

ARTIGO PARA PUBLICACIÓN

Foto 47

Os morteiros orixinais conservados, a pesar da falla de previsión do seu tratamento no proxecto de intervención inicial, foron tratados cunha augada de cal hidráulico, para a consolidación, e unha pasta

14 do mesmo material para fixar os bordos (ver foto 48 e 49).

4. Limpeza xeral, roza (ver foto 50), e definición das áreas para amoreamento de rochas procedentes de escavacións ou derrubes.

Foto 48

Foto 50

5. Execución esteos, outras…

de

estructuras

auxiliares:

6. Execución de drenaxes: colocación de tubos porosos, láminas de drenaxe, etc. 7. Definición dos tipos específicos de limpeza con métodos manuais non exhaustivos/agresivos. 8. Execución de alicerces baixo estruturas para mantemento en cota e diferenciación de secuencias temporais (bataches). 9. Definición das consolidacións químicas e estruturais requeridas: Foto 49

7. PROPOSTAS DE ACTUACIÓN FUTURAS: INTERVENCIÓNS DIRECTAS E MANTEMENTO23 • Intervencións directas previas a calquer outra intervención Esbózanse aquí algunhas das intervencións que serían desexábéis antes de emprender calquera outra actuación. As mesmas son tan complexas que obrigan á creación dun equipo multidisciplinar que debera marcar a liñas de actuación en proxectos futuros e mesmo participar da redacción dun máis que necesario Plan Director no que se recollan todas as recomendacións e previsións que se derivan dunha actuación deste tipo. A modo de introdución, respecto dos problemas de conservación do sitio, sería necesario, como mínimo, definir protocolos de intervención ao respecto de: 1. Diagnóstico e análises químicos previos: incluirían estudos químicos, biolóxicos, outros, con toma de mostras para caracterizar aos elementos atopados in situ. 2. Monitorización do xacemento. 3. Proteccións urxentes e conservación preventiva: engasados de recebos, tapado de estruturas, etc.

ARTIGO PARA PUBLICACIÓN

9.1 Consolidación química en elementos sensíbeis: recebos, pavimentos, argamasas orixinais… 9. 2 Consolidación de estruturas en elementos con riscos potenciais de colapso, perda de lectura nas relacións, contexto e ambiente arqueolóxico, etc. 10. Inclusión de outros métodos de consolidación; como a colocación de tensores, cosidos ou estruturas de fibra de vidrio como armadura e reforzo mecánico interior. 11. Adhesións e inxeccións de materiais compatíbeis co orixinal: tipos de augas de cal, resinas epoxídicas, vinílicas, acrílicas, etc. Tamén actuacións encamiñadas á definición das necesarias extraccións en “cama rixida” de elementos singulares, mesmo perfís arqueolóxicos, que polo seu valor excepcional demanden dun traslado a un museo ou outra institución. Así mesmo, definición das actuacións concretas para as recreacións e reproducións dos elementos singulares, ou do conxunto completo, por exemplo fotogrametría, láser 3D, etc., criterios para a execución de ventás arqueolóxicas, actuacións de promoción do sitio arqueolóxico, etc. Todas estas actuacións mellorarían o discurso museolóxico e expositivo necesario deste ben cultural. • Mantemento

15 Esta fase é unha das máis importantes para acadar a conservación do sitio e a rendibilidade desta e outras actuacións. Case nunca o patrimonio arqueolóxico é medido en termos económicos. Polo tanto, debéranse definir investimentos anuais para o mantemento periódico, sinxelos pero necesarios e efectivos, xa que ao final resultan moito máis rendíbeis para a propia administración. Estes traballos comprenderían desde a simple roza do xacemento e accesos até a reposición de elementos desprazados, matemento dos sinais indicativos e informativos, drenaxes até a limpeza xeral do sitio.

Foto 54

Urxe a redacción dun Plan Director deste tipo de actuación.

8. OUTRAS FOTOGRAFÍAS

Foto 55

Foto 51 50

Foto 56 Foto 52

Foto 53

ARTIGO PARA PUBLICACIÓN

Foto 57

16

Foto 58

Foto 62

Foto 59

Foto 63

Foto 60

Foto 64

Foto 61

ARTIGO PARA PUBLICACIÓN

Foto 65

17

9. BIBLIOGRAFÍA

2004-2006 Memorias de Conservación-restauración e musealización no Castelo da Rocha Forte pesentadas na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Inéd. BUCETA BRUNETI, G. 2009 Memoria dos traballos de conservación-restauración na Fortaleza de Mone Lobeira presentada na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Inéd. BUCETA BRUNETI, G. 2008 Análises de mostras de morteiro do cal da Fábrica de Tabacos da Coruña. Inéd. BUCETA BRUNETI, G. 2016 Tres perspectivas de un torreón del segundo recinto de madrid: la plaza de puerta cerrada. Actas RAM 2014 (Madrid). CABALLERO CASADO, C,. BUCETA BRUNETI, G, et. al. 2000 Patología y Técnicas de Intervención. Elementos Estructurales. Munilla-Lería. VV.AA. 2016 Conservación en el Castro de Fazouro: experiencias y reflexiones. CARRERA RAMÍREZ, F.; BARBI ALONSO, V. et BUCETA BRUNETI, G. 1984 La conservación de excavaciones arqueológicas. ICCROM. STANLEY PRICE, N.P. 1988 Practical Building Conservation. Vol. 3. Mortars, plasters and renders. ASHURST, JOHN AND NICOLA. 1982 Mortars, Cements and Grouts used in the Conservation of Historic Buildings. Symposium 3-6/11/1981. Rome. VV.AA. 2016 Tercer premio con accésit del concurso nacional del Ministerio de Fomento: “Proyecto de Intervención de jurado para las obras de restauración y musealización de los yacimientos galaico-romanos de la provincia de Pontevedra”. Lema: AGMOV_23.00 AGRA GUTIÉRREZ, A, BUCETA BRUNETI, G. et. al.

ARTIGO PARA PUBLICACIÓN

18

1

Director dos traballos de consolidación. Conservadorrestaurador. 2 Ou mellor aínda, un Plan Director no que participaría un equipo multidisciplinar. 3 A conservación de todo elemento orixinal é fundamental pois se ten constatado noutros xacementos (caso da Fortaleza da Rocha Forte) a eliminación de estruturas de gran valor didáctico e científico. 4 As calizas non serían un ben abundante na zona. 5 A mesma asimetría da porta, non frecuente neste tipo de construcións defensivas, xa facía pensar nunha reforma da mesma. 6 As mesmas incidencias podénse describir no tramo de muralla onde se sitúan as escaleiras de acceso ao adarve. 7 As novas actuacións que se deben acometer no xacemento puideran aportar luz sobre esta cuestión. 8 Lémbrase que o xabre é unha mestura de áridos máis arxila que procede da degradación do granitos das capas máis expostas dos afloramentos expostos á intemperie. 9 Considérase salientábel a falla de datos correspondentes a este parámetro e outras interpretacións presentadas polo Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal. 10 Conclusión obtida das análises do Instituto Univeristario de Xeoloxía Eduardo Parga Pondal no que só se menciona a presenza de áridos con orixe metamórfico, como exemplo, a serpentina e cuarzos. 11 Un árido compensado presenta unha curva granulométrica contínua. 12 TALERO MORALES, R. Los cementos, sus adiciones y su durabilidad. 1998 13 Ídem 11. 14 En: http://www.fical.org/index.php?option=com_content&view=articl e&id=48:hidraulicidad&Itemid=278 15 Comparar co informe do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal onde se dá un índice hidráulico baixo: segundo a relación entre a portlandita (Ca(OH2)) e o carbonato cálcico (CaCo3). 16 Segundo nota do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal o cal obtido por calcinación de moluscos presentan calcita e aragonito, este último, non detectado nas análises. 17 O castelo, todo branco, actuaría como “faro” visíbel do seu territorio e polo tanto como “marca” e centro importante do mesmo. 18 Outras máis incomprensíbeis derivánse da propia administración estatal, autonómica, ou local, que licitan obras e proxectos nos que non participan equipos multidisciplinares. Tamén quedan en Galicia, aínda que xa menos, arqueólogos que segen mostrando incapacidade para abordar proxectos conxuntos. Esta forma de actuar deriva en intervencións propias de séculos pasados. 19 Este traballo debérase ter recollido en fichas individualizadas polo que se incide unha vez máis na necesidade de proxectar os traballos a partires dun traballo intermultidisciplinar, planificado e previo. Nestas fichas quedarían ademais recollidos datos referentes as liñas e prioridades de actuación, valoración do estado de conservación, etc. 20 En futuros proxectos débese contar co esforzo humano que supón subir a este tipo de xacementos case que 3 toneladas de area, 500 L de auga, 1 palé de xisto, etc., etc., etc. Ao final consolidáronse uns 55 metros liñais de muros máis o volume dos recheos adxacentes. Urxe a participación de máis profesionais á hora de definir este tipo de proxectos e o seu custe humano e económico. 21 Outro erro que se dá cando se proxectan este tipo de intervencións ten que ver coa forma na que se propón e debuxa nun plano unha reconstrución estrutural. Nos debuxos figura unha fina liña “alegremente” namentres que o traballo real vai máis aló xa que implica un volumen maior de execución pois non se conta o volumen real (recheos incluídos) da intervención. 22 Téñense documentados erros de reconstrución e consolidación en xacementos de Galicia tan alonxados no tempo, por non facer antes un diagnóstico previo e unha escavación de sondaxe, como os de o Castro de Viladoga ou a Rocha Forte. 23 Conservación en el Castro de Fazouro: experiencias y refle-

ARTIGO PARA PUBLICACIÓN

xiones. MUPAV Monografías, 4. Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. Carrera Ramírez, F.; Barbi Alonso, V. et Buceta Bruneti, G. 2015.

Lihat lebih banyak...

Comentarios

Copyright © 2017 DATOSPDF Inc.